Diese Präsentation wurde erfolgreich gemeldet.
Wir verwenden Ihre LinkedIn Profilangaben und Informationen zu Ihren Aktivitäten, um Anzeigen zu personalisieren und Ihnen relevantere Inhalte anzuzeigen. Sie können Ihre Anzeigeneinstellungen jederzeit ändern.
A escrita a través do tempo     A lingua, entendida como un conxunto de sons que nos permiten comunicarnos coaspersoas que...
DE COMO VEU A RIANXO UNHA BALEA     Cando eu era rapazote chegou un día a Rianxo, paréceme que ás dez e mdida damañá, unha...
Nächste SlideShare
Wird geladen in …5
×

A escrita no tempo

481 Aufrufe

Veröffentlicht am

Ortografía, alfabetos...

  • Als Erste(r) kommentieren

  • Gehören Sie zu den Ersten, denen das gefällt!

A escrita no tempo

  1. 1. A escrita a través do tempo A lingua, entendida como un conxunto de sons que nos permiten comunicarnos coaspersoas que nos rodean, é o medio de comunicación máis perfecto que existe, mais tenunha limitación: as mensaxes emitidas oralmente non se conservan no tempo. Parasolucionar este problema os seres humanos inventaron a lingua escrita. As primeiras manifestacións da lingua escrita datan de hai máis de 50.000 anos.Dende esa época até hoxe a escrita pasou por tres etapas principais. Durante a fase daescrita sintética empregábanse signos pictóricos que representan unha frase ou unenunciado completo. Na escrita analítica empréganse signos -chamados ideogramas-que representan unha palabra. Na escrita fonética cada signo representa un fonema ougrupo de fonemas. A escrita sintética foi empregada polas sociedades primitivas e hoxe case non quedanrestos dela. A escrita analítica foi usada polos sumerios no ano 3000 a.C., polos exipciosno 2000 a.C. e polos chineses sobre o 1300 a.C. Na actualidade esta escrita continúavixente na China e no Xapón, principalmente. A escrita fonética foi creada polos semíticosoccidentais no segundo milenio antes de Cristo e hoxe é a empregada pola maior parte daslinguas do mundo. A escrita fonética emprega o alfabeto e, segundo os sons que representa, pode sersilábica, aquela que representa as sílabas; consonántica, que representa as consoantes; econsonántica e vocálica, que representa as consoantes e as vogais. Hoxe a escrita silábicaé empregada por algunhas linguas da India e polo etíope, a consonántica polo árabe, polohebreo, etc. A escrita consonántica e vocálica foi inventada polos gregos sobre o século Xa.C. Os gregos tamén perfeccionaron o alfabeto que inventaran os fenicios e que despoiscompletarían os latinos. O alfabeto romano é o sistema de escrita alfabética mais usadohoxe no mundo. Componse de 26 letras mais algunhas adicionais dependendo do idiomado que se trate (por ex., o español engade o “ñ”, o catalán o “ç”...). Utilízase este alfabetona maioría das linguas da UE, em América, na África Subsahariana e nas Illas do Pacífico. A escrita en Galiza Aínda que sexa algo arriscado, é posíbel considerar que os petróglifos son aprimeira manifestación escrita, en forma de pictogramas, que existe en Galiza. Esespetróglifos indican que, desde tempos remotos, os seres humanos sentiron a necesidadede se expresaren por escrito, aínda que no comezo fora a través de imaxes, servíndose daflora e da fauna que os rodeaba. De épocas posteriores temos manifestacións escritas, manuais, da época romana eda época medieval. Do prelo galego de Monterrei saíu o primeiro libro publicado en Galiza,no ano 1494. O galego aparece por primeira vez nun libro impreso no ano 1697. Oprimeiro libro escrito enteiramente en galego é do ano 1863. Os alfabetos As diferentes escritas que existen hoxe baséanse nuns poucos alfabetos. O alfabetogalego, igual que o resto das escritas europeas, naceu do grego e do latino. O alfabetocirílico procede do grego e emprégase nos países eslavos. O árabe escríbeno todos ospobos musulmáns. O grego moderno conserva características do antigo alfabeto, aíndaque simplificadas. O xaponés é unha síntese dos ideogramas chineses adaptados aossons da linguaxe. MÁIS INFORMACIÓN: HISTORIA DA ESCRITURA (YOUTUBE) ACTIVIDADE: CONVERTER ESTE TEMA NUN ESQUEMA.
  2. 2. DE COMO VEU A RIANXO UNHA BALEA Cando eu era rapazote chegou un día a Rianxo, paréceme que ás dez e mdida damañá, unha balea. Algúns, para lle restar mérito á nosa vila din que era unha balea moipequena, unha criaturiña de balea. Faladurías, envexa, non saben o que din. Eu nondigo que fose coma un consistorio a aboiar pola ría, non son tan argalleiro; pero a esloradun patache poida que a tivese ben, e aquí entre vós hai outros que a viron e poden darrazón. E os que non a viros que peche a boca.(…) Os entendidos din que viña perdida, que entrou pola boca da ría coma nunhagaiola, e que de moito dar voltas se topar saida, foi dar alí sen folgos, deixouse estar unintre, e como eran as mareas vivas e moito o calado, foise un pouco o mar e varou. Eumoito non entendo, máis coido que debeu de ser así.(…) Nisto que chegan as lanchas todas a remo para non ter que busca-las voltas óvento na punta de Fincheira, e que se poñen arredor do lombo da balea, ondeesmorecían as ondas como nas beiras dunha ínsua. Houbo moito rebumbio entre os mariñeiros sobre do que conviña. Alí estaba taméno Contramestre, e para semellar máis entendido abaneaba a testa, sorría e erguía oollos, mais non pasaba de dicir, sen comprometer consello: - Así non fas nada, home. Estás perdendo o tempo. Facede a cousa con orde. Con orde, está moi ben. O que pasaba era que non se sabía que cousa era a quehabía que facer con orde. Botáronlle un rizón, pero escorregaba e non prendía.Empuxanron con remos, non se ben para qué, e recuaban as lanchas, desatracandodela como dun trans-atlántico. Fixéronse enliadas maniobras, con moitos berros exuramentos, para lle pasar un cabo arredor, pero alguén dixo que aquilo era comoquerer levar preso cun fío a Oitentaenove (o Hércules da vila), e tiña razón. As mociñasque foran chegando ó areal fartábanse de rir e de xogar coa escuma. Eu estaba nunha lancha desas que chaman burriños. Non sei se fun deica alí nunhagamela ou descalzándome e pasando por algún bote medio varado que me servise deponte. O certo é que estiven no sitio máis arriscado.(…) Agora para rematar o conto direivos que non topou as portas do seu grande mar, efoi morrer a Vilanova.(…) Estes textos son fragmentos escollidos do conto de Rafael Dieste "De como veu a Rianxo unha balea", do libro "Dos Arquivos do Trasno", Rafael Dieste (1926).FONTE: CRA DE RIANXOACTIVIDADE: CONVERTER O CONTO DE DIESTE NUNHA NOTICIA XORNALÍSTICA.

×