2. Liberalismo e nacionalismo
4. O Imperio napoleónico
5. Restauración, liberalismo e nacionalismo
7. Cara a unha Europa de nacións
1. O estalido da Revolución francesa
2. As etapas da Revolución francesa
6. As revolucións liberais e nacionais
3. Introdución
• As novas ideas ilustradas e o crecemento económico do
século XVIII levaron á revolución liberal burguesa.
• A Revolución francesa de 1789 proporcionou os
programas dos partidos liberais e democráticos da
meirande parte do mundo, e asentou o concepto de
nación.
• Un longo combate enfrontou, entre 1815 e 1870, aos
liberais e os absolutistas, e ás nacións e os imperios.
• O liberalismo triunfou finalmente, o poder absoluto foi
derrocado, e moitas nacións acadaron a súa unidade ou
independencia.
4.
5. 1.1. As causas da Revolución
impacto da Ilustración e da revolución americana (páx. 30)
• A declaración de Independencia dos EEUU e a súa
Constitución 1787 defendían os dereitos inalienables do
cidadán, a separación de poderes e os principios de
igualdade e liberdade e o dereito a elixir gobernantes.
• Estas ideas coincidían cos que a Ilustración difundía en
Europa e que se estenderan entre as elites culturais e a
nova burguesía.
• Os principios ilustrados e o exemplo da Revolución
americana achegáronlle á burguesía as novas ideas para se
enfrontar ao absolutismo e á sociedade estamental, e
propuxeron novas formas de organización social e
goberno. Todo isto propiciou o ciclo revolucionario que se
iniciou en Francia en 1789.
6. 1.1. As causas da Revolución (páx. 30)
• En 1789, Francia atopábase nunha fonda crise económica e
social. As causas eran as seguintes:
• Dende 1760 había malas colleitas que provocaron a suba
do prezo dos alimentos e o descontento popular.
• A burguesía amosábase descontenta ante a súa
marxinación política porque só os privilexiados posuían
cargos e tiñan recoñecemento social.
• Ademais, a monarquía atopábase sumida nunha fonda
crise financeira, debida aos elevados gastos do Estado e
da corte.
7.
8. O descontento da burguesía
Os burgueses recibiran mellor educación que os nobres,
pero estes, por nacemento e riqueza, obtiñan os primeiros
postos do Estado sen teren mérito nin talento, mentres os
burgueses estaban destinados a esmoreceren en
empregos subalternos. (...)
A burguesía era superior en riquezas, talento e mérito
persoal (...) e, aínda que sentía esta superioridade, en
todas partes era humillada.
Marqués de Bouillé, 1796 (Adaptación)
9. ORZAMENTO DA MONARQUÍA FRANCESA, 1788
GASTOS
(622 millóns de libras)
INGRESOS
(504 millóns de libras)
GASTOS CIVÍS (percepción de
impostos, corte e privilexios,
caridade...) (146 millóns de libras)
IMPOSTOS INDIRECTOS (gabela:
impostos sobre o sal) (208 millóns de
libras)
GASTOS MILITARES E
DIPLOMÁTICOS (166 millóns de
libras)
IMPOSTOS DIRECTOS (talla: tributo
señorial) (158 millóns de libras)
DÉBEDA (devolución dos préstamos)
(310 millóns de libras)
INGRESOS DIVERSOS (rendas do
patrimonio real...) (138 millóns de
libras)
10. 1.2. O comezo da Revolución: 1789 (páx. 31)
• A Revolución francesa principiou cunha revolta da
aristocracia. Os privilexiados negáronse a pagar impostos,
e esixíronlle a Luís XVI que convocase os Estados Xerais.
• Os Estados Xerais abríronse en 1789, presididos polo rei e
formados polos representantes da nobreza, do clero e do
Terceiro Estado.
• Os representantes do Terceiro Estado esixiron a dobre
representación, a deliberación conxunta e o voto por
persoa.
• Estaba en xogo a idea de soberanía nacional.
• Os deputados do Terceiro Estado erixíronse en Asemblea
Nacional.
11. Estados Xerais
• Nome que recibía en Francia (1789) a reunió de
representantes dos tres estamentos do Antigo
Réxime: clero, nobreza (minoritarios e
privilexiados) e o Terceiro Estado (maioritario e non
privilexiado). A súa función principal é escoitar as
peticións dos distintos estamentos e sobre todo
aprobar novos impostos.
• Os Estados Xerais non se reuniran dende 1614
(isto indica a súa nula importancia durante a etapa
do absolutismo) pero ante a situación de
bancarrota de Francia, a Luís XVI non lle queda
máis remedio que convocalos.
13. REPRESENTACION E VOTO NOS ESTADO XERAIS
Sistema tradicional Demanda do 3º Estado
Grupos Deputados Voto por
orde
Deputados Voto por persoa*
Nobreza 270 1 270 Absolutistas
Liberais
220
50
Clero 291 1 291 Alto clero
Baixo clero
46
245
3º Estado 578 1 578 3º Estado 578
*Non foi aceptada
17. Que é o Terceiro Estado?
• O proxecto deste escrito é moi sinxelo. Temos que
facernos tres preguntas:
1. Que é o Terceiro Estado? –Todo.
2. Que foi ata o presente na orde pública? –Nada.
3. Que pide? –Ser algo.
• Quen se atrevería a dicir que o Terceiro Estado non ten
en si todo o que precisa para formar unha nación
completa? É o home forte e rexo, quen aínda ten un dos
seus brazos encadeado. Se se suprimise a orde
privilexiada, a nación non habería ser algo menos, senon
algo máis. Logo, que é o Terceiro Estado? Todo,
18. Que é o Terceiro Estado
• Pero un todo impedido e oprimido. Que sería sen a orde
privilexiada? Todo, pero un todo libre e florecente. Nada pode
marchar sen el; todo marcha mellor sen os outros.
• Neste estado de cousas, que lle resta por facer ao Terceiro
Estado se quere verse en posesión dos seus dereitos políticos
de xeito que lle sexa útil á nación? O Terceiro Estado debe
reunirse á parte, non concorrerá coa nobreza e o clero, non
quedará con eles, nin por ordes nin por cabezas. Rogo que se
poña atención na notable diferencia que hai entre Asemblea do
terceiro Estado e as doutras ordes. A primeira representa 25
millóns de homes e delibera sobre os intereses da nación. As
outras dúas, aínda considerándose xuntas, non teñen máis
poderes cós duns douscentos mil individuos e non pensan
máis ca nos seus privilexios. Dirase: o Terceiro Estado só non
poderá formar os Estados Xerais. Aínda mellor!, formará unha
Asemblea Nacional!
• SIEYES, E Que é o Terceiro Estado? 1789
19. O jeu de paume
(xogo da palma da
man), de orixe
romana, consistía
en pasar unha elota
duns xogadores
a outros por
encima
dunha corda tirante
en medio da pista
20. Jacques-Louis David
Xuramento do Jeu de Paume (1791)
Bailly, presidente
da Asemblea le o
Texto do xuramento
Abade Sieyès Conde Mirabeau
Robespierre, burgués
Gerard, campesiño
Un monxe, un abade
e un pastor protestante
O pobo presenciando
a escea
O fillo do pintor
21. 1.3. A fin do Antigo Réxime
• O pobo de París apoiou na rúa os representantes
do Terceiro Estado e asaltaron a fortaleza da
Bastilla, tomaron as armas e dispuxéronse a
defender pola forza a revolución.
• A revolución estendeuse tamén ao campo, en
forma dunha revolta antiseñorial.
• Ante a radicalización popular, a Asemblea
Nacional Constituínte aboliu os privilexios
feudais e promulgou a Declaración de Dereitos
do Home e do Cidadán.
22. Toma da prisión da Bastilla,
que simbolizaba o poder absoluto
e arbitrario do rei
23. A abolición do réxime feudal
• Artigo 1. A Asemblea Nacional suprime na súa totalidade o
réxime feudal e decreta que os dereitos e os deberes, tanto
feudais como censatarios (...) quedan abolidos sen
indemnización, e todos os outros declarados redimibles. (...)
• Artigo 4. Todas as xustizas señoriais son abolidas sin
ningunha indemización.
• Artigo 5 Os dezmos de calquera tipo e os censos
correspondentes (...) quedan abolidos.
• Artigo 11. Todos os cidadáns, sen distinción de nacemento,
poden ser admitidos en todos os traballos e dignidades
eclesiásticas, civís e militares, e ningunha profesión útil pode
producir deshonra.
• Decreto da Asemblea Nacional Constituínte do 9 de agosto de 1789
24. Declaración de dereitos do home e do cidadán
• Art 1. Os homes nacen e
permanecen libres e iguais en
dereitos. As distincións sociais
só poden estar fundamentadas
na utilidade común.
• Art 3. O principio de toda
soberanía reside
esencialmente na nación.
Ningún corpo, ningún indiviuo,
pode exercer autoridade que
non emane expresamente dela
(...)
• Continua...
25. 2.1. As fases da Revolución
• A monarquía constitucional (1789-1792). Estaba
apoiada pola burguesía conservadora, que aspiraba a
chegar a un acordo co rei e cos privilexiados para
abolir o Antigo Réxime.
• A república democrática (1792-1794). Foi impulsada
pola burguesía radical e os sectores populares, que
querían unha transformación da sociedade nun
sentido democrático.
• A república burguesa (1794-1799). Supuxo unha volta
ao poder da burguesía conservadora, que consagrou
o predominio dos propietarios.
26. MONARQUÍA
CONSTITUCIONAL
Asemblea
Constituínte 1789
Toma da Bastilla
Revolta antiseñorial
Abolición dos dereitos feudais.
Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán
1790
Asemblea
Lexislativa
1791 Constitución (Liberalismo político)
1792 Asalto ao Palacio Real (Tullerías)
REPÚBLICA
DEMOCRÁTICA
Convención
Execución de Luís XVI
1793 Constitución democrática (democracia social)
1794 Caída dos xacobinos
REPÚBLICA
BURGUESA
1795 Constitución (Liberalismo político)
1796 Inicio do retorno dos exiliados
1797
2.1. As fases da Revolución
27. 2.2. A monarquía constitucional (1789-1792)
• En 1789 a Asemblea Nacional iniciou un proceso reformista
para converter Francia nunha monarquía constitucional e
parlamentaria.
• En 1791 promulgouse unha Constitución, que exemplificou
os ideais do liberalismo político, aínda que lle reservaba ao
rei o dereito de veto. Estableceuse o sufraxio
indirecto e censatario.
• Formouse unha Asemblea Lexislativa.
• As reformas do período 1789-1791 satisfacían aos grupos
burgueses pero non á nobreza, ao clero, á monarquía nin
aos sectores populares.
28. Dereito de veto e sufraxio censatario
• Dereito do monarca, ou calquera
outra institución, a opoñerse á
entrada en vigor dunha lei aprobada
pola Asemblea.
• Dereito ao voto limitado só ás
persoas con grandes fortunas ou
ingresos. Na Francia revolucionaria
pouco máis do 2% da poboación.
30. 2.2. A monarquía constitucional (1789-1792)
medidas aplicadas
• Despois de ter aprobada a Constitución a Asemblea
Lexislativa (1791-1792) aprobou unha serie de medidas
que contentaban fundamentalmente á burguesía
moderada:
• Prohibición da tortura, imposición de pago de impostos
á nobreza, abolición dos gremios...
• Creación dun novo exército: a Garda Nacional.
• Expropiación dos bens da Igrexa que foron declarados
bens nacionais e vendidos a particulares.
• Constitución civil do clero.
31. 2.2. A monarquía constitucional (1789-1792)
distintas opcións políticas
• As reformas (1789-1791) favorecían aos grupos
burgueses (constitucionalistas). Pero o novo
rexime contaba con moitos opositores. Dun
lado estaban a nobreza,o clero e a monarquía.
• Os primeiros desexaban recuperar os seus
privilexios.
• Os segundos estaban descontentos pola
expropiación dos seus bens.
• A monarquía conspiraba para derrubar a
Asemblea.
32. 2.2. A monarquía constitucional (1789-1792)
distintas opcións políticas
• Noutro extremo estaban os sectores
populares que non tiñan dereitos aos dereitos
políticos (sufraxio censatario) e na que a súa
situción económica non mellorara. Salientan
entre os grupos opositores (de máis
moderados a máis radicais) os xirondinos, os
xacobinos, cordeliers. Que contaban co apoio
dos sans-culotes, milicias populares de París
que aspiraban a profundar nas reformas e
proclamar a república.
33. 2.2. A monarquía constitucional (1789-1792)
distintas opcións políticas
• Xirondinos: grupo de deputados da Convención francesa (1792)
integrado por unha burguesía máis moderada que os xacobinos.
Defendía a liberdade e o dereito á propiedade como un ben
inalienable. Pertencían a burguesía provincial e comercial. Eran
federalistas. Brissot, o seu líder, era natural de Burdeos (capital
do departamento da Xironda) de aí a denominación que tiñan.
• Xacobinos: grupo máis radical que os xirondinos. Defenden a
alianza das clases populares coa burguesía. Defenden o sufraxio
universal e unha serie de melloras económicas para as clases
populares así como o estado centralista. O seu lider é
Robespierre. Denomínanse así porque se reunían no convento
(nacionalizado) de San Xacobe de París. Tamén se lles coñecía
como a Montaña (dada a súa posición dos seus escanos na
Asemblea Lexislativa).
34. 2.2. A monarquía constitucional (1789-1792)
distintas opcións políticas
• Cordeliers: club político de carácter radical creado
durante a revolución (1792-1799). Os seus membros
eran partidarios da república e apoiaron medidas
sociais para contentar os sans-culottes.
• Sans culottes: (sen calzóns). O termo está
relacionado coas modas e costumes da época, o
século XVIII, xa que os sectores sociais máis
acomodados vestían cunhas calzas curtas e
axustadas (os culottes), mentres que moitos
membros do Terceiro Estado levaban pantalóns
longos.
35.
36.
37. 2.3. O fracaso da monarquía constitucional
• A oposición da familia real á Revolución manifestouse por
mor da súa fuxida de París para unirse ao exército
austríaco, que planeaba invadir Francia e restablecer o
absolutismo.
• O monarca, desprestixiado, foi devolto á capital, facéndose
evidente o seu rexeitamento ao proceso revolucionario.
• En abril de 1792, a Asemblea Lexislativa declaroulle a
guerra a Austria. Os austríacos invadiron Francia e
chegaron a París.
• A situación orixinou un clima de revolta entre os sans-
culottes, que asaltaron o palacio real, meteron preso o
monarca e proclamaron a república (setembro de 1792).
38. 3.1. A república democrática (1792-1794)
• A Convención xirondina. A república quedou en mans
dos xirondinos, que convocaron eleccións por sufraxio
universal masculino para a nova Convención Nacional.
• Levaron a cabo o xuízo contra o rei
Luis XVI e María Antonieta, acusados de traizón,
condenados e executados na guillotina. A súa morte
provocou unha alianza das monarquías europeas que
formaron unha coalición contra a Francia revolucionaria.
• Na primavera de 1793, a república achábase en perigo. No
interior estalaron revolucións contrarrevolucionarias (La
Vendée) e as conspiracións realistas multiplicáronse. No
exterior, os exércitos coligados invadiron Francia.
41. 3.1. A república democrática (1792-1794)
• A Convención xacobina. En xuño de 1793, os xacobinos fixéronse co
poder e detiveron os dirixentes políticos xirondinos. Promulgaron
unha nova Constitución baseada na democracia social: soberanía
popular, sufraxio universal, dereito á igualdade.
• O executivo quedou en mans dun Comité de Salvación Pública,
dirixido por Robespierre.
• Ante os ataques externos decretouse a leva en masa e internamente
impúxose o rexime do Terror ante todo aquel sospeitoso de
contrarrevolucionario (creándose tribunais revolucionarios que
podían castigar coa morte). Creáronse leis sociais: lei de maximun,
instrución obrigatoria, pecháronse as igrexas e estableceuse o culto
á deusa razón.
• A caída dos xacobinos. Mediante o golpe de Estado de Termidor, en
xullo de 1794 foron derrocados e executados Robespierre e outros
dirixentes xacobinos.
43. O calendario revolucionario francés
VENDIMARIO 22IX-21X
BRUMARIO 21X-20XI
FRIMARIO 20 XI-20 XII
NIVOSO 20XII-19I
CHUVIOSO 19I-18II
VENTOSO 18II-20III
XERMINAL 21III-20IV
FLOREAL 20IV-19V
PRADIAL 19V-20VI
MESIDOR 20VI-18VII
TERMIDOR 19VII-17VIII
FROITIDOR 18VIII-20IX
44. 3.2. A república burguesa (1794-1799)
• Despois do golpe de Estado, a burguesía conservadora volveu tomar
o control da Revolución.
• Elaborouse unha nova Constitución (1795) que lle outorgaba o poder
executivo a un goberno colexiado (Directorio), restablecía o sufraxio
censatario e confiaba o poder lexislativo a dúas cámaras.
• O novo goberno pretendía volver aos principios da Constitución de
1791. Perseguiu os xacobinos, derrogou a Constitución de 1793 e
anulou as medidas daquel período.
• Nun contexto de crise económica e social, en plena guerra contra as
monarquías absolutistas europeas o exército comezou a gañar
prestixio. Considerouse como a única institución capaz de impoñer
orde e asegurar a defensa de Francia.
• En 1799, Napoleón Bonaparte, co apoio da burguesía, foi
protagonista dun golpe de Estado que acabou co Directorio e
inaugurou o Consulado (1799-1804).
45. As mulleres na revolución francesa
• As mulleres participaron activamente nos
acontecmentos revolucionarios.
• Na Declaración de Dereitos e na Constitución de 1791
negáronselle ás mulleres moitos dereitos.
Convertéronse en cidadás pasivas.
• Aínda que as mulleres se beneficiaron dalgunhas
reformas sociais (matrimonio civil, divorcio, supresión
da desigualdade fronte a herdanza…) non deron
conseguido a igualdade legal e foron claramente
excluídas.
• Algunhas mulleres destacadas foron: Olimpia de
Gouges, Madame Roland ou Claire Lacombe.
47. Olimpia de Gouges
• Membro dunha familia da pequena burguesía, recibiu unha
educación ilustrada. Escribiu numerosos textos e obras de
teatro en defensa dos dereitos políticos e civís das mulleres.
• Co estalido da Revolución situouse ao carón dos
revolucionarios, pero indignouse ao constatar que
Constitución de 1791 non lles outorgaba o voto ás mulleres.
• Para hacer pública a súa posición, escribiu un proxecto de
Declaración de Dereitos da Muller e tomou partido a prol do
recoñocemento do divorcio.
• Durante a Convención situouse ao caron dos xirondinos e
opúxose á pena de morte do rei Luis XVI. Durante o Terror
foi acusada de realista e guillotinada (1793).
49. As mulleres na revolución francesa
Olimpia Gouges, escritora e militante feminista
tomou parte na Revolución. Redactou un
proxecto de declaración de Dereitos da Muller
e da da Cidadá (1791). Opúxose á pena de
morte conta o Rei, foi acusada de realista e
guillotinada no ano 1793.
Madame Roland, grande admiradora de Rousseau.
Tivo grande influencia sobre os Xirondinos. Foi
Arrestada e executada en 1793.
50. Os clubs das mulleres
• As mulleres tamén fundaron os seus propios
clubs, nome que recibían as organizacións
políticas creadas polos distintos grupos
revolucionarios. Nas súas reunións lían os
decretos da Asemblea, discutíanos, presentaban
as súas críticas e propostas e tamén recollían
fondos para os patriotas necesitados.
• O protagonismo das mulleres non foi aceptado
por boa parte dos revolucionarios e, en 1793, os
clubs de mulleres foron prohibidos pola
Convención.
51. Declaración de dereitos da muller
• As nais, as fillas, as irmás, representantes
da nación, piden constituírse en Asemblea
Nacional. Consideran que a ignorancia, o
esquecemento e o menosprezo dos dereitos
da muller son as únicas causas dos
desastres públicos e da corrupción dos
gobernos, e decidiron expor nunha
declaración solemne os dereitos naturais,
inalienables e sagrados da muller. (...)
52. Declaración de dereitos da muller
• Artigo 1. A muller nace libre e igual ao home en dereitos. As
distincións sociais non poden estar fundamentadas sobre o
ben común (...).
• Artigo 6. A lei é a expresión da vontade xeral e todos os
cidadáns e cidadás deben participar persoalmente, ou
mediante os seus representantes, na súa elaboración. Todas
as cidadás e todos os cidadáns deben ser igualmente
admisibles en todas a as dignidades, lugares e empregos
públicos, segundo a súa capacidades e sen outra distinción
que o seu talento e virtude.
• Artigo 10. Ninguén debe inquietarse das opinións das
mulleres: se a muller ten dereito a subir ao patíbulo, tamén
debe ter dereito a subir á tribuna, porque as súas
manifestacións non perturban a orde pública establecida pola
lei.
Declaración de Dereitos da Muller e da Cidadá. 1791
53. Unha opinión contaria
• As mulleres deben exercer os dereitos políticos e
inmiscirse nos asuntos do goberno?
• Non, porque deberían sacrificar cuestións máis
importantes ás que foron chamadas pola natureza.
As funcións privadas ás que están destinadas as
mulleres de seu axudan a soster a orde social.
• Os costumes e a natureza sinaláronlles as súas
funcións: educar os fillos, preparar o espírito e o
corazón dos seus fillos para as tarefas públicas,
elevar as súas almas… Polo xeral, as mulleres son
pouco capaces para as ideas elevadas e as
meditacións serias (…).
Discurso do deputado André Amar, Outubro de 1793.
55. A revolución das mulleres
• 1789: as mulleres solictanlle ao rei ter representación nos
Estados Xerais e dereito ao voto. Marcha das mulleres a
Versalles.
• 1791: primeiro club feminino. Unha lei outórgalle ás mulleres
o dereito a herda. A Constitución négalles o dereito a votar.
Proxecto de declaración de dereitos de Olimpia Gouges.
• 1792: a lei autoriza o divorcio e declara a igualdade dos
cónxuxes.
• 1793: prohibición dos clubs de mulleres. 374 mulleres son
guillotinadas no réxime do Terror.
• 1795: prohibición ás mulleres de asistir en asemblea política
e de reunirse máis de cinco na rúa.
56. 4. O imperio napoleónico
4.1. Napoleón: de cónsul a emperador
• En 1799, Napoleón foi nomeado cónsul e a súa política de
goberno consolidou os logros da revolución burguesa,
evitando o retorno do absolutismo.
• Permitiu a volta dos exiliados que aceptaran a nova orde e
asinou un Concordato coa Igrexa para restablecer a paz
relixiosa.
• Levou a cabo unha reforma administrativa de carácter
centralista coa creación da figura dos prefectos.
• Promulgouse un Código Civil que racionalizaba e unificaba
as leis anteriores e reformouse a Facenda.
• En 1804, Napoleón fíxose coroar emperador.
57. Algo máis sobre o personaxe
Napoleón naceu
en 1769 en Ajaccio
(Córsega) nunha familia
de pequena nobreza rural.
iniciou a súa carreira militar
moi novo e obtivo grandes
éxitos nas campañas de
Italia (1796) e Exipto (1798)
Cuestionario
60. 4.2. As conquistas
napoleónicas
• As tropas de Napoleón conseguiron conquistar
unha gran parte de Europa, e en 1811 o Imperio
napoleónico atopábase no seu apoxeo.
• O Imperio napoleónico estendíase de Alemaña a
España, e agás Gran Bretaña, boa parte do resto
de Europa situábase baixo o control de Francia.
• En todos os países baixo influencia francesa,
onde Napoleón colocou no trono a xenerais do
seu exército, impuxéronse as ideas
revolucionarias.
61.
62.
63. 4.3. A caída de Napoleón
• Os exércitos napoleónicos actuaron como
conquistadores, someteron as nacións ocupadas e
favoreceron os intereses materiais de Francia por
enriba dos ideais revolucionarios.
• Todo isto desencadeou nos territorios ocupados
sentimentos nacionais contra a Francia invasora.
• O levantamento levado a cabo polos españois en
1808 contra a invasión e imposición dun rei
estranxeiro foi o primeiro e o que marcou o declive
do Imperio napoleónico.
65. 4.3. A caída de Napoleón
• En 1814, tras ser vencido en Rusia e en
España, Napoleón abandonou o poder.
• Malia o efémero retorno do seu
desterro na Illa de Elba, en 1815 foi
derrotado en Waterloo poñendo fin ao
imperio dos 100 días e desterrado á illa
de Santa Helena, onde morreu en 1821.
En Francia e en toda Europa parecía
inevitable a volta ao Antigo Réxime.
67. Influencia da revolución francesa
en Europa
Transformou a sociedade:
•Igualdade
•Abolición do feudalismo
•Consecución de liberdades
Transformou o poder:
•Fin do absolutismo
•Soberanía Nacional
•Creación de institucións:
•Administración, Xustiza...
•Seguimento do modelo francés
•Constitución
Afirmouse
o sentimento
nacional
no enfrontamento
contra a a dominación
francesa
68. Influencia da revolución francesa
en Europa
Bases da democracia:
•Declaración de dereitos
•Soberanía nacional
•Igualdade perante a lei
Vida política e prensa:
•Clubs políticos
•Liberdade de prensa
Ensinanza e culturas públicas
•Ensino igual e obrigatorio.
•Ensino laico
•Museos públicos
Liberalización
da economía
•Supresión dos gremios
•Liberdade de empresa
•Supresión das aduanas interiores
•Unificación dos sistemas de pesos e medidas
69. Exemplo dun dos xornais
xurdido durante a revolución
Unificación de pesos e medidas
Inauguración do Louvre (1793)
70. 5.1. A Europa da Restauración
• Os Estados vencedores de Napoleón reuníronse, entre
1814 e 1815, no Congreso de Viena. O seu obxectivo era a
restauración do absolutismo monárquico.
• Francia volveu ás súas fronteiras de 1792 e o Imperio
napoleónico dividiuse entre os vencedores.
• As decisións do Congreso de Viena completáronse coa
Santa Alianza (1815), un tratado de axuda mutua entre os
monarcas europeos ante as ameazas de revolucións
liberais.
• Pero as ideas da Revolución francesa influíran en Europa.
A partir de 1815, liberalismo e nacionalismo convertéronse
en dúas forzas de oposición á Restauración.
71. O mapa reflicte os cambios
territoriais tras o Congreso
de Viena:
Creación de estados tapón
entorno a Francia.
Consolidación de Prusia e
Austria no centro de Europa.
Rusia en Europa Oriental
Reino Unido nos mares.
Creación do reino de Polonia
baixo c control do tsar Rusia.
A Europa de 1815
72. 5.2. O liberalismo
• O liberalismo é un sistema político que fundamenta a
sociedade no individuo. O Estado debe garantir os dereitos
e as liberdades fundamentais das persoas.
• O individuo libre é un cidadán e o conxunto de cidadáns
constitúe a nación, que exerce a soberanía.
• O liberalismo propugna un sistema representativo no que
as decisións emanan dunha asemblea (Parlamento),
escollida por sufraxio, que elabora as leis.
• Defende a división de poderes.
• O dereito de propiedade é formulado como unha liberdade
fundamental.
73. ABSOLUTISMO
Antes da revolución
LIBERALISMO
Despois da revolución
Súbditos obedecen NACIÓN SOBERANA
Monarquía de dereito divino
DEUS
REI
Posúe
Poder
Lexilativo
Poder
Executivo
Poder
Xudicial
Da que forman parte
Cidadáns
elixen
Poder
Lexilativo
elixen
Poder
Executivo
Poder
Xudicial
(xulga
segundo
as leis)
Indepen-
dente dos
outros
poderes
74. 5.3. O nacionalismo
• O nacionalismo é unha ideoloxía política que
sostén o dereito dos pobos a decidir sobre eles
mesmos e a defender a súa soberanía.
• Pódese definir nación como un conxunto de
individuos que posúen unha serie de lazos
culturais propios e que desexan vivir en común.
• O nacionalismo espallouse ao longo do século
XIX en defensa dunha Europa de nacións libres
fronte á Europa da Santa Alianza e dos imperios
absolutistas.
75. • Ao longo da primeira metade do século XIX
tres grandes ondadas revolucionarias foron
derrubando o sistema da Restauración
configurado no Congreso de Viena. Este
proceso afectou a toda Europa Occidental e
América.
6.1. As revolucións de 1820
6.2. As revolucións de 1830
6.3. A primavera dos pobos (1848)
6. As Revolucións Liberais e Nacionais
76. 6.1. As revolucións de 1820
• Cara ao ano 1820, unha serie de levantamentos liberais dirixidos
por activistas, sobre todo militares, intentaron en diversos países
acabar co absolutismo e tomar o poder.
• Todos estes levantamentos foron vencidos polos exércitos da
Santa Alianza. Un exemplo foi o Trienio Liberal en España.
• Só en Grecia triunfou unha insurrección contra o Imperio turco.
En 1822 os gregos proclamaron a súa independencia, que se fixo
efectiva en 1829 despois dunha cruel guerra.
• Tamén resultaron vitoriosos os movementos das colonias
españolas de América continental, que se enfrontaron á
metrópole entre 1808 e 1825, e se declararon independentes.
77. 6.1. Trienio Liberal (1820-1823)
Vicente López.
Retrato de
Fernando VII
Riego
FernandoVII
Duque de Angulema
Cen Mil fillos de
San Luís
Santa Alianza
Himno de Riego
Himno da República
79. 6.2. As revolucións de 1830
• A segunda ondada revolucionaria produciuse en
Europa central e occidental, entre 1829 e 1835, e a súa
extensión e repercusión foron maiores.
• O movemento iniciouse en Francia, onde, en xullo de
1830, se derrocou a Carlos X de Borbón e se proclamou
unha monarquía de corte liberal na persoa de Luís
Filipe de Orleáns.
• Tamén en Bélxica triunfou a revolución, se estableceu
un sistema liberal e se independizou de Holanda.
• Estalaron revoltas en Polonia, Gran Bretaña e España.
En España entre 1833 e 1839 produciuse o paso ao
sistema liberal.
82. Delacroix. A liberdade guiando ao pobo. (1830)
Exalta as tres xornadas gloriosas. Amosa
a unión dos diferentes sectores sociais na
súa loita pola liberdade.
Obreiro Artesán-burgués
Estudante
Campesiño
Garda Nacional
A liberdade
París
83. 6.3. A primavera dos pobos (1848)
• En Europa occidental, a revolución de 1848 significou a
aparición dos ideais democráticos: sufraxio universal,
soberanía popular, igualdade social.
• A revolución iniciouse en Francia. Un levantamento popular
acabou coa monarquía de Luís Filipe de Orleáns e
proclamouse a república social e o sufraxio universal.
• Na Europa oriental, a loita foi contra os réximes
absolutistas e a dominación imperial austríaca.
• Aínda que a maioría destas revolucións foron sufocadas,
as reformas liberais e moitos procesos de independencia
nacional fóronse consolidando na segunda metade do
século XIX.
84.
85. Marcha dos pobos cara a liberdade. A revolución
de 1848 é coñecida como a primavera dos pobos
polos numerosos pobos e nacións que se levantaron
contra o absolutismo.
Alemaña
Italia
As coroas absolutistas polo chan
86. 7. Cara unha Europa de Nacións
7.1. Unificación italiana e alemana
• Na segunda metade do século XIX producíronse os
procesos de unificación de Italia e Alemaña. Presentaron
unha serie de semellanzas.
• Primeiro: a unidade foi dirixida polo territorio máis
desenvolto de cada país (Piemonte e Prusia).
• Segundo: conseguíronse as unificacións depois de moitos
anos de conflitos armados.
• Terceiro: a burguesía quedou como a clase dirixente dos
novos estados; pero para asegurar o seu predominio, tivo
que pactar cos antigos grupos privilexiados e isto deulle ao
liberalismo destes países un carácter conservador,
especialmente en Alemaña.
87. 7. Cara unha Europa de Nacións
7.1. Unificación italiana
• Estaba dividida en seis estados. O Papa era soberano nun deles,
con capital en Roma, e Austria anexionárase a Lombardía e o
Véneto. Só Piemonte (gobernada pola dinastía dos Savoia.
Monarquía de signo liberal) maniféstase a favor da unificación de
toda Italia.
• En 1859, Cavour, primeiro ministro piemontés, iniciou unha guerra
contra Austria e conseguíu a anexión de Lombardía. Ao mesmo
tempo, un levantamento popular, dirixido por Garibaldi, derrocou
aos monarcas dos Estados do centro (Marcas de Parma, Módena e
Toscana) e sur de Italia (Reino das dúas Sicilias).
• En 1861, o primeiro parlamento de Italia proclama a Vítor Manuel
rei de Italia. En 1866, os austríacos abandonan o Véneto; e, en
1870, foron anexionados os Estados Pontificios. Roma é a capital
de Italia.
90. 7. Cara unha Europa de Nacións
7.1. Unificación alemana
• Estaba dividida en trinta e seis estados. O principal problema era a
rivalidade entre Prusia e Austria. Prusia liderou unha unión de
alfándegas (Zollverein) que agrupaba tódolos estados alemáns a
excepción de Austria.
• O avance do nacionalismo en Europa fíxose evidente nas
revolucións de 1848, o parlamento de Frankfurt ofrecuelle a coroa
de Alemaña ao rei de Prusia, pero este non aceptou por vir dun
parlamento liberal. Desde aquel momento, desprezando as
propostas liberais, Prusia escolleu o camiño da guerra para
conseguir a unificación.
• O chanceler prusiano Otto von Bismarck dirixiu vitoriosas guerras,
unha contra Austria (1866) e outra contra Francia (Sedán, 1870),
permitíronlle unir tódolos estados baixo o cetro do rei de Prusia.
Proclámase o II Reich (Imperio) alemán e Guillerme I foi
proclamado káiser (emperador).
93. 7.2. A Europa de finais do século XIX
• A finais do século XIX Europa semellaba ter
acadado unha certa estabilidade política e de
fronteiras. Pero unha serie de conflitos
continuaban latentes.
• Os imperios austríaco e turco seguían a ser
réximes absolutistas e neles persistían problemas
nacionais, xa que había pobos baixo as súas
fronteiras que aspiraban á independencia.
• Na Europa occidental, a loita política tiña como
obxectivos o avance da democracia e o
recoñecemento dos dereitos sociais.