SlideShare a Scribd company logo
1 of 28
Download to read offline
Cine e matemáticas
Unha selección de películas realizada e
comentada por Miguel Ángel Mirás Calvo e
Carmen Quinteiro Sandomingo


Publicada por:
Mercando Libros
http://mercandolibros.blogspot.com
Vigo, 2008
Blade Runner
  Ridley Scott




        Un policía (un Blade Runner) enfróntase á
        penosa tarefa de ter que “retirar” uns
        androides (os replicantes) capaces de pensar e
        desenvolver      emocións     humanas.    Para
        descubrilos, o Blade Runner dispón dunha
        única ferramenta: un test. Trátase dunha clara
        referencia ó famoso “xogo da imitación”, máis
        coñecido como test de Turing, proposto en
        1950 polo xenial matemático británico como
        método para respostar á pregunta: Poden
        pensar as máquinas? En Blade Runner, ó igual
        que no relato “Poden soñar os androides con
        ovellas eléctricas?” de Philip K. Dick no que
        está inspirada, atopamos algún dos mellores
        e     máis      sofisticados     exemplos   de
        interrogatorios tipo test de Turing.
Moebius
                                Gustavo Mosquera



Película de ciencia ficción, cuxo título fai
referencia a unha superficie dunha soa cara,
non orientable: a banda de Moebius. Está
baseada no conto A subway called Moebius, de
A. J. Deutsch, e relátanos a desaparición, camiño
da Plaza de Mayo, dun tren no labirinto de
túneles do Metro de Buenos Aires. O enxeñeiro
que realizara a última ampliación do metro, sen
gana de dedicar un só minuto ó asunto, envía a
Daniel Pratt, un matemático (topólogo, para
sermos exactos) para que resolva el o problema.
As pescudas para dar cos planos orixinais do
metro levan a Pratt ata a casa dun antigo
profesor     seu     de    Matemáticas,     agora
desaparecido. Alí, ademais de debuxos de
Escher, atopa os planos e unha banda de
Moebius cravada nun taboeiro. O topólogo ten
xa unha teoría para explicar o enigma.
La verdad oculta
    John Madden


         Baseada na obra de teatro Proof, do
     dramaturgo David Auburn, relata a historia
      de Catarina, unha estudante universitaria
     que abandona a súa prometedora carreira
      para se dedicar en exclusiva ó coidado do
      seu pai, Roberto, un brillante matemático
         que sofre unha enfermidade mental
           dexenerativa. Ademais do talento
     matemático, herda Catarina a enfermidade
      do seu pai? Despois da morte de Roberto,
       Catarina debe facer fronte non só a este
      pesadelo, senón tamén á súa irmá Clara,
      que pretende facerse cargo da súa vida e
    reconducila cara a normalidade, e a Alberto,
     un pupilo do seu pai que desexa revisar os
        escritos deste coa esperanza de atopar
        algún material inédito aproveitable. A
    aparición dun caderno cunha demostración
        matemática fantástica porá a proba ós
A.I.
                                  Steven Spielberg


 Nun mundo dependente do papel dos
androides, chamados mecas, os
enxeñeiros da intelixencia artificial queren
dar un salto cualitativo: deseñar un robot
capaz de amar. Constrúen un neno-meca
que profesa un amor infinito e eterno a
súa “nai” humana. Pero, será
correspondido? Este meca revolucionario
terase que embarcar nunha épica busca
da súa propia identidade. Steven
Spielberg culmina nesta obra un proxecto
persoal de Stanley Kubrick con que rinde
homenaxe póstumo ó xenial director de
“2001”. “Intelixencia Artificial” é unha
reflexión sobre as implicacións éticas e
sociais da existencia de máquinas
intelixentes, xa anticipadas na segunda
metade do século XX, con posicións
antagónicas, polos matemáticos Alan
Turing e Roger Penrose.
Muerte de un ciclista
                         Juan Antonio Bardem



Este drama fainos partícipes dos medos e
remordementos aos que se enfrontan unha
parella de amantes, María José e Juan,
despois de atropelar a un ciclista e fuxir
abandonando ao moribundo. Descubrir
que ninguén sabe nada do fatídico
acontecemento, libera a esta moza
burguesa madrileña dos seus medos de
perder a reputación social da que goza,
pero non disminúe os remordementos de
Juan. A renuncia de María José a
sacrificar a súa posición social e
económica e o crecente sentimento de
culpa deste profesor adxunto, que o leva
a cometer unha inxustiza cunha alumna
universitaria de Matemáticas, provocan un
inesperado desenlace.
Flatland: The film
        Ladd Ehlinger Jr.


   Filme de animación, en versión orixinal inglesa sen subtítulos.
       Baseado no libro de finais do século XIX, Flatand: A
       Romance of Many Dimensions, de Edwin A. Abbott, toca
       temas de actualidade: a situación da muller, as
       desigualdades sociais, a guerra ou a manipulación política.
          Nun mundo de dúas dimensións, Planilandia (Flatland),
         habitado por polígonos cuxa clase social vén determinada
            polo seu número de lados e onde a irregularidade é
       considerada como unha anormalidade perigosa, prepáranse
        para recibir o ano 3000. A través dun cadrado, descubrimos
            non só os costumes do país, senón tamén a situación
             convulsa que nese momento se vive en Planilandia.
              Viaxamos con el a un mundo dunha dimensión e
          acompañámolo na súa viaxe, guiada por unha esfera, a
         Espazolandia. Darémonos conta da dificultade de imaxinar
          mundos doutras dimensións (mundos “diferentes”) pero,
        aínda así, preguntarémonos, como o fai o noso cadrado, se
           existirán mundos de catro, cinco, ou máis dimensións.
La habitación de Fermat
  Luis Piedrahita y Rodrigo Sopeña

          Catro matemáticos, que non se coñecen entre si,
          reciben unha invitación para asistir a unha velada
          na que terá lugar un gran descubrimento. Só
          poderán asistir se son quen de resolver o problema
          que aparece na carta. A invitación está asinada por
          Fermat. Días despois de resolver a cuestión,
          reúnense todos nun lugar determinado polo propio
          Fermat quen, tras recibir unha chamada de teléfono,
          se ve na obriga de os abandonar. Os catro
          convidados, “rebautizados” polo anfitrión como
          Pascal, Olivia, Galois e Hilbert (nomes de
          matemáticos todos eles a non ser Olivia),
          apercíbense de que a habitación na que se atopan
          mingua cada vez que non son capaces de resolver
          unha cuestión que, mediante unha PDA,se lles
          formula.
           A conxectura de Golbach, o problema de Kepler
          sobre o empaquetamento de esferas e distintos
          problemas matemáticos de diferentes niveis son
          empregados tanto para presentar por primeira vez
          os protagonistas como para ir desenvolvendo a
          historia.
Enigma
Michael Apted


   “Enigma” é o nome dunha complexa
   máquina empregada polos alemáns durante
   a Segunda Guerra Mundial para cifrar e
   descifrar mensaxes militares. No centro
   secreto británico de Bletchey Park, un
   brillante matemático, que xa descifrara con
   anterioridade o código desta máquina, debe
   agora non só tentar de descifrar o novo
   código que os xermanos veñen de cambiar,
   senón tamén resolver outro enigma: un
   posible caso de espionaxe relacionado coa
   muller da que está namorado e por culpa
   da que vén de pasar por un período de
   inestabilidade nerviosa.
   No filme, realidade e ficción mestúranse
   tanto no personaxe do brillante matemático,
   adaptado da figura de Alan M. Turing, como
   en feitos históricos que na película
   desempeñan un papel clave no desenlace
   da mesma.
Cortina rasgada
                           Alfred Hitchcock


Na época da guerra fría, un famoso científico estadounidense deserta á
    Alemaña Oriental, o outro lado do Telón de Aceiro. A súa incrédula e
   decepcionada prometida decide acompañalo só para descubrir que, en
 realidade, pretende entrevistarse cun eminente físico ruso, a única persoa
capaz de proporcionarlle a clave (o asunto MacGuffin deste Hitchcock) para
  desatascar a súa propia investigación. Para conseguilo conta coa axuda
 dunha organización da resistencia denominada π (Pi). O mestre Hitchcock
  introduce a cuestión do papel dos científicos, e a Ciencia, en tempos de
  guerra e regálanos unha escena única: a reunión na que os dous físicos
            intercambian os seus segredos diante dunha pizarra.
Una mente maravillosa
       Ron Howard




          Película baseada no libro A beautiful mind,
          da xornalista Sylvia Nasar, relata parte da
          vida do gran matemático John Forbes Nash,
          gañador do premio Nobel de Economía en
          1994 polo seu traballo en Teoría de Xogos.
          Ademais da súa chegada a Princeton, de
          momentos claves da carreira matemática ou
          da cerimonia de entrega do Nobel, o filme
          amosa, sobre todo, a evolución da
          esquizofrenia que Nash sofre e que o leva a
          crerse implicado nunha trama de espionaxe.
          Logo de permanecer algún tempo nun
          hospital psiquiátrico, pouco a pouco, e
          grazas ó apoio da súa muller e dunha gran
          forza de vontade, é quen de facer fronte á
          enfermidade e de volver facer investigación.
Croupier
                           Mike Hodges




  Jack Manfred, aspirante a escritor, acepta volver traballar como
“croupier” nun casino. Jack cre que as súas vivencias lle poden servir
    de material para unha novela, de xeito que comeza e escrutar
   meticulosamente os xogadores, os compañeiros e as situacións.
   Pronto recibirá unha proposición dunha cliente para enganar ó
                                 casino.
Jack é un home frío e calculador, que trata de medir o risco implícito
nas apostas e no xogo. Naturalmente, a película, só dispoñible na súa
  versión orixinal en inglés, evoca directamente moitos conceptos e
                  ideas da teoría de probabilidades.
Ciudad mágica
  William A. Wellman



       Comedia estadounidense dos anos
       40 que parte dunha curiosa
       formulación estatística: Rip Smith é
       un experto en enquisas que apenas
       pode      sobrevivir  no     negocio.
       Desesperado, busca algo máxico:
       unha cidade na que os resultados
       das sondaxes de opinión reflictan
       exactamente       as   opinións   do
       conxunto do país: unha mostra
       perfecta         da        sociedade
       norteamericana. Atopa esa cidade
       máxica e desprázase alí. Cando, a
       pesar do seus esforzos, se descubre
       o milagre de Grandview, a cidade
       muda debido ás presións dos
       políticos e empresarios.
Los crímenes de Oxford
         Álex de la Iglesia




            Martin chega a Oxford coa intención de que un
       coñecido profesor de lóxica, Arthur Seldom, lle dirixa a
          tese. Por casualidade, estudante e profesor atopan
      xuntos o cadáver dunha anciá que ven de ser asasinada.
            O crime resulta ser o primeiro dunha serie cuxa
          continuación Martin e Seldom tratan de averiguar.
           Nesta adaptación da novela do mesmo nome, do
            escritor arxentino Guillermo Martínez, atopamos
         numerosos aspectos relacionados coas Matemáticas:
       series lóxicas, o Teorema de Godel, o Último Teorma de
        Fermat (aínda que no filme aparece baixo o nome de
       Teorema de Bormat), os Pitagóricos, o efecto bolboreta.
      Tamén estamos convidados a reflexionar sobre cuestións
         como: Podemos coñecer a verdade? Se conseguimos
      descubrir o sentido secreto dos números, coñeceremos o
        sentido secreto da realidade? Existe o crime perfecto?
       En palabras do propio Seldom, quot;O único crime perfecto
         non é aquel que queda sen resolver senón o que se
                       resolve cun falso culpablequot;.
Clandestino y caballero
                            Fritz Lang


Alvah Jesper, un físico estadounidense, viaxa pola Europa da II Guerra
    Mundial para tratar de impedir que os alemáns constrúan unha
     bomba atómica. A súa misión é chegar ata o profesor Polda,
    colaborador dos nazis, para convencelo de que retorne ó bando
                                  aliado.
  Nunha escena que amosa a minuciosidade do mestre Fritz Lang, o
 profesor Alvah, mentres está escondido agardando polo seu contacto
  no interior dun carrusel de cabaliños de feira, escribe nas paredes,
   con total exactitude, o cálculo, mediante unha integral de liña, da
   distancia percorrida por cada cabaliño no seu dobre movemento:
                   dando voltas e subindo e baixando.
El efecto mariposa
                                    Fernando Colomo



  A máis mínima variación das condicións iniciais
dun determinado sistema natural, pode provocar
que o sistema evolucione de maneiras totalmente
diferentes. A sensibilidade ás condicións iniciais é
  o que se denomina, dentro do marco da teoría
      do caos, o quot;efecto bolboretaquot;. Isto é o que
   acontece, nesta comedia española, cando Luis
 viaxa a Londres para realizar un máster e entra
    en contacto coa súa tía Olivia, a quen nunca
 antes vira. As circunstancias fan que Olivia e Luis
      se namoren; Que Luis Luis se convirta nun
  “atractor” para luisa; Que a relación entre eles
     estea a piques de rematar pola inesperada
   chegada de Noelia, a nai de Luis, que foxe do
 escándalo que deu co seu home no cárcere; Que
    Noelia comparta apartamento cun “caótico”
veciño de Olivia e… e que “o aleteo das ás dunha
     bolboreta se sinta ó outro lado do mundo”.
Perros de paja
   Sam Peckinpah


          Dura e polémica reflexión sobre a
          violencia do controvertido director
          Sam Peckinpah. Nesta obra utiliza
          o estereotipo do matemático como
             persoa despistada, pacífica e
          axena ós asuntos mundanos para
            crear o personaxe de David, un
            tímido matemático americano,
              que muda coa súa atractiva
                esposa a unha pequena
           localidade inglesa. Unha enorme
             tensión entre os habitantes do
            pobo vai acumulándose sen que
               David se entere, totalmente
           absorto no seu traballo. Cando a
           situación estoupa de xeito brutal,
             David resposta con inesperada
                  frialdade e violencia.
El amor tiene dos caras
       Barbra Streisand



            Comedia      romántica     centrada     na
            relación persoal que xurde entre dous
            profesores universitarios en busca do
            amor que lles é esquivo. Ela é
            profesora de literatura, romántica,
            apaixonada       e    pouco      atractiva
            físicamente.     El   é    profesor     de
            matemáticas e considera que a
            relación física, o sexo, é a culpable dos
            fracasos amorosos. Casan e deciden
            manter unha relación puramente
            intelectual.
            Película repleta de referencias
            matemáticas, xeralmente superficiais,
            sobre teoría de números (primos
            xemelgos), cálculo diferencial
            (derivación implícita) ou teoría de
            conxuntos (conxuntos infinitos). Pero
            tamén, película que alimenta a imaxe
            do matemático como persoa illada,
            aburrida, incomprensible e como
            docente insufrible.
Contact
        Robert Zemeckis


       Película baseada na novela homónima do malogrado
       astrónomo e divulgador científico Carl Sagan. Relata
os acontecementos desatados cando a astrónoma Ellie Arroway
    detecta un estraño sinal procedente da estrela Vega: unha
      secuencia de números primos. O sinal resulta ser unha
    mensaxe codificada de orixe extraterrestre con instrucións
   detalladas para construír unha máquina coa que emprender
      unha viaxe de “contacto” entre as dúas civilizacións. As
     referencias matemáticas abundan: Os números primos, a
        criptografía, a xeometría tridimensional, os cálculos
 probabilísticos da existencia de vida no Cosmos, a relatividade,
                       os buracos de verme,…
Cube
                                  Vicenzo Natali


Un grupo de seis persoas (un policía, unha
 médico, un rapaz autista, un arquitecto,
      un fuxitivo e unha estudante de
   matemáticas), que non se coñecen de
   nada, aparecen de súpeto atrapadas
 nunha estraña e claustrofóbica estrutura
formada por habitacións cúbicas. Ó tratar
    de avanzar dun habitáculo a outro
 descubren que algúns agachan trampas
       mortais. “Cube” convírtese nun
  microcosmos da nosa sociedade e das
   relacións humanas: ciumes, amizade,
poder, solidariedade, morte, esperanza,…
 As matemáticas (a través dun complexo
 sistema de numeración das habitacións)
     tal vez sexan o camiño que leve ó
  entendemento do sistema que rexe ese
mundo-cárcere e, polo tanto, á liberdade.
Pi : fe en el caos
                                  Darren Aronofsky



Esta película é unha xenuína representante
do denominado cinema independente
estadounidense. Rodada en branco e negro,
con mareantes movementos de cámara e
música estridente, fainos sentir de xeito
subxectivo as sensacións de Maximillian
Cohen, un matemático xudeo que sofre
terribles migrañas. Max cre firmemente que
todo pode ser representado e entendido
mediante as Matemáticas, e péchase co seu
ordenador, Euclides,      rexeitando calquera
contacto humano,         buscando o patrón
numérico que subxace no aparentemente
caótico mundo dos mercados bursátiles.
Acosado e perseguido por uns inversores de
bolsa e unha secta relixiosa, a súa vida torna
cada vez máis caótica e paranoica e só
atopa acougo nas conversas que mantén con
Sol, o seu vello profesor de matemáticas.
Jurassic Park
                            Steven Spielberg




 Un visionario empresario quere poñer en marcha un parque único, xa que as
atraccións serán auténticos dinosaurios. Para convencer ós inversores precisa
o aval dun grupo de científicos, entre os que se atopa un peculiar matemático
  experto na teoría do caos. Dende o principio, o matemático rexeita a idea
    empregando argumentos da teoría dos sistemas dinámicos: atractores
estranos, sensibilidade ás condicións iniciais (o chamado “efecto bolboreta”)…
A propia estrutura da película, como a da novela do mesmo título de Michael
 Crichton, semella un exemplo desta teoría: algúns feitos inesperados (unha
  tormenta, a ambición dun empregado, a reprodución de seres unisexuais)
  transforman o parque, aparentemente ben deseñado e indestrutible, nun
                               auténtico “caos”.
El Indomable Will Hunting
          Gus van Sant




         Autodidacta, posuidor dunha memoria fotográfica
         fantástica e capaz de resolver sen esforzo difíciles
         problemas matemáticos, Will Hunting é un mozo
         marcado por unha infancia difícil e inmerso nun
         ambiente nada alentador, que agocha os seus
         medos detrás dunha conduta desordenada. O seu
         extraordinario talento para as Matemáticas é
         descuberto, por casualidade, por Lambeau,
         profesor do MIT e gañador dunha Medalla Fields,
         quen ve en Will o Ramanujan de finais do século
         XX. Empeñado en lle facer valorar as facultades
         das que goza e en devolvelo á “normalidade”,
         Lambeau tenta que o rapaz acepte algún dos
         postos de traballo que el lle atopa. Pero será
         Sean, un psicólogo e antigo compañeiro de
         Lambeau, quen consiga que Will deixe de “ler” o
         mundo desde fóra, como se fose un libro máis, e
         comece a tomar decisións sobre a súa vida.
Mesh : a journey through
  discrete geometry
  Beau Janzen and Konrad Polthier


 Documental de, aproximadamente, corenta
minutos de duración, en versión orixinal
inglesa sen subtítulos. Completamente
creado por ordenador, Mesh explora os
avances da xeometría discreta, desde os
gregos ata os nosos días. Ademais de
introducir, de forma sinxela e facilmente
entendible,    distintos    conceptos     de
xeometría     diferencial,    neste    vídeo
matemático amósasenos, por exemplo, o
xeito    de    crear     figuras    curvadas
incriblemente complexas a partir dunha
malla discreta ou a razón pola que as
pompas de xabón non poden adoptar
forma cúbica.
Julia Robinson and Hilbert’s tenth
problem
George Csicsery



                  Documental en inglés (sen subtítulos)
                  dunha hora de duración centrado na vida
                  e obra da brillante matemática
                  americana julia Robinson e a súa
                  apaixonada procura do 10º problema de
                  Hilbert. Amigos e colegas como Martin
                  Davis, Hilary Putnam ou Yuri
                  Matiyasevich poñen en perspectiva as
                  achegas matemáticas de julia Robinson
                  mentres a súa irmá, Constance Reed,
                  debuxa o seu perfil familiar. O
                  documental complétase cunha serie de 6
                  curtos que nos presentan a figura de
                  David Hilbert e nos introducen nos
                  segredos do número áureo e nas
                  máquinas de Turing.
2001 : Una odisea del espacio
          Stanley Kubrick
Filme dirixido por Stanley Kubrick en 1968, en cuxo guión colaboraron Arthur C.
Clarke e o propio Kubrick. Está considerado como un dos filmes de ciencia ficción
máis respetuosos coas leis da Física xamais rodados (a maioría dos pequenos erros
que presenta son debidos a limitacións técnicas da época). Pioneira no que a
efectos especiais se refire e cun uso moi reducido de diálogos, a película aborda
diferentes temas de interese, tanto para a época na que se realizou a rodaxe como
para a actual: evolución humana, intelixencia artificial, vida extraterrestre,…
Hai catro millóns de anos, un grupo de primates atopa un monolito negro, un
bloque perfecto de varios metros de altura. Pouco despois, percíbese neles certo
grao de conciencia. En 1999, soterrado no Cráter Tycho, aparece outro monolito
negro que, no momento en que recibe o primeiro raio do Sol, emite un potente sinal
acústico, que deixa totalmente atordados os presentes. En 2001, a nave espacial
Discovery emprende viaxe cara a Xúpiter con cinco tripulantes e HAL 9000, un
superordenador de última xeración. Misión: investigar o destino do sinal emitido
polo monolito en 1999. Durante a viaxe, detéctanse problemas de fiabilidade de
HAL, que chega a acabar coa vida de catro dos tripulantes, polo que o único que
permanece vivo vese na obriga de desconectalo.
The end

More Related Content

Similar to Cine y matemáticas

Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017 Xenza
 
Novedades ebook agosto 2016 galego
Novedades ebook agosto 2016 galegoNovedades ebook agosto 2016 galego
Novedades ebook agosto 2016 galegoBibliotecadicoruna
 
Lecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anos
Lecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anosLecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anos
Lecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anosIES Eduardo Blanco Amor
 
Recomendacións vacacións verán
Recomendacións vacacións veránRecomendacións vacacións verán
Recomendacións vacacións veránAlfonso Blanco
 
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (adolescentes a partir de 12 anos)
 á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (adolescentes a partir de 12 anos) á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (adolescentes a partir de 12 anos)
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (adolescentes a partir de 12 anos)Xenza
 
Guia lectura verán_2017
Guia lectura verán_2017Guia lectura verán_2017
Guia lectura verán_2017iessalvabiblio
 
Matrix e alicia_no_pais_das_marabillas._maite_guerra
Matrix e alicia_no_pais_das_marabillas._maite_guerraMatrix e alicia_no_pais_das_marabillas._maite_guerra
Matrix e alicia_no_pais_das_marabillas._maite_guerrafilonexos
 
Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013
Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013
Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013Contos Estraños
 
Guía nadal 13
Guía nadal 13Guía nadal 13
Guía nadal 13aesperela
 
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017iessalvabiblio
 
A pintura na lectura
A pintura na lecturaA pintura na lectura
A pintura na lecturasoigca
 
Guía de lecturas_veran 14
Guía de lecturas_veran 14 Guía de lecturas_veran 14
Guía de lecturas_veran 14 aesperela
 
Lecturas verán blog
Lecturas verán blogLecturas verán blog
Lecturas verán blogangelciencia
 
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁNLECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁNangelciencia
 
Samaín 2017_Pintura de terror_ CPI As Revoltas
Samaín 2017_Pintura de terror_ CPI As RevoltasSamaín 2017_Pintura de terror_ CPI As Revoltas
Samaín 2017_Pintura de terror_ CPI As RevoltasBibliotecaRevoltas
 
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017 Xenza
 
Pintura de terror_Samaín 2017_CPI As Revoltas
Pintura de terror_Samaín 2017_CPI As RevoltasPintura de terror_Samaín 2017_CPI As Revoltas
Pintura de terror_Samaín 2017_CPI As RevoltasBibliotecaRevoltas
 
Arañas no cinema
Arañas no cinemaArañas no cinema
Arañas no cinemalingualiza
 

Similar to Cine y matemáticas (20)

Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 
Novedades ebook agosto 2016 galego
Novedades ebook agosto 2016 galegoNovedades ebook agosto 2016 galego
Novedades ebook agosto 2016 galego
 
Lecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anos
Lecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anosLecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anos
Lecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anos
 
Recomendacións vacacións verán
Recomendacións vacacións veránRecomendacións vacacións verán
Recomendacións vacacións verán
 
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (adolescentes a partir de 12 anos)
 á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (adolescentes a partir de 12 anos) á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (adolescentes a partir de 12 anos)
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (adolescentes a partir de 12 anos)
 
Guia lectura verán_2017
Guia lectura verán_2017Guia lectura verán_2017
Guia lectura verán_2017
 
Matrix e alicia_no_pais_das_marabillas._maite_guerra
Matrix e alicia_no_pais_das_marabillas._maite_guerraMatrix e alicia_no_pais_das_marabillas._maite_guerra
Matrix e alicia_no_pais_das_marabillas._maite_guerra
 
Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013
Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013
Dossier novidades Contos Estraños-Urco 2013
 
Reckless
RecklessReckless
Reckless
 
Guía nadal 13
Guía nadal 13Guía nadal 13
Guía nadal 13
 
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
 
A pintura na lectura
A pintura na lecturaA pintura na lectura
A pintura na lectura
 
Guía de lecturas_veran 14
Guía de lecturas_veran 14 Guía de lecturas_veran 14
Guía de lecturas_veran 14
 
Lecturas verán blog
Lecturas verán blogLecturas verán blog
Lecturas verán blog
 
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁNLECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
 
Comentario de "The Road" de Cormac McCarthy
Comentario de "The Road" de Cormac McCarthyComentario de "The Road" de Cormac McCarthy
Comentario de "The Road" de Cormac McCarthy
 
Samaín 2017_Pintura de terror_ CPI As Revoltas
Samaín 2017_Pintura de terror_ CPI As RevoltasSamaín 2017_Pintura de terror_ CPI As Revoltas
Samaín 2017_Pintura de terror_ CPI As Revoltas
 
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 
Pintura de terror_Samaín 2017_CPI As Revoltas
Pintura de terror_Samaín 2017_CPI As RevoltasPintura de terror_Samaín 2017_CPI As Revoltas
Pintura de terror_Samaín 2017_CPI As Revoltas
 
Arañas no cinema
Arañas no cinemaArañas no cinema
Arañas no cinema
 

Cine y matemáticas

  • 1. Cine e matemáticas Unha selección de películas realizada e comentada por Miguel Ángel Mirás Calvo e Carmen Quinteiro Sandomingo Publicada por: Mercando Libros http://mercandolibros.blogspot.com Vigo, 2008
  • 2. Blade Runner Ridley Scott Un policía (un Blade Runner) enfróntase á penosa tarefa de ter que “retirar” uns androides (os replicantes) capaces de pensar e desenvolver emocións humanas. Para descubrilos, o Blade Runner dispón dunha única ferramenta: un test. Trátase dunha clara referencia ó famoso “xogo da imitación”, máis coñecido como test de Turing, proposto en 1950 polo xenial matemático británico como método para respostar á pregunta: Poden pensar as máquinas? En Blade Runner, ó igual que no relato “Poden soñar os androides con ovellas eléctricas?” de Philip K. Dick no que está inspirada, atopamos algún dos mellores e máis sofisticados exemplos de interrogatorios tipo test de Turing.
  • 3. Moebius Gustavo Mosquera Película de ciencia ficción, cuxo título fai referencia a unha superficie dunha soa cara, non orientable: a banda de Moebius. Está baseada no conto A subway called Moebius, de A. J. Deutsch, e relátanos a desaparición, camiño da Plaza de Mayo, dun tren no labirinto de túneles do Metro de Buenos Aires. O enxeñeiro que realizara a última ampliación do metro, sen gana de dedicar un só minuto ó asunto, envía a Daniel Pratt, un matemático (topólogo, para sermos exactos) para que resolva el o problema. As pescudas para dar cos planos orixinais do metro levan a Pratt ata a casa dun antigo profesor seu de Matemáticas, agora desaparecido. Alí, ademais de debuxos de Escher, atopa os planos e unha banda de Moebius cravada nun taboeiro. O topólogo ten xa unha teoría para explicar o enigma.
  • 4. La verdad oculta John Madden Baseada na obra de teatro Proof, do dramaturgo David Auburn, relata a historia de Catarina, unha estudante universitaria que abandona a súa prometedora carreira para se dedicar en exclusiva ó coidado do seu pai, Roberto, un brillante matemático que sofre unha enfermidade mental dexenerativa. Ademais do talento matemático, herda Catarina a enfermidade do seu pai? Despois da morte de Roberto, Catarina debe facer fronte non só a este pesadelo, senón tamén á súa irmá Clara, que pretende facerse cargo da súa vida e reconducila cara a normalidade, e a Alberto, un pupilo do seu pai que desexa revisar os escritos deste coa esperanza de atopar algún material inédito aproveitable. A aparición dun caderno cunha demostración matemática fantástica porá a proba ós
  • 5. A.I. Steven Spielberg Nun mundo dependente do papel dos androides, chamados mecas, os enxeñeiros da intelixencia artificial queren dar un salto cualitativo: deseñar un robot capaz de amar. Constrúen un neno-meca que profesa un amor infinito e eterno a súa “nai” humana. Pero, será correspondido? Este meca revolucionario terase que embarcar nunha épica busca da súa propia identidade. Steven Spielberg culmina nesta obra un proxecto persoal de Stanley Kubrick con que rinde homenaxe póstumo ó xenial director de “2001”. “Intelixencia Artificial” é unha reflexión sobre as implicacións éticas e sociais da existencia de máquinas intelixentes, xa anticipadas na segunda metade do século XX, con posicións antagónicas, polos matemáticos Alan Turing e Roger Penrose.
  • 6. Muerte de un ciclista Juan Antonio Bardem Este drama fainos partícipes dos medos e remordementos aos que se enfrontan unha parella de amantes, María José e Juan, despois de atropelar a un ciclista e fuxir abandonando ao moribundo. Descubrir que ninguén sabe nada do fatídico acontecemento, libera a esta moza burguesa madrileña dos seus medos de perder a reputación social da que goza, pero non disminúe os remordementos de Juan. A renuncia de María José a sacrificar a súa posición social e económica e o crecente sentimento de culpa deste profesor adxunto, que o leva a cometer unha inxustiza cunha alumna universitaria de Matemáticas, provocan un inesperado desenlace.
  • 7. Flatland: The film Ladd Ehlinger Jr. Filme de animación, en versión orixinal inglesa sen subtítulos. Baseado no libro de finais do século XIX, Flatand: A Romance of Many Dimensions, de Edwin A. Abbott, toca temas de actualidade: a situación da muller, as desigualdades sociais, a guerra ou a manipulación política. Nun mundo de dúas dimensións, Planilandia (Flatland), habitado por polígonos cuxa clase social vén determinada polo seu número de lados e onde a irregularidade é considerada como unha anormalidade perigosa, prepáranse para recibir o ano 3000. A través dun cadrado, descubrimos non só os costumes do país, senón tamén a situación convulsa que nese momento se vive en Planilandia. Viaxamos con el a un mundo dunha dimensión e acompañámolo na súa viaxe, guiada por unha esfera, a Espazolandia. Darémonos conta da dificultade de imaxinar mundos doutras dimensións (mundos “diferentes”) pero, aínda así, preguntarémonos, como o fai o noso cadrado, se existirán mundos de catro, cinco, ou máis dimensións.
  • 8. La habitación de Fermat Luis Piedrahita y Rodrigo Sopeña Catro matemáticos, que non se coñecen entre si, reciben unha invitación para asistir a unha velada na que terá lugar un gran descubrimento. Só poderán asistir se son quen de resolver o problema que aparece na carta. A invitación está asinada por Fermat. Días despois de resolver a cuestión, reúnense todos nun lugar determinado polo propio Fermat quen, tras recibir unha chamada de teléfono, se ve na obriga de os abandonar. Os catro convidados, “rebautizados” polo anfitrión como Pascal, Olivia, Galois e Hilbert (nomes de matemáticos todos eles a non ser Olivia), apercíbense de que a habitación na que se atopan mingua cada vez que non son capaces de resolver unha cuestión que, mediante unha PDA,se lles formula. A conxectura de Golbach, o problema de Kepler sobre o empaquetamento de esferas e distintos problemas matemáticos de diferentes niveis son empregados tanto para presentar por primeira vez os protagonistas como para ir desenvolvendo a historia.
  • 9. Enigma Michael Apted “Enigma” é o nome dunha complexa máquina empregada polos alemáns durante a Segunda Guerra Mundial para cifrar e descifrar mensaxes militares. No centro secreto británico de Bletchey Park, un brillante matemático, que xa descifrara con anterioridade o código desta máquina, debe agora non só tentar de descifrar o novo código que os xermanos veñen de cambiar, senón tamén resolver outro enigma: un posible caso de espionaxe relacionado coa muller da que está namorado e por culpa da que vén de pasar por un período de inestabilidade nerviosa. No filme, realidade e ficción mestúranse tanto no personaxe do brillante matemático, adaptado da figura de Alan M. Turing, como en feitos históricos que na película desempeñan un papel clave no desenlace da mesma.
  • 10. Cortina rasgada Alfred Hitchcock Na época da guerra fría, un famoso científico estadounidense deserta á Alemaña Oriental, o outro lado do Telón de Aceiro. A súa incrédula e decepcionada prometida decide acompañalo só para descubrir que, en realidade, pretende entrevistarse cun eminente físico ruso, a única persoa capaz de proporcionarlle a clave (o asunto MacGuffin deste Hitchcock) para desatascar a súa propia investigación. Para conseguilo conta coa axuda dunha organización da resistencia denominada π (Pi). O mestre Hitchcock introduce a cuestión do papel dos científicos, e a Ciencia, en tempos de guerra e regálanos unha escena única: a reunión na que os dous físicos intercambian os seus segredos diante dunha pizarra.
  • 11. Una mente maravillosa Ron Howard Película baseada no libro A beautiful mind, da xornalista Sylvia Nasar, relata parte da vida do gran matemático John Forbes Nash, gañador do premio Nobel de Economía en 1994 polo seu traballo en Teoría de Xogos. Ademais da súa chegada a Princeton, de momentos claves da carreira matemática ou da cerimonia de entrega do Nobel, o filme amosa, sobre todo, a evolución da esquizofrenia que Nash sofre e que o leva a crerse implicado nunha trama de espionaxe. Logo de permanecer algún tempo nun hospital psiquiátrico, pouco a pouco, e grazas ó apoio da súa muller e dunha gran forza de vontade, é quen de facer fronte á enfermidade e de volver facer investigación.
  • 12. Croupier Mike Hodges Jack Manfred, aspirante a escritor, acepta volver traballar como “croupier” nun casino. Jack cre que as súas vivencias lle poden servir de material para unha novela, de xeito que comeza e escrutar meticulosamente os xogadores, os compañeiros e as situacións. Pronto recibirá unha proposición dunha cliente para enganar ó casino. Jack é un home frío e calculador, que trata de medir o risco implícito nas apostas e no xogo. Naturalmente, a película, só dispoñible na súa versión orixinal en inglés, evoca directamente moitos conceptos e ideas da teoría de probabilidades.
  • 13. Ciudad mágica William A. Wellman Comedia estadounidense dos anos 40 que parte dunha curiosa formulación estatística: Rip Smith é un experto en enquisas que apenas pode sobrevivir no negocio. Desesperado, busca algo máxico: unha cidade na que os resultados das sondaxes de opinión reflictan exactamente as opinións do conxunto do país: unha mostra perfecta da sociedade norteamericana. Atopa esa cidade máxica e desprázase alí. Cando, a pesar do seus esforzos, se descubre o milagre de Grandview, a cidade muda debido ás presións dos políticos e empresarios.
  • 14. Los crímenes de Oxford Álex de la Iglesia Martin chega a Oxford coa intención de que un coñecido profesor de lóxica, Arthur Seldom, lle dirixa a tese. Por casualidade, estudante e profesor atopan xuntos o cadáver dunha anciá que ven de ser asasinada. O crime resulta ser o primeiro dunha serie cuxa continuación Martin e Seldom tratan de averiguar. Nesta adaptación da novela do mesmo nome, do escritor arxentino Guillermo Martínez, atopamos numerosos aspectos relacionados coas Matemáticas: series lóxicas, o Teorema de Godel, o Último Teorma de Fermat (aínda que no filme aparece baixo o nome de Teorema de Bormat), os Pitagóricos, o efecto bolboreta. Tamén estamos convidados a reflexionar sobre cuestións como: Podemos coñecer a verdade? Se conseguimos descubrir o sentido secreto dos números, coñeceremos o sentido secreto da realidade? Existe o crime perfecto? En palabras do propio Seldom, quot;O único crime perfecto non é aquel que queda sen resolver senón o que se resolve cun falso culpablequot;.
  • 15. Clandestino y caballero Fritz Lang Alvah Jesper, un físico estadounidense, viaxa pola Europa da II Guerra Mundial para tratar de impedir que os alemáns constrúan unha bomba atómica. A súa misión é chegar ata o profesor Polda, colaborador dos nazis, para convencelo de que retorne ó bando aliado. Nunha escena que amosa a minuciosidade do mestre Fritz Lang, o profesor Alvah, mentres está escondido agardando polo seu contacto no interior dun carrusel de cabaliños de feira, escribe nas paredes, con total exactitude, o cálculo, mediante unha integral de liña, da distancia percorrida por cada cabaliño no seu dobre movemento: dando voltas e subindo e baixando.
  • 16. El efecto mariposa Fernando Colomo A máis mínima variación das condicións iniciais dun determinado sistema natural, pode provocar que o sistema evolucione de maneiras totalmente diferentes. A sensibilidade ás condicións iniciais é o que se denomina, dentro do marco da teoría do caos, o quot;efecto bolboretaquot;. Isto é o que acontece, nesta comedia española, cando Luis viaxa a Londres para realizar un máster e entra en contacto coa súa tía Olivia, a quen nunca antes vira. As circunstancias fan que Olivia e Luis se namoren; Que Luis Luis se convirta nun “atractor” para luisa; Que a relación entre eles estea a piques de rematar pola inesperada chegada de Noelia, a nai de Luis, que foxe do escándalo que deu co seu home no cárcere; Que Noelia comparta apartamento cun “caótico” veciño de Olivia e… e que “o aleteo das ás dunha bolboreta se sinta ó outro lado do mundo”.
  • 17. Perros de paja Sam Peckinpah Dura e polémica reflexión sobre a violencia do controvertido director Sam Peckinpah. Nesta obra utiliza o estereotipo do matemático como persoa despistada, pacífica e axena ós asuntos mundanos para crear o personaxe de David, un tímido matemático americano, que muda coa súa atractiva esposa a unha pequena localidade inglesa. Unha enorme tensión entre os habitantes do pobo vai acumulándose sen que David se entere, totalmente absorto no seu traballo. Cando a situación estoupa de xeito brutal, David resposta con inesperada frialdade e violencia.
  • 18. El amor tiene dos caras Barbra Streisand Comedia romántica centrada na relación persoal que xurde entre dous profesores universitarios en busca do amor que lles é esquivo. Ela é profesora de literatura, romántica, apaixonada e pouco atractiva físicamente. El é profesor de matemáticas e considera que a relación física, o sexo, é a culpable dos fracasos amorosos. Casan e deciden manter unha relación puramente intelectual. Película repleta de referencias matemáticas, xeralmente superficiais, sobre teoría de números (primos xemelgos), cálculo diferencial (derivación implícita) ou teoría de conxuntos (conxuntos infinitos). Pero tamén, película que alimenta a imaxe do matemático como persoa illada, aburrida, incomprensible e como docente insufrible.
  • 19. Contact Robert Zemeckis Película baseada na novela homónima do malogrado astrónomo e divulgador científico Carl Sagan. Relata os acontecementos desatados cando a astrónoma Ellie Arroway detecta un estraño sinal procedente da estrela Vega: unha secuencia de números primos. O sinal resulta ser unha mensaxe codificada de orixe extraterrestre con instrucións detalladas para construír unha máquina coa que emprender unha viaxe de “contacto” entre as dúas civilizacións. As referencias matemáticas abundan: Os números primos, a criptografía, a xeometría tridimensional, os cálculos probabilísticos da existencia de vida no Cosmos, a relatividade, os buracos de verme,…
  • 20. Cube Vicenzo Natali Un grupo de seis persoas (un policía, unha médico, un rapaz autista, un arquitecto, un fuxitivo e unha estudante de matemáticas), que non se coñecen de nada, aparecen de súpeto atrapadas nunha estraña e claustrofóbica estrutura formada por habitacións cúbicas. Ó tratar de avanzar dun habitáculo a outro descubren que algúns agachan trampas mortais. “Cube” convírtese nun microcosmos da nosa sociedade e das relacións humanas: ciumes, amizade, poder, solidariedade, morte, esperanza,… As matemáticas (a través dun complexo sistema de numeración das habitacións) tal vez sexan o camiño que leve ó entendemento do sistema que rexe ese mundo-cárcere e, polo tanto, á liberdade.
  • 21. Pi : fe en el caos Darren Aronofsky Esta película é unha xenuína representante do denominado cinema independente estadounidense. Rodada en branco e negro, con mareantes movementos de cámara e música estridente, fainos sentir de xeito subxectivo as sensacións de Maximillian Cohen, un matemático xudeo que sofre terribles migrañas. Max cre firmemente que todo pode ser representado e entendido mediante as Matemáticas, e péchase co seu ordenador, Euclides, rexeitando calquera contacto humano, buscando o patrón numérico que subxace no aparentemente caótico mundo dos mercados bursátiles. Acosado e perseguido por uns inversores de bolsa e unha secta relixiosa, a súa vida torna cada vez máis caótica e paranoica e só atopa acougo nas conversas que mantén con Sol, o seu vello profesor de matemáticas.
  • 22. Jurassic Park Steven Spielberg Un visionario empresario quere poñer en marcha un parque único, xa que as atraccións serán auténticos dinosaurios. Para convencer ós inversores precisa o aval dun grupo de científicos, entre os que se atopa un peculiar matemático experto na teoría do caos. Dende o principio, o matemático rexeita a idea empregando argumentos da teoría dos sistemas dinámicos: atractores estranos, sensibilidade ás condicións iniciais (o chamado “efecto bolboreta”)… A propia estrutura da película, como a da novela do mesmo título de Michael Crichton, semella un exemplo desta teoría: algúns feitos inesperados (unha tormenta, a ambición dun empregado, a reprodución de seres unisexuais) transforman o parque, aparentemente ben deseñado e indestrutible, nun auténtico “caos”.
  • 23. El Indomable Will Hunting Gus van Sant Autodidacta, posuidor dunha memoria fotográfica fantástica e capaz de resolver sen esforzo difíciles problemas matemáticos, Will Hunting é un mozo marcado por unha infancia difícil e inmerso nun ambiente nada alentador, que agocha os seus medos detrás dunha conduta desordenada. O seu extraordinario talento para as Matemáticas é descuberto, por casualidade, por Lambeau, profesor do MIT e gañador dunha Medalla Fields, quen ve en Will o Ramanujan de finais do século XX. Empeñado en lle facer valorar as facultades das que goza e en devolvelo á “normalidade”, Lambeau tenta que o rapaz acepte algún dos postos de traballo que el lle atopa. Pero será Sean, un psicólogo e antigo compañeiro de Lambeau, quen consiga que Will deixe de “ler” o mundo desde fóra, como se fose un libro máis, e comece a tomar decisións sobre a súa vida.
  • 24. Mesh : a journey through discrete geometry Beau Janzen and Konrad Polthier Documental de, aproximadamente, corenta minutos de duración, en versión orixinal inglesa sen subtítulos. Completamente creado por ordenador, Mesh explora os avances da xeometría discreta, desde os gregos ata os nosos días. Ademais de introducir, de forma sinxela e facilmente entendible, distintos conceptos de xeometría diferencial, neste vídeo matemático amósasenos, por exemplo, o xeito de crear figuras curvadas incriblemente complexas a partir dunha malla discreta ou a razón pola que as pompas de xabón non poden adoptar forma cúbica.
  • 25. Julia Robinson and Hilbert’s tenth problem George Csicsery Documental en inglés (sen subtítulos) dunha hora de duración centrado na vida e obra da brillante matemática americana julia Robinson e a súa apaixonada procura do 10º problema de Hilbert. Amigos e colegas como Martin Davis, Hilary Putnam ou Yuri Matiyasevich poñen en perspectiva as achegas matemáticas de julia Robinson mentres a súa irmá, Constance Reed, debuxa o seu perfil familiar. O documental complétase cunha serie de 6 curtos que nos presentan a figura de David Hilbert e nos introducen nos segredos do número áureo e nas máquinas de Turing.
  • 26. 2001 : Una odisea del espacio Stanley Kubrick
  • 27. Filme dirixido por Stanley Kubrick en 1968, en cuxo guión colaboraron Arthur C. Clarke e o propio Kubrick. Está considerado como un dos filmes de ciencia ficción máis respetuosos coas leis da Física xamais rodados (a maioría dos pequenos erros que presenta son debidos a limitacións técnicas da época). Pioneira no que a efectos especiais se refire e cun uso moi reducido de diálogos, a película aborda diferentes temas de interese, tanto para a época na que se realizou a rodaxe como para a actual: evolución humana, intelixencia artificial, vida extraterrestre,… Hai catro millóns de anos, un grupo de primates atopa un monolito negro, un bloque perfecto de varios metros de altura. Pouco despois, percíbese neles certo grao de conciencia. En 1999, soterrado no Cráter Tycho, aparece outro monolito negro que, no momento en que recibe o primeiro raio do Sol, emite un potente sinal acústico, que deixa totalmente atordados os presentes. En 2001, a nave espacial Discovery emprende viaxe cara a Xúpiter con cinco tripulantes e HAL 9000, un superordenador de última xeración. Misión: investigar o destino do sinal emitido polo monolito en 1999. Durante a viaxe, detéctanse problemas de fiabilidade de HAL, que chega a acabar coa vida de catro dos tripulantes, polo que o único que permanece vivo vese na obriga de desconectalo.