2. En homenaxe á loita de todas as mulleres galegas desde o agro, a mar, as fábricas , a casa, … Adaptación de textos e imaxes do libro Traballadoras editado en 1990 pola secretaría da Muller da CXTG-IN.
3. A muller labrega é a espiña dorsal da nación. Ela mantivo durante séculos a cultura, a lingua, a condición da Patria, a nosa diferenza fronte ao mundo.
4. Mentres as servidumes da emigración recaían sobre o home, ela permanecía, e permanece, apegada á terra, coas mans escravas, sempre labourantes e activas.
5.
6.
7.
8.
9. Viudas de vivos e mortos Que ninguén consolará. Rosalía de Castro
12. No Muro da Coruña, na Ribeira do Berbés de Vigo,… Esquecidas, silenciadas, sobre as súas cabezas e nos seus carretóns cárgase cada noite unha boa parte das riquezas que acumula a burguesía armadora de Galiza.
13.
14.
15. Vou e veño coas ondas a morrer nista area. Mª do Carme Krukenber
18. Na historia social de Galiza teñen as traballadoras da conserva un posto de iniciadoras. Fundadoras dos primeiros núcleos de unidade operaria, das primeiras entidades de asociación sindical.
19. Desde finais do século XIX deica o 1936 foron elas unha vangarda. O fascismo rapou as súas cabezas, prendeunas, fusilounas
20. Nos días da ceifa do marisco, as mulleres enchen os areais cos seus sachos, na procura da navalla, do croque, do longueirón, da ameixa. Torcen o lombo sobre os fondos das rías. Un labourar a reo do que se vai beneficiar a cadea de intermediarios que rouba o esforzo destas traballadoras.
21.
22.
23. Mulleres que saen dos barrios da clase obreira camiño dos lugares de traballo na madrugada, nesa hora en que a alba aínda loita coa escuridade da noite.
24.
25.
26.
27.
28. Onde haxa un conflito xusto, en Baldaio, en Cangas, en Castrelo de Miño, nas Autopistas., as mulleres enfróntanse ás forzas represivas do estado.
29. Son as depositarias do asoballamento histórico do pobo galego. E son, no combate, as dirixentes da nación.
30. VELLAS Pregues na cara Ollares perdidos Traballo expropiado Vida endurecida Elas son todo memoria!
31.
32.
33. Daquelas que cantan as pombas e as frores Todos din que teñen alma de muller; Pois eu que n’as canto, Virxe da Paloma, ¿ai! De que a terei? Rosalía de Castro
34. 8 de marzo DÍA INTERNACIONAL DA MULLER loitando NÓS MESMAS día a díaPOLA IGUALDADE