Diese Präsentation wurde erfolgreich gemeldet.
Die SlideShare-Präsentation wird heruntergeladen. ×
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Wird geladen in …3
×

Hier ansehen

1 von 3 Anzeige

Weitere Verwandte Inhalte

Weitere von RemoeaLinguaLinguaGa (20)

Aktuellste (20)

Anzeige

4 a_recension

  1. 1. Recensión do libro: A miña planta de laranxa lima Lucía Suárez Ramos 4ºA
  2. 2. Este libro relata a historia de Zezé, un neno que coñece a dor no seu día a día, a moi temperá idade, o que lle fai madurar moi rapidamente. Ao longo da historia fai distintas travesuras, polas cales case sempre é castigado. Cando está triste, refúxiase na súa planta de laranxa Lima, que na súa imaxinación, pode falar. Ademais de acudir tamén ao seu bo amigo o Portugués. Nesta novela, o autor Xosé Mauro de Vasconcelos, recreo os seus recordos da infancia no barrio de Bangú, en Brasil. Sinceramente, cando comecei o libro pensei que non me ía a gustar. Ao ler as primeiras páxinas pensei que debería escoller outro porque este non o ía a gozar. Pero como sempre din, non xulgues un libro pola súa portada (ou neste caso, polas súas primeiras páxinas). Enseguida dinme conta de que me estaba comezando a gustar a historia. Paréceme un libro moi fácil de seguir e sobre todo, moi emotivo. Trata certos temas que non son tan comúns nas lecturas, como deberían selo. Esta novela lévanos a unha realidade social que vive moita xente, neste caso, en Brasil. A familia protagonista é pobre, viven ao límite no aspecto económico, o que lles leva á maioría dos parentes a estar tristes ou de mal humor case todos os días. Isto da pé a pensar a sorte que temos a maioría nese aspecto. Porque por desgraza, non todo o mundo ten algo tan sinxelo coma un agasallo polo Nadal, ou unha cea de Noite Boa. A raíz disto, tamén nos mostra ata onde pode chegar a capacidade imaxinativa dun neno, para fuxir da súa realidade. Ata tal punto de contarlle todo os seus segredos e confiar plenamente nunha planta. Tamén demostra que, realmente, a madurez non ten idade. Claramente moitas veces inflúe, pero o que che fai madurar son as experiencias vividas, polo que non sempre é así. Eu penso que moi poucas veces o malo que nos pasa é merecido. Creo que ás veces fan falta eses tropezos na vida, para realmente madurar e crecer como persoa. Por desgraza hai moitas inxustizas no mundo e algunhas persoas teñen moita máis sorte que outras. Pero debemos pensar que á fin e ao cabo son esas cousas malas, as que che fan valorar de verdade as boas. E iso demóstralo Zezé. Este personaxe tiña unha vida moi difícil, pero iso non lle fixo ter un corazón menos grande, ou estar triste todo o tempo. El era feliz subindo ás rodas de recambio de atrás dos coches, xogando coa súa planta,
  3. 3. inventando xogos para o seu irmán, e outras pequenas cousas, que lle axudaron a seguir adiante. Ás veces non nos damos conta de que os pequenos detalles son o que nos poden facer máis felices, e que os teríamos que valorar máis. En conclusión, pareceume unha historia preciosa, e hei de recoñecer que se me saíu algunha que outra bágoa. Na miña opinión, esta obra dá pé a reflexionar moito, e fai que sexamos un pouco máis conscientes do importante que é valorar o que temos. Eu recomendaría este libro sen ningunha dúbida, especialmente para esas persoas sensibles que teñan facilidade para poñerse na pel dos demais.

×