A italiana neuroloxista Dra. Rita Levi-Montalcini, que
completou 100 anos no día 22 de abril de 2009,
recebiu o Premio Nobel de Medicina hai 23 anos, cando tiña 77.
Naceu em Turín, Italia, en 1909 e obtivo o título de Medicina na
especialidade de Neurocirurxía.
Por causa da súa ascendencia xudía viuse obrigada a deixar
Italia un pouco antes do comezo da II Guerra Mundial.
Emigrou para os Estados Unidos onde traballou no Laboratorio
Víctor Hambueger do Instituto de Zooloxía da Universidade de
Washington de San Louis.
En 1951 foi a Brasil, para realizar experiencias de cultivos in
vitro no Instituto de Biofísica da Universidade de Río de
Xaneiro, onde, en decembro do mesmo ano, a investigadora
consegue identificar o fator de crecemento das células
nerviosas (Nerve Growth Factor, coñecido como NGF). Esta
descuberta valeulle, en 1986, o Premio Nobel de Medicina,
xunto com Stanley Cohen.
Entrevista no día 22/12/2005
- Como vai celebrar seus 100 anos?
- Ah, non sei se viverei ata daquela, e, ademais diso, non
gusto de celebracións. No que eu estou interesada e gusto
é do que fago cada día!
- E que é o que vostede fai?
- Traballo para dar unha bolsa de estudos para as
rapazas africanas, para que estuden e prosperen ...
elas e os seus países. E continúo investigando, continúo
pensando.
- Non se vai xubilar?
- Xamais! Xubilarse é destruír o cerebro!
Moita xente xubílase e abandónase...E iso
mata seu cerebro. E enferma.
- E como está o seu cerebro?
- Igual que cando tiña 20 anos! Non noto diferenza en ilusións nin
en capacidade. Mañá voo para un congreso médico.
- Mais terá algún límite xenético?
- Non. O meu cerebro vai ter un século... pero non coñece a
senilidade... O corpo engúrrase, non o podo evitar, mais non
o cerebro!
- Como fai iso vostede?
- Posuímos gran plasticidade neural: aínda cando morren
neuronas, as que quedan reorganízanse para manter as
mesmas funcións, pero para iso é conveniente estimulalas!
- Axúdeme a facelo.
- Manteña o seu cerebro con ilusións, activo, faga con que el
traballe e así nunca se dexenerará.
- E viverei máis anos?
- Vivirá mellor os anos que vive, é iso o interesante.
A chave é: manter curiosidades, empeño, ter
paixóns....mire...non me refiro a paixóns físicas
especificamente...simplemente teña paixóns.
-A súa foi a investigación científica...
- Si, e segue sendo.
- Descubriu como crecen e se renovan as células do sistema
nervioso...
- Si, en 1942: dei o nome de Nerve Growth Factor (NGF, factor
do crecemento nervioso), e durante case medio século houbo
dúbidas, ata que foi recoñecida a súa validez en 1986, e me
deron o premio por iso.
- Como foi que unha rapaza italiana dos anos vinte se converteu en
neurocientífica?
- Desde mena tiven o empeño de estudar. Meu pai queríame casar
ben, que fose unha boa esposa, boa nai... E eu non quixen. Fun
firme e confesei que quería estudar.
- Seu pai ficou magoado?
- Si, mais eu non tiven unha infancia feliz: sentíame fea, tonta e
pouca cousa... Meus irmáns maiores eran moi brillantes e eu
sentíame tan inferior...
- Vexo que iso foi un estímulo...
- O meu estímulo foi tamén o exemplo do médico Albert
Schweitzer, que estaba en África para axudar os leprosos.
Desexaba axudar aos que sofren, iso era o meu gran soño!
- E vostede ten feito... coa súa ciencia.
- Hoxe, axudando as mociñas de África para que estuden.
Loitamos contra a enfermidade, a opresión da muller nos
países islámicos por exemplo, ademais doutras cousas...
- A relixión frea o desenvolvemento cognitivo?
- A relixión marxina moitas veces a muller perante o home, afastándoa
do desenvolvemento cognitivo, mais algunhas relixións están intentando
corrixir esa posición.
- Existen diferenzas entre os cerebros do home e da muller?
- Só nas funcións cerebrais relacionadas coas emocións,
vinculadas ao sistema endócrino. Mais canto ás funcións
cognitivas, non ten diferenza ningunha.
- Por que aínda existen poucas científicas?
- Non é así! Moitos descubrimentos científicos atribuídos a homes,
realmente foron feitos polas súas irmás, esposas e fillas.
- É verdade?
- A intelixencia feminina non era admitida e era deixada na
sombra. Hoxe, felizmente, hai máis mulleres que homens na
investigación cientifica: as herdeiras de Hipatia!
- A sabia alexandrina do século IV...
- Xa non imos acabar asasinadas nas rúas polos monxes cristiáns
misóxinos, como foi ela. Claro, o mundo ten mellorado algo...
- Ninguén ten intentado asasinala a vostede...
- Durante o fascismo, Mussolini quixo imitar o Hítler na
persecución dos xudeus... e tiven que me ocultar por un tempo.
Mais non deixei de investigar: tiña o meu laboratorio no meu
cuarto... E descubrín a apoptose, que é a morte programada das
células!
- Por que hai unha alta porcentaxe de xudeus entre científicos e
intelectuais?
- A exclusión estimula entre os xudeus os traballos intelectivos e
intelectuais: poden prohibir todo, pero non que pensen! E é verdade
que hai moitos xudeus entre os premios Nobel...
- Como explica vostede a loucura nazi?
- Hítler e Mussolini souberon como falar ao pobo, onde sempre
prevalece o cerebro emocional por enriba do neocortical, o
intelectual. Conduciron as emocións, non as razóns!
- Isto está acontecendo agora?
- Porque vostede acha que en moitas escolas nos Estados
Unidos é ensinado o creacionismo e non o evolucionismo?
- A ideoloxia é emoción, é sen razón?
- A razón é filla da imperfección. Nos invertebrados todo está
programado: son perfectos. Nós non. E, ao sermos imperfectos,
recorremos á razón, aos valores éticos: discernir entre o
ben e o mal é o mais alto grao da evolución darwiniana!
- Vostede nunca casou ou tivo fillos?
- Non. Entrei no campo do sistema nervioso e fiquei tan fascinada
pola súa beleza que decidín dedicarlle todo o meu tempo, a miña
vida!
- Lograremos un día curar o Alzheimer, o Parkinson, a demencia
senil?
- Curar... O que imos lograr será frear, atrasar, minimizar todas
esas enfermidades.
- Cal é hoxe o seu gran soño?
- Que un día logremos utilizar ao máximo a capacidade
cognitiva dos nosos cerebros.
- Cando deixou de sentirse fea?
- Aínda estou consciente das miñas limitacións!
- Cal foi o mellor da súa vida?
-Axudar os demais.
- Que faría vostede hoxe se tivese 20 anos?
- O que estou fazendo!!!
A Dra. Rita Levi-Montalcini
é, desde 2001, Senadora
Vitalicia da República
Italiana, nomeada
directamente polo
Presidente Carlo Azeglio
Ciampi.
Aínda segue viva.
E t v t r ib a o e a
nr is : e id pr - il
e a c m
I ae It nt
mxs ne e
: r
M s aR s -Md ad
úic: oy eit o n
Fr a : R g
omt eis
o
r inl r r @ ao.cm r
e a oe e yho o .b
g d ps
R vr
ee a
Etvt
nr is
e a