Diese Präsentation wurde erfolgreich gemeldet.
Wir verwenden Ihre LinkedIn Profilangaben und Informationen zu Ihren Aktivitäten, um Anzeigen zu personalisieren und Ihnen relevantere Inhalte anzuzeigen. Sie können Ihre Anzeigeneinstellungen jederzeit ändern.

Cirurxián clandestino

464 Aufrufe

Veröffentlicht am

Espiritualidade en galego

• Als Erste(r) kommentieren

• Gehören Sie zu den Ersten, denen das gefällt!

Cirurxián clandestino

1. 1. Dr. HAMILTON NAKI O CIRURXIÁN CLANDESTINO
2. 2. Hamilton Naki, un surafricano negro de 78 anos, morreu en maio de 2005. A noticia non apareceu nos periódicos, pero a súa historia é unha das máis extraordinarias do século XX. Naki era un gran cirurxián.
3. 3.      Foi el quen retirou do corpo da doante o corazón que foi transplantado a Louis Washkankeen 1967, na Cidade do Cabo, Suráfrica, na primeira operación de transplante cardíaco humano con éxito . É un traballo moi delicado. O corazón doado ten que ser retirado e preservado co máximo coidado.
4. 4.    Naki era o segundo home máis importante do equipo que fixo o primeiro transplante cardíaco da historia.     Pero non podía aparecer, porque era negro, no país do apartheid.
5. 5. O cirurxián xefe do grupo, o branco Christian Barnard, transformouse nunha celebridade instantánea.
6. 6. Pero Hamilton Naki non podía saír nas fotografías do equipo. Cando apareceu nunha, por descoido, o hospital informou que era un empregado do servizo de limpeza.
7. 7. Naki usaba bata e máscara, pero xamais estudou medicina nin cirurxía. Abandonara a escola aos 14 anos. Era xardineiro na Escola de Medicina da Cidade do Cabo.
8. 8.

Comezou limpando as gaiolas. Pero era curioso e aprendía de présa. Aprendeu a técnica cirúrxica vendo os médicos brancos que practicaban as técnicas de transplantes en cans e porcos.

9. 9.

Transformouse nun cirurxián excepcional, ata tal punto que o Dr. Barnard o requiriu para formar parte do seu equipo.

10. 10.

Era un problema para as leis surafricanas.

Naki, negro, non podía operar pacientes nin tocar sangue de brancos.

11. 11.

Pero o hospital considerábao tan valioso que fixo unha excepción con el.

Transformouse en cirurxián... pero clandestino.

12. 12.

Pero iso non lle importou.

El seguiu estudando e dando o mellor de si, pese á discriminación.

13. 13.

Era o mellor. Daba clases aos estudantes brancos, pero gañaba o salario de técnico de laboratorio, o máximo que o hospital podía pagar a un negro.

14. 14.

Vivía nunha choupana sen luz eléctrica nin auga corrente, nun gueto da periferia, como correspondía a un negro.

15. 15.

Hamilton Naki ensinou cirurxía durante 40 anos e retirouse cunha pensión de xardineiro, de 275 dólares por mes.

16. 16.

Cando o apartheid terminou, concedéronlle unha condecoración e o título de médico honoris causa.

17. 17.

Nunca reclamou polas inxustizas que sufriu ao longo de toda a súa vida.

Christian Barnard Hamilton Naki
18. 18. Pese á clandestinidade e discriminación xamais deixou de dalo mellor de si mesmo: a súa paixón por axudar a vivir.
19. 19.

Dr. Naki, por todo canto lograches para a humanidade por encima dos teus propios intereses, grazas.

Pasa esta mensaxe para que se coñeza quen foi H amilton Naki, magnífico médico e ser humano excepcional.