SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 6
Downloaden Sie, um offline zu lesen
ISSN: 1138-9664
1999,2 127 132
RAFAEL DIESTE E O NENO SUICIDLt. A NARACCION
DO TEMPO ÁS AVESAS
OLIVIA RODRÍGUEZ GONZALEZ
O
neno suicida, publicado como apéndice
de Aflestra balíleira (1927) e que forma-
rá parte de Dos Arquivos do trasno na súa
edición definitiva dc 1973, está conside-
rado con fundamento dabondo como un prodixio
de contención narrativa, quen de sintetizar en moí
poueas lineas unha vida enteira: a dun ser humano
que percorre o tempo ó revés ou ás avesas, dende a
vellice á infancia. A historia escóitana na taberna
uns cantos seareiros da boca dun vagabundo deseo-
ijecido que vén de entrar no local e que se conver-
te deste xeito no paranarratario —o conto dentro do
conro— no mareo escénico axeitado á comunica-
ción oral que adoita utilizar Rafael Dieste nestas
narracións. O punto de partida desa comunicación
e a nova que trae un periódico sobre o abraianre
suicidio dun neno. O vagabundo di coñecer a causa
e enceta a historia que smi algúns amigos fieis do
protagonista, entre os que sen dúbida se conta,
sabían: «A derradeira vez que o atopei —tiña el oito
anos— andaba moi triste» (R. Dieste, 1987: 61).
O neno que se suicida nace vello, parido pola
terra-naí, como un experimento de Deus de acor-
do coa petición do protagonista. Sendo este espiri-
to puro, solicita da divindade cumprir o seu dese-
xo de ir de vello a mozo e non á inversa, para gozar
máis intensamente da vida, cousa que de feito fará
entre os cincuenta e os quince anos.
A fase inicial do relato comprende o susto que o
protagonista dá a unha beata que o ve saír en coi-
ros do cemiterio da parroquia —morrendo a resul-
tas del—; a súa recollida poíos ministros e a senten-
cia do xuíz, breves episodios que recordan aquela
intehixente película de Herzog sobre o bo salvaxe
chamada O enigma de Gaspar Hauser 6 aprender
a falar faise esmoleiro, oficio que propicia viaxar
por moitas rerras. De que ten máis sabedoría, deci-
de manter en segredo a súa orixinalidade. As cou-
sas estráganse cando chega a neno e empeza a
coller medo das olladas dos adultos e da cobiza dos
rateiros que o perseguen. O peor de todo é que
non pode coa carga das lembranzas de vello sobre
as súas costas de neno. E paseniñamente vai asal-
tándolle a teima sobre o seu próximo e certo final:
«ir devecendo ata se trocarprimeiro nunha sambesu-
ga e despois en arumia e logo en pequenísima semen-
te...» (R. Dieste, 1987: 62). Non podendo resisti-
lo, pégase un tiro. Quedamos sen saber, nós e os
paranarratarios, cómo seria ese retorno á semente.
Que a historia sexa certa ou non, é dicir, a dúbi-
da do receptor respecto da veracidade do relatado
ficaplasmada no magnífico reflexo da recepción por
parte deses paranarratarios, xente afeita a contar e
escoitar no espacio popular da taberna, pero suscep-
tible de crer o incrible segundo sexa o seu grao de
afectación poíos vapores etílicos: «Os catro bebedores
de augardente, crían. Os cinco de albariño, surrían e
dubidaban. O taberneiro negaba». (íbidem).
Moito se ten buhado este conto diesreano,
marcado por un finísimo sentido do humor e un
lirismo entrañable. Os teóricos da literatura
esmiuzárono desde ultimísimos enfoques narrato-
lóxicos (A. Casas, 1994), pasando un pouco á
présa poío tema do tempo mi revés, máis preocupa-
dos de cómo se entrefían o tempo externo e o
interno, nun momento en que a tematologia non
produce grandes entusiasmos.
Pero ¿ o tratamento deste tema o que queremos
revisar aquí, ben que aceptemos que a singularida-
de do relato breve diesteano reside noutros aspec-
tos, como trata de expresar sintética e moi expresi-
vamente no Limiar á primeira edición de Dos
Arquivos do trasno (1926). 0 certo é que un pen-
sador como Rafael Dieste tivo o tempo como un
dos obxectos da súa especulación, como científico
e como escritor, seguindo o ronsel das cavilacións
metafísicas dun Azorín ou dun Unamuno, que
anunciaban o debullar máis fondo e racional sobre
estes temas no tempo de Ortega y Gasset e os inte-
lectuais da Xeneración do 27, contexto no que se
desenvolve a obra de Rafael Dieste. E quizais nisto
estea tamén a clave de que sexa o neno (encarna-
ción da nosa cerna persoal) o personaxe funda-
mental de moitos dos seus relatos, verbi graria, De
cómo veu a Rianxo un/la balea; Noria York ¿ noso;
Juana Rial, limonero florido; ou De cómo vino al
mundo Félix Muriel. Ben, iso poderiamos deixalo
para outro momento. Agora ocúpanos o desenvol-
vemento deste tema tratado por Diesre, o do
tempo ás avesas, noutros textos Literarios non moi
afastados a eí no espacio e no tempo.
É moi posible que algúns dos lectores de Rafael
Dieste se sorprendesen, como nos ocorreu a nós,
comprobando a coincidencia entre esta vida vivida
para atrás en O neno suicida e a narrada no famoso
relato do cubano Alejo Carpentier, pertencente á
serie La guerra del tiempo, e titulado Viaje a lasemi-
1/a (A. Carpentier, 1983: 13-28). A sorpresa con-
vértese en descoberta xa coñecida cando hemos o
que Estelle Irizarry, unha das maiores especialistas
na obra de Dieste, di verbo desta coincidencia, O
relato de Alejo Carpentier, publicado en 1944,
ofrece un paralelismo evidente coa «inversión que
postula Dieste imaginativamente» e que, lonxe de ser
un exercicio estilístico ou un xenial desenvolve-
mento argumental, revéhase coma «el centro mismo
de una angustia metafisica hábilmente disfrazada por
el recurso de presentar/o como invención de un vaga-
brindo en una taberna gallega» (E. Irizarry, 1980:
132-1 33).
O relato de Alejo Carpentier forma parte da tri-
loxia de contos Guerra del tiempo, verdadeiro
esforzo intelectual para reflectir coa ficción narra-
tiva especulacións metafísicas que enchen o máis
productivo da fijosofía do sécuio XX, ti que Car-
pentier non se sentía alleo, desde reflexións en
torno á música e á linguaxe. Non en van se acha
catalogado como un narrador de estirpe barroca, e
isto non está dito só en relación ó seu tratamento
da linguaxe narrativa. En Viaje a la semilla despre-
ga as súas habilidades para desenvolver este tema
do tempo ás avesas en moi pouco espacio, frag-
menrándoo en momentos sucesivos dunha vida
experimentada cara atrás, como quen rebobina
unha cinta de cine. Todo se desencadea a partir
dun sortilexio do vello criado negro que contem-
pía cómo os obreiros desfán a mansión dunha vella
e ilustre familia. Esa contemplación é compartida
por certos seres —unha vella estatua de Ceres, uns
peixes de estanque—, que cobran, nunha danza
xeral de obxectos en principio inanimados, á beira
de animais, humanos e vexetais, entidade de per-
sonaxe coral. Como en O neno suicida, o conto
enmárcase dentro do conto, pois o que empeza coa
mirada e o aceno máxico do vello criado é o relato
da vida de don Marcial, desde que morre ata que
volve mi seo materno e se perde na semente, nunha
morea de materia regresando a ese caos que non
nos narrou Dieste. Reproducimos esa volta ó útero
dunha nai que morre de parto, ainda que resulte
un pouco frío ó entresacalo do desenvolvemenro
de vertixe do relato ata o estalo final de volta ó
humus, unha técnica compartida por Carpentier e
Dieste:
«El universo le entraba por todos los poros.
Entonces cerró los ojos que sólo divisaban
gigantes nebulosos y penetró en un cuerpo
caliente, húmedo, lleno de tinieblas, que
moría. El cuerpo, al sentirlo arrebozado en su
propia sustancia, volvió a la vida.
Pero ahora el tiempo corrió más pronto,
adelgazando sus últimas horas.(...)
Las aves volvieron al huevo en torbellino
de plumas. Los peces cuajaron la hueva,
dejando una nevada de escamas en el fondo
del estanque.(...) Todo se metarfoseaba, regre-
sando a la condición primera. El barro volvió
al barro, dejando un yermo en lugar de la
casa.» (A. Carpentier, 1983: 27, 28).
A diferencia do vello-neno de Dieste, o perso-
naxe Marcial non é consciente desta vida mi revés
que inverre a orde natural previa mi meigallo do
criado. Esa orde sobrevive sen embargo, lembrada
por un reioxo que segue marcando o rempo cara ti
dereita, producindo paradoxas como a que pecha a
secuencia 3?: «Era el amanecer El reloj del comedor
acababa de dar las seis de la tarde.» (Carpentier,
1983: 16). As referencias mi devalar cronolóxico
fanse constantes, sinalando os fitos en cada
secuencia e agudizando esta paradoxa temporal. A
contradicción que nace dos reloxos está a punto de
descubrir a Marcial, aínda que só de xeito intuiti-
vo, o tempo ás avesas:
«Una noche, después de mucho beber y
marearse con tufos de tabaco frío, dejados
por sus amigos, Marcial tuvo ha sensación
extraña de que los relojes de la casa daban las
cinco, luego las cuatro y media, luego las
cuatro, luego las tres y media... Era como la
128
1999,2:127-132
percepción remota de otras posibilidades.
(...) Fue una impresión fugaz, que no dejó la
menor huella en su espíritu, poco llevado,
ahora, a la meditación».
A grande novidade de A. Carpentier con res-
pecto o relato de Dieste, é conseguir contar o
tempo mi revés a través do recuar da sinraxe lóxica,
invertendo causas e efectos, nun auténtico trasto-
camento das sucesións temporais ó que estamos
afeitos. Velaí a importancia da lingua neste relato
barroco e de experimentación audaz. O recurso
aparece en orac¡óns como «Cuando el médico
movió la cabeza con desconsueloprofesional, el enfer-
mo se sintió mejor». E remata despois dunha grada-
ción ascendente que afecta de cheo ó nivel lóxico-
semántico, en expresións do tipo: «La Marquesa
trocó su vestido de viajepor un trajede noviay, como
era costumbre, los espososfreron a la í~lesiapara reco-
brar su libertad». A isto engádese o feito de que
non é só Marcial o que vive este tempo as avesas.
Marcial é só o personaxe principal, pero mesmo é
así por pertencer á casa que os obreiros no princi-
pio derrubaban. E entón o escenario o que deter-
mina o proceso temporal, a que se someten tanto
Marcial como tódalas cousas que existen baixo o
sol. O alcance do tema en Carpentier ren un carác-
ter, como se ve, cósmico e panteísta.
Non todo queda aquí, xa que E. Irizarry no
libro citado menciona outros textos que repiten o
tema: lies carnets du bon Dieu (1947) de Pierre
Daninos e o conto de José María Gironella, Mi/a-
gro en la aldea, do que non dá data nin referencia
bibliográfica ningunha.
Se ben non puidemos ter acceso ó segundo rela-
to mi verse frustradas as nosas pescudas de edicións
de contos de José Maria Gironella, si puidemos
coñecer a novela de Pierre Daninos sobre a que xa
dera noticia, con relación ó paralelismo co conto
de R. Dieste, 1~ L. Bugallal nun arrigo da despare-
cida Hoja del Lunesda Coruña (E. Irizarry, 1980:
132). 0 novelista parisiense nado no 1913 e com-
batente desilusionado da Segunda Guerra Mun-
dial desenvolve a súa andaina literaria desde a
década dos corenta pasando a engrosar a nómina
de narradores do humor cos que precisamente
manuvera relacións durante as súas estadas en
París Ramón Gómez de la Serna. Daninos escribe
este relato sobre un home que vive o tempo ó
revés, pero dun xeito esencialmente distinto ó que
pintan R. Dieste e A. Carpentier: faino nacer neno
con carácter e algúns riscos físicos de vello —o cabe-
lo gris, por exemplo— e, a medida que vai vivindo,
recupera forzas, carácter e hábitos de neno. O rela-
to, concibido como humorístico, busca o efecto
cómico na reacción dos demais fronte a ese inex-
plicable ser, que tampouco non é consciente do
que líe pasa, nin sequera fugaz e intuitivamente
como no caso de D. Marcial en Viaje a la semil/a.
O personase de P. Daninos, Anthelme, non sofre
exactamente no percorrido ó revés da sua existen-
cia. Máis ben fai sufrir ós demais, sobre todo ó
causante deste experimento, que é o Deus que dá
título á noveliña. Recorrer á divindade para facer
verosímil a historia fantástica xa o vimos en Rafa-
el Dieste. Este recurso antiquísimo nos relatos
orais utilizárao con retranca e dureza crítica M.
Curros Enríquez no poema «Mirando mi chau (imi-
tación de Béranger)» de Aires da miña terra (1880);
e Eduardo Blanco Amor farao despois en Os non-
natos (1927).
P. Daninos usa como pretexto e mareo desra
narración as follas duns cadernos nos que o Bo
Deus anota os seus experimentos en diversos mun-
dos. Vén ser desta maneira o coñecido recurso do
«manuscrito achado». É un deus canso e de control
algo limitado, pois fállalle o don da ubicuidade e
ten a teama —mais propia dun científico louco— de
que non logra éxito ningún nos seu múltiples
mundos, entre os que destacan a Terra e a Antite-
planetas paralelos que seguen a lei dos contra-
dos. Anthelme é un caso teratolóxico que irifr¡nxe
as leis naturais e humanas, froito do intento divino
de substituir o home decadente e ensimesmado na
guerra.
Por todos estes riscos, Os carnets dii Ron Dieue
amósase como unha novela católica, típica do
momento de posguerra. Daquela zorde a corrente
literaria existencialista que atopará non obstante
na verrente atea e humanista as súas máis felices
produccións. Esta narrativa católica manifesta pre-
ocupacións seguidas con grande interese por auto-
res do sur de Europa, chegando á literatura de
autores galegos como Vicente Risco que por aque-
les anos escribe sobre o impacto de certos casos
teratolóxicos ou a lei da complementariedade dos
contrarios desde un punto de vista tamén católico
(y. La Puerta de Paja, 1953). En definitiva, se no
caso de R. Dieste o recurso á divindade é coheren-
te dentro do pacto entre paranarrador e paranarra-
tario afeitos á oralidade e ás súas formas de garan-
tir a verosimilitude, en P Daninos vai máis alá
129
1999,2:127-132
dunha necesidade narrativa, adoptando un valor
rehixioso exotextual.
En canto mi desenlace, chegado ás últimas conse-
cuencias poío de agora smi no caso de A. Carpentier;
¿ interrompido tamén en Les carnets du bon Dieu
pola morte accidental por atropelo de Anthelme,
infantilizado ata o punto de non saber atravesar smi a
rúa. Velaí o ridículo fracaso dun Deus avellentado e
canso e a falta de atrevemento do narrador para
enfrontarse coa dificultade de contarnos a volta á
semente. Narrador que ó longo destas páxinas pre-
Pire ocuparse de vagariño de miudezas das sucesivas
fases da vida ás avesas de Anthelme.
Ós textos apuntados por E. Irizarry engadiremos
agora outros achádegos, esta vez de verdade, que
seguen a permitir a análise comparativa a partir do
conto de R. Dieste. Trátase no primeiro caso de El
incongruente de Ramón Gómez de ha Serna (1922),
unha das peculiarisimas novelas do autor da van-
garda feitas con acios de greguerías ou laparadas de
xenío creativo ós que non se poden negar un autén-
tico valor de anovación novelística. E esta unha das
novelas ramonianas que máis coherencia narrativa
posúen, cun personaxe, Gregorio, o incongruente,
que amorea peripecias diversas en torno a súa estra-
ña personahidade, allea mi común dos humanos.
Gregorio desde que nace amósase como un ser de
encrucillada, sensible a cousas que para os outros
non son nada, como unha antena que recolle e fai
desvariar todo tipo de sinais cósmicos. No seu ser,
a orde natural dos elementos e a hóxica dos huma-
nos trastócanse e ensarillanse: «Por decir/o así, era
un disolvente de todas /as leyes de la vida, que se rom-
pían, se enredaban, se quedaban aisladasy desanuda-
das cuando élse interponía entre ellas» (R. Gómez de
la Serna, 1994: 11). As cousas que Ile pasan na rea-
lidade son tan raras que superan os seu soños. Estes
tampouco non son normais, de zeito que se ocupa
deles un capitulo do libro chamado «Sus sueños»,
onde lemos a propósito de Gregorio:
«Tan incongruentes eran sus sueños, que
comenzaba el sueño siendo viejo y acababa
siendo niño, yendo las impresiones tan tras-
tornadas, que sólo encontraba la felicidad
cuandoera niño, sintiendo entonces más que
nunca la muerte, porque, aunque se moría de
puro viejo siendo niño, él sentía la muerte
como una desdicha súbita, sin haber vivido
más que un día, pues acababa su vida en la
hora precisa del final, por el revés, cuando
volvía a perderse en el vientre para morir
antes del parto». (R. Gómez de la Serna,
1994: 140).
Como vemos, o tempo ás avesas aparece como
un motivo narrativo de enormes posibilidades den-
tro deste cúmulo de descobertas que é a novela de
Ramón. O fragmento ilumina de ceno o texto de
Dieste, establecéndose entre ambos a coincidencia
do que xa sinalaba E. Irizarry como a angustia exis-
tencial de sentir máis que nunca a morte, segundo
expresa Gómez de la Serna. Mágoa que este texto
na súa brevidade nos deixe sen experimentar máis
de vagar esas sensacións de retorno á semente que
o conto de Dieste nos evita, quizais non por conti-
nencia narrativa diante do que resultaba demasiado
grandioso, como din que fixo Alían Poe ó deixar
Inconcluso Ore/ato de Arturo Gordon Fin, e parece
que fixo tamén E Daninos, senón máis ben porque
o asunto non era ese, senón o suicidio dun neno.
Suicidio que por demais está causado pola incapa-
cidade do personaxe de enfrontarse coa disolución
final, quedándonos a dúbida de se a incapacidade é
do narrador ou do personaxe.
O segundo texto onde atopamos o tema do
tempo tis avesas ábrenos unha nova perspectiva
pois trátase do poema Amor, amor, catástrofe, que
Pedro Salinas incluíu en La voz a ti debida (1933).
Cambiamos de xénero e entramos na lírica, onde
o tema se condensa e ofrece en isotopías desenvol-
vidas de diveros xeitos. O poema reflicte xa desde
o comezo ese discorrer de vertixe pola desfeita das
que viaxan á semente. Reproducimos os
versos que concentran esa viaxe cara atrás, primei-
ro da mesma vida que se destece, nunha danza
xeral das cousas que reproducira con sensuahidade
e riqueza verbal A. Carpentier; logo, da desfeita
causada poíos amantes, e a vivencia da volta ó caos
do etc poético. Nas imaxes que se suceden a través
de encabalgamentos e antiteses que manifestan o
paradoxo temporal, desvélase cómo ese anecio de
destrucción está preñado de vida futura, de reface-
mento do mundo desde o caos primeiro.
«Toda hacia atrás la vida
se va quitando siglos,
frenética, de encima;
desteje, galopando,
su curso, lento antes;
se desvive de ansia
de borrarse la historia,
130
1999,2:127-132
OLIVIA RODRÍGUEZ GONZÁLEZ RAFAEL DIES TE O NENO SUICIDA. A NARRACIONDO TEMPOÁSAVESAS
de no ser más que eí puro
anhelo de empezarse
otra vez. El futuro
se llama ayer.
¡Atrás y siempre atrás!
~Retrocesosen vértigo,
por dentro hacia el mañana!
¡Que caiga todo! Ya
lo siento apenas. Vamos,
a fuerza de besar,
inventando las ruinas
del mundo, de la mano
tú y yo
por entre el gran fracaso
de la flor y del orden.
Y ya siento entre tactos,
entre abrazos, tu piel
que me entrega el retorno
al palpitar primero
sin luz, antes del mundo,
total, sin forma, caos.»
En Pedro Salinas o tema convértese nunha
forma de expresar a conquista do absoluto a través
do amor Os que logran a experiencia ás avesasson
os dous namorados, xa non un ser único. Con
todo, quen se expresa é o etc poético, sinalando
como causa desa vivencia súa a persoa da amante.
Esa experiencia de ir inventando asruinas do mundo
vívena como o triunfo do amor, nun sentido seme-
llante mi que Vicente Aleixandre expresou co arqui-
citado exemplo de disxunción non exeluinte, a des-
tnucción ou o amor. Tema recorrente na poesía
amorosa de Salinas, o amor é unha experiencia que
purifica o mundo dos namorados, conducindo
todo á súa primixenia pureza, de xeito que se
desenvolve o tema dentro ¿un innegable platonis-
mo, de longa tradición na lírica española. Aquí a
destrucción do mundo enmascarado e superficial
realizase a través da volta atrás no tempo ata conse-
guir el retorno a/pa/pitarprimero, mesmo mi caos no
que se perde a individuahidade, nun panteísmo que
xa víamos en Alejo Carpentier
O regreso á semente é visto, pois, como o ven-
cemento do paso natural do tempo, moi afastado
da angustia que supoñia para R. Gómez de la Serna
e R. Dieste. Mais próximo pola mesma razon o
retorno na ifisión da materia de A. Carpentier, para
quen e peor a marcha das aguIlas cara á dereita,
porque levan a unha morte inexorable. Tempo para
diante onde aborta a recepción de moitas historias
que o tempo cara atrás desvelaría interesantes, tal
como ilustra o magnifico colofón do conto no que
Carpentier fai a seguinte reflexion:
«Cuando los obreros vinieron con eí día
para proseguir la demolición, encontraron el
trabajo acabado.(...) Uno recordó entonces
la historia, muy difuminada, de una Mar-
quesa de Capellanías, ahogada, en tarde de
mayo, entre las malangas del Almendares.
Pero nadie prestaba atención al relato, por-
que el sol viajaba de oriente a occidente, y
las horas que crecen a la derecha de los relo-
jes deben alargarse por la pereza, ya que son
las que más seguramente llevan a la muerte»
(Carpentier, 1983: 28).
Para rematar, recordaremosque nos textos narra-
tivos analizados se produce ese pacto co lector que
fai encadrahos no xénero da narrativa fantástica, no
caso de O neno suicida e Viaje a la semilla, sendo
máis clara a adscrición deste último relato que
conta co ingrediente da maxia, fronte mi texto dies-
teano que xoga coa ambiguidade da recepción da
mensaxe literaria. Novela fantástica, se a considera-
mos desde unha perspectiva de xéneros tradicional,
é tamén El incongruente de R. Gómez de la Serna,
coas particularidades que ofrece a Vangarda litera-
ria, onde impera a máxima do «todo vale», «todo se
crea de novo». Unha cuestión que se derivaría do
anterior é a débeda destes relatos á narrativa fantás-
tica de liña anglosaxona, con E. A. Poe e H. G.
Wells como modelos principais. No caso de Dieste
necesita un estudio a fondo, que afectaría a todo un
grupo de autores de relatos breves na literatura
galega desde principios de século.
Pola súa banda, o texto de Pi Daninos, é un rela-
to fantástico pertencente á ciencia ficción de tipo
católico, como xa mencionamos; o que seguramen-
te o emparenta co relato deJ. M. Gironella, comen-
tado sucintamente por E. Irizarry: dous personaxes,
un vello e unha nena, viven inversamente a vida e
cando coinciden na metade, casan. Parece ser que a
angustia do que volve á semenre é maior que a da
que morrerá pero sen saber etindo. Abonda o titulo
de Milagro na aldea para asegurar a súa filiación
católica e afinidade coa novela de Pi Daninos.
Seica moitas conclusións se poderían tirar, a
parte das literarias, do tratamento deste tema nos
textos de que puidemos dispor. Como mostra de
que ás veces a realidade non ten que envexar para
131
1999,2: i27-132
nada a ficción, lembraremos o reloxo do British Bar
no Cais de Sodré de Lisboa que ten as aguIlas mi
revés e marca o tempo en contra de tódolos demais.
José Cardoso Pires, antes de morrer, falounos del
no seu libro sobre Lisboa, cualificando de brinca-
deira o que o cineasta Alain Tanner en A cidade
branca interpretaba como metáfora do saudosismo
(Cardoso Pires, 1997: 54-55). Quizais aprendamos
dese reloxo ás avesas a lección que tamén palpita
nestes exemplos literarios, de que o desexo de ir
cara atrás é no fondo a humana loita contra a
morte, e que ese querer recuar pode que siga, a
pesar da opinión de Cardoso Pires, a lei da sauda-
de das fisterras, unha especie de lembranza do que
non foi, proxectada ó futuro. Paradoxos temporais.
REFERENCIAS BIBLIOGRAFICAS
CARnOSO PIRES, José (1997): Lisboa, Libro de Bordo,
vozes, o//lares, memorafóes, Lisboa, Dom Quixote.
CARPENTiER, Alejo (1983): Obras completas. tomo III,
Madrid, Siglo 50(1.
CASAs, Arturo (1994): Rafael Dieste e a sóa obra litera-
ría en galego, Vigo. Galaxia.
DANINOS, Pierre (1982): Los cuadernos del buen Dios,
Barcelona, Carroggio.
GÓMEZ DE 1.A SERNA, Ramón (1994): El incongruente,
Barcelona, Orbis.
IRIZARRY, Esrelle (1980): La creación literaria de Rafael
Dieste, Sada, O Castro.
SALINAS, Pedro (1995): La voz a ti debi& Razón de
amor Largo lamento, Madrid, Cátedra.
132
1999,2: 127-i32

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

Faro de Vigo 2011 09-27
Faro de Vigo 2011 09-27Faro de Vigo 2011 09-27
Faro de Vigo 2011 09-27EdicionsCuruxa
 
Laudatio de Francisco Castro sobre a figura e a obra de Agustín Fernández Paz
Laudatio de Francisco Castro sobre a figura e a obra de Agustín Fernández PazLaudatio de Francisco Castro sobre a figura e a obra de Agustín Fernández Paz
Laudatio de Francisco Castro sobre a figura e a obra de Agustín Fernández PazFrancisco Castro
 
viaxealinguaeliteraturadoxix
viaxealinguaeliteraturadoxixviaxealinguaeliteraturadoxix
viaxealinguaeliteraturadoxixcadernodecores
 
Samaín 2017_Pintura de terror_ CPI As Revoltas
Samaín 2017_Pintura de terror_ CPI As RevoltasSamaín 2017_Pintura de terror_ CPI As Revoltas
Samaín 2017_Pintura de terror_ CPI As RevoltasBibliotecaRevoltas
 
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...mercedesdans
 
Trobadores de Occitania
Trobadores de OccitaniaTrobadores de Occitania
Trobadores de OccitaniaEdicionsCuruxa
 
poesia galega
poesia galegapoesia galega
poesia galegavalcorto1
 
A Divina Comedia de Dante Alighieri
A Divina Comedia de Dante AlighieriA Divina Comedia de Dante Alighieri
A Divina Comedia de Dante AlighieriEdicionsCuruxa
 
Letras e Mulleres No Mundo Antigo Feminino Pl
Letras e Mulleres No Mundo Antigo Feminino PlLetras e Mulleres No Mundo Antigo Feminino Pl
Letras e Mulleres No Mundo Antigo Feminino Plxmlores
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaMarlou
 
Feminino, Plural
Feminino, PluralFeminino, Plural
Feminino, Pluralmfarpon
 
Manuel maría, escritor e galego
Manuel maría, escritor e galegoManuel maría, escritor e galego
Manuel maría, escritor e galegotudense
 
Entrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón CarideEntrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón CarideAsnosasletras
 
TRÍPTICO: LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS. 2011
TRÍPTICO: LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS. 2011TRÍPTICO: LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS. 2011
TRÍPTICO: LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS. 2011biliomalveiras
 
As mulleres, obxecto e suxeito da arte presentación. guillermina domínguez
As mulleres, obxecto e suxeito da arte presentación. guillermina domínguezAs mulleres, obxecto e suxeito da arte presentación. guillermina domínguez
As mulleres, obxecto e suxeito da arte presentación. guillermina domínguezMina dominguez touriño
 
Rosalía
RosalíaRosalía
Rosalíaxenevra
 
Obradoiro de Poesia: Actividades
Obradoiro de Poesia: ActividadesObradoiro de Poesia: Actividades
Obradoiro de Poesia: ActividadesSusana Arins
 

Was ist angesagt? (18)

Faro de Vigo 2011 09-27
Faro de Vigo 2011 09-27Faro de Vigo 2011 09-27
Faro de Vigo 2011 09-27
 
Narrativa renacentista
Narrativa renacentistaNarrativa renacentista
Narrativa renacentista
 
Laudatio de Francisco Castro sobre a figura e a obra de Agustín Fernández Paz
Laudatio de Francisco Castro sobre a figura e a obra de Agustín Fernández PazLaudatio de Francisco Castro sobre a figura e a obra de Agustín Fernández Paz
Laudatio de Francisco Castro sobre a figura e a obra de Agustín Fernández Paz
 
viaxealinguaeliteraturadoxix
viaxealinguaeliteraturadoxixviaxealinguaeliteraturadoxix
viaxealinguaeliteraturadoxix
 
Samaín 2017_Pintura de terror_ CPI As Revoltas
Samaín 2017_Pintura de terror_ CPI As RevoltasSamaín 2017_Pintura de terror_ CPI As Revoltas
Samaín 2017_Pintura de terror_ CPI As Revoltas
 
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
 
Trobadores de Occitania
Trobadores de OccitaniaTrobadores de Occitania
Trobadores de Occitania
 
poesia galega
poesia galegapoesia galega
poesia galega
 
A Divina Comedia de Dante Alighieri
A Divina Comedia de Dante AlighieriA Divina Comedia de Dante Alighieri
A Divina Comedia de Dante Alighieri
 
Letras e Mulleres No Mundo Antigo Feminino Pl
Letras e Mulleres No Mundo Antigo Feminino PlLetras e Mulleres No Mundo Antigo Feminino Pl
Letras e Mulleres No Mundo Antigo Feminino Pl
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade media
 
Feminino, Plural
Feminino, PluralFeminino, Plural
Feminino, Plural
 
Manuel maría, escritor e galego
Manuel maría, escritor e galegoManuel maría, escritor e galego
Manuel maría, escritor e galego
 
Entrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón CarideEntrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón Caride
 
TRÍPTICO: LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS. 2011
TRÍPTICO: LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS. 2011TRÍPTICO: LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS. 2011
TRÍPTICO: LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS. 2011
 
As mulleres, obxecto e suxeito da arte presentación. guillermina domínguez
As mulleres, obxecto e suxeito da arte presentación. guillermina domínguezAs mulleres, obxecto e suxeito da arte presentación. guillermina domínguez
As mulleres, obxecto e suxeito da arte presentación. guillermina domínguez
 
Rosalía
RosalíaRosalía
Rosalía
 
Obradoiro de Poesia: Actividades
Obradoiro de Poesia: ActividadesObradoiro de Poesia: Actividades
Obradoiro de Poesia: Actividades
 

Andere mochten auch

Se os meus lapis e pinceis valesen a túa pistola de capitán...
Se os meus lapis e pinceis valesen a túa pistola de capitán...Se os meus lapis e pinceis valesen a túa pistola de capitán...
Se os meus lapis e pinceis valesen a túa pistola de capitán...tudense
 
DESCALING MOULD INJECTION PLASTIC
DESCALING MOULD INJECTION PLASTICDESCALING MOULD INJECTION PLASTIC
DESCALING MOULD INJECTION PLASTICMurkandi Abbas
 
Iaetsd iterative mmse-pic detection algorithm for
Iaetsd iterative mmse-pic detection  algorithm forIaetsd iterative mmse-pic detection  algorithm for
Iaetsd iterative mmse-pic detection algorithm forIaetsd Iaetsd
 
REVIEW PAPER- ON ENHANCEMENT OF HEAT TRANSFER USING RIBS
REVIEW PAPER- ON ENHANCEMENT OF HEAT TRANSFER USING RIBSREVIEW PAPER- ON ENHANCEMENT OF HEAT TRANSFER USING RIBS
REVIEW PAPER- ON ENHANCEMENT OF HEAT TRANSFER USING RIBSIaetsd Iaetsd
 
iaetsd Health monitoring system with wireless alarm
iaetsd Health monitoring system with wireless alarmiaetsd Health monitoring system with wireless alarm
iaetsd Health monitoring system with wireless alarmIaetsd Iaetsd
 
Formación de usuarios (1º ESO B)
Formación de usuarios (1º ESO B)Formación de usuarios (1º ESO B)
Formación de usuarios (1º ESO B)fontexeriabib
 
Manifesto 25 novembro 2016
Manifesto 25 novembro 2016Manifesto 25 novembro 2016
Manifesto 25 novembro 2016Marlou
 
Attitudes de porter
Attitudes de porterAttitudes de porter
Attitudes de porterChti Nem
 
Ud3. diversidad biogeográfica
Ud3. diversidad biogeográficaUd3. diversidad biogeográfica
Ud3. diversidad biogeográficaRocío Bautista
 

Andere mochten auch (17)

Cultural news
Cultural newsCultural news
Cultural news
 
Se os meus lapis e pinceis valesen a túa pistola de capitán...
Se os meus lapis e pinceis valesen a túa pistola de capitán...Se os meus lapis e pinceis valesen a túa pistola de capitán...
Se os meus lapis e pinceis valesen a túa pistola de capitán...
 
DESCALING MOULD INJECTION PLASTIC
DESCALING MOULD INJECTION PLASTICDESCALING MOULD INJECTION PLASTIC
DESCALING MOULD INJECTION PLASTIC
 
Spectramedi
SpectramediSpectramedi
Spectramedi
 
Iaetsd iterative mmse-pic detection algorithm for
Iaetsd iterative mmse-pic detection  algorithm forIaetsd iterative mmse-pic detection  algorithm for
Iaetsd iterative mmse-pic detection algorithm for
 
Ahmed_tohamy_CV
Ahmed_tohamy_CVAhmed_tohamy_CV
Ahmed_tohamy_CV
 
SCFDMA
SCFDMASCFDMA
SCFDMA
 
REVIEW PAPER- ON ENHANCEMENT OF HEAT TRANSFER USING RIBS
REVIEW PAPER- ON ENHANCEMENT OF HEAT TRANSFER USING RIBSREVIEW PAPER- ON ENHANCEMENT OF HEAT TRANSFER USING RIBS
REVIEW PAPER- ON ENHANCEMENT OF HEAT TRANSFER USING RIBS
 
Revolucion induatrial
Revolucion induatrialRevolucion induatrial
Revolucion induatrial
 
iaetsd Health monitoring system with wireless alarm
iaetsd Health monitoring system with wireless alarmiaetsd Health monitoring system with wireless alarm
iaetsd Health monitoring system with wireless alarm
 
Formación de usuarios (1º ESO B)
Formación de usuarios (1º ESO B)Formación de usuarios (1º ESO B)
Formación de usuarios (1º ESO B)
 
John Nash
John NashJohn Nash
John Nash
 
Calendario laboral de 2017 en Castilla y León
Calendario laboral de 2017 en Castilla y LeónCalendario laboral de 2017 en Castilla y León
Calendario laboral de 2017 en Castilla y León
 
Manifesto 25 novembro 2016
Manifesto 25 novembro 2016Manifesto 25 novembro 2016
Manifesto 25 novembro 2016
 
Attitudes de porter
Attitudes de porterAttitudes de porter
Attitudes de porter
 
Avaliacion 2eso 2016
Avaliacion 2eso 2016Avaliacion 2eso 2016
Avaliacion 2eso 2016
 
Ud3. diversidad biogeográfica
Ud3. diversidad biogeográficaUd3. diversidad biogeográfica
Ud3. diversidad biogeográfica
 

Ähnlich wie Analise e fontes do n.s. de rafael dieste

Rexurdimento
RexurdimentoRexurdimento
Rexurdimentoxenevra
 
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017 Xenza
 
Facerse ao mar de Marta Dacosta
Facerse ao mar de Marta DacostaFacerse ao mar de Marta Dacosta
Facerse ao mar de Marta Dacostatrafegandoronseis
 
08 Viaxealinguaeliteraturadoxix
08 Viaxealinguaeliteraturadoxix08 Viaxealinguaeliteraturadoxix
08 Viaxealinguaeliteraturadoxixcadernodecores
 
Lecturas recomendadas
Lecturas recomendadasLecturas recomendadas
Lecturas recomendadasvorusky
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Marlou
 
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xeraisLourenço Alvarez Ruiz
 
Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012aesperela
 
Presentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XXPresentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XXrcms9
 
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxiLourenço Alvarez Ruiz
 
27 O principiño
27 O principiño27 O principiño
27 O principiñoiescc
 
Guía_lectura_Nadal_2015
Guía_lectura_Nadal_2015Guía_lectura_Nadal_2015
Guía_lectura_Nadal_2015iessalvabiblio
 
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017iessalvabiblio
 
Lecturas a carón do lume
Lecturas a carón do lumeLecturas a carón do lume
Lecturas a carón do lumeSusana Losada
 
Vangardas Galegas
Vangardas GalegasVangardas Galegas
Vangardas Galegasnoagaliza
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivastudense
 
Boletín abril 2012
Boletín abril 2012Boletín abril 2012
Boletín abril 2012martafp
 

Ähnlich wie Analise e fontes do n.s. de rafael dieste (20)

Rexurdimento
RexurdimentoRexurdimento
Rexurdimento
 
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 
Facerse ao mar de Marta Dacosta
Facerse ao mar de Marta DacostaFacerse ao mar de Marta Dacosta
Facerse ao mar de Marta Dacosta
 
08 Viaxealinguaeliteraturadoxix
08 Viaxealinguaeliteraturadoxix08 Viaxealinguaeliteraturadoxix
08 Viaxealinguaeliteraturadoxix
 
Lecturas recomendadas
Lecturas recomendadasLecturas recomendadas
Lecturas recomendadas
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014
 
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
 
risco
riscorisco
risco
 
Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012
 
Presentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XXPresentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XX
 
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
 
27 O principiño
27 O principiño27 O principiño
27 O principiño
 
Guía_lectura_Nadal_2015
Guía_lectura_Nadal_2015Guía_lectura_Nadal_2015
Guía_lectura_Nadal_2015
 
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
 
Roteiro carlos casares
Roteiro carlos casaresRoteiro carlos casares
Roteiro carlos casares
 
Lecturas a carón do lume
Lecturas a carón do lumeLecturas a carón do lume
Lecturas a carón do lume
 
Guía de lectura "Os mellores da lingua"
Guía de lectura "Os mellores da lingua"Guía de lectura "Os mellores da lingua"
Guía de lectura "Os mellores da lingua"
 
Vangardas Galegas
Vangardas GalegasVangardas Galegas
Vangardas Galegas
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivas
 
Boletín abril 2012
Boletín abril 2012Boletín abril 2012
Boletín abril 2012
 

Mehr von Xenza

Cartel 50x70-galicia--gallego
Cartel 50x70-galicia--gallegoCartel 50x70-galicia--gallego
Cartel 50x70-galicia--gallegoXenza
 
Resume executivo
Resume executivoResume executivo
Resume executivoXenza
 
Taller Clece
Taller CleceTaller Clece
Taller CleceXenza
 
Fallo 41 certame_terra_cha
Fallo 41 certame_terra_chaFallo 41 certame_terra_cha
Fallo 41 certame_terra_chaXenza
 
La colera -_avance
La colera -_avanceLa colera -_avance
La colera -_avanceXenza
 
290520 ingreso-minimo-vital
290520 ingreso-minimo-vital290520 ingreso-minimo-vital
290520 ingreso-minimo-vitalXenza
 
Sopa de letras de Carballo Calero
Sopa de letras de Carballo CaleroSopa de letras de Carballo Calero
Sopa de letras de Carballo CaleroXenza
 
Textos biblioteca
Textos bibliotecaTextos biblioteca
Textos bibliotecaXenza
 
Xogo de mesa letras galegas 2020
Xogo de mesa letras galegas 2020Xogo de mesa letras galegas 2020
Xogo de mesa letras galegas 2020Xenza
 
Xogo de mesa. Regras e respostas.
Xogo de mesa. Regras e respostas.Xogo de mesa. Regras e respostas.
Xogo de mesa. Regras e respostas.Xenza
 
Carteis secundaria-2020
Carteis secundaria-2020Carteis secundaria-2020
Carteis secundaria-2020Xenza
 
Dia da biblioteca
Dia da bibliotecaDia da biblioteca
Dia da bibliotecaXenza
 
Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018Xenza
 
Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018Xenza
 
Diptico didadolibro18
Diptico didadolibro18 Diptico didadolibro18
Diptico didadolibro18 Xenza
 
Xohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illaXohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illaXenza
 
Recomendacións de nadal 2017 un libro, un bo agasallo
Recomendacións de nadal 2017  un libro, un bo agasalloRecomendacións de nadal 2017  un libro, un bo agasallo
Recomendacións de nadal 2017 un libro, un bo agasalloXenza
 
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017 Xenza
 
Roteiro cultural e literario 2017
Roteiro cultural e literario 2017Roteiro cultural e literario 2017
Roteiro cultural e literario 2017Xenza
 
Letras galegas 2017 carlos casares
Letras galegas 2017  carlos casaresLetras galegas 2017  carlos casares
Letras galegas 2017 carlos casaresXenza
 

Mehr von Xenza (20)

Cartel 50x70-galicia--gallego
Cartel 50x70-galicia--gallegoCartel 50x70-galicia--gallego
Cartel 50x70-galicia--gallego
 
Resume executivo
Resume executivoResume executivo
Resume executivo
 
Taller Clece
Taller CleceTaller Clece
Taller Clece
 
Fallo 41 certame_terra_cha
Fallo 41 certame_terra_chaFallo 41 certame_terra_cha
Fallo 41 certame_terra_cha
 
La colera -_avance
La colera -_avanceLa colera -_avance
La colera -_avance
 
290520 ingreso-minimo-vital
290520 ingreso-minimo-vital290520 ingreso-minimo-vital
290520 ingreso-minimo-vital
 
Sopa de letras de Carballo Calero
Sopa de letras de Carballo CaleroSopa de letras de Carballo Calero
Sopa de letras de Carballo Calero
 
Textos biblioteca
Textos bibliotecaTextos biblioteca
Textos biblioteca
 
Xogo de mesa letras galegas 2020
Xogo de mesa letras galegas 2020Xogo de mesa letras galegas 2020
Xogo de mesa letras galegas 2020
 
Xogo de mesa. Regras e respostas.
Xogo de mesa. Regras e respostas.Xogo de mesa. Regras e respostas.
Xogo de mesa. Regras e respostas.
 
Carteis secundaria-2020
Carteis secundaria-2020Carteis secundaria-2020
Carteis secundaria-2020
 
Dia da biblioteca
Dia da bibliotecaDia da biblioteca
Dia da biblioteca
 
Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018
 
Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018
 
Diptico didadolibro18
Diptico didadolibro18 Diptico didadolibro18
Diptico didadolibro18
 
Xohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illaXohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illa
 
Recomendacións de nadal 2017 un libro, un bo agasallo
Recomendacións de nadal 2017  un libro, un bo agasalloRecomendacións de nadal 2017  un libro, un bo agasallo
Recomendacións de nadal 2017 un libro, un bo agasallo
 
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 
Roteiro cultural e literario 2017
Roteiro cultural e literario 2017Roteiro cultural e literario 2017
Roteiro cultural e literario 2017
 
Letras galegas 2017 carlos casares
Letras galegas 2017  carlos casaresLetras galegas 2017  carlos casares
Letras galegas 2017 carlos casares
 

Analise e fontes do n.s. de rafael dieste

  • 1. ISSN: 1138-9664 1999,2 127 132 RAFAEL DIESTE E O NENO SUICIDLt. A NARACCION DO TEMPO ÁS AVESAS OLIVIA RODRÍGUEZ GONZALEZ O neno suicida, publicado como apéndice de Aflestra balíleira (1927) e que forma- rá parte de Dos Arquivos do trasno na súa edición definitiva dc 1973, está conside- rado con fundamento dabondo como un prodixio de contención narrativa, quen de sintetizar en moí poueas lineas unha vida enteira: a dun ser humano que percorre o tempo ó revés ou ás avesas, dende a vellice á infancia. A historia escóitana na taberna uns cantos seareiros da boca dun vagabundo deseo- ijecido que vén de entrar no local e que se conver- te deste xeito no paranarratario —o conto dentro do conro— no mareo escénico axeitado á comunica- ción oral que adoita utilizar Rafael Dieste nestas narracións. O punto de partida desa comunicación e a nova que trae un periódico sobre o abraianre suicidio dun neno. O vagabundo di coñecer a causa e enceta a historia que smi algúns amigos fieis do protagonista, entre os que sen dúbida se conta, sabían: «A derradeira vez que o atopei —tiña el oito anos— andaba moi triste» (R. Dieste, 1987: 61). O neno que se suicida nace vello, parido pola terra-naí, como un experimento de Deus de acor- do coa petición do protagonista. Sendo este espiri- to puro, solicita da divindade cumprir o seu dese- xo de ir de vello a mozo e non á inversa, para gozar máis intensamente da vida, cousa que de feito fará entre os cincuenta e os quince anos. A fase inicial do relato comprende o susto que o protagonista dá a unha beata que o ve saír en coi- ros do cemiterio da parroquia —morrendo a resul- tas del—; a súa recollida poíos ministros e a senten- cia do xuíz, breves episodios que recordan aquela intehixente película de Herzog sobre o bo salvaxe chamada O enigma de Gaspar Hauser 6 aprender a falar faise esmoleiro, oficio que propicia viaxar por moitas rerras. De que ten máis sabedoría, deci- de manter en segredo a súa orixinalidade. As cou- sas estráganse cando chega a neno e empeza a coller medo das olladas dos adultos e da cobiza dos rateiros que o perseguen. O peor de todo é que non pode coa carga das lembranzas de vello sobre as súas costas de neno. E paseniñamente vai asal- tándolle a teima sobre o seu próximo e certo final: «ir devecendo ata se trocarprimeiro nunha sambesu- ga e despois en arumia e logo en pequenísima semen- te...» (R. Dieste, 1987: 62). Non podendo resisti- lo, pégase un tiro. Quedamos sen saber, nós e os paranarratarios, cómo seria ese retorno á semente. Que a historia sexa certa ou non, é dicir, a dúbi- da do receptor respecto da veracidade do relatado ficaplasmada no magnífico reflexo da recepción por parte deses paranarratarios, xente afeita a contar e escoitar no espacio popular da taberna, pero suscep- tible de crer o incrible segundo sexa o seu grao de afectación poíos vapores etílicos: «Os catro bebedores de augardente, crían. Os cinco de albariño, surrían e dubidaban. O taberneiro negaba». (íbidem). Moito se ten buhado este conto diesreano, marcado por un finísimo sentido do humor e un lirismo entrañable. Os teóricos da literatura esmiuzárono desde ultimísimos enfoques narrato- lóxicos (A. Casas, 1994), pasando un pouco á présa poío tema do tempo mi revés, máis preocupa- dos de cómo se entrefían o tempo externo e o interno, nun momento en que a tematologia non produce grandes entusiasmos. Pero ¿ o tratamento deste tema o que queremos revisar aquí, ben que aceptemos que a singularida- de do relato breve diesteano reside noutros aspec- tos, como trata de expresar sintética e moi expresi- vamente no Limiar á primeira edición de Dos Arquivos do trasno (1926). 0 certo é que un pen- sador como Rafael Dieste tivo o tempo como un dos obxectos da súa especulación, como científico e como escritor, seguindo o ronsel das cavilacións metafísicas dun Azorín ou dun Unamuno, que anunciaban o debullar máis fondo e racional sobre estes temas no tempo de Ortega y Gasset e os inte- lectuais da Xeneración do 27, contexto no que se
  • 2. desenvolve a obra de Rafael Dieste. E quizais nisto estea tamén a clave de que sexa o neno (encarna- ción da nosa cerna persoal) o personaxe funda- mental de moitos dos seus relatos, verbi graria, De cómo veu a Rianxo un/la balea; Noria York ¿ noso; Juana Rial, limonero florido; ou De cómo vino al mundo Félix Muriel. Ben, iso poderiamos deixalo para outro momento. Agora ocúpanos o desenvol- vemento deste tema tratado por Diesre, o do tempo ás avesas, noutros textos Literarios non moi afastados a eí no espacio e no tempo. É moi posible que algúns dos lectores de Rafael Dieste se sorprendesen, como nos ocorreu a nós, comprobando a coincidencia entre esta vida vivida para atrás en O neno suicida e a narrada no famoso relato do cubano Alejo Carpentier, pertencente á serie La guerra del tiempo, e titulado Viaje a lasemi- 1/a (A. Carpentier, 1983: 13-28). A sorpresa con- vértese en descoberta xa coñecida cando hemos o que Estelle Irizarry, unha das maiores especialistas na obra de Dieste, di verbo desta coincidencia, O relato de Alejo Carpentier, publicado en 1944, ofrece un paralelismo evidente coa «inversión que postula Dieste imaginativamente» e que, lonxe de ser un exercicio estilístico ou un xenial desenvolve- mento argumental, revéhase coma «el centro mismo de una angustia metafisica hábilmente disfrazada por el recurso de presentar/o como invención de un vaga- brindo en una taberna gallega» (E. Irizarry, 1980: 132-1 33). O relato de Alejo Carpentier forma parte da tri- loxia de contos Guerra del tiempo, verdadeiro esforzo intelectual para reflectir coa ficción narra- tiva especulacións metafísicas que enchen o máis productivo da fijosofía do sécuio XX, ti que Car- pentier non se sentía alleo, desde reflexións en torno á música e á linguaxe. Non en van se acha catalogado como un narrador de estirpe barroca, e isto non está dito só en relación ó seu tratamento da linguaxe narrativa. En Viaje a la semilla despre- ga as súas habilidades para desenvolver este tema do tempo ás avesas en moi pouco espacio, frag- menrándoo en momentos sucesivos dunha vida experimentada cara atrás, como quen rebobina unha cinta de cine. Todo se desencadea a partir dun sortilexio do vello criado negro que contem- pía cómo os obreiros desfán a mansión dunha vella e ilustre familia. Esa contemplación é compartida por certos seres —unha vella estatua de Ceres, uns peixes de estanque—, que cobran, nunha danza xeral de obxectos en principio inanimados, á beira de animais, humanos e vexetais, entidade de per- sonaxe coral. Como en O neno suicida, o conto enmárcase dentro do conto, pois o que empeza coa mirada e o aceno máxico do vello criado é o relato da vida de don Marcial, desde que morre ata que volve mi seo materno e se perde na semente, nunha morea de materia regresando a ese caos que non nos narrou Dieste. Reproducimos esa volta ó útero dunha nai que morre de parto, ainda que resulte un pouco frío ó entresacalo do desenvolvemenro de vertixe do relato ata o estalo final de volta ó humus, unha técnica compartida por Carpentier e Dieste: «El universo le entraba por todos los poros. Entonces cerró los ojos que sólo divisaban gigantes nebulosos y penetró en un cuerpo caliente, húmedo, lleno de tinieblas, que moría. El cuerpo, al sentirlo arrebozado en su propia sustancia, volvió a la vida. Pero ahora el tiempo corrió más pronto, adelgazando sus últimas horas.(...) Las aves volvieron al huevo en torbellino de plumas. Los peces cuajaron la hueva, dejando una nevada de escamas en el fondo del estanque.(...) Todo se metarfoseaba, regre- sando a la condición primera. El barro volvió al barro, dejando un yermo en lugar de la casa.» (A. Carpentier, 1983: 27, 28). A diferencia do vello-neno de Dieste, o perso- naxe Marcial non é consciente desta vida mi revés que inverre a orde natural previa mi meigallo do criado. Esa orde sobrevive sen embargo, lembrada por un reioxo que segue marcando o rempo cara ti dereita, producindo paradoxas como a que pecha a secuencia 3?: «Era el amanecer El reloj del comedor acababa de dar las seis de la tarde.» (Carpentier, 1983: 16). As referencias mi devalar cronolóxico fanse constantes, sinalando os fitos en cada secuencia e agudizando esta paradoxa temporal. A contradicción que nace dos reloxos está a punto de descubrir a Marcial, aínda que só de xeito intuiti- vo, o tempo ás avesas: «Una noche, después de mucho beber y marearse con tufos de tabaco frío, dejados por sus amigos, Marcial tuvo ha sensación extraña de que los relojes de la casa daban las cinco, luego las cuatro y media, luego las cuatro, luego las tres y media... Era como la 128 1999,2:127-132
  • 3. percepción remota de otras posibilidades. (...) Fue una impresión fugaz, que no dejó la menor huella en su espíritu, poco llevado, ahora, a la meditación». A grande novidade de A. Carpentier con res- pecto o relato de Dieste, é conseguir contar o tempo mi revés a través do recuar da sinraxe lóxica, invertendo causas e efectos, nun auténtico trasto- camento das sucesións temporais ó que estamos afeitos. Velaí a importancia da lingua neste relato barroco e de experimentación audaz. O recurso aparece en orac¡óns como «Cuando el médico movió la cabeza con desconsueloprofesional, el enfer- mo se sintió mejor». E remata despois dunha grada- ción ascendente que afecta de cheo ó nivel lóxico- semántico, en expresións do tipo: «La Marquesa trocó su vestido de viajepor un trajede noviay, como era costumbre, los espososfreron a la í~lesiapara reco- brar su libertad». A isto engádese o feito de que non é só Marcial o que vive este tempo as avesas. Marcial é só o personaxe principal, pero mesmo é así por pertencer á casa que os obreiros no princi- pio derrubaban. E entón o escenario o que deter- mina o proceso temporal, a que se someten tanto Marcial como tódalas cousas que existen baixo o sol. O alcance do tema en Carpentier ren un carác- ter, como se ve, cósmico e panteísta. Non todo queda aquí, xa que E. Irizarry no libro citado menciona outros textos que repiten o tema: lies carnets du bon Dieu (1947) de Pierre Daninos e o conto de José María Gironella, Mi/a- gro en la aldea, do que non dá data nin referencia bibliográfica ningunha. Se ben non puidemos ter acceso ó segundo rela- to mi verse frustradas as nosas pescudas de edicións de contos de José Maria Gironella, si puidemos coñecer a novela de Pierre Daninos sobre a que xa dera noticia, con relación ó paralelismo co conto de R. Dieste, 1~ L. Bugallal nun arrigo da despare- cida Hoja del Lunesda Coruña (E. Irizarry, 1980: 132). 0 novelista parisiense nado no 1913 e com- batente desilusionado da Segunda Guerra Mun- dial desenvolve a súa andaina literaria desde a década dos corenta pasando a engrosar a nómina de narradores do humor cos que precisamente manuvera relacións durante as súas estadas en París Ramón Gómez de la Serna. Daninos escribe este relato sobre un home que vive o tempo ó revés, pero dun xeito esencialmente distinto ó que pintan R. Dieste e A. Carpentier: faino nacer neno con carácter e algúns riscos físicos de vello —o cabe- lo gris, por exemplo— e, a medida que vai vivindo, recupera forzas, carácter e hábitos de neno. O rela- to, concibido como humorístico, busca o efecto cómico na reacción dos demais fronte a ese inex- plicable ser, que tampouco non é consciente do que líe pasa, nin sequera fugaz e intuitivamente como no caso de D. Marcial en Viaje a la semil/a. O personase de P. Daninos, Anthelme, non sofre exactamente no percorrido ó revés da sua existen- cia. Máis ben fai sufrir ós demais, sobre todo ó causante deste experimento, que é o Deus que dá título á noveliña. Recorrer á divindade para facer verosímil a historia fantástica xa o vimos en Rafa- el Dieste. Este recurso antiquísimo nos relatos orais utilizárao con retranca e dureza crítica M. Curros Enríquez no poema «Mirando mi chau (imi- tación de Béranger)» de Aires da miña terra (1880); e Eduardo Blanco Amor farao despois en Os non- natos (1927). P. Daninos usa como pretexto e mareo desra narración as follas duns cadernos nos que o Bo Deus anota os seus experimentos en diversos mun- dos. Vén ser desta maneira o coñecido recurso do «manuscrito achado». É un deus canso e de control algo limitado, pois fállalle o don da ubicuidade e ten a teama —mais propia dun científico louco— de que non logra éxito ningún nos seu múltiples mundos, entre os que destacan a Terra e a Antite- planetas paralelos que seguen a lei dos contra- dos. Anthelme é un caso teratolóxico que irifr¡nxe as leis naturais e humanas, froito do intento divino de substituir o home decadente e ensimesmado na guerra. Por todos estes riscos, Os carnets dii Ron Dieue amósase como unha novela católica, típica do momento de posguerra. Daquela zorde a corrente literaria existencialista que atopará non obstante na verrente atea e humanista as súas máis felices produccións. Esta narrativa católica manifesta pre- ocupacións seguidas con grande interese por auto- res do sur de Europa, chegando á literatura de autores galegos como Vicente Risco que por aque- les anos escribe sobre o impacto de certos casos teratolóxicos ou a lei da complementariedade dos contrarios desde un punto de vista tamén católico (y. La Puerta de Paja, 1953). En definitiva, se no caso de R. Dieste o recurso á divindade é coheren- te dentro do pacto entre paranarrador e paranarra- tario afeitos á oralidade e ás súas formas de garan- tir a verosimilitude, en P Daninos vai máis alá 129 1999,2:127-132
  • 4. dunha necesidade narrativa, adoptando un valor rehixioso exotextual. En canto mi desenlace, chegado ás últimas conse- cuencias poío de agora smi no caso de A. Carpentier; ¿ interrompido tamén en Les carnets du bon Dieu pola morte accidental por atropelo de Anthelme, infantilizado ata o punto de non saber atravesar smi a rúa. Velaí o ridículo fracaso dun Deus avellentado e canso e a falta de atrevemento do narrador para enfrontarse coa dificultade de contarnos a volta á semente. Narrador que ó longo destas páxinas pre- Pire ocuparse de vagariño de miudezas das sucesivas fases da vida ás avesas de Anthelme. Ós textos apuntados por E. Irizarry engadiremos agora outros achádegos, esta vez de verdade, que seguen a permitir a análise comparativa a partir do conto de R. Dieste. Trátase no primeiro caso de El incongruente de Ramón Gómez de ha Serna (1922), unha das peculiarisimas novelas do autor da van- garda feitas con acios de greguerías ou laparadas de xenío creativo ós que non se poden negar un autén- tico valor de anovación novelística. E esta unha das novelas ramonianas que máis coherencia narrativa posúen, cun personaxe, Gregorio, o incongruente, que amorea peripecias diversas en torno a súa estra- ña personahidade, allea mi común dos humanos. Gregorio desde que nace amósase como un ser de encrucillada, sensible a cousas que para os outros non son nada, como unha antena que recolle e fai desvariar todo tipo de sinais cósmicos. No seu ser, a orde natural dos elementos e a hóxica dos huma- nos trastócanse e ensarillanse: «Por decir/o así, era un disolvente de todas /as leyes de la vida, que se rom- pían, se enredaban, se quedaban aisladasy desanuda- das cuando élse interponía entre ellas» (R. Gómez de la Serna, 1994: 11). As cousas que Ile pasan na rea- lidade son tan raras que superan os seu soños. Estes tampouco non son normais, de zeito que se ocupa deles un capitulo do libro chamado «Sus sueños», onde lemos a propósito de Gregorio: «Tan incongruentes eran sus sueños, que comenzaba el sueño siendo viejo y acababa siendo niño, yendo las impresiones tan tras- tornadas, que sólo encontraba la felicidad cuandoera niño, sintiendo entonces más que nunca la muerte, porque, aunque se moría de puro viejo siendo niño, él sentía la muerte como una desdicha súbita, sin haber vivido más que un día, pues acababa su vida en la hora precisa del final, por el revés, cuando volvía a perderse en el vientre para morir antes del parto». (R. Gómez de la Serna, 1994: 140). Como vemos, o tempo ás avesas aparece como un motivo narrativo de enormes posibilidades den- tro deste cúmulo de descobertas que é a novela de Ramón. O fragmento ilumina de ceno o texto de Dieste, establecéndose entre ambos a coincidencia do que xa sinalaba E. Irizarry como a angustia exis- tencial de sentir máis que nunca a morte, segundo expresa Gómez de la Serna. Mágoa que este texto na súa brevidade nos deixe sen experimentar máis de vagar esas sensacións de retorno á semente que o conto de Dieste nos evita, quizais non por conti- nencia narrativa diante do que resultaba demasiado grandioso, como din que fixo Alían Poe ó deixar Inconcluso Ore/ato de Arturo Gordon Fin, e parece que fixo tamén E Daninos, senón máis ben porque o asunto non era ese, senón o suicidio dun neno. Suicidio que por demais está causado pola incapa- cidade do personaxe de enfrontarse coa disolución final, quedándonos a dúbida de se a incapacidade é do narrador ou do personaxe. O segundo texto onde atopamos o tema do tempo tis avesas ábrenos unha nova perspectiva pois trátase do poema Amor, amor, catástrofe, que Pedro Salinas incluíu en La voz a ti debida (1933). Cambiamos de xénero e entramos na lírica, onde o tema se condensa e ofrece en isotopías desenvol- vidas de diveros xeitos. O poema reflicte xa desde o comezo ese discorrer de vertixe pola desfeita das que viaxan á semente. Reproducimos os versos que concentran esa viaxe cara atrás, primei- ro da mesma vida que se destece, nunha danza xeral das cousas que reproducira con sensuahidade e riqueza verbal A. Carpentier; logo, da desfeita causada poíos amantes, e a vivencia da volta ó caos do etc poético. Nas imaxes que se suceden a través de encabalgamentos e antiteses que manifestan o paradoxo temporal, desvélase cómo ese anecio de destrucción está preñado de vida futura, de reface- mento do mundo desde o caos primeiro. «Toda hacia atrás la vida se va quitando siglos, frenética, de encima; desteje, galopando, su curso, lento antes; se desvive de ansia de borrarse la historia, 130 1999,2:127-132
  • 5. OLIVIA RODRÍGUEZ GONZÁLEZ RAFAEL DIES TE O NENO SUICIDA. A NARRACIONDO TEMPOÁSAVESAS de no ser más que eí puro anhelo de empezarse otra vez. El futuro se llama ayer. ¡Atrás y siempre atrás! ~Retrocesosen vértigo, por dentro hacia el mañana! ¡Que caiga todo! Ya lo siento apenas. Vamos, a fuerza de besar, inventando las ruinas del mundo, de la mano tú y yo por entre el gran fracaso de la flor y del orden. Y ya siento entre tactos, entre abrazos, tu piel que me entrega el retorno al palpitar primero sin luz, antes del mundo, total, sin forma, caos.» En Pedro Salinas o tema convértese nunha forma de expresar a conquista do absoluto a través do amor Os que logran a experiencia ás avesasson os dous namorados, xa non un ser único. Con todo, quen se expresa é o etc poético, sinalando como causa desa vivencia súa a persoa da amante. Esa experiencia de ir inventando asruinas do mundo vívena como o triunfo do amor, nun sentido seme- llante mi que Vicente Aleixandre expresou co arqui- citado exemplo de disxunción non exeluinte, a des- tnucción ou o amor. Tema recorrente na poesía amorosa de Salinas, o amor é unha experiencia que purifica o mundo dos namorados, conducindo todo á súa primixenia pureza, de xeito que se desenvolve o tema dentro ¿un innegable platonis- mo, de longa tradición na lírica española. Aquí a destrucción do mundo enmascarado e superficial realizase a través da volta atrás no tempo ata conse- guir el retorno a/pa/pitarprimero, mesmo mi caos no que se perde a individuahidade, nun panteísmo que xa víamos en Alejo Carpentier O regreso á semente é visto, pois, como o ven- cemento do paso natural do tempo, moi afastado da angustia que supoñia para R. Gómez de la Serna e R. Dieste. Mais próximo pola mesma razon o retorno na ifisión da materia de A. Carpentier, para quen e peor a marcha das aguIlas cara á dereita, porque levan a unha morte inexorable. Tempo para diante onde aborta a recepción de moitas historias que o tempo cara atrás desvelaría interesantes, tal como ilustra o magnifico colofón do conto no que Carpentier fai a seguinte reflexion: «Cuando los obreros vinieron con eí día para proseguir la demolición, encontraron el trabajo acabado.(...) Uno recordó entonces la historia, muy difuminada, de una Mar- quesa de Capellanías, ahogada, en tarde de mayo, entre las malangas del Almendares. Pero nadie prestaba atención al relato, por- que el sol viajaba de oriente a occidente, y las horas que crecen a la derecha de los relo- jes deben alargarse por la pereza, ya que son las que más seguramente llevan a la muerte» (Carpentier, 1983: 28). Para rematar, recordaremosque nos textos narra- tivos analizados se produce ese pacto co lector que fai encadrahos no xénero da narrativa fantástica, no caso de O neno suicida e Viaje a la semilla, sendo máis clara a adscrición deste último relato que conta co ingrediente da maxia, fronte mi texto dies- teano que xoga coa ambiguidade da recepción da mensaxe literaria. Novela fantástica, se a considera- mos desde unha perspectiva de xéneros tradicional, é tamén El incongruente de R. Gómez de la Serna, coas particularidades que ofrece a Vangarda litera- ria, onde impera a máxima do «todo vale», «todo se crea de novo». Unha cuestión que se derivaría do anterior é a débeda destes relatos á narrativa fantás- tica de liña anglosaxona, con E. A. Poe e H. G. Wells como modelos principais. No caso de Dieste necesita un estudio a fondo, que afectaría a todo un grupo de autores de relatos breves na literatura galega desde principios de século. Pola súa banda, o texto de Pi Daninos, é un rela- to fantástico pertencente á ciencia ficción de tipo católico, como xa mencionamos; o que seguramen- te o emparenta co relato deJ. M. Gironella, comen- tado sucintamente por E. Irizarry: dous personaxes, un vello e unha nena, viven inversamente a vida e cando coinciden na metade, casan. Parece ser que a angustia do que volve á semenre é maior que a da que morrerá pero sen saber etindo. Abonda o titulo de Milagro na aldea para asegurar a súa filiación católica e afinidade coa novela de Pi Daninos. Seica moitas conclusións se poderían tirar, a parte das literarias, do tratamento deste tema nos textos de que puidemos dispor. Como mostra de que ás veces a realidade non ten que envexar para 131 1999,2: i27-132
  • 6. nada a ficción, lembraremos o reloxo do British Bar no Cais de Sodré de Lisboa que ten as aguIlas mi revés e marca o tempo en contra de tódolos demais. José Cardoso Pires, antes de morrer, falounos del no seu libro sobre Lisboa, cualificando de brinca- deira o que o cineasta Alain Tanner en A cidade branca interpretaba como metáfora do saudosismo (Cardoso Pires, 1997: 54-55). Quizais aprendamos dese reloxo ás avesas a lección que tamén palpita nestes exemplos literarios, de que o desexo de ir cara atrás é no fondo a humana loita contra a morte, e que ese querer recuar pode que siga, a pesar da opinión de Cardoso Pires, a lei da sauda- de das fisterras, unha especie de lembranza do que non foi, proxectada ó futuro. Paradoxos temporais. REFERENCIAS BIBLIOGRAFICAS CARnOSO PIRES, José (1997): Lisboa, Libro de Bordo, vozes, o//lares, memorafóes, Lisboa, Dom Quixote. CARPENTiER, Alejo (1983): Obras completas. tomo III, Madrid, Siglo 50(1. CASAs, Arturo (1994): Rafael Dieste e a sóa obra litera- ría en galego, Vigo. Galaxia. DANINOS, Pierre (1982): Los cuadernos del buen Dios, Barcelona, Carroggio. GÓMEZ DE 1.A SERNA, Ramón (1994): El incongruente, Barcelona, Orbis. IRIZARRY, Esrelle (1980): La creación literaria de Rafael Dieste, Sada, O Castro. SALINAS, Pedro (1995): La voz a ti debi& Razón de amor Largo lamento, Madrid, Cátedra. 132 1999,2: 127-i32