Diese Präsentation wurde erfolgreich gemeldet.
Wir verwenden Ihre LinkedIn Profilangaben und Informationen zu Ihren Aktivitäten, um Anzeigen zu personalisieren und Ihnen relevantere Inhalte anzuzeigen. Sie können Ihre Anzeigeneinstellungen jederzeit ändern.
José Antonio Pagola

Red evangelizadora BUENAS NOTICIAS

10 de novembro de 2013
32º Tempo ordinario (C)
Lucas 20, 27-38

D...
Xesús non se dedicou a
falar moito da vida eterna. Non
pretende enganar a ninguén
facendo descricións fantáticas
da vida m...
Vive aliviando o sufrimento e liberando
do medo á xente.
Contaxia unha confianza total en Deus.
A súa paixón é facer a vida máis
humana e ditosa para todos, tal como a
quere o Pai...
Só cando un grupo de saduceos se lle achega coa
idea de ridiculizar a fe na resurrección, a Xesús
agrómalle do seu corazón...
A súa fe é sinxela.
É verdade que nós choramos os
nosos seres queridos porque, ao
morrer,
Perdémolos aquí na terra,
pero X...
O trazo máis preocupante do noso
tempo é a crise de esperanza.
Perdemos o horizonte dun Futuro
último e as pequenas espera...
Este baleiro de esperanza está
xerando en bastantes a perda de
confianza na vida.
Nada paga a pena.
É fácil daquela o nihi...
E estes tempos de
desesperanza,
non nos están pedindo a
todos, crentes e non
crentes, facernos as
preguntas máis radicais
...
Ao final de todos os camiños, no fondo de
todas as nosas arelas, no interior dos nosos
interrogantes e loitas,
non estará ...
A fe estásenos quedando aí, acurrunchada
nalgún lugar do noso interior, como algo
pouco importante, que non paga a pena
co...
Certamente non é fácil
crer,
e é difícil non crer.
Mentres tanto, o
misterio último da vida
estanos pedindo unha
resposta
...
Esta resposta é decisión de cada un.
Quero borrar da miña vida toda esperanza
última máis alá da morte como unha falsa
ilu...
Quero permanecer aberto ao Misterio
último da existencia confiando que aí
encontraremos a resposta, a acollida e a
plenitu...
DECISIÓN DE CADA UN
Xesús non se dedicou a falar moito da vida eterna. Non pretende enganar a ninguén facendo
descricións ...
Nächste SlideShare
Wird geladen in …5
×

32º domingo toc 2013 bene pagola

774 Aufrufe

Veröffentlicht am

  • Als Erste(r) kommentieren

  • Gehören Sie zu den Ersten, denen das gefällt!

32º domingo toc 2013 bene pagola

  1. 1. José Antonio Pagola Red evangelizadora BUENAS NOTICIAS 10 de novembro de 2013 32º Tempo ordinario (C) Lucas 20, 27-38 Difunde a esperanza en Deus. Pásalo. Música:The serpent Mound; present:B.Areskurrinaga HC;euskaraz:D.Amundarain
  2. 2. Xesús non se dedicou a falar moito da vida eterna. Non pretende enganar a ninguén facendo descricións fantáticas da vida máis allá da morte. Con todo, a súa vida enteira esperta esperanza.
  3. 3. Vive aliviando o sufrimento e liberando do medo á xente.
  4. 4. Contaxia unha confianza total en Deus. A súa paixón é facer a vida máis humana e ditosa para todos, tal como a quere o Pai de todos.
  5. 5. Só cando un grupo de saduceos se lle achega coa idea de ridiculizar a fe na resurrección, a Xesús agrómalle do seu corazón crente a convicción que sostén e alenta a súa vida enteira: Deus “non é un Deus de mortos, senón de vivos, porque para el todos son vivos”.
  6. 6. A súa fe é sinxela. É verdade que nós choramos os nosos seres queridos porque, ao morrer, Perdémolos aquí na terra, pero Xesús non pode nin imaxinarse que a Deus se lle vaian morrendo eses fillos seus aos que tanto ama. Non pode ser. Deus está compartindo a súa vida con eles porque os acolleu no seu amor insondable.
  7. 7. O trazo máis preocupante do noso tempo é a crise de esperanza. Perdemos o horizonte dun Futuro último e as pequenas esperanzas desta vida non terminan de consolarnos.
  8. 8. Este baleiro de esperanza está xerando en bastantes a perda de confianza na vida. Nada paga a pena. É fácil daquela o nihilismo total.
  9. 9. E estes tempos de desesperanza, non nos están pedindo a todos, crentes e non crentes, facernos as preguntas máis radicais que levamos dentro? Ese Deus do que moitos dubidan, ao que bastantes abandonaron e polo que moitos seguen preguntando, non será o fundamento último no que podemos apoiar a nosa confianza radical na vida?
  10. 10. Ao final de todos os camiños, no fondo de todas as nosas arelas, no interior dos nosos interrogantes e loitas, non estará Deus como Misterio último da salvación que andamos buscando?
  11. 11. A fe estásenos quedando aí, acurrunchada nalgún lugar do noso interior, como algo pouco importante, que non paga a pena coidar xa nestes tempos. Será así?
  12. 12. Certamente non é fácil crer, e é difícil non crer. Mentres tanto, o misterio último da vida estanos pedindo unha resposta lúcida e responsable.
  13. 13. Esta resposta é decisión de cada un. Quero borrar da miña vida toda esperanza última máis alá da morte como unha falsa ilusión que non nos axuda a vivir?
  14. 14. Quero permanecer aberto ao Misterio último da existencia confiando que aí encontraremos a resposta, a acollida e a plenitude que andamos buscando xa desde agora?
  15. 15. DECISIÓN DE CADA UN Xesús non se dedicou a falar moito da vida eterna. Non pretende enganar a ninguén facendo descricións fantáticas da vida máis alá da morte. Con todo, a súa vida enteira esperta esperanza. Vive aliviando o sufrimento e liberando do medo á xente. Contaxia unha confianza total en Deus. A súa paixón é facer a vida máis humana e ditosa para todos, tal como a quere o Pai de todos. Só cando un grupo de saduceos se lle achega coa idea de ridiculizar a fe na resurrección, a Xesús agrómalle do seu corazón crente a convicción que sostén e alenta a súa vida enteira: Deus “non é un Deus de mortos, senón de vivos, porque para el todos son vivos”. A súa fe é sinxela. É verdade que nós choramos os nosos seres queridos porque, ao morrer, perdémolos aquí na terra, pero Xesús non pode nin imaxinarse que a Deus se lle vaian morrendo eses fillos seus aos que tanto ama. Non pode ser. Deus está compartindo a súa vida con eles porque os acolleu no seu amor insondable. O trazo máis preocupante do noso tempo é a crise de esperanza. Perdemos o horizonte dun Futuro último e as pequenas esperanzas desta vida non terminan de consolarnos. Este baleiro de esperanza está xerando en bastantes a perda de confianza na vida. Nada paga a pena. É fácil daquela o nihilismo total. Estes tempos de desesperanza, non nos están pedindo a todos, crentes e non crentes, facernos as preguntas máis radicais que levamos dentro? Ese Deus do que moitos dubidan, ao que bastantes abandonaron e polo que moitos seguen preguntando, non será o fundamento último no que podemos apoiar a nosa confianza radical na vida? Ao final de todos os camiños, no fondo de todos as nosas arelas, no interior dos nosos interrogantes e loitas, non estará Deus como Misterio último da salvación que andamos buscando? A fe estásenos quedando aí, acurrunchada nalgún lugar do noso interior, como algo pouco importante, que non paga a pena coidar xa nestes tempos. Será así? Certamente non é fácil crer, e é difícil non crer. Mentres tanto, o misterio último da vida estanos pedindo unha resposta lúcida e responsable. Esta resposta é decisión de cada un. Quero borrar da miña vida toda esperanza última máis alá da morte como unha falsa ilusión que non nos axuda a vivir? Quero permanecer aberto ao Misterio último da existencia confiando que aí encontraremos a resposta, a acollida e a plenitude que andamos buscando xa desde agora? José Antonio Pagola

×