SlideShare a Scribd company logo
1 of 27
Palabra
de
Vida
Febreiro 2014
“Ditosos os limpos de corazón, porque eles verán
a Deus“ (Mt 5, 8).
A predicación de Xesús ábrese co sermón do monte. Ante o lago
de Tiberiades, nun outeiro cerca de Cafarnaún, sentado, como
adoitaban facer os mestres, Xesús anuncia á multitude como é o
home das benaventuranzas.
Xa no Antigo Testamento resoara varias veces a palabra
“benaventuranza“, é dicir, a exaltación de quen cumpría de
distintos modos a Palabra do Señor.
As benaventuranzas de Xesús evocan en parte as que os discípulos
xa coñecían; pero agora oían por primeira vez que os puros de
corazón, non só, eran dignos de subir ao monte do Señor, como cantaba
o Salmo,(cf.Sal 24,4), senón que incluso podían ver a Deus.
Que pureza era esa tan alta como para merecer tanto?
Xesús explícao varias veces ao longo da
súa predicación. Por iso, tratemos de seguilo
para beber na fonte da auténtica pureza.
“Ditosos os limpos de corazón, porque eles verán
a Deus“ (Mt 5, 8).
Ante todo, segundo Xesús, hai un medio excelente de
purificación: "Vós xa estades limpos pola Palabra que vos
anunciaron". (Xn 15,3).
Non son os exercicios rituais os que purifican a alma,
senón a súa Palabra.
A Palabra de Xesús non é como as palabras humanas;
nela está presente Cristo, así como está
presente doutro modo na Eucaristía. Por ela Cristo entra
en nós sempre que a deixemos actuar, fainos libres do
pecado e, polo tanto, puros de corazón.
Así pois, a pureza é froito de vivir a Palabra,
todas esas Palabras de Xesús que nos liberan
dos chamados apegos, nos que caemos sen remedio
se non temos o corazón en Deus e nas súas ensinanzas.
Poden referirse ás cousas, ás criaturas, ou a un
mesmo. Pero se o corazón está atento só a Deus,
todo o resto cae.
Para saír airosos desta empresa pode ser útil
repetir durante o día a Xesús, a Deus, esa invocación
do salmo que di:
"Señor, ti es o meu único ben". (cf.Sal 16,2).
Repitámolo a miúdo, e sobre todo cando algún apego queira
arrastrar o noso corazón cara a esas imaxes, sentimentos e
pasións que poidan ofuscar a visión do ben e quitarnos a
liberdade.
Cando nos apeteza mirar certos carteis publicitarios,
ou ver certos programas de televisión,
non! Digámoslle: «Señor, ti, es o meu único ben», e este será o
primeiro paso para saír de nós mesmos e volver a declararlle
a Deus o noso amor. E así teremos gañado en pureza.
Decatámonos a veces de que unha persoa ou unha
actividade se interpoñen, como un obstáculo, entre
Deus e nós e enturban a nosa relación con El?
Entón é o momento de repetirlle:
«Señor, ti es o meu único ben".
Isto axudaranos a purificar as nosas intencións
e a recobrar a liberdade interior.
“Ditosos os limpos de corazón, porque eles verán
a Deus“ (Mt 5, 8).
Vivir a Palabra fainos libres e puros porque é amor.
O amor é o que purifica co seu lume divino
as nosas intencións e toda a nosa intimidade,
pois o corazón, segundo a Biblia, é a sede máis profunda
da inteligencia e da vontade.
Pero hai un amor que Xesús nos recomenda e que nos permite
vivir esta benaventuranza: o amor recíproco, o amor de quen
está dispuesto a dar a vida polos demais, a exemplo de Xesús.
Este crea unha corrente, un intercambio, un clima
cuxa nota determinante é precisamente a transparencia, a pureza,
pola presenza de Deus, que é o único que pode crear en nós un corazón
puro (cf. Sal 51,12). Se vivimos o amor mutuo, a Palabra produce os
seus efectos de purificación e santificación.
O individuo illado é incapaz de resistir longo tempo
ás instigacións mundanas, mentres que o amor recíproco
encontra o ambiente san capaz de protexer a súa pureza
e toda a súa existencia cristiá auténtica.
“Ditosos os limpos de corazón, porque eles verán
a Deus“ (Mt 5, 8).
E aquí está o froito desta pureza que sempre hai que
reconquistar: que se pode ver a Deus, é dicir, comprender a súa
acción na nosa vida e na historia, oír a súa voz no corazón,
captar a súa presenza alí onde está: nos pobres, na Eucaristía,
na súa Palabra, na comuñón fraterna, na Iglesia.
É un modo de saborear a presenza de Deus xa desde esta
vida, «camiñando en fe e non en visión» (cf. 2 Co 5,7), ata
que vexamos «cara a cara»" (1 Co 13,12) eternamente.
“Benaventurados os limpos de
corazón, porque eles verán a
Deus“ (Mt 5, 8).

Texto de Chiara Lubich
Publicado en Ciudad Nueva n. 359 (11/1999), pp.28-29.
Gráfica Anna Lollo en colaboración con D. Placido D’Omina (Sicilia, Italia)
* * *
Este comentario da Palabra de Vida tradúcese cada mes en 96 linguas e
idiomas e chega a varios millóns de persoas en todo o mundo
a través da prensa, radio, televisión e internet.
Para máis información www.focolare.org
Este PPS, en distintos idiomas, publícase en www.santuariosancalogero.org

More Related Content

What's hot (20)

2º domingo coresma c 2016
2º domingo coresma c 20162º domingo coresma c 2016
2º domingo coresma c 2016
 
9º domingo trindade b 2012 bene pagola
9º domingo trindade  b 2012  bene pagola9º domingo trindade  b 2012  bene pagola
9º domingo trindade b 2012 bene pagola
 
Palabra de vida marzo 2011
Palabra de vida marzo 2011Palabra de vida marzo 2011
Palabra de vida marzo 2011
 
6 nadal bautismo de xesús 2016 c
6 nadal bautismo de xesús 2016  c6 nadal bautismo de xesús 2016  c
6 nadal bautismo de xesús 2016 c
 
Credo 3
Credo 3Credo 3
Credo 3
 
31º defuntos tob 2015
31º defuntos  tob  201531º defuntos  tob  2015
31º defuntos tob 2015
 
14º domingo toa 2014
14º domingo toa 201414º domingo toa 2014
14º domingo toa 2014
 
2º advento b 2014 bene pagola
2º advento  b  2014  bene pagola2º advento  b  2014  bene pagola
2º advento b 2014 bene pagola
 
Pascua05
Pascua05Pascua05
Pascua05
 
8º domingo toa 2014
8º domingo toa  20148º domingo toa  2014
8º domingo toa 2014
 
3º domingo toa 2014
3º domingo toa 20143º domingo toa 2014
3º domingo toa 2014
 
Deus ámate xoán paulo ii
Deus ámate   xoán paulo iiDeus ámate   xoán paulo ii
Deus ámate xoán paulo ii
 
María visita a sabela
María visita a sabelaMaría visita a sabela
María visita a sabela
 
1º coresma 2015 b
1º coresma 2015  b1º coresma 2015  b
1º coresma 2015 b
 
3º advento c 2015
3º advento  c  20153º advento  c  2015
3º advento c 2015
 
Fe
FeFe
Fe
 
17º domingo toc 2013
17º domingo  toc 201317º domingo  toc 2013
17º domingo toc 2013
 
17º domingo toc 2013 noso pai
17º domingo toc 2013 noso pai17º domingo toc 2013 noso pai
17º domingo toc 2013 noso pai
 
17º domingo toc 2016
17º domingo  toc 201617º domingo  toc 2016
17º domingo toc 2016
 
Credo 2
Credo 2Credo 2
Credo 2
 

Viewers also liked (17)

The nouns
The nounsThe nouns
The nouns
 
Guia Sexual para Rapazes
Guia Sexual para Rapazes Guia Sexual para Rapazes
Guia Sexual para Rapazes
 
Efecto mariposa
Efecto mariposaEfecto mariposa
Efecto mariposa
 
Didaticgeoaula6
Didaticgeoaula6Didaticgeoaula6
Didaticgeoaula6
 
16º domingo t.o.
16º domingo t.o. 16º domingo t.o.
16º domingo t.o.
 
Conteo de Numeros cuarto de secundaria
Conteo de Numeros cuarto de secundariaConteo de Numeros cuarto de secundaria
Conteo de Numeros cuarto de secundaria
 
EMPRESA
EMPRESAEMPRESA
EMPRESA
 
19º domingo tob 2012 bene-pagola
19º domingo tob 2012  bene-pagola19º domingo tob 2012  bene-pagola
19º domingo tob 2012 bene-pagola
 
Oracion fin e comezo ano
Oracion fin e comezo anoOracion fin e comezo ano
Oracion fin e comezo ano
 
6 domingo de ramos 2015 b
6 domingo de ramos 2015  b6 domingo de ramos 2015  b
6 domingo de ramos 2015 b
 
Descentralização orçamentária nas Secretarias de Desenvolvimento Regional de ...
Descentralização orçamentária nas Secretarias de Desenvolvimento Regional de ...Descentralização orçamentária nas Secretarias de Desenvolvimento Regional de ...
Descentralização orçamentária nas Secretarias de Desenvolvimento Regional de ...
 
Revista lideres
Revista lideresRevista lideres
Revista lideres
 
Perfilcidadaopre escolar-101005075551-phpapp01
Perfilcidadaopre escolar-101005075551-phpapp01Perfilcidadaopre escolar-101005075551-phpapp01
Perfilcidadaopre escolar-101005075551-phpapp01
 
2º domingo de advento c 2012
2º domingo de advento  c  20122º domingo de advento  c  2012
2º domingo de advento c 2012
 
Experiencias y Proyecto’
Experiencias y Proyecto’Experiencias y Proyecto’
Experiencias y Proyecto’
 
Expo inves
Expo invesExpo inves
Expo inves
 
Financiamiento 1
Financiamiento 1Financiamiento 1
Financiamiento 1
 

Similar to Pv febreiro 2014

Similar to Pv febreiro 2014 (20)

6 nadal bautismo señor b 2015 bene pagola
6 nadal bautismo señor  b  2015  bene pagola6 nadal bautismo señor  b  2015  bene pagola
6 nadal bautismo señor b 2015 bene pagola
 
Pv decembro 2012
Pv decembro 2012Pv decembro 2012
Pv decembro 2012
 
2º domingo toc 2016 bene pagola
2º domingo toc 2016  bene pagola2º domingo toc 2016  bene pagola
2º domingo toc 2016 bene pagola
 
Pv marzo 2012
Pv marzo 2012Pv marzo 2012
Pv marzo 2012
 
3º domingo toa 2014 bene pagola
3º domingo toa 2014 bene pagola3º domingo toa 2014 bene pagola
3º domingo toa 2014 bene pagola
 
Pv se xuño 2012
Pv se xuño 2012Pv se xuño 2012
Pv se xuño 2012
 
Pv maio 2014
Pv maio 2014Pv maio 2014
Pv maio 2014
 
5º pascua b vide e bacelos 2012
5º  pascua  b  vide e bacelos 20125º  pascua  b  vide e bacelos 2012
5º pascua b vide e bacelos 2012
 
2º Nadal B 2015 Bene Pagola
2º Nadal  B  2015  Bene Pagola2º Nadal  B  2015  Bene Pagola
2º Nadal B 2015 Bene Pagola
 
55 pv xullo 2012
55  pv xullo 201255  pv xullo 2012
55 pv xullo 2012
 
14º domingo toc 2016 bene pagola
14º domingo  toc 2016 bene pagola14º domingo  toc 2016 bene pagola
14º domingo toc 2016 bene pagola
 
Pv maio 2012
Pv maio 2012Pv maio 2012
Pv maio 2012
 
23º domingo tob 2015 bene pagola
23º domingo tob  2015  bene pagola23º domingo tob  2015  bene pagola
23º domingo tob 2015 bene pagola
 
Inmaculada c 2012 bene dioni
Inmaculada c 2012 bene dioniInmaculada c 2012 bene dioni
Inmaculada c 2012 bene dioni
 
Palabra de Vida Febrero
Palabra de Vida FebreroPalabra de Vida Febrero
Palabra de Vida Febrero
 
1 bautismo do señor c 2013
1 bautismo do señor c 2013 1 bautismo do señor c 2013
1 bautismo do señor c 2013
 
2º domingo toa 2014 bene pagola
2º domingo toa 2014 bene pagola2º domingo toa 2014 bene pagola
2º domingo toa 2014 bene pagola
 
Xoves santo na casa 2020 os tilos
Xoves santo na casa 2020 os tilosXoves santo na casa 2020 os tilos
Xoves santo na casa 2020 os tilos
 
CELEBRACIÓN 26 DE ABRIL
CELEBRACIÓN 26 DE ABRILCELEBRACIÓN 26 DE ABRIL
CELEBRACIÓN 26 DE ABRIL
 
4º pascua 2014 a bene pagola
4º pascua  2014  a bene pagola4º pascua  2014  a bene pagola
4º pascua 2014 a bene pagola
 

More from Nuria M Núñez Elissetche

More from Nuria M Núñez Elissetche (20)

A terra que canta
A terra que cantaA terra que canta
A terra que canta
 
Co tempo
Co tempoCo tempo
Co tempo
 
Dom16 tob b.pagola
Dom16 tob b.pagolaDom16 tob b.pagola
Dom16 tob b.pagola
 
Domingo 16 ord b
Domingo 16 ord bDomingo 16 ord b
Domingo 16 ord b
 
1º coresma b 2018
1º coresma b 20181º coresma b 2018
1º coresma b 2018
 
6º domingo tob 2018 bene pagola
6º domingo tob 2018  bene  pagola6º domingo tob 2018  bene  pagola
6º domingo tob 2018 bene pagola
 
O xardín
O xardínO xardín
O xardín
 
5º domingo tob 2018 bene pagola
5º domingo tob 2018 bene pagola5º domingo tob 2018 bene pagola
5º domingo tob 2018 bene pagola
 
5º domingo tob 2018
5º domingo tob  20185º domingo tob  2018
5º domingo tob 2018
 
4º domingo tob 2018 bene pagola
4º domingo tob 2018  bene pagola4º domingo tob 2018  bene pagola
4º domingo tob 2018 bene pagola
 
Ruxido capaz de sacudir o mundo
Ruxido capaz de sacudir o mundoRuxido capaz de sacudir o mundo
Ruxido capaz de sacudir o mundo
 
2º domingo tob 2018
2º domingo tob 20182º domingo tob 2018
2º domingo tob 2018
 
2º domingo tob 2018 bene pagola
2º domingo tob  2018  bene pagola2º domingo tob  2018  bene pagola
2º domingo tob 2018 bene pagola
 
4 epifania do señor b 2018 bene pagola
4 epifania do señor b 2018 bene pagola4 epifania do señor b 2018 bene pagola
4 epifania do señor b 2018 bene pagola
 
4 epifania b 2018
4 epifania b 20184 epifania b 2018
4 epifania b 2018
 
5 bautismo do señor b 2018
5 bautismo do señor b 20185 bautismo do señor b 2018
5 bautismo do señor b 2018
 
3 santa maría nai de deus 2017 b
3 santa maría nai de deus  2017 b3 santa maría nai de deus  2017 b
3 santa maría nai de deus 2017 b
 
2 sagrada familia 2017 b
2 sagrada familia 2017  b2 sagrada familia 2017  b
2 sagrada familia 2017 b
 
1 nadal b 2011 natividade do señor
1 nadal  b 2011 natividade do señor1 nadal  b 2011 natividade do señor
1 nadal b 2011 natividade do señor
 
1º advento b inmaculada 2017
1º advento b inmaculada 20171º advento b inmaculada 2017
1º advento b inmaculada 2017
 

Pv febreiro 2014

  • 2. “Ditosos os limpos de corazón, porque eles verán a Deus“ (Mt 5, 8).
  • 3. A predicación de Xesús ábrese co sermón do monte. Ante o lago de Tiberiades, nun outeiro cerca de Cafarnaún, sentado, como adoitaban facer os mestres, Xesús anuncia á multitude como é o home das benaventuranzas.
  • 4. Xa no Antigo Testamento resoara varias veces a palabra “benaventuranza“, é dicir, a exaltación de quen cumpría de distintos modos a Palabra do Señor.
  • 5. As benaventuranzas de Xesús evocan en parte as que os discípulos xa coñecían; pero agora oían por primeira vez que os puros de corazón, non só, eran dignos de subir ao monte do Señor, como cantaba o Salmo,(cf.Sal 24,4), senón que incluso podían ver a Deus.
  • 6. Que pureza era esa tan alta como para merecer tanto? Xesús explícao varias veces ao longo da súa predicación. Por iso, tratemos de seguilo para beber na fonte da auténtica pureza.
  • 7. “Ditosos os limpos de corazón, porque eles verán a Deus“ (Mt 5, 8).
  • 8. Ante todo, segundo Xesús, hai un medio excelente de purificación: "Vós xa estades limpos pola Palabra que vos anunciaron". (Xn 15,3).
  • 9. Non son os exercicios rituais os que purifican a alma, senón a súa Palabra. A Palabra de Xesús non é como as palabras humanas;
  • 10. nela está presente Cristo, así como está presente doutro modo na Eucaristía. Por ela Cristo entra en nós sempre que a deixemos actuar, fainos libres do pecado e, polo tanto, puros de corazón.
  • 11. Así pois, a pureza é froito de vivir a Palabra, todas esas Palabras de Xesús que nos liberan dos chamados apegos, nos que caemos sen remedio se non temos o corazón en Deus e nas súas ensinanzas.
  • 12. Poden referirse ás cousas, ás criaturas, ou a un mesmo. Pero se o corazón está atento só a Deus, todo o resto cae.
  • 13. Para saír airosos desta empresa pode ser útil repetir durante o día a Xesús, a Deus, esa invocación do salmo que di: "Señor, ti es o meu único ben". (cf.Sal 16,2).
  • 14. Repitámolo a miúdo, e sobre todo cando algún apego queira arrastrar o noso corazón cara a esas imaxes, sentimentos e pasións que poidan ofuscar a visión do ben e quitarnos a liberdade.
  • 15. Cando nos apeteza mirar certos carteis publicitarios, ou ver certos programas de televisión,
  • 16. non! Digámoslle: «Señor, ti, es o meu único ben», e este será o primeiro paso para saír de nós mesmos e volver a declararlle a Deus o noso amor. E así teremos gañado en pureza.
  • 17. Decatámonos a veces de que unha persoa ou unha actividade se interpoñen, como un obstáculo, entre Deus e nós e enturban a nosa relación con El?
  • 18. Entón é o momento de repetirlle: «Señor, ti es o meu único ben". Isto axudaranos a purificar as nosas intencións e a recobrar a liberdade interior.
  • 19. “Ditosos os limpos de corazón, porque eles verán a Deus“ (Mt 5, 8).
  • 20. Vivir a Palabra fainos libres e puros porque é amor. O amor é o que purifica co seu lume divino as nosas intencións e toda a nosa intimidade, pois o corazón, segundo a Biblia, é a sede máis profunda da inteligencia e da vontade.
  • 21. Pero hai un amor que Xesús nos recomenda e que nos permite vivir esta benaventuranza: o amor recíproco, o amor de quen está dispuesto a dar a vida polos demais, a exemplo de Xesús.
  • 22. Este crea unha corrente, un intercambio, un clima cuxa nota determinante é precisamente a transparencia, a pureza, pola presenza de Deus, que é o único que pode crear en nós un corazón puro (cf. Sal 51,12). Se vivimos o amor mutuo, a Palabra produce os seus efectos de purificación e santificación.
  • 23. O individuo illado é incapaz de resistir longo tempo ás instigacións mundanas, mentres que o amor recíproco encontra o ambiente san capaz de protexer a súa pureza e toda a súa existencia cristiá auténtica.
  • 24. “Ditosos os limpos de corazón, porque eles verán a Deus“ (Mt 5, 8).
  • 25. E aquí está o froito desta pureza que sempre hai que reconquistar: que se pode ver a Deus, é dicir, comprender a súa acción na nosa vida e na historia, oír a súa voz no corazón, captar a súa presenza alí onde está: nos pobres, na Eucaristía, na súa Palabra, na comuñón fraterna, na Iglesia.
  • 26. É un modo de saborear a presenza de Deus xa desde esta vida, «camiñando en fe e non en visión» (cf. 2 Co 5,7), ata que vexamos «cara a cara»" (1 Co 13,12) eternamente.
  • 27. “Benaventurados os limpos de corazón, porque eles verán a Deus“ (Mt 5, 8). Texto de Chiara Lubich Publicado en Ciudad Nueva n. 359 (11/1999), pp.28-29. Gráfica Anna Lollo en colaboración con D. Placido D’Omina (Sicilia, Italia) * * * Este comentario da Palabra de Vida tradúcese cada mes en 96 linguas e idiomas e chega a varios millóns de persoas en todo o mundo a través da prensa, radio, televisión e internet. Para máis información www.focolare.org Este PPS, en distintos idiomas, publícase en www.santuariosancalogero.org