Anzeige

ROTEIRO PONDAL.pdf

12. Oct 2022
ROTEIRO PONDAL.pdf
ROTEIRO PONDAL.pdf
Nächste SlideShare
Os días das letras galegasOs días das letras galegas
Wird geladen in ... 3
1 von 2
Anzeige

Más contenido relacionado

Anzeige

ROTEIRO PONDAL.pdf

  1. NA TERRA DE EDUARDO PONDALA TRAVÉS DOS SEUS POEMAS. VISITAAO DOLMEN DE DOMBATE, CASTRO DE BORNEIRO E PRAIA DE VALARÉS POEMAS DE EDUARDO PONDAL PARA LER NO ROTEIRO O dolmen de Dombate Aínda recordo, aínda Cand´eu era estudiante Garrido rapacete Que ben rexerse sabe, Cand´iba pr´a Nemiña A estudiar o arte Do erudito Nebrija E do boo Villafañe, E iba a cabalo, ledo, Cal soen os rapaces. Pasado Vilaseco, Lugar batido do aire, No alto da costa d.´Ures, Da montesía canle; Pasado Vilaseco, Indo pola gándara adiante, Ja vía desde lonxe O dolmen de Dombate. Deixando Fonte-Fría Cara o lado de Lage, E levando o camiño De San Simón de Nande, Polo chan do Borneiro De cativo pinales, Cuase pasaba a rentes Do Dolmen de Dombate. Quedaba o misterioso Fillo doutras edades C´a súa antiga mesa, C´as súas antigas antes, No seu monte de terra, Non alto e ben roldante, Poboado en redondo De montesío estrame, De pequenas queiroas E de tojos non grandes, Como calada esfinxe Que, sublime, non fale, Como náufrago leño De soberbio cruzamen, Lanzado sobr´a praia Por potente oleage, Que de pasada rota Mostre rudas señales, E mostre aberto o flanco Por glorioso combate, E con linguaxe mudo Das súas glorias fale. ¡Canto, ai, mudar pode longa e vetusta edade! Entonces eu deixando Ambas rendas flotantes, Pensoso iba cuidando, P´la Viqueira salvage, Nos nosos ja pasados , Nos celtas memorabres, Nas súas antigas glorias, Nos seus duros combates, Nos nosos vellos dolmens E castros verdexantes. E despois a Nemiña, Ou que fose ou que tornase, Ó velo desde longe, Indo p´la gandrea adiante, Sempre ledo escramaba: “¡O dolmen de Dombate!” Agora que pasano Meus anos xogorales, Agora que só vivo De tristes suidades, Que cumpro con traballo Meu terrenal viaxe E qu´a miña cabeza Branquea a grave idade, Aínda recordo, aínda O dolmen de Dombate. Eu nacín en agreste soedade, Eu nacín en agreste soedade, eu nacín cabo dun agreste outeiro, p'ronde o Anllóns, con nobre maxestade, camiña ó seu destino derradeiro. Eu non nacín en vila nin cidade, mas lonxe do seu ruído lisonxeiro: eu nacín cabo de pinal espeso, eu nacín na pequena Ponte-Ceso. Uns naceno na máxica Granada, outros naceno en Málaga famosa, os outros en Sevilla nomeada, os outros en Valencia deleitosa; uns na garrida Cádiz, ben soada, en Barcelona os outros, populosa: eu nacín cabo de pinal espeso, eu nacín na pequena Ponte-Ceso. Amabre Ponte-Ceso, anque pequena, agreste certamente, mas garrida, cando deixar a mundanal faena teu bardo e for pasado desta vida, non t'esquezas de quen, con faz serena, dixo a toda ciudade fementida: "Eu nacín cabo de pinal espeso, eu nacín na pequena Ponte-Ceso". Esteiro do Anllóns Ouh mazarico que cantas no xungal vougo e sombrizo, non ergas tan triste pranto, non cantes máis, mazarico: como fouce de ferro aguzada mesmo na alma te sinto. Antre as espesas canizas do angoeiro
  2. húmedo e frío, non cantes máis, compañeiro, compañeiro mazarico: como fouce de ferro aguzada mesmo na alma te sinto. As esperanzas fallaron, as alegrías fuxiron, o corazón esta deserto... non cantes máis mazarico Monte-Branco, Monte-Branco, cando te vexo de lonxe verto a soas triste pranto. Pois as nosas alegrías ós dous nos fono fallando; a ti, das túas areas os ventos te despoxano; a min, tamén me fallecen aqueles gustos pasados; ¡ti negreas i eu teño a cabeza chea de cabelos brancos! 5. PRAIA DE VALARÉS Esta fermosa praia, dividida en dous pequenos areais por unha formación rochosa, sitúase ao final do pequeno val que leva o mesmo nome. Nel existiu un pequeno núcleo de poboación e a capela de santa Mariña, na que se celebraba unha concorrida romaría. Cando a ermida se arruinou, pasou a celebrarse en Ponteceso, onde a finais do século XIX se levantou unha nova capela que aínda existe actualmente. Estas terras de Valares eran propiedade da familia dos Valdés, actuais descendentes de Pondal. Eles foron os que venderon as terras próximas á praia á empresa “Titania”, que se encargou da explotación de titanio entre os anos 1936 e 1962. Queixumes dos pinos ¿Qué din os rumorosos na costa verdecente ao raio transparente do prácido luar? ¿Qué din as altas copas de escuro arume arpado co seu ben compasado monótono fungar? Do teu verdor cinguido e de benignos astros confín dos verdes castros e valeroso chan, non des a esquecemento da inxuria o rudo encono; desperta do teu sono fogar de Breogán. Os bos e xenerosos a nosa voz entenden e con arroubo atenden o noso ronco son, mais sóo os iñorantes e féridos e duros, imbéciles e escuros non nos entenden, non. Os tempos son chegados dos bardos das edades que as vosas vaguedades cumprido fin terán; pois, donde quer, xigante a nosa voz pregoa a redenzón da boa nazón de Breogán.
Anzeige