Recensión Literaria - Os lobos de Moeche
Título: Os lobos de Moeche
Autor: Manel Cráneo
Xénero: Cómic
Tema: Histórico
Breve sinopsis
O libro Os lobos de Moeche (escrito por Manel Cráneo) é un cómic baseado nas revoltas
irmandiñas, narrado desde primeira persoa polo protagonista Martín que achega as súas
vivencias respecto este tema. O libro ten unha interesante intercalación de viñetas e prosa
que da un toque especial a obra.
A historia contada baséase na vida dun mozo, Martín que comparte as súas lembranzas.
Todo comeza cunha ambientación para ter un pouco de contexto. Dise que Martín vive coa
súa nai, nunha casa no campo e onde traballan a terra, e tamén conta que o seu irmán,
Lopo, deixoulles fai un ano e medio e non o volveron ver. A primeira acción do cómic é unha
regueifa entre a nai de Martín con un home de armas, que asegura que ten que pagarlle as
rendas aínda que sexa mentira. A nai co seu carácter enfróntase con el, e o home acaba
coa vida da muller. Ao pouco tempo aparece Lopo, que chega desde Betanzos, e leva a
Martín con el, comezando unha nova etapa da trama.
Lopo cóntalle a Martín o que estivo a facer durante todo o tempo que estivo fóra. Lopo
agora traballa como soldado de vila, e vela pola seguridade dos viláns e defendena de
homes como os asasinos da súa nai. Pasado un tempo, Martín uníuse a Santa Irmandade
(igual que o seu irmán), conformando un gran exército de moitos homes revolucionarios.
Sempre está moi presente a idea de vinganza. As batallas volvéronse algo frecuente,
vencendo a moitos nobles e arrebatando gran cantidade de fortalezas. Só existe un
inconveniente, a forte persecución que sofren os irmandiños.
Este problema chegará a separar os dous irmáns outra vez, Martín indo cara Francia e Lopo
retido por soldados.
Opinión persoal
É un cómic cun tema que gustará aos interesados na Galicia antiga e a Idade Media, as
ilustracións son de boa calidade e aportan movemento e vida a obra.
Recomendo moito este libro, é medianamente entretido e a súa breve extensión fai que non
remates canso de gran cantidade de información histórica.
Raúl Doval Amor 1º BAC A