SlideShare a Scribd company logo
1 of 91
Transición de democracia en España
Juan Genovés: A aperta, 1976
Eixe cronolóxico
Transición e democracia en España
1. Observa o eixe. Etapas
1. Observa o eixe. Etapas
• España é unha democracia a partir da celebración,
en 1977, das primeiras eleccións democráticas tras
corenta anos de franquismo.
• Adóitase considerar o triunfo do PSOE en 1982
como o momento no que a democracia queda
asentada en España ao producirse a alternancia
política.
• Os partidos políticos que dende 1977 formaron
gobernos democráticos foron tres: UCD, PSOE e PP.
• Feitos máis destacables: promulgación da
Constitución de 1978; intento de golpe de Estado de
1981; ingreso na CEE e na OTAN.
2. O abrazo de Juan Genovés
• É unha das iconas da transición española.
• A pintura foi utilizada pola Xunta
Democrática como cartel en favor da
amnistía, a consecuencia do cal o autor foi
detido.
• A obra amosa o anhelo colectivo de liberdade
e amnistía e a vontade construír un país
democrático. Por representar estes valores,
actualmente o cadro está exposto no
Congreso dos Deputados.
Monumento
conmemorativo do
atentado na rúa Atocha
(Madrid)
3. España tras a morte de Franco
• Á morte de Franco presentábanse tres opcións diferentes na
política española:
• Dentro do franquismo se definían dúas posicións:
• Inmobilista: defendida polos sectores máis radicais do
franquismo, quería manter o autoritarismo.
• Aperturista: propugnada polos sectores máis evolucionistas do
franquismos, propuña unha reforma progresiva para chegar á
democracia.
• A oposición democrática antifranquista propugnaba unha
opción rupturista, que esixía de forma inmediata a amnistía
para os presos políticos, a legalización de todos os partidos
políticos e sindicatos e convocatoria de eleccións constituíntes.
• Xoan Carlos I na súa mensaxe de proclamación, deixou
entrever a súa vontade de promover un cambio político en
España.
Cerimonia de investidura do reí Xoán Carlos I
Celebrada nas Cortes en 1975
4. Consecuencias da crise
económica de 1973
• A crise económica de 1973, provocada polo aumento do
prezo do petróleo e das materias primas, chegou algo
máis tarde a España, pero deu paso a unha profunda
recesión económica en plena transición democrática.
• Os seus principais efectos, xa evidentes en 1975 foron un
alza continua dos prezos (inflación), un importante
crecemento do paro, un retroceso do turismo, que reduciu
a entrada de divisas, e unha diminución dos investimentos
estranxeiros.
• Todo isto afectou directamente o poder adquisitivo das
clases populares e medias. As dificultades económicas
unidas ás reivindicacións a favor do cambio político,
desencadearon protestas obreiras, manifestacións e
folgas por todo o país.
Evolución do
desemprego en España
(1964-1980)
Variación do IPC en España
(1963-1981)
Represión policial contra
unha mobilización
popular impulsada pola
oposición. Vitoria, marzo
de 1976
5. Demandas da Xunta Democrática
• A Xunta Democrática era un organismo de coordinación
da oposición antifranquista, fundada en 1974. As súas
demandas eran:
• Formación dun goberno provisional democrático.
• Amnistía política.
• Legalización dos partidos políticos e sindicatos.
• Dereito á folga e manifestación.
• Liberdade de prensa, radio, opinión e información.
• Independencia xudicial.
• Recoñecemento da personalidade política dos pobos
catalán, vasco e galego.
• Separación da Igrexa e o Estado.
6. Respaldos da ditadura no
contexto internacional
• A ditadura franquista non
contaba con apoios
internacionais significativos.
• Fora excluída da CEE e non
formaba parte da OTAN.
7. Xoán Carlos I nomea un novo
presidente do goberno
• Xoán Carlos I, proclamado tras a morte de Franco, forzou a
dimisión de Arias Navarro, político continuista que non estaba
disposto a realizar unha verdadeira reforma.
• O rei nomeou presidente do goberno a Adolfo Suárez,
partidario dunha reforma política pactada entre as distintas
forzas políticas.
• En novembro de 1976 apróbase a Lei para a Reforma Política.
• Esta lei permitiu o cambio do réxime autoritario de Franco ao
sistema democrático constitucional.
• Modificou as leis e institucións franquistas, estableceu a
soberanía popular e substituíu as Cortes franquistas por un
Congreso e Senado. Tamén posibilitou a legalización dos
partidos políticos e a celebración de eleccións democráticas.
• Todo isto dentro do marco da reforma e non da ruptura
democrática.
Arias Navarro como
presidente do goberno
dificultou o acceso cara a
democracia. O rei o
cesará o 1/VII/1976
1/VII/1976: o Rei nomea
como presidente do
goberno a Adolfo Suárez
que iniciará o proceso
da reforma política cara a
democracia
8. Lei para a Reforma Política
• Principal instrumento posto en marcha polo
goberno de Adolfo Suárez para facer efectiva a
transición dende unha ditadura a un sistema
democrático.
• A lei que propuña a creación dun Congreso e
un Senado elixidos por sufraxio universal foi
aprobada polas Cortes franquistas.
• Isto interprétase como o desmantelamento
legal do franquismo, e foi ratificado polos
españois en referendo en decembro de
1976.
Campaña instucional a
favor da Lei da Reforma
Política
Referendum 15/XII/1976
Vinto Tinto: Habla pueblo habla
9. Papel da oposición democrática
• Mantivo en todo o período un papel activo,
liderando as mobilizacións populares.
• Ante a iniciativa de Suárez, a maioría de
sectores buscaron o pacto co goberno para
favorecer unha legalización que lle permitira
xogar un papel no próximo futuro democrático.
• Imporase así a idea dunha ruptura pactada, é
dicir, un compromiso entre todas as forzas
políticas partidarias de instaurar a democracia
en España.
Genovés: El abrazo
Símbolo da transición
En abril de 1977
legalizouse o PCE
Propaganda electoral
Eleccións 1977
A transición (febreiro-xuño 1977) 13 capítulo
Propaganda electoral
Eleccións 1977
Propaganda electoral
Eleccións 1977
Propaganda electoral
Eleccións 1977
Resultado das primeiras
elección democráticas
(xuño 1977)
10. Primeiras eleccións
democráticas. Os gobernos da UCD
• As primeiras eleccións democráticas celebráronse o 15
de xuño de 1977.
• Os resultados déronlle a maioría á UCD de Adolfo Suárez;
o PSOE de Felipe González consolidouse como principal
partido da oposición.
• A unha maior distancia situáronse o PCE de Santiago
Carrillo e AP, presidida por Fraga. En Cataluña e País
Vasco, os partidos nacionalistas ocuparon un importante
espazo político.
• Os primeiros anos do restablecemento da democracia foron
de enormes dificultades e estiveron marcados por unha
política de consenso que consistía en chegar a acordos
entre as diferentes forzas políticas e sindicais.
• Puxéronse unha serie de medidas urxentes:
10. Primeiras medidas
• Nomear unha ponencia parlamentaria intregada polos
distintos partidos para redactar unha Constitución
democrática.
• Estimular a recuperación da economía mediante
medidas económicas, salariais e laborais acordadas
por partidos, sindicatos e organizacións patronais
(Pactos da Moncloa).
• Proceder a unha reforma fiscal progresiva para
incrementar os ingresos do Estado e afrontar así os
enormes gastos sociais.
• Decretar unha ampla amnistía para os presos
políticos.
10. Goberno da UCD e o seu desgaste
• A crise económica provocou un aumento do
malestar social cunha proliferación de folgas e
manifestacións.
• Por outro lado, a UCD tivo divisións internas e o
liderado de Adolfo Suárez foi cuestionado. Ademais,
en 1980, o PSOE presentou unha moción de censura
contra o goberno que non prosperou, aínda que fixo
evidente a súa debilidade.
• Ante esta situación, Suárez presentou a súa
dimisión e mentres se votaba nas Cortes a
investidura de Calvo Sotelo como novo presidente,
tivo lugar un intento de golpe de Estado que fracasou.
• O novo goberno non puido frear o desgaste de UCD e
convocáronse novas eleccións en 1982.
Soidade de Adolfo
Suárez no banco do
Goberno no
Congreso
Presentación do
discurso de
dimisión ante as
cámaras de TVE.
29-I-1981
Discurso de dimisión de Suárez
Intento de Golpe de Estado
23-II-1981
Intento de Golpe de Estado
23-II-1981
O ministro de Defensa Gutiérrez
Mellado intenta parar o golpe Imaxes do intento do Golpe de Estado
23-F. O capitán xeneral de
Valencia Milan del Bosch
saca os tanques á rúa
Tanques en Valencia
Intervención televisada na
madrugada do 24-2-1981
Informativos 24 de febreiro 1981
Manifestación a favor da
democracia 27-2-1981
Manifestación a favor da
democracia 27-2-1981
Manifestación a favor da
democracia 27-2-1981
Manifestación a favor da
democracia 27-2-1981
Claves do 23-F
11. Forzas opostas á consolidación da
democracia
• Mentres a maioría das forzas políticas e sindicais apostaban polo
consenso social, algúns sectores optaron pola violencia
(terrorismo) para obstaculizar a consolidación da democracia.
• Por un lado, os nostálxicos do franquismo, integrados pola
extrema dereita e algúns sectores militares crearon agrupacións
armadas e provocaron atentados para desestabilizar o sistema
(Guerrilleros de Cristo Rey, a Triple A ou o Batallón Vasco
Español).
• Por outro lado, a extrema esquerda consideraba insuficientes os
cambios e apostaba pola vía armada. A principal actividade
terrorista proviña de ETA, que realizou numerosos atentados cun
elevado número de vítimas. Por outro lado, pequenos grupos da
extrema esquerda: GRAPO, FRAP, Comandos Autónomos
Anticapitalistas, Terra Lliure tamén provocaron actos violentos e
secuentros.
Vítimas
mortais do
terrorismo
(1974-1982)
Características e principios
22-VIII-77: Comisión
parlamentaria (Pérez-Llorca,
Herrero de Miñón e Gabriel
Cisneros: UCD; Peces Barba:
PSOE; Jori Solé Tura: PCE,
Fraga: AP; Roca: PDC) para
redactar o borrador do
proxecto constitucional. Trala
súa presentación presentárose
1133 enmendas que foron
debatidas en comisión e pleno
o 31 de outubro de 1978
aprobouse a Constitución polo
de Congreso e Senado cos
seguintes resultados:
Ponentes do proxecto
constitucional
Manuel
Fraga
AP
Miguel
Roca
PDC
Gregorio
Peces
Barba
PSOE
Gabriel
Cisneros
UCD
Pérez
Llorca
UCD
Herrero
de Miñón
UCD
Jordi Solé
Tura
PCE
CONGRESO DOS DEPUTADOS
SÍ: 325 (94,2%) NON: 6 (1,8%) Abstencións: 13
(4,1%)
UCD
PSOE
PCE
Minoría catalana
8 de AP (Fraga entre
eles)
4 grupo mixto
5 de AP
1 de Euskadiko
Eskerra
8 PNV
1 (UCD)
3 (AP)
1 (ERC)
SENADO
SÍ: 226 (94,5%) NON: 5 (2,3%) Abstencións: 8
(3,3%)
Constitución 1978
Resultados do referendo
• Destaca da constitución:
• Consenso.
• Extensión. A máis extensa despois da de Cádiz.
• Ambigüidade e eclecticismo.
• Ríxida na reforma. 3/5 partes da Cámara e referendo.
• Progresista e democrática.
• Pouco orixinal.
• Estrutura tradicional. A Constitución está dividida en
dúas partes fundamentais:
• DOGMÁTICA: Dereitos e deberes dos cidadáns. Título
preliminar e I
• ORGÁNICA: División de poderes e estructura
organizativa do Estado español. (Oito títulos)
12. Trazos esenciais da Constitución de 1978
Características xerais
• En total a Constitución consta de 169 artigos (é unha constitución moi longa) máis
catro disposicións adicionais, nove transitorias, unha derogatoria e outra final. A
organización é a seguinte:
• Título Preliminar: Aspectos xenéricos e básicos da configuración de España.
9 artigos
• Título I: Dereitos e deberes fundamentais. (10-55) O máis longo dividido en cinco
cap. Dividido en dereitos civís (vida, integridade física, igualdade xurídica... Políticos
(expresión, reunión, asociación...) e Sociais Do 39-52 non son normas xurídicas
directamente aplicables, senón principios inspiradores e rectores que os distintos
gobernos deberían ter a obrigatoriedade de desenvolver (educación, vivenda,
sanidade, traballo...) é dicir os dereitos sociais.
• Título II: Coroa. (56-65)
• Título III: Cortes Xerais (poder lexislativo) (66-96) Tres capítulos.
• Título IV: Goberno e admon. (poder executivo) (97-107)
• Título V: Relacións entre o Goberno e Cortes xerais (108-116)
• Título VI: Poder xudicial. (117-127)
• Título VII: Economía e facenda (128-136)
• Título VIII: Organización territorial do Estado (137-158)
• Título IX: Tribunal Constitucional (159-165)
• Título X: Reforma Constitucional (166-169)
12. Trazos esenciais da Constitución de 1978
Estrutura
12. Trazos esenciais da Constitución de 1978
• Establece que España se define como un Estado social e
democrático de dereito, cuxa forma política é a monarquía
parlamentaria. A soberanía reside no pobo, que por sufraxio
universal a delega nos seus representantes.
• Garántese os dereitos e deberes dos cidadáns, que son iguais
ante a lei. Ampara os de tipo civil e esixe aos poderes públicos
que desenvolva aqueles de tipo social.
• Tamén regula o funcionamento do Estado e as súas institucións.
• Recoñece a existencia de nacionalidades e rexións en España
que poden constituírse en Comunidades Autónomas.
• Establece a división de poderes, exercidos polas Cortes
bicamerais (poder lexislativo), o goberno (poder executivo) e os
tribunais independentes (poder xudicial).
• Para garantir o correcto desenvolvemento constitucional crea o
Tribunal Constitucional e a figura do Defensor do Pobo.
13. Organización do sistema político español
• A Constitución de 1978 define ao Estado español como
unha monarquía parlamentaria na que o Xefe do Estado
é o Rei, cargo honorífico e hereditario. Ademais
establece a división de poderes:
• Poder executivo é exercido polo Goberno central, a
través do Presidente e os Ministros, e dos Gobernos
autonómicos, que contan con Presidente e Conselleiros.
• Poder lexislativo está en mans da Cortes Xerais
formadas polo Congreso dos Deputados e o Senado; e
polos Parlamentos autonómicos.
• Poder xudicial desempéñao o Consello Xeral do Poder
Xudicial e Tribunal Constitucional, encargado de velar
pola suxección á Constitución das leis e actuacións dos
poderes do Estado.
Estrutura orgánica de
España segundo a
Constitución de 1978
14. A organización territorial de España
• Establece que España é un estado
unitario, pero recoñece o dereito á
autonomía das nacionalidades e rexións.
• Poden constituírse en autonomías as
provincias limítrofes con características
comúns de tipo histórico, cultural e
económico.
• A Constitución permitiu desenvolver as 17
Comunidades Autónomas, todas elas
reguladas polos seus estatutos.
Novo mapa
autonómico
15. As mobilizacións sociais axudaron a
consolidar a democracia
• As mobilizacións sociais, organizadas
polos partidos, os sindicatos, o
movemento estudiantil e diferentes
asociacións foron constantes durante a
década de 1970.
• Todas elas apoiaban, ademais das
reivindicacións propias de cada colectivo,
as demandas de liberdades públicas e a
instauración da democracia.
• Foron un factor fundamental na chegada e
consolidación da democracia.
1976 manifestación contra a carestía da vida que se transformou
nunha manifestación a favor da liberdade de e a amnistía.
Conflitividad
e laboral e
social
1976
16. Papel da Igrexa durante a transición
• Dende a década de 1960, tras o Concilio Vaticano II,
no seo da Igrexa española existía unha forte
corrente crítica contra o franquismo.
• Na década de 1970, os sectores católicos máis
ligados ao movemento obreiro e á oposición
democrática colaboraron e animaron moitas
actividades e mobilizacións de protesta social.
• Dende 1971, o cardenal Tarancón, presidente da
Conferencia Episcopal, impulsou unha política de
apoio á democratización do país e á reconciliación
entre os bandos enfrontados durante a Guerra Civil,
que lle valeu o odio dos sectores máis inmobilistas
do réxime.
O presidente da Conferencia Episcopal, Tarancón
foi un claro defensor da transición cara a democracia
17. As organizacións feministas durante a Transición
• A condición das mulleres foi especialmente
reprimida baixo o franquismo.
• Co establecemento da democracia, o
movemento feminista puido organizarse e
iniciar unha forte mobilización en defensa dos
dereitos das mulleres.
• As súas principais reivindicacións
centrábanse no divorcio, o aborto, a
igualdade laboral ou a violencia de xénero.
O feminismo foi
protagonista da
Transición
18. Papel das asociacións cívicas
• A reivindicación de melloras nas condicións de vida e de
aumento da igualdade producíase de forma inseparable
ao proceso de recuperación da democracia.
• Estas demandas estaban protagonizadas por numerosas
entidades de carácter cívico, como os colexios
profesionais, que se mobilizaron para ofrecer
asesoramento legal, ou para promover cambios
urbanísticos; as asocacións cívicas de carácter diverso
(estudantes, pais e nais...) que organizaban a poboación
en defensa dos seus dereitos; ou as asociacións de
veciños, moi activas na reivindicación de escolas,
servizos, transportes e equipamentos básicos dos que
carecían a maioría dos barrios menos favorecidos.
19. Eleccións de 1982: novo mapa electoral
• As eleccións de 1982 supuxeron un cambio
respecto ás forzas da transición:
• O PSOE gañou por maioría absoluta.
• UCD foi desaparecendo e Alianza Popular
(convertida máis tarde en Partido Popular)
consolidouse como a primeira forza da oposición.
• O PCE sufriu un descenso electoral e nel xurdiron
discrepancias internas que culminaron, coa creación
en 1986, de Izquierda Unida.
• A partir desta data foise consolidando un modelo
bipartidista no que se alternaron o PSOE e o PP.
Cartel electoral do PSOE
Eleccións 1982
20. Os gobernos do PSOE (1982-1996)
• O PSOE chegou ao poder en 1982 co lema: Polo cambio.
• As principais liñas de actuación dos gobernos socialistas
concretáronse nun programa de reformas que tiña por
prioridade a recuperación da economía, a extensión dos
servizos sociais e ingreso de España na CEE, que se
produciu en 1985.
• Durante os primeiros anos predominou a loita contra a
inflación e levouse a cabo unha profunda reconversión
industrial. Para reducir os efectos sociais desta política que
chegou a provocar varias folgas xerais, incrementáronse os
servizos públicos e as prestacións sociais e deúselles un
grande impulso ás obras públicas.
• En política interior, aprobouse a nova lei de ensino que
ampliaba a obrigatoriedade ata os 16 anos, realizáronse
profundas reformas do exército e iniciouse unha política
antiterrorista, sobre todo contra ETA.
20. Os gobernos do PSOE (1982-1996)
• Nos últimos anos, o goberno socialista
amosou síntomas de desgaste debido ao
empeoramento da situación
económica. Ademais, o estalido de
escándalos políticos, como o dos GAL, e
o xurdimento de casos de corrupción,
debilitaron enormemente o goberno.
• Ante esta situación convocáronse
eleccións anticipadas en 1996, que gañou
o Partido Popular.
21. Os gobernos do PP (1996-2004)
• O PP gobernou durante dúas lexislaturas. Na primeira
delas os seus esforzos orientáronse á redución do déficit
do Estado, mediante unha política de privatización de
empresas públicas, e á diminución do paro. A mellora da
situación económica permitiu a entra de España no euro.
• Na segunda lexislatura, con maioría absoluta,
reformáronse algunhas leis do período socialista,
relacionadas coa ensinanza, o mundo laboral, a chegada
de inmigrantes e a loita antiterrorista. En política exterior,
propiciouse o achegamento aos EEUU, que supuxo o
apoio á intervención militar en Irak en 2003, que non
contaba co apoio da ONU. Este feito provocou unha
ondada de manifestacións contra a decisión do goberno.
Cartel electoral do PP
Eleccións 2000
22. Alternancia no goberno no 2004: o PSOE
presidido por Zapatero volve a gobernar
• O 11 de marzo de 2004, o radicalismo islámico
produciu un terrible atentado nos trens de
proximidades de Madrid, que provocou 193 mortos e
centos de feridos.
• En medio dunha enorme conmoción social, tres días
depois o PSOE gaña as eleccións.
• Na primeira lexislatura (2004-2008) leváronse a
cabo numerosas reformas: retiradas das tropas de
Irak, nova lexislación de carácter social (igualdade
entre homes e mulleres, matrimonio entre persoas
do mesmo xénero, ampliación de axudas á
dependencia...) e iniciouse un proceso de revisión
de varios estatutos de autonomía.
2002: afundimento do Prestige
2002: manifestación en Santiago
Fronte a parálise do Goberno
2002: consecuencias do Prestige
2003: manifestación contra a
intervención na guerra de Irak
2003: manifestación contra a
intervención na guerra de Irak
11-3-2004: Atentado islamista
en Madrid
Monumento ás vítimas do
terrorismo 11-M
Estación de Atocha (Madrid)
22.b. Alternancia no goberno no 2004: o PSOE
presidido por Zapatero volve a gobernar
• A segunda lexislatura (2008-2011) viuse
afectada pola crise económica mundial, que
en España se traduciu nun grande
incremento do paro, un estancamento da
produción industrial e da construción, unha
crise xeralizada do sector financeiro e un
grande aumento da débeda pública.
• Censurado pola súa actuación fronte á crise,
o goberno convocou anticipadamente
eleccións para novembro de 2011, que
gañaría, con maioría absoluta, o PP.
José Luis Rodríguez Zapatero
(PSOE)
Presidente do Goberno (2004-2011)
23. Evolución económica na Transición
• A partir de 1986, España experimentou un crecemento
económico anual superior á media comunitaria e reduciu
as distancias dos países máis desenvoltos. O seu PIB
aumentou de forma considerable e a economía coñeceu
un proceso de crecente terciarización.
• A pesar do crecemento, a economía española continuou
mantendo algúns problemas estruturais: déficitit da
balanza comercial, produtividade industrial baixa, retraso
da innovación tecnolóxica.
• Ademais, o crecemento a partir do ano 2000 apoiouse
excesivamente no sector inmobiliario. Cando a partir de
2008 se produciu a crise mundial, a economía española
resentiuse gravemente.
A converxencia coa UE
24. Evolución demográfica
• Nas últimas décadas España experimenta un
descenso da taxa de natalidade e un retraso na
idade de reprodución. Estas circunstancias
unidas ao incremento da esperanza de vida
provocan o envellecemento da poboación.
• Este envellecemento viuse compensado pola
chegada a España nos últimos anos de 4 millóns
de persoas en busca de traballo. Este
crecemento viuse freado pola redución da
inmigración, e incluso o retorno de parte dela
aos seus países de orixe, debido aos efectos da
crise de 2008.
A poboación e o crecemento
vexetativo en España
25. Os cambios sociais
• O incremento da renda supuxo un
aumento do consumo e, polo tanto, novos
hábitos, utilizamos o coche, a informática,
viaxamos...
• Esta nova sociedade trouxo un cambio na
estrutura familiar, evolucionouse cara
familias moparentais, diversidade de
familias.
• Produciuse unha secularización social, a
Igrexa perdeu influencia.
26. España na OTAN
• España baixo o goberno da UCD presidido por Calvo
Sotelo pide a súa adhesión á OTAN. A integración
prodúcese en maio de 1982, a pesar da oposición dos
partidos de esquerda.
• Durante a campaña electoral de 1982 o PSOE contraeu
o compromiso de convocar un referendo.
• Unha vez no goberno, o PSOE experimentou unha
transformación nas súas propostas de política de
defensa.
• A permanencia na Alianza Atlántica formularase como
necesaria.
• Felipe González vese obrigado a cumprir as súas
promesas electorais e convocará un referendo gañando
o sí á permanencia.
Campaña do PSOE
1981
Campaña do PSOE
1986
Propaganda do comité
Anti OTAN. Referendum 1986
Resultados
Participación: 59,4%
Sí: 52,5%
Non: 39,8%
Branco: 6,5%
Fragata Numancia (F 83)
Participando na guerra do Golfo
(1990-1991)
Marta Sánchez actuando na fragata no golfo Pérsico
27. España na CEE
• Ingresa en 1986.
• Tivo que facer unha profunda
restruturación da economía, da lexislación
para adecuarse aos países europeos.
• As reformas foron as seguintes:
reconversión industrial, establecemento de
cotas de produción agropecuaria,
descenso de inflación e diminución do
déficit público, reforma fiscal, investimento
en políticas sociais...
Firma acta de adhesión á
Comunidade Europea
(futura UE)
28. O proceso autonómico galego
• Iniciouse en 1977 coa creación
dun ente preautonómico da
primeira Xunta de Galicia.
• O Estatuto de Galicia
redactouse entre 1978 e 1979
e aprobouse e consultouse ao
pobo en 1980.
1977: manifestación a
favor da autonomía de
Galicia

More Related Content

What's hot

Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónicaUnidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónicaAgrela Elvixeo
 
Tema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXTema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXrubempaul
 
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo RéximeUnidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo RéximeAgrela Elvixeo
 
Tema 2 As revolucións burguesas
Tema 2 As revolucións burguesasTema 2 As revolucións burguesas
Tema 2 As revolucións burguesasrubempaul
 
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismoTema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismorubempaul
 
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. rubempaul
 
Tema 4 Estado burgués e imperialismo
Tema 4 Estado burgués e imperialismoTema 4 Estado burgués e imperialismo
Tema 4 Estado burgués e imperialismorubempaul
 
Unidade 9. España no franquismo
Unidade 9. España no franquismoUnidade 9. España no franquismo
Unidade 9. España no franquismoAgrela Elvixeo
 
Tema 1: O século XVIII: a crise do antigo réxime
Tema 1: O século XVIII: a crise do antigo réximeTema 1: O século XVIII: a crise do antigo réxime
Tema 1: O século XVIII: a crise do antigo réximeAntía Sanmarco
 
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismoTema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismorubempaul
 
Unidade 8. II República
Unidade 8. II RepúblicaUnidade 8. II República
Unidade 8. II RepúblicaAgrela Elvixeo
 
O século XVIII. A crise do Antigo Réxime
O século XVIII. A crise do Antigo RéximeO século XVIII. A crise do Antigo Réxime
O século XVIII. A crise do Antigo RéximeAgrela Elvixeo
 
Tema 5 O mundo entre guerras
Tema 5 O mundo entre guerrasTema 5 O mundo entre guerras
Tema 5 O mundo entre guerrasrubempaul
 
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)rubempaul
 
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)rubempaul
 
O Ascenso dos Totalitarismos
O Ascenso dos TotalitarismosO Ascenso dos Totalitarismos
O Ascenso dos TotalitarismosDudas-Historia
 
República e ditadura en España
República e ditadura en EspañaRepública e ditadura en España
República e ditadura en Españarubempaul
 

What's hot (20)

Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónicaUnidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
 
Tema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXTema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIX
 
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo RéximeUnidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
 
Tema 2 As revolucións burguesas
Tema 2 As revolucións burguesasTema 2 As revolucións burguesas
Tema 2 As revolucións burguesas
 
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismoTema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
 
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
 
Tema 4 Estado burgués e imperialismo
Tema 4 Estado burgués e imperialismoTema 4 Estado burgués e imperialismo
Tema 4 Estado burgués e imperialismo
 
Unidade 9. España no franquismo
Unidade 9. España no franquismoUnidade 9. España no franquismo
Unidade 9. España no franquismo
 
2ª Guerra Mundial
2ª Guerra Mundial2ª Guerra Mundial
2ª Guerra Mundial
 
Tema 1: O século XVIII: a crise do antigo réxime
Tema 1: O século XVIII: a crise do antigo réximeTema 1: O século XVIII: a crise do antigo réxime
Tema 1: O século XVIII: a crise do antigo réxime
 
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismoTema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo
 
A Revolución Rusa
A Revolución RusaA Revolución Rusa
A Revolución Rusa
 
Unidade 8. II República
Unidade 8. II RepúblicaUnidade 8. II República
Unidade 8. II República
 
O século XVIII. A crise do Antigo Réxime
O século XVIII. A crise do Antigo RéximeO século XVIII. A crise do Antigo Réxime
O século XVIII. A crise do Antigo Réxime
 
Tema 5 O mundo entre guerras
Tema 5 O mundo entre guerrasTema 5 O mundo entre guerras
Tema 5 O mundo entre guerras
 
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
 
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
 
O Ascenso dos Totalitarismos
O Ascenso dos TotalitarismosO Ascenso dos Totalitarismos
O Ascenso dos Totalitarismos
 
Tema 9. O Franquismo
Tema 9. O FranquismoTema 9. O Franquismo
Tema 9. O Franquismo
 
República e ditadura en España
República e ditadura en EspañaRepública e ditadura en España
República e ditadura en España
 

Similar to Transición e democracia en España

Similar to Transición e democracia en España (20)

Transición á Democracia
Transición á DemocraciaTransición á Democracia
Transición á Democracia
 
TRANSICIÓN E CONSOLIDACIÓN DA DEMOCRACIA
TRANSICIÓN E CONSOLIDACIÓN DA DEMOCRACIATRANSICIÓN E CONSOLIDACIÓN DA DEMOCRACIA
TRANSICIÓN E CONSOLIDACIÓN DA DEMOCRACIA
 
Transición e democracia
Transición e democraciaTransición e democracia
Transición e democracia
 
Transición e democracia
Transición e democraciaTransición e democracia
Transición e democracia
 
Tema13
Tema13 Tema13
Tema13
 
Tema 13
Tema  13Tema  13
Tema 13
 
Tema 13.
Tema 13.Tema 13.
Tema 13.
 
TEMA 13
TEMA 13TEMA 13
TEMA 13
 
4. As RevolucióNs Liberais.
4. As RevolucióNs Liberais.4. As RevolucióNs Liberais.
4. As RevolucióNs Liberais.
 
Tema 12
Tema 12 Tema 12
Tema 12
 
Tema 12
Tema 12Tema 12
Tema 12
 
Esquema Unidade 3
Esquema Unidade 3Esquema Unidade 3
Esquema Unidade 3
 
Tema 2
Tema 2Tema 2
Tema 2
 
Tema12 140531040013-phpapp02
Tema12 140531040013-phpapp02Tema12 140531040013-phpapp02
Tema12 140531040013-phpapp02
 
Segundo franquismo (1959-1975)
Segundo franquismo (1959-1975)Segundo franquismo (1959-1975)
Segundo franquismo (1959-1975)
 
Nuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointNuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power point
 
6º EP: idade contemporánea
6º EP:  idade contemporánea6º EP:  idade contemporánea
6º EP: idade contemporánea
 
Transición e democracia en españa
Transición e democracia en españaTransición e democracia en españa
Transición e democracia en españa
 
Tema10
Tema10Tema10
Tema10
 
Tema10
Tema10Tema10
Tema10
 

More from Agrela Elvixeo

Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaAgrela Elvixeo
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaAgrela Elvixeo
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaAgrela Elvixeo
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAgrela Elvixeo
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEAgrela Elvixeo
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaAgrela Elvixeo
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaAgrela Elvixeo
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Agrela Elvixeo
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Agrela Elvixeo
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de CecebreAgrela Elvixeo
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxAgrela Elvixeo
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916Agrela Elvixeo
 
Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Agrela Elvixeo
 

More from Agrela Elvixeo (20)

Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
 
60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx
 
Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)
 

Transición e democracia en España

  • 1. Transición de democracia en España Juan Genovés: A aperta, 1976
  • 2. Eixe cronolóxico Transición e democracia en España 1. Observa o eixe. Etapas
  • 3. 1. Observa o eixe. Etapas • España é unha democracia a partir da celebración, en 1977, das primeiras eleccións democráticas tras corenta anos de franquismo. • Adóitase considerar o triunfo do PSOE en 1982 como o momento no que a democracia queda asentada en España ao producirse a alternancia política. • Os partidos políticos que dende 1977 formaron gobernos democráticos foron tres: UCD, PSOE e PP. • Feitos máis destacables: promulgación da Constitución de 1978; intento de golpe de Estado de 1981; ingreso na CEE e na OTAN.
  • 4. 2. O abrazo de Juan Genovés • É unha das iconas da transición española. • A pintura foi utilizada pola Xunta Democrática como cartel en favor da amnistía, a consecuencia do cal o autor foi detido. • A obra amosa o anhelo colectivo de liberdade e amnistía e a vontade construír un país democrático. Por representar estes valores, actualmente o cadro está exposto no Congreso dos Deputados.
  • 6. 3. España tras a morte de Franco • Á morte de Franco presentábanse tres opcións diferentes na política española: • Dentro do franquismo se definían dúas posicións: • Inmobilista: defendida polos sectores máis radicais do franquismo, quería manter o autoritarismo. • Aperturista: propugnada polos sectores máis evolucionistas do franquismos, propuña unha reforma progresiva para chegar á democracia. • A oposición democrática antifranquista propugnaba unha opción rupturista, que esixía de forma inmediata a amnistía para os presos políticos, a legalización de todos os partidos políticos e sindicatos e convocatoria de eleccións constituíntes. • Xoan Carlos I na súa mensaxe de proclamación, deixou entrever a súa vontade de promover un cambio político en España.
  • 7. Cerimonia de investidura do reí Xoán Carlos I Celebrada nas Cortes en 1975
  • 8. 4. Consecuencias da crise económica de 1973 • A crise económica de 1973, provocada polo aumento do prezo do petróleo e das materias primas, chegou algo máis tarde a España, pero deu paso a unha profunda recesión económica en plena transición democrática. • Os seus principais efectos, xa evidentes en 1975 foron un alza continua dos prezos (inflación), un importante crecemento do paro, un retroceso do turismo, que reduciu a entrada de divisas, e unha diminución dos investimentos estranxeiros. • Todo isto afectou directamente o poder adquisitivo das clases populares e medias. As dificultades económicas unidas ás reivindicacións a favor do cambio político, desencadearon protestas obreiras, manifestacións e folgas por todo o país.
  • 9. Evolución do desemprego en España (1964-1980)
  • 10. Variación do IPC en España (1963-1981)
  • 11. Represión policial contra unha mobilización popular impulsada pola oposición. Vitoria, marzo de 1976
  • 12. 5. Demandas da Xunta Democrática • A Xunta Democrática era un organismo de coordinación da oposición antifranquista, fundada en 1974. As súas demandas eran: • Formación dun goberno provisional democrático. • Amnistía política. • Legalización dos partidos políticos e sindicatos. • Dereito á folga e manifestación. • Liberdade de prensa, radio, opinión e información. • Independencia xudicial. • Recoñecemento da personalidade política dos pobos catalán, vasco e galego. • Separación da Igrexa e o Estado.
  • 13. 6. Respaldos da ditadura no contexto internacional • A ditadura franquista non contaba con apoios internacionais significativos. • Fora excluída da CEE e non formaba parte da OTAN.
  • 14. 7. Xoán Carlos I nomea un novo presidente do goberno • Xoán Carlos I, proclamado tras a morte de Franco, forzou a dimisión de Arias Navarro, político continuista que non estaba disposto a realizar unha verdadeira reforma. • O rei nomeou presidente do goberno a Adolfo Suárez, partidario dunha reforma política pactada entre as distintas forzas políticas. • En novembro de 1976 apróbase a Lei para a Reforma Política. • Esta lei permitiu o cambio do réxime autoritario de Franco ao sistema democrático constitucional. • Modificou as leis e institucións franquistas, estableceu a soberanía popular e substituíu as Cortes franquistas por un Congreso e Senado. Tamén posibilitou a legalización dos partidos políticos e a celebración de eleccións democráticas. • Todo isto dentro do marco da reforma e non da ruptura democrática.
  • 15. Arias Navarro como presidente do goberno dificultou o acceso cara a democracia. O rei o cesará o 1/VII/1976
  • 16. 1/VII/1976: o Rei nomea como presidente do goberno a Adolfo Suárez que iniciará o proceso da reforma política cara a democracia
  • 17. 8. Lei para a Reforma Política • Principal instrumento posto en marcha polo goberno de Adolfo Suárez para facer efectiva a transición dende unha ditadura a un sistema democrático. • A lei que propuña a creación dun Congreso e un Senado elixidos por sufraxio universal foi aprobada polas Cortes franquistas. • Isto interprétase como o desmantelamento legal do franquismo, e foi ratificado polos españois en referendo en decembro de 1976.
  • 18. Campaña instucional a favor da Lei da Reforma Política Referendum 15/XII/1976 Vinto Tinto: Habla pueblo habla
  • 19. 9. Papel da oposición democrática • Mantivo en todo o período un papel activo, liderando as mobilizacións populares. • Ante a iniciativa de Suárez, a maioría de sectores buscaron o pacto co goberno para favorecer unha legalización que lle permitira xogar un papel no próximo futuro democrático. • Imporase así a idea dunha ruptura pactada, é dicir, un compromiso entre todas as forzas políticas partidarias de instaurar a democracia en España.
  • 21. En abril de 1977 legalizouse o PCE
  • 22. Propaganda electoral Eleccións 1977 A transición (febreiro-xuño 1977) 13 capítulo
  • 26. Resultado das primeiras elección democráticas (xuño 1977)
  • 27. 10. Primeiras eleccións democráticas. Os gobernos da UCD • As primeiras eleccións democráticas celebráronse o 15 de xuño de 1977. • Os resultados déronlle a maioría á UCD de Adolfo Suárez; o PSOE de Felipe González consolidouse como principal partido da oposición. • A unha maior distancia situáronse o PCE de Santiago Carrillo e AP, presidida por Fraga. En Cataluña e País Vasco, os partidos nacionalistas ocuparon un importante espazo político. • Os primeiros anos do restablecemento da democracia foron de enormes dificultades e estiveron marcados por unha política de consenso que consistía en chegar a acordos entre as diferentes forzas políticas e sindicais. • Puxéronse unha serie de medidas urxentes:
  • 28. 10. Primeiras medidas • Nomear unha ponencia parlamentaria intregada polos distintos partidos para redactar unha Constitución democrática. • Estimular a recuperación da economía mediante medidas económicas, salariais e laborais acordadas por partidos, sindicatos e organizacións patronais (Pactos da Moncloa). • Proceder a unha reforma fiscal progresiva para incrementar os ingresos do Estado e afrontar así os enormes gastos sociais. • Decretar unha ampla amnistía para os presos políticos.
  • 29. 10. Goberno da UCD e o seu desgaste • A crise económica provocou un aumento do malestar social cunha proliferación de folgas e manifestacións. • Por outro lado, a UCD tivo divisións internas e o liderado de Adolfo Suárez foi cuestionado. Ademais, en 1980, o PSOE presentou unha moción de censura contra o goberno que non prosperou, aínda que fixo evidente a súa debilidade. • Ante esta situación, Suárez presentou a súa dimisión e mentres se votaba nas Cortes a investidura de Calvo Sotelo como novo presidente, tivo lugar un intento de golpe de Estado que fracasou. • O novo goberno non puido frear o desgaste de UCD e convocáronse novas eleccións en 1982.
  • 30. Soidade de Adolfo Suárez no banco do Goberno no Congreso
  • 31. Presentación do discurso de dimisión ante as cámaras de TVE. 29-I-1981 Discurso de dimisión de Suárez
  • 32. Intento de Golpe de Estado 23-II-1981
  • 33. Intento de Golpe de Estado 23-II-1981 O ministro de Defensa Gutiérrez Mellado intenta parar o golpe Imaxes do intento do Golpe de Estado
  • 34. 23-F. O capitán xeneral de Valencia Milan del Bosch saca os tanques á rúa Tanques en Valencia
  • 35. Intervención televisada na madrugada do 24-2-1981 Informativos 24 de febreiro 1981
  • 36. Manifestación a favor da democracia 27-2-1981
  • 37. Manifestación a favor da democracia 27-2-1981
  • 38. Manifestación a favor da democracia 27-2-1981
  • 39. Manifestación a favor da democracia 27-2-1981 Claves do 23-F
  • 40. 11. Forzas opostas á consolidación da democracia • Mentres a maioría das forzas políticas e sindicais apostaban polo consenso social, algúns sectores optaron pola violencia (terrorismo) para obstaculizar a consolidación da democracia. • Por un lado, os nostálxicos do franquismo, integrados pola extrema dereita e algúns sectores militares crearon agrupacións armadas e provocaron atentados para desestabilizar o sistema (Guerrilleros de Cristo Rey, a Triple A ou o Batallón Vasco Español). • Por outro lado, a extrema esquerda consideraba insuficientes os cambios e apostaba pola vía armada. A principal actividade terrorista proviña de ETA, que realizou numerosos atentados cun elevado número de vítimas. Por outro lado, pequenos grupos da extrema esquerda: GRAPO, FRAP, Comandos Autónomos Anticapitalistas, Terra Lliure tamén provocaron actos violentos e secuentros.
  • 42. Características e principios 22-VIII-77: Comisión parlamentaria (Pérez-Llorca, Herrero de Miñón e Gabriel Cisneros: UCD; Peces Barba: PSOE; Jori Solé Tura: PCE, Fraga: AP; Roca: PDC) para redactar o borrador do proxecto constitucional. Trala súa presentación presentárose 1133 enmendas que foron debatidas en comisión e pleno o 31 de outubro de 1978 aprobouse a Constitución polo de Congreso e Senado cos seguintes resultados:
  • 44. CONGRESO DOS DEPUTADOS SÍ: 325 (94,2%) NON: 6 (1,8%) Abstencións: 13 (4,1%) UCD PSOE PCE Minoría catalana 8 de AP (Fraga entre eles) 4 grupo mixto 5 de AP 1 de Euskadiko Eskerra 8 PNV 1 (UCD) 3 (AP) 1 (ERC) SENADO SÍ: 226 (94,5%) NON: 5 (2,3%) Abstencións: 8 (3,3%)
  • 46. • Destaca da constitución: • Consenso. • Extensión. A máis extensa despois da de Cádiz. • Ambigüidade e eclecticismo. • Ríxida na reforma. 3/5 partes da Cámara e referendo. • Progresista e democrática. • Pouco orixinal. • Estrutura tradicional. A Constitución está dividida en dúas partes fundamentais: • DOGMÁTICA: Dereitos e deberes dos cidadáns. Título preliminar e I • ORGÁNICA: División de poderes e estructura organizativa do Estado español. (Oito títulos) 12. Trazos esenciais da Constitución de 1978 Características xerais
  • 47. • En total a Constitución consta de 169 artigos (é unha constitución moi longa) máis catro disposicións adicionais, nove transitorias, unha derogatoria e outra final. A organización é a seguinte: • Título Preliminar: Aspectos xenéricos e básicos da configuración de España. 9 artigos • Título I: Dereitos e deberes fundamentais. (10-55) O máis longo dividido en cinco cap. Dividido en dereitos civís (vida, integridade física, igualdade xurídica... Políticos (expresión, reunión, asociación...) e Sociais Do 39-52 non son normas xurídicas directamente aplicables, senón principios inspiradores e rectores que os distintos gobernos deberían ter a obrigatoriedade de desenvolver (educación, vivenda, sanidade, traballo...) é dicir os dereitos sociais. • Título II: Coroa. (56-65) • Título III: Cortes Xerais (poder lexislativo) (66-96) Tres capítulos. • Título IV: Goberno e admon. (poder executivo) (97-107) • Título V: Relacións entre o Goberno e Cortes xerais (108-116) • Título VI: Poder xudicial. (117-127) • Título VII: Economía e facenda (128-136) • Título VIII: Organización territorial do Estado (137-158) • Título IX: Tribunal Constitucional (159-165) • Título X: Reforma Constitucional (166-169) 12. Trazos esenciais da Constitución de 1978 Estrutura
  • 48. 12. Trazos esenciais da Constitución de 1978 • Establece que España se define como un Estado social e democrático de dereito, cuxa forma política é a monarquía parlamentaria. A soberanía reside no pobo, que por sufraxio universal a delega nos seus representantes. • Garántese os dereitos e deberes dos cidadáns, que son iguais ante a lei. Ampara os de tipo civil e esixe aos poderes públicos que desenvolva aqueles de tipo social. • Tamén regula o funcionamento do Estado e as súas institucións. • Recoñece a existencia de nacionalidades e rexións en España que poden constituírse en Comunidades Autónomas. • Establece a división de poderes, exercidos polas Cortes bicamerais (poder lexislativo), o goberno (poder executivo) e os tribunais independentes (poder xudicial). • Para garantir o correcto desenvolvemento constitucional crea o Tribunal Constitucional e a figura do Defensor do Pobo.
  • 49. 13. Organización do sistema político español • A Constitución de 1978 define ao Estado español como unha monarquía parlamentaria na que o Xefe do Estado é o Rei, cargo honorífico e hereditario. Ademais establece a división de poderes: • Poder executivo é exercido polo Goberno central, a través do Presidente e os Ministros, e dos Gobernos autonómicos, que contan con Presidente e Conselleiros. • Poder lexislativo está en mans da Cortes Xerais formadas polo Congreso dos Deputados e o Senado; e polos Parlamentos autonómicos. • Poder xudicial desempéñao o Consello Xeral do Poder Xudicial e Tribunal Constitucional, encargado de velar pola suxección á Constitución das leis e actuacións dos poderes do Estado.
  • 50. Estrutura orgánica de España segundo a Constitución de 1978
  • 51. 14. A organización territorial de España • Establece que España é un estado unitario, pero recoñece o dereito á autonomía das nacionalidades e rexións. • Poden constituírse en autonomías as provincias limítrofes con características comúns de tipo histórico, cultural e económico. • A Constitución permitiu desenvolver as 17 Comunidades Autónomas, todas elas reguladas polos seus estatutos.
  • 53. 15. As mobilizacións sociais axudaron a consolidar a democracia • As mobilizacións sociais, organizadas polos partidos, os sindicatos, o movemento estudiantil e diferentes asociacións foron constantes durante a década de 1970. • Todas elas apoiaban, ademais das reivindicacións propias de cada colectivo, as demandas de liberdades públicas e a instauración da democracia. • Foron un factor fundamental na chegada e consolidación da democracia.
  • 54. 1976 manifestación contra a carestía da vida que se transformou nunha manifestación a favor da liberdade de e a amnistía.
  • 56. 16. Papel da Igrexa durante a transición • Dende a década de 1960, tras o Concilio Vaticano II, no seo da Igrexa española existía unha forte corrente crítica contra o franquismo. • Na década de 1970, os sectores católicos máis ligados ao movemento obreiro e á oposición democrática colaboraron e animaron moitas actividades e mobilizacións de protesta social. • Dende 1971, o cardenal Tarancón, presidente da Conferencia Episcopal, impulsou unha política de apoio á democratización do país e á reconciliación entre os bandos enfrontados durante a Guerra Civil, que lle valeu o odio dos sectores máis inmobilistas do réxime.
  • 57. O presidente da Conferencia Episcopal, Tarancón foi un claro defensor da transición cara a democracia
  • 58. 17. As organizacións feministas durante a Transición • A condición das mulleres foi especialmente reprimida baixo o franquismo. • Co establecemento da democracia, o movemento feminista puido organizarse e iniciar unha forte mobilización en defensa dos dereitos das mulleres. • As súas principais reivindicacións centrábanse no divorcio, o aborto, a igualdade laboral ou a violencia de xénero.
  • 60. 18. Papel das asociacións cívicas • A reivindicación de melloras nas condicións de vida e de aumento da igualdade producíase de forma inseparable ao proceso de recuperación da democracia. • Estas demandas estaban protagonizadas por numerosas entidades de carácter cívico, como os colexios profesionais, que se mobilizaron para ofrecer asesoramento legal, ou para promover cambios urbanísticos; as asocacións cívicas de carácter diverso (estudantes, pais e nais...) que organizaban a poboación en defensa dos seus dereitos; ou as asociacións de veciños, moi activas na reivindicación de escolas, servizos, transportes e equipamentos básicos dos que carecían a maioría dos barrios menos favorecidos.
  • 61. 19. Eleccións de 1982: novo mapa electoral • As eleccións de 1982 supuxeron un cambio respecto ás forzas da transición: • O PSOE gañou por maioría absoluta. • UCD foi desaparecendo e Alianza Popular (convertida máis tarde en Partido Popular) consolidouse como a primeira forza da oposición. • O PCE sufriu un descenso electoral e nel xurdiron discrepancias internas que culminaron, coa creación en 1986, de Izquierda Unida. • A partir desta data foise consolidando un modelo bipartidista no que se alternaron o PSOE e o PP.
  • 62. Cartel electoral do PSOE Eleccións 1982
  • 63. 20. Os gobernos do PSOE (1982-1996) • O PSOE chegou ao poder en 1982 co lema: Polo cambio. • As principais liñas de actuación dos gobernos socialistas concretáronse nun programa de reformas que tiña por prioridade a recuperación da economía, a extensión dos servizos sociais e ingreso de España na CEE, que se produciu en 1985. • Durante os primeiros anos predominou a loita contra a inflación e levouse a cabo unha profunda reconversión industrial. Para reducir os efectos sociais desta política que chegou a provocar varias folgas xerais, incrementáronse os servizos públicos e as prestacións sociais e deúselles un grande impulso ás obras públicas. • En política interior, aprobouse a nova lei de ensino que ampliaba a obrigatoriedade ata os 16 anos, realizáronse profundas reformas do exército e iniciouse unha política antiterrorista, sobre todo contra ETA.
  • 64. 20. Os gobernos do PSOE (1982-1996) • Nos últimos anos, o goberno socialista amosou síntomas de desgaste debido ao empeoramento da situación económica. Ademais, o estalido de escándalos políticos, como o dos GAL, e o xurdimento de casos de corrupción, debilitaron enormemente o goberno. • Ante esta situación convocáronse eleccións anticipadas en 1996, que gañou o Partido Popular.
  • 65. 21. Os gobernos do PP (1996-2004) • O PP gobernou durante dúas lexislaturas. Na primeira delas os seus esforzos orientáronse á redución do déficit do Estado, mediante unha política de privatización de empresas públicas, e á diminución do paro. A mellora da situación económica permitiu a entra de España no euro. • Na segunda lexislatura, con maioría absoluta, reformáronse algunhas leis do período socialista, relacionadas coa ensinanza, o mundo laboral, a chegada de inmigrantes e a loita antiterrorista. En política exterior, propiciouse o achegamento aos EEUU, que supuxo o apoio á intervención militar en Irak en 2003, que non contaba co apoio da ONU. Este feito provocou unha ondada de manifestacións contra a decisión do goberno.
  • 66. Cartel electoral do PP Eleccións 2000
  • 67. 22. Alternancia no goberno no 2004: o PSOE presidido por Zapatero volve a gobernar • O 11 de marzo de 2004, o radicalismo islámico produciu un terrible atentado nos trens de proximidades de Madrid, que provocou 193 mortos e centos de feridos. • En medio dunha enorme conmoción social, tres días depois o PSOE gaña as eleccións. • Na primeira lexislatura (2004-2008) leváronse a cabo numerosas reformas: retiradas das tropas de Irak, nova lexislación de carácter social (igualdade entre homes e mulleres, matrimonio entre persoas do mesmo xénero, ampliación de axudas á dependencia...) e iniciouse un proceso de revisión de varios estatutos de autonomía.
  • 69. 2002: manifestación en Santiago Fronte a parálise do Goberno
  • 70.
  • 72. 2003: manifestación contra a intervención na guerra de Irak
  • 73. 2003: manifestación contra a intervención na guerra de Irak
  • 75. Monumento ás vítimas do terrorismo 11-M Estación de Atocha (Madrid)
  • 76. 22.b. Alternancia no goberno no 2004: o PSOE presidido por Zapatero volve a gobernar • A segunda lexislatura (2008-2011) viuse afectada pola crise económica mundial, que en España se traduciu nun grande incremento do paro, un estancamento da produción industrial e da construción, unha crise xeralizada do sector financeiro e un grande aumento da débeda pública. • Censurado pola súa actuación fronte á crise, o goberno convocou anticipadamente eleccións para novembro de 2011, que gañaría, con maioría absoluta, o PP.
  • 77. José Luis Rodríguez Zapatero (PSOE) Presidente do Goberno (2004-2011)
  • 78. 23. Evolución económica na Transición • A partir de 1986, España experimentou un crecemento económico anual superior á media comunitaria e reduciu as distancias dos países máis desenvoltos. O seu PIB aumentou de forma considerable e a economía coñeceu un proceso de crecente terciarización. • A pesar do crecemento, a economía española continuou mantendo algúns problemas estruturais: déficitit da balanza comercial, produtividade industrial baixa, retraso da innovación tecnolóxica. • Ademais, o crecemento a partir do ano 2000 apoiouse excesivamente no sector inmobiliario. Cando a partir de 2008 se produciu a crise mundial, a economía española resentiuse gravemente.
  • 80. 24. Evolución demográfica • Nas últimas décadas España experimenta un descenso da taxa de natalidade e un retraso na idade de reprodución. Estas circunstancias unidas ao incremento da esperanza de vida provocan o envellecemento da poboación. • Este envellecemento viuse compensado pola chegada a España nos últimos anos de 4 millóns de persoas en busca de traballo. Este crecemento viuse freado pola redución da inmigración, e incluso o retorno de parte dela aos seus países de orixe, debido aos efectos da crise de 2008.
  • 81. A poboación e o crecemento vexetativo en España
  • 82. 25. Os cambios sociais • O incremento da renda supuxo un aumento do consumo e, polo tanto, novos hábitos, utilizamos o coche, a informática, viaxamos... • Esta nova sociedade trouxo un cambio na estrutura familiar, evolucionouse cara familias moparentais, diversidade de familias. • Produciuse unha secularización social, a Igrexa perdeu influencia.
  • 83. 26. España na OTAN • España baixo o goberno da UCD presidido por Calvo Sotelo pide a súa adhesión á OTAN. A integración prodúcese en maio de 1982, a pesar da oposición dos partidos de esquerda. • Durante a campaña electoral de 1982 o PSOE contraeu o compromiso de convocar un referendo. • Unha vez no goberno, o PSOE experimentou unha transformación nas súas propostas de política de defensa. • A permanencia na Alianza Atlántica formularase como necesaria. • Felipe González vese obrigado a cumprir as súas promesas electorais e convocará un referendo gañando o sí á permanencia.
  • 86. Propaganda do comité Anti OTAN. Referendum 1986 Resultados Participación: 59,4% Sí: 52,5% Non: 39,8% Branco: 6,5%
  • 87. Fragata Numancia (F 83) Participando na guerra do Golfo (1990-1991) Marta Sánchez actuando na fragata no golfo Pérsico
  • 88. 27. España na CEE • Ingresa en 1986. • Tivo que facer unha profunda restruturación da economía, da lexislación para adecuarse aos países europeos. • As reformas foron as seguintes: reconversión industrial, establecemento de cotas de produción agropecuaria, descenso de inflación e diminución do déficit público, reforma fiscal, investimento en políticas sociais...
  • 89. Firma acta de adhesión á Comunidade Europea (futura UE)
  • 90. 28. O proceso autonómico galego • Iniciouse en 1977 coa creación dun ente preautonómico da primeira Xunta de Galicia. • O Estatuto de Galicia redactouse entre 1978 e 1979 e aprobouse e consultouse ao pobo en 1980.
  • 91. 1977: manifestación a favor da autonomía de Galicia