Diese Präsentation wurde erfolgreich gemeldet.
Wir verwenden Ihre LinkedIn Profilangaben und Informationen zu Ihren Aktivitäten, um Anzeigen zu personalisieren und Ihnen relevantere Inhalte anzuzeigen. Sie können Ihre Anzeigeneinstellungen jederzeit ändern.
PresentaOS DEZ MANDAMENTOSPARA SABER ENVELLECER
1.- Coidarás a túa presentación día a día. Arránxate como se foses a unha festa.Que máis festa que a vida! O baño diario, ...
2. - Non te pecharás na túa casa      nin na túa habitación. Nada de xogar ao enclaustrado      ou ao preso voluntario.Sai...
3. - Amarás o exercicio físico como a ti mesmo.  Un tempiño de ximnasia, unha caminada razoable dentro ou fóra da casa, po...
4. - Evitarás actitudes e xestos       de vello derreado, a cabeza gacha,   a espalda encorvada, os pés arrastrándose.Non!...
5. - Non falarás da túa idade nin te queixarás  dos teus achaques, reais ou imaxinarios...        Acabarás por crerte máis...
6. - Cultivarás o optimismo sobre todas as cousas. Ao mal tempo, boa cara. Sé positivo nos xuízos,   de bo humor nas palab...
7. - Tratarás de ser útil a ti mesmo e aos demais.    Non es un parasito nin unha rama esgazada                 da árbore ...
8. - Traballarás coas túas mans e coa túa mente.              O traballo é a terapia infalible.     Calquera actitude labo...
9. - Manterás vivas e cordiais as relacións humanas.            Desde logo, as que se exercitan no fogar,        integránd...
10. - Non pensarás que "todo o tempo pasado foi mellor".         Deixa de estar condenando o teu mundo e maldicindo o teu ...
Idade, non teño (saber envellecer)
Idade, non teño (saber envellecer)
Nächste SlideShare
Wird geladen in …5
×

Idade, non teño (saber envellecer)

302 Aufrufe

Veröffentlicht am

  • Als Erste(r) kommentieren

  • Gehören Sie zu den Ersten, denen das gefällt!

Idade, non teño (saber envellecer)

  1. 1. PresentaOS DEZ MANDAMENTOSPARA SABER ENVELLECER
  2. 2. 1.- Coidarás a túa presentación día a día. Arránxate como se foses a unha festa.Que máis festa que a vida! O baño diario, o peiteado, a roupa, todo atractivo, ulindo a limpo, a bo gusto. O bo gusto é gratuíto, non custa nada. Que ao verte se alegren o teu espello e os ollos dos demais.
  3. 3. 2. - Non te pecharás na túa casa nin na túa habitación. Nada de xogar ao enclaustrado ou ao preso voluntario.Sairás á rúa e ao campo de paseo. “A auga estancada apodrece e a máquina inmóbil estrágase".
  4. 4. 3. - Amarás o exercicio físico como a ti mesmo. Un tempiño de ximnasia, unha caminada razoable dentro ou fóra da casa, polo menos abrir a porta,regar as rosas, contestar o teléfono, baila aínda que esteas só, fai calquera movemento que te despegue da cama e do sillón. "Contra pregiza, dilixencia".
  5. 5. 4. - Evitarás actitudes e xestos de vello derreado, a cabeza gacha, a espalda encorvada, os pés arrastrándose.Non! Que a xente diga un galantería cando pasas: "Que elegante o señor!, que guapa a señora!" Recorda: as canas... tíñense! e as engurras... disimúlanse cun amplo sorriso! pero o arrastrar de pés.... eso si é signo de vellez!
  6. 6. 5. - Non falarás da túa idade nin te queixarás dos teus achaques, reais ou imaxinarios... Acabarás por crerte máis vello e máis enfermo do que en realidade estás e faranche o baleiro.Á xente non lle gusta oír historias de hospital. Cando te pregunten: Como estás?, contestarás que: Moi ben! Divinamente!
  7. 7. 6. - Cultivarás o optimismo sobre todas as cousas. Ao mal tempo, boa cara. Sé positivo nos xuízos, de bo humor nas palabras, alegre de rostro,amable nos ademáns. Non sexas un vello amargado. Tense a idade que se exerce. A vellez non é cuestión de anos senón un estado de ánimo. “O corazón non envellece" (o pel é o que se engurra).
  8. 8. 7. - Tratarás de ser útil a ti mesmo e aos demais. Non es un parasito nin unha rama esgazada da árbore da vida. Bástate a ti mesmo ata onde sexa posible.E axuda, axuda cun sorriso, un consello, un servizo.Ao abrirte aos demais, deixarás de estar pensando nun “eu" angustiado e solitario. "Só cando se abre a noz, aparece a améndoa".
  9. 9. 8. - Traballarás coas túas mans e coa túa mente. O traballo é a terapia infalible. Calquera actitude laboral, intelectual, artística. Fai algo, o que sexa e o que poidas. Unha ocupación artesanal, un tempiño de lectura, un anaco amable de TV, a música. A bendición do traballo é medicina para todos os malese se xa estás xubilado, ocúpate en actividades de servizo, os hospitais, asilos, igrexas, etc. sempre necesitan mans que axuden.
  10. 10. 9. - Manterás vivas e cordiais as relacións humanas. Desde logo, as que se exercitan no fogar, integrándote a todos os membros da túa familia. Aí tes a oportunidade de convivir con nenos, mozos e adultos, o perfecto mostrario da vida.Convive, pero sen inmiscuirte nos problemas dos demais, a menos que expresamente che pidan un consello, recorda: "Ver, oír e calar."
  11. 11. 10. - Non pensarás que "todo o tempo pasado foi mellor". Deixa de estar condenando o teu mundo e maldicindo o teu momento. Non digas a cada palabra: "as cousas andan mal, alá no meu tempo...", "recordo que antes..."Non vivas de recordos, mira cara ao futuro con alegría. Ponte novas metas, fai plans, soña...! Positivo sempre, negativo xamais. Toda persoa debería ser como a Lúa: destinada a dar luz... e como o Sol, sempre dando calor...

×