Diese Präsentation wurde erfolgreich gemeldet.
Wir verwenden Ihre LinkedIn Profilangaben und Informationen zu Ihren Aktivitäten, um Anzeigen zu personalisieren und Ihnen relevantere Inhalte anzuzeigen. Sie können Ihre Anzeigeneinstellungen jederzeit ändern.

8º pentecoste c 2013

559 Aufrufe

Veröffentlicht am

  • Als Erste(r) kommentieren

  • Gehören Sie zu den Ersten, denen das gefällt!

8º pentecoste c 2013

  1. 1. Á noitiña daquel día,o día primeiro da semana,estaban os discípulos nunhacasa coas portas pechadas pormedo aos xudeus.Nisto entrou Xesús,púxose no medio e díxolles:PAZ AVOSOTROS…Ciclo CPAZ convosco
  2. 2. E dito isto exhalou o seu alentosobre eles e díxolles:- Recibide o Espírito Santo:Aos que lles perdoedes os pecados,quedaranlles perdoados:Aos que llelos reteñades,quedaranlles retidos.Xn 20, 19-23
  3. 3. O Papa Bieito XVI subliñaba que en Pentecosteo Espírito Santo concede aos fieiso don de comprender.“Supera as rupturas iniciadas en Babel– a confusión dos corazóns,que nos enfronta uns a outros -, e abre as fronteiras”.
  4. 4.  O vento do Espírito sácanos de noso individualismo Ábrenos á comprensión de todos Axúdanos a superar os nosos límites e prexuízos Introdúcenos no pobo de Deus que é esencialmentecatólico, é dicir universal.
  5. 5. O Papa subliñaa importancia do saúdode Xesús que desexaaos seus o don da paz.Unha paz que non nacedos ferrollos,senón das presenzas do Señorno medio das comunidades,chamadas a vencer o medo.
  6. 6. Xesús exhala o seu alentosobre os discípulose comunícalles o seu Espíritopara que poidan perdoaros pecados.O alento de Xesús recorda o sopro de Deussobre o home inicial para que teña vida.
  7. 7. O Espírito ofrécenos a paz e,grazas ao perdón de Deus, inicia en cada unde nós unha nova creacióne unha nova revelación da súa vontade.
  8. 8.  O vento impetuoso e O sopro da brisa.Evócannos a forza e beleza do natural,pero remítenos a un mundo sobrenatural.A festa de Pentecoste é representadapor dous símbolos bíblicos:
  9. 9. Así é o Espírito de Deus.Purifícanos e arranca as nosos ancoraxes.O furacán rise das fronteiras. E o vento de Deus invítanos asuperar os nosos particularismos,aldeanismos e nacionalismos.Grazas ao vento purifícase o ambiente contaminado,pero ninguén o pode deter cando sopra impetuoso.
  10. 10. Grazas ao alento podemos respirar e vivir.Pero o alento é silandeiro.Cando se fai sonoro indícanosque estamos enfermos.
  11. 11. Tamén o perdón é discreto.O griterío das prazas o das promesas políticas nonse compaxina co perdón que nos dá a paze crea verdadeiras comunidades.
  12. 12. Pai celestial,ti déchesnos o Espírito paraque nos encha de vidae nos guíe polos caminos doamor.Fainos dócilesá súa orientación para quevivamos na unidade na paz.Por Xesucristo noso Señor.Amén.

×