Anzeige
Anzeige

Más contenido relacionado

Anzeige

4 epifania do señor b 2018 bene pagola

  1.  Xesús naceu en Belén de Xudea en tempos  do rei Herodes. Daquela, uns magos de Oriente presentáronse en  Xerusalén preguntando: -« Onde está o Rei dos xudeus que naceu? Porque  vimos saír a súa estrela e  viñemos adoralo.» Ao informarse o rei Herodes, sobresaltouse, e todo  Xerusalén con el; convocou os sumos sacerdotes e os  escribas do país, e preguntoulles onde tiña que  nacer o Mesías. Eles contestáronlle: -«En Belén de Xudea, porque así o escribiu o profeta: “E ti, Belén, terra de Xudea, non é nin con moito menos  a última das cidades de Xudea, pois de ti sairá un xefe  que será o pastor do meu pobo Israel."» Entón Herodes chamou en segredo os magos para que  lle precisaran o tempo en que lles aparecer a estrela, e   mandounos a Belén, dicíndolles: -«Ide e informádevos coidadosamente que hai do  neno e, cando o encontredes, avisádeme, para ir eu  tamén adoralo.» Eles, despois de oír o rei, puxéronse en camiño, e  de pronto a estrela que viran saír comezou a  guialos ata que veu pararse encima de onde  estaba  o neno. Ao vela estrela, enchéronse de inmensa ledicia . Entraron na casa, viron o neno con María, súa  nai, e caendo de xeonllos adorárono; despois,  abrindo os seus cofres, ofrecéronlle regalos:  ouro, incenso e mirra. E tenso recibido en soños un oráculo, para que non  volvesen a Herodes, marcharon á súa terra por  outro camiño. Epifanía do Señor (B) Lectura do santo Evanxeo segundo san Mateo 2, 1-12 clic
  2. 06-01-2018 Epifanía do Señor – B (Mateo 2,1-1) José Antonio Pagola Presentación:B.Areskurrinaga HC Euskaraz: D. Amundarain Música: Duérmete-Brahms
  3. Non hai técnicas nin métodos que conduzan de forma automática cara a Deus. Pero si hai actitudes e xestos que nos poden dispoñer ás persoas a preparararnos ao encontro con El. Máis aínda. As palabras máis belas e os discursos máis brillantes sobremáis brillantes sobre Deus son inútiles seDeus son inútiles se cada un non noscada un non nos abrimos a El.abrimos a El. Como?Como?
  4. O máis importante para orientarnos cara a Deus é invocalo desde o fondo do corazón, a soas, na intimidade da propia conciencia. É aí onde un se abre confiadamente ao misterio de Deus ou decide vivir só, de forma atea, sen Deus.
  5. Pero, pódese invocar a Deus cando un non cre nel nin está seguro de nada? Carlos de Foucauld e outros non crentes iniciaron a súa busca de Deus con esta invocación: «Deus, se existes,«Deus, se existes, amósame o teuamósame o teu rostro».rostro».
  6. Esta invocación humilde e sincera no medio da escuridade é, probablemente, un dos camiños máis puros para facernos sensibles ao misterio de Deus.
  7. Para orientarnos cara a Deus tamén é importante eliminar da propia vida aquilo que nos está impedindo encontrarnos con El. Se un, por exemplo, ten a pretensión de sabelo todo e de ter comprendido xa o misterio último da realidade, do ser humano, da vida e da morte, é difícil que busque de verdade a Deus.
  8. Se un vive encollido por diferentes medos ou afundido na desesperanza, como se abrirá con confianza a un Deus que o ama sen fin?
  9. Se alguén se pecha no seu propio egoísmo e só sente desamor e indiferenza cara aos demais, como poderá abrirse a un Deus que é só Amor?
  10. Para orientarnos cara a Deus é importante manter o desexo, perseverar na busca, seguir invocando, saber esperar. No hai outra forma de camiñar cara ao Misterio de quen é a fonte da vida.
  11. O relato dos magos destaca de moitas formas a súa actitude exemplar na busca do Salvador. Estes homes saben poñerse en camiño cara ao Misterio.
  12. Saben preguntar humildemente, superar momentos de escuridade, perseverar na busca e adorar a Deus encarnado na fraxilidade dun ser humano.
Anzeige