2. 20 marzo 21 xuño 22 setembro 21 decembro
Inicio crepúsculo
matutino 6:01 4:32 6:45 7:19
Saída do Sol
+
Acimut
7:37
89º
6:53
56º
8:21
89º
9:03
122º
Altura máxima
46,7º
13:41
70,1º
14:36
46,8º
14:26
23,2º
13:32
Posta do Sol
+
Acimut
19:46
271º
22:18
304º
20:31
271º
18:01º
238º
Fin crepúsculo
vespertino 21:22 00:39
[+1 día]
22:07 19:44
Datos para A Coruña
9. Este verán as mellores datas para
ver Mercurio témolas na segunda
metade de xullo, no oeste ao solpor,
e a mediados de setembro, no leste
ao amencer.
Imaxe: NASA/Johns Hopkins University Applied Physics Laboratory/Carnegie
Institution of Washington – NASA/JPL. Dominio público.
10. Venus vese no que resta de ano
coma luceiro matutino en dirección
leste e con gran brillo (arredor de
magnitude 4).
Estará en Tauro en xullo para
moverse a Xéminis e Cáncer en
agosto. A finais de setembro estará
xa en Leo.
Imaxe: NASA NSSDC Photo Gallery Venus. Dominio público.
11. Marte entra en conxunción a finais
de xullo. Reaparece en setembro
antes do amencer mais con pouco
brillo (magnitude 1,8). Non é verán
para vermos Marte.
Imaxe: NASA / The Hubble Heritage Team (STScI/AURA). Dominio público
12. Xúpiter é visíbel na constelación de
Virgo. Aínda que vai perdendo
magnitude (2 en xullo, 1,5 a finais
de setembro), será o punto que máis
chame a atención mentres estea no
ceo.
Durante o verán irá adiantando o
seu ocaso de tal forma que a finais
de xullo ocúltase pouco despois da
medianoite e en setembro xa só se
ve á tardiña.
Imaxe: NASA, ESA e A. Simon (Goddard Space Flight Center).
Dominio público.
31. Na primeira quincena de agosto a Terra na súa órbita arredor do Sol
atravesa unha zona do espazo poboada por material deixado polo cometa
SwiftTuttle e iso provoca a chuvia de estrelas máis popular, a das
Perseidas, pois ten por radiante a Perseo (isto é, os meteoros parecen
proceder da rexión do ceo ocupada por esa constelación). A maior
intensidade da chuvia este ano estímase que acontecerá arredor do 12 de
agosto, aínda que será claramente visíbel nas noites precedentes e
posteriores. A Lúa minguante dificultará a visión das estrelas fugaces.
O paso de estrelas fugaces é imprevisíbel e pode ser en calquera zona da
bóveda celeste, por iso tombados vese moito mellor. Ademais,
contemplar o ceo nocturno require que o ollo se adapte á escuridade e iso
leva bastantes minutos.
33. O 21 de agosto temos unha eclipse de Sol que será total nunha ampla
franxa dos Estados Unidos, o cal é garantía de que a eclipse terá moitos
millóns de espectadores. En Galicia tamén poderemos gozar da eclipse
durante uns minutos: veremos o Sol “mordido” pola Lúa xusto ao
poñerse.
Sempre é pertinente lembrar que non se debe observar o Sol
directamente sen protección. A intensidade da luz do Sol non só a
visíbel, tamén a emitida noutras frecuencias, como a infravermella ou a
ultravioleta é suficiente para producir danos irreparábeis nos ollos. Só
son seguros os filtros astronómicos profesionais. Baixo ningún concepto
se debe recorrer a “trucos caseiros” para a observación do Sol: non serven
nin as gafas de Sol nin os cristais afumados, radiografías, negativos ou
calquera cousa parecida, obxectos que no mellor dos casos reducen un
pouco a luz visíbel mais non nos protexen en absoluto os ollos doutras
formas de radiación.