1. O QUE SEI DO SILENCIO
Este libro, foi inicialmente un blog no que cóntanos a historia dunha moza que sufre
acoso no seu instituto. Está posto na perspectiva doutra moza, unha das
participantes do acoso, a cal conta tal como foron os feitos e como viviu ela ser
partícipe desta acción.
«Chámome Delia e son unha covarde. Esta é a historia de como acosamos a Silke
durante os meses que estudou no noso instituto. E de como todo se nos foi das
mans.» Así é como comeza este libro. Delia é unha nena reservada e pouco
sociable, sempre adoitaba ir á biblioteca nos recreos, ía ao club de lectura, onde alí
por fin relacionábase con xente; con isto non digo que sempre estivese sóa, antes
tiña as súas amigas, pero elas, co paso do tempo deixaron sóa a Delia. Ela afíxose
á soidade, xa disfrutaba dela e da súa propia compañia, ademais que tamén tiña a
seu irmán maior, Iago.
O instituto seguía tendo as mesmas escalas sociais a pesar de pasar de curso;
Lara, Daniela e Xulia eran as máis populares,listas e fermosas, e nunca amosaron
interese por Delia, nin Delia en elas. Pola contra, pouco despois de comezar o
curso, elas achégabanse máis a Delia, ata estaban xuntas ás veces no recreo,
momento no que Delia adoitaba ir á biblioteca a ler. Todo parecía moi estraño, aínda
que ela comezou a sentir ledicia por esa compañía. Aquilo foise intensificando ata
que tivo dependencia delas, e tiña medo de quedar sóa outra vez, de forma que ela
facía todo o posible para que non a deixasen tirada; aínda que iso implicase facer
bullying a outra nena.
O motivo apareceu pouco despois, a Xulia gustáballe Iago, e fíxose amiga de Delia
para estar máis preto de el. Ela percatouse pero xa estaba tan feliz por ter “amigas”
que non lle importou. Despois dun tempo eles dous comezaron a saír xuntos
Uns meses despois chegou unha alumna nova, Silke, facía pouco que chegara alí
polo que non coñecía a ninguén. As tres rapazas xunto con Delia non tardaron en
achegarse a ela, amosando moito interés en coñecela e ser amigas. Silke era máis
desconfiada, xa estivera en moitos lugares antes dese, polo que non tiña problema
por afacerse á nova xente. Accedeu a ir algún fin de semana ao centro comercial
con elas, e ao principio todo estaba ben.
Silke era moi boa nos deportes e comezou a xogar cos rapaces ao fútbol no recreo,
o que a deixaba máis preto de Iago, cousa que poñía dos nervios a Xulia, e
comezou a estar máis molesta con ela. Os días pasaban e ela seguía pasando o
recreo cos rapaces e fixo novos amigos, como Iago e Marcos. Había rumores de
que Silke vírase con Iago, e iso fixo que Xulia comezase o pesadelo de Silke no
resto do curso.
2. Silke comezou a recibir críticas, insultos, foi empuxada varias veces e humillada,
incluso viviu ciberacoso, por parte delas; Delia era una personaxe diferente, non fixo
xamáis nada diso, pero si calou todo e miraba mentras ela sufría, de modo que
tamén era partícipe de forma pasiva, e así lamentablemente foi case toda a clase, e
incluso case todo o instituto. Todos rían as burlas e insultos e ninguén dicía nada.
«Dos meses que pasei en silencio. Do que aprendín naqueles días da crueldade e
da covardía. Isto é o que sei do silencio.» E así, Delia converteuse nunha acosadora
pasiva dunha rapaza de 3º da ESO.
Todo isto chegou demasiado lonxe, e as diferentes formas de acoso ían en
aumento, cada vez peores. Na última acción antes de confesar e falar coa directora,
case perdemos a Silke, sufriu acoso sexual por parte dun dos rapaces do curso e
por querer escapar case non o conta. Despois diso tomáronse medidas xudiciais e
contaron todo á directora, no que tamén se tomaron medidas no centro e os
participantes do acoso foron expulsados un tempo.
En conclusión, grazas á historia, se quere demostrar a importancia psicolóxica que
ten o acoso. É algo moi grave, e non é unha loita para un mesmo. Se alguén sufre
acoso por parte doutros compañeiros, non quedes en silencio, actúa ou comunícallo
a un adulto. Unha risa, un comentario ou calquera xesto faite partícipe. E vivilo non
é nada fácil, ninguén se merece que lidiar con iso só,e non se debe ter medo a
contalo. Non é a túa culpa.
Andrea Martínez 1Bach B