Anzeige
Anzeige

Más contenido relacionado

Anzeige

5º pascua b vide e bacelos 2012

  1. Son bos froitos os que proceden do Espírito de Xesús . O Espírito de Xesús é non buscar ser servido senón servir, estar aos pés dos demais para lavar os pés a calquera. O Espírito de Xesús é compadecerse sempre, sentirse afectado polas necesidades do outro, e poñerse á disposición para curar, aliviar, o que faga falta. Todo o Espírito de servizo, de compaixón coa xente, de entrega persoal por facer humanidade, é o Espírito de Xesús. Se ese é o noso Espírito, estamos enxertados nel, somos bacelos vivos. José Enrique Galarreta Texto: Jn, 15, 1-8 // Pascua 5 B. Comentarios e presentación: Asun Gutiérrez. Música: Mahler. Sinfonía 5ª. Adagietto.
  2. O texto de hoxe e o do próximo domingo forman parte do chamado “discurso de despedida”. Xesús comparte É como o seu mesa e confidencias. testamento espiritual. Abre os seus beizos e o seu corazón nunha cea que sabe a amor e a despedida. Trátase de dous discursos e unha longa oración que Xesús pronuncia durante a última cea.
  3. Eu son a vide verdadeira, e meu Pai é o viñateiro. O Pai corta todos os bacelos unidos a min que non dan froito e poda os que dan froito, para que dean máis froito. Xesús non di que El é a cepa ou o tronco da planta, di que é a vide, incluíndo tamén os bacelos e o froito. A poda é o labor constante e amoroso do Pai. A limpeza, o crecemento, o coidado da planta, necesita a poda. O viñateiro poda os brotes de soberbia, de egoísmo, de rutina, de insolidariedade... Poda, con esmero e cariño, todo o que impide dar froito. Os seus coidados sempre están dirixidos a axudarnos a dar máis e mellores froitos.
  4. Vós xa estades limpios, grazas ás palabras que vos comuniquei. Permanecede unidos a min, como eu o estou a vós. Ningún bacelo pode producir froito por si mesmo, sen estar unido á vide, e o mesmo vos ocorrerá a vós, se non estades unidos a min. A Palabra de Xesús , a relación achegada e persoal con El limpa e libera. Vide e bacelos forman un todo. É unha unión íntima e total. Os bacelos necesitan recibir a Seiva, o Espírito, a Vida, da Vide. A auténtica vitalidade cristiá amósase na “permanencia” en Xesús e na súa Palabra, para poder dar froito, para ter e comunicar vida.
  5. Eu son a vide, vós os bacelos. O que permanece unido a min, como eu estou unido a el, produce moito froito; porque sen min non podedes facer nada. Só Xesús pode dicir “sen min non podedes facer nada”. Ninguén pode nin debe intentar, ou parecer que o intenta, asumir ese protagonismo. El é a vide, nós os bacelos unidos á Vide. A unión é con El. El é quen pon nova forza, liberdade, vitalidade e alegría en nosa vida.. Cada “bacelo”, unido á Vide, ten un crecemento que efectuar e unha misión que realizar.
  6. O que non permanece unido a min, é botado fóra, como os bacelos que se secan e son amontoados e botados ao lume para ser queimados. O Pai sabe que hai en cada un de nós que debe ser cortado, eliminado, purificado, queimado. Fai os cortes necesarios, con mestría e tenrura, para dar enerxía e vida, para orientar, para axudar a crecer e a dar froito. El traballa en min, facendo a miña vida fecunda só con deixalo actuar.
  7. Se permanecedes unidos a min e as miñas palabras permanecen en vós, pedide o que queirades e terédelo. Meu Pai recibe gloria cando producides froito en abundancia, e os manifestades así como discípulos meus. As expresións que repite Xesús son: “permanecer” e “dar froito”. A imaxe da vide e os bacelos amosan o que era ser discípulo para a comunidade xoánica e para os cristiáns de todos os tempos : estar unido a Xesús, escoitar, actualizar e facer vida a súa palabra e implicarse na realidade = dar froito. Actuar así dá gloria ao Pai e sentido pleno e alegría profunda á vida. En que noto e en que notan que estou unido a Xesús ?
  8. Pódanos o Pai, iso dis Ti. Poda os que dan froito, para que dean máis. Pódannos os amigos, o grupo, a comunidade, a través das relacións claras e fraternais; a través da axuda, a crítica e a experiencia. Pódannos cando poñen en crise o noso estilo de vida e a escala de valores; cando nos fan afrontar as incoherencias e zonas escuras de noso ser. Algúns pódanse a si mesmos para dar más froito. Saben dicir non a certas cousas. A maioría das podas veñen sen buscalas. Tráeas a vida cando menos o esperas; son podas involuntarias, imprevistas, a veces duras e dolorosas, e non sempre as aceptamos como algo positivo. Involuntaria ou voluntaria, a tempo ou a destempo, asumida ou rexeitada, a poda é o secredo das persoas que se fixeron fortes, dos hombres e mulleres que dan froito, dos que teñen vida. Pódanos, Señor! Pódame, Señor! Ulibarri, Fl.
Anzeige