España no Mundo. Os Grandes Retos ante a Globalización

España no mundo
España no mundo
Introdución
• España pasou do illamento internacional durante o
primeiro período do franquismo que sucedeu á Guerra
Civil, a estar plenamente integrada nos principais
organismos internacionais durante a restauración
democrática, e en particular na Organización das Nacións
Unidas (ONU), na OTAN e na Unión Europea.
• Iso permitiulle gañar presenza e influenza internacional no
ámbito político e institucional debido ao seu peso
demográfico (con 47,5 millóns de habitantes é o cuarto
país da UE (detrás de Alemaña, Francia e Italia)) e
económico (o seu PIB sitúaa na economía número 14 na
clasificación mundial) así como a ampla difusión do
español no mundo.
España no mundo
Superficie e poboación
PAÍS SUPERFICIE (KM2) PAÍS POBOACIÓN (2023)
Rusia 17.098.000 (1) India 1.428.000.000 (1)
Canadá 9.984.670 (2) China 1.425.000.000 (2)
China 9.596.960 (3) EE_UU 339.000.000 (3)
EEUU 9.161.966 (4) Indonesia 277.000.000 (4)
Brasil 8.514.877 (5) Paquistán 240.000.000 (5)
Australia 7.741.220 (6) Nixeria 223.000.000 (6)
India 3.287.263 (7) Brasil 216.000.000 (7)
Arxentina 2.780.400 (8) España 47.500.000 (32)
México 1.964.375 (13) Arxentina 45.770.000 (33)
Francia 551.695 (50) Alxeria 45.600.000 (34)
Tailandia 513.120 (51) Iraq 45.500.000 (35)
España 505.370 (52) Afganistán 42.200.000 (36)
Cal é a posición de España?
España no mundo
Posición sociocultural
• Considerable volume demográfico (32º) país en
poboación.
• Importantes contactos persoais con outros países
(actividade turística)
• Notable difusión da cultura exterior (máis de 500 millóns
de hispanoablantes) (cuarta lingua máis falada no mundo
despois do inglés, chinés e francés). Papel relevante do
Instituto Cervantes.
• Conta con 215 embaixadas e consulados no estranxeiro
(10º país do mundo en presenza diplomática).
• Aporta o 0,30% do PIB (2022) ás axudas ao
desenvolvemento (moi afastada do 0,7%. O ano que máis
se aproximou foi no 2009: 0,46%)
España no mundo
Posición económica (páx. 469)
• Importancia no contexto mundial. PIB (14ª posición mundial
no 2022).
• Forte presenza de empresas multinacionais en España e
incremento das españolas no estranxeiro (Inditex, Telefónica,
Iberdrola, Repsol YPF, Banco Santander, BBVA).
• Crecemento das relacións financeiras co exterior.
• Alto grao de liberalización da economía.
• España ocupa o posto 18º en exportacións e 16º en
importancións. En servizos (turismo) 10º en exportacións e
20º en importacións. 10º país en recibir investimentos. 12º en
investimentos realizados datos do 2021.
• Sigue presente o déficit comercial e a acusada dependencia
enerxética.
PIB 2022 (miles millóns $)
EEUU 25.464
China 18.100
Xapón 4.233
Alemaña 4.075
India 3.386
Reino Unido 3.070
Francia 2.784
Rusia 2.215
Canadá 2.139
Italia 2.012
Brasil 1.924
Australia 1.701
Corea do Sur 1.665
España 1.400
Fonte: FMI
A Unión Europea
España na UE
Introdución
• A integración de España na Comunidade Europea
produciuse en 1986.
• A presenza nas súas institucións serviu para sentar as
bases dunha auténtica cidadanía europea e para
trasladar á axenda comunitaria asuntos de interese
nacional de primeira orde.
• España foi unha peza clave no recoñecemento europeo
da importancia de Iberoamérica e do Mediterráneo,
sobre todo o norte de África no contexto das relacións
da Unión.
• Por outra parte Felipe González impulsou a cohesión
social e política entre os países e as rexións
comunitarias que abandeiraba Jacques Delors,
presidente da Comisión Europea entre 1985 e 1995.
A UE está integrada por 27
países na actualidade.
España incorporouse en 1986
España na UE
Das Comunidades Europeas á Unión Europea
• Aos poucos anos de ingresar España na Comunidade
Económica Europea, avanzouse no proceso de integración
política que se materializou na Unión Europea tras o
Tratado de Maastricht (1992), ao unificar os tres piares da
Unión: o piar comunitario, o piar de política exterior e
seguridade común e o piar de cooperación policial e xudicial
en materia penal, ademais da integración económica e
monetaria coa creación do euro (2002).
• As dúas décadas seguintes coñeceron un dobre proceso na
integración europea dos 12 (tras a integración de España e
Portugal) á Europa dos 28 (actualmente 27 tras o Brexit de
Gran Bretaña que se fixo efectivo no 2020) e a reforma dos
tratados constitutivos da Unión Europea.
España na UE
Unión Económica e Monetaria
• Aparición do euro (1999).
• Só poden entrar os países que
reúnan certos requisitos relativos ao
déficit, inflación e débeda púlbica,
tipos de interese, mantemento no tipo
de cambio.
• Reunían os requisitos 11 países para
entrar na eurozona (1-1-1999).
• Posto en circulación o 1 de xaneiro de
2002.
• Creación dun órgano de control
monetario: Banco Central Europeo.
• A eurozona está integrada
actualmente por 20 países (Grecia
(2001), Eslovenia (2007), Malta e
Chipre (2008) e Eslovaquia (2009),
Estonia (2011), Letonia (2014) e
Lituania (2015) e Croacia (2023).
• 20 países forman parte na
actualidade.
UEM Eurozona (20)
Non eurozona (7)
Fóra da UE que
utilizan o euro
con acordos
(Andorra, Mónaco,
San Marino, Vaticano).
Fóra da UE,
Utilizan o euro
Sen acordo
(Montenegro
e Kosovo)
Cláusula de exclusión
España na UE
Reforma dos tratados constitutivos da UE
• España participou a través do Consello Europeo, nos acordos
para a reforma dos Tratados Constitutivos. Estes acordos foron:
• Tratado de Amsterdam (asinado en 1997 e que entrou en vigor
en 1999), que impulsou a libre circulación e definiu as bases da
cooperación reforzada entre os estados membros.
• Tratado de Niza (asinado en 2001 e que entrou en vigor en
2003), que concedeu maior poder lexislativo e de control ao
Parlamento Europeo e revisou o sistema de maioría cualificada
da UE na toma de decisións.
• Tratado de Lisboa (asinado en 2007 e entrada en vigor en
2009) que modificou amplamente o Tratado da UE (1993) e o
funcionamento das institucións europeas: a toma de decisións,
competencias, para darlle personalidade xurídica á Unión.
Ademais, fixo legalmente vinculante a Carta dos Dereitos
Fundamentais da Unión Europea.
Cerimonia da firma da Acta de Adhesión de
España ás Comunidade Europeas no 1985
España na UE
O Tratado de Lisboa (2007)
• O Tratado de Lisboa foi o último gran fito no proceso de
integración europea.
• Tres dos catro tratados consecutivos da Unión Europea seguen
a ter a vixencia do acordado no 2007.
• Aínda que España votara en referendo no 2005 a favor do
proxecto de Constitución para Europa, outros países votaron
en contra ou non o ratificaron, mais boa parte das súas
disposicións quedaron recollidas no Tratado de Lisboa.
• Posteriormente, a crise económica e financeira do 2008 a Gran
Recesión posterior provocaron a crise do euro, con especial
atención para Portugal, Italia, Irlanda, Grecia e España, que
foron quen máis sufriron a crise de débeda soberana, as medias
de axuste e de rescate financeiro, debilitando a unión política.
• Pola súa banda, a saída do Reino Unido da Unión Europea,
acordada no referendo de 2016, pero efectiva en decembro de
2020, tamén supuxo unha continuación dos procesos de
integración europea.
Sede da Comisión Europea en Bruxelas
España na UE
Euroescepticismo
• O incremento do euroescepticismo nalgúns
países da UE, así como o impacto da pandemia
COVID-19 e da guerra de Ucraína desde 2022,
que en ambos casos tiveron unha resposta
desigual entre os Estados membros da UE,
foron factores que están a frear os intentos de
refundación da Unión Europea.
• Iso xerou incerteza sobre o futuro institucional,
pero tamén debilitou o poder xeopolítico da
Unión Europea no seu conxunto ante os
grandes protagonistas: Estados Unidos e China,
pero tamén Rusia e máis Reino Unido.
España no Mundo. Os Grandes Retos ante a Globalización
España na UE
Balance español da pertenencia
• Político: integración plena nas institucións europeas. Celebración
nas eleccións europeas ao parlamento cada cinco anos, o reforzo
dos procesos e valores democráticos e a cesión dunha parte de
soberanía política (e económica) en beneficio das institucións
europeas, que sucedeu en paralelo ao proceso de descentralización
autonómica.
• Económico: gran desenvolvemento do PIB. Restruturación
produtiva inicial foi un requisito para a incorporación de España,
fiscalidade: IVE, orzamentarias (Fondos Europeos), monetarias
(euro), así como o feito de integrarse na segunda rexión económica
máis próspera do planeta.
• Social: pasamos do 70% de renda media per cápita en 1986 ao
97% no 2008. O impacto da crise económica de 2008 e a pandemia
(2020) fixeron que retrocedésemos ao 80%.
• Modernización da sociedade: sentimento de identidade europea,
supresión de fronteiras (espazo Schengen), reforzo de políticas de
protección social. Educación superior: erasmus: Espazo Europeo
de Educación Superior.
Sede do Parlamento Europeo en Estrasburgo
España na UE
Fondos Europeos
• Entre 1986 e 2022, España recibiu 411.000
millóns de euros en fondos europeos e achegou
290.000 millóns, polo que o saldo foi positivo en
máis de 120.000 millóns de euros.
• Especialmente significativas foron as recentes
axudas das Next Geration (2021-2027) para
paliar a grave crise económica e social
ocasionada pola pandemia do COVID-19 e
transformar as economías europeas facéndoas
máis verdes, dixitais e resilentes,
complementando así os Fondos Estruturais e de
Investimento na Política de Cohesión (FEDER,
FC, FSE), na Política Agraria Común (FEADER
e Política Pesqueira Común (FEMP).
Programa
Europeo de
Estudos
Universitarios:
Erasmus
España en organismos internacionais
ONU
• España ingresou na ONU en 1955 (despois de que EEUU e as potencias occidentais
europeas levantasen o bloqueo ao réxime de Franco no contexto de Guerra Fría).
Desde entón implicouse nos organismos e axencias da ONU, do mesmo xeito que
nos principios da Carta de Nacións Unidas do 1945 e da Declaración Universal dos
Dereitos Humanos do 1948, reiterando a necesidade de que a comunidade
internacional se asente sobre piares de:
• Paz e seguridade internacional.
• Principios de dereito internacional, desenvolvemento e respecto dos dereitos
humanos.
• Fomento das relación de amizade e cooperación internacional para o progreso e o
desenvolvemento.
• Resolución dos conflitos pola vía do diálogo.
• Así mesmo mantén unha Misión Permanente ante a ONU con máis de 1.500
profesionais españois traballando no seu organismo. É o undécimo contribuínte
mundial en orzamento e o décimo en operacións de mantemento da paz (OMP).
• Desde a chegada da democracia foi un estado comprometido co respecto dos
dereitos humanos no mundo, na loita contra o terrorismo e actualmente nos
Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) fixados na Axencia 2030 no que
se atopa no posto 16 a nivel mundial.
Sede da ONU en Nova York
España no mundo
Participación en conflitos bélicos (misións humanitarias e de paz)
Contexto de Guerra Fría (1953-1991) Incorporación á OTAN
• Os Pactos de Madrid, asinados polo goberno de
Franco e EEUU en 1953, obrigaban a instalación de
catro bases norteamericanas en territorio español a
cambio de axuda económica e militar. Estas bases foron
a mostra do fin do illamento internacional tras a
Guerra Civil española e o seu posicionamento co
bloque occidental na Guerra Fría.
• O agravamento da Guerra Fría e a carreira de
armamentos na década de 1980 condicionou a adhesión
á Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN)
no 1982, apoiada polo referendo sobre a súa
permanencia no 1986. A incorporación á estrutura militar
integrada da OTAN produciuse en 1999.
Visita do presidente dos EEUU Einsenhower a
Madrid en 1959. A Guerra Fría supuxo o
desbloqueo do réxime franquista nas relacións
internacionais cos países occidentais
España no mundo
Participación en conflitos bélicos (misións humanitarias e de paz)
Novo contexto postsoviético (1991-2022) Incorporación á OTAN
• No marco da fin da Guerra Fría, tivo lugar unha tentativa da
comunidade internacional, auspiciada por EEUU e a URSS,
de iniciar un proceso de paz entre Israel e os países árabes.
Deste xeito, no 1991, España converteuse na sede dunha
importante conferencia de paz en Madrid, aínda que non se
conseguiu a firma de acordos concretos para un avance
significativo na resolución do conflito.
• No contexto de desemembramento do Pacto de Varsovia,
España colaborou no proceso de ampliación da OTAN pola
incorporación dos países da Europa oriental en dúas
fases (1999 e 2004).
• Tras o ataque terrorista ás Torres Xemelgas de Nova York o
11 de setembro de 2001, produciuse a reacción dos EEUU
por medio de guerras en Afganistán e Iraq, España sumouse
á coalición internacional que, xunto co Reino Unido, Portugal,
Italia, Polonia, Dinamarca, Australia, Hungría e máis Ucraína,
apoiou a este país na guerra de Iraq ata 2004, data na que
anunciou a retirada das tropas españolas.
Conferencia de paz celebrada en Madrid en 1991
España no mundo
Participación en conflitos bélicos (misións humanitarias e de paz)
Misións humanitarias e de paz (1991-2022)
• España participou noutras misións
recentes da OTAN para a vixilancia do
espazo aéreo e da seguridade
internacional contra o terrorismo e a
piratería no mar Báltico, o mar Negro, o
Mediterráneo oriental, o golfo de Adén e o
océano Índico.
• Tamén colaborou noutras misións
humanitarias e de paz por mandato da
Unión Europea ou a ONU (Cascos Azuis)
en Haití, Angola, Namibia, Malí, Líbano,
Centroamérica...
Cume da OTAN celebrada en Madrid en 2022
España no mundo
Participación en conflitos bélicos (misións humanitarias e de paz)
Novo contexto postsoviético (1991-2022)
• No 2022, celebrouse un Cume da OTAN en
Madrid, nun novo contexto xeopolítico influído
pola guerra de Ucraína e pola guerra comercial
entre EEUU e China.
• Neste Cume aprobouse o novo Concepto
Estratéxico da OTAN para a seguinte década,
no que Rusia é definida como a principal
ameaza directa á seguridade dos aliados,
mentres China é considerada un desafío
sistemático.
Misión española en Mali
España en organismos internacionais
Outros organismos internacionais
• Forma parte de organismos internacionais relacionados
con aspectos económicos: FONDO MONETARIO
INTERNACIONAL (FMI), Banco Mundial,
Organización Mundial de Comercio, Organización
para a Cooperación e Desenvolvemento Económico,
Consello de Europa...
• Así mesmo participa nos principais foros internacionais
como son o Fondo Económico Mundial (ou Foro de
Davos) e o G-20, un grupo integrado por vinte países
industrializados e emerxentes de todos os continentes.
Aínda que España non é un membro fixo do G-20,
participou nos Cumes extraordinarios do Grupo e
nalgunhas reunións de carácter ordinario, polo que se
considera un convidado permanente.
O G-20
España en organismos internacionais
Cooperación española ao desenvolvemento
• Segundo a OCDE, España é o décimo terceiro país do
mundo que máis achegas realiza en axuda oficial ao
desenvolvemento con 2.900 millóns de dólares.
• Unha parte importante desta axuda canalízase a través da
Axencia Española de Cooperación Internacional (AECI),
que conta con 48 unidades de cooperación no exterior
repartidas por todo o mundo: Oficinas Técnicas de
Cooperación, Centros Culturais e Centros de Formación.
• Xeograficamente a actividade da AECI concéntrase en
América Latina e o Caribe, seguido do continente africano,
mentres que a presenza en Oriente Próximo e Asia é menor.
• Tamén é significativa a acción de numerosas ONG españolas
que xestionan os fondos AECI, ademais dos seus fondos
propios ou de achegas individuais ou privadas, entre outras:
Cruz Vermella Española, Oxfam Intermón, Medicus Mundi en
España, Médicos Sen Fronteiras España...
Cooperación española a través do AECI
España en organismos internacionais
España e Iberoamérica
• Cumes iberoamericanos: son as reunións dos Xefe de
Estado e de Goberno de 19 países de América e tres da
Península Ibérica que manteñen vínculos culturais, históricos
e económicos. Os membros de pleno dereito son: Andorra,
Arxentina, Bolivia, Brasil, Colombia, Costa Rica, Cuba, Chile,
Ecuador, El Salvador, España, Guatemala, Honduras,
México, Nicaragua, Panamá, Paraguai, Perú, Portugal,
República Dominicana, Uruguai e Venezuela.
• Os cumes iniciáronse en 1991 con carácter anual, pero en
2014 pasaron a ter frecuencia bianual. Os vinte e sete cumes
celebrados ata a data afrontaron desafíos globais desde a
lingua e a cultura común, así como temas esenciais para
o crecemento rexional como a integración comercial,
consolidación da democracia, educación e mocidade,
inclusión social ou desenvolvemento sustentable.
Cume Iberoamericana de Santiago de Chile (2007)
España en organismos internacionais
España e Iberoamérica
• O Banco Iberoamericano de
Desenvolvemento: é unha organización
financeira internacional con sede en
Washington D.C., que ten como misión
financiar proxectos viables de
desenvolvemento económico, social e
institucional, promover a investigación
comercial rexional na área de América Latina
e do Caribe, reducindo a pobreza e
fomentando o crecemento sustentable na
rexión. España pertence ao BID, pero só en
calidade de membro non prestatario.
Sede do BID en Washington
Retos na globalización cultural
O español e o galego-portugués
• A difusión da lingua española: o español é unha lingua globla cun
crecemento significativo. Atópase entre as cinco primeiras linguas
do mundo en número de falantes, en número de países onde é
oficial e en extensión xeográfica. Tamén é lingua oficial ou cooficial
en vinte países ademais de España que se atopan en América
Central e do Sur, máis África (Guinea Ecuatorial).
• En EEUU é a segunda lingua falada con preto 42.000.000 de
falantes principalmente nos estados do sur como Florida, California,
Texas, Nuevo México...
• O Instituto Cervantes é unha institución pública para promover de
forma universal o ensino, o estudo e o uso do español, e contribuír
a difusión das culturas hispánicas no exterior. Nas súas actividades
atende fundamentalmente o patrimonio lingüístico e cultural que é
común aos pobos da comunidade hispano falante.
• En canto ao galego-portugués ten un enorme potencial lingüístico
ao ser falado por máis de 260.000.000 de habitantes no mundo.
España en organismos internacionais
Falantes de español no mundo
Hispano falantes en EEUU
Estado % falantes Hispano falantes 2019
California 29,10% 10.683.661
Texas 29,50% 7.874.853
Florida 21,30% 4.571.362
Puerto Rico 94,50% 3.674.182
Nueva York 15,20% 2.735.172
Illinois 13,50% 1.630.305
Nueva Jersey 15,90% 1.340.032
Arizona 20,60% 1.318.157
Georgia 8,00% 764.385
Washington 8,70% 584.851
Nevada 21,20% 575.416
Pensilvania 4,60% 556.028
Massachusetts 8,60% 552.795
Nuevo México 27,20% 530.423
Resto de Estados 4.127.234
EE. UU. 13,30% 41.757.351
Galiza o berce do galego-portugués
Lusofonía
Retos na globalización económica
As empresas españolas no mundo
• A globalización permitiu a expansión das principais empresas
españolas no estranxeiro. Trátase de empresas do sector téxtil,
bancario, enerxético ou construtoras que xurdiron en España e que
seguen a ter a súa sede no país.
• O Ministerio de Facenda estimou que as 5.972 filiais dos 112 grupos
españois con presenza global xeraron unha cifra de negocio de
188.000 millóns de euros no 2020. Deste grupo destacan oito, que
foron incluídos na lista Fortune Global 500 que ordena as primeiras 500
empresas do mundo medidas polos seus ingresos.
• A estatística de filiais de empresas españolas no exterior (FILEXT), do
INE, ten como obxectivo fundamental proporcionar información anual
das principais variables que determinan a estrutura e actividade das
filiais no estranxeiro. Así, esta estatística contabiliza 714.652 persoas
ocupadas no 2020 polas filiais de empresas españolas no exterior,
especialmente en EEUU, Brasil, México, Francia e Gran Bretaña, onde
ademais se xera a meirande cifra de negocios.
• En sentido oposto, as filiais de empresas estranxeiras en España
facturaron 502.904 millóns de euros e ocuparon a 1.791.494 persoas
no 2020 dentro do territorio nacional. Francia, Alemaña e EEUU foron
os países cuxas filiais en España xeraron maior cifra de negocio.
CLASIFICACIÓN FORTUNE GLOBAL 500
Posto Compañía Ingresos (millóns de €)
146 Santander 78.689
251 Repsol 52.334
300 Telefónica 46.438
304 Iberdrola 46.245
352 BBVA 39.806
365 ACS 38.316
438 Indetex 32.572
471 Mercadona 30.169
Fonte Fortune Global 500 do 2022
Retos na globalización económica
O ICEX e a actividade turística
• España Exportación e Investimento siglas que forman parte do nome
actual remiten á súa denominación anterior de Instituto Español de
Comercio Exterior é unha entidade pública empresarial española, de
ámbito estatal, que ten como misión contribuír á súa competitividade e
achegar valor á economía no seu conxunto, pero tamén fomentar a
atracción de investimentos estranxeiros en España.
• O ICEX dispón de 99 oficinas en diferentes países do mundo,
colaborando directamente coas Oficinas Económicas e Comerciais das
Embaixadas de España no estranxeiro.
• O turismo é unha actividade fundamental na economía española. Con
83,5 millóns de turistas estranxeiros no 2019 (antes da pandemia).
España é o segundo país do mundo en chegadas internacionais,
despois de Francia. A maior parte do norte de Europa, pero nos últimos
anos incrementouse a presenza de turistas americanos e asiáticos.
• Tamén é o segundo país do mundo en ingresos por turismo
internacional, despois de EEUU. En Madrid sitúase a sede da
Organización Mundial do Turismo. Todo isto converte a España nunha
potencia turística mundial e un elemento de promoción exterior.
España exportación e investimentos
Retos na globalización
Unha visión para o futuro
• Nun mundo onde actualmente viven máis de 8.000 millóns de persoas
–e que terá 10.000 mil millóns a finais do século XXI-, España, con
47,5 millóns de habitantes carecería de envergadura suficiente para
estar entre as potencias mundiais na orde xeopolítica global, malia o
seu desenvolvemento económico e social, a súa integración na UE e a
súa importancia histórica e cultural. As estimacións máis optimistas do
INE prevén 53 millóns de habitantes no 2072.
• Estudos recentes contemplan que España terá a metade de habitantes
no 2100 (só 23 millóns), debido ao avellentamento da súa poboación e
a caída das taxas de natalidade. Actualmente, España esta no posto
13º da economía mundial, pero no 2100 poderá caer ata o posto 28º
debido ao crecemento dos países emerxentes.
• Segundo a Comisión Económica para América Latina e o Caribe da
ONU (CEPAL) cara o 2050 chegaríase ao máximo nivel demográfico na
rexión, con 750 millóns de habitantes, mentres que por importancia
económica só destacarían Brasil e México, que se poderían situar nos
postos 13º e 15º da economía mundial sendo unha das rexións
prexudicadas xunto con África- da nova orde global.
1 von 49

Recomendados

UNIÓN EUROPEA von
UNIÓN EUROPEAUNIÓN EUROPEA
UNIÓN EUROPEAAgrela Elvixeo
1.4K views80 Folien
UE. Organización Política e Territorial von
UE. Organización Política e TerritorialUE. Organización Política e Territorial
UE. Organización Política e TerritorialDudas-Historia
1.5K views21 Folien
Tema 5 von
Tema 5Tema 5
Tema 5Antía Sanmarco
219 views31 Folien
Tema 5 von
Tema 5Tema 5
Tema 5sergiocesures
209 views35 Folien
Anecesidadedunbloquecomercialeuropeo 120224053155-phpapp02-120224110204-phpapp01 von
Anecesidadedunbloquecomercialeuropeo 120224053155-phpapp02-120224110204-phpapp01Anecesidadedunbloquecomercialeuropeo 120224053155-phpapp02-120224110204-phpapp01
Anecesidadedunbloquecomercialeuropeo 120224053155-phpapp02-120224110204-phpapp01pindusa
238 views20 Folien
Sociaistema5 von
Sociaistema5 Sociaistema5
Sociaistema5 yasminajamardo
301 views23 Folien

Más contenido relacionado

Similar a España no Mundo. Os Grandes Retos ante a Globalización

Tema 5 traballo xeografía e historia von
Tema 5 traballo xeografía e historiaTema 5 traballo xeografía e historia
Tema 5 traballo xeografía e historiapablokatt
111 views14 Folien
Tema 5 von
Tema 5Tema 5
Tema 5angelitopescador
121 views17 Folien
Tema 5 von
Tema 5Tema 5
Tema 5ahiacg
195 views23 Folien
Tema 5 A Unión Europea von
Tema 5 A Unión EuropeaTema 5 A Unión Europea
Tema 5 A Unión Europearubempaul
10.4K views24 Folien
Tema 5 von
Tema 5Tema 5
Tema 5Alexandra2013
144 views20 Folien
Tema 5 von
Tema 5Tema 5
Tema 5Garcialoli4
188 views20 Folien

Similar a España no Mundo. Os Grandes Retos ante a Globalización(20)

Tema 5 traballo xeografía e historia von pablokatt
Tema 5 traballo xeografía e historiaTema 5 traballo xeografía e historia
Tema 5 traballo xeografía e historia
pablokatt111 views
Tema 5 von ahiacg
Tema 5Tema 5
Tema 5
ahiacg195 views
Tema 5 A Unión Europea von rubempaul
Tema 5 A Unión EuropeaTema 5 A Unión Europea
Tema 5 A Unión Europea
rubempaul10.4K views
Anecesidadedunbloquecomercialeuropeo 120224053155-phpapp02 von pindusa
Anecesidadedunbloquecomercialeuropeo 120224053155-phpapp02Anecesidadedunbloquecomercialeuropeo 120224053155-phpapp02
Anecesidadedunbloquecomercialeuropeo 120224053155-phpapp02
pindusa169 views
Anecesidadedunbloquecomercialeuropeo 120224053155-phpapp02 von pindusa
Anecesidadedunbloquecomercialeuropeo 120224053155-phpapp02Anecesidadedunbloquecomercialeuropeo 120224053155-phpapp02
Anecesidadedunbloquecomercialeuropeo 120224053155-phpapp02
pindusa151 views
Sociais tema 5 von GabbyMG
Sociais tema 5Sociais tema 5
Sociais tema 5
GabbyMG228 views
Unidade 10: España, Europa e o Mundo. von camposseijo
Unidade 10: España, Europa e o Mundo.Unidade 10: España, Europa e o Mundo.
Unidade 10: España, Europa e o Mundo.
camposseijo461 views

Más de Agrela Elvixeo

60 ANOS DE GRIAL.pptx von
60 ANOS DE GRIAL.pptx60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptxAgrela Elvixeo
0 views12 Folien
25 de Novembro no IES Monelos von
25 de Novembro no IES Monelos25 de Novembro no IES Monelos
25 de Novembro no IES MonelosAgrela Elvixeo
0 views8 Folien
Castelo de San Diego (A Coruña) von
Castelo de San Diego (A Coruña)Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Agrela Elvixeo
124 views12 Folien
Mulleres no Seminario de Estudos Galegos von
Mulleres no Seminario de Estudos GalegosMulleres no Seminario de Estudos Galegos
Mulleres no Seminario de Estudos GalegosAgrela Elvixeo
430 views10 Folien
SANTA COMPAÑA-SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO.pptx von
SANTA COMPAÑA-SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO.pptxSANTA COMPAÑA-SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO.pptx
SANTA COMPAÑA-SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO.pptxAgrela Elvixeo
1K views18 Folien
JOSÉ CORNIDE SAAVEDRA von
JOSÉ CORNIDE SAAVEDRAJOSÉ CORNIDE SAAVEDRA
JOSÉ CORNIDE SAAVEDRAAgrela Elvixeo
1K views6 Folien

Más de Agrela Elvixeo(20)

Castelo de San Diego (A Coruña) von Agrela Elvixeo
Castelo de San Diego (A Coruña)Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)
Agrela Elvixeo124 views
Mulleres no Seminario de Estudos Galegos von Agrela Elvixeo
Mulleres no Seminario de Estudos GalegosMulleres no Seminario de Estudos Galegos
Mulleres no Seminario de Estudos Galegos
Agrela Elvixeo430 views
SANTA COMPAÑA-SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO.pptx von Agrela Elvixeo
SANTA COMPAÑA-SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO.pptxSANTA COMPAÑA-SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO.pptx
SANTA COMPAÑA-SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO.pptx
Agrela Elvixeo1K views
A MULLER NA ESPAÑA DO SÉCULO XX E XXI von Agrela Elvixeo
A MULLER NA ESPAÑA DO SÉCULO XX E XXIA MULLER NA ESPAÑA DO SÉCULO XX E XXI
A MULLER NA ESPAÑA DO SÉCULO XX E XXI
Agrela Elvixeo2.1K views
OS GRANDES RETOS DO SÉCULO XXI von Agrela Elvixeo
OS GRANDES RETOS DO SÉCULO XXIOS GRANDES RETOS DO SÉCULO XXI
OS GRANDES RETOS DO SÉCULO XXI
Agrela Elvixeo1.3K views
María Barbeito e Ernestina Otero von Agrela Elvixeo
María Barbeito e Ernestina OteroMaría Barbeito e Ernestina Otero
María Barbeito e Ernestina Otero
Agrela Elvixeo1.3K views
AS SALAS DE CINE NA CORUÑA.pptx von Agrela Elvixeo
AS SALAS DE CINE NA CORUÑA.pptxAS SALAS DE CINE NA CORUÑA.pptx
AS SALAS DE CINE NA CORUÑA.pptx
Agrela Elvixeo2.9K views
Francisco Fernández del Riego von Agrela Elvixeo
Francisco Fernández del RiegoFrancisco Fernández del Riego
Francisco Fernández del Riego
Agrela Elvixeo2.2K views
Os muíños de vento na cidade da Coruña von Agrela Elvixeo
Os muíños de vento na cidade da CoruñaOs muíños de vento na cidade da Coruña
Os muíños de vento na cidade da Coruña
Agrela Elvixeo2.2K views
CURROS ENRÍQUEZ E A CORUÑA.pptx von Agrela Elvixeo
CURROS ENRÍQUEZ E A CORUÑA.pptxCURROS ENRÍQUEZ E A CORUÑA.pptx
CURROS ENRÍQUEZ E A CORUÑA.pptx
Agrela Elvixeo2.5K views
1912-2012 Centenario da anexión do concello de Oza von Agrela Elvixeo
1912-2012 Centenario da anexión do concello de Oza1912-2012 Centenario da anexión do concello de Oza
1912-2012 Centenario da anexión do concello de Oza
Agrela Elvixeo1.7K views
Concurso a muller galega na ciencia von Agrela Elvixeo
Concurso a muller galega na cienciaConcurso a muller galega na ciencia
Concurso a muller galega na ciencia
Agrela Elvixeo3K views

España no Mundo. Os Grandes Retos ante a Globalización

  • 2. España no mundo Introdución • España pasou do illamento internacional durante o primeiro período do franquismo que sucedeu á Guerra Civil, a estar plenamente integrada nos principais organismos internacionais durante a restauración democrática, e en particular na Organización das Nacións Unidas (ONU), na OTAN e na Unión Europea. • Iso permitiulle gañar presenza e influenza internacional no ámbito político e institucional debido ao seu peso demográfico (con 47,5 millóns de habitantes é o cuarto país da UE (detrás de Alemaña, Francia e Italia)) e económico (o seu PIB sitúaa na economía número 14 na clasificación mundial) así como a ampla difusión do español no mundo.
  • 3. España no mundo Superficie e poboación PAÍS SUPERFICIE (KM2) PAÍS POBOACIÓN (2023) Rusia 17.098.000 (1) India 1.428.000.000 (1) Canadá 9.984.670 (2) China 1.425.000.000 (2) China 9.596.960 (3) EE_UU 339.000.000 (3) EEUU 9.161.966 (4) Indonesia 277.000.000 (4) Brasil 8.514.877 (5) Paquistán 240.000.000 (5) Australia 7.741.220 (6) Nixeria 223.000.000 (6) India 3.287.263 (7) Brasil 216.000.000 (7) Arxentina 2.780.400 (8) España 47.500.000 (32) México 1.964.375 (13) Arxentina 45.770.000 (33) Francia 551.695 (50) Alxeria 45.600.000 (34) Tailandia 513.120 (51) Iraq 45.500.000 (35) España 505.370 (52) Afganistán 42.200.000 (36) Cal é a posición de España?
  • 4. España no mundo Posición sociocultural • Considerable volume demográfico (32º) país en poboación. • Importantes contactos persoais con outros países (actividade turística) • Notable difusión da cultura exterior (máis de 500 millóns de hispanoablantes) (cuarta lingua máis falada no mundo despois do inglés, chinés e francés). Papel relevante do Instituto Cervantes. • Conta con 215 embaixadas e consulados no estranxeiro (10º país do mundo en presenza diplomática). • Aporta o 0,30% do PIB (2022) ás axudas ao desenvolvemento (moi afastada do 0,7%. O ano que máis se aproximou foi no 2009: 0,46%)
  • 5. España no mundo Posición económica (páx. 469) • Importancia no contexto mundial. PIB (14ª posición mundial no 2022). • Forte presenza de empresas multinacionais en España e incremento das españolas no estranxeiro (Inditex, Telefónica, Iberdrola, Repsol YPF, Banco Santander, BBVA). • Crecemento das relacións financeiras co exterior. • Alto grao de liberalización da economía. • España ocupa o posto 18º en exportacións e 16º en importancións. En servizos (turismo) 10º en exportacións e 20º en importacións. 10º país en recibir investimentos. 12º en investimentos realizados datos do 2021. • Sigue presente o déficit comercial e a acusada dependencia enerxética.
  • 6. PIB 2022 (miles millóns $) EEUU 25.464 China 18.100 Xapón 4.233 Alemaña 4.075 India 3.386 Reino Unido 3.070 Francia 2.784 Rusia 2.215 Canadá 2.139 Italia 2.012 Brasil 1.924 Australia 1.701 Corea do Sur 1.665 España 1.400 Fonte: FMI
  • 8. España na UE Introdución • A integración de España na Comunidade Europea produciuse en 1986. • A presenza nas súas institucións serviu para sentar as bases dunha auténtica cidadanía europea e para trasladar á axenda comunitaria asuntos de interese nacional de primeira orde. • España foi unha peza clave no recoñecemento europeo da importancia de Iberoamérica e do Mediterráneo, sobre todo o norte de África no contexto das relacións da Unión. • Por outra parte Felipe González impulsou a cohesión social e política entre os países e as rexións comunitarias que abandeiraba Jacques Delors, presidente da Comisión Europea entre 1985 e 1995.
  • 9. A UE está integrada por 27 países na actualidade. España incorporouse en 1986
  • 10. España na UE Das Comunidades Europeas á Unión Europea • Aos poucos anos de ingresar España na Comunidade Económica Europea, avanzouse no proceso de integración política que se materializou na Unión Europea tras o Tratado de Maastricht (1992), ao unificar os tres piares da Unión: o piar comunitario, o piar de política exterior e seguridade común e o piar de cooperación policial e xudicial en materia penal, ademais da integración económica e monetaria coa creación do euro (2002). • As dúas décadas seguintes coñeceron un dobre proceso na integración europea dos 12 (tras a integración de España e Portugal) á Europa dos 28 (actualmente 27 tras o Brexit de Gran Bretaña que se fixo efectivo no 2020) e a reforma dos tratados constitutivos da Unión Europea.
  • 11. España na UE Unión Económica e Monetaria • Aparición do euro (1999). • Só poden entrar os países que reúnan certos requisitos relativos ao déficit, inflación e débeda púlbica, tipos de interese, mantemento no tipo de cambio. • Reunían os requisitos 11 países para entrar na eurozona (1-1-1999). • Posto en circulación o 1 de xaneiro de 2002. • Creación dun órgano de control monetario: Banco Central Europeo. • A eurozona está integrada actualmente por 20 países (Grecia (2001), Eslovenia (2007), Malta e Chipre (2008) e Eslovaquia (2009), Estonia (2011), Letonia (2014) e Lituania (2015) e Croacia (2023). • 20 países forman parte na actualidade.
  • 12. UEM Eurozona (20) Non eurozona (7) Fóra da UE que utilizan o euro con acordos (Andorra, Mónaco, San Marino, Vaticano). Fóra da UE, Utilizan o euro Sen acordo (Montenegro e Kosovo) Cláusula de exclusión
  • 13. España na UE Reforma dos tratados constitutivos da UE • España participou a través do Consello Europeo, nos acordos para a reforma dos Tratados Constitutivos. Estes acordos foron: • Tratado de Amsterdam (asinado en 1997 e que entrou en vigor en 1999), que impulsou a libre circulación e definiu as bases da cooperación reforzada entre os estados membros. • Tratado de Niza (asinado en 2001 e que entrou en vigor en 2003), que concedeu maior poder lexislativo e de control ao Parlamento Europeo e revisou o sistema de maioría cualificada da UE na toma de decisións. • Tratado de Lisboa (asinado en 2007 e entrada en vigor en 2009) que modificou amplamente o Tratado da UE (1993) e o funcionamento das institucións europeas: a toma de decisións, competencias, para darlle personalidade xurídica á Unión. Ademais, fixo legalmente vinculante a Carta dos Dereitos Fundamentais da Unión Europea.
  • 14. Cerimonia da firma da Acta de Adhesión de España ás Comunidade Europeas no 1985
  • 15. España na UE O Tratado de Lisboa (2007) • O Tratado de Lisboa foi o último gran fito no proceso de integración europea. • Tres dos catro tratados consecutivos da Unión Europea seguen a ter a vixencia do acordado no 2007. • Aínda que España votara en referendo no 2005 a favor do proxecto de Constitución para Europa, outros países votaron en contra ou non o ratificaron, mais boa parte das súas disposicións quedaron recollidas no Tratado de Lisboa. • Posteriormente, a crise económica e financeira do 2008 a Gran Recesión posterior provocaron a crise do euro, con especial atención para Portugal, Italia, Irlanda, Grecia e España, que foron quen máis sufriron a crise de débeda soberana, as medias de axuste e de rescate financeiro, debilitando a unión política. • Pola súa banda, a saída do Reino Unido da Unión Europea, acordada no referendo de 2016, pero efectiva en decembro de 2020, tamén supuxo unha continuación dos procesos de integración europea.
  • 16. Sede da Comisión Europea en Bruxelas
  • 17. España na UE Euroescepticismo • O incremento do euroescepticismo nalgúns países da UE, así como o impacto da pandemia COVID-19 e da guerra de Ucraína desde 2022, que en ambos casos tiveron unha resposta desigual entre os Estados membros da UE, foron factores que están a frear os intentos de refundación da Unión Europea. • Iso xerou incerteza sobre o futuro institucional, pero tamén debilitou o poder xeopolítico da Unión Europea no seu conxunto ante os grandes protagonistas: Estados Unidos e China, pero tamén Rusia e máis Reino Unido.
  • 19. España na UE Balance español da pertenencia • Político: integración plena nas institucións europeas. Celebración nas eleccións europeas ao parlamento cada cinco anos, o reforzo dos procesos e valores democráticos e a cesión dunha parte de soberanía política (e económica) en beneficio das institucións europeas, que sucedeu en paralelo ao proceso de descentralización autonómica. • Económico: gran desenvolvemento do PIB. Restruturación produtiva inicial foi un requisito para a incorporación de España, fiscalidade: IVE, orzamentarias (Fondos Europeos), monetarias (euro), así como o feito de integrarse na segunda rexión económica máis próspera do planeta. • Social: pasamos do 70% de renda media per cápita en 1986 ao 97% no 2008. O impacto da crise económica de 2008 e a pandemia (2020) fixeron que retrocedésemos ao 80%. • Modernización da sociedade: sentimento de identidade europea, supresión de fronteiras (espazo Schengen), reforzo de políticas de protección social. Educación superior: erasmus: Espazo Europeo de Educación Superior.
  • 20. Sede do Parlamento Europeo en Estrasburgo
  • 21. España na UE Fondos Europeos • Entre 1986 e 2022, España recibiu 411.000 millóns de euros en fondos europeos e achegou 290.000 millóns, polo que o saldo foi positivo en máis de 120.000 millóns de euros. • Especialmente significativas foron as recentes axudas das Next Geration (2021-2027) para paliar a grave crise económica e social ocasionada pola pandemia do COVID-19 e transformar as economías europeas facéndoas máis verdes, dixitais e resilentes, complementando así os Fondos Estruturais e de Investimento na Política de Cohesión (FEDER, FC, FSE), na Política Agraria Común (FEADER e Política Pesqueira Común (FEMP).
  • 23. España en organismos internacionais ONU • España ingresou na ONU en 1955 (despois de que EEUU e as potencias occidentais europeas levantasen o bloqueo ao réxime de Franco no contexto de Guerra Fría). Desde entón implicouse nos organismos e axencias da ONU, do mesmo xeito que nos principios da Carta de Nacións Unidas do 1945 e da Declaración Universal dos Dereitos Humanos do 1948, reiterando a necesidade de que a comunidade internacional se asente sobre piares de: • Paz e seguridade internacional. • Principios de dereito internacional, desenvolvemento e respecto dos dereitos humanos. • Fomento das relación de amizade e cooperación internacional para o progreso e o desenvolvemento. • Resolución dos conflitos pola vía do diálogo. • Así mesmo mantén unha Misión Permanente ante a ONU con máis de 1.500 profesionais españois traballando no seu organismo. É o undécimo contribuínte mundial en orzamento e o décimo en operacións de mantemento da paz (OMP). • Desde a chegada da democracia foi un estado comprometido co respecto dos dereitos humanos no mundo, na loita contra o terrorismo e actualmente nos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) fixados na Axencia 2030 no que se atopa no posto 16 a nivel mundial.
  • 24. Sede da ONU en Nova York
  • 25. España no mundo Participación en conflitos bélicos (misións humanitarias e de paz) Contexto de Guerra Fría (1953-1991) Incorporación á OTAN • Os Pactos de Madrid, asinados polo goberno de Franco e EEUU en 1953, obrigaban a instalación de catro bases norteamericanas en territorio español a cambio de axuda económica e militar. Estas bases foron a mostra do fin do illamento internacional tras a Guerra Civil española e o seu posicionamento co bloque occidental na Guerra Fría. • O agravamento da Guerra Fría e a carreira de armamentos na década de 1980 condicionou a adhesión á Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) no 1982, apoiada polo referendo sobre a súa permanencia no 1986. A incorporación á estrutura militar integrada da OTAN produciuse en 1999.
  • 26. Visita do presidente dos EEUU Einsenhower a Madrid en 1959. A Guerra Fría supuxo o desbloqueo do réxime franquista nas relacións internacionais cos países occidentais
  • 27. España no mundo Participación en conflitos bélicos (misións humanitarias e de paz) Novo contexto postsoviético (1991-2022) Incorporación á OTAN • No marco da fin da Guerra Fría, tivo lugar unha tentativa da comunidade internacional, auspiciada por EEUU e a URSS, de iniciar un proceso de paz entre Israel e os países árabes. Deste xeito, no 1991, España converteuse na sede dunha importante conferencia de paz en Madrid, aínda que non se conseguiu a firma de acordos concretos para un avance significativo na resolución do conflito. • No contexto de desemembramento do Pacto de Varsovia, España colaborou no proceso de ampliación da OTAN pola incorporación dos países da Europa oriental en dúas fases (1999 e 2004). • Tras o ataque terrorista ás Torres Xemelgas de Nova York o 11 de setembro de 2001, produciuse a reacción dos EEUU por medio de guerras en Afganistán e Iraq, España sumouse á coalición internacional que, xunto co Reino Unido, Portugal, Italia, Polonia, Dinamarca, Australia, Hungría e máis Ucraína, apoiou a este país na guerra de Iraq ata 2004, data na que anunciou a retirada das tropas españolas.
  • 28. Conferencia de paz celebrada en Madrid en 1991
  • 29. España no mundo Participación en conflitos bélicos (misións humanitarias e de paz) Misións humanitarias e de paz (1991-2022) • España participou noutras misións recentes da OTAN para a vixilancia do espazo aéreo e da seguridade internacional contra o terrorismo e a piratería no mar Báltico, o mar Negro, o Mediterráneo oriental, o golfo de Adén e o océano Índico. • Tamén colaborou noutras misións humanitarias e de paz por mandato da Unión Europea ou a ONU (Cascos Azuis) en Haití, Angola, Namibia, Malí, Líbano, Centroamérica...
  • 30. Cume da OTAN celebrada en Madrid en 2022
  • 31. España no mundo Participación en conflitos bélicos (misións humanitarias e de paz) Novo contexto postsoviético (1991-2022) • No 2022, celebrouse un Cume da OTAN en Madrid, nun novo contexto xeopolítico influído pola guerra de Ucraína e pola guerra comercial entre EEUU e China. • Neste Cume aprobouse o novo Concepto Estratéxico da OTAN para a seguinte década, no que Rusia é definida como a principal ameaza directa á seguridade dos aliados, mentres China é considerada un desafío sistemático.
  • 33. España en organismos internacionais Outros organismos internacionais • Forma parte de organismos internacionais relacionados con aspectos económicos: FONDO MONETARIO INTERNACIONAL (FMI), Banco Mundial, Organización Mundial de Comercio, Organización para a Cooperación e Desenvolvemento Económico, Consello de Europa... • Así mesmo participa nos principais foros internacionais como son o Fondo Económico Mundial (ou Foro de Davos) e o G-20, un grupo integrado por vinte países industrializados e emerxentes de todos os continentes. Aínda que España non é un membro fixo do G-20, participou nos Cumes extraordinarios do Grupo e nalgunhas reunións de carácter ordinario, polo que se considera un convidado permanente.
  • 35. España en organismos internacionais Cooperación española ao desenvolvemento • Segundo a OCDE, España é o décimo terceiro país do mundo que máis achegas realiza en axuda oficial ao desenvolvemento con 2.900 millóns de dólares. • Unha parte importante desta axuda canalízase a través da Axencia Española de Cooperación Internacional (AECI), que conta con 48 unidades de cooperación no exterior repartidas por todo o mundo: Oficinas Técnicas de Cooperación, Centros Culturais e Centros de Formación. • Xeograficamente a actividade da AECI concéntrase en América Latina e o Caribe, seguido do continente africano, mentres que a presenza en Oriente Próximo e Asia é menor. • Tamén é significativa a acción de numerosas ONG españolas que xestionan os fondos AECI, ademais dos seus fondos propios ou de achegas individuais ou privadas, entre outras: Cruz Vermella Española, Oxfam Intermón, Medicus Mundi en España, Médicos Sen Fronteiras España...
  • 36. Cooperación española a través do AECI
  • 37. España en organismos internacionais España e Iberoamérica • Cumes iberoamericanos: son as reunións dos Xefe de Estado e de Goberno de 19 países de América e tres da Península Ibérica que manteñen vínculos culturais, históricos e económicos. Os membros de pleno dereito son: Andorra, Arxentina, Bolivia, Brasil, Colombia, Costa Rica, Cuba, Chile, Ecuador, El Salvador, España, Guatemala, Honduras, México, Nicaragua, Panamá, Paraguai, Perú, Portugal, República Dominicana, Uruguai e Venezuela. • Os cumes iniciáronse en 1991 con carácter anual, pero en 2014 pasaron a ter frecuencia bianual. Os vinte e sete cumes celebrados ata a data afrontaron desafíos globais desde a lingua e a cultura común, así como temas esenciais para o crecemento rexional como a integración comercial, consolidación da democracia, educación e mocidade, inclusión social ou desenvolvemento sustentable.
  • 38. Cume Iberoamericana de Santiago de Chile (2007)
  • 39. España en organismos internacionais España e Iberoamérica • O Banco Iberoamericano de Desenvolvemento: é unha organización financeira internacional con sede en Washington D.C., que ten como misión financiar proxectos viables de desenvolvemento económico, social e institucional, promover a investigación comercial rexional na área de América Latina e do Caribe, reducindo a pobreza e fomentando o crecemento sustentable na rexión. España pertence ao BID, pero só en calidade de membro non prestatario.
  • 40. Sede do BID en Washington
  • 41. Retos na globalización cultural O español e o galego-portugués • A difusión da lingua española: o español é unha lingua globla cun crecemento significativo. Atópase entre as cinco primeiras linguas do mundo en número de falantes, en número de países onde é oficial e en extensión xeográfica. Tamén é lingua oficial ou cooficial en vinte países ademais de España que se atopan en América Central e do Sur, máis África (Guinea Ecuatorial). • En EEUU é a segunda lingua falada con preto 42.000.000 de falantes principalmente nos estados do sur como Florida, California, Texas, Nuevo México... • O Instituto Cervantes é unha institución pública para promover de forma universal o ensino, o estudo e o uso do español, e contribuír a difusión das culturas hispánicas no exterior. Nas súas actividades atende fundamentalmente o patrimonio lingüístico e cultural que é común aos pobos da comunidade hispano falante. • En canto ao galego-portugués ten un enorme potencial lingüístico ao ser falado por máis de 260.000.000 de habitantes no mundo.
  • 42. España en organismos internacionais Falantes de español no mundo
  • 43. Hispano falantes en EEUU Estado % falantes Hispano falantes 2019 California 29,10% 10.683.661 Texas 29,50% 7.874.853 Florida 21,30% 4.571.362 Puerto Rico 94,50% 3.674.182 Nueva York 15,20% 2.735.172 Illinois 13,50% 1.630.305 Nueva Jersey 15,90% 1.340.032 Arizona 20,60% 1.318.157 Georgia 8,00% 764.385 Washington 8,70% 584.851 Nevada 21,20% 575.416 Pensilvania 4,60% 556.028 Massachusetts 8,60% 552.795 Nuevo México 27,20% 530.423 Resto de Estados 4.127.234 EE. UU. 13,30% 41.757.351
  • 44. Galiza o berce do galego-portugués Lusofonía
  • 45. Retos na globalización económica As empresas españolas no mundo • A globalización permitiu a expansión das principais empresas españolas no estranxeiro. Trátase de empresas do sector téxtil, bancario, enerxético ou construtoras que xurdiron en España e que seguen a ter a súa sede no país. • O Ministerio de Facenda estimou que as 5.972 filiais dos 112 grupos españois con presenza global xeraron unha cifra de negocio de 188.000 millóns de euros no 2020. Deste grupo destacan oito, que foron incluídos na lista Fortune Global 500 que ordena as primeiras 500 empresas do mundo medidas polos seus ingresos. • A estatística de filiais de empresas españolas no exterior (FILEXT), do INE, ten como obxectivo fundamental proporcionar información anual das principais variables que determinan a estrutura e actividade das filiais no estranxeiro. Así, esta estatística contabiliza 714.652 persoas ocupadas no 2020 polas filiais de empresas españolas no exterior, especialmente en EEUU, Brasil, México, Francia e Gran Bretaña, onde ademais se xera a meirande cifra de negocios. • En sentido oposto, as filiais de empresas estranxeiras en España facturaron 502.904 millóns de euros e ocuparon a 1.791.494 persoas no 2020 dentro do territorio nacional. Francia, Alemaña e EEUU foron os países cuxas filiais en España xeraron maior cifra de negocio.
  • 46. CLASIFICACIÓN FORTUNE GLOBAL 500 Posto Compañía Ingresos (millóns de €) 146 Santander 78.689 251 Repsol 52.334 300 Telefónica 46.438 304 Iberdrola 46.245 352 BBVA 39.806 365 ACS 38.316 438 Indetex 32.572 471 Mercadona 30.169 Fonte Fortune Global 500 do 2022
  • 47. Retos na globalización económica O ICEX e a actividade turística • España Exportación e Investimento siglas que forman parte do nome actual remiten á súa denominación anterior de Instituto Español de Comercio Exterior é unha entidade pública empresarial española, de ámbito estatal, que ten como misión contribuír á súa competitividade e achegar valor á economía no seu conxunto, pero tamén fomentar a atracción de investimentos estranxeiros en España. • O ICEX dispón de 99 oficinas en diferentes países do mundo, colaborando directamente coas Oficinas Económicas e Comerciais das Embaixadas de España no estranxeiro. • O turismo é unha actividade fundamental na economía española. Con 83,5 millóns de turistas estranxeiros no 2019 (antes da pandemia). España é o segundo país do mundo en chegadas internacionais, despois de Francia. A maior parte do norte de Europa, pero nos últimos anos incrementouse a presenza de turistas americanos e asiáticos. • Tamén é o segundo país do mundo en ingresos por turismo internacional, despois de EEUU. En Madrid sitúase a sede da Organización Mundial do Turismo. Todo isto converte a España nunha potencia turística mundial e un elemento de promoción exterior.
  • 48. España exportación e investimentos
  • 49. Retos na globalización Unha visión para o futuro • Nun mundo onde actualmente viven máis de 8.000 millóns de persoas –e que terá 10.000 mil millóns a finais do século XXI-, España, con 47,5 millóns de habitantes carecería de envergadura suficiente para estar entre as potencias mundiais na orde xeopolítica global, malia o seu desenvolvemento económico e social, a súa integración na UE e a súa importancia histórica e cultural. As estimacións máis optimistas do INE prevén 53 millóns de habitantes no 2072. • Estudos recentes contemplan que España terá a metade de habitantes no 2100 (só 23 millóns), debido ao avellentamento da súa poboación e a caída das taxas de natalidade. Actualmente, España esta no posto 13º da economía mundial, pero no 2100 poderá caer ata o posto 28º debido ao crecemento dos países emerxentes. • Segundo a Comisión Económica para América Latina e o Caribe da ONU (CEPAL) cara o 2050 chegaríase ao máximo nivel demográfico na rexión, con 750 millóns de habitantes, mentres que por importancia económica só destacarían Brasil e México, que se poderían situar nos postos 13º e 15º da economía mundial sendo unha das rexións prexudicadas xunto con África- da nova orde global.