Vivir máis adán

771 Aufrufe

Veröffentlicht am

Enfermidade e saúde. Tipos de enfermidades.

Veröffentlicht in: Bildung
  • Als Erste(r) kommentieren

  • Gehören Sie zu den Ersten, denen das gefällt!

Vivir máis adán

  1. 1. VIVIR MÁIS, VIVIR MELLOR Profesores: Mª del Carmen Cerviño, Adán Gonçalves e Marcos Perille
  2. 2. Viviremos máis cós nosos avós? ESPERANZA DE VIDA NO ANO 2012
  3. 3. Nos países desenvolvidos, con boas condicións hixiénicas e alimentación suficiente e variada, as causas que provocan a morte son diferentes ás dos países en desenvolvemento. En España a esperanza de vida é de arredor dos 80 anos. No último século aumentou máis de corenta anos. AUMENTO DE ESPERANZA DE VIDA EN ESPAÑA NO ÚLTIMO SÉCULO PRINCIPAIS CAUSAS DE MORTE EN DIFERENTES PAÍSES
  4. 4. 1. SAÚDE E ENFERMIDADE A OMS (Organización Mundial da Saúde) define a saúde como un estado de completo benestar físico, mental e social, e non só como a ausencia de enfermidade. A enfermidade pode definirse como unha alteración no estado de saúde, é dicir, a perda transitoria ou permanente do benestar físico, psíquico ou social. De que depende a saúde? Hai tres factores que determinan o estado de saúde dunha persoa: •O estilo de vida individual (alimentación, actividade física…) •Factores sociais e ambientais (asistencia sanitaria, clima, contaminación…) •Factores xenéticos, que dependen da información contida nos xenes.
  5. 5. 1. SAÚDE E ENFERMIDADE  Estilo de vida: é o conxunto de patróns de conduta que determinan a maneira de vivir dunha persoa ou grupo. Un estilo de vida saudable implica: Unha alimentación axeitada Actividade física apropiada Control do tabaquismo e outras adiccións Vivenda digna Ambiente de traballo adecuado Saúde mental e sexual Control da presión arterial e o colesterol
  6. 6. AGRESIÓNS AMBIENTAIS Físicas Químicas Biolóxicas •Radiacións ionizantes (como a radiación ultravioleta, raios X, radiactividade). •Ruídos. •Variacións de temperatura. •Contaminación da auga. Pode deberse a residuos orgánicos, como os gandeiros; inorgánicos, como os fertilizantes e biolóxicos, se se trata de microorganismos). •Contaminación do aire, principalmente debido aos transportes, a calefacción e a industria (partículas en suspensión, monóxido de carbono, dióxido de xofre, óxidos de nitróxeno). •Contaminación dos alimentos (por praguicidas, metais pesados, antibióticos e hormonas, …) •Virus. •Bacterias. •Protozoos. •Fungos.
  7. 7. 1. SAÚDE E ENFERMIDADE  Factores de risco: é calquera circunstancia dunha persoa ou un grupo de persoas que aumenta a probabilidade de padecer unha enfermidade. Non ten necesariamente que ser a causa da enfermidade, pero si se relaciona (con probas científicas/diagnósticas) coa enfermidade. En moitas ocasións a coincidencia de factores provoca un aumento da probabilidade de padecer unha enfermidade. Tipos de factores de risco: • Modificables: típicamente os relacionados co noso comportamento: tabaquismo, alcoholismo, dieta… • Non modificables: os inherentes á persoa: xenética, idade, sexo…
  8. 8. 1. SAÚDE E ENFERMIDADE  Os factores de risco poden ser específicos dun tipo de enfermidade. A exposición solar é un factor de risco do cancro de pel  Os factores de risco poden afectar a varias enfermidades. O alcoholismo aumenta a probabilidade de sofrer un accidente de tráfico e á destruturación familiar que poden derivar en problemas psicolóxicos.  Os factores risco poden confluír aumentando a probabilidade de sofrer unha patoloxía. A hipercolesterolemia, o tabaquismo e a hipertensión aumentan a probabilidade de sofrer unha cardiopatía.
  9. 9. 2. SAÚDE PÚBLICA E MEDICINA PREVENTIVA  Saúde Pública: é a aplicación do método científico aos problemas de saúde-enfermidade, considerando como suxeito a comunidade.  Medicina Preventiva: rama da Medicina que ten por obxecto impedir que un individuo ou poboación adquira e desenvolva unha enfermidade ou problema de saúde. No campo da Saúde Pública, a aplicación da Medicina Preventiva pode establecerse mediante distintos tipos de medidas.
  10. 10. 2. SAÚDE PÚBLICA E MEDICINA PREVENTIVA Tipos de Medidas:  Medidas Universais: van dirixidas a toda a poboación. Por exemplo: orientacións para unha dieta equilibrada, hixiene dental, abandono do tabaquismo…  Medidas Selectivas: diríxense a determinados grupos de poboación polo seu alto risco. Por exemplo: vacinacións de nenos, anciáns… contra a gripe; vacinación contra a hepatite A e B do persoal sanitario; vacinación contra o papiloma humano nas adolescentes…  Medidas individuais: dirixidas ás persoas en concreto.
  11. 11. 3. A ENFERMIDADE • Como xa comentamos, a enfermidade constitúe calquera alteración do estado de saúde por causa física, mental ou social. • Patoloxía é o conxunto de alteracións que sofre o organismo a consecuencia do padecemento dunha enfermidade. As enfermidades pódense clasificar seguindo distintos criterios: o impacto na poboación, a orixe da súa patoloxía…  Segundo o impacto poboacional: - Enfermidades esporádicas: son puntuais no espazo e no tempo. - Enfermidades endémicas: permanecen nunha zona. - Enfermidades epidémicas: afectan a moita poboación nun tempo limitado. - Enfermidades pandémicas: epidemias que se estenden a varios países.
  12. 12. 3. A ENFERMIDADE  Segundo a orixe:  Enfermidades físicas: producidas por unha lesión, infección ou proceso dexenerativo no organismo. Son as máis recoñecibles e podémolas clasificar en: - Infecciosas: un axente patóxeno introdúcese no organismo. P.e. gripe, salmonelose... - Non infecciosas: outras causas (xenéticas, ambientais...). P.e. hemofilia, moitos tipos de cancro...  Enfermidades mentais: debidas a un mal funcionamento do cerebro que conduce a unha diminución da capacidade mental ou a alteracións da conduta. P.e. esquizofrenia, fobias...  Enfermidades sociais: ocasionadas polo entorno social (violencia, carencias educativas...) P.e. agresividade social, tabaquismo, drogadición, alcoholismo...
  13. 13. 3.1. Enfermidades non infecciosas As enfermidades non infecciosas son aquelas que non son causadas por un microorganismo patóxeno ou unha partícula infecciosa, e polo tanto, non son transmisibles. As doenzas non infecciosas afectan o normal funcionamento dos aparellos e sistemas do organismo. En función das súas causas, características e lugar de acción podemos falar de:  Enfermidades hereditarias ou xenéticas  Enfermidades mentais  Enfermidades específicas de órganos ou aparellos  Enfermidades oncolóxicas (cancros)  Enfermidades autoinmunes  Enfermidades causadas por accidentes
  14. 14. 3.1.1. Enfermidades Hereditarias Aquelas herdables dos proxenitores. Moitas delas son crónicas, como a diabete e a hemofilia. Debe aclararse aquí que en moitas outras enfermidades que non pertencen a este grupo a predisposición xenética considérase un factor de risco, por exemplo moitos tipos de cancro. • Diabete: hai distintos tipos. A diabete máis frecuente é a diabete mellitus producida pola deficiencia parcial ou total da hormona insulina que regula a concentración de glicosa no sangue. O tratamento baséase nunha dieta equilibrada e na administración de insulina. Nalgúns casos é xenética e aparece na infancia. Noutros, relaciónase cun exceso de calorías na dieta e sobrepeso. Por esta razón tamén se lle considera unha enfermidade nutricional e endócrina.
  15. 15. • Hemofilia: engloba tres tipos de alteracións xenéticas con herdanza ligada ao cromosoma X . Impide a coagulación correcta do sangue. • Obesidade: existen múltiples causas (factores herdables, ambientais, endócrinos…). Consiste nun exceso de graxa corporal. Combátese cunha dieta axeitada e a práctica habitual de exercicio. Para determinar se unha persoa padece ou non obesidade, calcúlase o Índice de masa corporal (IMC), dividindo a masa en kg entre a altura (en metros) ao cadrado. Alexei Nikolayevich (último zarevich de Rusia) padeceu hemofilia. Alfonso de Borbón
  16. 16. 3.1.2. Enfermidades Mentais Inclúen un amplo espectro de trastornos: • Esquizofrenia. Caracterízase por distorsións na percepción e razoamento. • Trastornos de ansiedade, caracterizados por temores intensos. • Depresión. Caracterizada por unha tristeza excesiva. • Trastornos da conduta alimentaria, como a anorexia nerviosa ou a bulimia. • Sindrome de déficit de atención e hiperactividade. Dáse en nenos con problemas para controlar a enerxía e a atención. • Trastornos de personalidade. • Demencia. Perda progresiva das capacidades mentais. A máis común é a enfermidade de Alzheimer. Hoxe en día, existen tratamentos farmacolóxicos e psicolóxicos para as persoas con enfermidades mentais, que permiten que os enfermos curen ou, polo menos, experimenten unha melloría.
  17. 17. 3.1.3. Enfermidades Específicas de órganos e aparellos - Enfermidade inflamatoria intestinal: enfermidade crónica do intestino que non tende a curación. Agrupa varios tipos: colitis ulcerosa, enfermidade de Crohn e colitis indeterminda… As enfermidades do aparello dixestivo
  18. 18. Algunhas enfermidades do aparello respiratorio débense ao estreitamento ou obstrución das vías respiratorias, que diminúe o aporte de aire. As máis frecuentes son a asma, o enfisema ou a bronquite. Aínda que son enfermidades graves, a enfermidade respiratoria máis grave é o cancro de pulmón, asociado nun 90% dos casos ao consumo de tabaco. Anuncio Efectos tabacoIndícanse con asteriscos as substancias canceríxenas. As enfermidades do aparello respiratorio
  19. 19. As enfermidades cardiovasculares son a primeira causa de mortalidade no mundo, especialmente nos países desenvolvidos. Afectan ao corazón ou aos vasos sanguíneos. As enfermidades cardiovasculares
  20. 20. As arterias coronarias son as que levan o sangue con osíxeno e nutrientes ao músculo cardíaco (miocardio). Se se obstrúen, prodúcese un infarto de miocardio: o sangue deixa de nutrir unha rexión do músculo cardíaco, polo que o tecido muscular morre, causando danos permanentes no corazón. Se o bloqueo é parcial e reduce o fluxo de sangue, prodúcese unha anxina, que non soe producir danos irreversibles. Os infartos graves normalmente comezan con dor no centro do peito, que pode irradiar cara aos brazos, ombreiro esquerdo, costas… Pode provocar tamén dificultades para respirar, náuseas, mareos, etc. A atención médica inmediata é fundamental. Os infartos débense, fundamentalmente, ao depósito de lípidos (graxas e colesterol) na parede interna das arterias (arterioesclerose). Como consecuencia, a luz da arteria estréitase e a parede faise ríxida. Ao pasar o sangue poden formarse trombos. A formación de trombos pode afectar ás arterias doutros órganos vitais. Se afecta ao cerebro, denomínase accidente cerebrovascular. Arterioesclerose
  21. 21. FACTORES DE RISCO Non modificables Modificables • Idade avanzada. • Sexo masculino. • Antecedentes de enfermidade cardiovascular en familiares próximos. • Consumo de tabaco. • Hipertensión arterial. • Diabetes. • Valores altos de colesterol no sangue. • Dieta inadecuada. • Sedentarismo. • Obesidade. • Estrés. Que son o colesterol bo e o colesterol malo? O colesterol non se disolve no sangue, senón que necesita proteínas que o transporten: as lipoproteínas. • As HDL (lipoproteínas de alta densidade) conducen o colesterol cara ao fígado, onde se destrúe. Polo tanto, reducen o risco cardiovascular. É o que se chama “colesterol bo”. • As LDL (lipoproteínas de baixa densidade) permanecen no sangue, polo que aumentan o risco das ECV. É o que se chama “colesterol malo”. As enfermidades cardiovasculares. Factores de risco
  22. 22. Electrocardiograma O electrocardiograma é un rexistro da actividade eléctrica do corazón, que é a que permite o latexo cardíaco. Anomalías no ECG permiten detectar problemas e danos cardíacos (como as arritmias e os infartos). Medida da presión arterial O esfigmomanómetro mide a presión que exerce o sangue sobre a parede das arterias. Obtéñense dous valores: A presión máxima corresponde ao momento no que o corazón se contrae e expulsa o sangue a todo o corpo. A presión mínima corresponde ao momento no que o corazón está relaxado e o sangue volve a el. Considérase que hai hipertensión cando a alta é superior a 140 mmHg e/ou a baixa é superior a 90 mmHg. Análises de sangue Nas análises de sangue pode obterse información sobre a cantidade de colesterol e triglicéridos presentes no sangue. Tamén pode coñecerse a fracción de HDL e LDL para avaliar o risco de padecer ECV. As enfermidades cardiovasculares. Diagnóstico
  23. 23. PREVENCIÓN DAS ECV • Exercicio regular. • Consumo moderado de calorías, dieta rica en cereais, legumes, peixe azul, ensalada, froita fresca e alimentos ricos en fibra (integrais). Substitución de graxas animais por aceites vexetais. Evitar o consumo de carnes vermellas. • Consumo limitado de sal, azucre, xemas de ovo, alcohol e tabaco. • Descanso suficiente. Nunha anxioplastia introducese un balón ou unha malla metálica na arteria que se estreitou polo depósito de colesterol. Ao inchar o balón a arteria ensánchase. O stent permite que o ensanchamento se manteña despois de desinflar o balón. Na cirurxía por bypass restablécese a circulación nunha zona onde está bloqueada unha arteria coronaria facendo un circuíto alternativo, para o que se utilizan fragmentos de vasos sanguíneos doutras partes do corpo. Un marcapasos produce descargas eléctricas que garantizan o latexo nun corazón danado. As enfermidades cardiovasculares. Prevención e Tratamento
  24. 24. As enfermidades do aparello locomotor A máis frecuente é a osteoporose caracterizada pola diminución do tecido óseo. A falta de minerais característicos deste tecido (especialmente o calcio) provoca que ósos se volvan quebradizos polo que son habituais as fracturas. É esta unha patoloxía cunha maior incidencia nas mulleres de certa idade consecuencia da reducción de estróxenos (hormona sexual feminina) na menopausia. Outros factores son a dieta (falta de vitamina D e calcio), o tabaquismo o alcoholismo e o sedentarismo.
  25. 25. Nos tecidos normais hai células que se dividen para xerar novas células que substitúan ás que están vellas ou deterioradas. Existe un equilibrio entre as células que se forman e as que morren. Se ese equilibrio se altera, a o número de células aumenta, orixínase un tumor, que é unha masa de tecido desorganizado. A maioría dos tumores son benignos, poden extirparse cirúrxicamente e non soen poñer en perigo a vida dos enfermos. Un tumor é maligno cando as células que o forman poden desprazarse desde o lugar inicial do tumor para xerar novos tumores noutras partes do corpo. Tumor maligno é sinónimo de cancro. As células dun tumor maligno teñen capacidade de penetrar dentro dos vasos circulatorios, moverse polo sangue e a linfa e depositarse en calquera parte do corpo para xerar outro tumor. Esta capacidade chámase metástase. 3.1.4. Enfermidades Tumorais e cancro
  26. 26. O cancro. Orixe, prevención e tratamento. PREVENCIÓN DO CANCRO O cancro pode previrse evitando a exposición aos axentes que facilitan a súa aparición, chamados carcinóxenos. As recomendacións son: • Reducir o consumo de alcohol (aumenta o risco de padecer cancro de boca, larixe, esófago, fígado…) e tabaco (aumenta o risco de padecer cancro de pulmón). • Non tomar o sol en exceso. • Seguir unha dieta saudable (o consumo excesivo de graxas asóciase co cancro de colon) e o de froitas e verduras ten un efecto protector. • Manter relacións sexuais con preservativo, para evitar o contaxio do virus do papiloma humano, relacionado co cancro de colo uterino. As células poden orixinar tumores cando acumulan varias mutacións que afectan á súa capacidade de orixinar metástases. En xeral, as mutacións prodúcense ao azar, pero hai axentes que aumentan o risco de que aparezan (como o fume de tabaco ou a radiación solar). Algunhas mutacións herdadas tamén aumentan a probabilidade de padecer tumores. O cancro pode tratarse de diferentes formas. As máis empregadas son: •Cirurxía. Extirpación da masa tumoral. •Radioterapia. Radiacións que destrúen as células tumorais. •Quimioterapia. Eliminación das células cancerosas con fármacos.
  27. 27. 3.1.5. Enfermidades Autoinmunes Agrúpanse nesta denominación todas aquelas enfermidades derivadas dunha alteración do sistema inmunitario que provoca que éste “ataque” ao propio organismo. Por exemplo: Lupus eritematoso sistémico: enfermidade crónica que afecta ao tecido conxuntivo provocando inflamación en distintas partes do corpo debido ao depósito de complexos de antíxeno-anticorpo (os anticorpos atacan ás células propias deste tecido).
  28. 28. Artritis reumatoide: Provoca a inflamación crónica das articulacións, producindo nelas un deterioro progresivo que orixina a deformidade das mesmas afectando tamén a súa funcionalidade. Esclerose múltiple (EM): Enfermidade crónica e neurodexenerativa do sistema nervioso central. Actualmente sábese que hai causas autoinmunes implicadas no seu desenvolvemento.
  29. 29. 3.1.6. Enfermidades provocadas por Accidentes Inclúen todas as patoloxías producidas por accidentes de tráfico, laborais, domésticos, deportivos e de ocio. Por exemplo: traumatismo craneoencefálico, queimaduras, intoxicacións, fracturas…
  30. 30. Ata hai apenas dous séculos, a orixe das enfermidades infecciosas era un misterio. A enfermidade explicábase como un castigo divino ou como consecuencia da contaminación do aire polos “miasmas”: emanacións procedentes da descomposición da materia orgánica. No século XIX, investigadores como Pasteur estableceron a relación entre as enfermidades infecciosas e a presenza de microorganismos no enfermo. Pero pasaron aínda varios anos ata que Robert Koch demostrou a teoría microbiana da enfermidade, que di que cada enfermidade infecciosa está producida por un microorganismo determinado e cada microorganismo xera unha enfermidade diferente. 3.2. Enfermidades infecciosas
  31. 31. Aínda que a maioría dos microorganismos son inofensivos, algúns deles, chamados microorganismos patóxenos, causan enfermidades infecciosas. Os axentes infecciosos son parasitos que se introducen no corpo dun organismo (chamado hospedeiro) danando os seus tecidos, o que produce a aparición de síntomas da enfermidade. Cando os síntomas son complexos e variables entre as persoas, denomínanse síndrome. Hai catro tipos de microorganismos patóxenos: virus, bacterias, protozoos e fungos. Os virus non son células, son partículas infecciosas. Só teñen material xenético no interior dunha cápsula de proteínas e, ás veces, unha membrana. Necesitan ás células para poder reproducirse. As bacterias son células procariotas (sen núcleo) que poden reproducirse fóra doutras células. As bacterias poden producir toxinas que viaxan polo sangue e causan os síntomas da enfermidade. Os protozoos e os fungos teñen células eucariotas (con núcleo). Son moito máis grandes cás bacterias. 3.2.1. Axentes infecciosos
  32. 32. En ocasións o patóxeno non é un microorganismo, como sucede cos vermes parasitos (principalmente nematodos (como as lombrigas intestinais) e platihelmintos ( por exemplo as tenias)). Noutras ocasións son partículas infecciosas máis sinxelas que os virus: como os prións (responsables do “mal das vacas tolas”) ou os virusoides (afectan a virus de vexetais). 3.2.1. Axentes infecciosos Tenia ou solitaria
  33. 33.  Contaxiosidade: capacidade de propagación do axente infeccioso.  Infectividade: capacidade do patóxeno de instalarse e multiplicarse.  Patoxenicidade: capacidade do patóxeno de producir a enfermidade.  Virulencia: grao de patoxenicidade. 3.2.1. Axentes infecciosos Os axentes infecciosos caracterízanse por:
  34. 34. • Por contacto directo: contacto da pel, a través das gotiñas dos espirros ou por contacto sexual. • Por medio da auga (ocorre sobre todo se hai contaminación fecal). • Por medio dos alimentos. • Por medio de animais. Os animais que poden transmitir enfermidades chámanse vectores (por exemplo, os mosquitos, poden transmitir microorganismos dunhas persoas a outras a través da picada). Os animais que albergan axentes infecciosos para a especie humana chámanse reservorios. Os roedores son os principais reservorios de virus. 3.2.2. Transmisión de enfermidades infecciosas
  35. 35. As enfermidades emerxentes son novas enfermidades infecciosas, transmitidas por xermes descoñecidos ata o momento. Eso non quere dicir que os xermes non existan antes, xa que poden permanecer moitos anos lonxe do contacto coas persoas . Cambios no medio, como a deforestación, ou mutacións no axente infeccioso fanos perigosos para a nosa especie. A sida ou o ébola foron enfermidades emerxentes. As enfermidades reemerxentes son enfermidades que volven a afectar rexións nas que se pensaba que estaban erradicadas (cólera, malaria, tuberculose, dengue…) Xeralmente débense á aparición de resistencias aos medicamentos nos organismos infecciosos. As enfermidades emerxentes e reemerxentes Algunhas enfermidades emerxentes e reemerxentes 3.2.2. Transmisión de enfermidades infecciosas
  36. 36. No último século apareceron moitas enfermidades infecciosas novas, ao mesmo tempo que enfermidades que se crían erradicadas volveron con forza. Cales son as posibles causas deste fenómeno? • Maior mobilidade das persoas, facilitando o contaxio e propagación das enfermidades. • Cambios no uso do solo e da auga. A deforestación ou a construción de presas alteran o hábitat de especies que transmiten novas enfermidades. 3.2.2. Transmisión de enfermidades infecciosas
  37. 37. Unha epidemia é un brote dunha enfermidade infecciosa que se propaga rapidamente, afectando a moitas persoas dunha mesma área xeográfica durante un tempo limitado. Se a epidemia permanece na zona, chámase endemia. Unha pandemia é unha epidemia que afecta ao mesmo tempo a todos os países do mundo. Epidemias e pandemias A enfermidade de Chagas é endémica de América 3.2.2. Transmisión de enfermidades infecciosas
  38. 38. En 1981 identificáronse as manifestacións da síndrome de inmunodeficiencia adquirida. Desde entón, morreron varios millóns de persoas en todo o mundo. A África subsahariana concentra arredor dos dous tercios de seropositivos en todo o mundo. A pandemia da SIDA
  39. 39. A neumonía atípica ou SARS (síndrome respiratoria aguda severa), foi a primeira pandemia do século XXI Científicamente denomínase neumonía atípica a causada por micoplasmas
  40. 40. Entre os anos 2003 e 2005 produciuse unha pandemia de gripe aviar
  41. 41. No ano 2009 produciuse unha pandemia de gripe A (gripe porcina)
  42. 42. Científicamente denomínase neumonía atípica a causada por micoplasmas
  43. 43. Fai nada…
  44. 44. E máis actual aínda…
  45. 45. …E todavía máis actual… Virus Zika Posibles epidemias do 2016
  46. 46. ABC, 12/01/2017 Epidemia de Gripe en España
  47. 47. A gripe A gripe é unha infección vírica que provoca epidemias anuais. Ademais das epidemias anuais, cada certo tempo a gripe provoca pandemias que causan importantes mortandades. O virus da gripe caracterízase por: • A información xenética está distribuída en 8 fragmentos de ARN. • Na súa envoltura ten dous tipos de proteínas que definen os diferentes tipos de virus, a hemaglutinina (H) e a neuraminidasa (N), que son as responsables da unión do virus á célula hospedeira. Os virus noméanse en función da combinación destas proteínas que presenten (H1N1 ou H5N1, por exemplo). O virus da gripe está mutando constantemente. Se estas mutacións provocan cambios nas moléculas da envoltura, o noso sistema inmunitario non o recoñece e non pode protexernos contra el, polo que enfermaremos aínda que previamente estivéramos expostos a outros virus da gripe. A vacina da gripe fabrícase con compoñentes dos diferentes tipos de virus que causan epidemias cada ano. A súa composición revísase cada ano para modificala en función das variantes que circulan entre a poboación.
  48. 48. Ademais dos cambios pequenos que dan lugar ás epidemias , cada poucas décadas, os virus da gripe sofren cambios drásticos. Esto fai que o virus non sexa recoñecido polo sistema inmunitario das persoas e orixine grandes pandemias. Hai moitas variedades de virus da gripe en reservorios animais, que normalmente non poden propagarse a outras especies. Pero en ocasións, virus da gripe aviar consiguen traspasar esa barreira e infectar ás persoas. Cando adquire a propiedade de transmitirse entre persoas, pode orixinar a pandemia. Ás veces, o salto de hospedeiro débese a que un virus da gripe humana intercambia parte dos seus xenes cun virus da gripe aviar. Para que ocorra o intercambio os dous virus deben estar xuntos nun mesmo hospedeiro (por exemplo, un porco). Noutras ocasións, o virus adquire a capacidade de introducirse directamente nas persoas tras a adaptación en humanos ou noutros organismos. Despois, pode combinar os seus xenes cos da gripe humana, facilitándose a transmisión entre persoas.
  49. 49. Medios para facer fronte ás epidemias Axuda a países en desenvolvemento Hai moitas enfermidades para as que existen tratamentos eficaces, pero que non están dispoñibles para os habitantes de países en desenvolvemento. Favorecer o acceso a medicamentos eficaces por parte desta poboación debe ser un obxectivo prioritario. Redes de vixiancia Hai redes de vixiancia en todo o planeta para seguir a evolución das enfermidades e detectar novos xermes. Esta información permite que as empresas farmacéuticas poñan no mercado as vacinas axeitadas. Investigación científica É necesaria ao estar os virus mutando constantemente e as bacterias adquirindo resistencia aos antibióticos. A investigación ten que dirixirse á posta a punto de novas vacinas, medicamentos, probas diagnósticas, … Colaboración mundial É necesario que os países colaboren para previr e controlar as epidemias capaces de propagarse rapidamente. Ademais, a OMS axuda aos países que por si mesmos non poden acadar esa prevención e control. Prevención do bioterrorismo Varias enfermidades infecciosas, como a variola, o carbúnculo ou a peste, poderían transformarse en armas terroristas.
  50. 50. 3.2.3. Enfermidades bacterianas  Diarrea: alteración das feces en relación co volume, fluídez ou frecuencia anormais (baixa absorción de líquidos e nutrientes). Está acompañada de dor, febre, náuseas, vómito, debilidade ou perda do apetito. É unha das principais causas de morte nos países do 3º Mundo pola deshidratación severa. Case sempre causada por toxinas dunha bacteria (toxina do cólera ou de Escherichia coli.  Neumonia: enfermidade inflamatoria que consiste na infección dos espazos alveolais dos pulmonóns. Causada por distintos axentes: bacterias (Streptococcus pneumoniae, Mycoplasmas e Chlamydias), distintos virus e incluso hongos.
  51. 51. 3.2.3. Enfermidades bacterianas  Tuberculose (tise): enfermidade infecciosa, causada por diversas especies do xénero Mycobacterium, pero principalmente por M. tuberculosis , o bacilo de Koch. Os síntomas más frecuentes son: tos con flema, as veces con sangue no esputo, febre, sudoración nocturna, mareos momentáneos, calafríos e perda de peso.  Gonorrea: infección de transmisión sexual provocada pola bacteria Neisseria gonorrhoeae, o gonococo. O síntoma máis frecuente é unha excreción uretral mucosa ubicada na punta do pene. Outros síntomas son dor ó mexar, sensación de queimazón na uretra, dor ou inflamación dos testículos.
  52. 52. 3.2.3. Enfermidades bacterianas  Lepra: enfermidade infecciosa, de nulo contaxio cando está debidamente tratada, producida polas bacterias Mycobacterium leprae e Mycobacterium lepromatosis. Os síntomas poden aparecer despois de varios anos da infección (incubación de 2 a 7 años). Un dos primeros síntomas é a insensibilidade a dor (estas zonas adquieren unha cor distinta ao resto da pel). Con frecuencia aparece parálise muscular e fraxilidade ósea, especialmente nos dedos das mans e dos pes. Xa máis tarde, abultamento da frente e distorsión facial.  Peste: enfermidade moi contaxiosa que afecta tanto a humanos como a outros animais causada pola bacteria Yersinia pestis. Caracterizase pola febre, dor de cabeza e de ganglios , escalofrío, inchazón. Poden aparecer trombos (áreas isquémicas na pel de cor azulado ou negruzco, de aí o nome de Peste Negra). Se hai diseminación pode desenvolver sintomatoloxía respiratoria (síndrome gripal, neumonía, esputos sanguinolentos) ou nerviosa (convulsións, etc.) con moi mal pronóstico.
  53. 53. 3.2.3. Enfermidades bacterianas  Tifus: un conxunto de enfermidades infecciosas producidas por varias especies de bacteria do xénero Rickettsia, transmitidas por la picadura de diferentes artrópodos como piollos, pulgas, ácaros e garrapatas. Caracteriza por febre alta recurrente, calofríos, cefalea e exantema.  Tétanos: non contaxiosa, frecuentemente mortal, provocada por unha potente neurotoxina producida por unha bacteria do xénero Clostridium. A bacteria reproducese en condicións anaeróbicas no corpo e segrega toxinas que penetran nas fibras nerviosas chegando ao SNC e danando ás neuronas. Provoca parálise e espasmos musculares. As esporas bacterianas resistentes proveñen de case cualquera parte, incluso do po da rúa. A infección ocorre pola penetración das esporas en feridas.
  54. 54. 3.2.4. Enfermidades de orixe protozoario  Malaria o paludismo: A enfermidade é causada polo protozoo Plasmodium. Os vectores desta enfermidade son diversas especies do mosquito Anopheles. Os síntomas son moi variados, empezando con fiebre de 8 a 30 días despois da infección, acompañada, ou non, de dor de cabeza, dores musculares, diarrea, decaemento e tos. Ciclo vital do Plasmodium
  55. 55.  Gripe: xa falamos dela pola súa capacidade para orixinar epidemias; é unha enfermidade contaxiosa de aves e mamíferos causada por un tipo de virus de ARN. No home afecta ás vías respiratorias acompañada de síntomas xerais como febre, dor de garganta, debilidade, dores musculares, door estomacal, articulares, e de cabeza, con tos e malestar xeral. Nalgúns casos máis graves pode complicarse con pulmonía (neumonía), que pode resultar mortal (nenos e anciáns especialmente). Pódese confundir cun resfriado (catarro) común, pero a gripe é máis grave e está causada por un tipo diferente de virus. Transmítese dende individuos infectados a través de microgotas cargadas de virus, que son emitidas coa tos ou en esbirros (estornudos) ou ó falar. 3.2.5. Enfermidades de orixe vírico
  56. 56.  SIDA (Síndrome de Inmunodeficiencia Adquirida): como xa dixemos continúa a ser unha pandemia. Afecta aos seres humanos infectados polo VIH (virus de inmunodeficiencia humana). O VIH ataca , entre outras células do sistema inmunitario, aos linfocitos T CD4 colaboradores que poden considerarse en boa parte os directores da resposta específica provocando a desorganización do S.I. Cabe destacar a diferenza entre estar infectado por VIH e padecer a sida. Unha persona infectada polo VIH é seropositiva e desenvolve a sida cando o seu nivel de linfocitos T CD4 desciende por baixo de 200 células/ml de sangue. O VIH transmítese polos seguientes fluídos corporais: sangue, semen, secrecións vaxinais e leite materna. 3.2.5. Enfermidades de orixe vírico
  57. 57.  Enfermidade Creutzfeldt-Jakob (encefalopatía esponxiforme ou enfermidade das vacas tolas) Mal neurolóxico producido por unha proteína chamada prión (PrP). É unha enfermidade dexenerativa e de pronóstico mortal. A alteración débese a un pregamento anormal do prión. Este fenómeno parece estimular a que outras proteínas normales presentes nas neuronas alteren as súas formas, afectando ao seu funcionamento. Nas etapas iniciais da enfermidade, os enfermos sofren fallos de memoria, cambios de comportamento, falta de coordinación e perturbacións visuais. A medida que progresa, o deterioro mental faise máis pronunciado e poden darse movementos involuntarios, ceguera, debilidade das extremidades e coma, culminando sen excepción coa morte do paciente. Transmitese ao inxerir alimentos contaminados co prión. 3.2.5. Enfermidades de orixe priónico
  58. 58. Algúns fungos poden producir infeccións coñecidas como micoses.  Hai varios tipos:  Micoses superficiais (na pel): tiñas e pe de atleta.  Micoses subcutáneas: producidas por feridas que favorecen o crecemento dos fungos bajo la piel.  Micoses sistémicas (nos órganos internos): candidiases, infección oportunista que afecta á pel, o tubo dixestivo, o aparallo respiratorio e o xenital; asperxiloses, producida por Aspergillus, que pode provocar reaccións alérxicas e graves infeccións en persoas inmunodeficientes. 3.2.6. Enfermidades de orixe fúnxico
  59. 59. Algúns animais son parasitos do ser humano.  Hai 2 grandes tipos de parasitos:  Ectoparasitos: viven sobre a superficie do corpo. Os máis importantes son artrópodos (piollos, pulgas e garrapatas), que supoñen un risco engadido por ser transmisores de enfermedades infecciosas.  Endoparasitos: viven nas cavidades internas do corpo, a maior parte, son vermes. Pueden ser platihelmintos (planos) como a tenia ou nematodos (cilíndricos) como o Anisakis ou a triquina. 3.2.7. Enfermidades de orixe animal
  60. 60. Axentes externos (virus, po, protozoos...) que poden ser patóxenos chegan a tomar contacto coa pel e as mucosas, incluso co sangue a través das feridas. Entón, cómo é posible que non estemos constantemente enfermos? Débese ao noso Sistema Inmunitario que neutraliza as actividades destes axentes estranos. Podemos dividir o sistema inmunitario en tres niveis de defensa:  Barreiras Físicas  Resposta inmunitaria inespecífica-.A Reacción inflamatoria.  Resposta inmunitaria específica-A xeración de anticorpos 4. O Sistema inmunitario
  61. 61. Barreiras físicas: -A pel e as mucosas. - Secreccións: lágrimas e saliva (posúen lisozima), suor, mucosidades, cerume dos oídos, ácido do estómago (HCl)... 4. O Sistema inmunitario
  62. 62. Resposta inmunitaria inespecífica Se a pesar das barreiras atopadas no seu camiño os patóxenos logran entran no organismo a segunda liña de defensa entra en acción; A Reacción Inflamatoria: •É unha reposta inespecífica porque actúa sempre igual independentemente do patóxeno. •É rápida, pero puco duradeira. • É levada a cabo por uns glóbulos brancos denominados fagocitos ou células fagocitarias que se encargan de dixerir os patóxenos. Os máis importantes son os macrófagos que derivan dos monocitos do torrente sanguíneo. 4. O Sistema inmunitario
  63. 63. Reacción inflamatoria: 1. Tras a entrada dos xermes, os capilares sanguíneos dilátanse na zona afectada para achegar máis sangue o que provoca o arrubiamento e o aumento da temperatura local. 2. O plasma sae dos capilares (suministra materiais de reparación) e produce inchazo (edema); ademais aumenta a sensibilidade nerviosa (dor) e soe producirse tumoración. 3. Os monocitos saen dos vasos sanguíneos cara o tecido afectado transformándose en fagocitos macrófagos. 4. Os fagocitos capturan e dixiren os xermes. 5. Na zona de infección pode aparecer pus que é un acumulo de restos celulares, xermes e fagocitos. 4. O Sistema inmunitario
  64. 64. Reacción inflamatoria
  65. 65. Reacción inflamatoria
  66. 66. Resposta inmunitaria específica •Constitúe a terceira liña de defensa. •É específica porque actúa recoñecendo o axente estraño que penetra no organismo. •É máis lenta que a inespecífica, pero máis duradeira. •Lévana a cabo principalmente outros glóbulos brancos, os linfocitos, coa cooperación doutras células defensivas. •Baséase na produción de anticorpos por parte dos linfocitos que neutralizan específicamente o axente patóxeno (antíxeno). •Tras vencer a infección, os linfocitos manteñen a súa capacidade de produción de anticorpos específicos frente ese patóxeno (“células memoria”); o que permite unha resposta máis rápida e eficaz se se produce unha nova entrada do axente (Inmunización). 4. O Sistema inmunitario
  67. 67. Resposta inmunitaria específica Conceptos clave: • Anticorpo: proteína producida polos linfocitos para neutralizar o antíxeno. • Antíxeno: substancia recoñecida polo organismo como estraña que é capaz de activar a resposta inmunitaria. Pasos da resposta específica: 1. Os macrófagos (fagocitos) fagocitan os xermes patóxenos. 2. Trala inxestión os macrófago presentan cara os linfocitos unha “sinais” que lles permite aos linfocitos producir anticorpos específicos contra o antíxeno. 3. Os anticorpos neutralizan o patóxeno e os linfocitos destrúen as células infectadas. 4. O contacto co patóxeno xera a memoria inmunolóxica, que fai que a unha segunda entrada do mesmo microorganismo no corpo se responda máis rápido e con máis eficacia. 4. O Sistema inmunitario
  68. 68. Resposta inmunitaria específica 4. O Sistema inmunitario
  69. 69. Grazas á memoria do sistema inmunitario: • Recuperarse dalgunhas enfermidade, coma a varicela, proporciona inmunidade natural contra elas. Por iso hai enfermidades que só se padecen unha vez na vida. • Podemos protexernos fronte a enfermidades graves mediante a inmunidade artificial. Pode adquirirse introducindo no organismo os axentes pátóxenos enteiros ou parte deles, de maneira que non poidan provocar a enfermidade pero si estimular a activación do sistema inmunitario. Este proceso chámase vacinación. Unha vez vacinados, conservamos a inmunidade contra a enfermidade por un tempo ou, nalgúns casos, durante toda a vida. Calendario de vacinación galego. A vacina triple vírica protexe fronte ao xarampón, rubéola e parotidite (papeiras).
  70. 70. Basease no uso de soros, vacinas e fármacos.  Soros  Son preparados artificiais que conteñen anticorpos específicos contra o patóxeno.  Obtéñense a partir do sangue dunha persoa o dun animal (cabalo).  Proporcionan inmunidade pasiva ao recibir os anticorpos producidos por outro organismo.  Proporcionan unha inmunidade inmediata pero pouco duradeira. 5. Loita contra as enfermidades infecciosas
  71. 71.  Vacinas  Preparados que conteñen o axente patóxeno (virus ou bacterias) que causa a enfermidade, pero atenuado, morto ou fragmentado.  Deste xeito o axente non desenvolve a enfermidade.  Inducen unha resposta inmunitaria específica natural pero sen perigo para o vacinado. (Inmunidade activa)  O individuo queda protexido contra o patóxeno se se producen posteriores contactos, debido aos linfocitos de memoria. 5. Loita contra as enfermidades infecciosas
  72. 72.  Fármacos  Substancias químicas purificadas usadas no tratamento, cura, prevención ou no diagnóstico dunha enfermidade.  Os máis importantes son os antibióticos. Son substancias fabricadas e secretadas por microorganismos (mofos e bacterias) e que en pequeñas cantidades matan (acción bactericida) ou impiden o crecemento (acción bacteriostática) de certas clases de bacterias sensibles.  Utilízanse con fins profilácticos (preventivos) o terapéuticos (curativos) só contra as infeccións bacterianas. 5. Loita contra as enfermidades infecciosas
  73. 73.  Un medicamento é unha substancia que se administra en persoas ou animais e serve para…  previr  diagnosticar  tratar  aliviar  curar enfermidades  para modificar algunha función fisiolóxica 6. Os medicamentos
  74. 74. O uso racional dos medicamentos A OMS define o uso racional dos medicamentos como aquel no que:  os pacientes reciben a medicación adecuada as súas necesidades  según a dose precisa  durante un periodo de tiempo axeitado  con información para o seu correcto uso  ao menor custo posible 6. Os medicamentos O uso racional dos medicamentos implica:  Escoller o medicamento adecuado segundo a situación clínica do paciente.  Un medicamento adecuado para un paciente pode non selo para outro.  Excluir a automedicación.  Os efectos secundarios dos medicamentos poden provocar reaccións perigosas.  O paciente debe recibir a información clara e precisa tras a prescripción.  Cómo tomar o medicamento  En qué dose  Durante canto tempo  Non seguir as instrucciones, pode provocar ineficacia e incluso ter efectos adversos.  Débese receitar o medicamento máis barato entre as diferentes posibilidades.
  75. 75. Novos medicamentos A aparición de novas enfermidades e a necesidade de substituír os fármacos existentes por outros máis eficaces fai que sexa necesario investigar para obter novos medicamentos. A investigación para obter novos medicamentos é un proceso longo e que consta de varias fases: Etapa preclínica: consiste na busca de moléculas (procedentes da natureza ou sintéticas que posúan actividade de interese farmacolóxico). A súa efectividade e a súa toxicidade compróbanse en cultivos celulares ou en animais. Etapa clínica: unha vez superada a fase anterior, o fármaco sométese a probas en persoas voluntarias. Esta etapa consta de tres fases. • Fase I: próbase o medicamento en grupos pequenos de voluntarios sans, coa finalidade de comprobar que non ten efectos prexudiciais. • Fase II: próbase o medicamento en grupos pequenos de voluntarios enfermos, coa finalidade de comprobar a eficacia, as doses adecuadas e ampliar a información sobre a súa seguridade. • Fase III: próbase o medicamento en grupos grandes de pacientes enfermos, comparando o seu efecto co de outros medicamentos ou con placebos (substancias sen efecto). Se cumpre os requisitos, rexístrase e pode introducirse no mercado. 6. Os medicamentos
  76. 76. 6. Os medicamentos
  77. 77. Patentes e medicamentos xenéricos As empresas farmacéuticas poden patentar as novas moléculas con actividade farmacolóxica cando as descubren. Esto permítelles comercializar en exclusiva o medicamento durante 20 anos. Unha vez pasado e tempo, calquera laboratorio pode sintetizala baixo a denominación de fármaco xenérico. Os medicamentos xenéricos cumplen as seguintes características: • Etiquétanse como EFG: especialidade farmacéutica xenérica. • Teñen un principio activo en igual calidade, cantidade e presentación que o medicamento patentado. • Son igual de seguros e eficaces que os patentados. • Son máis baratos. O acordo de Doha (asinado en 2001) permite aos países saltarse as patentes cando neles se declara unha crise sanitaria. Tamén obriga aos países da OMS a facilitar a exportación de xenéricos a países con dificultades para a súa produción. 6. Os medicamentos
  78. 78. Argumentos a favor Argumentos en contra A investigación para descubrir e producir un novo fármaco é moi costosa polo que a patente serve para recuperar a inversión A patente non serve para recuperar a inversión senón para manter o monopolio dunhas poucas empresas potentes Serven para financiar a investigación das enfermidades. As enfermidades que se investigan son aquelas que aseguran un elevado beneficio económico. Así, son as enfermidades dos países industrializados que poden pagar os elevados precios que a industria farmacéutica pon aos medicamentos. As enfermidades esquecidas (as pouco frecuentes ou as frecuentes nos países pobres) non son atendidas pola industria farmacéutica e a súa investigación corre a cargo do Estado. 6. Os medicamentos As patentes Entrevista Redes Eric Topol
  79. 79. WEBGRAFÍA actualicese.com blogdesegundoruiz.blogspot.com http://www.mapfre.es/salud/es/cinformativo/accidentes-lesiones.shtml noticias.lainformacion.com http://www.slideshare.net/adaneco/os-invertebrados?qid=a92f9d61-4ac3-4e9b-a340- bcf9a0c8fe68&v=qf1&b=&from_search=34 http://es.slideshare.net/adaneco/a-sade-humana-14605929?qid=ec846554-39df-408c- bd19-6dba31dd3ed4&v=default&b=&from_search=7 www.telam.com.ar
  80. 80. GRAZAS POR ATENDERME

×