Diese Präsentation wurde erfolgreich gemeldet.
Die SlideShare-Präsentation wird heruntergeladen. ×

Concurso a muller galega na ciencia

Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Nächste SlideShare
Cientificas galegas
Cientificas galegas
Wird geladen in …3
×

Hier ansehen

1 von 22 Anzeige

Weitere Verwandte Inhalte

Weitere von Agrela Elvixeo (20)

Anzeige

Concurso a muller galega na ciencia

  1. 1. CONCURSO A MULLER GALEGA NA CIENCIA 8 DE MARZO DÍA DA MULLER 11 DE FEBREIRO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA
  2. 2. Naceu o 20 de maio de 1880, na Coruña. Filla dun periodista, escritor e farmacéutico importante. Tamén tiña un irmán científico. Comezou a traballar en 1908 como profesora auxiliar na escola normal da Coruña. En 1911 converteuse nunha profesora titular e foi directora da escola en distintas ocasións ata que se xubilou en 1946. En 1919 participou como poñente no primero congreso de Estudos Galegos no que defendeu o tema da importancia que para Galicia tería a creación dunha estación de bioloxía mariña na Coruña. Foi pioneira na incorporación da muller a cultura científica a principios do século XX. 1. EDUCACIÓN CIENTÍFICA
  3. 3. Nada en Vigo en 1961. É unha informática galega, catedrática da UDC, investigadora en intelixencia artificial. Durante o bienio 2016-2017 foi a presidenta da Asociación Española de Inteligencia Artificial e é a coordinaroda do grupo de investigación LIDIA (Laboratorio de I+D en Intelixencia Artificial) da Facultade de Informática da Coruña. 2. INFORMÁTICA INTELIXENCIA ARTIFICIAL
  4. 4. 3. MATEMÁTICAS Foi unha matemática que desenvolveu os seus traballos de investigadora en Estados Unidos e en Canadá. Nada o 17 de xullo de 1927, en Oleiros e faleceu o 14 de xuño de 2014 en A Coruña. No concello de Oleiros un parque leva o seu nome para homenaxear a esta matemática experta en teoría de grupos clásicos en Álxebra de Clifford, especialmente na súa aplicación en física e na teoría de representacións álxebras. Foi profesora e investigadora en institucións como a universidade de Buffalo, a de Toronto e a de Indiana, tamén foi investigadora do instituto matemático Jorge Juan del centro superior de investigacións científicas. No ano 2006 a Xunta de Galicia creou o premio que leva o seu nome para recoñecer a traxectoria de mulleres relevantes no eido das ciencias. O premio entrégase cada ano a unha científica diferente.
  5. 5. 4. BIOLOXÍA Nada na Coruña en 1992, foi alumna do IES Monelos e licenciouse posteriormente en Bioloxía. Actualmente é unha grande divulgadora da ciencia en Instagram a través da conta @Putamen_T, nome que fai referencia a unha parte do cerebro. Fixo un máster en Neurociencia e especializouse no comportamento humano. Actualmente investiga na súa tese doutoral como utilizar a divulgación científica como prevención de riscos para a saúde.[ Publicou na editoral Paidós La biología aprieta pero no ahoga con enorme éxito de lectores.
  6. 6. 5. MATEMÁTICAS- INFORMÁTICA Nada en Santiago de Compostela no ano 1942. Foi a primeira programadora española. Os seus inicios na computación foron na sede Bull General Electric, en Madrid. En poucos meses a través de moitos cursos e esforzo chegou a ser programadora de tal empresa. Traballou como operadora en Bull General Electric, cando volveu a Galicia comezou a traballar na caixa de aforros de Santiago de Compostela cas maquinas de Philips e IBM máis avanzadas da epoca. Tamen foi licencia en filosofía e CC. da educación.
  7. 7. 6. MEDICINA Nada na Coruña en 1977, é unha científica galega no ámbito da medicina. Ao rematar o bacharelato en 1995, marchou a estudar biomedicina á Phillips Academy Andover de Massachusetts. Ao ano seguinte comezou medicina na Universidade Autónoma de Madrid e iniciou as súas investigacións sobre enfermidades infecciosas como a leishmaniose ou a meninxite. En 2001 recibe unha bolsa do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas para estudar os mecanismos xenéticos da resistencia do linfoma T cutáneo á inmunoterrapia. Remata a súa carreira na Universidade Pierre-et-Marie-Curie de París e en 2003 inicia os seus estudos de doutoramento na Universidad de Harvard sobre a formación de células nai do sangue a partir de células nai embrionarias. En 2008 recibiu o premio Hauser que outorga esa universidade.
  8. 8. 7. BIOLOXÍA. OCEANOGRAFÍA Nada en Vigo en 1947 e finada en Moaña o 22 de Decembro de 2015 con 68 anos. Foi unha bióloga galega. Estudou na Escola de Comercio de Vigo e traballou na súa mocidade nunha imprenta. Posteriormente comezou a traballar como axudante no Instituto de Investigación Mariña de Vigo,o que a levou a estudar de novo e a licenciarse en bioloxía pola Universidade de Santiago. Foi directora no instituto de Investigacións Mariñas de Vigo entre 2006 e 2011. En 2015 ingresou na Real Academia Galega de Ciencias na súa sección de bioloxía, foi a terceira muller que ingresaba, logo de María José Alonso e de Alicia Estévez
  9. 9. 8. Informática Nada na Coruña en 1969, é unha investigadora galega e doutora pola UDC en informática no eido da intelixencia artificial, aprendizaxe computacional e os sistemas baseados no coñecemento. Os seus estudos aplicáronse en medicina para realizar diagnoses antenatais, diagnoses de motores e en predición e xestión de incendios forestais. É membro activo do Grupo de Investigación LIDA (Laboratorio de Investigación e Desenvolvemento en Intelixencia Artificial) e colaboradora da Subdirección Xeral da Axencia Nacional de Avaliación e Prospectiva (ANEP) para a subárea científica de Sistemas Intelixentes.
  10. 10. 9. FARMACIA BIOLOXÍA Nada en Pontevedra o 20 de novembro de 1955 é unha cientifíca galega. Está especializada en ictioloxia. Está licenciada en farmacia, foi catedrática en microbioloxía e estudou as patoloxías dos peixes e os moluscos. É responsable no instituto de agricultura na facultade de bioloxía da universidade de Santiago de Compostela. É membro activo de dez sociedades científicas e da Unidade de Muller e Ciencia da Xunta de Galicia.[
  11. 11. 10. QUÍMICA Nada na Coruña en 1995 é química e divulgadora de ciencia, que mantén no blog Dimetisulfuro. Dirixiu diversas xornadas de divulgación científica, como as de Arte & Ciencia no Museo Guffenheim de Bilbaou ou a cátedra de Cultura Científica da Universidade do País Vasco. Ademais é membro da Asociación Española de Divulgación Científica e colaboradora de Efervescencia. En 2018 participou no programa Girl Stem. Ten publicado na editorial Paidós obras como Todo es cuestión de química ou ¡Qué se le van las vitaminas!
  12. 12. 11. MEDICINA Nada na Veiga (Asturias) en 1895 e finada en Compostela en 1984. Foi unha médica vencellada a Galizia, pioneira e promotora da xenética en España. Filla dun médico de renome. Xunto á súa irmá xemelga chamada Elisa; elas foron as primeiras mulleres en estudar nunha universidade galega. Foron admitidas na facultade de Medicina da Universidade de Santiago. Remataron xuntas a carreira, e concedéronlle o Premio Extraordinario. Foi profesora na Cátedral de Patoloxía Xeral da Universidade Central de Madrid. Durante a guerra civil axudou como médico militar en Santiago de Compostela no hospital instalado no Seminario de San Martín Pinario. Cando rematou a guerra volveu á Madrid. Deu clases na Facultade e traballou no hospital de San Carlos. A finais dos anos 40, sacou as oposicións a médico de balneario e fíxose cargo do de Guitiriz.
  13. 13. 12. QUÍMICA Nada en 1946, é doutora en química. Dende 2009 é profesora da Universidade de Vigo do departamento de Didácticas especiais na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra. É vicepresidenta do Seminario Interdisciplinario de Estudos de Xénero da Universidade. O seu labor docente e investigador en xénero, ciencia e educación foi recoñecido con diversos premios. En 2016 comezou a formar parte da "Sección de Ciencia, Tecnoloxía, Natureza e Sociedade" no Consello da Cultura Galega, na que participa con publicacións e como relatora. En 2017 foi galardoada co Premio Uviguala 2017 da Universidade de Vigo polo seu compromiso coa igualdade de xénero. Forma parte do Comité de Sabias da Cátedra de Feminismos 4.0 da Universidade de Vigo.
  14. 14. 13. FARMACIA Nada en Bandeira (Pontevedra) en 1947. Foi licenciada e doutorada na Universidade de Santiago de Compostela. Incorporouse en 1985 na Universidade de Navarra, foi decana na facultade de farmacia entre 1986 e 1994. Durante moitos anos desempeñou o cargo de vicerrectora da Universidade de Navarra Ingresou na academia de farmacia de Galicia e na Real Academia Galega de Ciencias no 1978, e en 1990 foi nomeada membro da Real Academia de Farmacia en Madrid. A catedrática de farmacia na Universidade de Navarra realizou dúas estancias, unha no departamento de fisioloxía da Universidade de Sheffield, e outra cunha beca no CSIC na Universidade de Oxford. Recibiu a medalla de ouro da Universidade de Navarra.
  15. 15. 14. BIOLOXÍA Nada en Ponteareas en 1977, é licenciada en bioloxía pola Universidade de Vigo. A súa especialidade é a proteómica avanzada e a bioloxía de sistemas, no contexto da seguridade alimentaria e a alerxia aos alimentos de orixe mariña. A súa actividade e experiencia científica viuse reflectida coa participación e liderado de numerosos proxectos nacionais e internacionais, colabora activamente impartindo clases oficiais en diferentes programas de mestrado e doutoramento, participa en diferentes actividades de divulgación da ciencia e é conselleira de diferentes sociedades internacionais de Proteómica e Alimentos. É autora de máis de 50 publicacións científicas.
  16. 16. 15. FÍSICA Nada en Pontevedra o 14 de Novembro de 1928, é unha influínte científica galega. É Doutora en Física (1963). Foi a primeira muller catedrática de física aplicada na Universidade de Santiago de Compostela. Ampliou estudos en Manchester e en 1964 introduciu a microcalorimetría en España. Coordinou o equipo que elaborou o sistema experto para predicir o perigo de incendios forestais en Galicia e o proxecto THOR. Algúns dos seus recoñecementos: Recibiu a Medalla de Ouro da Real Sociedad Española de Física (1992), o Premio Galicia de Investigación Antonio Casares e Rodrigo (1999), o Premio María Wonenburger e a medalla Castelao (2008).
  17. 17. 16. QUÍMICA Nada en Vigo en 1961, é licenciada en química pola Universidade de Compostela. Durante 25 anos desenvolveu o seu labor investigador na área de contaminación mariña e protección ambiental, centrada na avaliación e carcterización de contaminantes químicos en mostras ambientais. Asi mesmo participou no seguimento do impacto xerado por verteduras mariñas tales como as do Casón, a do desastre de Aznalcóllar, o Mar Exeo ou o Prestige. En 2017 recolleu a Medalla de Ouro da Cidade outorgada ao Centro Oceanográfico pola Corporación Municipal de Vigo e a Medalla Castelao, o máximo recoñecemento que outorga a Xunta de Galicia ao traballo da sociedade civil.
  18. 18. 17. QUÍMICA FARMACIA Nada o 2 de xuño de 1934. Obtivo a licenciatura en farmacia (1958) en ciencias químicas (1963) con premio extraordinario na Universidade de Santiago de Compostela e posteriormente o doutorado en farmacia (1964) trasladándose despois á Universidade de Nancy Francia. Comezou a traballar na década de 1960 no Consello de Superior de investigacións científicas. Mantendo na actualidade un campo de investigación sobre solucións para recuperar terreos en zona afectada polo lume. Recibiu o premio María Wonenburger en 2012. Escribiu un libro titulado “El suelo y los incendios forestales en Galicia” .
  19. 19. 18. FÍSICA MATEMÁTICAS Nada en Novelín (Rendar, O Incio) en 1975, é licenciada en física na Universidade de Compostela e profesora na City, Universidade de Londres. Especializada en física de partículas. Na docencia universitaria concéntrase principalmente nas matemáticas e as súas aplicacións. Ten dado cursos de cálculo, programación, ecuacións diferenciais, sistemas dinámicos, teoría dos números, etc. A súa área de Investigación especialízase no estudo de sistemas cuánticos unidimensionais coñecidos como sistemas integrables. Tamén é membro do comité de Igualdade, Diversidade e Inclusión da súa facultade e membro do comité Athena Swan que traballa na eliminación da discriminación de xénero no mundo académico, particularmente nas carreiras científicas.
  20. 20. 19. BIOLOXÍA OCEANOGRAFÍA Nada en Serantes (Ferrol) en 1916. Viviu en España, Reino Unido e en Estados Unidos. Faleceu en 2005 en EEUU. Foi Oceonógrafa e bióloga mariña. De 1941 ata 1948 impartiu clases como profesora de bióloxía, zooloxía, botánica, e xeoloxía. Obtivo o recoñecemento como exemplo de muller científica en women tech world. En 2015 a real academia galega de ciencias (RAGC) celebrou o 1 de xuño, o día da ciencia en Galicia homenaxeando por primeira vez a unha investigagora muller. Publicou libros como: 1951. Anguías e angulas: bioloxía, pesca e consumo. 1969. Los Quetognatos del Atlántico: distribución y notas sistemáticas esenciales.
  21. 21. 20. MICROBIOLOXÍA Nada en Lugo en 1975, é unha experta no estudo de infeccións causadas polo virus da inmunodeficiencia humana (VIH) e o virus da hepatite B, C e delta. En 2012 foi galardoada co Premio para mulleres científicas L’Oréal-UNESCO como recoñecemento á excelencia do traballo científico desenvolvido no Campo das Ciencias da Vida. Destaca tamén a súa implicación en actividades de divulgación como a súa participación no proxecto financiado pola FECYT Biomedicina con e para a sociedade ou a coordinación da participación do INIBIC no Día da Ciencia na Rúa da Coruña.
  22. 22. 21. ASTRONOMÍA Nada en Ourense o 13 de maio de 1914. Foi ao colexio con sete anos, e con nove anos xa estaba preparada para ir ao instituto, por esa razón a súa familia trasladouse a Santiago de Compostela. Estudou bacharelato e estivo de axudante no Departamento de Ciencias no Instituto Arcebispo Xelmírez II. Comezou os estudos superiores na Facultade de Ciencias da USC. Ao acabar a carreira empezou a traballar, desde o 1934 hasta o 1936 traballou como profesora axudante en prácticas. Faleceu o 6 de agosto de 2009. Foi a primeira muller española en defender unha tese sobre astronomía no ano 1963.

×