SlideShare a Scribd company logo
1 of 8
TEMA 5: FORZAS DE PRESIÓN

1- CONCEPTO DE PRESIÓN

A presión defínese como a forza que actúa sobre a unidade de superficie dun corpo. Trátase
dunha magnitude escalar e represéntase por P.
                                F
                           P=
                                S

Unidades:
                                                                 1N
            A unidade de Presión no S.I é o Pa (Pascal) ⇒ 1 Pa =
                                                                 1 m2
Existen outras unidades de presión que veremos máis adiante e que se empregan, sobre todo,
para medir a presión atmosférica.
Da fórmula anterior deducimos que si queremos disminuir a presión que exerce unha
determinada forza debemos de aumentar a superficie sobre a que se exerce a forza (caso dos
esquimais cando camiñan pola neve empregando unhas raquetas para que o seu peso se
reparta sobre unha maior superficie).


2- PRESIÓN HIDROSTÁTICA

Calquer líquido ou gas contido nun recipiente exerce unha forza sobre o fondo e as paredes
deste. Se introducimos a man ou un obxeto no seu interior exércese unha forza sobre eles.
Todas estas forzas que un fluido exerce sobre os obxetos sumerxidos nel podémolas considerar
debidas a presión existente no seo do fluído. É a presión hidrostática.
"Denomínase presión hidrostática á exercida por un fluído, como consecuencia do seu propio
peso, sobre tódolos corpos sumerxidos nel e sobre as paredes do recipiente".
A forza exercida por un fluído como consecuencia da presión hidrostática é sempre
perpendicular á superficie dos corpos sumerxidos e ás superficies do recipiente.




                                                          Na figura vemos como se temos
                                                          un líquido nun recipiente e lle
                                                          facemos uns buracos, o líquido
                                                          sairá prependicular a superficie
                                                          onde se lle practica a abertura.




                                                            Física e Química 4º ESO 1
3- PRINCIPIO DE PASCAL
                                               Se imos comprimindo o líquido exercendo
                                               forza sobre o émbolo, chega un momento no
                                               que tódolos tapóns do depósito saltan
                                               simultaneamente. (Non salta antes o máis
                                               alonxado do émbolo como podíamos
                                               supoñer). Esto é consecuencia de que a
                                               presión exercida polo émbolo trasmitiuse a
                                               través do líquido a tódalas partes. Esta
                                               experiencia e outras similares levaron ó físico
                                               francés Pascal a enunciar o principio que leva
                                               o seu nome.

"A presión exercida nun punto dun fluído trasmítese integramente e coa mesma
intensidade en tódalas direccións" ⇒
                                                    F1 F2
                               P1 = P2 = cte ⇒        =
                                                    S1 S 2

O principio de Pascal ten múltiples aplicacións tecnolóxicas como poden ser a balanza
hidrostática, prensa hidráulica, freos dos coches (unha prensa en definitiva), etc.

 F1
                               F2




4- TEOREMA FUNDAMENTAL DA HIDROSTÁTICA

Imos calcular a presión que exerce unha columna de líquido sobre a superficie do fondo do
recipiente:

                           A forza que exerce o líquido sobre a superficie do fondo coincide
                           co peso da columna de líquido: F = Peso = m ⋅ g
                                              m
                           Sabemos que d =       , logo: m = V ⋅ d . Entón:
                                              V
                            F = Peso = V ⋅ d ⋅ g . O volumen de líquido sabemos que é
                           igual a: V = S ⋅ h . Logo: F = Peso = S ⋅ h ⋅ d ⋅ g . Polo tanto:
                      h
                                 F S ⋅ h ⋅ d ⋅ g . Eliminando S queda:
                            P= =                                           P =h ⋅d ⋅ g

                                 S       S

                           A ecuación anterior coñécese como ecuación fundamental da
                           hidrostática:

"A presión hidrostática existente no interior dun fluído depende unicamente da
prufundidade (h) á que se atopa o punto considerado"


                                                             Física e Química 4º ESO 2
Hai que facer constar que nos referimos unicamente á presión hidrostática, pois se quixéramos
calcular a presión absoluta no interior dun fluído teríamos que sumarlle a presión atmosférica
existente na superficie libre do líquido. Máis adiante falaremos dela.

4.1- CONSECUENCIAS DO TEOREMA FUNDAMENTAL:

a) A presión no interior dun fluído aumenta coa profundidade.
b) Tódolos puntos dun fluído situados sobre unha mesma horizontal están sometidos a
   mesma presión.
c) A superficie libre dos líquidos en repouso é plana e horizontal.

5- VASOS COMUNICANTES

Consisten en distintos recipientes conectados entre sí pola base. O principio dos vasos
comunicantes atopa moitas aplicacións na vida cotiá.
Respecto o comportamento dos vasos comunicantes temos que distinguir se se trata dun so
líquido ou se temos líquidos distintos.
No 1º caso o líquido acada a mesma altura en todos eles debido a que a presión ten que ser
igual en todos tamén tal como se aprecia na figura:

                                                    Se consideramos agora dous líquidos de
                                                  distinta densidade observamos que o líquido
                                                  menos denso acada unha altura maior:
                                                    "As alturas acadadas por dous líquidos
                                                  distintos en cada unha das ramas dun sistema
                                                  de vasos comunicantes son inversamente
                                                  proporcionais as súas densiddades"

                                              Esto é debido a que a presión en dous puntos
                                              situados na mesma horizontal ten que ser a
mesma. Podémolo apreciar na seguinte figura que constitúe un tubo en forma de U:
                                                O líquido da dereita é máis denso que o líquido
                                                da esquerda e como consecuencia abóndalle
                                                con acadar unha altura h2 mentres que o líquido
                                                da esquerda, o ser menos denso, precisa subir
                                                ata unha altura maior h1 para conseguir que a
                                                presión en A sexa a mesma que en B.
                                                APLICACIÓNS:
                                                - Suministro de auga as cidades: O depósito
                                                sitúase a unha altura superior a cidade
                                                - Pozos atesianos: A auga brota sen
                                                necesidade de motor.




                                                                Física e Química 4º ESO 3
- Indicadores de nivel: Empregados para saber o contido de líquido nun depósito              ou
                                                           para nivelar superficies.
Cúmplese que : PA = PRESIÓN ATMOSFÉRICA
                6- PB , logo :
h1d A g = h2 d B g ⇒ h1d A = h2 d B ⇒ A relación entre as alturas é inversa a das densidades

                  A presión atmosférica é a presión que exerce a atmósfera sobre todos os corpos situados nela.
                  Disminúe a medida que ascendemos en altitude xa que temos menos aire encima de nos e é
                  menos denso. Existen multitude de experiencias que poñen de manifesto a existencia da presión
                  natmosférica como son o vaso co papel dado a volta ou as dúas semiesferas xuntas as que se
                  lle fai o baleiro e despois se tentan separar.

                  6.1- MEDIDA DA PRESIÓN ATMOSFÉRICA

                  O 1º en medir a presión atmosférica foi o científico italiano Torricelli realizando a seguinte
                  experiencia con mercurio ó nivel do mar.
                                                                Encheu un tubo de vidrio de 1 m de lonxitude




                                      Presión
                                      atmosférica




                                                                  con mercurio e a continuación tapouno con un
                                                                  dedo procurando que non quedase nada de
                                                                  aire e introduciuno nunha cubeta tamén con
                                                                  mercurio. Observou que o mercuruio do tubo
                                                                  descendía ata unha altura de 760mm (ou
                                                                  76cm) sobre o nivel da cubeta. Torricelli
                                                                  deduxo que a presión atmosférica que actuaba
                                                                  sobre o mercurio da cubeta se equilibraba coa
                                                                  exercida pola columna de mercurio no interior
                                                                  do tubo.
                  Tendo en conta que a densidade do mercurio é d = 13600 Kg/m3
                  e aplicando a fórmula da presión hidrostática :

                                                                    Kg       m
                                    P = h ⋅ d ⋅ g = 0,76m ⋅ 13600     3
                                                                        ⋅ 9,8 2 = 1,013 ⋅ 10 5 Pa
                                                                    m        s
                  A presión que exerce unha columna de mercurio de 760mm de altura coñécese como
                  1 atmosfera = 1 atm, polo tanto as equivalencias serian:
                   1 atm =760 mmHg = ,013 ⋅
                                    1      10 5 Pa




                                                                               Física e Química 4º ESO 4
Tamén se empregan outras unidades de presión como os b (bar) e mb (milibar). O mb é moi
empregado sobre todo en meteoroloxía. 1 mb =100 Pa polo que: 1 atm =1013 mb


A presión atmosférica varia segundo os días e segundo o lugar, incluso as veces no mesmo día
pode variar. Valores elevados (Anticiclóns) da presión atmosférica indican polo xeral bo tempo e
valores baixos (Borrascas) mal tempo. Para medila empréganse uns instrumentos chamados
Barómetros que poden ser de mercurio (similares o de Torricelli) ou metálicos.

7- PRINCIPIO DE ARQUÍMEDES

Se pesamos un corpo no aire e a continuación sumerxido nun líquido observamos que pesa
menos no 2º caso. Esto é debido a forza de empuxe que experimentan os corpos sumerxidos. O
seu sentido é contrario ó do Peso. Coñécese como Principio de Arquímedes xa que foi este
físico e matemático grego quen o descubriu. O seu enunciado é:
"Todo corpo sumerxido nun fluído experimenta unha forza de empuxe vertical cara
arriba igual o peso do volumen de fluído desaloxado"
O fluído normalmente soe ser un líquido pero tamén pode ser un gas ( O aire). Así, por exemplo,
cando inflamos un globo con Helio o empuxe que experimenta o globo é maior que o peso do
Helio contido no globo, polo que hai unha forza neta cara arriba e o globo fuxe.
Imos deducir a expresión matemática que nos permite calcular o empuxe que experimenta un
corpo sumerxido nun fluido:

                               Supoñamos un corpo regular sumerxido nun fluido. A
                               superficie superior atópase a unha profundidade h1 e a
                               superficie inferior a unha profundidade h2. A forza debida a
                               presión hidrostática existente a unha profundidade h1 é F1 e a
                               forza debida a presión hidrostática a unha profundidade h2 é
            h1 F1              F2.
       h2                      Sobre as paredes laterales do corpo tamén existen forzas de
                               presión pero estas anúlanse mutuamente o seren iguais e
                 Peso          opostas (provocarían en tal caso unha deformación do corpo
            F2                 cara adentro). A forza neta que exerce o fluído cara arriba é o
                               Empuxe e a súa expresión é: E = F2 − F1 . Polo tanto imos
calcular as expresións de F2 e F1 para obter E .
* Neste caso, por simplificación, as áreas das superficies superior e inferior do corpo son iguais e valen S.

F2 = P2 ⋅ S = h2 ⋅ d fluido ⋅ g ⋅ S = d ⋅ g ⋅ S ⋅ h2       F2 − F1 = d ⋅ g ⋅ S ⋅ h2 − d ⋅ g ⋅ S ⋅ h1
F1 = P1 ⋅ S = h1⋅ d fluido ⋅ g ⋅ S = d ⋅ g ⋅ S ⋅ h1        F2 − F1 = d ⋅ g ⋅ S ⋅ ( h2 − h1 )

(h2 − h1 ) constitúe a altura do corpo sumerxido polo que o producto S ⋅ ( h2 − h1 ) non é máis que
o Volumen do corpo sumerxido ( que neste caso coincide co volumen do corpo) polo que
podemos escribir: F2 − F1 = d ⋅ g ⋅ Vsumerxido .
                                                       Logo:    E = sumerxido ⋅d
                                                                   V               fluido   ⋅g




O peso, como sabemos, ven dado pola expresión: Peso = mcorpo ⋅ g . Como a masa do corpo
podémola escribir como mcorpo = Vcorpo ⋅ d corpo nos queda:


                                                                          Física e Química 4º ESO 5
Peso = corpo ⋅d corpo ⋅ g
                                                                    V




7.2- Aplicacións do principio de Arquímedes

Equilibrio de sólidos mergullados

Ó mergullar un sólido nun fluído poden ocorrer tres cousas distintas: que o sólido se afunda, que
estea en equilibrio no interior do fluído ou que flote na súa superficie. ¿Que sucede para que un
obxecto se comporte dun ou doutro xeito?
Sobre calquera corpo mergullado, total ou parcialmente, actúan dúas forzas: o seu peso (P), que
o impulsa cara a abaixo, e o empuxe (E) do fluído cara a arriba. Segundo sexa a resultante de
ambas forzas, así será a situación final que se produza.
Caso 1. Se o Peso do corpo é maior có Empuxe, o sólido afundirase xa que a forza resultante o
         impulsa cara abaixo. P>E
         A forza que o fai baixar será: F = P - E
Caso 2. O corpo permanece en equilibrio no interior do fluído onde se somerxe.
         Neste caso a relación do Peso e Empuxe son iguais, polo que a forza resultante é cero:
         P=E
         Só é posible se a densidade do sólido e a do fluído son iguais.
Caso 3. O sólido flota cando o seu Peso é menor có Empuxe do fluído. A resultante impúlsao
         cara arriba: P<E
         A forza que o fai subir será: F = E - P
         O corpo emerxe ata que ambas forzas se igualan, pois entonces a resultante vale cero
         e o corpo mantense en equilibrio flotando cunha parte por debaixo do nivel do fluído.

EXERCICIOS RESOLTOS

1- Un acróbata de 80 kg de masa encóntrase realizando un exercicio no que está apoiado
no chan só coa palma da man. Se a presión que exerce sobre o chan é de 58 000 Pa,
¿canto vale a superficie da súa man? Compara a dita presión coa presión atmosférica.

Partindo da definición de presión:
      F        F m ⋅ g 80kg ⋅ 9,8 m s 2
P= ; S= =                  =             ≈ 1,35.10 −2 m 2 = 135cm 2
      S        P       P        58000 Pa

A presión que exerce sobre o chan é equivalente a:

               1 atm
58000 Pa ⋅             = 0,57 atm pouco máis da metade da atmosférica.
             101300 Pa

2- Un batiscafo está preparado para aguantar unha presión de 8 .107 Pa. Sabendo que a
densidade da auga mariña é 1035 kg/m3 , ¿ata que profundidade pode descender? ¿E se
descendera nun mar de mercurio? densidade do mercurio dHg = 13.600 kg/m 3

- Aplicando a fórmula da presión no interior dun fluído:




                                                                Física e Química 4º ESO 6
P          8.10 7 Pa
P = h⋅d ⋅g ; h =           =                        = 7900 m
                      d ⋅ g 1035 Kg m 3 ⋅ 9,8 m s 2
- No caso do mercurio:
                       P          8.10 7 Pa
                 h=        =                         = 600 m
                      d ⋅ g 13600 Kg m 3 ⋅ 9,8 m s 2

Tamén se podería descontar a presión atmosférica, xa que no interior do mar tamén nos afecta a
presión atmosférica, pero o resultado apenas varía (10 m no caso da auga e 76 cm no caso do
mercurio).

3- Nun taller hai unha prensa hidráulica cun émbolo de 100 cm 2 e un percorrido
(distancia que baixa o émbolo) de 50 cm. Sobre o émbolo grande, de 10 m 2 de
superficie, colocamos un vehículo de 1500 kg. ¿Que forza exerce o operario para
levantar o vehículo? ¿Cantas veces debe impulsar o émbolo para elevar o vehículo 1 m?
- Aplicar o principio de Pascal para calcular a forza e logo calcular o volume de fluído que
aumentou no émbolo grande o subir este 1 m. Este volume debe ser igual o impulsado polo
operario. Tendo en conta o volumen que impulsa o operario de cada vez podemos calcular o nº
EXERCICIOS

1- ¿Que presión exerce sobre a tea unha agulla de coser se é empuxada por unha forza
de 40 N e ten unha sección de 10-6 m2?

2- A presión máxima que pode soportar o ser humano é de 8 atm. ¿Ata que
profundidade pode descender no mar sen perigo? densidade do mar = 1035 kg/m3

3- Cambiarían os resultados se o tubo que usou Torricelli fose a metade de ancho có
que empregou?

4- O tapón dunha bañeira é circular e ten 4 cm de radio. Se enchemos a bañeira ata
acadar unha altura de 0,50 m, calcula a forza que habería que facer para levantar o
tapón, se a súa masa é de 20 g.

5- Se torricelli fixese a súa experiencia con auga en vez de con mercurio ¿qué altura
acadaría a auga no tubo de vidro se a presión atmosférica ó nivel do mar é de 1 atm?

6- Situamos un barómetro no exterior dunha avioneta que marca, no momento do
despegue, unha presión de 740 mm de Hg. Elevámonos e nun intre determinado
observamos que o barómetro marca 680 mm de Hg. ¿A que altura nos atopamos sobre a
pista de aterraxe? Datos: densidade do aire: 1,30 kg/m 3 . Supón que a variación na presión só se debe
á diferente altura.

7- Unha pedra pesa 300 N no aire e 270 N mergullada en auga. ¿Cal é o volume da
pedra? ¿Cal é a súa densidade?

8. Un cubo (hexaedro) de plástico, de 30 cm de lado, encóntrase flotando nunha piscina,
e a súa densidade é 600 kg/m3. Calcula a altura do cubo que sobresae da auga. ¿Cal é a
masa dun can que, situado sobre o plástico, o afunde ata que só sobresaen 2 cm?



                                                                   Física e Química 4º ESO 7
9. A ventá lateral dun batiscafo ten 80 cm de diámetro. Calcula a forza que se exerce
sobre ela cando o batiscafo se atopa a 8 km de profundidade. densidade do mar = 1035 kg/m3

10- ¿Qué volume ten sumerxido un corpo que flota?
     a) Todo o seu volume
     b) Ningún volume
     c) A metade do seu volume
     d) Depende só do peso do corpo
     e) Depende do peso do corpo e da densidade do líquido

11- Se un corpo que flota o afundimos ata ter sumerxido un volume doble do que tiña,
podemos decir que:
   a) O empuxe duplicase
   b) O equilibrio mantenese
   c) A masa de auga desaloxada é igual a metade da masa do corpo.
   d) O peso aparente é cero




                                                           Física e Química 4º ESO 8

More Related Content

Featured

2024 State of Marketing Report – by Hubspot
2024 State of Marketing Report – by Hubspot2024 State of Marketing Report – by Hubspot
2024 State of Marketing Report – by HubspotMarius Sescu
 
Everything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPTEverything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPTExpeed Software
 
Product Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage EngineeringsProduct Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage EngineeringsPixeldarts
 
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental HealthHow Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental HealthThinkNow
 
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdfAI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdfmarketingartwork
 
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024Neil Kimberley
 
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)contently
 
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024Albert Qian
 
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie InsightsSocial Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie InsightsKurio // The Social Media Age(ncy)
 
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024Search Engine Journal
 
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summarySpeakerHub
 
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd Clark Boyd
 
Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next Tessa Mero
 
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search IntentGoogle's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search IntentLily Ray
 
Time Management & Productivity - Best Practices
Time Management & Productivity -  Best PracticesTime Management & Productivity -  Best Practices
Time Management & Productivity - Best PracticesVit Horky
 
The six step guide to practical project management
The six step guide to practical project managementThe six step guide to practical project management
The six step guide to practical project managementMindGenius
 
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...RachelPearson36
 

Featured (20)

2024 State of Marketing Report – by Hubspot
2024 State of Marketing Report – by Hubspot2024 State of Marketing Report – by Hubspot
2024 State of Marketing Report – by Hubspot
 
Everything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPTEverything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPT
 
Product Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage EngineeringsProduct Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
 
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental HealthHow Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
 
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdfAI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
 
Skeleton Culture Code
Skeleton Culture CodeSkeleton Culture Code
Skeleton Culture Code
 
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
 
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
 
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
 
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie InsightsSocial Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
 
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
 
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
 
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
 
Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next
 
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search IntentGoogle's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
 
How to have difficult conversations
How to have difficult conversations How to have difficult conversations
How to have difficult conversations
 
Introduction to Data Science
Introduction to Data ScienceIntroduction to Data Science
Introduction to Data Science
 
Time Management & Productivity - Best Practices
Time Management & Productivity -  Best PracticesTime Management & Productivity -  Best Practices
Time Management & Productivity - Best Practices
 
The six step guide to practical project management
The six step guide to practical project managementThe six step guide to practical project management
The six step guide to practical project management
 
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
 

Eueka Eueka Arquimedes

  • 1. TEMA 5: FORZAS DE PRESIÓN 1- CONCEPTO DE PRESIÓN A presión defínese como a forza que actúa sobre a unidade de superficie dun corpo. Trátase dunha magnitude escalar e represéntase por P. F P= S Unidades: 1N A unidade de Presión no S.I é o Pa (Pascal) ⇒ 1 Pa = 1 m2 Existen outras unidades de presión que veremos máis adiante e que se empregan, sobre todo, para medir a presión atmosférica. Da fórmula anterior deducimos que si queremos disminuir a presión que exerce unha determinada forza debemos de aumentar a superficie sobre a que se exerce a forza (caso dos esquimais cando camiñan pola neve empregando unhas raquetas para que o seu peso se reparta sobre unha maior superficie). 2- PRESIÓN HIDROSTÁTICA Calquer líquido ou gas contido nun recipiente exerce unha forza sobre o fondo e as paredes deste. Se introducimos a man ou un obxeto no seu interior exércese unha forza sobre eles. Todas estas forzas que un fluido exerce sobre os obxetos sumerxidos nel podémolas considerar debidas a presión existente no seo do fluído. É a presión hidrostática. "Denomínase presión hidrostática á exercida por un fluído, como consecuencia do seu propio peso, sobre tódolos corpos sumerxidos nel e sobre as paredes do recipiente". A forza exercida por un fluído como consecuencia da presión hidrostática é sempre perpendicular á superficie dos corpos sumerxidos e ás superficies do recipiente. Na figura vemos como se temos un líquido nun recipiente e lle facemos uns buracos, o líquido sairá prependicular a superficie onde se lle practica a abertura. Física e Química 4º ESO 1
  • 2. 3- PRINCIPIO DE PASCAL Se imos comprimindo o líquido exercendo forza sobre o émbolo, chega un momento no que tódolos tapóns do depósito saltan simultaneamente. (Non salta antes o máis alonxado do émbolo como podíamos supoñer). Esto é consecuencia de que a presión exercida polo émbolo trasmitiuse a través do líquido a tódalas partes. Esta experiencia e outras similares levaron ó físico francés Pascal a enunciar o principio que leva o seu nome. "A presión exercida nun punto dun fluído trasmítese integramente e coa mesma intensidade en tódalas direccións" ⇒ F1 F2 P1 = P2 = cte ⇒ = S1 S 2 O principio de Pascal ten múltiples aplicacións tecnolóxicas como poden ser a balanza hidrostática, prensa hidráulica, freos dos coches (unha prensa en definitiva), etc. F1 F2 4- TEOREMA FUNDAMENTAL DA HIDROSTÁTICA Imos calcular a presión que exerce unha columna de líquido sobre a superficie do fondo do recipiente: A forza que exerce o líquido sobre a superficie do fondo coincide co peso da columna de líquido: F = Peso = m ⋅ g m Sabemos que d = , logo: m = V ⋅ d . Entón: V F = Peso = V ⋅ d ⋅ g . O volumen de líquido sabemos que é igual a: V = S ⋅ h . Logo: F = Peso = S ⋅ h ⋅ d ⋅ g . Polo tanto: h F S ⋅ h ⋅ d ⋅ g . Eliminando S queda: P= = P =h ⋅d ⋅ g S S A ecuación anterior coñécese como ecuación fundamental da hidrostática: "A presión hidrostática existente no interior dun fluído depende unicamente da prufundidade (h) á que se atopa o punto considerado" Física e Química 4º ESO 2
  • 3. Hai que facer constar que nos referimos unicamente á presión hidrostática, pois se quixéramos calcular a presión absoluta no interior dun fluído teríamos que sumarlle a presión atmosférica existente na superficie libre do líquido. Máis adiante falaremos dela. 4.1- CONSECUENCIAS DO TEOREMA FUNDAMENTAL: a) A presión no interior dun fluído aumenta coa profundidade. b) Tódolos puntos dun fluído situados sobre unha mesma horizontal están sometidos a mesma presión. c) A superficie libre dos líquidos en repouso é plana e horizontal. 5- VASOS COMUNICANTES Consisten en distintos recipientes conectados entre sí pola base. O principio dos vasos comunicantes atopa moitas aplicacións na vida cotiá. Respecto o comportamento dos vasos comunicantes temos que distinguir se se trata dun so líquido ou se temos líquidos distintos. No 1º caso o líquido acada a mesma altura en todos eles debido a que a presión ten que ser igual en todos tamén tal como se aprecia na figura: Se consideramos agora dous líquidos de distinta densidade observamos que o líquido menos denso acada unha altura maior: "As alturas acadadas por dous líquidos distintos en cada unha das ramas dun sistema de vasos comunicantes son inversamente proporcionais as súas densiddades" Esto é debido a que a presión en dous puntos situados na mesma horizontal ten que ser a mesma. Podémolo apreciar na seguinte figura que constitúe un tubo en forma de U: O líquido da dereita é máis denso que o líquido da esquerda e como consecuencia abóndalle con acadar unha altura h2 mentres que o líquido da esquerda, o ser menos denso, precisa subir ata unha altura maior h1 para conseguir que a presión en A sexa a mesma que en B. APLICACIÓNS: - Suministro de auga as cidades: O depósito sitúase a unha altura superior a cidade - Pozos atesianos: A auga brota sen necesidade de motor. Física e Química 4º ESO 3
  • 4. - Indicadores de nivel: Empregados para saber o contido de líquido nun depósito ou para nivelar superficies. Cúmplese que : PA = PRESIÓN ATMOSFÉRICA 6- PB , logo : h1d A g = h2 d B g ⇒ h1d A = h2 d B ⇒ A relación entre as alturas é inversa a das densidades A presión atmosférica é a presión que exerce a atmósfera sobre todos os corpos situados nela. Disminúe a medida que ascendemos en altitude xa que temos menos aire encima de nos e é menos denso. Existen multitude de experiencias que poñen de manifesto a existencia da presión natmosférica como son o vaso co papel dado a volta ou as dúas semiesferas xuntas as que se lle fai o baleiro e despois se tentan separar. 6.1- MEDIDA DA PRESIÓN ATMOSFÉRICA O 1º en medir a presión atmosférica foi o científico italiano Torricelli realizando a seguinte experiencia con mercurio ó nivel do mar. Encheu un tubo de vidrio de 1 m de lonxitude Presión atmosférica con mercurio e a continuación tapouno con un dedo procurando que non quedase nada de aire e introduciuno nunha cubeta tamén con mercurio. Observou que o mercuruio do tubo descendía ata unha altura de 760mm (ou 76cm) sobre o nivel da cubeta. Torricelli deduxo que a presión atmosférica que actuaba sobre o mercurio da cubeta se equilibraba coa exercida pola columna de mercurio no interior do tubo. Tendo en conta que a densidade do mercurio é d = 13600 Kg/m3 e aplicando a fórmula da presión hidrostática : Kg m P = h ⋅ d ⋅ g = 0,76m ⋅ 13600 3 ⋅ 9,8 2 = 1,013 ⋅ 10 5 Pa m s A presión que exerce unha columna de mercurio de 760mm de altura coñécese como 1 atmosfera = 1 atm, polo tanto as equivalencias serian: 1 atm =760 mmHg = ,013 ⋅ 1 10 5 Pa Física e Química 4º ESO 4
  • 5. Tamén se empregan outras unidades de presión como os b (bar) e mb (milibar). O mb é moi empregado sobre todo en meteoroloxía. 1 mb =100 Pa polo que: 1 atm =1013 mb A presión atmosférica varia segundo os días e segundo o lugar, incluso as veces no mesmo día pode variar. Valores elevados (Anticiclóns) da presión atmosférica indican polo xeral bo tempo e valores baixos (Borrascas) mal tempo. Para medila empréganse uns instrumentos chamados Barómetros que poden ser de mercurio (similares o de Torricelli) ou metálicos. 7- PRINCIPIO DE ARQUÍMEDES Se pesamos un corpo no aire e a continuación sumerxido nun líquido observamos que pesa menos no 2º caso. Esto é debido a forza de empuxe que experimentan os corpos sumerxidos. O seu sentido é contrario ó do Peso. Coñécese como Principio de Arquímedes xa que foi este físico e matemático grego quen o descubriu. O seu enunciado é: "Todo corpo sumerxido nun fluído experimenta unha forza de empuxe vertical cara arriba igual o peso do volumen de fluído desaloxado" O fluído normalmente soe ser un líquido pero tamén pode ser un gas ( O aire). Así, por exemplo, cando inflamos un globo con Helio o empuxe que experimenta o globo é maior que o peso do Helio contido no globo, polo que hai unha forza neta cara arriba e o globo fuxe. Imos deducir a expresión matemática que nos permite calcular o empuxe que experimenta un corpo sumerxido nun fluido: Supoñamos un corpo regular sumerxido nun fluido. A superficie superior atópase a unha profundidade h1 e a superficie inferior a unha profundidade h2. A forza debida a presión hidrostática existente a unha profundidade h1 é F1 e a forza debida a presión hidrostática a unha profundidade h2 é h1 F1 F2. h2 Sobre as paredes laterales do corpo tamén existen forzas de presión pero estas anúlanse mutuamente o seren iguais e Peso opostas (provocarían en tal caso unha deformación do corpo F2 cara adentro). A forza neta que exerce o fluído cara arriba é o Empuxe e a súa expresión é: E = F2 − F1 . Polo tanto imos calcular as expresións de F2 e F1 para obter E . * Neste caso, por simplificación, as áreas das superficies superior e inferior do corpo son iguais e valen S. F2 = P2 ⋅ S = h2 ⋅ d fluido ⋅ g ⋅ S = d ⋅ g ⋅ S ⋅ h2 F2 − F1 = d ⋅ g ⋅ S ⋅ h2 − d ⋅ g ⋅ S ⋅ h1 F1 = P1 ⋅ S = h1⋅ d fluido ⋅ g ⋅ S = d ⋅ g ⋅ S ⋅ h1 F2 − F1 = d ⋅ g ⋅ S ⋅ ( h2 − h1 ) (h2 − h1 ) constitúe a altura do corpo sumerxido polo que o producto S ⋅ ( h2 − h1 ) non é máis que o Volumen do corpo sumerxido ( que neste caso coincide co volumen do corpo) polo que podemos escribir: F2 − F1 = d ⋅ g ⋅ Vsumerxido . Logo: E = sumerxido ⋅d V fluido ⋅g O peso, como sabemos, ven dado pola expresión: Peso = mcorpo ⋅ g . Como a masa do corpo podémola escribir como mcorpo = Vcorpo ⋅ d corpo nos queda: Física e Química 4º ESO 5
  • 6. Peso = corpo ⋅d corpo ⋅ g V 7.2- Aplicacións do principio de Arquímedes Equilibrio de sólidos mergullados Ó mergullar un sólido nun fluído poden ocorrer tres cousas distintas: que o sólido se afunda, que estea en equilibrio no interior do fluído ou que flote na súa superficie. ¿Que sucede para que un obxecto se comporte dun ou doutro xeito? Sobre calquera corpo mergullado, total ou parcialmente, actúan dúas forzas: o seu peso (P), que o impulsa cara a abaixo, e o empuxe (E) do fluído cara a arriba. Segundo sexa a resultante de ambas forzas, así será a situación final que se produza. Caso 1. Se o Peso do corpo é maior có Empuxe, o sólido afundirase xa que a forza resultante o impulsa cara abaixo. P>E A forza que o fai baixar será: F = P - E Caso 2. O corpo permanece en equilibrio no interior do fluído onde se somerxe. Neste caso a relación do Peso e Empuxe son iguais, polo que a forza resultante é cero: P=E Só é posible se a densidade do sólido e a do fluído son iguais. Caso 3. O sólido flota cando o seu Peso é menor có Empuxe do fluído. A resultante impúlsao cara arriba: P<E A forza que o fai subir será: F = E - P O corpo emerxe ata que ambas forzas se igualan, pois entonces a resultante vale cero e o corpo mantense en equilibrio flotando cunha parte por debaixo do nivel do fluído. EXERCICIOS RESOLTOS 1- Un acróbata de 80 kg de masa encóntrase realizando un exercicio no que está apoiado no chan só coa palma da man. Se a presión que exerce sobre o chan é de 58 000 Pa, ¿canto vale a superficie da súa man? Compara a dita presión coa presión atmosférica. Partindo da definición de presión: F F m ⋅ g 80kg ⋅ 9,8 m s 2 P= ; S= = = ≈ 1,35.10 −2 m 2 = 135cm 2 S P P 58000 Pa A presión que exerce sobre o chan é equivalente a: 1 atm 58000 Pa ⋅ = 0,57 atm pouco máis da metade da atmosférica. 101300 Pa 2- Un batiscafo está preparado para aguantar unha presión de 8 .107 Pa. Sabendo que a densidade da auga mariña é 1035 kg/m3 , ¿ata que profundidade pode descender? ¿E se descendera nun mar de mercurio? densidade do mercurio dHg = 13.600 kg/m 3 - Aplicando a fórmula da presión no interior dun fluído: Física e Química 4º ESO 6
  • 7. P 8.10 7 Pa P = h⋅d ⋅g ; h = = = 7900 m d ⋅ g 1035 Kg m 3 ⋅ 9,8 m s 2 - No caso do mercurio: P 8.10 7 Pa h= = = 600 m d ⋅ g 13600 Kg m 3 ⋅ 9,8 m s 2 Tamén se podería descontar a presión atmosférica, xa que no interior do mar tamén nos afecta a presión atmosférica, pero o resultado apenas varía (10 m no caso da auga e 76 cm no caso do mercurio). 3- Nun taller hai unha prensa hidráulica cun émbolo de 100 cm 2 e un percorrido (distancia que baixa o émbolo) de 50 cm. Sobre o émbolo grande, de 10 m 2 de superficie, colocamos un vehículo de 1500 kg. ¿Que forza exerce o operario para levantar o vehículo? ¿Cantas veces debe impulsar o émbolo para elevar o vehículo 1 m? - Aplicar o principio de Pascal para calcular a forza e logo calcular o volume de fluído que aumentou no émbolo grande o subir este 1 m. Este volume debe ser igual o impulsado polo operario. Tendo en conta o volumen que impulsa o operario de cada vez podemos calcular o nº EXERCICIOS 1- ¿Que presión exerce sobre a tea unha agulla de coser se é empuxada por unha forza de 40 N e ten unha sección de 10-6 m2? 2- A presión máxima que pode soportar o ser humano é de 8 atm. ¿Ata que profundidade pode descender no mar sen perigo? densidade do mar = 1035 kg/m3 3- Cambiarían os resultados se o tubo que usou Torricelli fose a metade de ancho có que empregou? 4- O tapón dunha bañeira é circular e ten 4 cm de radio. Se enchemos a bañeira ata acadar unha altura de 0,50 m, calcula a forza que habería que facer para levantar o tapón, se a súa masa é de 20 g. 5- Se torricelli fixese a súa experiencia con auga en vez de con mercurio ¿qué altura acadaría a auga no tubo de vidro se a presión atmosférica ó nivel do mar é de 1 atm? 6- Situamos un barómetro no exterior dunha avioneta que marca, no momento do despegue, unha presión de 740 mm de Hg. Elevámonos e nun intre determinado observamos que o barómetro marca 680 mm de Hg. ¿A que altura nos atopamos sobre a pista de aterraxe? Datos: densidade do aire: 1,30 kg/m 3 . Supón que a variación na presión só se debe á diferente altura. 7- Unha pedra pesa 300 N no aire e 270 N mergullada en auga. ¿Cal é o volume da pedra? ¿Cal é a súa densidade? 8. Un cubo (hexaedro) de plástico, de 30 cm de lado, encóntrase flotando nunha piscina, e a súa densidade é 600 kg/m3. Calcula a altura do cubo que sobresae da auga. ¿Cal é a masa dun can que, situado sobre o plástico, o afunde ata que só sobresaen 2 cm? Física e Química 4º ESO 7
  • 8. 9. A ventá lateral dun batiscafo ten 80 cm de diámetro. Calcula a forza que se exerce sobre ela cando o batiscafo se atopa a 8 km de profundidade. densidade do mar = 1035 kg/m3 10- ¿Qué volume ten sumerxido un corpo que flota? a) Todo o seu volume b) Ningún volume c) A metade do seu volume d) Depende só do peso do corpo e) Depende do peso do corpo e da densidade do líquido 11- Se un corpo que flota o afundimos ata ter sumerxido un volume doble do que tiña, podemos decir que: a) O empuxe duplicase b) O equilibrio mantenese c) A masa de auga desaloxada é igual a metade da masa do corpo. d) O peso aparente é cero Física e Química 4º ESO 8