Anzeige

España no XIX e no XX.pptx

20. Nov 2022
Anzeige

Más contenido relacionado

Anzeige

España no XIX e no XX.pptx

  1. España nos séculos XIX e XX (resumo)
  2. • O Antigo Réxime entra en crise no reinado de Carlos IV nun contexto convulso e accidentado, con moita influencia das vagas revolucionarias europeas e coa resistencia ao cambio constante de monarcas, aristócratas e clero. Inicios do XIX: a crise do Antigo Réxime
  3. • Napoleón invade España, pero afronta unha guerra de independencia moi custosa e ten que retirarse. Volve un rei borbón, Fernando VII, que restablece o absolutismo. A guerra de independencia (1808-1814)
  4. • En paralelo á guerra, convócanse unhas Cortes en Cádiz que establecen a primeira Constitución, a de 1812. As Cortes e a Constitución de Cádiz (1812)
  5. • Fernando VII oponse a todo liberalismo e suprime a Constitución, que só estará en vigor durante os tres anos (20-23) do Trienio Liberal. A restauración do absolutismo
  6. • Todo o século está marcado polo combate político entre absolutistas e liberais, primeiro, e despois entre moderados e progresistas. Os carlistas tamén protagonizan varios levantamentos para tentar impor unha nova dinastía e un réxime máis reaccionario, sen éxito. Moderados, progresistas e carlistas
  7. • A maioría das colonias españolas libéranse do dominio da metrópole, para o que aproveitan a conxuntura bélica da Península. A liberación da América española
  8. • Tras a morte de Fernando VII, reina a súa filla, Sabela II, se ben tras dúas rexencias de María Cristina e Espartero. Neste período altérnanse no moderados e progresistas, con frecuentes pronunciamientos. O convulso reinado de Sabela II (1833-1868)
  9. • A monarquía isabelina, marcada pola corrupción da raíña e o autoritarismo, entra en crise de novo e é derrocada por unha revolución democrática en 1869. Tras unha breve monarquía constitucional (de Amadeo de Savoia) chega a Primeira República, que apenas dura once meses. O convulso reinado de Sabela II (1833-1868)
  10. • Tras o fin da República (cun novo golpe de Estado) restaúrase de novo a dinastía borbónica, con Afonso XII. Agora os moderados e progresistas altérnanse pacificamente no poder, mais manipulan as eleccións e controlan a sociedade polo caciquismo. A Restauración e o reinado de Afonso XII (1875-1885)
  11. • Nesta época consolídanse dous importantes movementos de oposición, o movemento obreiro (marxista e anarquista) e os nacionalismos, nomeadamente o catalán e o vasco. A oposición: o movemento obreiro e os nacionalismos
  12. • En 1898, España perde ante Estados Unidos os restos do seu imperio colonial: Cuba, Puerto Rico e Filipinas. A perda dos restos do imperio (1898)
  13. • O reinado de Afonso XIII desemboca nunha profunda crise do sistema, que deriva na ditadura de Primo de Rivera. Tras esta proclámase por segunda vez a república. O reinado de Afonso XIII (1886-1931) e a ditadura de Primo de Rivera (1923-1930)
  14. • Durante a II República (1931-1936) as forzas de esquerda tentan impulsar unha transformación do Estado (agraria, territorial, relixiosa, cultural, educativa) á que se opoñen ás dereitas. A II República (1931-1936)
  15. • Unha parte do exército sublévase, con inspiración no fascismo, nun golpe de Estado que fracasa e que desemboca na Guerra Civil (1936- 1939). A Guerra Civil (1936-1939)
  16. • A derrota do bando republicano é total e o bando rebelde, liderado por Francisco Franco e co apoio decisivo das ditaduras fascistas, establece unha longa e cruenta ditadura (1939-1975). A ditadura franquista (1939-1975)
  17. • A ditadura comeza a desenvolverse entre o aillamento internacional (ante a derrota do Eixe) e o estancamento económico da autarquía, mais a partir dos 50 intégrase no bloque político occidental (acordos con Estados Unidos) e fomenta o desenvolvemento industrial (desarrollismo). A ditadura franquista (1939-1975)
  18. • Franco designa Xoán Carlos I como o seu sucesor a título de Rei. A ditadura franquista (1939-1975)
  19. • A oposición aumenta a súa influencia (no movemento obreiro, na oposición nacionalista, na xuventude...) mais non derruba o réxime. A ditadura franquista (1939-1975)
  20. • Tras a morte de Franco instáurase un novo sistema político, que nace da reforma do franquismo e é dirixido polas elites deste réxime, que pactan coa oposición maioritaria. A Transición
  21. • Apróbase a Constitución de 1978 • O novo sistema instaura a democracia, permite o pluralismo político e a descentralización administrativa (o Estado das autonomías). • Máis unha vez, restaúrase a monarquía hereditaria nun Borbón (Xoán Carlos I). A Constitución de 1978
Anzeige