2. OBXECTIVOS:
Ser punto de unión dos
300 alumnos e alumnas de
Galiza e do Val de Xálima.
Sensibilizarse diante do
feito de que é a mocidade
quen goza do poder de
preservar estas falas.
Tomar conciencia de que
compartimos un
patrimonio común
“ GALEGO: A FORZA DO
NOSO AMOR”
3. LUGAR DO ENCONTRO: VALVERDE DO
FRESNO
DÍAS: 28-29-30 de abril de 2010
PARTICIPAN:
IES “LUÍS SEOANE”
(PONTEVEDRA).
CIP “PADÍN TRUITEIRO” (ARCADE)
IES “COSME LÓPEZ” (A RÚA).
IESO “VAL DE XÁLIMA” (VALVERDE
DO FRESNO).
ORGANIZAN:
ÁREA DE NORMALIZACIÓN
LINGÜÍSTICA
CONCELLODE PONTEVEDRA
ESCOLAS GALEGAS DOPEA-
UNESCO
4. DELIMITACIÓN XEOGRÁFICA
No recanto noroccidental da actual
provincia de Cáceres (Estremadura-España),
nas estribacións da Serra de Gata, sitúanse
tres concellos nos que aínda hoxe se falan
maioritariamente tres variedades do antigo
galego(-portugués). Nos concellos de
Valverde do Fresno, As Ellas e San Martiño
de Trebello a práctica totalidade dos seus
cinco mil habitantes empregan a cotío as
variedades lingüísticas denominadas
valverdeiro, lagarteiro e mañego.
Cunha extensión territorial conxunta de 256
km, cunca natural perfectamente delimitada
e afastada dos territorios de fala castelá por
dificultades orográficas, forman un val que
se ten chamado de Xálima, do Río Ellas ou
na fala dos seus habitantes simplemente
"Os tres lugaris".
5. O GALEGO ATRAPADO NO TEMPO:
O VALVERDEIRO – O MAÑEGO – O LAGARTEIRO
ORIXES DAS FALAS DO VAL:
As variantes lingüísticas proceden da lingua levada polos colonos
instalados no val polo rei Afonso VIII de Galicia e León no século XIII, que
repoboaron unha ampla área ao sur de Salamanca, norte de Cáceres e a
franxa oriental da Beira Baixa portuguesa. En época ben temperá a fala dos
colonos foi varrida quedando restos en numerosos vocábulos rexistrados
nas falas castelás da Serra de Gata e do suroeste da provincia de
Salamanca, (regato, rodera, murceguiño, chambra, fechadura, gomo, bocoi,
cangallo, lombo, carozo, múa, bago, meda, sobrau,...). A conservación da
fala perdida no resto das zonas colonizadas explícase no abandono secular
destas áreas, dificilmente accesibles ata hai escasas décadas. Estas falas
son así o resultado dun galego antigo implantado neste val no século XIII
que perdeu todo contacto co territorio orixinario e camiñou setecentos anos
por libre.
6. É GALEGO O QUE SE FALA NOS TRES LUGARIS?
Segundo Henrique Costas, catedrático de Filoloxía
Galega e Director da Área de Normalización
Lingüística da Universidade de Vigo, estas falas
“representan unha maqueta de moitos fenómenos
dialectais, fonéticos, morfolóxicos e léxicos,
esparexidos polo noso dominio lingüístico actual”.
AS FALAS DO ELLAS
concordan nun 81 % co
galego, nun 63 % co
astur-leonés en un 60 %
co portugués.
7. A LEXISLACIÓN
CARTA EUROPEA DAS LINGUAS REXIONAIS E MINORITARIAS
(ESTRASBURGO 2- X – 1992 ).
DECLARACIÓN UNIVERSAL DE DEREITOS LINGÚÍSTICOS (ONU-
2008 ).
ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA ( 1981 )
ARTIGO5
1. A lingua propia de Galicia é o galego.
2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o
dereito de os coñecer e de os usar.
3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos
dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da
vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para
facilita-lo seu coñecemento.
4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua
CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA ( 1978 ).
Artículo 3.
1. El castellano es la lengua española oficial del Estado. Todos los
españoles tienen el deber de conocerla y el derecho a usarla.
2. Las demás lenguas españolas serán también oficiales en las
respectivas Comunidades Autónomas de acuerdo con sus Estatutos.
3. La riqueza de las distintas modalidades lingüísticas de España es un
patrimonio cultural que será objeto de especial respeto y protección
8. POSICIÓN DA JUNTA DE EXTREMADURA
O Parlamento estremeño declarou “A FALA”
como “Ben de Interese Cultural” (BIC) no ano
2001 aínda que non se interesa pola súa
protección e difusión e mesmo negan
politicamente que o falado no Val do Ellas sexa
lingüísticamente galego.
O galego falado en Cáceres só foi recoñecido ( a instancias de Galiza), no
último Informe do Consello de Europa, de 2008. Porén, non se lles está a
aplicar a estas variedades lingüísticas a Parte II da Carta Europea das
Linguas Minoritarias, que garante uns mínimos de protección para as falas
rexionais que non gozan da oficialidade.
9. AS IMAXES DUN ENCONTRO
1.- CHEGADA A VALVERDE DO FRESNO E INAUGURACIÓN DAS
XORNADAS.
MÚSICA TRADICIONAL GALEGA A CARGO DE PABLO
CARPINTERO
10. 2.- COÑECENDO A GASTRONOMÍA ESTREMEÑA: MIGAS E AÑO
RECEITA:
Pan reseso, touciño entreverado,
auga, aceite de oliva, chourizo,
allo, sal.
Preparación:
Recortar o pan e colocalo nunha
fonte. Mesturar a auga coa sal e
regalo. Tapar cun pano e deixar
repousar unhas horas. Cortar o
chourizo e o touciño e freilo co
aceite, retiralos e pasar o allo,
agregar o pan e cando esté ben
migado e solto, engadir o chourizo
e o touciño. Cando esté todo ben
migado, deisaxe repousar no
sartén ata que adquira costra.
11. 3.- CHEGADA AO CAMPING E PARTIDO NO BAR E PARTIDA NO CUARTO
15. 7.- ACTIVIDADE NO IESO “VAL DE XÁLIMA”
COÑECIMOS A HISTORIA DE VALVERDE E SÚA ARTESANÍA
UNHA VISITA GUIADA E MOI INSTRUCTIVA
16. 8.- QUEDABA O TERCEIRO DOS “LUGARIS”: SAN MARTÍN DE
TREBELLO
ESPECTACULAR ¡
17. 9.- O FESTIVAL: SENTIDO INVERSO, DESTERRA2, LEO I
ARREMECÁGHONA, OTDM (Os Trasnos de Moscoso)
MÚSICA E DESPEDIDA
18. 10.- A CLAUSURA:
Mª Elena Pérez Sanz: Directora do IESO Val de Xálima
Domingo Frades: Representante da Real Academia Galega polo Val
do Ellas.
Xosé-Henrique Costas: Catedrático de Filoloxía Galega da
Universidade de Vigo.
Manuel Lourenzo : Profesor do IES Luís Seoane.
19. O PRÓXIMO ENCONTRO NA GALIZA COS ESTUDANTES DO IESO
VAL DE XÁLIMA
“ Si paisanus, aunque nun
puamus disfrutal de aquelis
dumingus du pasáu na
praza, pur lo menos que in
ela puxeran xugal us
pequenus, pasial us
ancianus, puelsi acercal á
fonti y disfrutal, en
definitiva, de máis espaciu
pas pesoas que, sin duda,
u merecemus máis que us
cochis”
DITOS NA FALA:
“ A esi, pul sel mau,
le rajorin u
bandullu”
“A vella tiña u iñeiru
escondíu nunha
buranca da paré”.
“Esi cabalu está nas
atrancas”