SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 18
Downloaden Sie, um offline zu lesen
Infórmate
aFondo
Número 141 1º trimestre 2016
Autorízase a reprodución e divulgación desta folla informativa
www.fondogalego.org
O novo plan de actividades
xa está en marcha
2
Unha alcaldesa
mozambicana visita
a políticas galegas
6
Entrevista coa
vicepresidenta do Fondo,
Teresa París
3
Vacacións con Traballo en
Mozambique e Cabo Verde
8
FONDO DE ARMARIO
10
OS PROXECTOS EN TERREO:
Reconstrución dun centro
sanitario saharauí
13
A OLLADA EXTERNA: Entrevista con Alonso Caxade
“O importante é contar con
cidadanía crítica que pase da
teoría á práctica”
14
>
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 2] N o Fon do fu nciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:141º·www.fondogalego.org
ACTUALIDADE DO FONDO
O novo plan de
actividades do
Fondo Galego xa
está en marcha
As deputacións e concellos so-
cios do Fondo Galego de Coope-
ración e Solidariedade xa están
a implementar as novas activi-
dades contempladas no Plan
2016 que, alén de accións de
cooperación, fortalecemento e
comunicación, inclúe innovado-
ras propostas para sensibilizar
a cidadanía fonte as desigual-
dades e a prol dos dereitos hu-
manos. Tal é o caso dos obra-
doiros de fotografía social, da
actuación das caboverdianas
Batuko Tabanka ou das charlas
sobre menores soldados com-
plementarias ás exposicións, así
como da xira rural dos contos
da Tropa de Trapo ou os obra-
doiros de calceta ‘Tecendo polo
cambio’.
‘O municipalismo galego,
aberto a cooperar’ é o título
do documento que guiará a ac-
tividade anual e que a Asem-
blea Xeral de socios avalou por
unanimidade o pasado 17 de
marzo. O presidente do Fondo
Galego, Juan González, abría a
sesión expoñendo o informe de
situación da entidade, para pa-
sar logo á aprobación do balan-
ce económico de 2015. Deuse
conta a seguir das últimas altas
e baixas e presentouse tamén o
orzamento previsto para o pre-
sente exercicio.
Ampliar o número de adminis-
tracións asociadas, reeditar o
concurso fotográfico Imaxes con
Fondo, intensificar o traballo en
Mozambique ou identificar pro-
gramas de cooperación son al-
gunhas das actuacións previstas
na planificación para este ano,
ao abeiro das Liñas Estratéxicas
2016-2019. Así lle foi explicado
tamén ao persoal técnico que
actúa de enlace co Fondo Ga-
lego nas administracións socias
no transcurso das xuntanzas
da Rede Municipalista Solidaria,
que se celebraron na Estrada,
Lugo, Ourense, Teo, Betanzos e
Moaña a finais de marzo. A cri-
se de refuxiadas e refuxiados
foi unha das preocupacións que
amosaron as e os participantes,
situación que a entidade ten de-
nunciado nunha declaración ins-
titucional.
A Asemblea pechouse coa actuación das caboverdianas Batuko Tabanka Seis vilas acolleron as xuntanzas da Rede Municipalista Solidaria
1
>
ACTUALIDADE DO FONDO
Teresa París,
vicepresidenta
do Fondo Galego:
“Hoxe temos un
Fondo Galego
máis unido e
comprometido do
que xa estaba hai
catro anos”
Teresa París, concelleira de
Igualdade en Redondela, asu-
mía en 2011 o reto de presidir
o Fondo Galego de Cooperación
e Solidariedade nun adverso
contexto de crise. Agora, desde
a Vicepresidencia, fai balance da
última lexislatura e avánzanos o
seu papel nos novos retos que
afronta a entidade.
Que valoración fai dos catro
anos á fronte do Fondo Gale-
go?
A miña valoración destes catro
anos pasados á fronte do Fon-
do Galego é moi positiva. Aín-
da que atravesamos de pleno
unha crise moi profunda, que
afectou tamén á viabilidade de
moitos concellos, teño que di-
cir que o compromiso pola de-
fensa e procura da cooperación
solidaria dende o eido local foi
tamén salientable. Dende logo,
puido ter sido unha lexislatura
moito peor, pero a estratexia
adoptada en canto a fortalece-
mento interno e a enfrontar a
crise para superala parece que
foi acertada, xa que hoxe temos
un Fondo Galego se cabe máis
unido e comprometido do que
xa estaba hai catro anos.
Como se consegue o acordo
nunha Comisión Executiva
con políticas e políticos de tan
distintas cores?
Só pode haber unha resposta
para esa pregunta, e é traballar
cos ollos postos nos obxectivos
que se fixan. Só iso. Sempre tra-
ballando a través de moito diá-
logo, moitas horas de reunións
A vicepresidenta do Fondo Galego e concelleira de Igualdade en Redondela, Teresa París
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 3] N o Fon do fu nciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:141º·www.fondogalego.org
2
>
e de intercambio de información,
ter un bo asesoramento desde a
Secretaría, e facer que o traballo
sexa de todos os representantes
e socios. Penso que non se pode
doutro xeito.
Cal está a ser o seu papel agora
na Vicepresidencia?
O concello que represento, Re-
dondela, é un concello moi soli-
dario xa desde fai moito tempo.
O noso labor, a partir da constitu-
ción da nova Comisión Executiva,
non pode ser outro que aportar
coma sempre o que estea na nosa
man, facer que nesta nova etapa
se sigan conseguindo obxecti-
vos e apoiar as liñas de traballo
aprobadas pola Asemblea para
estes catro anos que xa come-
zaron, de afianzamento na nosa
comunidade, máis achegamento
á poboación e dar un xiro para
promover programas máis dura-
deiros de cooperación solidaria
nos países onde se desenvolve o
noso traballo. Tratarei de facer o
mellor tamén dende a vicepresi-
dencia, con total lealdade ao Fon-
do Galego.
Que influencia teñen as acti-
vidades de sensibilización que
chegan aos concellos socios do
Fondo Galego?
Todas as actividades que chegan
aos concellos deixan un pouso
positivo, xa sexa na transmisión
de coñecementos, de aumento
da implicación, de fortalecemen-
to dos lazos co Fondo ou simple-
mente de abrir unha fiestra a un
mundo onde todo está xa interco-
nectado. Na infancia, na nosa mo-
cidade, nos colectivos ou centros
de ensino, ou na sociedade en xe-
ral, coas actividades conséguese
a difícil pero necesaria tarefa de
aumentar a empatía con pobos di-
ferentes así coma a solidariedade
internacional e sempre, e por en-
riba de todo, promover a defensa
dos valores humanos e dos derei-
tos da persoas.
Por que as administracións lo-
cais deben cooperar cos países
empobrecidos?
Non é unha pregunta fácil de con-
testar, xa que non todo o mundo
pode comprender a importancia
de cooperar dende a administra-
ción máis próxima á cidadanía.
O certo é que os problemas que
se resolven e que se enfrontan
no día a día das administracións
locais fan de nós, os concellos, a
ferramenta máis eficiente para
axudar en proxectos solidarios, xa
que coñecemos de primeirísima
man o valor da xestión a nivel das
persoas. Por iso creo firmemente
que a achega que desde os conce-
llos se fai neste proxecto conxun-
to que é o Fondo Galego ten un
valor engadido innegable, o valor
da experiencia e do coñecemento
polo miúdo tanto dos problemas
coma das posibles solucións. So-
mos unha ferramenta de coope-
ración única, moito máis versátil e
A bibliotecaria redondelá María José Villar participou nas Vacacións con Traballo en Cabo Verde
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 4] N o Fon do fu nciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:141º·www.fondogalego.org
2
>
apegada ao terreo, xa que a nosa
interlocución é de entidades locais
galegas a entidades locais onde
colaboramos.
Unha técnica municipal de Re-
dondela participou na última
edición de Vacacións con Traba-
llo, cales son os beneficios deste
programa de voluntariado in-
ternacional?
O programa de Vacacións con
traballo é unha expresión clarísi-
ma desta colaboración de parte a
parte, entre iguais, dos concellos e
deputacións galegas cos parceiros
locais nos países onde se desen-
volve a actividade do Fondo Gale-
go. É un programa que aporta non
só o traballo presencial das técni-
cas e técnicos municipais que van
desde aquí a desenvolver o seu
traballo nas entidades locais de
países do Sur, coma Mozambique
ou Cabo Verde nesta convocatoria
de 2016, facendo as súas tarefas
adaptadas ás dinámicas propias
deses lugares e tratando de op-
timizar e axudar a mellorar nos
procesos clave para eles. Aporta
máis alá, a experiencia persoal,
o contacto directo das formas de
traballo propias coas alleas, e a
experiencia vital de pasar un mes
enteiro en localidades que están
aínda no camiño do desenvolve-
mento.
O voluntariado, homes e mulleres,
volta cunha impronta imborrable.
Cada quen unha, a súa. E, para o
Fondo Galego, esa aprendizaxe vi-
tal que se fai alí é tamén un valor
importantísimo á hora de sensibi-
lizar a nosa poboación e de trans-
mitir cunha mensaxe moi directa
como chega a mellorar a vida das
persoas con pouco que nós axu-
demos os seus esforzos.
Creo que é un programa intere-
santísimo e segue un camiño no
que xa se está comezando a mo-
ver a cooperación internacional a
outros niveis, baseada nese trans-
vase de coñecementos e experien-
cia dos propios traballadores das
administracións, que teñen un ca-
pital humano e profesional altísi-
mo e pode axudar dun xeito moi
operativo á desenvolver progra-
mas e proxectos de cooperación
nun eido máis técnico. O Fondo
Galego ten comprobado xa por
anos o grande valor que achega
este voluntariado internacional,
onde as e os protagonistas, non
o esquezamos, son persoas que
fican sen o seu mes de vacacións
e aportan ese tempo coma ferra-
menta para facer cooperación ao
desenvolvemento noutro conce-
llo, sen contraprestación algunha,
mais que a súa satisfacción e a ex-
periencia vivida.
Teresa París co presidente do Fondo Galego, Juan González
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 5] N o Fon do fu nciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:141º·www.fondogalego.org
2
>
ACTUALIDADE DO FONDO
A presidenta da
Rede de Autarcas
Mozambicanas
entrevístase
con alcaldesas
galegas
A presidenta da Rede Mozambi-
cana de Mulleres Autarcas, que
reúne a alcaldesas e concelleiras
deste continente, visitou a co-
mezos de marzo distintos con-
cellos socios do Fondo Galego
de Cooperación e Solidariedade,
coincidindo coa conmemora-
ción do Día Internacional das
Mulleres. As alcaldesas de Car-
telle, Pontecesures e Bergondo
recibiron a María Helena Co-
rreia, que tamén se reuniu coa
Comisión Executiva da entidade
para concretar a organización
de distintas accións.
O presidente do Fondo Galego
e alcalde de Nigrán, Juan Gon-
zález; a vicepresidenta e conce-
lleira en Redondela, Teresa Pa-
rís, e mais a tesoureira e edil de
Pontevedra Carme Fouces, par-
ticiparon no encontro, que per-
mitiu avanzar na colaboración
para fortalecer a Rede Mozam-
bicana de Mulleres Autarcas. A
organización dirixida por María
Helena Correia, alcaldesa de
Mandlakaze e tamén vicepresi-
denta da Asociación Nacional
de Municipios de Mozambique,
ofertará unha praza para o pro-
grama de voluntariado Vaca-
cións con Traballo.
Outra das actividades conxun-
tas que se levará a cabo este
A Executiva do Fondo Galego reuniuse coa presidenta da Rede Mozambicana de Mulleres Autarcas
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 6] N o Fon do fu nciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:141º·www.fondogalego.org
3
>
ano é a realización no país lusó-
fono dun workshop no que par-
ticiparán concelleiras galegas.
O intercambio de experiencias xi-
rará arredor das dificultades que
se atopan as políticas e as ferra-
mentas para superalas, así como
o papel das mulleres como axen-
tes de cambio no poder local ou o
traballo municipal en igualdade de
xénero.
A iniciativa obtivo un gran apoio
nas recepcións realizadas en Ga-
licia por parte da rexedora de
Cartelle, Carmen Leyte; a de Pon-
tecesures, Cecilia Tarela, e mais a
de Bergondo, Alejandra Pérez. O
obxectivo era achegarlles aos con-
cellos socios a relevancia do traba-
llo impulsado polo Fondo Galego
de Cooperación e Solidariedade
para as persoas e colectivos dos
países do Sur.
A alcaldesa de Cartelle e o concelleiro Daniel Fernández, membro da Executiva do Fondo,
recibiron a María Helena Correia A rexedora e dúas concelleiras de Bergondo fixéronlle entrega dun agasallo á alcaldesa de Mandlakaze
María Helena Correia achegoulles ás políticas de Pontecesures a importancia da cooperación internacional
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 7] N o Fon do fu nciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:141º·www.fondogalego.org
3
>
ACTUALIDADE DO FONDO
Persoal municipal
cooperará en
Mozambique e
Cabo Verde nas
Vacacións con
Traballo
Catro empregadas e empre-
gados das deputacións e con-
cellos socios do Fondo Galego
de Cooperación e Solidariedade
pasarán un mes colaborando
cos parceiros da entidade en
Mozambique e Cabo Verde a
través das Vacacións con Traba-
llo. A undécima edición do pro-
grama de voluntariado interna-
cional presentouse este ano en
Allariz, coa presenza do alcalde,
Francisco García, e mais dunha
traballadora municipal que xa
participou da iniciativa colabo-
rando en Nicaragua.
“Á parte de ser unha experien-
cia profesional importante, traé-
monos unha lección de vida que
creo que ningún dos que estive-
mos alí imos esquecer”, comen-
tou Estela Iglesias ao lembrar
a súa estadía co Instituto de
Promoción Humana-Somoto. A
técnica alaricana quixo “animar
a todos os compañeiros de con-
cellos e deputacións que teñan
curiosidade a que se decidan a
participar, porque é unha expe-
riencia que queda para o res-
to da vida”. O alcalde, pola súa
O alcalde de Allariz e a técnica municipal Estela Iglesias participaron na presentación de Vacacións con Traballo 2016
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 8] N o Fon do fu nciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:141º·www.fondogalego.org
4
>
banda, lembrou que o Concello
de Allariz forma parte do Fondo
Galego de Cooperación desde
os seus inicios e valorou positi-
vamente o programa.
Ata o 30 de abril permanece
aberto o prazo para presen-
tar candidaturas á undécima
edición das Vacacións con Tra-
ballo, que buscan catro perfís
diferentes. A Asociación Nacio-
nal de Municipios Caboverdia-
nos require un de técnica/o de
Turismo e outro de axente de
Desenvolvemento local, que
contribuirán a impulsar o turis-
mo comunitario. En Mozambi-
que, a Fundação Encontro, que
atende a menores vulnerables,
precisa dun/ha traballador/a
social, mentres que a Rede de
Mulleres Autarcas oferta unha
praza de técnica/o en Igualda-
de para fomentar a implicación
feminina na política.
As candidaturas presentaranse
enviando a ficha de solicitude
ao enderezo electrónico co-
municacion@fondogalego.org,
canda o currículo, unha carta
de motivación, e mais un escri-
to de apoio ou consentimento
asinado pola/o representante
política/o do Fondo Galego no
correspondente concello ou de-
putación. Alén da formación e a
experiencia, valorarase a vincu-
lación co eido da cooperación e
mais o dominio do galego e do
portugués. O programa cubre
os gastos de desprazamento,
aloxamento e manutención da
viaxe, na que as persoas selec-
cionadas investirán o seu mes
de descanso.
As e os participantes nas Vaca-
cións con Traballo achegan ase-
soramento técnico nos países
empobrecidos e intercambian
coñecementos, ao tempo que
supervisan os proxectos de coo-
peración internacional e facili-
tan a colaboración entre o po-
der local galego e o do país de
destino. Ademais, enchóupanse
doutras realidades e contribúen
a concienciar sobre elas, para
o que publican un blog desde
terreo, entre outras accións de
sensibilización requiridas á vol-
ta.
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 9] N o Fon do fu nciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:141º·www.fondogalego.org
4
>
O concello de Cambados reincorpórase ao Fondo Galego
O Concello de Cambados regresa ao Fondo Galego de Cooperación e
Solidariedade, do que se dera de baixa en 2011, achegando a cota de
1.000 euros que lle corresponde segundo a súa poboación. A alcal-
desa, Fátima Abal, asegurou que “esta incorporación non é un mero
trámite, senón que adquirimos o compromiso de participar activa-
mente neste organismo e colaborar cos seus fins, defendendo e pro-
mocionando os dereitos humanos e a acción exterior de Galicia para
a construción dun mundo máis xusto e solidario”. No mesmo senso
se expresou o concelleiro de Servizos Sociais, Constantino Cordal, na
rolda de prensa ofrecida tras a xuntanza da Comisión Executiva que
se celebrou na vila arousá, e que estivo arroupada por representantes
dos concellos de Redondela, Pontevedra, A Coruña e Oleiros. A suma
de novos concellos e deputacións ao Fondo Galego é unha das priori-
dades das Liñas Estratéxicas 2016-2019.
Seminario Europeo de Educación para o Desenvolvemento
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade achegará a súa expe-
riencia a entidades de Portugal, Alemaña e Holanda que o 3 de maio
participarán en Pontevedra no Seminario Internacional ‘Intercambios
en metodoloxías e materiais de educación para o desenvolvemento’.
O evento, que se encadra no proxecto europeo Redes para o Desen-
volvemento II, celebrarase na Sede Afundación, de 9.30 a 14 horas, e
as inscricións poden realizarse no enderezo acorzo@igadi.org. A Rede
Intermunicipal de Cooperação para o Desenvolvimento, o Consello
Nacional para Parcerías das Cidades entre Países Baixos e Nicaragua
(LBSNN) e a ONGD alemá Fine+p amosarán experiencias de éxito en
educación para a cidadanía global no ámbito municipal, mentres que
concellos socios do Fondo Galego contribuirán con exemplos de boas
prácticas neste eido. No descanso de media mañá ofrecerase un café
de comercio xusto, amenizado coa actuación das caboverdianas Ba-
tuko Tabanka.
FONDO DE ARMARIO
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 10] N o Fon do funciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:141º·www.fondogalego.org
*
>
Chamamento á solidariedade con Ecuador
Logo de que un terremoto de 7,8 graos golpeara duramente a cidades
e comunidades da costa de Ecuador, deixando preto de 600 persoas
mortas, entidades públicas e ONGD puxeron en marcha accións de res-
cate e axuda humanitaria nas zonas máis afectadas. Atendendo á pre-
ocupación do municipalismo polo acontecido e á súa disposición a
colaborar, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade non perma-
nece impasible ante esta catástrofe e fai un chamamento ás adminis-
tracións socias para que canalicen as súas achegas a través desta enti-
dade. Como en anteriores ocasións, desde cada concello ou deputación
poderá achegarse a contía que se estime oportuna, de xeito voluntario,
na conta ES78 2080 0209 5630 4001 6786 de Abanca, indicando como
concepto a palabra “Ecuador”. Entre todas e todos dotarase un fondo
común que será destinado a un proxecto de post emerxencia lide-
rado por algunha entidade de referencia e con experiencia acreditada
no país.
Sae do prelo a Memoria 2015
Xa está publicada a ‘Memoria 2015: 10 anos de Vacacións con Traballo’,
que resume a actividade do Fondo Galego durante o pasado exercicio,
no que se cumpriu unha década deste programa de voluntariado inter-
nacional. Tamén outras accións de sensibilización colleitaron unha
boa acollida, tanto as vinculadas a proxectos de cooperación coma as
novas edicións dos encontros dixitais #Alén2015, os contos da Tropa de
Trapo, os ciclos de cine, as exposicións e recursos educativos itinerantes
ou as X Xornadas Anuais de Cooperación. Outro dos bloques centrais
do documento baséase nos proxectos de cooperación internacional,
tres deles impulsados de xeito directo polo Fondo Galego en Cabo Ver-
de e Mozambique. Recompílanse asemade os avances naquelas actua-
cións apoiadas a ONGD galegas a través da convocatoria de 2014, así
coma a axuda de emerxencia para a poboación refuxiada de Gaza.
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 11] N o Fon do funciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:141º·www.fondogalego.org
*
>
Nova exposición fotográfica sobre Nicaragua
A exposición ‘Nicaragua.O futuro’ iniciou e San Sadurniño a súa an-
daina polas administracións locais e provinciais socias do Fondo Gale-
go de Cooperación e Solidariedade. As fotografías foron realizadas por
Felipe Carnotto na viaxe ao país centroamericano que realizou como
gañador da segunda edición do certame Imaxes con Fondo. Tras visitar
os proxectos alí apoiados, co Instituto de Promoción Humana-Somoto
como parceiro local, o fotoxornalista ofrece a través de vinte instantá-
neas unha perspectiva en chave persoal sobre a vida cotiá, as paisaxes,
as problemáticas, os soños e as esperanzas da poboación. Completan
a mostra catro paneis informativos sobre a cooperación internacional
promovida polo Fondo Galego en Nicaragua, que inclúe máis de trinta
proxectos, 17 deles desenvolvidos de xeito directo co Inprhu-Somoto
en áreas como vivenda, saúde, auga e saneamento, formación, ou turis-
mo sostible.
Os efectos da cooperación na vida das persoas
Taller de Solidariedade amosa a través da exposición ‘Chaves do cam-
bio’ os efectos positivos que a cooperación internacional produce na
vida das persoas dos países empobrecidos. A mostra, estreada en Lugo,
encádrase no proxecto desenvolvido en Nicaragua co Inprhu-Somoto e
co financiamento do Fondo Galego, cuxo obxectivo era impulsar o agro-
turismo de xeito que contribuíra a soster un Centro de Educación Al-
ternativa Rural. Os paneis recollen os testemuños de Rosalina, Manuel,
Douglas, Oneyda e os irmáns Ernesto e Héctor, que se atopan entre as
154 persoas indíxenas beneficiadas pola iniciativa. Trátase de estu-
dantes, artesáns e guías que posan sostendo a súa chave do cambio e
explican como o seu día a día mellorou grazas ás accións apoiadas des-
de Galicia. O fotógrafo José Manuel Fandiño, logroñés afincado no país
centroamericano, é o autor destes retratos aos que se suman imaxes
do proxecto.
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 12] N o Fon do funciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:141º·www.fondogalego.org
*
>
OS PROXECTOS EN
TERREO: Reconstrución
dun centro sanitario
saharauí
Mentres en Mozambique segue en marcha
o proxecto coa Fundação Encontro a prol da
saúde infantil e materna, o Fondo Galego de
Cooperación e Solidariedade vén de destinar
10.000 euros á reconstrución dunha unida-
de de atención sanitaria que foi derrubado
polas intensas chuvias do pasado mes de
outubro nos campamentos de Tinduf. Estes
fondos de emerxencia canalízanse a través
da asociación de Solidariedade Galega co
Pobo Saharauí e serán xestionados pola Me-
dia Lúa Vermella Saharauí.
As inundacións do pasado outono viñeron
agravar as xa difíciles condicións de vida da
poboación refuxiada en Alxeria. O torren-
te de auga e os refachos de vento causaron
cuantiosos danos nas infraestruturas e
edificios públicos, coma os dispensarios ou
o propio hospital, ao que contribuíu a inesta-
bilidade do chan de area e a inexistencia dun
sistema de evacuación de pluviais. Ao tempo,
producíronse cortes de electricidade e nos
transportes, que incidiron no desabastece-
mento de auga e alimentos.
Dajla, a wilaya que se atopa máis afastada e
na que se levará a cabo a intervención, resul-
tou a máis prexudicada pois, alén da perda
de aveños e víveres, constatouse a destru-
ción total ou parcial de todas as viven-
das de adobe, así como de moitas jaimas, o
que obriga a reunir ata vinte persoas nunha
mesma tenda de campaña. A consecuente
degradación das condicións hixiénicas fai
aínda máis necesario o centro sanitario que
se reconstruirá co financiamento do Fondo
Galego, nun contexto marcado pola gran
dependencia exterior e pola prevalencia de
afeccións como a anemia nas mulleres ou a
desnutrición en nenas e nenos.
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 13] N o Fon do funciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:141º·www.fondogalego.org
A presidenta de Sogaps, Maite Isla, asinou o convenio
co Fondo Galego As fortes chuvias derrubaron infraestruturas e vivendas nos campamentos
*
>
A OLLADA
EXTERNA
Caxade: “O
importante
é contar con
cidadanía crítica
que pase da
teoría á práctica”
@alonsocaxade
Caxade xestábase a finais de
2012 co lanzamento de trans-
gresoras videocreacións cuxa
boa acollida sorprendeu ata
ao seu propio ideólogo, Alonso
Caxade. Pouco despois, a ini-
ciativa tomaba forma de banda
coa incorporación de Manu Pai-
no, Manu Espiño e Xosé Tuñas,
sen deixar de ser unha aposta
persoal do músico de Ames. A
etiqueta folk-pop quédase cur-
ta para definir o singular estilo,
que lle valeu galardóns coma
o de Mellor Artista nos XIII Pre-
mios Opinión, entre outras no-
minacións. Tras o éxito dun rei-
vindicativo primeiro disco, que
logo volvería gravar coa Banda
de Música da Bandeira, falamos
con Alonso Caxade cando sae á
rúa ‘E isto é o amor’, o adianto
do seu novo traballo.
Canto hai de tradición e can-
to de innovación no proxec-
to Caxade?
Non é algo premeditado, aínda
que supoño que metade e meta-
de de cada parte. O bo de ter un
proxecto en solitario é que po-
des facer a música que queres
en cada momento. Se aínda por
riba é un proxecto independen-
te, non teño tabús nin condicio-
nantes para experimentar, sem-
pre e cando me guste gravo e
toco esas músicas. Veño da mú-
sica tradicional e folk, estudei no
conservatorio e toquei en gru-
pos de diferente estilo. Aprendo
con toda a xente coa que toco
e coa que vexo tocar, así que,
supoño, Caxade como proxecto
persoal é o resumo de todo o
que levo tocando desde peque-
no e tamén aquelas cousas que
me quedaban (e quedan) pen-
dentes por experimentar.
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 14] N o Fon do funciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:141º·www.fondogalego.org
*
Tras a exitosa acollida do seu primeiro traballo, Caxade lanza novo disco
>
Dous anos de xira e un cen-
to de concertos despois, con
que te quedas dos directos
de presentación de ‘A dança
dos moscas’?
A oportunidade de tocar en
moitos lugares diferentes para
públicos moi distintos e poder
obter resposta da xente. Cando
se presenta un disco, e cando
se fai unha xira con ese disco,
previamente xa houbo moitos
meses de traballo compoñendo,
arranxando, estudado, ensaian-
do e gravando as músicas. Para
o público é unha novidade e é
importante ter ese feedback re-
frescante.
Achas que o pensamento
crítico -que reivindicas- se
acentuou nos últimos tem-
pos?
Unha das cousas positivas do
feedback que comentabamos é
ver como a xente se sumou a
este proxecto por dúas razóns:
a estética e a ética, o estilo mu-
sical e o discurso reivindicativo.
Sinceramente pensei que esta
última parte ía pasar máis des-
apercibida, e alegroume saber
que non, que á xente lle interesa
e moito.
Onde cres que está a clave
para non converternos en
moscas danzando arredor
da bosta, para liberarnos do
xugo da “gente pota” que
ostenta o poder?
Ser libres en todos os aspectos
da vida, e reflexionar sobre os
nosos movementos e pasos,
moitos deles inconscientes e
feitos pola deriva na que o sis-
tema no inserta. É moi compli-
cado porque o capitalismo ten
unha maquinaria moi, moi ben
feita, que funciona á perfección
e que é moi difícil de parar, pero
témolo que tentar, non queda
outra. O importante é abrir fen-
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 15] N o Fon do funciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:141º·www.fondogalego.org
Caxade ten actuado en festivais solidarios coma o Implícate. FOTO: Xaime Cortizo
“A xente sumouse a este
proxecto por dúas razóns:
a estética e a ética, o
estilo musical e o discurso
reivindicativo”
O proxecto de Alonso Caxade destaca pola experimentación musical e o carácter reivindicativo
“Caxade é un proxecto
independente, non teño
tabús nin condicionantes
para experimentar”
*
>
das pequenas por onde entre a
luz e pouco a pouco facer o bu-
rato máis grande ata que sexa
algo significativo. Debémosllo a
moita xente que traballou neste
camiño antes que nós e debé-
mosllo ás fillas das nosas fillas.
A poética, as metáforas e
mesmo os tintes surrealis-
tas nos temas de Caxade
permiten facer máis leva-
deira a denuncia que conte-
ñen?
Esa é a idea. É didáctica. Hai
unha intención pedagóxica de
tansmitir as cousas deixando
claves para pensar, para a re-
flexión. Ata a letra que máis ab-
surda acolle no fondo unha idea
forza sobre a que pensar. Ás ve-
ces de modo máis explícito ou
ás veces máis agochada, pero
forma parte do proxecto e da
idea desde que a xestei.
Botas en falta máis “canción
protesta” no panorama mu-
sical galego?
Non. Cada quen ten que facer o
estilo que lle preste no momen-
to e cantar as cousas das que
goste, contar esas cousas que
quere desafogar. Ter máis ou
menos música protesta non é
relevante, o relevante é ter cida-
danía crítica que pase da teoría
á práctica porque o que nos de-
fine, o que fai cambiar o mundo,
son as nosas accións non as le-
tras das cancións.
A túa escolla lingüística é o
galego-portugués, que adoi-
tas respostarlles aos descri-
dos deste sistema?
Que non gosto de presumir e
que son uns independentis-
tas lingüísticos (dependendo
do perfil). Se teño algo máis de
tempo e a persoa ten verdadei-
ro interese, explícolle que o ga-
lego non existe, é un constructo,
un acordo, e que temos que es-
coller entre ser a “lingua nai” do
portugués ou ser unha “lingua
filla” descendente do castellano.
Participaches na ultima edi-
ción do festival de Implica-
das no Desenvolvemento,
por que dirías que é impor-
tante promover a coopera-
ción internacional?
Foi un pracer participar no Implí-
cate. Coñecía o esforzo grande
que facían, pero véndoo desde
dentro é espectacular a densida-
de do mesmo. Paréceme decisi-
vo o traballo na cooperación, o
primeiro porque se fai desde o
ámbito asambleario e con sen-
tido de colectivo, o segundo, na
parte internacional, porque se
traballa en cousas tan elemen-
tais e dá medo que aínda existan
no mundo hoxe en día. Por últi-
mo, porque se trata de darlles
ferramentas a un colectivo en
cuestión para que elas mesmas
as apliquen e poñan en práctica,
minimizando as actitudes inter-
vencionistas no sentido negativo.
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 16] N o Fon do funciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:141º·www.fondogalego.org
‘A dança dos moscas ao vivo’ é o reultado da gravación coa Banda de Música da Bandeira
“O capitalismo ten unha
maquinaria que funciona
á perfección e é moi difícil
de parar, pero témolo que
tentar”
“Hai unha intención
pedagóxica de tansmitir as
cousas deixando claves
para pensar, para a
reflexión”
*
>
Tamén tes cedido cancións
para traballos audiovisuais,
cal é a túa postura sobre os
dereitos de autor, agora que
se fala do procomún?
Si, cedín para varios traballos
audiovisuais, e tamén só de au-
dio, con grande gosto e pracer. A
miña música, xa desde hai anos
(antes de ter este proxecto per-
soal) está licenciada con copyleft,
o contrario a copyright. O bo des-
te sistema é que o músico, ou
artista, é dono dos seus dereitos
e que decide o que quere per-
mitir ou o que quere restrinxir.
Deste modo, todas as persoas
que gosten da miña música, sa-
ben que a poden usar e difundir
só pedindome permiso a min e
sen terlle que pagar, por exem-
plo, á SGAE. Infelizmente, moita
da culpa que se lle bota a esta
sociedade privada de xestión é
só responsabilidade dos músi-
cos (socios) que a forman e que
moitas veces en público a criti-
can aínda que en privado fagan
parte dela.
Xa por último, que imos ato-
par no novo disco que está a
piques de saír?
Un paso adiante no musical,
que para moitos será pequeno,
pero para outras será grande, e
sempre chamando a rebelión,
á crítica. Como che comentaba
ao comezo, o bo de traballar de
maneira independente, sen ta-
bús nin condicionantes, é facer
o que quero en cada momen-
to. No musical sigo explorando
un son propio e característico,
unha maneira persoal de traba-
llar e concibir a música, e cada
vez estamos máis próximos ao
ideal que teño na cabeza.
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 17] N o Fon do funciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:141º·www.fondogalego.org
“Paréceme decisiva a
cooperación porque se trata
de darlles ferramentas a
un colectivo para que elas
mesmas as apliquen”
“Moita da culpa que
se lle bota á SGAE é só
responsabilidade dos
músicos (socios) que
forman parte dela”
Alonso Caxade caracterizado como Sr. Xorda nunha das súas surreais videocreacións
A poderosa “gente pota” protagoniza unha das pezas clave no primeiro disco de Caxade
1
>INFÓRMATEAFONDO:141º·www.fondogalego.org
Socios do Fondo Galego Concellos: A Coruña, A Estrada, A Guarda, A Laracha, A Pobra de Trives, A
Pobra do Caramiñal, Abegondo, Allariz, Ames, Arteixo, As Pontes, Bergondo, Betanzos, Boiro, Brión, Burela,
Cabanas, Caldas de Reis, Cambados, Cambre, Carballo, Cartelle, Castrelo de Miño, Castroverde, Cedeira,
Corcubión, Covelo, Culleredo, Cuntis, Dumbría, Fene, Ferrol, Fornelos de Montes, Gondomar, Laxe,
Lousame, Lugo, Malpica de Bergantiños, Manzaneda, Moaña, Moeche, Mondoñedo, Monforte, Moraña,
Mugardos, Narón, Neda, Nigrán, Noia, O Barco, O Irixo, O Porriño, O Valadouro, Oímbra, Oleiros, Ourense,
Outes, Poio, Pontecesures, Pontedeume, Pontevedra, Porto do Son, Ramirás, Redondela, Rianxo, Ribeira,
Riotorto, Rodeiro, Sada, San Cibrao das Viñas, Sandiás, Santiago de Compostela, San Sadurniño, Sarria,
Soutomaior, Teo, Tomiño, Triacastela, Valga, Verea, Verín, Vilar de Santos, Vilardevós, Vilasantar, Viveiro, Xove
Deputacións: A Coruña, Lugo.
Infórmate
aFondo
Edita: Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
Redacción e Administración: Centro Cívico Sur, Rúa Luís Braille, 40
36003 Pontevedra
Tel/Fax: 986 84 34 36 / 698 14 45 36
Internet: http://www.fondogalego.org email: info@igadi.org
Depósito Legal: VG-473-2007
Autorízase a reprodución e divulgación desta folla informativa

Weitere ähnliche Inhalte

Andere mochten auch (20)

Tips for a Faster Website
Tips for a Faster WebsiteTips for a Faster Website
Tips for a Faster Website
 
Friesland tips voor_de_jaarwisseilng
Friesland tips voor_de_jaarwisseilngFriesland tips voor_de_jaarwisseilng
Friesland tips voor_de_jaarwisseilng
 
grep ruby
grep rubygrep ruby
grep ruby
 
Executives
ExecutivesExecutives
Executives
 
Group presentation1
Group presentation1Group presentation1
Group presentation1
 
C clasica tema VII Alberto Rivas
C clasica tema VII Alberto RivasC clasica tema VII Alberto Rivas
C clasica tema VII Alberto Rivas
 
Yritysbloggaus
YritysbloggausYritysbloggaus
Yritysbloggaus
 
Bord na Mona
Bord na MonaBord na Mona
Bord na Mona
 
Virtual fieldtrips
Virtual fieldtripsVirtual fieldtrips
Virtual fieldtrips
 
Tsahim 1
Tsahim 1Tsahim 1
Tsahim 1
 
Ancient egypt jazmine
Ancient egypt jazmineAncient egypt jazmine
Ancient egypt jazmine
 
WordPress Multisite
WordPress MultisiteWordPress Multisite
WordPress Multisite
 
De facto States a World Report (2011)
De facto States a World Report (2011)De facto States a World Report (2011)
De facto States a World Report (2011)
 
IAF134 nº3dixital
IAF134 nº3dixitalIAF134 nº3dixital
IAF134 nº3dixital
 
Halloween marco e sergio
Halloween marco e sergioHalloween marco e sergio
Halloween marco e sergio
 
Tanya's Raytheon awards pictures
Tanya's Raytheon awards picturesTanya's Raytheon awards pictures
Tanya's Raytheon awards pictures
 
Hamid0786[1]
Hamid0786[1]Hamid0786[1]
Hamid0786[1]
 
Talkport i believe
Talkport i believeTalkport i believe
Talkport i believe
 
Mobile
MobileMobile
Mobile
 
Bulgaa2
Bulgaa2Bulgaa2
Bulgaa2
 

Ähnlich wie IAF141 nº10dixital

IAF131 nº0dixital
IAF131 nº0dixitalIAF131 nº0dixital
IAF131 nº0dixitalIGADI
 
IAF135 nº4dixital
IAF135 nº4dixital IAF135 nº4dixital
IAF135 nº4dixital IGADI
 
Formacion para xuventude
Formacion para xuventudeFormacion para xuventude
Formacion para xuventudeomixboiro
 
IAF138 nº7dixital
IAF138 nº7dixitalIAF138 nº7dixital
IAF138 nº7dixitalIGADI
 
Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral ...
Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral ...Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral ...
Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral ...Roberto Touza David
 
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfPrograma electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfBNGdoPorrinho
 
Programa Ferrol en Común
Programa Ferrol en ComúnPrograma Ferrol en Común
Programa Ferrol en ComúnJorge Suárez
 
Crónica encontro traballo ecg braga
Crónica encontro traballo ecg bragaCrónica encontro traballo ecg braga
Crónica encontro traballo ecg bragasatelite1
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidariosatelite1
 
Memoria Xaruma 2014
Memoria Xaruma 2014 Memoria Xaruma 2014
Memoria Xaruma 2014 AsocXaruma
 
Manifesto 2018 adaptado rev
Manifesto 2018 adaptado revManifesto 2018 adaptado rev
Manifesto 2018 adaptado revsatelite1
 
Programación xaruma2014 xeral
Programación xaruma2014 xeralProgramación xaruma2014 xeral
Programación xaruma2014 xeralAsocXaruma
 

Ähnlich wie IAF141 nº10dixital (20)

Plaza expatriado centroamerica_esf_galicia_2016
Plaza expatriado centroamerica_esf_galicia_2016Plaza expatriado centroamerica_esf_galicia_2016
Plaza expatriado centroamerica_esf_galicia_2016
 
Convocatoria pcr 2016
Convocatoria pcr 2016Convocatoria pcr 2016
Convocatoria pcr 2016
 
Propuestas y Soluciones de Igualdad y Tic
Propuestas y Soluciones de Igualdad y TicPropuestas y Soluciones de Igualdad y Tic
Propuestas y Soluciones de Igualdad y Tic
 
IAF131 nº0dixital
IAF131 nº0dixitalIAF131 nº0dixital
IAF131 nº0dixital
 
IAF135 nº4dixital
IAF135 nº4dixital IAF135 nº4dixital
IAF135 nº4dixital
 
2018 convocatoria pcr
2018 convocatoria pcr2018 convocatoria pcr
2018 convocatoria pcr
 
Formacion para xuventude
Formacion para xuventudeFormacion para xuventude
Formacion para xuventude
 
IAF138 nº7dixital
IAF138 nº7dixitalIAF138 nº7dixital
IAF138 nº7dixital
 
Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral ...
Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral ...Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral ...
Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral ...
 
Institutional Informative NoNEETs brochures Galician
Institutional Informative NoNEETs brochures GalicianInstitutional Informative NoNEETs brochures Galician
Institutional Informative NoNEETs brochures Galician
 
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfPrograma electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
 
Programa Ferrol en Común
Programa Ferrol en ComúnPrograma Ferrol en Común
Programa Ferrol en Común
 
Crónica encontro traballo ecg braga
Crónica encontro traballo ecg bragaCrónica encontro traballo ecg braga
Crónica encontro traballo ecg braga
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
Proxectos de Cooperación ao Desenvolvemento desde ESF
Proxectos de Cooperación ao Desenvolvemento desde ESFProxectos de Cooperación ao Desenvolvemento desde ESF
Proxectos de Cooperación ao Desenvolvemento desde ESF
 
Memoria Xaruma 2014
Memoria Xaruma 2014 Memoria Xaruma 2014
Memoria Xaruma 2014
 
Memorias 2016 fag
Memorias 2016 fagMemorias 2016 fag
Memorias 2016 fag
 
Memoria 2014
Memoria 2014Memoria 2014
Memoria 2014
 
Manifesto 2018 adaptado rev
Manifesto 2018 adaptado revManifesto 2018 adaptado rev
Manifesto 2018 adaptado rev
 
Programación xaruma2014 xeral
Programación xaruma2014 xeralProgramación xaruma2014 xeral
Programación xaruma2014 xeral
 

IAF141 nº10dixital

  • 1. Infórmate aFondo Número 141 1º trimestre 2016 Autorízase a reprodución e divulgación desta folla informativa www.fondogalego.org O novo plan de actividades xa está en marcha 2 Unha alcaldesa mozambicana visita a políticas galegas 6 Entrevista coa vicepresidenta do Fondo, Teresa París 3 Vacacións con Traballo en Mozambique e Cabo Verde 8 FONDO DE ARMARIO 10 OS PROXECTOS EN TERREO: Reconstrución dun centro sanitario saharauí 13 A OLLADA EXTERNA: Entrevista con Alonso Caxade “O importante é contar con cidadanía crítica que pase da teoría á práctica” 14
  • 2. > Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 2] N o Fon do fu nciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:141º·www.fondogalego.org ACTUALIDADE DO FONDO O novo plan de actividades do Fondo Galego xa está en marcha As deputacións e concellos so- cios do Fondo Galego de Coope- ración e Solidariedade xa están a implementar as novas activi- dades contempladas no Plan 2016 que, alén de accións de cooperación, fortalecemento e comunicación, inclúe innovado- ras propostas para sensibilizar a cidadanía fonte as desigual- dades e a prol dos dereitos hu- manos. Tal é o caso dos obra- doiros de fotografía social, da actuación das caboverdianas Batuko Tabanka ou das charlas sobre menores soldados com- plementarias ás exposicións, así como da xira rural dos contos da Tropa de Trapo ou os obra- doiros de calceta ‘Tecendo polo cambio’. ‘O municipalismo galego, aberto a cooperar’ é o título do documento que guiará a ac- tividade anual e que a Asem- blea Xeral de socios avalou por unanimidade o pasado 17 de marzo. O presidente do Fondo Galego, Juan González, abría a sesión expoñendo o informe de situación da entidade, para pa- sar logo á aprobación do balan- ce económico de 2015. Deuse conta a seguir das últimas altas e baixas e presentouse tamén o orzamento previsto para o pre- sente exercicio. Ampliar o número de adminis- tracións asociadas, reeditar o concurso fotográfico Imaxes con Fondo, intensificar o traballo en Mozambique ou identificar pro- gramas de cooperación son al- gunhas das actuacións previstas na planificación para este ano, ao abeiro das Liñas Estratéxicas 2016-2019. Así lle foi explicado tamén ao persoal técnico que actúa de enlace co Fondo Ga- lego nas administracións socias no transcurso das xuntanzas da Rede Municipalista Solidaria, que se celebraron na Estrada, Lugo, Ourense, Teo, Betanzos e Moaña a finais de marzo. A cri- se de refuxiadas e refuxiados foi unha das preocupacións que amosaron as e os participantes, situación que a entidade ten de- nunciado nunha declaración ins- titucional. A Asemblea pechouse coa actuación das caboverdianas Batuko Tabanka Seis vilas acolleron as xuntanzas da Rede Municipalista Solidaria 1
  • 3. > ACTUALIDADE DO FONDO Teresa París, vicepresidenta do Fondo Galego: “Hoxe temos un Fondo Galego máis unido e comprometido do que xa estaba hai catro anos” Teresa París, concelleira de Igualdade en Redondela, asu- mía en 2011 o reto de presidir o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade nun adverso contexto de crise. Agora, desde a Vicepresidencia, fai balance da última lexislatura e avánzanos o seu papel nos novos retos que afronta a entidade. Que valoración fai dos catro anos á fronte do Fondo Gale- go? A miña valoración destes catro anos pasados á fronte do Fon- do Galego é moi positiva. Aín- da que atravesamos de pleno unha crise moi profunda, que afectou tamén á viabilidade de moitos concellos, teño que di- cir que o compromiso pola de- fensa e procura da cooperación solidaria dende o eido local foi tamén salientable. Dende logo, puido ter sido unha lexislatura moito peor, pero a estratexia adoptada en canto a fortalece- mento interno e a enfrontar a crise para superala parece que foi acertada, xa que hoxe temos un Fondo Galego se cabe máis unido e comprometido do que xa estaba hai catro anos. Como se consegue o acordo nunha Comisión Executiva con políticas e políticos de tan distintas cores? Só pode haber unha resposta para esa pregunta, e é traballar cos ollos postos nos obxectivos que se fixan. Só iso. Sempre tra- ballando a través de moito diá- logo, moitas horas de reunións A vicepresidenta do Fondo Galego e concelleira de Igualdade en Redondela, Teresa París Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 3] N o Fon do fu nciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:141º·www.fondogalego.org 2
  • 4. > e de intercambio de información, ter un bo asesoramento desde a Secretaría, e facer que o traballo sexa de todos os representantes e socios. Penso que non se pode doutro xeito. Cal está a ser o seu papel agora na Vicepresidencia? O concello que represento, Re- dondela, é un concello moi soli- dario xa desde fai moito tempo. O noso labor, a partir da constitu- ción da nova Comisión Executiva, non pode ser outro que aportar coma sempre o que estea na nosa man, facer que nesta nova etapa se sigan conseguindo obxecti- vos e apoiar as liñas de traballo aprobadas pola Asemblea para estes catro anos que xa come- zaron, de afianzamento na nosa comunidade, máis achegamento á poboación e dar un xiro para promover programas máis dura- deiros de cooperación solidaria nos países onde se desenvolve o noso traballo. Tratarei de facer o mellor tamén dende a vicepresi- dencia, con total lealdade ao Fon- do Galego. Que influencia teñen as acti- vidades de sensibilización que chegan aos concellos socios do Fondo Galego? Todas as actividades que chegan aos concellos deixan un pouso positivo, xa sexa na transmisión de coñecementos, de aumento da implicación, de fortalecemen- to dos lazos co Fondo ou simple- mente de abrir unha fiestra a un mundo onde todo está xa interco- nectado. Na infancia, na nosa mo- cidade, nos colectivos ou centros de ensino, ou na sociedade en xe- ral, coas actividades conséguese a difícil pero necesaria tarefa de aumentar a empatía con pobos di- ferentes así coma a solidariedade internacional e sempre, e por en- riba de todo, promover a defensa dos valores humanos e dos derei- tos da persoas. Por que as administracións lo- cais deben cooperar cos países empobrecidos? Non é unha pregunta fácil de con- testar, xa que non todo o mundo pode comprender a importancia de cooperar dende a administra- ción máis próxima á cidadanía. O certo é que os problemas que se resolven e que se enfrontan no día a día das administracións locais fan de nós, os concellos, a ferramenta máis eficiente para axudar en proxectos solidarios, xa que coñecemos de primeirísima man o valor da xestión a nivel das persoas. Por iso creo firmemente que a achega que desde os conce- llos se fai neste proxecto conxun- to que é o Fondo Galego ten un valor engadido innegable, o valor da experiencia e do coñecemento polo miúdo tanto dos problemas coma das posibles solucións. So- mos unha ferramenta de coope- ración única, moito máis versátil e A bibliotecaria redondelá María José Villar participou nas Vacacións con Traballo en Cabo Verde Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 4] N o Fon do fu nciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:141º·www.fondogalego.org 2
  • 5. > apegada ao terreo, xa que a nosa interlocución é de entidades locais galegas a entidades locais onde colaboramos. Unha técnica municipal de Re- dondela participou na última edición de Vacacións con Traba- llo, cales son os beneficios deste programa de voluntariado in- ternacional? O programa de Vacacións con traballo é unha expresión clarísi- ma desta colaboración de parte a parte, entre iguais, dos concellos e deputacións galegas cos parceiros locais nos países onde se desen- volve a actividade do Fondo Gale- go. É un programa que aporta non só o traballo presencial das técni- cas e técnicos municipais que van desde aquí a desenvolver o seu traballo nas entidades locais de países do Sur, coma Mozambique ou Cabo Verde nesta convocatoria de 2016, facendo as súas tarefas adaptadas ás dinámicas propias deses lugares e tratando de op- timizar e axudar a mellorar nos procesos clave para eles. Aporta máis alá, a experiencia persoal, o contacto directo das formas de traballo propias coas alleas, e a experiencia vital de pasar un mes enteiro en localidades que están aínda no camiño do desenvolve- mento. O voluntariado, homes e mulleres, volta cunha impronta imborrable. Cada quen unha, a súa. E, para o Fondo Galego, esa aprendizaxe vi- tal que se fai alí é tamén un valor importantísimo á hora de sensibi- lizar a nosa poboación e de trans- mitir cunha mensaxe moi directa como chega a mellorar a vida das persoas con pouco que nós axu- demos os seus esforzos. Creo que é un programa intere- santísimo e segue un camiño no que xa se está comezando a mo- ver a cooperación internacional a outros niveis, baseada nese trans- vase de coñecementos e experien- cia dos propios traballadores das administracións, que teñen un ca- pital humano e profesional altísi- mo e pode axudar dun xeito moi operativo á desenvolver progra- mas e proxectos de cooperación nun eido máis técnico. O Fondo Galego ten comprobado xa por anos o grande valor que achega este voluntariado internacional, onde as e os protagonistas, non o esquezamos, son persoas que fican sen o seu mes de vacacións e aportan ese tempo coma ferra- menta para facer cooperación ao desenvolvemento noutro conce- llo, sen contraprestación algunha, mais que a súa satisfacción e a ex- periencia vivida. Teresa París co presidente do Fondo Galego, Juan González Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 5] N o Fon do fu nciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:141º·www.fondogalego.org 2
  • 6. > ACTUALIDADE DO FONDO A presidenta da Rede de Autarcas Mozambicanas entrevístase con alcaldesas galegas A presidenta da Rede Mozambi- cana de Mulleres Autarcas, que reúne a alcaldesas e concelleiras deste continente, visitou a co- mezos de marzo distintos con- cellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, coincidindo coa conmemora- ción do Día Internacional das Mulleres. As alcaldesas de Car- telle, Pontecesures e Bergondo recibiron a María Helena Co- rreia, que tamén se reuniu coa Comisión Executiva da entidade para concretar a organización de distintas accións. O presidente do Fondo Galego e alcalde de Nigrán, Juan Gon- zález; a vicepresidenta e conce- lleira en Redondela, Teresa Pa- rís, e mais a tesoureira e edil de Pontevedra Carme Fouces, par- ticiparon no encontro, que per- mitiu avanzar na colaboración para fortalecer a Rede Mozam- bicana de Mulleres Autarcas. A organización dirixida por María Helena Correia, alcaldesa de Mandlakaze e tamén vicepresi- denta da Asociación Nacional de Municipios de Mozambique, ofertará unha praza para o pro- grama de voluntariado Vaca- cións con Traballo. Outra das actividades conxun- tas que se levará a cabo este A Executiva do Fondo Galego reuniuse coa presidenta da Rede Mozambicana de Mulleres Autarcas Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 6] N o Fon do fu nciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:141º·www.fondogalego.org 3
  • 7. > ano é a realización no país lusó- fono dun workshop no que par- ticiparán concelleiras galegas. O intercambio de experiencias xi- rará arredor das dificultades que se atopan as políticas e as ferra- mentas para superalas, así como o papel das mulleres como axen- tes de cambio no poder local ou o traballo municipal en igualdade de xénero. A iniciativa obtivo un gran apoio nas recepcións realizadas en Ga- licia por parte da rexedora de Cartelle, Carmen Leyte; a de Pon- tecesures, Cecilia Tarela, e mais a de Bergondo, Alejandra Pérez. O obxectivo era achegarlles aos con- cellos socios a relevancia do traba- llo impulsado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para as persoas e colectivos dos países do Sur. A alcaldesa de Cartelle e o concelleiro Daniel Fernández, membro da Executiva do Fondo, recibiron a María Helena Correia A rexedora e dúas concelleiras de Bergondo fixéronlle entrega dun agasallo á alcaldesa de Mandlakaze María Helena Correia achegoulles ás políticas de Pontecesures a importancia da cooperación internacional Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 7] N o Fon do fu nciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:141º·www.fondogalego.org 3
  • 8. > ACTUALIDADE DO FONDO Persoal municipal cooperará en Mozambique e Cabo Verde nas Vacacións con Traballo Catro empregadas e empre- gados das deputacións e con- cellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade pasarán un mes colaborando cos parceiros da entidade en Mozambique e Cabo Verde a través das Vacacións con Traba- llo. A undécima edición do pro- grama de voluntariado interna- cional presentouse este ano en Allariz, coa presenza do alcalde, Francisco García, e mais dunha traballadora municipal que xa participou da iniciativa colabo- rando en Nicaragua. “Á parte de ser unha experien- cia profesional importante, traé- monos unha lección de vida que creo que ningún dos que estive- mos alí imos esquecer”, comen- tou Estela Iglesias ao lembrar a súa estadía co Instituto de Promoción Humana-Somoto. A técnica alaricana quixo “animar a todos os compañeiros de con- cellos e deputacións que teñan curiosidade a que se decidan a participar, porque é unha expe- riencia que queda para o res- to da vida”. O alcalde, pola súa O alcalde de Allariz e a técnica municipal Estela Iglesias participaron na presentación de Vacacións con Traballo 2016 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 8] N o Fon do fu nciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:141º·www.fondogalego.org 4
  • 9. > banda, lembrou que o Concello de Allariz forma parte do Fondo Galego de Cooperación desde os seus inicios e valorou positi- vamente o programa. Ata o 30 de abril permanece aberto o prazo para presen- tar candidaturas á undécima edición das Vacacións con Tra- ballo, que buscan catro perfís diferentes. A Asociación Nacio- nal de Municipios Caboverdia- nos require un de técnica/o de Turismo e outro de axente de Desenvolvemento local, que contribuirán a impulsar o turis- mo comunitario. En Mozambi- que, a Fundação Encontro, que atende a menores vulnerables, precisa dun/ha traballador/a social, mentres que a Rede de Mulleres Autarcas oferta unha praza de técnica/o en Igualda- de para fomentar a implicación feminina na política. As candidaturas presentaranse enviando a ficha de solicitude ao enderezo electrónico co- municacion@fondogalego.org, canda o currículo, unha carta de motivación, e mais un escri- to de apoio ou consentimento asinado pola/o representante política/o do Fondo Galego no correspondente concello ou de- putación. Alén da formación e a experiencia, valorarase a vincu- lación co eido da cooperación e mais o dominio do galego e do portugués. O programa cubre os gastos de desprazamento, aloxamento e manutención da viaxe, na que as persoas selec- cionadas investirán o seu mes de descanso. As e os participantes nas Vaca- cións con Traballo achegan ase- soramento técnico nos países empobrecidos e intercambian coñecementos, ao tempo que supervisan os proxectos de coo- peración internacional e facili- tan a colaboración entre o po- der local galego e o do país de destino. Ademais, enchóupanse doutras realidades e contribúen a concienciar sobre elas, para o que publican un blog desde terreo, entre outras accións de sensibilización requiridas á vol- ta. Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 9] N o Fon do fu nciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:141º·www.fondogalego.org 4
  • 10. > O concello de Cambados reincorpórase ao Fondo Galego O Concello de Cambados regresa ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que se dera de baixa en 2011, achegando a cota de 1.000 euros que lle corresponde segundo a súa poboación. A alcal- desa, Fátima Abal, asegurou que “esta incorporación non é un mero trámite, senón que adquirimos o compromiso de participar activa- mente neste organismo e colaborar cos seus fins, defendendo e pro- mocionando os dereitos humanos e a acción exterior de Galicia para a construción dun mundo máis xusto e solidario”. No mesmo senso se expresou o concelleiro de Servizos Sociais, Constantino Cordal, na rolda de prensa ofrecida tras a xuntanza da Comisión Executiva que se celebrou na vila arousá, e que estivo arroupada por representantes dos concellos de Redondela, Pontevedra, A Coruña e Oleiros. A suma de novos concellos e deputacións ao Fondo Galego é unha das priori- dades das Liñas Estratéxicas 2016-2019. Seminario Europeo de Educación para o Desenvolvemento O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade achegará a súa expe- riencia a entidades de Portugal, Alemaña e Holanda que o 3 de maio participarán en Pontevedra no Seminario Internacional ‘Intercambios en metodoloxías e materiais de educación para o desenvolvemento’. O evento, que se encadra no proxecto europeo Redes para o Desen- volvemento II, celebrarase na Sede Afundación, de 9.30 a 14 horas, e as inscricións poden realizarse no enderezo acorzo@igadi.org. A Rede Intermunicipal de Cooperação para o Desenvolvimento, o Consello Nacional para Parcerías das Cidades entre Países Baixos e Nicaragua (LBSNN) e a ONGD alemá Fine+p amosarán experiencias de éxito en educación para a cidadanía global no ámbito municipal, mentres que concellos socios do Fondo Galego contribuirán con exemplos de boas prácticas neste eido. No descanso de media mañá ofrecerase un café de comercio xusto, amenizado coa actuación das caboverdianas Ba- tuko Tabanka. FONDO DE ARMARIO Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 10] N o Fon do funciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:141º·www.fondogalego.org *
  • 11. > Chamamento á solidariedade con Ecuador Logo de que un terremoto de 7,8 graos golpeara duramente a cidades e comunidades da costa de Ecuador, deixando preto de 600 persoas mortas, entidades públicas e ONGD puxeron en marcha accións de res- cate e axuda humanitaria nas zonas máis afectadas. Atendendo á pre- ocupación do municipalismo polo acontecido e á súa disposición a colaborar, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade non perma- nece impasible ante esta catástrofe e fai un chamamento ás adminis- tracións socias para que canalicen as súas achegas a través desta enti- dade. Como en anteriores ocasións, desde cada concello ou deputación poderá achegarse a contía que se estime oportuna, de xeito voluntario, na conta ES78 2080 0209 5630 4001 6786 de Abanca, indicando como concepto a palabra “Ecuador”. Entre todas e todos dotarase un fondo común que será destinado a un proxecto de post emerxencia lide- rado por algunha entidade de referencia e con experiencia acreditada no país. Sae do prelo a Memoria 2015 Xa está publicada a ‘Memoria 2015: 10 anos de Vacacións con Traballo’, que resume a actividade do Fondo Galego durante o pasado exercicio, no que se cumpriu unha década deste programa de voluntariado inter- nacional. Tamén outras accións de sensibilización colleitaron unha boa acollida, tanto as vinculadas a proxectos de cooperación coma as novas edicións dos encontros dixitais #Alén2015, os contos da Tropa de Trapo, os ciclos de cine, as exposicións e recursos educativos itinerantes ou as X Xornadas Anuais de Cooperación. Outro dos bloques centrais do documento baséase nos proxectos de cooperación internacional, tres deles impulsados de xeito directo polo Fondo Galego en Cabo Ver- de e Mozambique. Recompílanse asemade os avances naquelas actua- cións apoiadas a ONGD galegas a través da convocatoria de 2014, así coma a axuda de emerxencia para a poboación refuxiada de Gaza. Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 11] N o Fon do funciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:141º·www.fondogalego.org *
  • 12. > Nova exposición fotográfica sobre Nicaragua A exposición ‘Nicaragua.O futuro’ iniciou e San Sadurniño a súa an- daina polas administracións locais e provinciais socias do Fondo Gale- go de Cooperación e Solidariedade. As fotografías foron realizadas por Felipe Carnotto na viaxe ao país centroamericano que realizou como gañador da segunda edición do certame Imaxes con Fondo. Tras visitar os proxectos alí apoiados, co Instituto de Promoción Humana-Somoto como parceiro local, o fotoxornalista ofrece a través de vinte instantá- neas unha perspectiva en chave persoal sobre a vida cotiá, as paisaxes, as problemáticas, os soños e as esperanzas da poboación. Completan a mostra catro paneis informativos sobre a cooperación internacional promovida polo Fondo Galego en Nicaragua, que inclúe máis de trinta proxectos, 17 deles desenvolvidos de xeito directo co Inprhu-Somoto en áreas como vivenda, saúde, auga e saneamento, formación, ou turis- mo sostible. Os efectos da cooperación na vida das persoas Taller de Solidariedade amosa a través da exposición ‘Chaves do cam- bio’ os efectos positivos que a cooperación internacional produce na vida das persoas dos países empobrecidos. A mostra, estreada en Lugo, encádrase no proxecto desenvolvido en Nicaragua co Inprhu-Somoto e co financiamento do Fondo Galego, cuxo obxectivo era impulsar o agro- turismo de xeito que contribuíra a soster un Centro de Educación Al- ternativa Rural. Os paneis recollen os testemuños de Rosalina, Manuel, Douglas, Oneyda e os irmáns Ernesto e Héctor, que se atopan entre as 154 persoas indíxenas beneficiadas pola iniciativa. Trátase de estu- dantes, artesáns e guías que posan sostendo a súa chave do cambio e explican como o seu día a día mellorou grazas ás accións apoiadas des- de Galicia. O fotógrafo José Manuel Fandiño, logroñés afincado no país centroamericano, é o autor destes retratos aos que se suman imaxes do proxecto. Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 12] N o Fon do funciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:141º·www.fondogalego.org *
  • 13. > OS PROXECTOS EN TERREO: Reconstrución dun centro sanitario saharauí Mentres en Mozambique segue en marcha o proxecto coa Fundação Encontro a prol da saúde infantil e materna, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade vén de destinar 10.000 euros á reconstrución dunha unida- de de atención sanitaria que foi derrubado polas intensas chuvias do pasado mes de outubro nos campamentos de Tinduf. Estes fondos de emerxencia canalízanse a través da asociación de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí e serán xestionados pola Me- dia Lúa Vermella Saharauí. As inundacións do pasado outono viñeron agravar as xa difíciles condicións de vida da poboación refuxiada en Alxeria. O torren- te de auga e os refachos de vento causaron cuantiosos danos nas infraestruturas e edificios públicos, coma os dispensarios ou o propio hospital, ao que contribuíu a inesta- bilidade do chan de area e a inexistencia dun sistema de evacuación de pluviais. Ao tempo, producíronse cortes de electricidade e nos transportes, que incidiron no desabastece- mento de auga e alimentos. Dajla, a wilaya que se atopa máis afastada e na que se levará a cabo a intervención, resul- tou a máis prexudicada pois, alén da perda de aveños e víveres, constatouse a destru- ción total ou parcial de todas as viven- das de adobe, así como de moitas jaimas, o que obriga a reunir ata vinte persoas nunha mesma tenda de campaña. A consecuente degradación das condicións hixiénicas fai aínda máis necesario o centro sanitario que se reconstruirá co financiamento do Fondo Galego, nun contexto marcado pola gran dependencia exterior e pola prevalencia de afeccións como a anemia nas mulleres ou a desnutrición en nenas e nenos. Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 13] N o Fon do funciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:141º·www.fondogalego.org A presidenta de Sogaps, Maite Isla, asinou o convenio co Fondo Galego As fortes chuvias derrubaron infraestruturas e vivendas nos campamentos *
  • 14. > A OLLADA EXTERNA Caxade: “O importante é contar con cidadanía crítica que pase da teoría á práctica” @alonsocaxade Caxade xestábase a finais de 2012 co lanzamento de trans- gresoras videocreacións cuxa boa acollida sorprendeu ata ao seu propio ideólogo, Alonso Caxade. Pouco despois, a ini- ciativa tomaba forma de banda coa incorporación de Manu Pai- no, Manu Espiño e Xosé Tuñas, sen deixar de ser unha aposta persoal do músico de Ames. A etiqueta folk-pop quédase cur- ta para definir o singular estilo, que lle valeu galardóns coma o de Mellor Artista nos XIII Pre- mios Opinión, entre outras no- minacións. Tras o éxito dun rei- vindicativo primeiro disco, que logo volvería gravar coa Banda de Música da Bandeira, falamos con Alonso Caxade cando sae á rúa ‘E isto é o amor’, o adianto do seu novo traballo. Canto hai de tradición e can- to de innovación no proxec- to Caxade? Non é algo premeditado, aínda que supoño que metade e meta- de de cada parte. O bo de ter un proxecto en solitario é que po- des facer a música que queres en cada momento. Se aínda por riba é un proxecto independen- te, non teño tabús nin condicio- nantes para experimentar, sem- pre e cando me guste gravo e toco esas músicas. Veño da mú- sica tradicional e folk, estudei no conservatorio e toquei en gru- pos de diferente estilo. Aprendo con toda a xente coa que toco e coa que vexo tocar, así que, supoño, Caxade como proxecto persoal é o resumo de todo o que levo tocando desde peque- no e tamén aquelas cousas que me quedaban (e quedan) pen- dentes por experimentar. Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 14] N o Fon do funciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:141º·www.fondogalego.org * Tras a exitosa acollida do seu primeiro traballo, Caxade lanza novo disco
  • 15. > Dous anos de xira e un cen- to de concertos despois, con que te quedas dos directos de presentación de ‘A dança dos moscas’? A oportunidade de tocar en moitos lugares diferentes para públicos moi distintos e poder obter resposta da xente. Cando se presenta un disco, e cando se fai unha xira con ese disco, previamente xa houbo moitos meses de traballo compoñendo, arranxando, estudado, ensaian- do e gravando as músicas. Para o público é unha novidade e é importante ter ese feedback re- frescante. Achas que o pensamento crítico -que reivindicas- se acentuou nos últimos tem- pos? Unha das cousas positivas do feedback que comentabamos é ver como a xente se sumou a este proxecto por dúas razóns: a estética e a ética, o estilo mu- sical e o discurso reivindicativo. Sinceramente pensei que esta última parte ía pasar máis des- apercibida, e alegroume saber que non, que á xente lle interesa e moito. Onde cres que está a clave para non converternos en moscas danzando arredor da bosta, para liberarnos do xugo da “gente pota” que ostenta o poder? Ser libres en todos os aspectos da vida, e reflexionar sobre os nosos movementos e pasos, moitos deles inconscientes e feitos pola deriva na que o sis- tema no inserta. É moi compli- cado porque o capitalismo ten unha maquinaria moi, moi ben feita, que funciona á perfección e que é moi difícil de parar, pero témolo que tentar, non queda outra. O importante é abrir fen- Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 15] N o Fon do funciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:141º·www.fondogalego.org Caxade ten actuado en festivais solidarios coma o Implícate. FOTO: Xaime Cortizo “A xente sumouse a este proxecto por dúas razóns: a estética e a ética, o estilo musical e o discurso reivindicativo” O proxecto de Alonso Caxade destaca pola experimentación musical e o carácter reivindicativo “Caxade é un proxecto independente, non teño tabús nin condicionantes para experimentar” *
  • 16. > das pequenas por onde entre a luz e pouco a pouco facer o bu- rato máis grande ata que sexa algo significativo. Debémosllo a moita xente que traballou neste camiño antes que nós e debé- mosllo ás fillas das nosas fillas. A poética, as metáforas e mesmo os tintes surrealis- tas nos temas de Caxade permiten facer máis leva- deira a denuncia que conte- ñen? Esa é a idea. É didáctica. Hai unha intención pedagóxica de tansmitir as cousas deixando claves para pensar, para a re- flexión. Ata a letra que máis ab- surda acolle no fondo unha idea forza sobre a que pensar. Ás ve- ces de modo máis explícito ou ás veces máis agochada, pero forma parte do proxecto e da idea desde que a xestei. Botas en falta máis “canción protesta” no panorama mu- sical galego? Non. Cada quen ten que facer o estilo que lle preste no momen- to e cantar as cousas das que goste, contar esas cousas que quere desafogar. Ter máis ou menos música protesta non é relevante, o relevante é ter cida- danía crítica que pase da teoría á práctica porque o que nos de- fine, o que fai cambiar o mundo, son as nosas accións non as le- tras das cancións. A túa escolla lingüística é o galego-portugués, que adoi- tas respostarlles aos descri- dos deste sistema? Que non gosto de presumir e que son uns independentis- tas lingüísticos (dependendo do perfil). Se teño algo máis de tempo e a persoa ten verdadei- ro interese, explícolle que o ga- lego non existe, é un constructo, un acordo, e que temos que es- coller entre ser a “lingua nai” do portugués ou ser unha “lingua filla” descendente do castellano. Participaches na ultima edi- ción do festival de Implica- das no Desenvolvemento, por que dirías que é impor- tante promover a coopera- ción internacional? Foi un pracer participar no Implí- cate. Coñecía o esforzo grande que facían, pero véndoo desde dentro é espectacular a densida- de do mesmo. Paréceme decisi- vo o traballo na cooperación, o primeiro porque se fai desde o ámbito asambleario e con sen- tido de colectivo, o segundo, na parte internacional, porque se traballa en cousas tan elemen- tais e dá medo que aínda existan no mundo hoxe en día. Por últi- mo, porque se trata de darlles ferramentas a un colectivo en cuestión para que elas mesmas as apliquen e poñan en práctica, minimizando as actitudes inter- vencionistas no sentido negativo. Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 16] N o Fon do funciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:141º·www.fondogalego.org ‘A dança dos moscas ao vivo’ é o reultado da gravación coa Banda de Música da Bandeira “O capitalismo ten unha maquinaria que funciona á perfección e é moi difícil de parar, pero témolo que tentar” “Hai unha intención pedagóxica de tansmitir as cousas deixando claves para pensar, para a reflexión” *
  • 17. > Tamén tes cedido cancións para traballos audiovisuais, cal é a túa postura sobre os dereitos de autor, agora que se fala do procomún? Si, cedín para varios traballos audiovisuais, e tamén só de au- dio, con grande gosto e pracer. A miña música, xa desde hai anos (antes de ter este proxecto per- soal) está licenciada con copyleft, o contrario a copyright. O bo des- te sistema é que o músico, ou artista, é dono dos seus dereitos e que decide o que quere per- mitir ou o que quere restrinxir. Deste modo, todas as persoas que gosten da miña música, sa- ben que a poden usar e difundir só pedindome permiso a min e sen terlle que pagar, por exem- plo, á SGAE. Infelizmente, moita da culpa que se lle bota a esta sociedade privada de xestión é só responsabilidade dos músi- cos (socios) que a forman e que moitas veces en público a criti- can aínda que en privado fagan parte dela. Xa por último, que imos ato- par no novo disco que está a piques de saír? Un paso adiante no musical, que para moitos será pequeno, pero para outras será grande, e sempre chamando a rebelión, á crítica. Como che comentaba ao comezo, o bo de traballar de maneira independente, sen ta- bús nin condicionantes, é facer o que quero en cada momen- to. No musical sigo explorando un son propio e característico, unha maneira persoal de traba- llar e concibir a música, e cada vez estamos máis próximos ao ideal que teño na cabeza. Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 17] N o Fon do funciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:141º·www.fondogalego.org “Paréceme decisiva a cooperación porque se trata de darlles ferramentas a un colectivo para que elas mesmas as apliquen” “Moita da culpa que se lle bota á SGAE é só responsabilidade dos músicos (socios) que forman parte dela” Alonso Caxade caracterizado como Sr. Xorda nunha das súas surreais videocreacións A poderosa “gente pota” protagoniza unha das pezas clave no primeiro disco de Caxade 1
  • 18. >INFÓRMATEAFONDO:141º·www.fondogalego.org Socios do Fondo Galego Concellos: A Coruña, A Estrada, A Guarda, A Laracha, A Pobra de Trives, A Pobra do Caramiñal, Abegondo, Allariz, Ames, Arteixo, As Pontes, Bergondo, Betanzos, Boiro, Brión, Burela, Cabanas, Caldas de Reis, Cambados, Cambre, Carballo, Cartelle, Castrelo de Miño, Castroverde, Cedeira, Corcubión, Covelo, Culleredo, Cuntis, Dumbría, Fene, Ferrol, Fornelos de Montes, Gondomar, Laxe, Lousame, Lugo, Malpica de Bergantiños, Manzaneda, Moaña, Moeche, Mondoñedo, Monforte, Moraña, Mugardos, Narón, Neda, Nigrán, Noia, O Barco, O Irixo, O Porriño, O Valadouro, Oímbra, Oleiros, Ourense, Outes, Poio, Pontecesures, Pontedeume, Pontevedra, Porto do Son, Ramirás, Redondela, Rianxo, Ribeira, Riotorto, Rodeiro, Sada, San Cibrao das Viñas, Sandiás, Santiago de Compostela, San Sadurniño, Sarria, Soutomaior, Teo, Tomiño, Triacastela, Valga, Verea, Verín, Vilar de Santos, Vilardevós, Vilasantar, Viveiro, Xove Deputacións: A Coruña, Lugo. Infórmate aFondo Edita: Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade Redacción e Administración: Centro Cívico Sur, Rúa Luís Braille, 40 36003 Pontevedra Tel/Fax: 986 84 34 36 / 698 14 45 36 Internet: http://www.fondogalego.org email: info@igadi.org Depósito Legal: VG-473-2007 Autorízase a reprodución e divulgación desta folla informativa