SlideShare a Scribd company logo
1 of 7
Download to read offline
OBRAS LITERARIAS
Adiós, Hemingway
Leonardo Padura. Tusquets
Unha nova historia do policía Mario Conde que o leva
a investigar un feito protagonizado por Hemingway na
Habana de 1958.
Alguien
Elisabeth McDermott. Libros del Asteroide
Unha muller percorre a súa vida: infancia, primeiros
amores, matrimonio, maternidade…
Los ángeles feroces
José Ovejero. Galaxia Gutemberg
Alegría non enferma nin envellece. O seu sangue
especial é tan cobizado que a súa vida corre perigo.
A balada do café triste
Carson McCullers. Barbantesa
O café convértese no punto de reunión dunha vila
rural do sur dos Estados Unidos. A través da obra
poderemos achegarnos a temas de soidade, desamor
e á complexidade das relacións humanas.
O balcón do meu universo
Concha Blanco. Embora
Lucía xa viviu experiencias moi duras, ben difíciles de
superar. Unha mestura de problemas familiares, con
historias de amor e desamor son atrancos que debe
salvar día a día. A súa profesión de docente, a afección
a escribir e o amor pola súa irmá axúdana a ver a luz
desde o balcón do seu universo.
El balcón en invierno
Luis Landero. Tusquets
Novela autobiográfica na que o autor repasa a súa
infancia nunha familia de labradores estremeña e os
seus anos de formación en Madrid.
El bar de las grandes esperanzas
Moehringer. Nefelibata
J.R. vive nunha casa grande e escangallada chea de
primos berróns e adultos anoxados, soñando co día en
que se fará maior e poderá entrar no bar do seu barrio,
onde traballa o seu tío.
A besta na xungla
Henry James. Hugin e Munin
Publicada por primeira vez en 1903. Novela curta que
xira ao redor da relación que xorde tras o reencontro
entre John e May, despois dunha década sen saber
nada un do outro.
Una biblioteca de verano
Mary Ann Clark Bremer. Periférica
Unha muller norteamericana debe reconstruír unha
biblioteca francesa tras a II Guerra Mundial. O seu
amor polos libros xunto coa experiencia humana
lévanos por un relato autobiográfico e social da Europa
daquel tempo. Pequenos textos que conforman unha
obra de alta calidade da man de Rabelais, Rimbaud e
outros escritores e escritoras.
A busca da orixe perdida
das especies
Cristina Pavón. Laiovento
Cinco relatos nos que a autora reflexiona sobre un
tempo diverso: nuns remóntase á infancia coas
frustrantes experiencias vividas no seo familiar, noutro
fala sobre o medo á perda da inocencia...
Advento
Manuel María. Fundación Manuel María
de Estudos Galegos
Autor galardoado polo Día das Letras Galegas 2016
Fermoso libro de poemas considerado unha obra
fundamental da poesía galega contemporánea e no
que se xuntan vangarda, reivindicación da identidade e
existencialismo.
Cabaret Biarritz
José C. Vales. Destino
Novela de investigación, divertidísima e extravagante,
na que se narran e se tratan de desentrañar, de forma
máis ou menos indirecta, unha suposta concatenación
de feitos lúgubres (afogamentos, suicidios-accidentes)
que tiveron lugar no verán de 1925.
Desde as bibliotecas municipais de Oleiros
ofrecemos esta guía de lectura
cunha selección de títulos que fan sorrir,
reflexionar ou que emocionan, coa intención
de que pasen momentos agradables.
Son obras que hai nas bibliotecas municipais
e que poden levar en préstamo para as súas casas.
Animamos a que as visiten, utilicen
o servizo de préstamo e gocen coa lectura.
Camino de trincheras
Kari Hotakainen. Meettok
Matti Virtanen ten dúas metas inmediatas: recuperar a
súa familia e ter unha casa propia.
El cártel
Don Winslow. RBA
Novela negra ambientada no mundo do narcotráfico en
México.
Una casa en Amargura
Elisa Vázquez de Gey. Ediciones B
A Habana, 1882. Unha muller, convertida en escrava,
loita por recuperar as súas raíces perdidas.
A moza Dulce emprende a busca das dúas fillas
roubadas a Misterio, a súa serventa e antiga escrava,
co obxectivo de levar a cabo a última vontade desta
antes de morrer.
Co fondo da Habana colonial, poderemos achegarnos
ao sistema escravista, ás relacións sociais que del
se desprenden e coñecer a introdución de galegos en
condicións de escravos.
Cecais hai unha luz
Manuel María. Fundación Manuel María
de Estudos Galegos
Autor galardoado polo Día das Letras Galegas 2016
Libro de poemas escrito en 1979 pero inédito ata esta
publicación e que recolle 31 poemas nos que o autor
canta á natureza e ao amor, mostrándonos un poeta
intimista e maduro.
A confesión de Lúcio
Mário de Sá-Carneiro. Hugin e Munin
Obra concibida cos códigos da novela fantástica,
cunha enigmática caracterización dos personaxes e na
que a trama xira arredor dun triángulo amoroso e do
seu fatídico desenlace.
As covas de aceiro
Isaac Asimov. Hugin e Munin
Obra editada no ano 1951 e reeditada en galego
por esta editorial. Un thriller de robots publicado
orixinariamente por entregas. A trama xira arredor da
tensa relación entre dúas civilizacións: a dunha Terra
superpoboada e a dos espacenses, unha sociedade
avanzada e consciente dos retos que entraña o futuro.
Descrédito del héroe;
Manual de infractores
Caballero Bonald. Cátedra
Dous libros de poemas cunha gran carga social dun
dos grandes escritores en lingua castelán.
Follas novas
Rosalía de Castro. Estudo, edición, notas e
comentarios de Anxo Angueira. Xerais
Edición crítica do magnífico e fundamental poemario
de Rosalía de Castro, xunto cun estudo introdutorio,
un detallado repertorio de notas e pormenorizados
comentarios de cada un dos seus poemas.
Intimidad
Hanif Kureishi. Anagrama
Unha parella vive o seu último día de convivencia, pero
un dos dous non o sabe.
Izan o da saca
Xabier Quiroga. Xerais
Un investigador acepta o encargo dun coñecido
político e empresario galego de desentrañar un
suposto pasado nazi co que os seus inimigos poden
relacionalo.
Judas
Amos Oz. Siruela
O mozo Shmuel Ash está pasando por unha forte
crise persoal debido a unha ruptura sentimental, os
problemas económicos dos seus pais e o abandono
dos seus estudos universitarios.
La ley del menor
Ian McEwan. Anagrama
Mentres atravesa unha profunda crise de parella, unha
xuíza de familia trata de solucionar o caso dun menor
enfermo de leucemia que rexeita unha transfusión de
sangue por motivos relixiosos.
Matemos al tío
Rohan O’Grady. Impedimenta
Relato humorístico protagonizado por un neno orfo que
vai vivir cun tío seu que quere matalo para quedar coa
súa herdanza.
Un mundo soñado
Grace McCleen. Salamandra
Esta é unha historia de suspense crecente que
brinda ao lector a posibilidade de asomarse ao opaco
universo do fundamentalismo relixioso, onde a fe e a
razón libran unha cruel batalla.
La mujer de un solo hombre
A.S.A. Harrison. Salamandra
Jodi e Todd levan vinte anos de convivencia.
Teoricamente, a súa relación é idílica pero Jodi
sabe que o fracaso está próximo. Unha mestura de
suspense e reflexión sobre a parella.
Muros de aire
An Alfaya. Xerais
Unha socióloga fai un traballo de campo sobre o
suicidio e acaba implicándose máis da conta a nivel
emocional.
Nada se acaba
Margaret Atwood. Lumen
Un matrimonio en crise.
A noite enriba
Diego Ameixeiras. Xerais
Nesta obra, Ameixeiras homenaxea os autores
clásicos de novela negra das décadas de 1930 e 1940.
La nostalgia feliz
Amélie Nothomb. Anagrama
Novela autobiográfica na que a autora narra o seu
regreso a Xapón xunto a un equipo de televisión
coa intención de gravar un documental sobre a súa
infancia no país. Xapón é a clave da súa obra, todo
xira ao redor deste país como se dunha complicada
relación amorosa se tratase. A novela convértese
nunha reflexión sobre todo aquilo que gardamos no
máis intimo e recóndito da nosa mente, neste caso a
infancia que o tempo ás veces destrúe provocando un
desencanto, unha nostalxia feliz…
Pan con xamón
Charles Bukowski. Faktoría K de Libros
Tradución ao galego por Eva Almazán da obra Ham on
rye, novela autobiográfica na que Charles Bukowski
narra, da man do seu propio alter ego Henry Chinaski,
o seu paso pola infancia e a mocidade na cidade
norteamericana de Los Ángeles durante os anos da
Gran Depresión.
Poemas escollidos
Manuel María. Fundación Manuel María
de Estudos Galegos
A primeira escolma que contempla o conxunto da
magnífica obra poética de Manuel María. Unha escolla
que permite redescubrir, a través dos seus versos
máis luminosos, o seu canto a Galiza e o universo máis
íntimo do poeta.
Rumor nocturno
Ledo Ivo. Vaso Roto ediciones
Poemas vitais, insubmisos e inconformistas nunha
edición bilingüe en portugués e castelán.
La sociedad literaria y el pastel
de piel de patata de Guernsey
Mary Ann Shaffer e Annie Barrows. RBA
No Londres de 1946 a escritora Juliet Ashton comeza
unha relación epistolar cun francés a través dun libro
que lle pertenceu. Unha pequena xoia que fala do
pracer da lectura e da amizade.
La solterona
Edith Warthon. Impedimenta
No New York de 1850, unha moza da alta sociedade
anula no último momento o seu compromiso
matrimonial.
Tantos días felices
Laurie Colwin. Libros del Asteroide
Dúas parellas novas, dúas historias de amor diferentes.
El teniente Sturm
Ernst Jünger. Tusquets
Na fronte de Flandres, durante a I Guerra Mundial, o
tenente Sturm escribe as observacións sobre o día a
día. Lector consumado, mestura a experiencia pasada
coa camaradería dunha guerra que fai que cada día
poida ser o último. Un texto de contido humano que
mestura sensibilidade e asepsia.
Terra Chá
Manuel María. Fundación Manuel María
de Estudos Galegos
Autor galardoado polo Día das Letras Galegas 2016
Excelente lírica que o poeta Manuel María fai á súa
terra, a esa paisaxe e a ese entorno polos que empeza
a sentir un fondo sentimento de identificación tras
a lectura de Noriega Varela. Unha natureza chea de
cores e música. Cóntalles e cántalles ás mozas e
mozos da Chaira, ao vento, aos paxaros, ás árbores
etc. En palabras de Ánxel Fole,“…é un poeta da Terra
Chá, que canta á súa terra con sinxela, fonda e pura
emoción”.
Todo ese fuego
Ángeles Caso. Planeta
As tres fillas dun humilde pastor anglicano viven
entregadas á paixón de escribir. Son Charlotte, Anne e
Emily Brontë.
O último día de Terranova
Manuel Rivas. Xerais
Premio da Crítica 2015. Premio Gala do Libro Galego
(Narrativa) 2016
Libraría Terranova: liquidación total de existencias
por peche inminente. A especulación urbanística ten
cercado o negocio e marca o seu fin. A historia dunha
libraría na que conflúen amores, libros prohibidos e a
memoria oculta da nosa historia recente.
Vicenzo Fontana, o protagonista, lembrará a historia do
seu pai vítima da represión franquista e de Garúa, unha
militante arxentina. Excelente obra cunha defensa das
librarías e na que se presenta o sufrimento provocado
pola represión franquista a unha parte da poboación.
La vida cuando era nuestra
Marian Izaguirre. Lumen
Nesta historia hai dúas mulleres, unha que sabe pouco
da vida e outra que sabe moito pero non pode contalo.
La zona de interés
Martin Amis. Anagrama
Un oficial nazi que traballa nun campo de exterminio,
namórase da muller doutro oficial. Un triángulo
amoroso no contexto dun campo de exterminio nazi.
BANDA DESEÑADA
E ÁLBUM ILUSTRADO
El almanaque de mi padre
Jiro Taniguchi. Planeta DeAgostini
Yoichi, un deseñador de éxito, recibe a noticia da
morte do seu pai, de quen estivo distanciado nos
últimos anos. No velorio, os testemuños dos seus
familiares descóbrenlle facetas del que descoñecía.
Dáse conta demasiado tarde de que deixou pasar a
oportunidade de comprender realmente quen era o seu
pai e por que actuou dese xeito.
Ambulancia 13. La cruz de sangre
Guión de Patrick Cothias e Patrice Odas. Ilustracións
de Alain Mournier e Sébastien Bouet. Yermo
Louis-Charles Bouteloup, un cirurxián novo comeza
o ano 1916 incorporándose ao equipo médico que
participa na I Guerra Mundial. En vinte catro horas todas
as súas ideas e valores mudarán diante da realidade.
La balada del norte
Guión e ilustracións de Alfonso Zapico. Astiberri
Zapico fálanos das condicións sociais que levaron aos
mineiros asturianos, en outubro de 1934, ao que foi
considerado o primeiro levantamento pola loita mineira.
Castelao
Guión de Inacio Vilariño. Ilustracións de Iván Suárez.
Demo Editorial
Colección formada por títulos como:
O pobre tolo, Titoán, Máis alá, Atila
Naceu coa intención de albergar a biografía en cómic
do insigne político e artista Castelao.
Titoán outorgoulle aos autores o Premio Castelao de
Banda Deseñada da Deputación da Coruña.
Atila é o último publicado ata este momento. Sitúa a
Castelao en Barcelona, a principios de 1938, en plena
Guerra Civil, acompañando o goberno da II República.
Neste momento Castelao xa publicara dous dos seus
tres “álbums de guerra”, entre eles Atila en Galicia,
que dá título a este cómic.
La gran guerra
Ilustrado por Joe Sacco. Guión de Adam Hochschild.
Reservoir Books
Nunha espectacular ilustración de máis de sete
metros, Joe Sacco narra o primeiro día da batalla de
Somme, unha das máis tráxicas da I Guerra Mundial.
Kongo: el tenebroso viaje de Józef
Teodor Konrad Korzeniowski
Guión de Christian Perrissin. Ilustracións de Tom
Tirabosco. Dibbuks
Relato duro, pero accesíbel a todos os públicos,
da viaxe ao Congo de Joseph Conrad no 1890. Nel
descubrirá a verdadeira cara do colonialismo ao tempo
que será fonte de inspiración da súa novela El corazón
de las tinieblas.
La niña de sus ojos
Guión de Mary M. Talbot. Ilustracións de Bryan Talbot.
La Cúpula
A entrada na idade adulta das fillas dos escritores
James Joyce e James S. Atherton en contextos
históricos diferentes serven para reflexionar sobre
política de xénero, ambicións frustradas e a realidade
dos primeiros cincuenta anos do século XX.
Los rascacielos
Germán Zullo e Albertine. Libros del Zorro Rojo
Álbum ilustrado que nos presenta dous veciños
multimillonarios que andan á teima por ver cal deles
ten a casa máis grande e luxosa, o que desembocará
nas situacións máis absurdas.
Los 3 Frutos
Guión de Zidrou. Ilustracións de Oriol. Norma
O pacto dun rei preto da morte tráenos un conto lúcido
sobre o ser humano e os seus delitos e apetencias.
Vento do Norte
Texto de David DiGilio. Ilustracións de Alex Cal. El
Patito Editorial
Nun planeta Terra xeado polo Vento do Norte, a vida
é unha loita continua entre os habitantes de Lost
Angeles e o tirano Matachín Joe...
A vitoria final
Guión de Iban Zaldua. Ilustracións de Julen Ribas.
Urco Editorial
Premio Euskadi de literatura 2012. Escollido para a
Lista de Honor IBBY.
Cómic de ciencia ficción que nos sitúa no ano 2052,
ano CVII da Vitoria de Alemaña na Segunda Guerra
Mundial.
LIBROS
DE COÑECEMENTO
El arte de la fotografía: hábitos
esenciales para lograr grandes
composiciones
Art Wolfe e Rob Sheppard. Anaya multimedia
Obra con máis de 200 imaxes onde o recoñecido
fotografo Art Wolfe comparte os seus segredos cos
afeccionados a esta arte non como un manual de
instrucións, senón ensinando a forma de conseguir
unha imaxe memorábel.
Atlas de islas remotas: cincuenta
islas en las que nunca estuve y a
las que nunca iré
Judith Schalansky. Capitán Swing e Nórdica Libros
50 illas perdidas e distantes da terra firme. O libro
sitúas xeograficamente, dinos se están habitadas e
conta anécdotas sobre cada unha delas.
Las células madre
Karel H. M. Van Wely. CSIC
Historia do uso das células nai ata chegar ao
importante papel que desenvolven nas enfermidades
coma o cancro ou o envellecemento prematuro.
Clandestine Cake Club: recetas de
club de pasteles clandestino
Lynn Hill. Juventud
Fantásticas e exquisitas receitas dos mellores
pasteis clásicos británicos e americanos, de aspecto
inmellorábel, con ingredientes que se poden atopar no
supermercado, doados de preparar e sobre todo que se
poden conservar durante varios días.
Cortázar de la A a la Z:
un álbum biográfico
Aurora Bernárdez e Carles Álvarez Garriga. Alfaguara
Fotobiografía realizada con motivo do centenario do
nacemento de Julio Cortázar. Escrita en forma de
dicionario, con reproducións de manuscritos, cadros
que lle pertenceron, escritos inéditos e obxectos
cotiáns.
El erial y sus islas
Juan Goytisolo. Fondo de Cultura Económica e
Universidad de Alcalá
Publicado con motivo da concesión do Premio
Cervantes a este autor. É unha recompilación dos seus
artigos e conferencias. Conta cunha primeira parte na
que eloxia a Cervantes e cunha segunda con temas
sobre a literatura universal e as súas reflexións.
Esas mujeres llamadas salvajes
Rosita Forbes. Xerais
Retratos de mulleres que a viaxeira coñeceu durante
os seus primeiros viaxes ao redor do mundo: escravas,
revolucionarias, sacerdotisas ou mulleres dos haréns.
¡Esta casa no es un hotel!:
manual de educación emocional
para padres de adolescentes
Irene Orce. Grijalbo
A maioría dos/as adolescentes non saben quen son
e están bastante desorientados/as. Non obstante,
cada vez son máis os/as adultos/as que recoñecen
sentirse igualmente perdidos/as na arte de educar
conscientemente os seus fillos e fillas.
La gran amenaza: sobre el
Tratado de Libre Comercio
entre Estados Unidos y la Unión
Europea
Alberto Garzón, Desiderio Cansino e John Hilary.
El Viejo Topo
Libro crítico co Tratado de Libre Comercio entre os
Estados Unidos e a Unión Europea. Os autores dan as
súas opinións sobre como este tratado vai ameazar os
dereitos dos cidadáns europeos.
Guía del Camino de Santiago:
camino francés. Guía del
peregrino a pie o en bicicleta
Antón Pombo. Anaya Touring
Información para o peregrino que quere facer o Camiño
de Santiago. O libro está organizado en etapas con
explicacións en mapas, tipos de solos, sombras, fontes...
Ademais de albergues, restaurantes e demais servizos.
Ideas e inventos de un milenio
900-1900
Javier Ordóñez. Lunwerg
Inventos que foron decisivos para o mundo actual.
Libro acompañado de numerosas fotografías e
gravados do momento.
Labrego con algo de poeta.
Biografía de Manuel María
Mercedes Queixas Zas. Galaxia
Roteiro vital e literario do poeta destacando o seu amor
ao próximo, á casa, á tribo chairega, á nación galega, ao
pobo, á cultura, á literatura e á lingua galega, e explica
como todo isto confluíu nunha espléndida obra literaria.
Manuel María:
Fotobiografía sonora
Xan Fraga. Ouvirmos
Máis dun cento de fotografías introdúcennos no
universo literario e persoal de Manuel María. O libro
ven acompañado de dous CD con rexistros sonoros na
voz do autor.
Marca España:
¿A quién beneficia?
Pedro Ramiro. Icaria
Móstrase como, ao contrario do que sosteñen no
discurso da Marca España, as elites empresariais son as
únicas beneficiarias da crise-estafa que estamos a sufrir.
El mundo sin nosotros
Alan Weisman. Debate
Obra científica que trata do impacto que tería sobre a
Terra a desaparición dos seres humanos. Os barrios
residenciais pasarían a converterse en bosques dentro
dun período non maior a 500 anos e os refugallos
radioactivos, as estatuas de bronce e os plásticos
quedarían entre as probas máis perdurábeis da
presenza humana no planeta.
Noches sin dormir
Elvira Lindo. Seix Barral
A escritora Elvira Lindo escribe sobre o seu último
inverno en Nova York: a cidade, a vida cultural, a súa
actividade intelectual…
Numerati
Stephen Baker. Seix Barral
Nun mundo gobernado polas novas tecnoloxías, hai
quen controla todos os nosos movementos na rede.
Chamadas telefónicas, pagos con tarxetas, consultas
a páxinas web etc., deixan un rastro perfectamente
visíbel para os Numerati. Saberán todo de nós, así que
será mellor que nós tamén coñezamos un pouco o que
fan eles, da man de Stephen Baker, experto mundial na
revolución tecnolóxica.
Palillos, aceitunas
y refrescos matemáticos
Luís Balbuena, Luis Cutillas e Dolores
de la Coba. Rubes
Xogos con palillos, fáciles de realizar mentres
tomamos unhas olivas e un refresco sentados nunha
terraza. Cunha prosa atractiva e divertida, en clave de
humor e con toques de aventura escóndese un mundo
de paradoxas matemáticas cheas de dificultades
que fan espertar algo no cerebro. Texto con vocación
pedagóxica en clave lúdica.
¿Para qué sirven los
transgénicos?: todas las
claves de una tecnología útil y
controvertida
David Bueno i Torrens. Universitat de Barcelona
Que son os transxénicos, como se xeran e que
consecuencias ten o seu consumo, así como a
lexislación que existe sobre eles.
Pequeño fracaso
Gary Shteyngart. Libros del asteroide
Cando Shteyngart, ruso de nacemento, emigra de neno
a Estados Unidos, ten tales dificultades para adaptarse
á nova cultura que a súa nai acaba chamándoo
Failurchka, “pequeno fracaso”.
Remando como un solo hombre
Daniel James Brown. Nórdica libros
A historia do equipo de remo que humillou a Hitler.
También soy escritura: Octavio
Paz cuenta de sí
Fondo de Cultura Económica
Biografía de Octavio Paz: as súas experiencias e
evocacións.
Unha voz galega no exilio
Libro + CD
Ramón Suárez Picallo. Escolma e coordinación de
Cristina Pujales. Consello da Cultura Galega
Escolma de conferencias de Ramón Suárez Picallo,
pronunciadas en Bos Aires entre 1959 e 1964, sobre
temas diversos: as xentes e paisaxes de Galicia,
a noite de San Xoán, a canción popular galega...
Poderemos ler os textos e escoitar a excelente oratoria
deste singular político.
El viaje de Luis
José Manuel Gil Antón. Oberon
Libro de autoaxuda para calquera persoa que teña que
afrontar unha situación difícil como un dano cerebral.
É a historia dun neno que sufre un grave accidente e
os esforzos dos seus familiares para conseguir a súa
recuperación.
Virginia Woolf: la vida por escrito
Irene Chikiar Bauer. Taurus
Gran traballo de investigación que desemboca nunha
biografía sobre unha das máis grandes escritoras do
século XX e que nos mostra tanto o ámbito privado
como o literario da súa vida.
DVD
Birdman o (la inesperada virtud
de la ignorancia)
Unha película de Alejandro G. Iñárritu. Protagonizada
por Michael Keaton, Zach Galifianakis, Edward Norton,
Andrea Riseborough, Amy Ryan, Emma Stone e Naomi
Watts. Twentieth Century Fox
Despois de facerse famoso interpretando no cine a
un célebre superheroe, a estrela Riggan Thomson
(Michael Keaton) prepara a estrea dunha obra teatral
en Broadway que reafirme o seu prestixio profesional
como actor.
Corazones de acero
Dirixida por David Ayer. Protagonizada por Brad Pitt,
Logan Lerman e Shia LaBeouf. Sony Pictures
En 1945, mentres os aliados fan un último esforzo na
batalla europea, un duro e experimentado sarxento
dirixe un tanque cos seus cinco homes a unha misión
mortal tras as liñas inimigas.
The equalizer (El protector)
Dirixida por Antoine Fuqua. Protagonizada por Denzel
Washington, Marton Csokas e Chloë Grace Moretz.
Twentieth Century Fox Home Entertainment España
Robert é un antigo axente da CIA que traballa nun
supermercado de bricolaxe tras finxir a súa propia
morte para deixar atrás a acción e os riscos e vivir
con tranquilidade. Ao coñecer a Teri, unha moza
prostituta que leva unha vida miserábel, darase conta
que o pasado segue moi presente e tentará axudala,
topándose coa mafia rusa e o proxenetismo dos baixos
fondos de Boston.
Escobar: paraíso perdido
Dirixida por Andrea Di Stefano. Protagonizada por Josh
Hutcherson, Benicio Del Toro e Brady Corbet. Aurum
Producciones
Solvente intriga na que o personaxe de Pablo
Escobar, maxistralmente interpretado por Benicio
del Toro, funciona como fondo do relato e mostra
a sorprendente dicotomía entre o home de familia
aparentemente amoroso, o protector das comunidades
pobres e o asasino sen escrúpulos.
Felices 140
Dirixida por Gracia Querejeta. Protagonizada por
Maribel Verdú, Antonio De La Torre e Eduard
Fernández. Twentieth Century Fox
Polo 40 aniversario de Elia reúnense nunha casa rural
uns poucos amigos e familiares. Hai algo que lles
quere comunicar: é a gañadora do bote do Euromillón
desa semana. Desde ese momento o ambiente
empeza a enrarecerse e o que ao principio eran
alegrías compartidas vanse tornando pouco a pouco
en cobizosas argucias para conseguir quedar cos 140
millóns de euros de Elia.
Ida
Dirixida por Pawel Pawlikowski. Protagonizada por
Agata Kulesza, Agata Trzebuchowska e Joanna Kulig.
Cameo
Anna é unha moza de 18 anos que vive nun convento
desde que quedou orfa. Deberá decidir se tomar os
hábitos ou non. As circunstancias que a marcaron
pódense extrapolar a outros escenarios. A guerra e
o que esta deixa tras de si: vidas perdidas e outras
destruídas dun xeito cruel.
The imitation game
Dirixida por Morten Tyldum. Protagonizada por
Benedict Cumberbatch e Keira Knightley. Tripictures
Drama que amosa a mesquindade e a miseria da
sociedade inglesa fronte á valía dun virtuoso analista
matemático que traballou arreo para gañar a guerra á
Alemaña nazi. Baseada en feitos reais que tinxen de
vergoña a calquera cidadán civilizado do mundo.
Interstellar
Dirixida por Christopher Nolan. Protagonizada por
Matthew McConaughey, Anne Hathaway, Jessica
Chastain.Warner Bros
Tamén dispoñíbel en Blu-Ray
Mentres na Terra unha catástrofe ecolóxica está tendo
devastadoras consecuencias, unha nave espacial
encamíñase a realizar a misión máis importante
da historia da humanidade: atopar un novo mundo
habitábel máis aló do Sistema Solar co obxectivo da
súa colonización para así evitar a extinción definitiva
da raza humana.
Mi gran noche
Dirixida por Álex de la Iglesia. Protagonizada por
Raphael, Mario Casas e Pepón Nieto. Universal
Pictures Iberia
Mordaz sátira á televisión e ao subxénero do cinema
español que durante o réxime franquista estaba
protagonizado por estrelas da canción. Esta aceda
comedia é, por riba, unha forte crítica á sociedade
española. Película coral filmada co estilo propio e
inconfundíbel de Álex de la Iglesia que ademais ofrece
unha imaxe desmitificadora do veterano cantante
Raphael.
Nadie quiere la noche
Dirixida por Isabel Coixet. Protagonizada por Juliette
Binoche, Rinko Kikuchi e Gabriel Byrne. Warner Bros.
Entertainment España
Drama de supervivencia sobre a temeraria muller
dun explorador empeñado en ser a primeira persoa
que poña o seu pé no Polo Norte. Altiva e arrogante,
durante a viaxe atópase cunha humilde muller
esquimó, con quen convivirá e de quen recibirá axuda
para poder sobrevivir á inclemente climatoloxía ártica.
Negociador
Dirixida por Borja Cobeaga. Protagonizada por Ramón
Barea, Josean Bengoetxea e Carlos Areces. Avalon
Comedia dramática sobre as negociacións do goberno
español con ETA. Manu Aranguren é o personaxe
que tentará que ambas partes asinen un documento
acorde co fin da violencia. Negociador é un canto, non
exento de humor negro, ao entendemento entre as
persoas. Baseada en feitos reais acontecidos entre os
anos 2005 e 2006. Borja Cobeaga foi co-guionista da
comedia Ocho apellidos vascos.
Requisitos para ser
una persona normal
Dirixida por Leticia Dolera. Protagonizada por
Leticia Dolera, Manuel Burque e Jordi Llodrà. A
Contracorriente Films
María está no paro, desafiuzada por non pagar
o aluguer e cunha vida familiar e romántica
practicamente inexistente. Aos seus 30 anos é
consciente do desastre en que se converteu a súa vida
e decide ser por fin unha persoa normal. Pero acadalo
implicará unha serie de requisitos a cumprir e moitas
máis complicacións das que inicialmente imaxinaba.
Colorista comedia romántica e ópera prima da actriz e
directora Leticia Dolera.
Somos gente honrada
Dirixida por Alejandro Marzoa. Protagonizada por Paco
Tous, Miguel de Lira e Unax Ugalde.
Cameo Media
Dous amigos, cunha situación económica
desesperada, atopan un paquete con dez quilos de
cocaína. Os problemas virán no momento en que
deciden poñela á venda. Película filmada en A Coruña e
na costa de Miño.
Truman
Dirixida por Cesc Gay. Protagonizada por Ricardo Darín,
Javier Cámara e Dolores Fonzi. Filmax Home Video
Traxicomedia sobre a sincera amizade entre dúas
persoas que se reencontran, unha das cales está
no derradeiro tramo da súa vida. Ao longo de catro
intensos días compartirán momentos emotivos e
sorprendentes en compañía do seu fiel can Truman.
Unha historia de amizade, familia, amor e o valor da
vida.
Selección bibliográfica realizada polo Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais
do Concello de Oleiros:
* Biblioteca Central Rialeda. Perillo
* Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller Rosalía de Castro. Santa Cruz
* Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado. Mera
* Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso. Dorneda
* Biblioteca Pública Municipal Manuel María. Oleiros
* Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole. Nós
* Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño. Lorbé
Visita o noso blog: http://bibliotecasoleiros.blogspot.com
Síguenos en twitter @ bibloleiros
Páxina web municipal: www.oleiros.org
Catálogo do fondo bibliográfico: http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/
Biblioteca Central Rialeda
Avda. Rosalía de Castro, 227A
15172 Perillo - Oleiros
Tel.: 981 639 511
Fax: 981 639 996
Correo electrónico: biblioteca.rialeda@oleiros.org
Depósito Legal: C 1057-2016

More Related Content

What's hot

Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014
Marlou
 
Curros EnríQuez
Curros EnríQuezCurros EnríQuez
Curros EnríQuez
xanela
 
Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012
aesperela
 
Lecturas a carón do lume
Lecturas a carón do lumeLecturas a carón do lume
Lecturas a carón do lume
Susana Losada
 

What's hot (20)

Muller Na Lite2
Muller Na Lite2Muller Na Lite2
Muller Na Lite2
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014
 
Curros EnríQuez
Curros EnríQuezCurros EnríQuez
Curros EnríQuez
 
Novidades
Novidades Novidades
Novidades
 
Poesia social
Poesia socialPoesia social
Poesia social
 
Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012
 
Libros, territorio da escultura
Libros, territorio da esculturaLibros, territorio da escultura
Libros, territorio da escultura
 
Recomendacións nadal 5º e 6º
Recomendacións nadal 5º e 6ºRecomendacións nadal 5º e 6º
Recomendacións nadal 5º e 6º
 
Celso Emilio
Celso EmilioCelso Emilio
Celso Emilio
 
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁNLECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
 
16 18
16 1816 18
16 18
 
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
 
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
 
Guia_lectura_Nadal_2016
Guia_lectura_Nadal_2016Guia_lectura_Nadal_2016
Guia_lectura_Nadal_2016
 
Agustín Fernández Paz na biblioteca do IES Salvaterra de Miño
Agustín Fernández Paz na biblioteca do IES Salvaterra de MiñoAgustín Fernández Paz na biblioteca do IES Salvaterra de Miño
Agustín Fernández Paz na biblioteca do IES Salvaterra de Miño
 
Lecturas a carón do lume
Lecturas a carón do lumeLecturas a carón do lume
Lecturas a carón do lume
 
Suxestións nadal 2017 2018
Suxestións nadal 2017 2018Suxestións nadal 2017 2018
Suxestións nadal 2017 2018
 
Carlos Casares
Carlos CasaresCarlos Casares
Carlos Casares
 
O meu libro favorito
O meu libro favoritoO meu libro favorito
O meu libro favorito
 
Campana De Nadal 2009 Lectura
Campana De Nadal 2009 LecturaCampana De Nadal 2009 Lectura
Campana De Nadal 2009 Lectura
 

Similar to á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)

Guía de lecturas_veran 14
Guía de lecturas_veran 14 Guía de lecturas_veran 14
Guía de lecturas_veran 14
aesperela
 
Rexurdimento
RexurdimentoRexurdimento
Rexurdimento
xenevra
 
Recomendacións lectoras
Recomendacións lectorasRecomendacións lectoras
Recomendacións lectoras
BiblioBece
 

Similar to á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas) (20)

Guía de lecturas_veran 14
Guía de lecturas_veran 14 Guía de lecturas_veran 14
Guía de lecturas_veran 14
 
Lecturas verán blog
Lecturas verán blogLecturas verán blog
Lecturas verán blog
 
Guía diversidade sexual_BibliotecaProvincialDaCoruña
Guía diversidade sexual_BibliotecaProvincialDaCoruñaGuía diversidade sexual_BibliotecaProvincialDaCoruña
Guía diversidade sexual_BibliotecaProvincialDaCoruña
 
Novedades ebook agosto 2016 galego
Novedades ebook agosto 2016 galegoNovedades ebook agosto 2016 galego
Novedades ebook agosto 2016 galego
 
Guía de lectura "Os mellores da lingua"
Guía de lectura "Os mellores da lingua"Guía de lectura "Os mellores da lingua"
Guía de lectura "Os mellores da lingua"
 
Rexurdimento
RexurdimentoRexurdimento
Rexurdimento
 
Os mellores do humor
Os mellores do humorOs mellores do humor
Os mellores do humor
 
Tema6 20
Tema6 20Tema6 20
Tema6 20
 
GrandesEscritores_Touro2015
GrandesEscritores_Touro2015GrandesEscritores_Touro2015
GrandesEscritores_Touro2015
 
Boom
BoomBoom
Boom
 
Recomendacións vacacións verán
Recomendacións vacacións veránRecomendacións vacacións verán
Recomendacións vacacións verán
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivas
 
Lecturas recomendadas
Lecturas recomendadasLecturas recomendadas
Lecturas recomendadas
 
Present3ªav
Present3ªavPresent3ªav
Present3ªav
 
Recomendacións
RecomendaciónsRecomendacións
Recomendacións
 
Libros prohibidos ao longo da historia
Libros prohibidos ao longo da historiaLibros prohibidos ao longo da historia
Libros prohibidos ao longo da historia
 
Lecturas paz
Lecturas pazLecturas paz
Lecturas paz
 
Recomendacións vacacións verán
Recomendacións vacacións veránRecomendacións vacacións verán
Recomendacións vacacións verán
 
Recomendacións lectoras
Recomendacións lectorasRecomendacións lectoras
Recomendacións lectoras
 
A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75
 

More from Xenza

Xogo de mesa. Regras e respostas.
Xogo de mesa. Regras e respostas.Xogo de mesa. Regras e respostas.
Xogo de mesa. Regras e respostas.
Xenza
 
Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018
Xenza
 

More from Xenza (20)

Cartel 50x70-galicia--gallego
Cartel 50x70-galicia--gallegoCartel 50x70-galicia--gallego
Cartel 50x70-galicia--gallego
 
Resume executivo
Resume executivoResume executivo
Resume executivo
 
Taller Clece
Taller CleceTaller Clece
Taller Clece
 
Fallo 41 certame_terra_cha
Fallo 41 certame_terra_chaFallo 41 certame_terra_cha
Fallo 41 certame_terra_cha
 
La colera -_avance
La colera -_avanceLa colera -_avance
La colera -_avance
 
290520 ingreso-minimo-vital
290520 ingreso-minimo-vital290520 ingreso-minimo-vital
290520 ingreso-minimo-vital
 
Sopa de letras de Carballo Calero
Sopa de letras de Carballo CaleroSopa de letras de Carballo Calero
Sopa de letras de Carballo Calero
 
Textos biblioteca
Textos bibliotecaTextos biblioteca
Textos biblioteca
 
Xogo de mesa letras galegas 2020
Xogo de mesa letras galegas 2020Xogo de mesa letras galegas 2020
Xogo de mesa letras galegas 2020
 
Xogo de mesa. Regras e respostas.
Xogo de mesa. Regras e respostas.Xogo de mesa. Regras e respostas.
Xogo de mesa. Regras e respostas.
 
Carteis secundaria-2020
Carteis secundaria-2020Carteis secundaria-2020
Carteis secundaria-2020
 
Dia da biblioteca
Dia da bibliotecaDia da biblioteca
Dia da biblioteca
 
Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018
 
Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018
 
Diptico didadolibro18
Diptico didadolibro18 Diptico didadolibro18
Diptico didadolibro18
 
Xohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illaXohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illa
 
Recomendacións de nadal 2017 un libro, un bo agasallo
Recomendacións de nadal 2017  un libro, un bo agasalloRecomendacións de nadal 2017  un libro, un bo agasallo
Recomendacións de nadal 2017 un libro, un bo agasallo
 
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 
Roteiro cultural e literario 2017
Roteiro cultural e literario 2017Roteiro cultural e literario 2017
Roteiro cultural e literario 2017
 
Letras galegas 2017 carlos casares
Letras galegas 2017  carlos casaresLetras galegas 2017  carlos casares
Letras galegas 2017 carlos casares
 

Recently uploaded

Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Recently uploaded (11)

Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 

á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)

  • 1.
  • 2. OBRAS LITERARIAS Adiós, Hemingway Leonardo Padura. Tusquets Unha nova historia do policía Mario Conde que o leva a investigar un feito protagonizado por Hemingway na Habana de 1958. Alguien Elisabeth McDermott. Libros del Asteroide Unha muller percorre a súa vida: infancia, primeiros amores, matrimonio, maternidade… Los ángeles feroces José Ovejero. Galaxia Gutemberg Alegría non enferma nin envellece. O seu sangue especial é tan cobizado que a súa vida corre perigo. A balada do café triste Carson McCullers. Barbantesa O café convértese no punto de reunión dunha vila rural do sur dos Estados Unidos. A través da obra poderemos achegarnos a temas de soidade, desamor e á complexidade das relacións humanas. O balcón do meu universo Concha Blanco. Embora Lucía xa viviu experiencias moi duras, ben difíciles de superar. Unha mestura de problemas familiares, con historias de amor e desamor son atrancos que debe salvar día a día. A súa profesión de docente, a afección a escribir e o amor pola súa irmá axúdana a ver a luz desde o balcón do seu universo. El balcón en invierno Luis Landero. Tusquets Novela autobiográfica na que o autor repasa a súa infancia nunha familia de labradores estremeña e os seus anos de formación en Madrid. El bar de las grandes esperanzas Moehringer. Nefelibata J.R. vive nunha casa grande e escangallada chea de primos berróns e adultos anoxados, soñando co día en que se fará maior e poderá entrar no bar do seu barrio, onde traballa o seu tío. A besta na xungla Henry James. Hugin e Munin Publicada por primeira vez en 1903. Novela curta que xira ao redor da relación que xorde tras o reencontro entre John e May, despois dunha década sen saber nada un do outro. Una biblioteca de verano Mary Ann Clark Bremer. Periférica Unha muller norteamericana debe reconstruír unha biblioteca francesa tras a II Guerra Mundial. O seu amor polos libros xunto coa experiencia humana lévanos por un relato autobiográfico e social da Europa daquel tempo. Pequenos textos que conforman unha obra de alta calidade da man de Rabelais, Rimbaud e outros escritores e escritoras. A busca da orixe perdida das especies Cristina Pavón. Laiovento Cinco relatos nos que a autora reflexiona sobre un tempo diverso: nuns remóntase á infancia coas frustrantes experiencias vividas no seo familiar, noutro fala sobre o medo á perda da inocencia... Advento Manuel María. Fundación Manuel María de Estudos Galegos Autor galardoado polo Día das Letras Galegas 2016 Fermoso libro de poemas considerado unha obra fundamental da poesía galega contemporánea e no que se xuntan vangarda, reivindicación da identidade e existencialismo. Cabaret Biarritz José C. Vales. Destino Novela de investigación, divertidísima e extravagante, na que se narran e se tratan de desentrañar, de forma máis ou menos indirecta, unha suposta concatenación de feitos lúgubres (afogamentos, suicidios-accidentes) que tiveron lugar no verán de 1925. Desde as bibliotecas municipais de Oleiros ofrecemos esta guía de lectura cunha selección de títulos que fan sorrir, reflexionar ou que emocionan, coa intención de que pasen momentos agradables. Son obras que hai nas bibliotecas municipais e que poden levar en préstamo para as súas casas. Animamos a que as visiten, utilicen o servizo de préstamo e gocen coa lectura.
  • 3. Camino de trincheras Kari Hotakainen. Meettok Matti Virtanen ten dúas metas inmediatas: recuperar a súa familia e ter unha casa propia. El cártel Don Winslow. RBA Novela negra ambientada no mundo do narcotráfico en México. Una casa en Amargura Elisa Vázquez de Gey. Ediciones B A Habana, 1882. Unha muller, convertida en escrava, loita por recuperar as súas raíces perdidas. A moza Dulce emprende a busca das dúas fillas roubadas a Misterio, a súa serventa e antiga escrava, co obxectivo de levar a cabo a última vontade desta antes de morrer. Co fondo da Habana colonial, poderemos achegarnos ao sistema escravista, ás relacións sociais que del se desprenden e coñecer a introdución de galegos en condicións de escravos. Cecais hai unha luz Manuel María. Fundación Manuel María de Estudos Galegos Autor galardoado polo Día das Letras Galegas 2016 Libro de poemas escrito en 1979 pero inédito ata esta publicación e que recolle 31 poemas nos que o autor canta á natureza e ao amor, mostrándonos un poeta intimista e maduro. A confesión de Lúcio Mário de Sá-Carneiro. Hugin e Munin Obra concibida cos códigos da novela fantástica, cunha enigmática caracterización dos personaxes e na que a trama xira arredor dun triángulo amoroso e do seu fatídico desenlace. As covas de aceiro Isaac Asimov. Hugin e Munin Obra editada no ano 1951 e reeditada en galego por esta editorial. Un thriller de robots publicado orixinariamente por entregas. A trama xira arredor da tensa relación entre dúas civilizacións: a dunha Terra superpoboada e a dos espacenses, unha sociedade avanzada e consciente dos retos que entraña o futuro. Descrédito del héroe; Manual de infractores Caballero Bonald. Cátedra Dous libros de poemas cunha gran carga social dun dos grandes escritores en lingua castelán. Follas novas Rosalía de Castro. Estudo, edición, notas e comentarios de Anxo Angueira. Xerais Edición crítica do magnífico e fundamental poemario de Rosalía de Castro, xunto cun estudo introdutorio, un detallado repertorio de notas e pormenorizados comentarios de cada un dos seus poemas. Intimidad Hanif Kureishi. Anagrama Unha parella vive o seu último día de convivencia, pero un dos dous non o sabe. Izan o da saca Xabier Quiroga. Xerais Un investigador acepta o encargo dun coñecido político e empresario galego de desentrañar un suposto pasado nazi co que os seus inimigos poden relacionalo. Judas Amos Oz. Siruela O mozo Shmuel Ash está pasando por unha forte crise persoal debido a unha ruptura sentimental, os problemas económicos dos seus pais e o abandono dos seus estudos universitarios. La ley del menor Ian McEwan. Anagrama Mentres atravesa unha profunda crise de parella, unha xuíza de familia trata de solucionar o caso dun menor enfermo de leucemia que rexeita unha transfusión de sangue por motivos relixiosos. Matemos al tío Rohan O’Grady. Impedimenta Relato humorístico protagonizado por un neno orfo que vai vivir cun tío seu que quere matalo para quedar coa súa herdanza. Un mundo soñado Grace McCleen. Salamandra Esta é unha historia de suspense crecente que brinda ao lector a posibilidade de asomarse ao opaco universo do fundamentalismo relixioso, onde a fe e a razón libran unha cruel batalla. La mujer de un solo hombre A.S.A. Harrison. Salamandra Jodi e Todd levan vinte anos de convivencia. Teoricamente, a súa relación é idílica pero Jodi sabe que o fracaso está próximo. Unha mestura de suspense e reflexión sobre a parella. Muros de aire An Alfaya. Xerais Unha socióloga fai un traballo de campo sobre o suicidio e acaba implicándose máis da conta a nivel emocional. Nada se acaba Margaret Atwood. Lumen Un matrimonio en crise. A noite enriba Diego Ameixeiras. Xerais Nesta obra, Ameixeiras homenaxea os autores clásicos de novela negra das décadas de 1930 e 1940. La nostalgia feliz Amélie Nothomb. Anagrama Novela autobiográfica na que a autora narra o seu regreso a Xapón xunto a un equipo de televisión coa intención de gravar un documental sobre a súa infancia no país. Xapón é a clave da súa obra, todo xira ao redor deste país como se dunha complicada relación amorosa se tratase. A novela convértese nunha reflexión sobre todo aquilo que gardamos no máis intimo e recóndito da nosa mente, neste caso a infancia que o tempo ás veces destrúe provocando un desencanto, unha nostalxia feliz… Pan con xamón Charles Bukowski. Faktoría K de Libros Tradución ao galego por Eva Almazán da obra Ham on rye, novela autobiográfica na que Charles Bukowski narra, da man do seu propio alter ego Henry Chinaski, o seu paso pola infancia e a mocidade na cidade norteamericana de Los Ángeles durante os anos da Gran Depresión. Poemas escollidos Manuel María. Fundación Manuel María de Estudos Galegos A primeira escolma que contempla o conxunto da magnífica obra poética de Manuel María. Unha escolla que permite redescubrir, a través dos seus versos máis luminosos, o seu canto a Galiza e o universo máis íntimo do poeta. Rumor nocturno Ledo Ivo. Vaso Roto ediciones Poemas vitais, insubmisos e inconformistas nunha edición bilingüe en portugués e castelán. La sociedad literaria y el pastel de piel de patata de Guernsey Mary Ann Shaffer e Annie Barrows. RBA No Londres de 1946 a escritora Juliet Ashton comeza unha relación epistolar cun francés a través dun libro que lle pertenceu. Unha pequena xoia que fala do pracer da lectura e da amizade. La solterona Edith Warthon. Impedimenta No New York de 1850, unha moza da alta sociedade anula no último momento o seu compromiso matrimonial. Tantos días felices Laurie Colwin. Libros del Asteroide Dúas parellas novas, dúas historias de amor diferentes. El teniente Sturm Ernst Jünger. Tusquets Na fronte de Flandres, durante a I Guerra Mundial, o tenente Sturm escribe as observacións sobre o día a día. Lector consumado, mestura a experiencia pasada coa camaradería dunha guerra que fai que cada día poida ser o último. Un texto de contido humano que mestura sensibilidade e asepsia.
  • 4. Terra Chá Manuel María. Fundación Manuel María de Estudos Galegos Autor galardoado polo Día das Letras Galegas 2016 Excelente lírica que o poeta Manuel María fai á súa terra, a esa paisaxe e a ese entorno polos que empeza a sentir un fondo sentimento de identificación tras a lectura de Noriega Varela. Unha natureza chea de cores e música. Cóntalles e cántalles ás mozas e mozos da Chaira, ao vento, aos paxaros, ás árbores etc. En palabras de Ánxel Fole,“…é un poeta da Terra Chá, que canta á súa terra con sinxela, fonda e pura emoción”. Todo ese fuego Ángeles Caso. Planeta As tres fillas dun humilde pastor anglicano viven entregadas á paixón de escribir. Son Charlotte, Anne e Emily Brontë. O último día de Terranova Manuel Rivas. Xerais Premio da Crítica 2015. Premio Gala do Libro Galego (Narrativa) 2016 Libraría Terranova: liquidación total de existencias por peche inminente. A especulación urbanística ten cercado o negocio e marca o seu fin. A historia dunha libraría na que conflúen amores, libros prohibidos e a memoria oculta da nosa historia recente. Vicenzo Fontana, o protagonista, lembrará a historia do seu pai vítima da represión franquista e de Garúa, unha militante arxentina. Excelente obra cunha defensa das librarías e na que se presenta o sufrimento provocado pola represión franquista a unha parte da poboación. La vida cuando era nuestra Marian Izaguirre. Lumen Nesta historia hai dúas mulleres, unha que sabe pouco da vida e outra que sabe moito pero non pode contalo. La zona de interés Martin Amis. Anagrama Un oficial nazi que traballa nun campo de exterminio, namórase da muller doutro oficial. Un triángulo amoroso no contexto dun campo de exterminio nazi. BANDA DESEÑADA E ÁLBUM ILUSTRADO El almanaque de mi padre Jiro Taniguchi. Planeta DeAgostini Yoichi, un deseñador de éxito, recibe a noticia da morte do seu pai, de quen estivo distanciado nos últimos anos. No velorio, os testemuños dos seus familiares descóbrenlle facetas del que descoñecía. Dáse conta demasiado tarde de que deixou pasar a oportunidade de comprender realmente quen era o seu pai e por que actuou dese xeito. Ambulancia 13. La cruz de sangre Guión de Patrick Cothias e Patrice Odas. Ilustracións de Alain Mournier e Sébastien Bouet. Yermo Louis-Charles Bouteloup, un cirurxián novo comeza o ano 1916 incorporándose ao equipo médico que participa na I Guerra Mundial. En vinte catro horas todas as súas ideas e valores mudarán diante da realidade. La balada del norte Guión e ilustracións de Alfonso Zapico. Astiberri Zapico fálanos das condicións sociais que levaron aos mineiros asturianos, en outubro de 1934, ao que foi considerado o primeiro levantamento pola loita mineira. Castelao Guión de Inacio Vilariño. Ilustracións de Iván Suárez. Demo Editorial Colección formada por títulos como: O pobre tolo, Titoán, Máis alá, Atila Naceu coa intención de albergar a biografía en cómic do insigne político e artista Castelao. Titoán outorgoulle aos autores o Premio Castelao de Banda Deseñada da Deputación da Coruña. Atila é o último publicado ata este momento. Sitúa a Castelao en Barcelona, a principios de 1938, en plena Guerra Civil, acompañando o goberno da II República. Neste momento Castelao xa publicara dous dos seus tres “álbums de guerra”, entre eles Atila en Galicia, que dá título a este cómic. La gran guerra Ilustrado por Joe Sacco. Guión de Adam Hochschild. Reservoir Books Nunha espectacular ilustración de máis de sete metros, Joe Sacco narra o primeiro día da batalla de Somme, unha das máis tráxicas da I Guerra Mundial. Kongo: el tenebroso viaje de Józef Teodor Konrad Korzeniowski Guión de Christian Perrissin. Ilustracións de Tom Tirabosco. Dibbuks Relato duro, pero accesíbel a todos os públicos, da viaxe ao Congo de Joseph Conrad no 1890. Nel descubrirá a verdadeira cara do colonialismo ao tempo que será fonte de inspiración da súa novela El corazón de las tinieblas. La niña de sus ojos Guión de Mary M. Talbot. Ilustracións de Bryan Talbot. La Cúpula A entrada na idade adulta das fillas dos escritores James Joyce e James S. Atherton en contextos históricos diferentes serven para reflexionar sobre política de xénero, ambicións frustradas e a realidade dos primeiros cincuenta anos do século XX. Los rascacielos Germán Zullo e Albertine. Libros del Zorro Rojo Álbum ilustrado que nos presenta dous veciños multimillonarios que andan á teima por ver cal deles ten a casa máis grande e luxosa, o que desembocará nas situacións máis absurdas. Los 3 Frutos Guión de Zidrou. Ilustracións de Oriol. Norma O pacto dun rei preto da morte tráenos un conto lúcido sobre o ser humano e os seus delitos e apetencias. Vento do Norte Texto de David DiGilio. Ilustracións de Alex Cal. El Patito Editorial Nun planeta Terra xeado polo Vento do Norte, a vida é unha loita continua entre os habitantes de Lost Angeles e o tirano Matachín Joe... A vitoria final Guión de Iban Zaldua. Ilustracións de Julen Ribas. Urco Editorial Premio Euskadi de literatura 2012. Escollido para a Lista de Honor IBBY. Cómic de ciencia ficción que nos sitúa no ano 2052, ano CVII da Vitoria de Alemaña na Segunda Guerra Mundial. LIBROS DE COÑECEMENTO El arte de la fotografía: hábitos esenciales para lograr grandes composiciones Art Wolfe e Rob Sheppard. Anaya multimedia Obra con máis de 200 imaxes onde o recoñecido fotografo Art Wolfe comparte os seus segredos cos afeccionados a esta arte non como un manual de instrucións, senón ensinando a forma de conseguir unha imaxe memorábel. Atlas de islas remotas: cincuenta islas en las que nunca estuve y a las que nunca iré Judith Schalansky. Capitán Swing e Nórdica Libros 50 illas perdidas e distantes da terra firme. O libro sitúas xeograficamente, dinos se están habitadas e conta anécdotas sobre cada unha delas. Las células madre Karel H. M. Van Wely. CSIC Historia do uso das células nai ata chegar ao importante papel que desenvolven nas enfermidades coma o cancro ou o envellecemento prematuro. Clandestine Cake Club: recetas de club de pasteles clandestino Lynn Hill. Juventud Fantásticas e exquisitas receitas dos mellores pasteis clásicos británicos e americanos, de aspecto inmellorábel, con ingredientes que se poden atopar no supermercado, doados de preparar e sobre todo que se poden conservar durante varios días.
  • 5. Cortázar de la A a la Z: un álbum biográfico Aurora Bernárdez e Carles Álvarez Garriga. Alfaguara Fotobiografía realizada con motivo do centenario do nacemento de Julio Cortázar. Escrita en forma de dicionario, con reproducións de manuscritos, cadros que lle pertenceron, escritos inéditos e obxectos cotiáns. El erial y sus islas Juan Goytisolo. Fondo de Cultura Económica e Universidad de Alcalá Publicado con motivo da concesión do Premio Cervantes a este autor. É unha recompilación dos seus artigos e conferencias. Conta cunha primeira parte na que eloxia a Cervantes e cunha segunda con temas sobre a literatura universal e as súas reflexións. Esas mujeres llamadas salvajes Rosita Forbes. Xerais Retratos de mulleres que a viaxeira coñeceu durante os seus primeiros viaxes ao redor do mundo: escravas, revolucionarias, sacerdotisas ou mulleres dos haréns. ¡Esta casa no es un hotel!: manual de educación emocional para padres de adolescentes Irene Orce. Grijalbo A maioría dos/as adolescentes non saben quen son e están bastante desorientados/as. Non obstante, cada vez son máis os/as adultos/as que recoñecen sentirse igualmente perdidos/as na arte de educar conscientemente os seus fillos e fillas. La gran amenaza: sobre el Tratado de Libre Comercio entre Estados Unidos y la Unión Europea Alberto Garzón, Desiderio Cansino e John Hilary. El Viejo Topo Libro crítico co Tratado de Libre Comercio entre os Estados Unidos e a Unión Europea. Os autores dan as súas opinións sobre como este tratado vai ameazar os dereitos dos cidadáns europeos. Guía del Camino de Santiago: camino francés. Guía del peregrino a pie o en bicicleta Antón Pombo. Anaya Touring Información para o peregrino que quere facer o Camiño de Santiago. O libro está organizado en etapas con explicacións en mapas, tipos de solos, sombras, fontes... Ademais de albergues, restaurantes e demais servizos. Ideas e inventos de un milenio 900-1900 Javier Ordóñez. Lunwerg Inventos que foron decisivos para o mundo actual. Libro acompañado de numerosas fotografías e gravados do momento. Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María Mercedes Queixas Zas. Galaxia Roteiro vital e literario do poeta destacando o seu amor ao próximo, á casa, á tribo chairega, á nación galega, ao pobo, á cultura, á literatura e á lingua galega, e explica como todo isto confluíu nunha espléndida obra literaria. Manuel María: Fotobiografía sonora Xan Fraga. Ouvirmos Máis dun cento de fotografías introdúcennos no universo literario e persoal de Manuel María. O libro ven acompañado de dous CD con rexistros sonoros na voz do autor. Marca España: ¿A quién beneficia? Pedro Ramiro. Icaria Móstrase como, ao contrario do que sosteñen no discurso da Marca España, as elites empresariais son as únicas beneficiarias da crise-estafa que estamos a sufrir. El mundo sin nosotros Alan Weisman. Debate Obra científica que trata do impacto que tería sobre a Terra a desaparición dos seres humanos. Os barrios residenciais pasarían a converterse en bosques dentro dun período non maior a 500 anos e os refugallos radioactivos, as estatuas de bronce e os plásticos quedarían entre as probas máis perdurábeis da presenza humana no planeta. Noches sin dormir Elvira Lindo. Seix Barral A escritora Elvira Lindo escribe sobre o seu último inverno en Nova York: a cidade, a vida cultural, a súa actividade intelectual… Numerati Stephen Baker. Seix Barral Nun mundo gobernado polas novas tecnoloxías, hai quen controla todos os nosos movementos na rede. Chamadas telefónicas, pagos con tarxetas, consultas a páxinas web etc., deixan un rastro perfectamente visíbel para os Numerati. Saberán todo de nós, así que será mellor que nós tamén coñezamos un pouco o que fan eles, da man de Stephen Baker, experto mundial na revolución tecnolóxica. Palillos, aceitunas y refrescos matemáticos Luís Balbuena, Luis Cutillas e Dolores de la Coba. Rubes Xogos con palillos, fáciles de realizar mentres tomamos unhas olivas e un refresco sentados nunha terraza. Cunha prosa atractiva e divertida, en clave de humor e con toques de aventura escóndese un mundo de paradoxas matemáticas cheas de dificultades que fan espertar algo no cerebro. Texto con vocación pedagóxica en clave lúdica. ¿Para qué sirven los transgénicos?: todas las claves de una tecnología útil y controvertida David Bueno i Torrens. Universitat de Barcelona Que son os transxénicos, como se xeran e que consecuencias ten o seu consumo, así como a lexislación que existe sobre eles. Pequeño fracaso Gary Shteyngart. Libros del asteroide Cando Shteyngart, ruso de nacemento, emigra de neno a Estados Unidos, ten tales dificultades para adaptarse á nova cultura que a súa nai acaba chamándoo Failurchka, “pequeno fracaso”. Remando como un solo hombre Daniel James Brown. Nórdica libros A historia do equipo de remo que humillou a Hitler. También soy escritura: Octavio Paz cuenta de sí Fondo de Cultura Económica Biografía de Octavio Paz: as súas experiencias e evocacións. Unha voz galega no exilio Libro + CD Ramón Suárez Picallo. Escolma e coordinación de Cristina Pujales. Consello da Cultura Galega Escolma de conferencias de Ramón Suárez Picallo, pronunciadas en Bos Aires entre 1959 e 1964, sobre temas diversos: as xentes e paisaxes de Galicia, a noite de San Xoán, a canción popular galega... Poderemos ler os textos e escoitar a excelente oratoria deste singular político. El viaje de Luis José Manuel Gil Antón. Oberon Libro de autoaxuda para calquera persoa que teña que afrontar unha situación difícil como un dano cerebral. É a historia dun neno que sufre un grave accidente e os esforzos dos seus familiares para conseguir a súa recuperación. Virginia Woolf: la vida por escrito Irene Chikiar Bauer. Taurus Gran traballo de investigación que desemboca nunha biografía sobre unha das máis grandes escritoras do século XX e que nos mostra tanto o ámbito privado como o literario da súa vida.
  • 6. DVD Birdman o (la inesperada virtud de la ignorancia) Unha película de Alejandro G. Iñárritu. Protagonizada por Michael Keaton, Zach Galifianakis, Edward Norton, Andrea Riseborough, Amy Ryan, Emma Stone e Naomi Watts. Twentieth Century Fox Despois de facerse famoso interpretando no cine a un célebre superheroe, a estrela Riggan Thomson (Michael Keaton) prepara a estrea dunha obra teatral en Broadway que reafirme o seu prestixio profesional como actor. Corazones de acero Dirixida por David Ayer. Protagonizada por Brad Pitt, Logan Lerman e Shia LaBeouf. Sony Pictures En 1945, mentres os aliados fan un último esforzo na batalla europea, un duro e experimentado sarxento dirixe un tanque cos seus cinco homes a unha misión mortal tras as liñas inimigas. The equalizer (El protector) Dirixida por Antoine Fuqua. Protagonizada por Denzel Washington, Marton Csokas e Chloë Grace Moretz. Twentieth Century Fox Home Entertainment España Robert é un antigo axente da CIA que traballa nun supermercado de bricolaxe tras finxir a súa propia morte para deixar atrás a acción e os riscos e vivir con tranquilidade. Ao coñecer a Teri, unha moza prostituta que leva unha vida miserábel, darase conta que o pasado segue moi presente e tentará axudala, topándose coa mafia rusa e o proxenetismo dos baixos fondos de Boston. Escobar: paraíso perdido Dirixida por Andrea Di Stefano. Protagonizada por Josh Hutcherson, Benicio Del Toro e Brady Corbet. Aurum Producciones Solvente intriga na que o personaxe de Pablo Escobar, maxistralmente interpretado por Benicio del Toro, funciona como fondo do relato e mostra a sorprendente dicotomía entre o home de familia aparentemente amoroso, o protector das comunidades pobres e o asasino sen escrúpulos. Felices 140 Dirixida por Gracia Querejeta. Protagonizada por Maribel Verdú, Antonio De La Torre e Eduard Fernández. Twentieth Century Fox Polo 40 aniversario de Elia reúnense nunha casa rural uns poucos amigos e familiares. Hai algo que lles quere comunicar: é a gañadora do bote do Euromillón desa semana. Desde ese momento o ambiente empeza a enrarecerse e o que ao principio eran alegrías compartidas vanse tornando pouco a pouco en cobizosas argucias para conseguir quedar cos 140 millóns de euros de Elia. Ida Dirixida por Pawel Pawlikowski. Protagonizada por Agata Kulesza, Agata Trzebuchowska e Joanna Kulig. Cameo Anna é unha moza de 18 anos que vive nun convento desde que quedou orfa. Deberá decidir se tomar os hábitos ou non. As circunstancias que a marcaron pódense extrapolar a outros escenarios. A guerra e o que esta deixa tras de si: vidas perdidas e outras destruídas dun xeito cruel. The imitation game Dirixida por Morten Tyldum. Protagonizada por Benedict Cumberbatch e Keira Knightley. Tripictures Drama que amosa a mesquindade e a miseria da sociedade inglesa fronte á valía dun virtuoso analista matemático que traballou arreo para gañar a guerra á Alemaña nazi. Baseada en feitos reais que tinxen de vergoña a calquera cidadán civilizado do mundo. Interstellar Dirixida por Christopher Nolan. Protagonizada por Matthew McConaughey, Anne Hathaway, Jessica Chastain.Warner Bros Tamén dispoñíbel en Blu-Ray Mentres na Terra unha catástrofe ecolóxica está tendo devastadoras consecuencias, unha nave espacial encamíñase a realizar a misión máis importante da historia da humanidade: atopar un novo mundo habitábel máis aló do Sistema Solar co obxectivo da súa colonización para así evitar a extinción definitiva da raza humana. Mi gran noche Dirixida por Álex de la Iglesia. Protagonizada por Raphael, Mario Casas e Pepón Nieto. Universal Pictures Iberia Mordaz sátira á televisión e ao subxénero do cinema español que durante o réxime franquista estaba protagonizado por estrelas da canción. Esta aceda comedia é, por riba, unha forte crítica á sociedade española. Película coral filmada co estilo propio e inconfundíbel de Álex de la Iglesia que ademais ofrece unha imaxe desmitificadora do veterano cantante Raphael. Nadie quiere la noche Dirixida por Isabel Coixet. Protagonizada por Juliette Binoche, Rinko Kikuchi e Gabriel Byrne. Warner Bros. Entertainment España Drama de supervivencia sobre a temeraria muller dun explorador empeñado en ser a primeira persoa que poña o seu pé no Polo Norte. Altiva e arrogante, durante a viaxe atópase cunha humilde muller esquimó, con quen convivirá e de quen recibirá axuda para poder sobrevivir á inclemente climatoloxía ártica. Negociador Dirixida por Borja Cobeaga. Protagonizada por Ramón Barea, Josean Bengoetxea e Carlos Areces. Avalon Comedia dramática sobre as negociacións do goberno español con ETA. Manu Aranguren é o personaxe que tentará que ambas partes asinen un documento acorde co fin da violencia. Negociador é un canto, non exento de humor negro, ao entendemento entre as persoas. Baseada en feitos reais acontecidos entre os anos 2005 e 2006. Borja Cobeaga foi co-guionista da comedia Ocho apellidos vascos. Requisitos para ser una persona normal Dirixida por Leticia Dolera. Protagonizada por Leticia Dolera, Manuel Burque e Jordi Llodrà. A Contracorriente Films María está no paro, desafiuzada por non pagar o aluguer e cunha vida familiar e romántica practicamente inexistente. Aos seus 30 anos é consciente do desastre en que se converteu a súa vida e decide ser por fin unha persoa normal. Pero acadalo implicará unha serie de requisitos a cumprir e moitas máis complicacións das que inicialmente imaxinaba. Colorista comedia romántica e ópera prima da actriz e directora Leticia Dolera. Somos gente honrada Dirixida por Alejandro Marzoa. Protagonizada por Paco Tous, Miguel de Lira e Unax Ugalde. Cameo Media Dous amigos, cunha situación económica desesperada, atopan un paquete con dez quilos de cocaína. Os problemas virán no momento en que deciden poñela á venda. Película filmada en A Coruña e na costa de Miño. Truman Dirixida por Cesc Gay. Protagonizada por Ricardo Darín, Javier Cámara e Dolores Fonzi. Filmax Home Video Traxicomedia sobre a sincera amizade entre dúas persoas que se reencontran, unha das cales está no derradeiro tramo da súa vida. Ao longo de catro intensos días compartirán momentos emotivos e sorprendentes en compañía do seu fiel can Truman. Unha historia de amizade, familia, amor e o valor da vida.
  • 7. Selección bibliográfica realizada polo Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros: * Biblioteca Central Rialeda. Perillo * Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller Rosalía de Castro. Santa Cruz * Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado. Mera * Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso. Dorneda * Biblioteca Pública Municipal Manuel María. Oleiros * Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole. Nós * Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño. Lorbé Visita o noso blog: http://bibliotecasoleiros.blogspot.com Síguenos en twitter @ bibloleiros Páxina web municipal: www.oleiros.org Catálogo do fondo bibliográfico: http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/ Biblioteca Central Rialeda Avda. Rosalía de Castro, 227A 15172 Perillo - Oleiros Tel.: 981 639 511 Fax: 981 639 996 Correo electrónico: biblioteca.rialeda@oleiros.org Depósito Legal: C 1057-2016