Diese Präsentation wurde erfolgreich gemeldet.
Die SlideShare-Präsentation wird heruntergeladen. ×
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Nächste SlideShare
Unha caixa de cartón ?
Unha caixa de cartón ?
Wird geladen in …3
×

Hier ansehen

1 von 13 Anzeige

Weitere Verwandte Inhalte

Andere mochten auch (18)

Anzeige

Ähnlich wie Un adianto do ceo (20)

Weitere von Nuria M Núñez Elissetche (20)

Anzeige

Un adianto do ceo

  1. 1. UN ADIANTO DO CEO
  2. 2. Ocorreu durante un mes de voluntariado nas vacacións de verán.
  3. 3. Cando chegamos a Nairobi (Kenya), preguntabámonos como nós, inexpertos universitarios, poderiamos axudar naquela África sucia, poeirenta e calorosa.
  4. 4. Quizais arranxando tellados, pero non tiñamos experiencia en construción. Quizais pintando un colexio, pero non sabiamos de pintura.
  5. 5. O que si tiñamos claro era a nosa intención de darnos totalmente aos demais. Non obstante, recibiriamos moito máis do que logramos dar: tivemos a sorte de entrar en contacto co Terceiro Mundo, a través dun aloxamento para nenos moribundos das Irmás da Caridade en Nairobi.
  6. 6. Todos entramos naquela casucha, un tugurio sen mobles, con pouca luz. Contrastaban as hamacas cheas de nenos enfermos e choromicando cos limpísimos traxes talares brancos e azuis das Irmás da Caridade, que desbordaban alegría. Eu quedei bloqueado, na metade da habitación.
  7. 7. Nunca vira nada así. Os meus compañeiros universitarios espalláronse polas estancias, seguindo a distintas monxas, que requerían a súa asistencia.
  8. 8. Unha irmá preguntoume en inglés: - Viñeches mirar ou queres axudar? Sorprendido por tan directa pregunta e en estado de sopor, balbucín: - A axudar… - Ves aquel neniño de alí, o do fondo que chora? -Choraba desconsoladamente, pero sen forza. - Si, aquel (díxenlle sinalándoo).
  9. 9. - Agora tómao e dalle todo o amor que poidas… - Non entendo… - Excuseime. -Que lle deas todo o cariño de que sexas capaz, á túa maneira. E deixoume co neno. - Ben: tómao con coidado e tráeo. Bautizámolo onte. - Noteino con unha febre altísima. O neno tería un par de anos.
  10. 10. Canteille, biqueino, arroleino… deixou de chorar, sorriume, durmiuse. Ao cabo dun tempiño, busquei chorando a Irmá: - Irmá: non respira.
  11. 11. A monxa certificou a súa morte: - Morreu nos teus brazos… E ti décheslle por adiantado quince minutos co teu cariño o amor que Deus lle vai dar por toda a eternidade.
  12. 12. Daquela entendín tantas cousas: o ceo, o amor de meus pais, o amor de Xesús, os detalles de afecto dos meus amigos… A miña viaxe a Kenya supuxo un antes e un despois na miña vida. Agora sei que todos temos “Kenyas” ao noso arredor para dar amor cada día.
  13. 13. “ Vou pasar pola vida unha soa vez, calquera cousa boa que eu poida facer ou algunha amabilidade que poida facer a algún humano, debo facela agora, porque non pasarei de novo por aquí”. Madre Tareixa de Calcuta

×