Diese Präsentation wurde erfolgreich gemeldet.
Die SlideShare-Präsentation wird heruntergeladen. ×

A miña planta de laranxa lima

Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Nächste SlideShare
 4 a_recension
4 a_recension
Wird geladen in …3
×

Hier ansehen

1 von 3 Anzeige

Weitere Verwandte Inhalte

Weitere von RemoeaLinguaLinguaGa (20)

Aktuellste (20)

Anzeige

A miña planta de laranxa lima

  1. 1. Cayetana Arduino Suárez 1ºBach B
  2. 2. Este libro relata a historia de Zezé, un neno que coñece a dor no seu día a día, a moi temperá idade, o que lle fai madurar moi rapidamente. Ao longo da historia fai distintas travesuras, polas cales case sempre é castigado. Cando está triste, refúxiase na súa planta de laranxa Lima, que na súa imaxinación, pode falar. Ademais de acudir tamén ao seu bo amigo o Portugués. Nesta novela, o autor Xosé Mauro de Vasconcelos, recreo os seus recordos da infancia no barrio de Bangú, en Brasil. Sinceramente, cando comecei o libro pensei que non me ía a gustar. Ao ler as primeiras páxinas pensei que debería escoller outro porque este non o ía a gozar. Pero como sempre din, non xulgues un libro pola súa portada (ou neste caso, polas súas primeiras páxinas).Enseguida dinme conta de que me estaba comezando a gustar a historia. Paréceme un libro moi fácil de seguir e sobre todo, moi emotivo. Trata certos temas que non son tan comúns nas lecturas, como deberían selo. Esta novela lévanos a unha realidade social que vive moita xente, neste caso, en Brasil. A familia protagonista é pobre, viven ao límite no aspecto económico, o que lles leva á maioría dos parentes a estar tristes ou de mal humor case todos os días.A raíz disto, tamén nos mostra ata onde pode chegar a capacidade imaxinativa dun neno, para fuxir da súa realidade. Ata tal punto de contarlle todo os seus segredos e confiar plenamente nunha planta. Tamén demostra que, realmente, a madurez non ten idade. Claramente moitas veces inflúe, pero como o que che fai madurar son as experiencias vividas, non sempre é así. Eu penso que non todo o malo que nos pasa é merecido. De feito, creo que poucas veces o é. Creo que ás veces fan falta eses tropezos na vida, para realmente madurar e crecer como persoa. Por desgraza hai moitas inxustizas no mundo e algunhas persoas teñen moita máis sorte que outras. Pero debemos pensar que á fin e ao cabo son esascousas malas, as
  3. 3. que che fan valorar de verdade as boas.E iso demóstralo Zezé. Este personaxe tiña unha vida moi difícil, pero iso non lle fixo ter un corazón menos grande, ou estar triste todo o tempo. El era feliz subindo ás rodas de recambio de atrás dos coches, xogando coa súa planta,inventando xogos para o seu irmán, e outras pequenas cousas, que lle axudaron a seguir adiante. Ás veces non nos damos conta de que os pequenos detalles son o que nos poden facer máis felices, e que os teríamos que valorar máis.En conclusión, pareceume unha historia preciosa, e hei de recoñecer que se me saíu algunha que outra bágoa. Na miña opinión, esta obra dá pé a reflexionar moito, e fai que sexamosun pouco máis conscientes do importante que é valorar o que temos. Eu recomendaría este libro sen ningunha dúbida, especialmente para esas persoas sensibles que teñan facilidade para poñerse na pel dos demais.

×