SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 17
Downloaden Sie, um offline zu lesen
[Escribir texto]
1
PROGRAMA ELECCIÓNS MUNICIPAIS VIGO 2015
“UNHA NOVA POLÍTICA MUNICIPAL PARA CONSTRUÍR UN NOVO PAÍS”
Preámbulo
Compromiso por Galicia preséntase por primeira vez ás eleccións municipais no Concello de Vigo como unha
alternativa achegada a esa sociedade viguesa historicamente emprendedora, progresista e galeguista, afastada da
imaxe triste, acomplexada, localista e populista á que estamos habituados na política local destes últimos anos.
Vigo sufriu cos últimos gobernos o desgaste do enfrontamento institucional, da perda de peso económico, do
aumento do desemprego, da perda de investimentos prometidos e o esquecemento de moitas promesas
electorais, todo baixo a imaxe mediática dun goberno economicamente solvente, paladín da defensa numantina
de cidade, sen máis obxectivos que a mera campaña publicitaria do propio alcalde, e cun único proxecto estrela.
Sendo na súa meirande parte actuacións con certo grado de necesidade,non teñen incidencia real na creación e
distribución de riqueza e de benestar na cidadanía. A esta única política municipal de fomento, sumouse a
inanición e o agocho da oposición municipal do Partido Popular e do Bloque Nacionalista Galego, deixando Vigo
baixo a imaxe dun goberno personalista e populista, vendedor de fume en cada acto ou noticia saída nos medios
de comunicación.
No novo goberno municipal que naza destas eleccións, CxG pretende trasladar a concepción moderna da
socialdemocracia europea: cooperación, responsabilidade, benestar social, xustiza, igualdade, participación,...
ideais esquecidos nunha crise non só económica senón de valores sociais, e que nós reclamamos poidan regresar
a unha cidade que sempre se considerou progresista e cabeza de lanza económica e cultural para Galicia.
As medidas incluídas neste Programa aparecerán agrupadas en oito grandes ámbitos:
1- Rexeneración democrática: transparencia, participación e prevención da corrupción
2- Economía e emprego: un futuro mellor
3- Xestión eficiente dos recursos públicos: un concello que funcione
4- Benestar social e igualdade: coidando as persoas
5- Cultura
6- Planificación do territorio: crecemento sustentable e medio ambiente
7- Deporte: calidade de vida para tod@s
8- Seguridade e mobilidade: redución de riscos
2
I. REXENERACIÓN DEMOCRÁTICA. Transparencia, participación e prevención da
corrupción
Co fin de converter os concellos en institucións profundamente democráticas, participativas e transparentes,
Compromiso fomentará a participación cidadá na vida municipal, pondo nas súas mans instrumentos que lle
permitan expresar con axilidade a súa opinión e que esta sexa tida en conta. Asemade, implantaremos
mecanismos que reduzan ao mínimo as posibilidades de que responsables políticas/os e funcionariado público
poidan cometer prácticas corruptas, ou aproveitarse da súa situación de poder para actuar en beneficio propio ou
partidista. Aínda así, seremos implacables contra aquelas persoas que, a pesar de todas as barreiras de
contención que se poidan levantar para evitar estes comportamentos, acaben sendo suxeitos a acusación penal.
Todos estes serán obxectivos a conseguir mediante a adopción de, entre outras, as seguintes medidas:
- Limitación de mandatos: os representantes de CxG elixidos para un cargo público terán unha limitación
máxima de dúas lexislaturas nese cargo como exemplo para evitar a profesionalización da vida política e
acumulación de poder nun representante político.
- Despolitización de altos cargos:coa profesionalización destes postos por funcionarios de carreira e a
redución de contratación de asesores, de xeito permanente durante o mandato, limitándose a aspectos
puntuais nos que non exista un perfil técnico acaído para a súa xestión entre os empregados públicos da
Administración Local.
- Cobertura económica ás demandas da cidadanía mediante a posta en marcha de orzamentos
participativos, que reserven unha porcentaxe do capítulo dedicado a investimentos para realizaren
aqueles gastos en infraestruturas, servizos ou actividades que, de xeito regulado, a cidadanía considere
prioritarios a través de asociacións ou colectivos directamente implicados no tipo de gasto.
- Rematar co clientelismo na contratación de persoal nas concesións municipais a empresas privadas e
plans de emprego municipais,incluíndo nos pregos de adxudicación que as novas contratacións de
persoal que realicen as empresas privadas, en calidade de adxudicatarias dun servizo público, terán que
facelas baixo os criterios de publicidade, igualdade e mérito.
- Desenvolvemento do regulamento de participación cidadá, que está a incumprirse actualmente, para
facilitar ao máximo a participación directa da cidadanía na vida municipal.
- Dinamizar o tecido asociativo local, sendo totalmente respectuosos coa súa autonomía e distribuíndo as
axudas en base a baremos obxectivos.
- Facer públicas as declaracións de actividades, ingresos e patrimonio de todo/as os/as concelleiros/as
electos/as na corporación municipal.
3
- Exposición pública de actas (plenos e xuntas de goberno local), orzamentos, liquidacións e todo aquel
documento con tal consideración.
- Tanto nas mesas de contratación de obras e servizos coma nas de persoal, facilitarase a presenza de
representantes veciñais, asociacións empresariais e sindicatos, garantido ao máximo a publicidade e a
limpeza do procedemento.
- Control das empresas concesionarias, tanto en prezos coma no seguimento das obras, así coma na
realización de auditorías técnicas e económicas durante o período da concesión e ao remate do mesmo. A
finalidade é posuír datos que permitan decidir entre a remunicipalización do servizo ou o mantemento do
sistema de concesión; de ser esta última a solución adoptada, faríase sempre salvagardando a capacidade
de fiscalización, intervención e control por parte do Concello.
- Ao comezo da lexislatura aprobarase un código ético vinculante para as/os representantes políticas/os de
tódolos grupos municipais, que entre outras obrigas estableza a de dimitir no caso de resultaren acusados
por un órgano xudicial.
- Tendo en conta que as Deputacións provinciais son en Galicia as institucións máis antidemocráticas, máis
escurantistas e máis caciquís, ademais de profundamente ineficaces, Compromiso defenderá a súa
eliminación como unha medida de rexeneración democrática e de racionalización do gasto público. Pero
como somos conscientes de que isto, que sería o desexable, non se vai producir a curto prazo e que polo
tanto na vindeira lexislatura van seguir existindo, en coherencia coa análise crítica que facemos destas
institucións que forman parte da administración local, comprometémonos a non participar nas
corporacións provinciais, independentemente da representación que nos puidera corresponder en
función dos resultados electorais acadados nas eleccións municipais.
II. ECONOMÍA E EMPREGO.Un futuro mellor
Precisamos dunha estratexia global para superar a crise, e que Vigo entre na rede das novas empresas do
coñecemento. A aposta para o desenvolvemento económico debe partir sempre das características e
potencialidades de cada concello, e no caso de Vigo temos demostrado o emprendemento histórico da nosa
cidade liderando o motor económico e empresarial galego.
- Creación dunha nova Caixa de Aforros Metropolitana de Vigo co obxectivo de apoiar a consolidación de
empresas e sectores especialmente afectados pola reestruturación e a crise económica. Compromiso por
Galicia comprométese a impulsar a creación dunha nova Caixa como instrumento fundamental para
garantir o financiamento, o aproveitamento do aforro e o desenvolvemento económico de Vigo.
- Desenvolvemento dun Plano Estratéxico Empresarial para Vigo deseñado pola Universidade de Vigo en
colaboración coas asociacións empresariais viguesas.
4
- Apoiar mediante programas de financiación específica a realización de novos investimentos de
diversificación, investigación e internacionalización das empresas, en cooperación institucional coas
administracións para Vigo e a súa área metropolitana.
- Apoio decidido ao tecido comercial e empresarial local, co obxectivo de fomentar o dinamismo
económico e a creación de emprego no noso entorno, exercendo a defensa activa da pequena e mediana
empresa, así coma dos traballadores autónomos e fomentando a protección da pequena empresa
familiar a través de iniciativas de profesionalización da xestión.
- Aposta pola diversificación do tecido industrial e polos novos proxectos de carácter innovador xeradores
de emprego, reforzando os mecanismos de apoio financeiro con ferramentas de capital risco mellor
adaptadas á actual conxuntura. Para iso é preciso promocionar na nosa cidade un encontro profesional
entre empresas e investidores, segundo o exemplo de Capital e Ciencia, foro orientado a establecer
vencellos entre investidores e emprendedores con iniciativas empresariais de base científico-técnica.
- Posicionamiento de Vigo a través de foros europeos e internacionais. Ex: (FEINE 2014. Foro Europeo da
Industria e o Emprendemento)
- Reforzo da Fundación Vigo Convention Bureau para potenciar o atractivo de Vigo como oferta turística,
gastronómica, ambiental e de Congresos e eventos.
- Potenciar o aeroporto de Peinador. Investiremos os nosos esforzos na creación dunha plataforma
loxística de mercadorías que sexa referente para o Noroeste da Península e sirva como necesario e
imprescindible apoio para a "autoestrada do mar". Impulsaremos a coordinación das rutas regulares de
pasaxeiros dentro dun mapa aeroportuario mais racional e eficiente para a Eurorrexión Galicia-Norte de
Portugal, evitando así a actual duplicidade de destinos europeos e internacionais e a estacionalidade de
certas rutas.
- Participación nos premios, A cidade máis innovadora do mundo e A Cidade máis tecnolóxica do mundo
como obxectivo de crear a mentalidade colectiva impulsora do paso dunha economía local pretérita a una
economía futura baseada no coñecemento.
- Política de Clusters e apoio a sectores estratéxicos, fomentando as agrupacións de empresas e
institucións unidas por un interese estratéxico común no que hai que afondar desde o Concello.
- Creación de Observatorios Estratéxicos Sectoriais, para manter actualizadas as reflexións estratéxicas de
cada clúster.
- Fomento do espírito emprendedor e da creación de empresas a través da posta en marcha dun plan
integrado para impulsar o espírito emprendedor e a creación de novas empresas como instrumento
xerador de riqueza e emprego “Plan Vigo Sociedade Emprendedora”. Este Plan desenvolverase de forma
conxunta entre diferentes institucións que operan no marco de Vigo: Universidade, Zona Franca,
Deputación e Xunta de Galicia.
5
- Pacto polo emprego para un novo mercado. Os actores deste pacto, ademais de sindicatos,
Confederación de empresarios de Pontevedra e distintas asociacións profesionais e empresariais, debe
incluír un sector docente que conlevará unha comisión científica que saiba cristalizar xuridicamente a
creación dun instrumento destinado a impulsar todas as políticas de creación de emprego da comarca: a
Axencia de desenvolvemento global de emprego e mercado.
- En colaboración e coordinación coas diferentes asociacións de comerciantes e empresarios, achegaremos
o fomento e promoción do e-commerce ao comercio tradicional de Vigo, axudando a súa modernización e
a facer medrar o seu volume de negocio.
III. XESTIÓN EFICIENTE DOS RECURSOS PÚBLICOS. Un concello que funcione
Sendo conscientes das dificultades económicas que padece a práctica totalidade dos concellos de Galicia,
derivadas dun deficiente financiamento e da prestación de múltiples competencias impropias, é preciso a
aprobación dunha nova Lei de Administración Local que reforce a autonomía local, aclare o mapa competencial e
dote de maiores recursos as facendas locais.
En Compromiso tamén temos claro que as/os responsables municipais non sempre xestionaron con eficacia os
recursos dos que dispuxeron os concellos nos últimos anos, polo que consideramos necesario pór en marcha
unha serie de políticas que incidan na democratización á hora da xestión dos recursos públicos, desterrando as
prácticas de clientelismo ou que só buscan o rédito electoral, así coma os investimentos en infraestruturas ou
servizos innecesarios ou mal dimensionados, que non teñen un mínimo retorno social nin melloran en nada a
calidade de vida da cidadanía, pero que consumiron infinidade de recursos públicos. Para acadar estes obxectivos
poremos especial empeño no noso labor institucional cos seguintes obxectivos:
- Apostar por uns servizos á cidadanía áxiles, eficaces e eficientes evitando a perda de tempo de horas de
espera na lonxa municipal.
- Aprobar en tempo e forma tanto o proxecto de orzamentos coma as contas municipais.
- Potenciar o proxecto de Área Metropolitana de Vigo, así coma a participación do Plan de Transporte
Metropolitano.
- Como norma xeral,xestionar os servizos municipais de xeito directo polos concellos ou a través de
sociedades de economía mixta, en especial os que teñen que ver co tratamento do lixo, a xestión integral
da auga e os servizos sociais. Polo tanto,para aqueles que na actualidade estean externalizados, no
momento de acabar a súa concesión administrativa, farase unha adecuada avaliación técnica que estude
o mantemento da concesión ou a mellora da calidade na prestación do servizo a un custo asumible
directamente para o concello.
6
- Pagar as facturas a entidades provedoras e prestadoras de servizos dentro dos límites establecidos pola
lei.
- Actualizar o Inventario do Patrimonio Municipal.
- Realizar un Plan municipal de sostemento e redución de consumo enerxético, axeitando as instalacións
municipais a criterios de eficiencia enerxética, tanto nos gastos de electricidade, calefaccións ou
quecementos de augas, coma nos horarios de iluminación.
IV. BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE.Coidando as persoas
Unha ollada á oferta do Concello de Vigo produce unha imaxe de atención completa pero, superada a virtualidade
da web e dos distintos programas de atención e xa postos na realidade diaria, advírtese que as tardanzas,
requisitos establecidos e a limitación de medios, converten o que debería ser prioritario nunha simple relación de
bos desexos que non se reflicten na práctica dos colectivos máis desfavorecidos.
A prestación de servizos públicos que cubran as necesidades básicas da cidadanía, atendendo ás necesidades de
colectivos concretos e que aposten ademais pola igualdade de xénero, contribúen no seu conxunto a mellorar a
calidade de vida e o benestar das persoas. Para acadar este obxectivo, Compromiso impulsará a posta en marcha,
como mínimo, das seguintes iniciativas.
Benestar Social
- Dende o poder municipal, temos que dar prioridade as políticas de igualdade e de benestar social que
contribúan á extensión dunhas mellores condicións de vida para os sectores sociais mais afastados do
acceso aos bens e servizos que entendemos como necesidades básicas para a poboación.
- Dar prioridade á atención a persoas e familias sen recursos (reforzo escolar, orientación laboral,....),
coordinación e colaboración con entidades de carácter social coma bancos de tempo, bancos de
alimentos, intercambio de servizos, etc.
- Axilización, en tempo e forma, das axudas de emerxencia e sociais dependentes do Concello de Vigo, co
adecuado equipo administrativo e de asistentes sociais evitando os longos períodos de trámite.
- Cooperación e colaboración entre a Administración Local e os diversos colectivos e asociacións sociais
implicadas no tratamento e atención a persoas en risco de exclusión social.
- Atención á discapacidade, prestando especial atención aos problemas de mobilidade.Colaborar e
coordinar con entidades de atención a persoas con discapacidades. Garantirase o cumprimento da taxa
de persoas con discapacidade empregadas no Concello.
7
- Aprobación do Plan municipal de vivenda como función social e non como activo financeiro;
establecemento de IBI reducido ou exento para vivendas sociais e ampliado para vivendas baleiras en
propiedade de entidades bancarias.En colaboración coa Universidade de Vigo, fomentaremos tamén a
creación dunha bolsa de vivendas para estudantes universitarios con alugueiros baixos así coma o apoio á
promoción de cooperativas de vivendas para persoas maiores e pisos compartidos con estudantes.
- Creación dunha bolsa de alugueiros sociais en colaboración coas entidades bancarias que posúan
vivendas baleiras no Concello.
- Promoción de rehabilitación de vivenda e apoio ao Consorcio do Casco Vello no seu labor de
recuperación da Zona Vella.
- Lograr unha diversidade social nos barrios evitando guetos na integración de colectivos desfavorecidos.
- Como política que impulsaría a conciliación da vida familiar e laboral, desde CxG Vigo, entendemos que
temos que aumentar no seu número e espallar polo territorio do concello o número de garderías
municipais. Nas xa existentes, cómpre estender o horario atendendo ás necesidades das xornadas
laborais da familias.
Igualdade
- Fomentar e garantir o uso da linguaxe e imaxes inclusivas en calquera actividade realizada dende o
Concello de xeito que mulleres e homes sempre teñan a mesma presenza.
- Promover a participación activa das mulleres na vida do Concello, mantendo o equilibrio entre sexos en
todos os niveis dos procesos de toma de decisións.
- Favorecer o espírito emprendedor e a actividade empresarial das mulleres, e consolidar a igualdade de
trato e de oportunidades no ámbito laboral, apoiando medidas privadas e públicas que faciliten o acceso
das mulleres a empregos de calidade e a súa estabilidade e desenvolvemento profesional. Para isto,
propomos crear un plan de acción ao desenvolvemento profesional e económico das mulleres do rural, en
colaboración co resto de administracións públicas.
- Desenvolver un programa de prevención e tratamento da violencia de xénero destinado á
concienciación social e á formación de profesionais da educación, servizos sociais, sanitarios, e corpos e
forzas de seguridade do concello. O programa será elaborado a partir das demandas e necesidades
detectadas por parte das usuarias dos dispositivos de igualdade así coma da experiencia acumulada dos
mesmos, sempre tendo en conta os recursos e medidas dispoñibles dende o resto de administracións
públicas.
- Elevando as políticas de igualdade de xénero, procuraremos a extensión polos distintos barrios e
parroquias de aulas de defensa persoal deseñadas especificamente para mulleres e a súa auto-
protección, actividades a realizar conxuntamente coa colaboración da concellería de seguridade cidadá e
as distintas asociacións veciñais.
8
Mocidade
- Promover o asociacionismo xuvenil para implicar a mocidade en distintas alternativas para o seu tempo
libre.
- Recuperar as Noites Vivas como alternativas de lecer nocturno de fin de semana
- Levar á práctica medidas que incentiven a continuidade da practica deportiva durante a adolescencia,
sobre todo no sector feminino da sociedade, xa que existen condicionantes da socialización que
actualmente inciden negativamente sobre a práctica deportiva nesas idades e que inciden moi
especialmente coma unha cuestión de xénero.
- Crear puntos de lectura en distintos barrios para ofrecer lugares de estudo.
- Colaborar coas asociacións xuvenís en programas de emprego, información sexual, independencia
familiar, etc.
- Estender programas de educación e información sobre o uso e o consumo de drogas: tabaco, alcohol,
cannabis, cocaína, psicofármacos, etc.
3ª Idade
- Realización de programas de avellentamento activo nas distintas parroquias.
- Promoción dun voluntariado de maiores, que, de xeito activo, axude na organización de eventos ou
actividades relevantes para a cidade.
- Promoción de uso compartido de vivendas con estudantes e cooperativas de vivendas da 3ª idade.
- Atención personalizada a través do programa Coidadores de barrio.
V. CULTURA
Temos un compromiso coa cultura na cidade de Vigo. Nun contexto fortemente desgaleguizado onde o concepto
de cultura que prima é un modelo puramente comercial que responde a canons alleos, Compromiso ten unha
proposta que avoga pola recuperación da cultura participativa, desde un modelo de democracia cultural que
quere volver a iniciativa cultural, creativa e formativa a unha cidadanía que ten dereito a recuperar para si os
espazos públicos, tanto a rúa coma os propios equipamentos municipais, claramente pouco utilizados.
9
En Compromiso cremos que unha cidade prospera cando a súa cidadanía é quen de responsabilizarse
activamente das cuestións que a atinxen e a unen. Neste senso, o capital simbólico que proporciona a cultura
nunha cidade é garantía desa necesaria implicación cidadá, así coma medida esencial das súas cotas de benestar
e, por que non, felicidade.
Por iso, a proposta de Compromiso pretende ser global e integradora, concibindo como unha rede de relacións
indisociables entre si as políticas educativas, culturais e lingüísticas. Alén diso, o departamento de cultura dun
concello é un espazo idóneo para a aplicación do orzamento participativo desde o que implicar á cidadanía na
toma de decisións sobre o reparto dun diñeiro claramente limitado, a través das súas entidades de
representación e participación cultural (asociacións culturais, empresas do sector, xestores culturais particulares,
etc.). Esta nova concepción para a toma de decisións en materia orzamentaria, verase completada, asemade, pola
procura de espazos de colaboración coas outras administracións públicas (especialmente a Xunta de Galicia) e
entidades privadas, co fin de achegar recursos para a cultura viguesa que permitan complementar o actual
sistema de subvencións á cultura con convenios e contratos programa coas entidades culturais.
Con estas premisas globais como perspectiva de traballo, a proposta concreta de CxG para o goberno da Cidade
de Vigo en materia cultural centraranse en primeira instancia nos seguintes aspectos:
- Constituiremos o Consello Participativo da Cultura de Vigo, como un espazo de debate e participación
sobre a política cultural da cidade.
- Impulsaremos definitivamente a construción da Biblioteca Pública da cidade, desbloqueando o desacordo
co Ministerio de Educación e Cultura do Goberno de España e procurando activamente fondos
autonómicos, estatais e europeos para a súa correcta dotación.
- Crearemos unha rede de bibliotecas de barrio que garantan un dinamismo cultural constante en todas as
áreas da cidade, tanto no centro coma na periferia, fomentando unha cultura activa e participa que, a
partir do libro, xere todo tipo de actividade artística.
- Garantiremos unha programación escénica e musical continuada e intensiva no Auditorio Municipal de
Vigo, programación que se estenderá, tamén, a outros espazos escénicos propiedade do Concello
susceptibles de seren optimizados para este fin.
- En concerto coa AGADIC, financiaremos a creación dunha Compañía Residente no Auditorio do Concello.
- Organizaremos, en colaboración cos Conservatorios e coas agrupacións e asociacións musicais da cidade,
a Festa da Música da Cidade de Vigo no verán.
- Con motivo do Día Internacional do Teatro, organizaremos, en colaboración coa ESAD de Galicia, a Escola
Municipal de Teatro, e as empresas teatrais da cidade, unha maratón teatral da cidade.
- Con motivo do Día Internacional da Danza e en colaboración coas escolas privadas de danza da cidade,
organizaremos unha xornada de Danza na Rúa.
10
- Aumentaremos o orzamento específico do Festival e recuperaremos o festival de música Are More.
- Convidaremos aos artistas mozos e mozas da cidade a participar en residencias artísticas nas
infraestruturas culturais da cidade financiadas polo Concello. Ademais, impulsaremos iniciativas de apoio
a emprendedores para a creación de empresas culturais na cidade.
- Abriremos canles de colaboración entre o Concello e o sector empresarial cultural afincado na cidade co
fin de xerar espazos de traballo colaborativo e iniciativas para unha xestión conxunta que o posicione
como interlocutor directo e con capacidade de toma de decisións en relación coas institucións culturais
autonómicas e estatais.
- Impulsaremos na cidade de Vigo, ao longo da lexislatura, a organización do Culturgal e outras feiras e
encontros de carácter nacional e internacional, aportando, desde o Concello, unha programación paralela
de actividades que as poña en valor e atraia visitantes.
- Garantiremos a revitalización e atribución de contidos interactivos e dinámicos aos museos da cidade,
fundamentalmente o Verbum, o Marco e o Museo Quiñones de León. Asemade, estabeleceremos, desde
eles, liñas de colaboración con outros espazos de exhibición artística para a elaboración conxunta de
mostras e exposicións. Para isto, elaboraremos un plan de equipamentos culturais, co fin de promover un
mellor aproveitamento das infraestruturas culturais.
- Proporemos á Consellería de Cultura da Xunta de Galicia a revisión dos contidos e a elaboración de
actividades conxuntas no Museo do Mar.
- Organizaremos, durante o outono, a Noite Branca dos Museos da Cidade de Vigo.
- Impulsaremos o aproveitamento activo do patrimonio artístico da cidade, especialmente o industrial e
arquitectónico, a través de actividades que garantan a súa divulgación e o seu emprego produtivo.
- Abriremos unha canle de diálogo permanente coas pequenas salas de teatro e música recentemente
abertas na cidade e que actualmente contan cunha nula colaboración por parte do concello. Para elas,
estabeleceremos unha vía de axudas ao condicionamento dos espazos e á súa visibilización na cidade,
tanto desde o punto de vista sinaléctico coma publicitario.
- Fomentaremos, con liñas de actividade e orzamentos específicos, a cultura de base e amadora na cidade,
con especial atención ao teatro, a danza e a creación musical de carácter participativo e non profesional.
- A través do Consello Participativo da Cultura de Vigo, convidaremos ás asociacións da cidade a participar
na organización dos programas de festas, con especial atención ao equilibrio entre as diferentes zonas da
cidade, e entre as áreas rurais e urbanas.
- Descentralizaremos a programación cultural fóra dos momentos festivos do ano, garantindo unha
actividade de lecer permanente, intensificada, iso si, arredor do Nadal, Entroido, Festas do Cristo e
Reconquista.
11
- Abriremos canles de posta en valor e intensificación da presenza pública das múltiples entidades da
cidade que promoven a práctica e o gusto pola música e danza tradicionais, estabelecendo espazos para a
organización de festas e encontros nos que visibilizar esta actividade e animando a cidadanía a participar
dela.
- Garantiremos o emprego da lingua galega en todas as actuacións públicas e administrativas do Concello
e os seus membros.
- A través da Equipa de Normalización Lingüística do Concello, iniciaremos campañas de animación para o
uso da lingua galega entre sectores estratéxicos, fundamentalmente hostalaría e pequeno comercio.
VI. PLANIFICACIÓN DO TERRITORIO. Crecemento sustentable e medio ambiente
Canto á planificación urbanística da cidade, comprometémonos coas seguintes medidas.
- Aposta polo desenvolvemento, seguimento e avaliación do Plan Xeral de Ordenación Municipal nos seus
distintos ámbitos.
- Acordos para o desenvolvemento de proxectos paralizados: Barrio do Cura, Panificadora, conexión saída
de Castrelos, continuación do túnel de Beiramar, túnel da autovía Vigo-O Porriño, nova entrada da
Avenida de Madrid, recuperación da praia de Samil,nova estación intermodal AVE-Autobuses.
- Revisión do Plan de usos do Auditorio Mar de Vigo, urbanización e adecentamento do seu entorno así
coma o remate das obras de conexión urbana entre a rúa Jacinto Benavente e Camelias.
- Medidas de axilización na xestión da Xerencia de Urbanismo
- Coordinación co desenvolvemento do Plan de usos do porto de Vigo
- Remate da rede de saneamento, esixencia de limpeza de solares e soterramento ou reorganización do
cableado das fachadas de edificios.
- Colaboración coas comunidades de montes e con propietarios particulares do monte para a súa xestión
eficiente e sostible; mantemento de accesos e loitas contra os incendios.
Medio ambiente
O coidado e a posta en valor do noso medio ambiente para o seu goce presente e futuro debe ser un obxectivo a
lograr nunha sociedade moderna. Vigo ten un entorno privilexiado rodeado dos seus parques forestais e da súa
ría que permite aproveitar esta situación para o goce dos seus cidadáns e turistas. É imprescindible coidalo e
recuperalo.
12
Compromiso por Galicia quere preservar o noso espazo natural para que o crecemento económico sexa
compatible cunha protección ambiental sostible que non hipoteque o futuro das novas xeracións, por iso facemos
as seguintes propostas.
- Creación do Centro de Estudos Ambientais, institución que impulse o desenvolvemento sostible, (social,
económico e ambiental) do municipio na súa integridade, entendendo o concello non como un ente
illado, senón vencellado a súa biorrexión e á Ría de Vigo.
- Rexeneración e conservación da Senda fluvial a carón do río Lagares e completala dende o seu
nacemento.
- Evitar os recheos na ría de Vigo, así como o uso inapropiado do espazo litoral por actividades
empresariais non relacionadas directamente co uso portuario.Apertura pequenos parques pechados para
mascotas cunha extensión suficiente, e distribuídos en varias zonas do territorio de Vigo, para poderen
estar soltos, faceren exercicio e relacionárense entre eles.
- Realización de charlas nas escolas, levadas a cabo por profesionais do sector, para formar sobre
educación ambiental e tenencia de mascotas.
- Dar a coñecer as normativas e ordenanzas referentes á educación cívica e ambiental, así como a relativa
á posesión de mascotas,acompañada dunha maior vixilancia e acción punitiva daqueles comportamentos
inadecuados e incívicos.
- Os fondos destinados a Asociacións medioambientalistas e Protectoras de animais deben ser repartidos
de acordo a criterios claros e públicos.
- En relación coa xestión dos residuos alternativa á incineración, crearemos puntos limpos, promoveremos
a reciclaxe e a compostaxe, e organizaremos actividades de concienciación arredor destas opcións.
VII. DEPORTE. Calidade de Vida para tod@s
O deporte é saúde, e a súa promoción nas sociedades modernas eleva os parámetros de calidade de vida durante
todas as súas etapas. Unha sociedade que apoia o deporte é unha sociedade sa e para levar estas ideas ao plano
programático facemos unhas propostas nas que centraremos a nosa actividade de goberno municipal para a
promoción da práctica deportiva na cidadanía, como canle de transmisión de hábitos de vida saudables.
13
- Garantir a representatividade dos clubs deportivos que apoian o deporte de base no noso Concello para
a elaboración dos orzamentos participativos da concellería de Deportes. Para iso, instituirase a figura dun
Consello Participativo do Deporte Vigués, que servirá ademais de canle de contacto entre os deportistas
e clubs da cidade e o goberno local.
- Impulsaremos tamén unha ampla Rede Náutica Municipal onde, xunto cos distintos clubs da cidade e da
área metropolitana, se facilite unha oferta que poña en valor o espazo natural da Ría de Vigo para a
práctica de actividades náuticas e non unicamente como política de construción de portos deportivos
para iates.
- Coordinaremos coas distintas federacións de deportes e cos diferentes clubs da cidade as actividades
das escolas deportivas municipais procurando a descentralización da oferta, tanto no referente ao tipo de
deporte ofertado coma no referente ás instalacións usadas.
- Crearemos o programa Cituis, Altuis, Vicus para escolares no que, a través das escolas municipais e de
diversos campamentos e talleres, achegaremos as distintas modalidades deportivas olímpicas ás nosas
nenas e nenos.
- Crearemos o programa Inclúe Deporte para nenas e nenos en risco de exclusión social e/ou fillas e fillos
de familias con escasos recursos económicos, achegando a estes sectores os valores positivos do deporte,
incluíndo os mesmos nas súas vidas cotiás.
- Impulsaranse políticas de cooperación do tecido empresarial de Vigo e da área metropolitana, na
esponsorización do deporte vigués. Para iso, cómpre potenciar a Fundación Vigo en Deporte.
- Dentro da democratización das institucións do concello, promoveremos unha descentralización do
modelo de IMD actualmente existente, procurando un maior achegamento aos barrios e parroquias dos
diversos planos municipais de incentivo e fomento das actividades deportivas.
- Alongaremos, coa firma dos convenios necesarios coas distintas administracións competentes e os
centros escolares, o horario de uso das instalacións dispoñibles nos centros escolares para o uso e goce
da cidadanía, xa que son uns recursos infrautilizados debido ao seu uso nunha franxa horaria moi
limitada, concreta e escasa, e que ben poden complementar a alta demanda de uso de instalacións
deportivas municipais en certos horarios, sobre todo nas fins de semana.
- Rescataremos da súa situación actual de práctico abandono as instalacións das pistas de atletismo
anexas ao Estadio Municipal de Balaídos e axeitaremos os seus usos de maneira urxente.
- Estenderemos as escolas municipais deportivas á poboación da 3ª idade con propostas axeitadas ás súas
necesidades psico-motoras. Ademais, divulgaremos a través de obradoiros as distintas disciplinas
deportivas.
- Axeitarase o circuíto de running de Castrelos, e construirase de maneira urxente unha zona de vestiarios,
armarios e baños que, mediante un abono mensual, poidan empregar os usuarios e usuarias do circuíto.
14
VIII. SEGURIDADE E MOBILIDADE
Seguridade
A prevención de catástrofes e a necesidade de dispor de plans de emerxencia e dotacións adecuadas para
facerlles fronte ten que ser unha preocupación de calquera Administración. No caso da Cidade de Vigo, cun Porto
que move gran cantidade de mercadorías que cruzan diariamente a cidade, con instalacións que acumulan
materiais inflamables, e cruzada por un río que periodicamente produce asolagamentos, fai que o Concello teña
que ter unha especial preocupación por este asunto. Nese senso, facemos as seguintes propostas programáticas.
- Revisión e actualización do Plan de Emerxencias Municipal (PEMU), converténdoo nun documento vivo e
útil.
- Deseño dun programa de incremento do cadro de persoal nos próximos anos que permita chegar á
dotación ideal de 150 bombeiros nun prazo razoable de tempo. Como medida inmediata dotaremos os
incrementos do cadro de persoal aprobados nos derradeiros anos e aínda pendentes.
- Renovación do vehículo de intervención do Parque de Balaídos.
- Establecerase un convenio co Porto de Vigo, tal como existe noutras cidades, o que suporía un beneficio
mutuo. Neste convenio contemplarase o traslado do Parque de Balaídos á zona portuaria.
- Estableceremos convenios con outros organismos como Audasa ou ADIF, onde existen riscos de
accidentes que poden requirir dunha rápida intervención do Servizo de Bombeiros.
- Substituiremos o actual Sistema de Comunicacións analóxico, obsoleto e sen suficiente cobertura, por un
novo sistema dixital coa concesión da frecuencia ao Concello.
- Potenciaremos o Servizo de Protección Civil.
Mobilidade
A necesidade de reducir o uso de vehículo privado é imprescindible dentro dunha política de transporte sostible.
O transporte por estrada no Estado Español representou no ano 2011 o consumo do 61% dos produtos derivados
do petróleo, que, alén de supor unha factura anual de 45.000 millóns de euros, son responsables dunha gran
parte da emisión de gases de efecto invernadoiro. Ademais, a concentración de gran cantidade de vehículos
nunha área urbana incrementa a contaminación ambiental e o nivel de ruídos cos correspondentes efectos
prexudiciais para a saúde, e dificulta cada vez máis o desprazamento pola cidade. Só a oferta dun transporte
público de calidade, con frecuencias e horarios axeitados ás necesidades da cidadanía, permitirá retirar vehículos
privados da rúa. É certo que, para conseguir un abandono ostensible do vehículo privado, tamén son necesarias
outras medidas de mobilidade, así coma un deseño da cidade que achegue os servizos á cidadanía. Mais dispor
15
dun bo sistema de transporte público é imprescindible, e pódese conseguir en pouco tempo, mentres que
medidas de tipo urbanístico e de achegamento de servizos (ensino, saúde) requiren maiores prazos.
Por outra banda, a cidade de Vigo interrelaciónase cunha área moito máis ampla na que se producen diariamente
gran cantidade de desprazamentos tanto dos concellos limítrofes cara a Vigo, coma da cidade cara a estes
concellos. Por tanto a mellora na oferta de transporte público ten que ter un carácter metropolitano.
Tendo en conta estas consideracións, facemos as seguintes propostas en relación co Transporte Metropolitano:
- Chegaremos a un acordo coa Xunta de Galicia para implantar o seu proxecto de Transporte
Metropolitano. Isto implicará a Integración Tarifaria coa implantación da Tarxeta de Transporte
Metropolitana, o que suporá unha redución do custo do billete. Ademais, esta medida promoverá a
integración física (máis paradas, máis liñas) e o incremento da oferta (novos servizos).
- Nunha segunda fase é necesario proceder a integración do transporte urbano co interurbano e o de Ría,
constituíndo un organismo que xestione o transporte de xeito global na Área Metropolitana, coa
fórmula xurídica que se considere máis a caída.
- Tendo en conta que nos primeiros meses da seguinte lexislatura vence a concesión de Vitrasa
(31/12/2019), é necesario durante esta lexislatura estudar a fórmula de xestión máis acaída de acordo
co que resulte da proposta II, así como realizar un novo estudo de necesidades (liñas, frecuencias,
horarios) coa participación das Asociacións de Veciños e doutras entidades que poidan verse
involucradas nesta reforma (Universidade, Sindicatos, etc.).
- O Estado Español é o único membro da UE que non ten unha Lei de Financiamento do Transporte Urbano
e as súas achegas a este fin son exiguas. Polo tanto, o Concello de Vigo, xunto con outros concellos
que dispoñan de transporte urbano, instará ao Goberno de España, ben a través da FEGAM, da FEMP
ou polas vías que se considere máis oportunas, para que se faga esta Lei con dotacións orzamentarias
que permitan dar un pulo importante a este medio de transporte.
- Impulsaremos desde o Concello a implantación do Cheque Transporte que ofrece beneficios fiscais a
empresas e traballadores.
Sector do Taxi
- Tendo en conta que a nova “Lei 4/2013, do Transporte Público de Persoas en Vehículos de Turismo de
Galicia”, contempla no seu artigo 6 un número de taxis para a cidade de Vigo moi inferior ao que existe
actualmente, Compromiso, ao abeiro do indicado no artigo 7,porá en marcha desde o Concello o
procedemento para determinar a cantidade de taxis que sería necesaria na situación actual e, unha vez
aprobada a proposta pola Xunta de Galicia, de resultar inferior á existente, asinará un convenio coas
Asociacións do Sector para a retirada paulatina de licenzas até acadar a cifra aprobada.
16
Tráfico
- Dedicaremos especial atención á eliminación do aparcamento ilegal no carril-bus, nas paradas de
autobuses e taxis e nas prazas reservadas para persoas con discapacidade. Recuperaremos o chamado
“multa-móbil” para este servizo.
- Estudaremos tamén a posibilidade de substituír en determinadas paradas de autobús as dársenas por
plataformas que faciliten o acceso ao bus por medio de ramplas.
- Melloraremos a seguridade da circulación polas rotondas adoptando as medidas de sinalización
pertinentes para canalizar axeitadamente o tráfico polas mesmas.
- Poremos en marcha os mecanismos urbanísticos necesarios para construír os aparcadoiros disuasorios
contemplados no PXOM na medida en que isto sexa posible.
- Xestionaremos, xunto coas correspondentes asociacións, a consecución de terreos, a un prezo que faga
viable a operación, para a construción dun aparcadoiro para vehículos pesados dotado, ademais, dunhas
mínimas medidas de seguridade. Este terá a suficiente capacidade para poder concentrar todos os
vehículos pesados que hoxe se distribúen por distintas zonas de aparcamento, mesmo en vías públicas,
por toda a cidade.
- Ampliaremos a oferta de Educación Vial de que dispón o Concello cun convenio co sector de profesionais
deste ámbito. A programación e supervisión do servizo será realizada polo actual Departamento de
Educación Vial da Policía Local.
Accesibilidade para persoas con mobilidade reducida
- Vixiaremos o correcto funcionamento das ramplas de acceso aos autobuses urbanos.
- Intensificaremos a política de eliminación de barreiras arquitectónicas, extremando o control por parte da
Concellaría de Urbanismo (accesibilidade aos locais reformados no Casco Vello, aseos públicos, os
chamados “chanzos invisibles”, etc.).
- Recuperaremos a contía e as dotacións económicas para o Servizo de Taxis Adaptados.
Outras medidas
- Será unha prioridade incluír Vigo no programa europeo Eurovelo a través da creación dunha rede de ciclo
vías tanto na cidade coma na área metropolitana. Nese marco, amosarémonos coma cidade referencial,
propondo unha ruta Atlántica na Península Ibérica e procurando a vertebración da mesma a través dos
órganos transfronteirizos Eixo Atlántico e Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
17
- Proporemos a creación de dous carrís-bici que conecten directamente á cidade coa zona de praias; un
que transcorrerá pola zona de Areal, Beiramar-Bouzas-Alcabre e outro que transcorrerá desde a zona de
Coia-Navia até as praias.
- Integraremos a bicicleta dentro da transmodalidade de transporte urbano e crearemos un servizo
municipal de alugueiro de bicicletas eléctricas, con aparcadoiros en zonas estratéxicas da cidade,
accesibles para todos os usuarios da tarxeta verde. Á súa vez, certas liñas de Vitrasa serán bici-friendly,
podendo cargarse e transportarse as bicicletas, e axudando así a superar a difícil orografía de certos
puntos do noso Concello.Para isto, no programa de renovación da flota, dotarase ao servizo de vehículos
que permitan desenvolver esta actividade.
- Crearemos as Can-miñadas nos distintos parques urbanos da cidade, con zonas de accesibilidade
exclusiva para mascotas.
- Fomentaremos as eco-pistas que rodean as parroquias da nosa contorna: sendeiros de pequeno e grande
percorrido que conforman unha circunvalación “verde” da cidade, accesible unicamente para peóns e
bicicletas mediante a súa adecuación para este tipo de tráfico e cunha sinalización e marcaxe de puntos
de interese a nivel histórico-artístico e medioambiental; conectalas co transporte urbano, sobre todo nos
tramos de cabeceira e de fin.
- Levaremos adiante o programa Domingos sen coches, limitando espazos urbanos a actividades na rúa
para peóns e ciclistas.
- Retiraremos o tráfico dos Parques do Castro e de Castrelos.
- Alén destas, por suposto, asumiremos como prioritarias aquelas medidas deste programa que,
vencelladas a outras áreas, teñan que ver con cuestión de mobilidade, especialmente aquelas que figuran
nos apartados de Medio ambiente e Planificación urbanística.

Weitere ähnliche Inhalte

Ähnlich wie CxG Vigo - Programa Municipais 2015

Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!
Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!
Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!Ansotegi GZ
 
Proposta de actuación nas deputacións provinciais. Acordo BNG-PSdeG-PSOE
Proposta de actuación nas deputacións provinciais. Acordo BNG-PSdeG-PSOEProposta de actuación nas deputacións provinciais. Acordo BNG-PSdeG-PSOE
Proposta de actuación nas deputacións provinciais. Acordo BNG-PSdeG-PSOEBNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Programa electoral das municipais 2015
Programa electoral das municipais 2015Programa electoral das municipais 2015
Programa electoral das municipais 2015bngaestrada
 
Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral ...
Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral ...Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral ...
Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral ...Roberto Touza David
 
Programa BNG Burela 2019
Programa BNG Burela 2019Programa BNG Burela 2019
Programa BNG Burela 2019burelao
 
Programa de Veciños por Lugo (VL)
Programa de Veciños por Lugo (VL)Programa de Veciños por Lugo (VL)
Programa de Veciños por Lugo (VL)Xohán Rompe
 
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019Voceiro BNG O Porriño outubro 2019
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019BNGdoPorrinho
 
Programa electoral esquerda unida narón 2015
Programa electoral esquerda unida narón 2015Programa electoral esquerda unida narón 2015
Programa electoral esquerda unida narón 2015ferrolano
 
Claves para o plan de negocio
Claves para o plan de negocioClaves para o plan de negocio
Claves para o plan de negocioCheckin Galicia
 
Programa Carlos Calvelo
Programa Carlos CalveloPrograma Carlos Calvelo
Programa Carlos CalveloCarlos Calvelo
 
Dixitos xullo 2010
Dixitos xullo 2010Dixitos xullo 2010
Dixitos xullo 2010Jose A.
 
España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS
España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOSEspaña, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS
España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOSEvaPaula
 
Fiare Galiza
Fiare GalizaFiare Galiza
Fiare GalizaJorganes
 
Programa de las elecciones gallegas del BNG
Programa de las elecciones gallegas del BNGPrograma de las elecciones gallegas del BNG
Programa de las elecciones gallegas del BNG20minutos
 
Propostas de resolución presentadas no Debate sobre o estado da Nación Galega...
Propostas de resolución presentadas no Debate sobre o estado da Nación Galega...Propostas de resolución presentadas no Debate sobre o estado da Nación Galega...
Propostas de resolución presentadas no Debate sobre o estado da Nación Galega...BNG - Bloque Nacionalista Galego
 

Ähnlich wie CxG Vigo - Programa Municipais 2015 (20)

Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!
Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!
Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!
 
PG.pdf
PG.pdfPG.pdf
PG.pdf
 
[Xerais 2019 (10N)] 30 ideas claras
[Xerais 2019 (10N)] 30 ideas claras[Xerais 2019 (10N)] 30 ideas claras
[Xerais 2019 (10N)] 30 ideas claras
 
Proposta de actuación nas deputacións provinciais. Acordo BNG-PSdeG-PSOE
Proposta de actuación nas deputacións provinciais. Acordo BNG-PSdeG-PSOEProposta de actuación nas deputacións provinciais. Acordo BNG-PSdeG-PSOE
Proposta de actuación nas deputacións provinciais. Acordo BNG-PSdeG-PSOE
 
Programa electoral das municipais 2015
Programa electoral das municipais 2015Programa electoral das municipais 2015
Programa electoral das municipais 2015
 
Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral ...
Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral ...Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral ...
Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral ...
 
Programa BNG Burela 2019
Programa BNG Burela 2019Programa BNG Burela 2019
Programa BNG Burela 2019
 
Programa de Veciños por Lugo (VL)
Programa de Veciños por Lugo (VL)Programa de Veciños por Lugo (VL)
Programa de Veciños por Lugo (VL)
 
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019Voceiro BNG O Porriño outubro 2019
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019
 
Programa electoral esquerda unida narón 2015
Programa electoral esquerda unida narón 2015Programa electoral esquerda unida narón 2015
Programa electoral esquerda unida narón 2015
 
Derroche en publicidade
Derroche en publicidadeDerroche en publicidade
Derroche en publicidade
 
Claves para o plan de negocio
Claves para o plan de negocioClaves para o plan de negocio
Claves para o plan de negocio
 
Boletin fec abril 2018
Boletin fec abril 2018Boletin fec abril 2018
Boletin fec abril 2018
 
Programa Carlos Calvelo
Programa Carlos CalveloPrograma Carlos Calvelo
Programa Carlos Calvelo
 
Dixitos xullo 2010
Dixitos xullo 2010Dixitos xullo 2010
Dixitos xullo 2010
 
España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS
España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOSEspaña, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS
España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS
 
Fiare Galiza
Fiare GalizaFiare Galiza
Fiare Galiza
 
Programa electoral das Galegas 2020
Programa electoral das Galegas 2020Programa electoral das Galegas 2020
Programa electoral das Galegas 2020
 
Programa de las elecciones gallegas del BNG
Programa de las elecciones gallegas del BNGPrograma de las elecciones gallegas del BNG
Programa de las elecciones gallegas del BNG
 
Propostas de resolución presentadas no Debate sobre o estado da Nación Galega...
Propostas de resolución presentadas no Debate sobre o estado da Nación Galega...Propostas de resolución presentadas no Debate sobre o estado da Nación Galega...
Propostas de resolución presentadas no Debate sobre o estado da Nación Galega...
 

CxG Vigo - Programa Municipais 2015

  • 1. [Escribir texto] 1 PROGRAMA ELECCIÓNS MUNICIPAIS VIGO 2015 “UNHA NOVA POLÍTICA MUNICIPAL PARA CONSTRUÍR UN NOVO PAÍS” Preámbulo Compromiso por Galicia preséntase por primeira vez ás eleccións municipais no Concello de Vigo como unha alternativa achegada a esa sociedade viguesa historicamente emprendedora, progresista e galeguista, afastada da imaxe triste, acomplexada, localista e populista á que estamos habituados na política local destes últimos anos. Vigo sufriu cos últimos gobernos o desgaste do enfrontamento institucional, da perda de peso económico, do aumento do desemprego, da perda de investimentos prometidos e o esquecemento de moitas promesas electorais, todo baixo a imaxe mediática dun goberno economicamente solvente, paladín da defensa numantina de cidade, sen máis obxectivos que a mera campaña publicitaria do propio alcalde, e cun único proxecto estrela. Sendo na súa meirande parte actuacións con certo grado de necesidade,non teñen incidencia real na creación e distribución de riqueza e de benestar na cidadanía. A esta única política municipal de fomento, sumouse a inanición e o agocho da oposición municipal do Partido Popular e do Bloque Nacionalista Galego, deixando Vigo baixo a imaxe dun goberno personalista e populista, vendedor de fume en cada acto ou noticia saída nos medios de comunicación. No novo goberno municipal que naza destas eleccións, CxG pretende trasladar a concepción moderna da socialdemocracia europea: cooperación, responsabilidade, benestar social, xustiza, igualdade, participación,... ideais esquecidos nunha crise non só económica senón de valores sociais, e que nós reclamamos poidan regresar a unha cidade que sempre se considerou progresista e cabeza de lanza económica e cultural para Galicia. As medidas incluídas neste Programa aparecerán agrupadas en oito grandes ámbitos: 1- Rexeneración democrática: transparencia, participación e prevención da corrupción 2- Economía e emprego: un futuro mellor 3- Xestión eficiente dos recursos públicos: un concello que funcione 4- Benestar social e igualdade: coidando as persoas 5- Cultura 6- Planificación do territorio: crecemento sustentable e medio ambiente 7- Deporte: calidade de vida para tod@s 8- Seguridade e mobilidade: redución de riscos
  • 2. 2 I. REXENERACIÓN DEMOCRÁTICA. Transparencia, participación e prevención da corrupción Co fin de converter os concellos en institucións profundamente democráticas, participativas e transparentes, Compromiso fomentará a participación cidadá na vida municipal, pondo nas súas mans instrumentos que lle permitan expresar con axilidade a súa opinión e que esta sexa tida en conta. Asemade, implantaremos mecanismos que reduzan ao mínimo as posibilidades de que responsables políticas/os e funcionariado público poidan cometer prácticas corruptas, ou aproveitarse da súa situación de poder para actuar en beneficio propio ou partidista. Aínda así, seremos implacables contra aquelas persoas que, a pesar de todas as barreiras de contención que se poidan levantar para evitar estes comportamentos, acaben sendo suxeitos a acusación penal. Todos estes serán obxectivos a conseguir mediante a adopción de, entre outras, as seguintes medidas: - Limitación de mandatos: os representantes de CxG elixidos para un cargo público terán unha limitación máxima de dúas lexislaturas nese cargo como exemplo para evitar a profesionalización da vida política e acumulación de poder nun representante político. - Despolitización de altos cargos:coa profesionalización destes postos por funcionarios de carreira e a redución de contratación de asesores, de xeito permanente durante o mandato, limitándose a aspectos puntuais nos que non exista un perfil técnico acaído para a súa xestión entre os empregados públicos da Administración Local. - Cobertura económica ás demandas da cidadanía mediante a posta en marcha de orzamentos participativos, que reserven unha porcentaxe do capítulo dedicado a investimentos para realizaren aqueles gastos en infraestruturas, servizos ou actividades que, de xeito regulado, a cidadanía considere prioritarios a través de asociacións ou colectivos directamente implicados no tipo de gasto. - Rematar co clientelismo na contratación de persoal nas concesións municipais a empresas privadas e plans de emprego municipais,incluíndo nos pregos de adxudicación que as novas contratacións de persoal que realicen as empresas privadas, en calidade de adxudicatarias dun servizo público, terán que facelas baixo os criterios de publicidade, igualdade e mérito. - Desenvolvemento do regulamento de participación cidadá, que está a incumprirse actualmente, para facilitar ao máximo a participación directa da cidadanía na vida municipal. - Dinamizar o tecido asociativo local, sendo totalmente respectuosos coa súa autonomía e distribuíndo as axudas en base a baremos obxectivos. - Facer públicas as declaracións de actividades, ingresos e patrimonio de todo/as os/as concelleiros/as electos/as na corporación municipal.
  • 3. 3 - Exposición pública de actas (plenos e xuntas de goberno local), orzamentos, liquidacións e todo aquel documento con tal consideración. - Tanto nas mesas de contratación de obras e servizos coma nas de persoal, facilitarase a presenza de representantes veciñais, asociacións empresariais e sindicatos, garantido ao máximo a publicidade e a limpeza do procedemento. - Control das empresas concesionarias, tanto en prezos coma no seguimento das obras, así coma na realización de auditorías técnicas e económicas durante o período da concesión e ao remate do mesmo. A finalidade é posuír datos que permitan decidir entre a remunicipalización do servizo ou o mantemento do sistema de concesión; de ser esta última a solución adoptada, faríase sempre salvagardando a capacidade de fiscalización, intervención e control por parte do Concello. - Ao comezo da lexislatura aprobarase un código ético vinculante para as/os representantes políticas/os de tódolos grupos municipais, que entre outras obrigas estableza a de dimitir no caso de resultaren acusados por un órgano xudicial. - Tendo en conta que as Deputacións provinciais son en Galicia as institucións máis antidemocráticas, máis escurantistas e máis caciquís, ademais de profundamente ineficaces, Compromiso defenderá a súa eliminación como unha medida de rexeneración democrática e de racionalización do gasto público. Pero como somos conscientes de que isto, que sería o desexable, non se vai producir a curto prazo e que polo tanto na vindeira lexislatura van seguir existindo, en coherencia coa análise crítica que facemos destas institucións que forman parte da administración local, comprometémonos a non participar nas corporacións provinciais, independentemente da representación que nos puidera corresponder en función dos resultados electorais acadados nas eleccións municipais. II. ECONOMÍA E EMPREGO.Un futuro mellor Precisamos dunha estratexia global para superar a crise, e que Vigo entre na rede das novas empresas do coñecemento. A aposta para o desenvolvemento económico debe partir sempre das características e potencialidades de cada concello, e no caso de Vigo temos demostrado o emprendemento histórico da nosa cidade liderando o motor económico e empresarial galego. - Creación dunha nova Caixa de Aforros Metropolitana de Vigo co obxectivo de apoiar a consolidación de empresas e sectores especialmente afectados pola reestruturación e a crise económica. Compromiso por Galicia comprométese a impulsar a creación dunha nova Caixa como instrumento fundamental para garantir o financiamento, o aproveitamento do aforro e o desenvolvemento económico de Vigo. - Desenvolvemento dun Plano Estratéxico Empresarial para Vigo deseñado pola Universidade de Vigo en colaboración coas asociacións empresariais viguesas.
  • 4. 4 - Apoiar mediante programas de financiación específica a realización de novos investimentos de diversificación, investigación e internacionalización das empresas, en cooperación institucional coas administracións para Vigo e a súa área metropolitana. - Apoio decidido ao tecido comercial e empresarial local, co obxectivo de fomentar o dinamismo económico e a creación de emprego no noso entorno, exercendo a defensa activa da pequena e mediana empresa, así coma dos traballadores autónomos e fomentando a protección da pequena empresa familiar a través de iniciativas de profesionalización da xestión. - Aposta pola diversificación do tecido industrial e polos novos proxectos de carácter innovador xeradores de emprego, reforzando os mecanismos de apoio financeiro con ferramentas de capital risco mellor adaptadas á actual conxuntura. Para iso é preciso promocionar na nosa cidade un encontro profesional entre empresas e investidores, segundo o exemplo de Capital e Ciencia, foro orientado a establecer vencellos entre investidores e emprendedores con iniciativas empresariais de base científico-técnica. - Posicionamiento de Vigo a través de foros europeos e internacionais. Ex: (FEINE 2014. Foro Europeo da Industria e o Emprendemento) - Reforzo da Fundación Vigo Convention Bureau para potenciar o atractivo de Vigo como oferta turística, gastronómica, ambiental e de Congresos e eventos. - Potenciar o aeroporto de Peinador. Investiremos os nosos esforzos na creación dunha plataforma loxística de mercadorías que sexa referente para o Noroeste da Península e sirva como necesario e imprescindible apoio para a "autoestrada do mar". Impulsaremos a coordinación das rutas regulares de pasaxeiros dentro dun mapa aeroportuario mais racional e eficiente para a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, evitando así a actual duplicidade de destinos europeos e internacionais e a estacionalidade de certas rutas. - Participación nos premios, A cidade máis innovadora do mundo e A Cidade máis tecnolóxica do mundo como obxectivo de crear a mentalidade colectiva impulsora do paso dunha economía local pretérita a una economía futura baseada no coñecemento. - Política de Clusters e apoio a sectores estratéxicos, fomentando as agrupacións de empresas e institucións unidas por un interese estratéxico común no que hai que afondar desde o Concello. - Creación de Observatorios Estratéxicos Sectoriais, para manter actualizadas as reflexións estratéxicas de cada clúster. - Fomento do espírito emprendedor e da creación de empresas a través da posta en marcha dun plan integrado para impulsar o espírito emprendedor e a creación de novas empresas como instrumento xerador de riqueza e emprego “Plan Vigo Sociedade Emprendedora”. Este Plan desenvolverase de forma conxunta entre diferentes institucións que operan no marco de Vigo: Universidade, Zona Franca, Deputación e Xunta de Galicia.
  • 5. 5 - Pacto polo emprego para un novo mercado. Os actores deste pacto, ademais de sindicatos, Confederación de empresarios de Pontevedra e distintas asociacións profesionais e empresariais, debe incluír un sector docente que conlevará unha comisión científica que saiba cristalizar xuridicamente a creación dun instrumento destinado a impulsar todas as políticas de creación de emprego da comarca: a Axencia de desenvolvemento global de emprego e mercado. - En colaboración e coordinación coas diferentes asociacións de comerciantes e empresarios, achegaremos o fomento e promoción do e-commerce ao comercio tradicional de Vigo, axudando a súa modernización e a facer medrar o seu volume de negocio. III. XESTIÓN EFICIENTE DOS RECURSOS PÚBLICOS. Un concello que funcione Sendo conscientes das dificultades económicas que padece a práctica totalidade dos concellos de Galicia, derivadas dun deficiente financiamento e da prestación de múltiples competencias impropias, é preciso a aprobación dunha nova Lei de Administración Local que reforce a autonomía local, aclare o mapa competencial e dote de maiores recursos as facendas locais. En Compromiso tamén temos claro que as/os responsables municipais non sempre xestionaron con eficacia os recursos dos que dispuxeron os concellos nos últimos anos, polo que consideramos necesario pór en marcha unha serie de políticas que incidan na democratización á hora da xestión dos recursos públicos, desterrando as prácticas de clientelismo ou que só buscan o rédito electoral, así coma os investimentos en infraestruturas ou servizos innecesarios ou mal dimensionados, que non teñen un mínimo retorno social nin melloran en nada a calidade de vida da cidadanía, pero que consumiron infinidade de recursos públicos. Para acadar estes obxectivos poremos especial empeño no noso labor institucional cos seguintes obxectivos: - Apostar por uns servizos á cidadanía áxiles, eficaces e eficientes evitando a perda de tempo de horas de espera na lonxa municipal. - Aprobar en tempo e forma tanto o proxecto de orzamentos coma as contas municipais. - Potenciar o proxecto de Área Metropolitana de Vigo, así coma a participación do Plan de Transporte Metropolitano. - Como norma xeral,xestionar os servizos municipais de xeito directo polos concellos ou a través de sociedades de economía mixta, en especial os que teñen que ver co tratamento do lixo, a xestión integral da auga e os servizos sociais. Polo tanto,para aqueles que na actualidade estean externalizados, no momento de acabar a súa concesión administrativa, farase unha adecuada avaliación técnica que estude o mantemento da concesión ou a mellora da calidade na prestación do servizo a un custo asumible directamente para o concello.
  • 6. 6 - Pagar as facturas a entidades provedoras e prestadoras de servizos dentro dos límites establecidos pola lei. - Actualizar o Inventario do Patrimonio Municipal. - Realizar un Plan municipal de sostemento e redución de consumo enerxético, axeitando as instalacións municipais a criterios de eficiencia enerxética, tanto nos gastos de electricidade, calefaccións ou quecementos de augas, coma nos horarios de iluminación. IV. BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE.Coidando as persoas Unha ollada á oferta do Concello de Vigo produce unha imaxe de atención completa pero, superada a virtualidade da web e dos distintos programas de atención e xa postos na realidade diaria, advírtese que as tardanzas, requisitos establecidos e a limitación de medios, converten o que debería ser prioritario nunha simple relación de bos desexos que non se reflicten na práctica dos colectivos máis desfavorecidos. A prestación de servizos públicos que cubran as necesidades básicas da cidadanía, atendendo ás necesidades de colectivos concretos e que aposten ademais pola igualdade de xénero, contribúen no seu conxunto a mellorar a calidade de vida e o benestar das persoas. Para acadar este obxectivo, Compromiso impulsará a posta en marcha, como mínimo, das seguintes iniciativas. Benestar Social - Dende o poder municipal, temos que dar prioridade as políticas de igualdade e de benestar social que contribúan á extensión dunhas mellores condicións de vida para os sectores sociais mais afastados do acceso aos bens e servizos que entendemos como necesidades básicas para a poboación. - Dar prioridade á atención a persoas e familias sen recursos (reforzo escolar, orientación laboral,....), coordinación e colaboración con entidades de carácter social coma bancos de tempo, bancos de alimentos, intercambio de servizos, etc. - Axilización, en tempo e forma, das axudas de emerxencia e sociais dependentes do Concello de Vigo, co adecuado equipo administrativo e de asistentes sociais evitando os longos períodos de trámite. - Cooperación e colaboración entre a Administración Local e os diversos colectivos e asociacións sociais implicadas no tratamento e atención a persoas en risco de exclusión social. - Atención á discapacidade, prestando especial atención aos problemas de mobilidade.Colaborar e coordinar con entidades de atención a persoas con discapacidades. Garantirase o cumprimento da taxa de persoas con discapacidade empregadas no Concello.
  • 7. 7 - Aprobación do Plan municipal de vivenda como función social e non como activo financeiro; establecemento de IBI reducido ou exento para vivendas sociais e ampliado para vivendas baleiras en propiedade de entidades bancarias.En colaboración coa Universidade de Vigo, fomentaremos tamén a creación dunha bolsa de vivendas para estudantes universitarios con alugueiros baixos así coma o apoio á promoción de cooperativas de vivendas para persoas maiores e pisos compartidos con estudantes. - Creación dunha bolsa de alugueiros sociais en colaboración coas entidades bancarias que posúan vivendas baleiras no Concello. - Promoción de rehabilitación de vivenda e apoio ao Consorcio do Casco Vello no seu labor de recuperación da Zona Vella. - Lograr unha diversidade social nos barrios evitando guetos na integración de colectivos desfavorecidos. - Como política que impulsaría a conciliación da vida familiar e laboral, desde CxG Vigo, entendemos que temos que aumentar no seu número e espallar polo territorio do concello o número de garderías municipais. Nas xa existentes, cómpre estender o horario atendendo ás necesidades das xornadas laborais da familias. Igualdade - Fomentar e garantir o uso da linguaxe e imaxes inclusivas en calquera actividade realizada dende o Concello de xeito que mulleres e homes sempre teñan a mesma presenza. - Promover a participación activa das mulleres na vida do Concello, mantendo o equilibrio entre sexos en todos os niveis dos procesos de toma de decisións. - Favorecer o espírito emprendedor e a actividade empresarial das mulleres, e consolidar a igualdade de trato e de oportunidades no ámbito laboral, apoiando medidas privadas e públicas que faciliten o acceso das mulleres a empregos de calidade e a súa estabilidade e desenvolvemento profesional. Para isto, propomos crear un plan de acción ao desenvolvemento profesional e económico das mulleres do rural, en colaboración co resto de administracións públicas. - Desenvolver un programa de prevención e tratamento da violencia de xénero destinado á concienciación social e á formación de profesionais da educación, servizos sociais, sanitarios, e corpos e forzas de seguridade do concello. O programa será elaborado a partir das demandas e necesidades detectadas por parte das usuarias dos dispositivos de igualdade así coma da experiencia acumulada dos mesmos, sempre tendo en conta os recursos e medidas dispoñibles dende o resto de administracións públicas. - Elevando as políticas de igualdade de xénero, procuraremos a extensión polos distintos barrios e parroquias de aulas de defensa persoal deseñadas especificamente para mulleres e a súa auto- protección, actividades a realizar conxuntamente coa colaboración da concellería de seguridade cidadá e as distintas asociacións veciñais.
  • 8. 8 Mocidade - Promover o asociacionismo xuvenil para implicar a mocidade en distintas alternativas para o seu tempo libre. - Recuperar as Noites Vivas como alternativas de lecer nocturno de fin de semana - Levar á práctica medidas que incentiven a continuidade da practica deportiva durante a adolescencia, sobre todo no sector feminino da sociedade, xa que existen condicionantes da socialización que actualmente inciden negativamente sobre a práctica deportiva nesas idades e que inciden moi especialmente coma unha cuestión de xénero. - Crear puntos de lectura en distintos barrios para ofrecer lugares de estudo. - Colaborar coas asociacións xuvenís en programas de emprego, información sexual, independencia familiar, etc. - Estender programas de educación e información sobre o uso e o consumo de drogas: tabaco, alcohol, cannabis, cocaína, psicofármacos, etc. 3ª Idade - Realización de programas de avellentamento activo nas distintas parroquias. - Promoción dun voluntariado de maiores, que, de xeito activo, axude na organización de eventos ou actividades relevantes para a cidade. - Promoción de uso compartido de vivendas con estudantes e cooperativas de vivendas da 3ª idade. - Atención personalizada a través do programa Coidadores de barrio. V. CULTURA Temos un compromiso coa cultura na cidade de Vigo. Nun contexto fortemente desgaleguizado onde o concepto de cultura que prima é un modelo puramente comercial que responde a canons alleos, Compromiso ten unha proposta que avoga pola recuperación da cultura participativa, desde un modelo de democracia cultural que quere volver a iniciativa cultural, creativa e formativa a unha cidadanía que ten dereito a recuperar para si os espazos públicos, tanto a rúa coma os propios equipamentos municipais, claramente pouco utilizados.
  • 9. 9 En Compromiso cremos que unha cidade prospera cando a súa cidadanía é quen de responsabilizarse activamente das cuestións que a atinxen e a unen. Neste senso, o capital simbólico que proporciona a cultura nunha cidade é garantía desa necesaria implicación cidadá, así coma medida esencial das súas cotas de benestar e, por que non, felicidade. Por iso, a proposta de Compromiso pretende ser global e integradora, concibindo como unha rede de relacións indisociables entre si as políticas educativas, culturais e lingüísticas. Alén diso, o departamento de cultura dun concello é un espazo idóneo para a aplicación do orzamento participativo desde o que implicar á cidadanía na toma de decisións sobre o reparto dun diñeiro claramente limitado, a través das súas entidades de representación e participación cultural (asociacións culturais, empresas do sector, xestores culturais particulares, etc.). Esta nova concepción para a toma de decisións en materia orzamentaria, verase completada, asemade, pola procura de espazos de colaboración coas outras administracións públicas (especialmente a Xunta de Galicia) e entidades privadas, co fin de achegar recursos para a cultura viguesa que permitan complementar o actual sistema de subvencións á cultura con convenios e contratos programa coas entidades culturais. Con estas premisas globais como perspectiva de traballo, a proposta concreta de CxG para o goberno da Cidade de Vigo en materia cultural centraranse en primeira instancia nos seguintes aspectos: - Constituiremos o Consello Participativo da Cultura de Vigo, como un espazo de debate e participación sobre a política cultural da cidade. - Impulsaremos definitivamente a construción da Biblioteca Pública da cidade, desbloqueando o desacordo co Ministerio de Educación e Cultura do Goberno de España e procurando activamente fondos autonómicos, estatais e europeos para a súa correcta dotación. - Crearemos unha rede de bibliotecas de barrio que garantan un dinamismo cultural constante en todas as áreas da cidade, tanto no centro coma na periferia, fomentando unha cultura activa e participa que, a partir do libro, xere todo tipo de actividade artística. - Garantiremos unha programación escénica e musical continuada e intensiva no Auditorio Municipal de Vigo, programación que se estenderá, tamén, a outros espazos escénicos propiedade do Concello susceptibles de seren optimizados para este fin. - En concerto coa AGADIC, financiaremos a creación dunha Compañía Residente no Auditorio do Concello. - Organizaremos, en colaboración cos Conservatorios e coas agrupacións e asociacións musicais da cidade, a Festa da Música da Cidade de Vigo no verán. - Con motivo do Día Internacional do Teatro, organizaremos, en colaboración coa ESAD de Galicia, a Escola Municipal de Teatro, e as empresas teatrais da cidade, unha maratón teatral da cidade. - Con motivo do Día Internacional da Danza e en colaboración coas escolas privadas de danza da cidade, organizaremos unha xornada de Danza na Rúa.
  • 10. 10 - Aumentaremos o orzamento específico do Festival e recuperaremos o festival de música Are More. - Convidaremos aos artistas mozos e mozas da cidade a participar en residencias artísticas nas infraestruturas culturais da cidade financiadas polo Concello. Ademais, impulsaremos iniciativas de apoio a emprendedores para a creación de empresas culturais na cidade. - Abriremos canles de colaboración entre o Concello e o sector empresarial cultural afincado na cidade co fin de xerar espazos de traballo colaborativo e iniciativas para unha xestión conxunta que o posicione como interlocutor directo e con capacidade de toma de decisións en relación coas institucións culturais autonómicas e estatais. - Impulsaremos na cidade de Vigo, ao longo da lexislatura, a organización do Culturgal e outras feiras e encontros de carácter nacional e internacional, aportando, desde o Concello, unha programación paralela de actividades que as poña en valor e atraia visitantes. - Garantiremos a revitalización e atribución de contidos interactivos e dinámicos aos museos da cidade, fundamentalmente o Verbum, o Marco e o Museo Quiñones de León. Asemade, estabeleceremos, desde eles, liñas de colaboración con outros espazos de exhibición artística para a elaboración conxunta de mostras e exposicións. Para isto, elaboraremos un plan de equipamentos culturais, co fin de promover un mellor aproveitamento das infraestruturas culturais. - Proporemos á Consellería de Cultura da Xunta de Galicia a revisión dos contidos e a elaboración de actividades conxuntas no Museo do Mar. - Organizaremos, durante o outono, a Noite Branca dos Museos da Cidade de Vigo. - Impulsaremos o aproveitamento activo do patrimonio artístico da cidade, especialmente o industrial e arquitectónico, a través de actividades que garantan a súa divulgación e o seu emprego produtivo. - Abriremos unha canle de diálogo permanente coas pequenas salas de teatro e música recentemente abertas na cidade e que actualmente contan cunha nula colaboración por parte do concello. Para elas, estabeleceremos unha vía de axudas ao condicionamento dos espazos e á súa visibilización na cidade, tanto desde o punto de vista sinaléctico coma publicitario. - Fomentaremos, con liñas de actividade e orzamentos específicos, a cultura de base e amadora na cidade, con especial atención ao teatro, a danza e a creación musical de carácter participativo e non profesional. - A través do Consello Participativo da Cultura de Vigo, convidaremos ás asociacións da cidade a participar na organización dos programas de festas, con especial atención ao equilibrio entre as diferentes zonas da cidade, e entre as áreas rurais e urbanas. - Descentralizaremos a programación cultural fóra dos momentos festivos do ano, garantindo unha actividade de lecer permanente, intensificada, iso si, arredor do Nadal, Entroido, Festas do Cristo e Reconquista.
  • 11. 11 - Abriremos canles de posta en valor e intensificación da presenza pública das múltiples entidades da cidade que promoven a práctica e o gusto pola música e danza tradicionais, estabelecendo espazos para a organización de festas e encontros nos que visibilizar esta actividade e animando a cidadanía a participar dela. - Garantiremos o emprego da lingua galega en todas as actuacións públicas e administrativas do Concello e os seus membros. - A través da Equipa de Normalización Lingüística do Concello, iniciaremos campañas de animación para o uso da lingua galega entre sectores estratéxicos, fundamentalmente hostalaría e pequeno comercio. VI. PLANIFICACIÓN DO TERRITORIO. Crecemento sustentable e medio ambiente Canto á planificación urbanística da cidade, comprometémonos coas seguintes medidas. - Aposta polo desenvolvemento, seguimento e avaliación do Plan Xeral de Ordenación Municipal nos seus distintos ámbitos. - Acordos para o desenvolvemento de proxectos paralizados: Barrio do Cura, Panificadora, conexión saída de Castrelos, continuación do túnel de Beiramar, túnel da autovía Vigo-O Porriño, nova entrada da Avenida de Madrid, recuperación da praia de Samil,nova estación intermodal AVE-Autobuses. - Revisión do Plan de usos do Auditorio Mar de Vigo, urbanización e adecentamento do seu entorno así coma o remate das obras de conexión urbana entre a rúa Jacinto Benavente e Camelias. - Medidas de axilización na xestión da Xerencia de Urbanismo - Coordinación co desenvolvemento do Plan de usos do porto de Vigo - Remate da rede de saneamento, esixencia de limpeza de solares e soterramento ou reorganización do cableado das fachadas de edificios. - Colaboración coas comunidades de montes e con propietarios particulares do monte para a súa xestión eficiente e sostible; mantemento de accesos e loitas contra os incendios. Medio ambiente O coidado e a posta en valor do noso medio ambiente para o seu goce presente e futuro debe ser un obxectivo a lograr nunha sociedade moderna. Vigo ten un entorno privilexiado rodeado dos seus parques forestais e da súa ría que permite aproveitar esta situación para o goce dos seus cidadáns e turistas. É imprescindible coidalo e recuperalo.
  • 12. 12 Compromiso por Galicia quere preservar o noso espazo natural para que o crecemento económico sexa compatible cunha protección ambiental sostible que non hipoteque o futuro das novas xeracións, por iso facemos as seguintes propostas. - Creación do Centro de Estudos Ambientais, institución que impulse o desenvolvemento sostible, (social, económico e ambiental) do municipio na súa integridade, entendendo o concello non como un ente illado, senón vencellado a súa biorrexión e á Ría de Vigo. - Rexeneración e conservación da Senda fluvial a carón do río Lagares e completala dende o seu nacemento. - Evitar os recheos na ría de Vigo, así como o uso inapropiado do espazo litoral por actividades empresariais non relacionadas directamente co uso portuario.Apertura pequenos parques pechados para mascotas cunha extensión suficiente, e distribuídos en varias zonas do territorio de Vigo, para poderen estar soltos, faceren exercicio e relacionárense entre eles. - Realización de charlas nas escolas, levadas a cabo por profesionais do sector, para formar sobre educación ambiental e tenencia de mascotas. - Dar a coñecer as normativas e ordenanzas referentes á educación cívica e ambiental, así como a relativa á posesión de mascotas,acompañada dunha maior vixilancia e acción punitiva daqueles comportamentos inadecuados e incívicos. - Os fondos destinados a Asociacións medioambientalistas e Protectoras de animais deben ser repartidos de acordo a criterios claros e públicos. - En relación coa xestión dos residuos alternativa á incineración, crearemos puntos limpos, promoveremos a reciclaxe e a compostaxe, e organizaremos actividades de concienciación arredor destas opcións. VII. DEPORTE. Calidade de Vida para tod@s O deporte é saúde, e a súa promoción nas sociedades modernas eleva os parámetros de calidade de vida durante todas as súas etapas. Unha sociedade que apoia o deporte é unha sociedade sa e para levar estas ideas ao plano programático facemos unhas propostas nas que centraremos a nosa actividade de goberno municipal para a promoción da práctica deportiva na cidadanía, como canle de transmisión de hábitos de vida saudables.
  • 13. 13 - Garantir a representatividade dos clubs deportivos que apoian o deporte de base no noso Concello para a elaboración dos orzamentos participativos da concellería de Deportes. Para iso, instituirase a figura dun Consello Participativo do Deporte Vigués, que servirá ademais de canle de contacto entre os deportistas e clubs da cidade e o goberno local. - Impulsaremos tamén unha ampla Rede Náutica Municipal onde, xunto cos distintos clubs da cidade e da área metropolitana, se facilite unha oferta que poña en valor o espazo natural da Ría de Vigo para a práctica de actividades náuticas e non unicamente como política de construción de portos deportivos para iates. - Coordinaremos coas distintas federacións de deportes e cos diferentes clubs da cidade as actividades das escolas deportivas municipais procurando a descentralización da oferta, tanto no referente ao tipo de deporte ofertado coma no referente ás instalacións usadas. - Crearemos o programa Cituis, Altuis, Vicus para escolares no que, a través das escolas municipais e de diversos campamentos e talleres, achegaremos as distintas modalidades deportivas olímpicas ás nosas nenas e nenos. - Crearemos o programa Inclúe Deporte para nenas e nenos en risco de exclusión social e/ou fillas e fillos de familias con escasos recursos económicos, achegando a estes sectores os valores positivos do deporte, incluíndo os mesmos nas súas vidas cotiás. - Impulsaranse políticas de cooperación do tecido empresarial de Vigo e da área metropolitana, na esponsorización do deporte vigués. Para iso, cómpre potenciar a Fundación Vigo en Deporte. - Dentro da democratización das institucións do concello, promoveremos unha descentralización do modelo de IMD actualmente existente, procurando un maior achegamento aos barrios e parroquias dos diversos planos municipais de incentivo e fomento das actividades deportivas. - Alongaremos, coa firma dos convenios necesarios coas distintas administracións competentes e os centros escolares, o horario de uso das instalacións dispoñibles nos centros escolares para o uso e goce da cidadanía, xa que son uns recursos infrautilizados debido ao seu uso nunha franxa horaria moi limitada, concreta e escasa, e que ben poden complementar a alta demanda de uso de instalacións deportivas municipais en certos horarios, sobre todo nas fins de semana. - Rescataremos da súa situación actual de práctico abandono as instalacións das pistas de atletismo anexas ao Estadio Municipal de Balaídos e axeitaremos os seus usos de maneira urxente. - Estenderemos as escolas municipais deportivas á poboación da 3ª idade con propostas axeitadas ás súas necesidades psico-motoras. Ademais, divulgaremos a través de obradoiros as distintas disciplinas deportivas. - Axeitarase o circuíto de running de Castrelos, e construirase de maneira urxente unha zona de vestiarios, armarios e baños que, mediante un abono mensual, poidan empregar os usuarios e usuarias do circuíto.
  • 14. 14 VIII. SEGURIDADE E MOBILIDADE Seguridade A prevención de catástrofes e a necesidade de dispor de plans de emerxencia e dotacións adecuadas para facerlles fronte ten que ser unha preocupación de calquera Administración. No caso da Cidade de Vigo, cun Porto que move gran cantidade de mercadorías que cruzan diariamente a cidade, con instalacións que acumulan materiais inflamables, e cruzada por un río que periodicamente produce asolagamentos, fai que o Concello teña que ter unha especial preocupación por este asunto. Nese senso, facemos as seguintes propostas programáticas. - Revisión e actualización do Plan de Emerxencias Municipal (PEMU), converténdoo nun documento vivo e útil. - Deseño dun programa de incremento do cadro de persoal nos próximos anos que permita chegar á dotación ideal de 150 bombeiros nun prazo razoable de tempo. Como medida inmediata dotaremos os incrementos do cadro de persoal aprobados nos derradeiros anos e aínda pendentes. - Renovación do vehículo de intervención do Parque de Balaídos. - Establecerase un convenio co Porto de Vigo, tal como existe noutras cidades, o que suporía un beneficio mutuo. Neste convenio contemplarase o traslado do Parque de Balaídos á zona portuaria. - Estableceremos convenios con outros organismos como Audasa ou ADIF, onde existen riscos de accidentes que poden requirir dunha rápida intervención do Servizo de Bombeiros. - Substituiremos o actual Sistema de Comunicacións analóxico, obsoleto e sen suficiente cobertura, por un novo sistema dixital coa concesión da frecuencia ao Concello. - Potenciaremos o Servizo de Protección Civil. Mobilidade A necesidade de reducir o uso de vehículo privado é imprescindible dentro dunha política de transporte sostible. O transporte por estrada no Estado Español representou no ano 2011 o consumo do 61% dos produtos derivados do petróleo, que, alén de supor unha factura anual de 45.000 millóns de euros, son responsables dunha gran parte da emisión de gases de efecto invernadoiro. Ademais, a concentración de gran cantidade de vehículos nunha área urbana incrementa a contaminación ambiental e o nivel de ruídos cos correspondentes efectos prexudiciais para a saúde, e dificulta cada vez máis o desprazamento pola cidade. Só a oferta dun transporte público de calidade, con frecuencias e horarios axeitados ás necesidades da cidadanía, permitirá retirar vehículos privados da rúa. É certo que, para conseguir un abandono ostensible do vehículo privado, tamén son necesarias outras medidas de mobilidade, así coma un deseño da cidade que achegue os servizos á cidadanía. Mais dispor
  • 15. 15 dun bo sistema de transporte público é imprescindible, e pódese conseguir en pouco tempo, mentres que medidas de tipo urbanístico e de achegamento de servizos (ensino, saúde) requiren maiores prazos. Por outra banda, a cidade de Vigo interrelaciónase cunha área moito máis ampla na que se producen diariamente gran cantidade de desprazamentos tanto dos concellos limítrofes cara a Vigo, coma da cidade cara a estes concellos. Por tanto a mellora na oferta de transporte público ten que ter un carácter metropolitano. Tendo en conta estas consideracións, facemos as seguintes propostas en relación co Transporte Metropolitano: - Chegaremos a un acordo coa Xunta de Galicia para implantar o seu proxecto de Transporte Metropolitano. Isto implicará a Integración Tarifaria coa implantación da Tarxeta de Transporte Metropolitana, o que suporá unha redución do custo do billete. Ademais, esta medida promoverá a integración física (máis paradas, máis liñas) e o incremento da oferta (novos servizos). - Nunha segunda fase é necesario proceder a integración do transporte urbano co interurbano e o de Ría, constituíndo un organismo que xestione o transporte de xeito global na Área Metropolitana, coa fórmula xurídica que se considere máis a caída. - Tendo en conta que nos primeiros meses da seguinte lexislatura vence a concesión de Vitrasa (31/12/2019), é necesario durante esta lexislatura estudar a fórmula de xestión máis acaída de acordo co que resulte da proposta II, así como realizar un novo estudo de necesidades (liñas, frecuencias, horarios) coa participación das Asociacións de Veciños e doutras entidades que poidan verse involucradas nesta reforma (Universidade, Sindicatos, etc.). - O Estado Español é o único membro da UE que non ten unha Lei de Financiamento do Transporte Urbano e as súas achegas a este fin son exiguas. Polo tanto, o Concello de Vigo, xunto con outros concellos que dispoñan de transporte urbano, instará ao Goberno de España, ben a través da FEGAM, da FEMP ou polas vías que se considere máis oportunas, para que se faga esta Lei con dotacións orzamentarias que permitan dar un pulo importante a este medio de transporte. - Impulsaremos desde o Concello a implantación do Cheque Transporte que ofrece beneficios fiscais a empresas e traballadores. Sector do Taxi - Tendo en conta que a nova “Lei 4/2013, do Transporte Público de Persoas en Vehículos de Turismo de Galicia”, contempla no seu artigo 6 un número de taxis para a cidade de Vigo moi inferior ao que existe actualmente, Compromiso, ao abeiro do indicado no artigo 7,porá en marcha desde o Concello o procedemento para determinar a cantidade de taxis que sería necesaria na situación actual e, unha vez aprobada a proposta pola Xunta de Galicia, de resultar inferior á existente, asinará un convenio coas Asociacións do Sector para a retirada paulatina de licenzas até acadar a cifra aprobada.
  • 16. 16 Tráfico - Dedicaremos especial atención á eliminación do aparcamento ilegal no carril-bus, nas paradas de autobuses e taxis e nas prazas reservadas para persoas con discapacidade. Recuperaremos o chamado “multa-móbil” para este servizo. - Estudaremos tamén a posibilidade de substituír en determinadas paradas de autobús as dársenas por plataformas que faciliten o acceso ao bus por medio de ramplas. - Melloraremos a seguridade da circulación polas rotondas adoptando as medidas de sinalización pertinentes para canalizar axeitadamente o tráfico polas mesmas. - Poremos en marcha os mecanismos urbanísticos necesarios para construír os aparcadoiros disuasorios contemplados no PXOM na medida en que isto sexa posible. - Xestionaremos, xunto coas correspondentes asociacións, a consecución de terreos, a un prezo que faga viable a operación, para a construción dun aparcadoiro para vehículos pesados dotado, ademais, dunhas mínimas medidas de seguridade. Este terá a suficiente capacidade para poder concentrar todos os vehículos pesados que hoxe se distribúen por distintas zonas de aparcamento, mesmo en vías públicas, por toda a cidade. - Ampliaremos a oferta de Educación Vial de que dispón o Concello cun convenio co sector de profesionais deste ámbito. A programación e supervisión do servizo será realizada polo actual Departamento de Educación Vial da Policía Local. Accesibilidade para persoas con mobilidade reducida - Vixiaremos o correcto funcionamento das ramplas de acceso aos autobuses urbanos. - Intensificaremos a política de eliminación de barreiras arquitectónicas, extremando o control por parte da Concellaría de Urbanismo (accesibilidade aos locais reformados no Casco Vello, aseos públicos, os chamados “chanzos invisibles”, etc.). - Recuperaremos a contía e as dotacións económicas para o Servizo de Taxis Adaptados. Outras medidas - Será unha prioridade incluír Vigo no programa europeo Eurovelo a través da creación dunha rede de ciclo vías tanto na cidade coma na área metropolitana. Nese marco, amosarémonos coma cidade referencial, propondo unha ruta Atlántica na Península Ibérica e procurando a vertebración da mesma a través dos órganos transfronteirizos Eixo Atlántico e Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
  • 17. 17 - Proporemos a creación de dous carrís-bici que conecten directamente á cidade coa zona de praias; un que transcorrerá pola zona de Areal, Beiramar-Bouzas-Alcabre e outro que transcorrerá desde a zona de Coia-Navia até as praias. - Integraremos a bicicleta dentro da transmodalidade de transporte urbano e crearemos un servizo municipal de alugueiro de bicicletas eléctricas, con aparcadoiros en zonas estratéxicas da cidade, accesibles para todos os usuarios da tarxeta verde. Á súa vez, certas liñas de Vitrasa serán bici-friendly, podendo cargarse e transportarse as bicicletas, e axudando así a superar a difícil orografía de certos puntos do noso Concello.Para isto, no programa de renovación da flota, dotarase ao servizo de vehículos que permitan desenvolver esta actividade. - Crearemos as Can-miñadas nos distintos parques urbanos da cidade, con zonas de accesibilidade exclusiva para mascotas. - Fomentaremos as eco-pistas que rodean as parroquias da nosa contorna: sendeiros de pequeno e grande percorrido que conforman unha circunvalación “verde” da cidade, accesible unicamente para peóns e bicicletas mediante a súa adecuación para este tipo de tráfico e cunha sinalización e marcaxe de puntos de interese a nivel histórico-artístico e medioambiental; conectalas co transporte urbano, sobre todo nos tramos de cabeceira e de fin. - Levaremos adiante o programa Domingos sen coches, limitando espazos urbanos a actividades na rúa para peóns e ciclistas. - Retiraremos o tráfico dos Parques do Castro e de Castrelos. - Alén destas, por suposto, asumiremos como prioritarias aquelas medidas deste programa que, vencelladas a outras áreas, teñan que ver con cuestión de mobilidade, especialmente aquelas que figuran nos apartados de Medio ambiente e Planificación urbanística.