1. José Antonio Pagola
22 de xullo de 2012
16º Tempo ordinario (B)
Marcos 6, 30-34
Red evanxelizadora BUENAS NOTICIAS
Difunde a mirada compasiva de Xesús. Pásao.
Música: Bach; present:B.Areskurrinaga HC; euskaraz:D.Amundarain
2. Marcos describe con todo detalle a situación.
Xesús diríxese na barca cos seus discípulos cara a un lugar
tranquilo e retirado.
Quere escoitalos con calma, pues volveron cansos da súa
primeira andaina evanxelizadora e desexan compartir a súa
experiencia co Profeta que os enviou.
3. O propósito de Xesús queda frustrado.
A xente descobre a súa intención e adiántaselles
correndo pola ribeira.
Cando chegan ao lugar, encóntranse cunha multitude
vinda de todas as aldeas da contorna.
Como reaccionará Xesús?
4. Marcos describe graficamente a súa actuación:
os discípulos han de aprender
como han de tratar a xente;
nas comunidades cristiás hase de recordar como era Xesús
con esas persoas perdidas no anonimato, das que ninguén se
preocupa.
5. "Ao desembarcar, Xesús viu a multitude, e
conmoveuse porque andaban como ovellas sen
pastor, e púxose a ensinarlles con calma".
6. O primeiro que destaca o evanxelista
é a mirada de Xesús.
Non se irrita porque interromperon os seus plans.
míraos paseniñamente e conmóvese.
7. Nunca lle
molesta a
xente.
O seu corazón
intúe a
desorientación
e o abandono
en que se
encontran os
campesiños
de aquelas
aldeas.
8. Na Igrexa temos que aprender a mirar a
xente como a miraba Xesús:
captando o sufrimento, a soidade,
o desconcerto ou o abandono que sofren
moitos e moitas.
9. A compaixón non agroma da atención ás normas
ou do recordo das nosas obrigas.
Espértase en nós cando miramos atentamente
os que sofren.
10. Desde esa mirada Xesús
descobre a necesidade
máis profunda daquelas xentes:
"andan como ovellas sen pastor".
11. A ensinanza que reciben dos mestres e
letrados da Lei non lles ofrece o alimento
que necesitan.
Viven sen que ninguén coide realmente
delas.
Non teñen un pastor que as guíe e as
defenda.
12. Movido pola súa compaixón, Xesús
" ponse a ensinalles con calma".
ensinalle
Sen présas, dedícase pacientemente a ensinarlles a
Boa Nova de Deus
e o seu proxecto humanizador do Reino.
13. Non o fai por obrigación.
Non pensa en si mesmo.
Comunícalles a
Palabra de Deus,
conmovido pola
necesidade que teñen
dun pastor.
14. Non podemos permanecer indiferentes
ante tanta xente que, dentro das nosas
comunidades cristiás, anda buscando
un alimento máis sólido que o que recibe.
15. Non temos que aceptar
como normal
a desorientación
relixiosa dentro da
Igrexa.
Temos que reaccionar de
maneira lúcida e
responsable.
Non poucos cristiáns
buscan ser mellor
alimentados. Necesitan
pastores que lles
transmitan
a ensinanza de Xesús.
16. A MIRADA DE XESÚS
Marcos describe con todo detalle a situación. Xesús diríxese na barca cos seus discípulos cara a un
lugar tranquilo e retirado. Quere escoitalos con calma, pois volveron cansos da súa primeira andaina
evanxelizadora e desexan compartir a súa experiencia co Profeta que os enviou.
O propósito de Xesús queda frustrado. A xente descobre a súa intención e adiántaselles correndo
pola beira. Cando chegan ao lugar, encóntranse cunha multitude vinda de todas as aldeas da contorna. Como
reaccionará Xesús?
Marcos describe graficamente a súa actuación: os discípulos han de aprender como han de tratar a
xente; nas comunidades cristiás hase de recordar como era Xesús con esas persoas perdidas no anonimato, das
que ninguén se preocupa. "Ao desembarcar, Xesús viu a multitude, e conmoveuse porque andaban como
ovellas sen pastor, e púxose a ensinarlles con calma".
O primeiro que destaca o evanxelista é a mirada de Xesús. Non se irrita porque interromperon os
seus plans. Míraos paseniñamente e conmóvese. Nunca lle molesta a xente. O seu corazón intúe a
desorientación e o abandono en que se encontran os campesiños daquelas aldeas.
Na Igrexa temos que aprender a mirar a xente como a miraba Xesús: captando o sufrimento, a
soidade, o desconcerto ou o abandono que sofren moitos e moitas. A compaixón non agroma da atención ás
normas ou do recordo das nosas obrigas. Espértase en nós cando miramos atentamente os que sofren.
Desde esa mirada Xesús descobre a necesidade máis profunda daquelas xentes: "andan como
ovellas sen pastor". A ensinanza que reciben dos mestres e letrados da Lei non lles ofrece o alimento que
necesitan. Viven sen que ninguén coide realmente delas. Non teñen un pastor que as guíe e as defenda.
Movido pola súa compaixón, Xesús " ponse a ensinarlles con calma". Sen présas, dedícase
pacientemente a ensinarlles a Boa Nova de Deus e o seu proxecto humanizador do Reino. Non o fai por
obrigación. Non pensa en si mesmo. Comunícalles a Palabra de Deus, conmovido pola necesidade que teñen
dun pastor.
Non podemos permanecer indiferentes ante tanta xente que, dentro das nosas comunidades
cristiás, anda buscando un alimento máis sólido que o que recibe. Non temos que aceptar como normal a
desorientación relixiosa dentro da Igrexa. Temos que reaccionar de maneira lúcida e responsable. Non poucos
cristiáns buscan ser mellor alimentados. Necesitan pastores que lles transmitan a ensinanza de Xesús.
José Antonio Pagola