Diese Präsentation wurde erfolgreich gemeldet.
Die SlideShare-Präsentation wird heruntergeladen. ×

6º pascua a 2014 pagola

Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Wird geladen in …3
×

Hier ansehen

1 von 14 Anzeige

Weitere Verwandte Inhalte

Diashows für Sie (20)

Andere mochten auch (17)

Anzeige

Ähnlich wie 6º pascua a 2014 pagola (19)

Weitere von Nuria M Núñez Elissetche (20)

Anzeige

6º pascua a 2014 pagola

  1. 1. 25 de maio de 2014 6º Pascua (A) Xoán 14, 15-21 Rede evanxelizadora BUENAS NOTICIAS Contribúe a difundir o “Espírito da Verdade”. Pásao. José Antonio Pagola Presentación:B.Areskurrinaga HC; Euskaraz:D.Amundarain
  2. 2. Xesús estase despedindo dos seus discípulos. Decátase de que están tristes e abatidos. Axiña non o terán con eles. Quen poderá encher este baleiro?
  3. 3. Ata agora foi el quen coidou deles, defendeunos dos escribas e fariseos, sostivo a súa fe débil e vacilante, foilles descubrindo a verdade de Deus e iniciounos no seu proxecto humanizador.
  4. 4. Xesús fálalles apaixonadamente do Espírito. Non os quere deixar orfos. El mesmo pedirá ao Pai que non os abandone, que lles dea “outro Defensor” para que “estea sempre con eles”.
  5. 5. Xesús chámaoXesús chámao “o Espírito da Verdade”“o Espírito da Verdade”.. Que se esconde nestas palabras deQue se esconde nestas palabras de Xesús?Xesús?
  6. 6. Este “Espírito da Verdade” non hai que confundilo cunha doutrina. Esta verdade non hai que buscala nos libros dos teólogos nin nos documentos da xerarquía. É algo moito máis profundo.
  7. 7. Xesús di queXesús di que ““vive connosco evive connosco e está en nós”está en nós”.. É alento, forza, luz,É alento, forza, luz, amor... que nosamor... que nos chega do misteriochega do misterio último de Deus.último de Deus. Temos que acolleloTemos que acollelo con corazón sinxelocon corazón sinxelo e confiado.e confiado.
  8. 8. Este “Espírito da Verdade” non nos converteEste “Espírito da Verdade” non nos converte en “propietarios” da verdade.en “propietarios” da verdade. Non vén para que impoñamos a outros a nosaNon vén para que impoñamos a outros a nosa fe nin para que controlemos a súafe nin para que controlemos a súa ortodoxia. Vén para non deixarnos orfos de Xesús, e invítanos a abrirnos á súa verdade, escoitando, acollendo e vivindo o seu Evanxeo.
  9. 9. Este “Espírito da Verdade” non nos fai tampouco “gardiáns” da verdade, senón testemuñas. O noso quefacer non é disputar, combatir nin derrotar adversarios, senón vivir a verdade do Evanxeo e “amar a Xesús gardando os seus mandatos”.
  10. 10. Este “Espírito daEste “Espírito da Verdade” está no interiorVerdade” está no interior de cada un de nósde cada un de nós defendéndonos de todo odefendéndonos de todo o que nos pode apartar deque nos pode apartar de Xesús.Xesús. Invítanos a abrirnos conInvítanos a abrirnos con sinxeleza ao misterio dunsinxeleza ao misterio dun Deus, Amigo da vida.Deus, Amigo da vida.
  11. 11. Quen busca a este Deus con honradez e verdade non está lonxe del. Xesús dixo en certa ocasión: “Todo o que é da verdade, escoita a miña voz”. É certo.
  12. 12. Este “Espírito da Verdade” invítanos a vivir na verdade de Xesús no medio dunha sociedade onde, con frecuencia, á mentira chámaselle estratexia; á explotación, negocio; á irresponsabilidade, tolerancia; á inxustiza, orde establecido; á arbitrariedade, liberdade; á falta de respecto, sinceridade...
  13. 13. Que sentido pode ter a Igrexa de Xesús se deixamos que se perda nas nosas comunidades o “Espírito da Verdade”? Quen poderá salvala do autoengano, as desviacións e a mediocridade xeneralizada? Quen anunciará a Boa Nova de Xesús nunha sociedade tan necesitada de alento e esperanza?...
  14. 14. O ESPÍRITO DA VERDADE Xesús estase despedindo dos seus discípulos. Decátase de que están tristes e abatidos. Axiña non o terán con eles. Quen poderá enchar o seu baleiro? Ata agora foi el quen coidou deles, defendeunos dos escribas e fariseos, sostivo a súa fe débil e vacilante, foilles descubriendo a verdade de Deus e iniciounos no seu proxecto humanizador. Xesús fálalles apaixonadamente do Espírito. Non os quere deixar orfos. El mesmo pedirá ao Pai que non os abandone, que lles dea “outro Defensor” para que “estea sempre con eles”. Xesús chámao “o Espírito da Verdade”. Que se esconde nestas palabras de Xesús? Este “Espírito da Verdade” non hai que confundilo cunha doutrina. Esta verdade non hai que buscala nos libros dos teólogos nin nos documentos da xerarquía. É algo moito máis profundo. Xesús di que “vive connosco e está en nós”. É alento, forza, luz, amor... que nos chega do misterio último de Deus. Temos que acollelo con corazón sinxelo e confiado. Este “Espírito da verdade” non nos converte en “propietarios” da verdade. Non vén para que impoñamos a outros nosa fe nin para que controlemos a súa ortodoxia. Vén para non deixarnos orfos de Xesús, e invítanos a abrirnos á súa verdade, escoitando, acollendo e vivindo o seu Evanxeo. Este “Espírito da Verdade” non nos fai tampouco “gardiáns” da verdade, senón testemuñas. O noso quefacer non é disputar, combater nin derrotar adversarios, senón vivir a verdade do Evanxeo e “amar a Xesús gardando os seus mandatos”. Este “Espírito da Verdade” está no interior de cada un de nós defendéndonos de todo o que nos pode apartar de Xesús. Invítanos a abrirnos con sinxeleza ao misterio dun Deus, Amigo da vida. Quen busca a este Deus con honradez e verdade non está lonxe del. Xesús dixo en certa ocasión: “Todo o que é da verdade, escoita a miña voz”. É certo. Este “Espírito da Verdade” invítanos a vivir na verdade de Xesús no medio dunha sociedade onde con frecuencia á mentira chámaselle estratexia; á explotación, negocio; á irresponsabilidade, tolerancia; á inxustiza, orde establecido; á arbitrariedade, liberdade; á falta de respecto, sinceridade... Que sentido pode ter a Igrexa de Xesús se deixamos que se perda nas nosas comunidades o “Espírito da Verdade”? Quen poderá salvala do autoengano, as desviacións e a mediocridade xeneralizada? Quen anunciará a Boa Nova de Xesús nunha sociedade tan necesitada de alento e de esperanza? José Antonio Pagola

×