Diese Präsentation wurde erfolgreich gemeldet.
Die SlideShare-Präsentation wird heruntergeladen. ×

Bailar baixo a chuvia alzheimer

Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Wird geladen in …3
×

Hier ansehen

1 von 10 Anzeige
Anzeige

Weitere Verwandte Inhalte

Weitere von Nuria M Núñez Elissetche (20)

Anzeige

Bailar baixo a chuvia alzheimer

  1. 1. Como bailar baixo a chuvia
  2. 2. Era unha mañana axitada, cando, por volta das 8.30, chegou un señor maior, duns 80 anos, ao hospital para que lle sacasen os puntos dun polgar. O señor dixo que estaba apurado e que tiña unha cita ás 9.00 horas. Comprobei as súas constantes vitais e pedinlle que sentase, sabendo que quizais pasaría máis dunha hora antes de que alguén puidese atendelo.
  3. 3. Vino mirando o seu reloxo e decidín, que xa que non estaba ocupado con outro paciente, podería examinar a súa ferida. Durante o exame, comprobei que estaba en bo estado, daquela pedinlle a un dos doutores, algúns elementos para quitarlle as suturas e curar a súa ferida.
  4. 4. Mentres lle realizaba as curas, pregunteille se tiña unha cita con outro médico esa mañá, xa que o vía tan apurado. O señor díxome que non, que necesitaba ir ao xeriátrico para almorzar coa súa esposa. Pregunteille sobre a saúde dela. El respondeume que ela había tempo que estaba allí, xa que padecía de Alzheimer.
  5. 5. Pregunteille se ela se enfadaría se chegaba un pouco tarde. Respondeu que había tempo que ela non sabía quen era el, que había cinco anos que ela non podía xa recoñecelo. Sorprendeume, e daquela pregunteille: “e vostede segue indo cada mañá, aínda cando ela non sabe quen é vostede?”
  6. 6. E sorriu e acaricioume a man, antes de contestarme: “Ela non sabe quen son eu, pero eu aínda sei quen é ela.” Abraiome a contestación, e tiven que conter as bágoas mentres el se ía; e pensei: “'Ese é o tipo de Amor que quero na miña Vida.'
  7. 7. O Amor Verdadeiro non é físico, nin romántico. O Amor Verdadeiro é a aceptación de todo o que é, foi, será e non será.
  8. 8. A xente más feliz non necesariamente ten o mellor de todo; eles só fan todo o mellor que poden. “A vida non se trata de como sobrevivir a unha tempestade, senón como bailar baixo a chuvia!"
  9. 9. Eu espero que compartas esta mensaxe con alguén a quen queiras. Eu acabo de facelo. Con todas as bromas e cousas divertidas que hai nos correos, ás veces vén un que ten unha importante mensaxe. Este é un que creo podo compartir contigo.
  10. 10. Eu espero que compartas esta mensaxe con alguén a quen queiras. Eu acabo de facelo. Con todas as bromas e cousas divertidas que hai nos correos, ás veces vén un que ten unha importante mensaxe. Este é un que creo podo compartir contigo.

×