1. LITERATURA MEDIEVAL 3ºESO
ESQUEMA CRONOLÓXICO DA LITERATURA GALEGA (anterior ao S. XX)
FINAIS S. XIII S. XIV S.XV S.XVI S.XVII S.XVIII S.XIX
S. XII
LITERATURA GALEGO-PORTUGUESA SÉCULOS ESCUROS ILUS- REXUR-
MEDIEVAL: DA LITERATURA TRA- DIMEN-
GALEGA CIÓN TO
CANTIGAS DE AMIGO
CANTIGAS DE AMOR RENACEMENTO E NEO- ROMAN-
CANTIGAS DE ESCARNIO E MALDICIR BARROCO CLASI- TISMO E
CANCIONEIRO RELIXIOSO PORTUGUÉS CISMO REALIS-
PROSA MEDIEVAL POR- MO
TUGUÉS PORTU-
GUÉS
I. O NACEMENTO DA LITERATURA GALEGA.
Entre os anos 1196 e 1350 transcorren 154 anos de lírica galego-portuguesa da que coñecemos os
textos basicamente a través dos manuscritos medievais hoxe conservados: os CANCIONEIROS.
Non se coñecen textos escritos na nosa lingua anteriores ao século XII, pero cando o noso lirismo se
espalla e triunfa, xa estamos diante dunha literatura adulta. Esta literatura adulta non puido nacer da
nada, o que nos leva a pensar na existencia dunha lírica anterior , hoxe totalmente descoñecida, que
recibe o nome de LÍRICA PRIMITIVA.
Todas as sociedades , mesmo as máis primitivas, crean cancións con finalidade diversa. Son
cancións para celebrar a chegada da primavera ou da estación das chuvias, cancións que exaltan a
fecundidade ou a caza... Estas cancións teñen a súa orixe nos tempos prehistóricos, transmítense de
xeito oral ao longo dos séculos e poden pasar á escrita se se dan unhas circunstancias socioculturais
propicias. Hai numerosos indicios que proban a existencia en Galicia dunha tradición oral popular
deste tipo de cancións desde tempos moi antigos.
O motivo determinante de que naza a literatura galega escrita a FINAIS S. XII é a chegada do
LIRISMO OCCITANO, así como o abandono do latín nos usos literarios.
Ata o século XII a lingua oficial e literaria era o LATÍN, pero nos séculos XII, XIII, XIV, XV... o
galego convértese na lingua escrita da antigua Gallaecia romana. O galego medieval era a lingua
falada por toda a poboación, estaba plenamente normalizada, desempregaba todas as funcións
propias dunha lingua, salvo a internacional pois para a comunicación con outros pobos todos os
reinos se servían do latín.
Desde os clásicos latinos hai referencias aos cantos e danzas dos gallaeci . Consérvase un
fragmento dun himno. Himno de Arxirio, que presenta unha estrutura similar á das cantigas de
amigo. Textos latinos de escritores medievais aluden ao costume do pobo galego de entoar cantos
profanos por diversas celebracións: maios, vodas, enterros...Nun destes textos fálase do XOGRAR
PALLA, de orixe compostelá, que xa aactuaba na corte de Afonso VII na primeira metade do s. XII.
Todo isto indica a existencia en Galicia dunha tradición lírica anterior á época trobadoresca.
En canto ao primeiro texto escrito en galego que se conserva houbo certa polémica, hoxe os
estudosos conclúen que son os tres seguintes:
1. "Ora faz ost´o Senhor de Navarra": sátira política , cantiga de maldicir, composta no ano
1196 por JOAM SOAREZ DE PAIVA.
2. Cantiga da Guarvaia : unha rara cantiga de amor de PAI SOÁREZ DE TAVEIRÓS, dirixida
á Ribeirinha, amante de D. Sancho I de Portugal.
3. Cantiga da Guarda: "Ai eu coitada como vivo en gran coidado": A máis antiga cantiga de
amigo que se conserva escrita, atribuida ao rei SANCHO I.
2. LITERATURA MEDIEVAL 3ºESO
ETAPAS DA LÍRICA GALEGO-PORTUGUESA
1. ETAPA PRIMITIVA.
Chegaría ata os inicios do s. XIII. Correspóndese coas composicións máis antigas das
conservadas, xa sinaladas anteriormente.
2. IDADE DE OURO (ETAPA TROBADORESCA). Acostúmase a subdividila en dous períodos:
A) Período AFONSINO (s. XIII). Coincide cos reinados de Afonso X en Castela e Afonso III en
Portugal.
B) Período DIONISÍACO (s. XIV). Corresponde ao reinado de Don Dinís de Portugal , fillo de
Afonso III, e remata coa morte do seu fillo, don Pedro, conde de Barcelos, en 1354, considerado o
derradeiro trobador galego-portugués.
3. DECADENCIA.
Desde finais do s. XIV ao s. XV. Comprende dúas escolas:
A) Escola galego-castelá: forman parte dela os derradeiros trobadores que empregan o galego.
Todos eles son poetas bilingües que teñen composicións en galego e en castelán , incluídas en
cancioneiros feitos en Castela como o Cancioneiro de Baena (1445).
B) Escola castelá-portuguesa: Comprende os poetas portugueses de fins do s.XV e comezos do
s.XVI que alternaban o portugués e o castelán na súa composición poética recollida no Cancioneiro
Geral de Garcia de Resende (1516).
II. O MUNDO MEDIEVAL GALEGO.
A comezos do s. IX (813) , segundo a tradición lexendaria, foi descuberto no que hoxe é Santiago
de Compostela o enterramento do Apóstolo Santiago. Desde ese momento a capital galega vaise
transformar nun centro de vital importancia para o conxunto da Europa cristiá. Xunto con Roma e
Xerusalén convértese nun dos grandes lugares de peregrinación.
A Rota Xacobea conducía desde Europa a milleiros de peregrinos que traían con eles as súas
propias culturas e costumes e serán os responsables do esplendor polo que atravesou o noso país
na Baixa Idade Media.
No s. XI inícianse as obras da catedral de Compostela que rematarían un século despois sendo
arcebispo Diego Xelmírez, quen convertiu Santiago nunha auténtica cidade. Tamén é nese período
cando se esculpe o Pórtico da Gloria,(cume da escultura románica peninsular) e se espalla a arte
románica .
Tamén desta época é o Códice Calixtino, cabeza do movemento musical do seu tempo.
Grazas ao Camiño de Santiago, á arte románica e á Literatura Galega Medieval, SANTIAGO
DE COMPOSTELA convértese nunha das prncipais urbes da Europa do s. XII.
É precisamente neste momento que se produce o enfrontamento entre os descendentes do rei
Afonso VI, os seus netos: Afonso Raimundez, rei de Galicia, e Afonso Henriquez, conde de
Portucale. Este enfrontamento permitirá a independencia do Condado Portucalense (1139,
recoñecido polo papa no 1174) xermolo do futuro Estado Portugués. Esta división do territorio da
Gallaecia romana será só política, polo menos ata o s. XV, pois a cultura e a lingua seguen a ser as
mesmas ás dúas bandas do río Miño.
No s.XIII, Galicia recibe o inicio do dominio castelán a través de Fernando III, o primeiro rei de
Castela en esixir aos nobres galegos o uso do castelán na súa correspondencia coa corte. O seu fillo
Afonso X foi o primeiro en elaborar algo parecido a unhas normas para o castelán, defendeu esta
lingua a todos os niveis inclusive por riba do latín, aínda así escribiu os seus mellores versos en
galego. A pesar de todo, o noso país viviu durante o reinado de ambos un dos séculos de ouro da
súa literatura.
No s. XIV prodúcese a loita pola sucesión ao trono de Castela co enfrontamento entre Pedro I e
Henrique de Trastamara. Os altos nobres galegos apoian ao primeiro que sairá derrotado. O
gañador substituirá a eses altos nobres pola pequena nobreza que o apoiara, iniciándose así o
proceso de substitución da nobreza galega ( e da súa cultura, dos seus costumes e da súa lingua)
por unha nobreza foránea ( que traerá consigo o castelán).
No s. XV intensifícase a opresión dos señores sobre os seus vasalos, o que propiciou unha
reacción da burguesía e do pobo que cualminará nas REVOLTAS IRMANDIÑAS, que constitirán
3. LITERATURA MEDIEVAL 3ºESO
unha ameaza contra o poder señorial, polo que a nobreza pedirá apoio aos reis de Castela e de
Portugal para derrotar ás Irmandades e recuperar o seu poder. Produciuse unha nova substitución
de nobres galegos por nobres e clérigos casteláns, esta vez levouna a cabo Isabel a Católica por
non ter recibido o apoio da nobreza galega na súa loita polo trono coa súa irmá Xoana a Beltranexa,
nova perdedora á quen apoiaran os grandes señores galegos.
III. O INFLUXO DO LIRISMO PROVENZAL.
En todos estes séculos de cambios continuados (independencia de Portugal, s.XII; sometemento
a Castela con Fernando III, s. XIII; imposición da cultura e lingua castelás progresivamente; apoio
equivocado a Pedro I, s. XIV; revoltas Irmandiñas, s. XV e, finalmente, a colonización dirixida por
Isabel a Católica, s. XV) a LITERATURA vive os seus SÉCULOS DE OURO, inexplicables sen o
inluxo inicial do Lirismo Occitano. O motivo determinante de que despois de séculos de tradición
oral, no s. XII naza a literatura galega escrita foi a chegada do lirismo provenzal, pois os primeiros
trobadores galegos comezan imitando a moda literaria que ven de Provenza (da Aquitania), que se
mesturará coa tradición autóctona. Podemos así distinguir na Lírica Medieval dous camiños que se
xuntan: o constituído polas CANTIGAS AUTÓCTONAS que reflexan a tradición oral anterior, e o
iniciado polas Cantigas que responden á adaptación da lírica provenzal.
Con todo isto observamos que Compostela era, por aquel entón, un fervedeiro cultural e o Galego
Medieval a lingua lírica da maior parte da Península durante dous séculos. Así o recoñece o
Marqués de Santillana cando no s. XV afirma: " ...Non ha mucho tiempo qualesquier deçidores
e trovadores destas partes, agora fuessen castellanos, andaluces e de la Extremadura, todas
sus obras componían en lengua gallega o portuguesa".
IV. OS AUTORES, OS POETAS.
As diversións da aristocracia na I. M. centrábanse na caza (montería e cetrería), nos torneos e
nos chamados xogos de mesa como: cartas, dados e xadrez. Tamén como actividade lúdica cortesá
destaca a unión da literatura lírica e a música. O lugar onde se fabrica a nosa Lírica Medieval é o
pazo e a súa forma primeira de transmisión é oral.
Segundo o estamento social podemos distinguir diversos tipos de poetas , comunmente agrupados
baixo o nome de trobadores, mais como veremos non todos eran tales.
TROBADORES: autores das composicións; nobres que se adicaban á literatura.
SEGREIS: infanzóns ou segundóns dunha familia nobre que se adican á literatura de maneira
profesional , é dicir, era o seu traballo e polo tanto cobraban polas súas composicións.
XOGRARES: salvo excepcións interpretan o que outros compoñen. Son xente humilde que actúa en
palacio e tamén nas vilas. Son eles os responsables de que as cantigas cheguen ao pobo. Moitas
veces non só recitan senón que fan o acompañamento musical , e outras moitas actúan como se de
paiasos de circo ou bufóns se tratara.
MENESTREL: era o encargado de executar o acompañamento musical das cantigas.
SOLDADEIRAS: mulleres que acompañaban as representacións danzando ou facendo acrobacias.
Algunha delas, como María Balteira, fíxose moi famosa e converteuse na protagonista dunha serie
de cantigas bastante obscenas como algunha das compostas polo rei Afonso X.
V. OS CANCIONEIROS.
As cantigas medievais consérvanse hoxe en 4 coleccións que reciben o nome de Cancioneiros:
Cancioneiro da Ajuda
Cancioneiro da Vaticana
Cancioneiro Colocci-Brancuti ou da Biblioteca Nacional de Lisboa, que contén a Arte de
Trovar.
Ademais destes Cancioneiros conservamos outros textos menores: Os Pergamiños:
Pergamiño Vindel. Contén sete cantigas do xograr vigués Martín Codax.
Pergamiño Sharrer: Atopado en xullo de 1990 polo profesor Sharrer en Lisboa, servindo de
capa a un volume notarial renacentista. Contén sete cantigas de amor de Don Dinís.
4. LITERATURA MEDIEVAL 3ºESO
VI. OS XÉNEROS.
1. Cantiga de amigo
Son breves cancións postas en boca dunha muller ma,orada. Presentan características temáticas
e formais que as diferencian do resto da nosa lírica medieval. Proceden dunha tradición autóctona do
noso pobo anterior ao trobadorismo. Nelas a natureza adquire un valor simbólico no que abundan
connotacións eróticas.
Reciben o nome de amigo por repetirse nelas a voz con que se designa ao amado e por estaren
postas en boca dunha muller que polo xeral se dirixe ás amigas, ás irmás, á nai ou a seres
inanimados para expresar os seu sentimentos amorosos..
Formalmente o aspecto máis tradicional e autóctono constitúeno o emprego constante do
paralelismo, do leixaprén e do refrán. No tratamento da temática destaca como algo propio do
lirismo galego medieval o tratamento da paisaxe baixo un aspecto simbólico, describindo un
mundo bucólico, conservador e tradicional con continuas referencias á xeografía galega.
Poetas especialistas da cantiga de amigo: MARTIN CODAX, xograr de Vigo; MENDIÑO,
xograr da ría de Vigo; XOAN ZORRO, xograr; e PERO MEOGO.
2. Cantiga de amor
Constitúe unha imitación consciente da cançó provenzal, aínda que presenta características que
as diferencian.
A cançó era unha composición destinada ao canto na que o trobador se dirixía á súa dama
para lle expresar o seu amor. Nestas composicións reflictese unha singular concepción do amor e da
arte amorosa, coñecida co nome de fin'amors ou doutrina do amor cortés. O trobador, en paralelo
cos esquemas das relacións feudais, aparece como un fiel servidor da dama da que está namorado,
ata o punto de estar sempre disposto a cumprir cegamente a vontade ou as ordes da súa amada.Tal
servidume amorosa fai que o amor apareza concibido como un servizo que os vaslos rendían ao seu
señor.
O tema central da cantiga xirará polo tanto entorno á exaltación do amor, descrición da dama e
descrición da cuita amorosa.
Se na cantiga de amigo atopabamos a palabra amigo desde o inicio, nestas a palabra fundamental
será senhor (mia senhor).
Frecuentemente aparece o tópico de morrer de amor, pero tamén aparecen cantigas que
ridiculizan este convencionalismo.
Pola súa forma a Cantiga de amor diferénciase en dous grupos:
-Cantigas de refrán: máis autóctona, con procedimentos moi semellantes aos da Cantiga de amigo
como o paralelismo.
-Cantigas de mestría: máis influenciadas polo lirismo provenzal: máis retórica, con numerosos
recursos literarios.
3. Cantigas de escarnio e maldicir.
A CANCIÓN SATÍRICA constitúe o xénero das Cantigas de Escarnio e Maldicir. Son
cantigas burlescas, a través das cales os trobadores, xograres e segreis realizaron unha dura crítica,
mesmo cruel, dos homes e dos costumes do seu tempo. Este terceiro grande xénero da lírica
profana medieval non se veu difundido ata hai pouco máis de vinte anos debido aos prexuícios dos
estudiosos, que as vían excesivamente escabrosas e obscenas. Con todo, entre todas as cantigas
medievais son as que maior valor histórico, sociolóxico e lingüístico posúen, porque aportan datos
históricos que as Crónicas medievais omiten, aparecen nelas descritos con realismo personaxes de
todos os estamentos sociais, e a súa linguaxe reflicte mellor que ningunha outra composición
medieval a fala viva do pobo. Empregan de recursos literarios fundamentais: a IRONÍA e o XOGO
DE PALABRAS.
Estas cantigas son o resultado da mestura dunha Cantiga satírica autóctona, de tradición oral,
co SIRVENTÉS provenzal.
No CONTIDO atopamos as grandes diferencias entre este grupo de cantigas e as vista ata agora.
Os motivos esencias destas composicións son: a sátira moral, a persoal, a política e a literaria. A
pesar de que Cantigas de Escarnio e Cantigas de maldicir constitúen un único xénero, en realidade
5. LITERATURA MEDIEVAL 3ºESO
debemos diferenciar, pola forma en que se realiza a sátira, dous tipos de cantigas:
-Cantigas de Escarnio: utilizan palabras encubertas ou de dobre interpretación (dobres sentidos,
eufemismos...)
-Cantigas de Maldicir: utilizan palabras directas, chamando ás cousas polo seu nome. Estas son as
máis frecuentes nos nosos Cancioneiros.
4. Os chamados xéneros menores: Pastorela, Tenzón e Pranto.
Co nome de Xéneros menores ou Híbridos clasifícanse normalmente un número de cantigas que
non é posible situar nalgún dos tres grandes grupos (amigo, amor, satíricas).
A Pastorela: Na lírica provenzal existía un tipo de cantigas que comezaba co encontro dun
cabaleiro cunha pastora, seguía co diálogo que sostiñan ambos, no que o cabaleiro solicitaba os
favores da moza, e remataba coa aceptación ou o rexeitamento por parte dela. A Lírica Medieval
Galega adaptou este tipo de composicións provenzais que se coñecen co nome de Pastorelas, e ,
posteriormente, estas pasaron da Lírica Galega á Lírica Castelá co nome de "serranillas".
A Tenzón: Cantiga de carácter dialogado onde un dos interlocutores fala nunha estrofa e o outro
na seguinte. Normalmente o seu tema é satírico, de aí que acostumen ser incluídas como subxénero
das Cantigas de Escarnio e Maldicir, poi encerraban unha disputa entre dous trobadores ou xograres.
O pranto: É unha composición na que o poeta canta as virtudes dun personaxe morto.
5. As Cantigas de Santa María (Cancioneiro relixioso)
A partir do S. XI medra grandemente o culto á Virxe, polo que en toda Europa Occidental
esténdese unha tradición mariana. A esta tradición pertence o Cancioneiro Relixioso da Literatura
Galega Medieval, que posúe 427 cantigas en honor da Virxe María.
As cantigas fóronse elaborando ao longo da vida de Afonso X, autor de moitos dos cantares do
devandito Cancioneiro así como das súas músicas. El foi o promotor da compilación.
Podemos diferenciar no conxunto dous tipos de cantigas:
-Líricas: cantigas de louvanza á Virxe, que imitan o modelo das Cantigas de Amor profanas., pois a
Virxe é a "dona" a quen ama o poeta.
-Narrativas: son cantigas que narran os milagres da Virxe. Presentan un personaxe devoto da Virxe
que peca e pide a súa axuda. A Virxe obra o milagre e, finalmente, prodúcese o agradecemento e a
louvanza á Virxe.
6. A prosa medieval
A inicial ausencia de prosa en calquera lingua románica, non só no galego, débese inicialmente ao
emprego do latín, considerado como único vehículo da cultura . O peculiar do caso galego é que o
latin fose substituído polo castelán e non pola lingua propia do país no momento en que os restantes
romances substituirán ao latín (fins da Idade Media).
A maior parte dos textos narrativos medievais son traducións ao galego de textos procedentes
doutras culturas, algo moi común nas literaturas europeas da época.
Podemos dividir a nosa prosa medieval en dous grandes grupos:
-Historiaografía: Son textos de carácter histórico con fins propagandísticos ao servicio das
monarquías. Introducen elementos lendarios que os asemellan á prosa de ficción.
Crónica Galega de 1404
Crónica de Santa María de Iria (segunda metade s.XV).
Crónica Xeral Galega
-Prosa de ficción:
MATERIA DE BRETAÑA ou CICLO ARTÚRICO está centrada na tradición de relatos
cabaleirescos de enorme difusión na Idade Media arredor da figura do rei Artur, os
cabaleiros da táboa redonda, a busca do Santo Graal. A obra galega medieval que recolle
esta temática é a Demanda do Santo Graal.
MATERIA DE TROIA narra a Guerra de Troia, cantada no grego clásico por Homero. A
prosa medieval galega posúe dúas obras en torno a esta temática: Crónica Troiana e
Historia Troiana.
-Haxiografía:
Miragres de Santiago (s. XV).