Anzeige
Anzeige

Más contenido relacionado

Anzeige

14º domingo tob 2015 bene pagola

  1. 5 de xullo de 2015 14º Domingo do TOB. Marcos 6, 1-6 Presentación: B.Areskurrinaga HC Euskaraz: D. Amundaraian Música: Viool. Endless José Antonio Pagola
  2. O relato non deixa de serO relato non deixa de ser sorprendente. Xesús foisorprendente. Xesús foi rexeitado precisamente narexeitado precisamente na súa propia aldea, entresúa propia aldea, entre aqueles que crían coñeceloaqueles que crían coñecelo mellor ca ninguén.mellor ca ninguén.
  3. Chega a Nazaré, acompañado dos seus discípulos, e ninguén sae ao seu encontro, como sucede ás veces noutros lugares. Tampouco o presentan aos enfermos da aldea para que os cure.
  4. A súa presenza só esperta neles asombro. Non saben quen lle puido aprender unha mensaxe tan chea de sabedoría. Tampouco se explican de onde provén a forza curadora das súas mans.
  5. O único que saben é que Xesús é un traballador nacido nunha familia da súa aldea. Todo o demais «resúltalles escandaloso»
  6. Xesús sénteseXesús séntese «desprezado»: os«desprezado»: os seus non o aceptanseus non o aceptan como portador dacomo portador da mensaxe e damensaxe e da salvación de Deus.salvación de Deus. Fixéronse unhaFixéronse unha idea do seu veciño Xesús e resístense a abrirse ao misterio que se encerra na súa persoa.
  7. Xesús recórdalles un refrán que, probablemente, coñecen todos: «Non desprezan un profeta máis ca na súa terra, entre os seus parentes e na súa casa».
  8. Ao mesmo tempo, XesúsAo mesmo tempo, Xesús «estráñase da súa falta de fe».«estráñase da súa falta de fe». É a primeira vez que experimenta unÉ a primeira vez que experimenta un rexeitamento colectivo, non dos dirixentesrexeitamento colectivo, non dos dirixentes relixiosos, senón de toda a súa aldea.relixiosos, senón de toda a súa aldea. Non se esperaba isto dos seusNon se esperaba isto dos seus..
  9. A súa incredulidade chega incluso a bloquear a súa capacidade de curar:súa capacidade de curar: «non puido facer alí ningún milagre, só«non puido facer alí ningún milagre, só curou algúns enfermos».curou algúns enfermos».
  10. Marcos non narra esteMarcos non narra este episodio paraepisodio para satisfacer asatisfacer a curiosidade dos seuscuriosidade dos seus lectores, senón paralectores, senón para advertir asadvertir as comunidades cristiáscomunidades cristiás que Xesús pode serque Xesús pode ser rexeitadorexeitado precisamente porprecisamente por quen cren coñeceloquen cren coñecelo mellor: os que semellor: os que se encerran nas súasencerran nas súas ideas preconcibidasideas preconcibidas sen abrirse nin ásen abrirse nin á novidade da súanovidade da súa mensaxe nin aomensaxe nin ao misterio da súamisterio da súa persoa.persoa.
  11. Como estamos acollendo a Xesús os que nos cremos «seus»? No medio dun mundo que se fixo adulto, non é a nosa fe demasiado infantil e superficial?
  12. Non vivimos demasiado indiferentes á novidade revolucionaria da súa mensaxe? No é estraña a nosa falta de fe na súa forza transformadora? No temos o risco de apagar o seu Espíriou e desprezar a súa profecía
  13. Ésta era a preocupación de Paulo de Tarso: «Non apaguedes o Espírito, non desprecedes o don de Profecía. Revisádeo todo e quedádevos só co bo» (1ª Tesalonicenses 5, 19-21). Non necesitamos algo disto os cristiáns dos nosos días?
  14.   NON DESPREZAR O PROFETA   O relato non deixa de ser sorprendente. Xesús foi rexeitado precisamente na súa propia aldea, entre aqueles que crían coñecelo mellor ca ninguén. Chega a Nazaré, acompañado dos seus discípulos, e ninguén sae ao seu encontro, como sucede ás veces noutros lugares. Tampouco o presentan aos enfermos da aldea para que os cure. A súa presenza só esperta neles asombro. Non saben quen lle puido aprender unha mensaxe tan chea de sabedoría. Tampouco se explican de onde provén a forza curadora das súas mans. O único que saben é que Xesús é un traballador nacido nunha familia da súa aldea. Todo o demais «resúltalles escandaloso». Xesús séntese «desprezado»: os seus non o aceptan como portador da mensaxe e da salvación de Deus. Fixéronse unha idea do seu veciño Xesús e resístense a abrirse ao misterio que se encerra na súa persoa. Xesús recórdalle un refrán que, probablemente, coñecen todos: «Non desprezan un profeta máis ca na súa terra, entre os seus parentes e na súa casa». Ao mesmo tiempo, Xesús «estráñase da súa falta de fe». É a primeira vez que experimenta un rexeitamento colectivo, non dos dirixentes relixiosos, senón de toda a súa aldea. Non se esperaba isto dos seus. A súa incredulidade chega incluso a bloquear a súa capacidade de curar: «non puido facer alí ningún milagre, só curou algúns enfermos». Marcos non narra este episodio para satisfacer a curiosidade dos seus lectores, senón para advertir as comunidades cristiás que Xesús pode ser rexeitado precisamente por quen cren coñecelo mellor: os que se encerran nas súas ideas preconcibidas sen abrirse nin á novidade da súa mensaxe nin ao misterio da súa persoa. Como estamos acollendo a Xesús os que nos cremos «seus»? No medio dun mundo que se fixo adulto, non é a nosa fe demasiado infantil e superficial? Non vivimos demasiado indiferentes á novidade revolucionaria da súa mensaxe? Non é estraña a nosa falta de fe na súa forza transformadora? Non temos o risco de apagar o seu Espírito e desprezar a súa Profecía? Esta era a preocupación de Paulo de Tarso: «Non apaguedes o Espírito, non desprecedes o don de Profecía. Revisádeo todo e quedádevos só co bo» (1ª Tesalonicenses 5, 19- 21). Non necesitamos algo disto os cristiáns dos nosos días? José Antonio Pagola
Anzeige