Anzeige

a lus do candil Alejandro Orozco 1b.pdf

15. May 2022
a lus do candil Alejandro Orozco 1b.pdf
a lus do candil Alejandro Orozco 1b.pdf
a lus do candil Alejandro Orozco 1b.pdf
Nächste SlideShare
LetrasfinalLetrasfinal
Wird geladen in ... 3
1 von 3
Anzeige

Más contenido relacionado

Anzeige

a lus do candil Alejandro Orozco 1b.pdf

  1. Á LUS DO CANDIL Ánxel Fole Alejandro Orozco Vázquez 1º BAC B
  2. Á lus do candil, é a primeira obra de Ánxel Fole, publicada en 1953, son unha serie de 14 “contos” de distintos temas, que foron premiados polo Centro Galego de Bos Aires. Ánxel Fole, nacido en Lugo en 1903, pertence a unha xeración de escritores galegos, como Álvaro Cunqueiro ou Rafael Dieste, que comezaron a destacar antes da Guerra Civil Española. Comeza a sua carreira de Dereito, Filosofía e Letras, pero non a remata. Traballa como periodista en distintos periodicos, interveu en Política, no Partido Republicano, e no Partido Galeguista. Cando remata a guerra decide non exiliarse e trasladase a Serra do Courel, onde pasa desapercibido. En 1953 volve a Lugo, ingresa na Real Academia Galega no 1963 e obten a Medalla Castelao en 1984, dous anos despois morre,1986. En 1997 dedicóuselle o Día das Letras Galegas. En Á lus do candil Ánxel Fole fala das tradición orais da montaña de Lugo, as costumes e a fala que hai no Courel. Trátase dunha introducción e 14 contos, que están pensados para ser contados a carón do lume nunha noite fría de inverno na montaña. No primeiro capítulo o autor sitúa a historia, no Courel, nunha torre medieval onde chegaban catro fidalgos para cazar, pero unha gran nevada obligalles a quedarse na torre mais tempo. Os narradores son o administrador da finca, os fidalgos, e os criados, que se xuntan a carón da lus do candil, pola noite para contar contos de medo, e cómicos. Ademais de contos, xa no primeiro capítulo, Ánxel Fole nos advirte de que neles recolle a forma de falar das xentes do Courel, e que por ese motivo as verbas se atopan escritas de formas moi distintas. É por iso que o libro ten un gran valor etnográfico, xa que trata temas como a fala, a cultura, as costumes, condicións de vida, alimentos e a mitoloxía desas terras de montaña. Os contos teñen temas moi distintos cada un, que tratan de enterradores, lobos que perseguen a homes, ladróns que se esconden en ataúdes para roubar, noites de verán entre amigos que rematan con soños premonitorios, suicidas por mal de amores subidos a árbores, espellos antigos que son portas ao máis alá, homes que ven os seus propios enterros, noivos que falan nun cemiterio e son tomados por mortos, meigas e tesouros. Alejandro Orozco Vázquez 1º BAC B
  3. Nótase que son contos recollidos das antigas tradicións orais, xa que falan de sitios concretos e das xentes do lugar. Nos distintos “contos” da detalles de como estaban vestidos, das costumes que tiñan, da forma da que falaban, de como eran as relacións entre eles, e tamén do que comian e bebian. Non son contos inventados, xa que todos falan do que lle pasou a algún coñecido del, e sempre buscan a complicidade do lector. É moi importante destacar do libro que todos os contos rematan cun comentario final do narrador, como un consello ou refrán. Tamén dicir que editáronse 6 edicións, no 1969, 1979, 1983, 1994, 2004, e 2014, e traduciuse ao Asturian e ao Euskera Pareceume un libro sinxelo de leer e que se fai interesante, ademais de que parece que leva a outros tempos mais antigos e a outros sitios,coma cando fala das frias noites de inverno ao caron do candil, dos sons dos lobos ou do vento, e isto, e algo que non todos os libros conseguen. Alejandro Orozco Vázquez 1º BAC B
Anzeige