Anzeige
Anzeige

Más contenido relacionado

Anzeige
Anzeige

Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz

  1. CARTAS DE INVERNO Unha amizade por riba de calquera distancia
  2. DATOS • Data de publicación orixinal: 1995 • Autor: Agustín Fernández Paz • Xénero: Ficción • Páxinas: 152 • Idioma: Galego • Editorial: Edicións Xerais
  3. DATOS PT.2 • A novela transcorre, sobre todo, no ámbito rural de Pontedeume, na Galicia interior. A ela refírese en repetidas descricións, moitas delas poéticas. • Á hora de ler o libro podemos ver diferentes cambios de narrador: capítulo 1, un narrador cóntanos sobre Teresa; capítulo 2, Xavier narra en 1ª persoa; capítulo 3-10, cartas de Adrián en 1ª persoa; capítulo XI, volve á 1ª persoa de Xavier; capítulo 13, o narrador. • Poucos diálogos. Nalgúns momentos, hai toques poéticos nas descricións do ambiente rural. O trazo máis sorprendente sería o argumento, que consegue atrapar o lector.
  4. AUTOR • Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947-Vigo, 2016) é un dos escritores máis coñecidos e valorados no ámbito da literatura infantil e xuvenil, en Galicia. • É Mestre e Licenciado en Ciencias da Educación. Traballou como docente durante máis de trinta anos, no ensino primario e na secundaria. • Os seus libros son moi apreciados polos lectores infantís e xuvenís e todos eles coñecen numerosas edicións. Algúns, como Cartas de inverno, Trece anos de Branca,... • Gústalle reiterar, usando as palabras do noruegués Jostein Gaarder, o seu empeño nunha loita explícita por conseguir un status social digno para a literatura infantil e xuvenil. «O propio dun escritor é contar claro, seguido e ben.»
  5. PREMIOS DO AUTOR • 1989 Merlín As flores radiactivas. • 1995 Rañolas Cartas de inverno Winter Letters • 1998 Raíña Lupa Cos pés no aire. • 2004 Irmandade do Libro Mejor autor del año • 2007 Martín Sarmiento Corredores de sombra • 2007 Xosé Neira Vilas O único que queda é o amor. • 1990 Lazarillo Contos por palabras. • 1994 Edebé Trece anos de Branca. • 2002 Barco de Vapor O meu nome é Skywalker. • 2005 Edebé A escola dos piratas. • 1992 IBBY Honour List Contos por palabras. • 2001 White Ravens Catalogue Aire negro. • E moitos máis, …. •
  6. RESUMO • Esta novela fala sobre dous amigos que despois de moito tempo deciden volver a reencontrarse en Galicia. Xabier é un gran escritor que chegou a facer un filme duns dos seus libros: O Sinal Vermello; en cambio, Adrián é un pintor moi famoso que estudou Belas Artes en Madrid. O día que se reencontran Adrián estaba a buscar unha casa para vivir en Galicia, Xabier, quen estaba a mirar o xornal, ensinoulle un anuncio sobre unha casa enmeigada, a Adrián chamoulle a atención e ao final acabou comprándoa. Unha vez que se mudou empezaron a suceder cousas estrañas: chamaban ao teléfono pola noite, chegábanlle mensaxes ao fax pedíndolle axuda,... Adrián decidiu subir ao faiado e encontrou un libro que lle chamou a atención cunha imaxe dunha nena nunha habitación, pero ao longo dos días decátase de que a nena vai cambiando de posicións para indicarlle onde ten que ir para salvala. Ao final a Xabier só lle queda una opción para salvar o seu amigo da maldición daquela casa: o lume.
  7. PERSONAXES Hai que ter en conta que en ningún momento se fan descricións tanto físicas como psicolóxicas dos personaxes: • Xabier: Un dos protagonistas, escritor famoso, amigo íntimo de Adrián e amigo do inspector Soutullo. • Adrián Novoa: Outro protagonista, pintor do que Teresa Louzao sempre estivo namorada, aínda que a súa noiva fose Laura. • Teresa Louzao: Irmá de Xabier que rompe a maldición. • Inspector Soutollo: Amigo de Xabier ao cal lle encargaron investigar o caso se Xabier desaparecía. • Bieito: Dono do bar en Vilamaior onde está a casa embruxada. Ao final acabou sendo un gran amigo de Adrián.
  8. OPINIÓN PERSOAL • Considero que este é un dos mellores libros que lin. • As razóns están principalmente porqué é un libro que engancha e é de intriga e terror, os cales na miña opinión son os mellores porque poden dar xiro a toda novela ao final. • Aínda así, decepcionoume un pouco ao final, espérabame que resolveran a maldición dunha forma máis complexa. • Á parte, quedei coa intriga de onde acabaron Adrián e Xabier e que era o que había nese soto no que entraron e nunca máis saíron.
  9. RELACIÓN CON OUTRAS OBRAS • Centrándonos na parte do misterio e da maldición este libro lémbrame bastante á novela As Lágrimas de Shiva. É unha historia completamente diferente pero a casa e os dous protagonistas recordáronme aos deste libro. • Tamén me lembra á hora de redactar e argumentar ás historias de Edgar Allan Poe (sobre todo o libro A caída da casa Usher) e a H. P Lovecraft (o cal é mencionado na dedicatoria do libro).
  10. BIBLIOGRAFÍA • https://es.wikipedia.org/wiki/Cartas_de_invierno • http://servicios.educarm.es/templates/portal/ficheros/websDinamica s/154/crtasdeinvierno.pdf
Anzeige