SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 12
Downloaden Sie, um offline zu lesen
TEMA 13 ROMA, DA REPÚBLICA AO IMPERIO
TEMA 15 A HISPANIA ROMANA
1. Que pobos habitaban a península Itálica cara o século VIII a.C.? Cal deles fundou
Roma? (páx. 238. Ver mapa)
a) De norte a sur: etruscos, sabinos, latinos, samnitas e gregos.
b) A mediados do século VIII a.C. algunhas
tribos de latinos asentáronse nas beiras do
Tíber. Para se protexeren de inundacións e
inimigos instaláronse en sete outeiros, onde
levantaron varios poboados que deron orixe
a Roma.
2. Con que heroe mítico relacionaron os
romanos a fundación da súa cidade? (páx.
239)
Históricas: baseadas na arqueoloxía,
demostran que no século VIII a.C.
agrupáronse algunhas tribos latinas xunto ao
río Tíber a illa Tiberina.
Lendarias: dous relatos
1º Eneas (heroe mítico relacionado coa
fundación de Roma) fillo da deusa Venus
e heroe de guerra en Troia, desembarcou
no Lacio e fundou a cidade. Baseado na
Eneida do poeta Virxilio.
3. Comenta a lenda de Rómulo e Remo.
(páx. 239)
2º Os xemelgos Rómulo e Remo, fillos de
Marte, foron abandonados no Tíber tras o
seu nacemento. Salváronse porque foron
aleitados por unha loba.
4. Que cidade se representa no plano? Onde se localiza? Que río o atravesa? Que
características xeográficas ten? (páx. 238 ver e comentar ilustración)
A cidade de Roma. Sitúase sobre sete outeiros no val do Lacio. O río Tíber pasa
xunto ao núcleo orixinal de Roma. Situada nunha chaira pantanosa, preto da
desembocadura do río Tíber.
5. Que significa a palabra república? Cando se instaurou a república en Roma ata
que ano durou? (páx. 240)
a) A palabra República provén de res pública, que en latín significa cousa pública,
asuntos públicos. Esta forma de goberno significa que a política xa non lle
pertencía a un rei senón ao pobo e ao Senado de Roma.
b) A república durou entre 509 a.C. e o 27 a.C. Case 500 anos ou cinco séculos. É a
etapa intermedia entre a historia antiga romana (entre a Monarquía e o Imperio).
c) SPQR significa Senado e pobo romano. Era o lema da República e gravábase en
moedas, edificios e estandartes.
6. Que dous grupos sociais existían en Roma? Describe as súas características. (páx.
240)
Patricios: minoría de familias aristocráticas que se consideraban descendentes dos
fundadores de Roma. Agrupábanse en grandes familias con antepasados comúns
(gens), eran propietarios de terras e máis de gando, e gobernaban a cidade.
Plebeos, integrados por todos os que chegaron á cidade despois da súa fundación.
Era o grupo máis numeroso e estaba formado por campesiños, artesáns e
comerciantes. Non tiñan propiedades territoriais e carecían de dereitos políticos.
7. Que leis permitiron a igualdade entre patricios e plebeos? (páx. 240)
Durante 200 anos os plebeos loitaron por obter os mesmos dereitos que os
patricios.
Primeiro lograron o dereito a elixir un representante, o tribuno da plebe, que
defendía os seus intereses.
Máis adiante conseguiron unha compilación escrita e pública das leis de Roma: a
Lei das Doce Táboas.
Finalmente obtiveron o dereito ao matrimonio con patricios e o acceso a cargos
públicos.
A partir do século III a. C. As leis igualaban en dereitos a patricios e plebeos,
coverténdose en cidadáns romanos.
8. Explica cal era a función das institucións representadas no esquema? Cal era a
máis importante? (páx. 240-241)
Durante a República houbo tres institucións fundamentais: Senado, maxistrados e
comicios.
Senado: centro da vida pública (a máis importante). Debía ser consultado en todos
os asuntos e dispoñía das finanzas.
Maxistrados: encargábanse do goberno e exercían o seu poder en nome do Senado
e do pobo de Roma que os elixía.
Comicios: asembleas formadas por cidadáns que se reunían para votar as leis e
elixir maxistrados.
9. Quen formaban o Senado? E os comicios? Cantos tipos de comicios existían? Cal
era o máis importante? Como se exercía o voto nos comicios? (páx. 241)
O Senado estaba formado por 300 antigos maxistrados. Dirixían a política exterior e
as finanzas. Aconsellaban aos maxistrados e ratificaban as leis aprobadas nos
comicios.
Había tres tipos de comicios.
Comicios curiados: formado segundo a orixe familiar. Non tiñan función política.
Comicios tribunados: segundo a residencia. Elixían maxistrados inferiores e o
tribuno da plebe.
Comicios centuriados: segundo a riqueza elixen aos maxistrados superiores.
Maxistraturas: iniciábase o cursus honorum coas maxistraturas inferiores e dentro
destas a máis pequena era a de Edil: administraba a cidade de Roma.
Cuestor: recadaban os impostos.
Tribunos da Plebe (mentres existíu ata o século III a.C.). Podía oporse ás decisións
dos outros maxistrados.
MAXISTRATURAS SUPERIORES:
Censor: censaban aos cidadáns e nomeaban o senado.
Pretor: administraban a xustiza.
Cónsul: dirixían o goberno e o exército.
10. Imaxina que es unha muller, un estranxeiro, un escravo ou cidadán moi pobre en
Roma. Que opinarías dos sistema político romano? Cres que estarías de acordo
coa afirmación de que a República romana era unha oligarquía máis que unha
verdadeira democracia? Argumenta a túa desposta explicando que caracteriza
para ti na actualidade unha democracia. (páx. 240-241)
As mulleres e estranxeiros carecían de dereitos políticos e os cidadáns pobres
tiñan pouca influencia e ningunha posibilidade de seren maxistrados ou senadores.
Así a República romana era máis ben unha oligarquía (goberno dunha minoría que
tiña o poder económico) ca unha democracia.
11. Observa o mapa da páxina 242 e comenta como se expandíu a República romana.
Indica as fases e os territorios dominado en cada etapa. (páx. 242)
a) Primeira fase: Ata o 264 a.C. comprendía a maioría da península Itálica.
b) Segunda fase: Do 264 ao 201 a.C.: o sueste de Hispania e cunca do río Po.
c) Terceira fase: 201 ao 60 a.C.: conquista do resto da península Itálica, Sicilia,
Córsega e Sardeña, o sur de Francia e a maioría de península Ibérica, Cartago, a
Cirenacia, Grecia, Siria, Asia e Dalmacia.
d) Cuarta fase: 60 a.C. ao 14 d.C.: Galia, Mauritania, África, Exipto, Rexa, Panonia,
Macedonia.
e) Quinta fase: 14-117 d.C.: Britania, Dacia e Ponto.
12. Que papel desempeñou o exército nesa expansión? Por que era tan poderoso?
Como se organizaba? (páx. 242)
A razón fundamental para tan enorme expansión foi que a República de Roma
contaba cun poderoso e eficaz exército. Estaba formado por tódolos cidadáns entre
17 e 60 anos.
Se alguén non se incorporaba ao exército cando era chamado considerábaselle un
desertor, perdía a cidadanía e podía pasar a ser escravo. Defender e engrandecer a
República era un deber sagrado.
13. Que foron as guerras púnicas? Quen venceu? Que supuxo para os romanos?
(busca información en internet ou nunha enciclopedia)
a) O enfrontamento entre Roma e Cartago. As guerras foron entre o 264 e 146 a.C.
b) Venceu Roma.
c) Supuxo o dominio do Mediterráneo Occidental.
14. Cantos soldados tiña unha lexión romana? Cal era a media de duración do servizo
militar? Describe o equipamento dun soldado romano. Que é a formación en cuña?
E a formación en tartaruga? Cal cres que ten unha función defensiva e ofensiva?
Razoa a resposta (páx. 242)
a) 5.500 soldados.
b) 20 anos.
c) Portaban casco, escudo, lanza, coiraza, mandil e espada.
d) Formación en cuña: formación en triángulo con ángulo agudo para introducirse
nas fileiras inimigas.
e) Formación en tartaruga: varios homes forman un rectángulo protexidos por
todas as caras con escudos e ir ao asalto das murallas inimigas.
f) A primeira táctica é máis ofensiva e a segunda máis defensiva.
15.Por que os romanos chámanlle Mare Nostrum ao Mar Mediterráneo? (mirando o
mapa páx. 242 razoa a resposta)
Porque as terras do seu perímetro (que rodeaban este mar) foron conquistadas por
eles.
16.Que países actuais (total ou parcialmente) estiveron ocupados polos romanos na
antigüidade? Cantos pertencen a Europa, Asia e África? (compara o mapa da páx. 242
cun atlas actual)
Europa: España, Portugal, Francia, Gran Bretaña, Luxemburgo, Bélxica, Suíza,
Austria, Alemaña, Italia, Serbia, Croacia, Bosnia, Montenegro, Albania, Macedonia,
Grecia, Bulgaria, Hungría, Romanía, Moldavia.
Asia: Turquía, Siria, Líbano, Xordania, Israel.
África: Marrocos, Alxeria, Tunisia, Libia e Exipto.
17.Investiga por internet: cantas linguas que se falan na actualidade proceden do latín
(incluídos o galego e o español)
As máis destacadas son: español, galego, portugués, catalán, francés, italiano e
rumano (todas elas con variedades dialectais)
18. Cando e por que caeu a República romana? Que veu despois? Quen o creou? (páx.
243-244)
No século I a.C. despois de varios conflitos sociais motivados polas desigualdades
sociais (levantamentos dos Graco (II a.C.) dos escravos (Espartaco 78-71 a.C.) e as
guerras civís. Fixeron que as institucións da república, principalmente o Senado
debilitárase e fose cada vez máis importante o papel do exército. Os xenerais
romanos terán cada vez máis protagonismo na política e un deles, Octavio Augusto
eliminará a República e proclamará o Imperio no 27 a.C.
19. Explica como Augusto puxo fin á República e proclamou o Imperio. (páx. 244)
Trala morte de Xulio César, o seu
fillo adoptivo Octavio venceu aos
seus rivais nunha guerra civil e
converteuse no home máis
poderoso de Roma. O Senado
concedeulle o título de Augusto,
que significa “elixido dos
deuses”. Concentrou na súa
persoa tódolos poderes civís e
militares e inaugura a nova etapa
o imperio: reunía comicios,
nomeaba maxistrados e ditaba
tódalas leis (editos) que se
aplicaban en todo o imperio. Era
cónsul vitalicio e gran pontífice.
20.Compara o sistema de goberno da República co do Imperio. Cales eran as súas
principais diferenzas? (páx. 244)
Concentración de todo o poder no emperador.
As institucións republicanas, como o Senado, os maxistrados e os comicios
continuaron existindo, pero foron desposuídos das súas funcións. En principio, o
título de emperador non era hereditario, pero a maioría de emperadores
sucedéronse de pai a fillo.
21.Que etapa tivo lugar no Imperio nos séculos I e II? Cales son as características?
Como se administraba? (páx. 244-245)
Unha etapa de prosperidade. Ao longo destes séculos o Imperio acadou a súa
máxima expansión. Neste período coñecido como a pax romana, apenas houbo
guerras exteriores. Foi tamén unha época de prosperidade económica.
Creouse unha impresionante rede de calzadas que comunicaba tódalas partes do
Imperio.
No ano 212, o emperador Caracalla concedeulles a cidadanía romana a tódolos
habitantes do Imperio.
22.Describe os principais monumentos que había na Roma imperial? (páx. 247)
1. Estadio.
2. Panteón
3. Mercado de Traxano.
4. Termas de Agripa.
5. Foro.
6. Illa Tiberina.
7. Templo de Xúpiter.
8. Templo de Venus.
9. Circo máximo.
10.Palacio Imperial.
11.Acueduto.
12.Coliseo.
13.Arco de Constantino.
23. Que eran as ínsulas? E as thermapolia? (páx. 246)
Ínsulas: edificios de pisos romanos.
Thermapolia: tarbernas.
24. Enumera os grupos sociais que había na Roma imperial. (páx. 248)
Desde Caracalla (212 d.C.) a maioría dos homes libres gozaban de cidadanía
romana. Tiñan dereitos políticos e estaban protexidos polas leis. Existían diferenzas
de fortuna:
Nobilitas: clase senatorial. Altos cargos do imperio, os plebeos moi ricos,
dedicados aos negocios, e os cargos intermedios da administración: cabaleiros.
A meirande parte situábase na plebe: gran masa de campesiños e asalariados
urbanos. Cando a plebe non tiña traballo, vivía do que lle proporcionaba o Estado:
“pan e circo”.
Por debaixo libertos e escravos.
25.Cal era a situación dos escravos e dos libertos? (páx. 248)
Os escravos eran moi numerosos, sobre todo logo das conquistas, e na cidade de
Roma constituían a metade da poboación. Realizaban aqueles traballos máis duros,
pero tamén se ocupaban do ensino ou das tarefas administrativas.
Os escravos podían ser liberados (libertos) e adquirir a cidadanía romana. O
número de libertos foi cada vez maior no Imperio.
26. Explica por que o imperio romano entrou en crise a partir do século III. (páx. 252)
Basicamente porque era excesivamente grande para ser administrado dende un
poder centralizado. O imperio era moi grande pero esixía moitos recursos para
mantelo: soldados, impostos... Cada vez había revoltas que eran máis difíciles de
controlar.
27.Quen e cando se
produciu a
división do
Imperio? Que
causas o
impulsaron? Que
decisión tomou o
emperador
Teodosio?
Cando? Que
sucedeu en
Oriente? E en
Occidente? (páx.
253)
a) No ano 396 o
emperador Teodosio.
Entre o seu fillo
Arcadio (con capital en Constantinopla) o leste máis rico e Honorio (coa capital en
Roma e Rávena) o oeste máis pobre.
b) As revoltas internas, os enfrontamentos entre os propios militares, o descenso
da produción agrícola e mineira, a paralización do comercio, as invasións bárbaras...
foron as causas.
28. Que emperador tolerou o cristianismo como relixión no Imperio? A través de que
edicto e en que ano? Que outro emperador fixo do cristianismo relixión oficial? En
que ano? Que significa que a tolerancia e a oficialidade dunha relixión? (páx. 252)
O emperador que tolerou o cristianismo foi Constantino a través do edicto de Milán
no ano 313. Teodosio, no edicto de Tesalónica decreta que este sexa relixión oficial
de todo o imperio.
Por tolerancia entendemos que se permite un tipo de credo ou relixión sen
impoñelo aos demais.
Por oficial entendemos que a única relixión permitida en todo o imperio era a cristiá.
Perseguindo polo tanto os outros tipos de relixións ou credos ou a non crenza en
ningún tipo de relixións.
29. Como se produciu a fin do Imperio de Occidente? Que pasou sen embargo na
parta Oriental? Que territorios comprendía? (páx. 253)
Dende o século III os pobos xermánicos (suevos, vándalos, alanos, visigodos)
levaban traspasando a fronteira do imperio romano na parte occidental e
instalándose nel. A comezos do século V, e empurrados por un pobo chegado de
Asia central, os hunos produciuse unha nova ondada de invasións. No 476,
Odoacro, xefe dos hérulos destituíu a Rómulo Augusto, un neno de dez anos, que
foi o derradeiro emperador romano de Occidente.
30. Quen foron os que se enfrontaron nas chamadas Guerras Púnicas? Por que? (páx.
282)
Xa está contestada na número 17.
31. Describe as fases da conquista romana da península Ibérica? Que pobos lle
ofreceron máis resistencia? (páx. 283)
a) Catro fases:
1ª 218-202 a.C.: costa Mediterránea. Dentro das guerras púnicas.
2ª 201-154 a.C.: conquista do Sistema Ibérico. Pouca oposición por parte dos Iberos.
3ª 154-133 a.C.: parte occidental da península. Resistencia de lusitanos e celtiberos.
4ª 29-19 a.C.: norte peninsular: galaicos, cántabros e ástures. Forte resistencia.
b) Os lusitanos liderados por Viriato no 139 a.C.
Os celtiberos resitencia de Numancia no 133 a.C.
E na última fase os galaicos, ástures e cántabros.
32. En que diferentes provincias dividiron
Hispania os romanos? Cal era a capital de
cada unha delas? Sinalando as distintas
etapas. Con que cidade coincide na
actualidade? (páx. 284)
Cos romanos (s. III a.C.-V) creouse a primeira
organización administrativa que evolucionou
de dúas a sete provincias.
1ª división: no ano 197 a. C. os romanos
Dividiron o territorio en dúas provincias:
Hispania Ulterior e Hispania Citerior.
2ª división: Octavio Augusto estableceu tres
provincias: Bética, Lusitania e Tarraconense.
3ª división: 298. Emperador Diocleciano:
Bética: Córduba: Córdoba.
Cartaxinense: Cartago Nova: Cartaxena.
Lusitania: Emérita: Mérida.
Tarraconense: Tarraco: Tarragona.
Gallaecia: Braccara: Braga.
Baleárica: Pollentia.
33. Cales eran as principais
calzadas romanas? Que
cidades unían? Que vías
conectaban Hispania co resto
do Imperio? (páx. 285)
Vía da Prata: unía Astúrica Augusta
(Astorga) con Hispalis (Sevilla).
Vía Augusta: unía Tarraco
(Tarragona) con Gades (Cádiz).
Todo o Mediterráneo. Esta vía
conectaba co resto do Imperio.
34. Que achegas introduciron os
romanos na agricultura? (páx.
290)
O arado, fertilizantes e o barbeito.
Explotaron grandes extensións de
terras: latifundios, nos que se
producía trigo, aceite e viño.
35.Que minerais extraían de
Hispania? Onde se localizaban?
(páx. 290).
Minerais: ouro, prata, ferro, cobre,
estaño, sal.
Ouro: As Médulas (O Bierzo)
Estaño: Galicia e oeste peninsular.
Mercurio: Almadén.
36. Nun mapa mudo de España
sitúa localidades que teñen
monumentos romanos (teatros,
anfiteatros, circos, termas,
murallas, pontes, acueductos,
arcos de triunfo, templos,
monumentos funerarios) (páx.
292)
Por exemplo: teatro de Mérida,
anfiteatro de Itálica, murallas de
Lugo, templo de Diana en Mérida,
ponte de Alcántara, acueduto de
Segovia, arco de Bará en Tarragona...
37. Que territorios comprendían a
Gallaecia romana?
Administrativamente como se
dividían? Que recursos explotaron os
romanos en Galicia? (páx. 293)
Actual Galicia, occidente e centro de
Asturias e León e norte de Portugal (ata
desembocadura do Douro). Dividíanse en
conventus. O de Lugo comprendía
practicamente a actual Galicia.
38. Cita tres localidades fundadas polos
romanos na Gallaecia? Cita tres
monumentos da época romana? (páx.
293)
a) Lugo, Iria Flavia (Padrón) ou Brigantium (A Coruña).
b) Torre de Hércules, murallas de Lugo, ponte romana en Ourense.

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt?

Tema 13 O imperio romano
Tema 13 O imperio romanoTema 13 O imperio romano
Tema 13 O imperio romanorubempaul
 
Tema 15 Galicia na Hispania romana
Tema 15 Galicia na Hispania romanaTema 15 Galicia na Hispania romana
Tema 15 Galicia na Hispania romanarubempaul
 
O Imperio Romano (doc)
O Imperio Romano (doc)O Imperio Romano (doc)
O Imperio Romano (doc)Dudas-Historia
 
Tema 10. Exipto. Versión 2014 2015
Tema 10. Exipto. Versión 2014 2015Tema 10. Exipto. Versión 2014 2015
Tema 10. Exipto. Versión 2014 2015Dudas-Historia
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romanarubempaul
 
10 a civilización romana 2016
10 a civilización romana 201610 a civilización romana 2016
10 a civilización romana 2016roberto
 
Tema 13. o imperio romano
Tema 13. o imperio romanoTema 13. o imperio romano
Tema 13. o imperio romanoDudas-Historia
 
Tema 1. Lecciones 3 5. Legado Romano Visigodos
Tema 1. Lecciones 3 5. Legado Romano VisigodosTema 1. Lecciones 3 5. Legado Romano Visigodos
Tema 1. Lecciones 3 5. Legado Romano Visigodosdudashistoria
 
"Hispania Romana" por Marina
"Hispania Romana" por Marina"Hispania Romana" por Marina
"Hispania Romana" por Marinaluisamariaarias
 
Os grandes Reinos Peninsulares
Os grandes Reinos PeninsularesOs grandes Reinos Peninsulares
Os grandes Reinos PeninsularesAgrela Elvixeo
 
Tema 10 Mesopotamia e Exipto
Tema 10 Mesopotamia e ExiptoTema 10 Mesopotamia e Exipto
Tema 10 Mesopotamia e Exiptorubempaul
 
Tema 14 A herdanza da cultura clásica
Tema 14 A herdanza da cultura clásicaTema 14 A herdanza da cultura clásica
Tema 14 A herdanza da cultura clásicarubempaul
 
Os pobos prerromanos e a Hispania romana
Os pobos prerromanos e a Hispania romanaOs pobos prerromanos e a Hispania romana
Os pobos prerromanos e a Hispania romanarubempaul
 
Os pobos prerromanos e a Hispania romana
Os pobos prerromanos e a Hispania romanaOs pobos prerromanos e a Hispania romana
Os pobos prerromanos e a Hispania romanarubempaul
 
Tema XII Roma 1ª parte
Tema XII Roma 1ª parteTema XII Roma 1ª parte
Tema XII Roma 1ª parteSanti Pazos
 
A península ibérica na antigüidade
A península ibérica na antigüidadeA península ibérica na antigüidade
A península ibérica na antigüidadecelia ameneiro
 

Was ist angesagt? (20)

Tema 13 O imperio romano
Tema 13 O imperio romanoTema 13 O imperio romano
Tema 13 O imperio romano
 
Tema 15 Galicia na Hispania romana
Tema 15 Galicia na Hispania romanaTema 15 Galicia na Hispania romana
Tema 15 Galicia na Hispania romana
 
O Imperio Romano (doc)
O Imperio Romano (doc)O Imperio Romano (doc)
O Imperio Romano (doc)
 
A Europa feudal
A Europa feudalA Europa feudal
A Europa feudal
 
Tema 10. Exipto. Versión 2014 2015
Tema 10. Exipto. Versión 2014 2015Tema 10. Exipto. Versión 2014 2015
Tema 10. Exipto. Versión 2014 2015
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romana
 
10 a civilización romana 2016
10 a civilización romana 201610 a civilización romana 2016
10 a civilización romana 2016
 
Castro de Elviña
Castro de ElviñaCastro de Elviña
Castro de Elviña
 
Tema 13. o imperio romano
Tema 13. o imperio romanoTema 13. o imperio romano
Tema 13. o imperio romano
 
Tema 1. Lecciones 3 5. Legado Romano Visigodos
Tema 1. Lecciones 3 5. Legado Romano VisigodosTema 1. Lecciones 3 5. Legado Romano Visigodos
Tema 1. Lecciones 3 5. Legado Romano Visigodos
 
Hispania romana. Lidia
Hispania romana. LidiaHispania romana. Lidia
Hispania romana. Lidia
 
"Hispania Romana" por Marina
"Hispania Romana" por Marina"Hispania Romana" por Marina
"Hispania Romana" por Marina
 
Os grandes Reinos Peninsulares
Os grandes Reinos PeninsularesOs grandes Reinos Peninsulares
Os grandes Reinos Peninsulares
 
Tema 10 Mesopotamia e Exipto
Tema 10 Mesopotamia e ExiptoTema 10 Mesopotamia e Exipto
Tema 10 Mesopotamia e Exipto
 
Galicia un reino
Galicia un reinoGalicia un reino
Galicia un reino
 
Tema 14 A herdanza da cultura clásica
Tema 14 A herdanza da cultura clásicaTema 14 A herdanza da cultura clásica
Tema 14 A herdanza da cultura clásica
 
Os pobos prerromanos e a Hispania romana
Os pobos prerromanos e a Hispania romanaOs pobos prerromanos e a Hispania romana
Os pobos prerromanos e a Hispania romana
 
Os pobos prerromanos e a Hispania romana
Os pobos prerromanos e a Hispania romanaOs pobos prerromanos e a Hispania romana
Os pobos prerromanos e a Hispania romana
 
Tema XII Roma 1ª parte
Tema XII Roma 1ª parteTema XII Roma 1ª parte
Tema XII Roma 1ª parte
 
A península ibérica na antigüidade
A península ibérica na antigüidadeA península ibérica na antigüidade
A península ibérica na antigüidade
 

Ähnlich wie Actividades Imperio Romano. Hispania Romana

Presentación 6a
Presentación 6aPresentación 6a
Presentación 6alupemm
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romanamasinisa
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romanarubempaul
 
14c historia dos romanos
14c historia dos romanos14c historia dos romanos
14c historia dos romanosroberto
 
Sistemas de goberno Gregos e Romanos
Sistemas de goberno Gregos e RomanosSistemas de goberno Gregos e Romanos
Sistemas de goberno Gregos e RomanosAlfonso Blanco
 
Sistemas de goberno Gregos e Romanos
Sistemas de goberno Gregos e RomanosSistemas de goberno Gregos e Romanos
Sistemas de goberno Gregos e RomanosAlfonso Blanco
 
Presentacion final Roma
Presentacion final RomaPresentacion final Roma
Presentacion final Romalolifreire
 
Historia de Roma
Historia de RomaHistoria de Roma
Historia de Romadomenechino
 
Historia De Roma (2) A República
Historia De Roma (2) A RepúblicaHistoria De Roma (2) A República
Historia De Roma (2) A RepúblicaAlfonso Blanco
 
Historia De Roma (2) A República
Historia De Roma (2) A RepúblicaHistoria De Roma (2) A República
Historia De Roma (2) A RepúblicaAlfonso Blanco
 

Ähnlich wie Actividades Imperio Romano. Hispania Romana (20)

Unidade 10 roma
Unidade 10 romaUnidade 10 roma
Unidade 10 roma
 
Presentación 6a
Presentación 6aPresentación 6a
Presentación 6a
 
O Imperio Romano
O Imperio RomanoO Imperio Romano
O Imperio Romano
 
A CIVILIZACIÓN GREGA.pdf
A CIVILIZACIÓN GREGA.pdfA CIVILIZACIÓN GREGA.pdf
A CIVILIZACIÓN GREGA.pdf
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romana
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romana
 
14c historia dos romanos
14c historia dos romanos14c historia dos romanos
14c historia dos romanos
 
Antiga Roma Share
Antiga Roma ShareAntiga Roma Share
Antiga Roma Share
 
Sistemas de goberno Gregos e Romanos
Sistemas de goberno Gregos e RomanosSistemas de goberno Gregos e Romanos
Sistemas de goberno Gregos e Romanos
 
Sistemas de goberno Gregos e Romanos
Sistemas de goberno Gregos e RomanosSistemas de goberno Gregos e Romanos
Sistemas de goberno Gregos e Romanos
 
Presentacion final Roma
Presentacion final RomaPresentacion final Roma
Presentacion final Roma
 
RoMa
RoMaRoMa
RoMa
 
Historia de Roma
Historia de RomaHistoria de Roma
Historia de Roma
 
Tito livio
Tito livioTito livio
Tito livio
 
Presentacion
PresentacionPresentacion
Presentacion
 
Grecia e roma
Grecia e romaGrecia e roma
Grecia e roma
 
SD 9. Civilización romana.pdf
SD 9. Civilización romana.pdfSD 9. Civilización romana.pdf
SD 9. Civilización romana.pdf
 
Roma
RomaRoma
Roma
 
Historia De Roma (2) A República
Historia De Roma (2) A RepúblicaHistoria De Roma (2) A República
Historia De Roma (2) A República
 
Historia De Roma (2) A República
Historia De Roma (2) A RepúblicaHistoria De Roma (2) A República
Historia De Roma (2) A República
 

Mehr von Agrela Elvixeo

Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaAgrela Elvixeo
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaAgrela Elvixeo
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaAgrela Elvixeo
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAgrela Elvixeo
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEAgrela Elvixeo
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaAgrela Elvixeo
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaAgrela Elvixeo
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Agrela Elvixeo
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Agrela Elvixeo
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de CecebreAgrela Elvixeo
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxAgrela Elvixeo
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916Agrela Elvixeo
 
Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Agrela Elvixeo
 
Mulleres no Seminario de Estudos Galegos
Mulleres no Seminario de Estudos GalegosMulleres no Seminario de Estudos Galegos
Mulleres no Seminario de Estudos GalegosAgrela Elvixeo
 
SANTA COMPAÑA-SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO.pptx
SANTA COMPAÑA-SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO.pptxSANTA COMPAÑA-SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO.pptx
SANTA COMPAÑA-SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO.pptxAgrela Elvixeo
 

Mehr von Agrela Elvixeo (20)

Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
 
60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx
 
Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)
 
Mulleres no Seminario de Estudos Galegos
Mulleres no Seminario de Estudos GalegosMulleres no Seminario de Estudos Galegos
Mulleres no Seminario de Estudos Galegos
 
SANTA COMPAÑA-SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO.pptx
SANTA COMPAÑA-SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO.pptxSANTA COMPAÑA-SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO.pptx
SANTA COMPAÑA-SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO.pptx
 

Actividades Imperio Romano. Hispania Romana

  • 1. TEMA 13 ROMA, DA REPÚBLICA AO IMPERIO TEMA 15 A HISPANIA ROMANA 1. Que pobos habitaban a península Itálica cara o século VIII a.C.? Cal deles fundou Roma? (páx. 238. Ver mapa) a) De norte a sur: etruscos, sabinos, latinos, samnitas e gregos. b) A mediados do século VIII a.C. algunhas tribos de latinos asentáronse nas beiras do Tíber. Para se protexeren de inundacións e inimigos instaláronse en sete outeiros, onde levantaron varios poboados que deron orixe a Roma. 2. Con que heroe mítico relacionaron os romanos a fundación da súa cidade? (páx. 239) Históricas: baseadas na arqueoloxía, demostran que no século VIII a.C. agrupáronse algunhas tribos latinas xunto ao río Tíber a illa Tiberina. Lendarias: dous relatos 1º Eneas (heroe mítico relacionado coa fundación de Roma) fillo da deusa Venus e heroe de guerra en Troia, desembarcou no Lacio e fundou a cidade. Baseado na Eneida do poeta Virxilio. 3. Comenta a lenda de Rómulo e Remo. (páx. 239) 2º Os xemelgos Rómulo e Remo, fillos de Marte, foron abandonados no Tíber tras o seu nacemento. Salváronse porque foron aleitados por unha loba.
  • 2. 4. Que cidade se representa no plano? Onde se localiza? Que río o atravesa? Que características xeográficas ten? (páx. 238 ver e comentar ilustración) A cidade de Roma. Sitúase sobre sete outeiros no val do Lacio. O río Tíber pasa xunto ao núcleo orixinal de Roma. Situada nunha chaira pantanosa, preto da desembocadura do río Tíber. 5. Que significa a palabra república? Cando se instaurou a república en Roma ata que ano durou? (páx. 240) a) A palabra República provén de res pública, que en latín significa cousa pública, asuntos públicos. Esta forma de goberno significa que a política xa non lle pertencía a un rei senón ao pobo e ao Senado de Roma. b) A república durou entre 509 a.C. e o 27 a.C. Case 500 anos ou cinco séculos. É a etapa intermedia entre a historia antiga romana (entre a Monarquía e o Imperio). c) SPQR significa Senado e pobo romano. Era o lema da República e gravábase en moedas, edificios e estandartes. 6. Que dous grupos sociais existían en Roma? Describe as súas características. (páx. 240)
  • 3. Patricios: minoría de familias aristocráticas que se consideraban descendentes dos fundadores de Roma. Agrupábanse en grandes familias con antepasados comúns (gens), eran propietarios de terras e máis de gando, e gobernaban a cidade. Plebeos, integrados por todos os que chegaron á cidade despois da súa fundación. Era o grupo máis numeroso e estaba formado por campesiños, artesáns e comerciantes. Non tiñan propiedades territoriais e carecían de dereitos políticos. 7. Que leis permitiron a igualdade entre patricios e plebeos? (páx. 240) Durante 200 anos os plebeos loitaron por obter os mesmos dereitos que os patricios. Primeiro lograron o dereito a elixir un representante, o tribuno da plebe, que defendía os seus intereses. Máis adiante conseguiron unha compilación escrita e pública das leis de Roma: a Lei das Doce Táboas. Finalmente obtiveron o dereito ao matrimonio con patricios e o acceso a cargos públicos. A partir do século III a. C. As leis igualaban en dereitos a patricios e plebeos, coverténdose en cidadáns romanos. 8. Explica cal era a función das institucións representadas no esquema? Cal era a máis importante? (páx. 240-241) Durante a República houbo tres institucións fundamentais: Senado, maxistrados e comicios. Senado: centro da vida pública (a máis importante). Debía ser consultado en todos os asuntos e dispoñía das finanzas. Maxistrados: encargábanse do goberno e exercían o seu poder en nome do Senado e do pobo de Roma que os elixía. Comicios: asembleas formadas por cidadáns que se reunían para votar as leis e elixir maxistrados. 9. Quen formaban o Senado? E os comicios? Cantos tipos de comicios existían? Cal era o máis importante? Como se exercía o voto nos comicios? (páx. 241) O Senado estaba formado por 300 antigos maxistrados. Dirixían a política exterior e as finanzas. Aconsellaban aos maxistrados e ratificaban as leis aprobadas nos comicios. Había tres tipos de comicios. Comicios curiados: formado segundo a orixe familiar. Non tiñan función política. Comicios tribunados: segundo a residencia. Elixían maxistrados inferiores e o tribuno da plebe. Comicios centuriados: segundo a riqueza elixen aos maxistrados superiores. Maxistraturas: iniciábase o cursus honorum coas maxistraturas inferiores e dentro destas a máis pequena era a de Edil: administraba a cidade de Roma. Cuestor: recadaban os impostos. Tribunos da Plebe (mentres existíu ata o século III a.C.). Podía oporse ás decisións dos outros maxistrados. MAXISTRATURAS SUPERIORES: Censor: censaban aos cidadáns e nomeaban o senado. Pretor: administraban a xustiza. Cónsul: dirixían o goberno e o exército.
  • 4. 10. Imaxina que es unha muller, un estranxeiro, un escravo ou cidadán moi pobre en Roma. Que opinarías dos sistema político romano? Cres que estarías de acordo coa afirmación de que a República romana era unha oligarquía máis que unha verdadeira democracia? Argumenta a túa desposta explicando que caracteriza para ti na actualidade unha democracia. (páx. 240-241) As mulleres e estranxeiros carecían de dereitos políticos e os cidadáns pobres tiñan pouca influencia e ningunha posibilidade de seren maxistrados ou senadores. Así a República romana era máis ben unha oligarquía (goberno dunha minoría que tiña o poder económico) ca unha democracia. 11. Observa o mapa da páxina 242 e comenta como se expandíu a República romana. Indica as fases e os territorios dominado en cada etapa. (páx. 242) a) Primeira fase: Ata o 264 a.C. comprendía a maioría da península Itálica. b) Segunda fase: Do 264 ao 201 a.C.: o sueste de Hispania e cunca do río Po. c) Terceira fase: 201 ao 60 a.C.: conquista do resto da península Itálica, Sicilia, Córsega e Sardeña, o sur de Francia e a maioría de península Ibérica, Cartago, a Cirenacia, Grecia, Siria, Asia e Dalmacia. d) Cuarta fase: 60 a.C. ao 14 d.C.: Galia, Mauritania, África, Exipto, Rexa, Panonia, Macedonia. e) Quinta fase: 14-117 d.C.: Britania, Dacia e Ponto.
  • 5. 12. Que papel desempeñou o exército nesa expansión? Por que era tan poderoso? Como se organizaba? (páx. 242) A razón fundamental para tan enorme expansión foi que a República de Roma contaba cun poderoso e eficaz exército. Estaba formado por tódolos cidadáns entre 17 e 60 anos. Se alguén non se incorporaba ao exército cando era chamado considerábaselle un desertor, perdía a cidadanía e podía pasar a ser escravo. Defender e engrandecer a República era un deber sagrado. 13. Que foron as guerras púnicas? Quen venceu? Que supuxo para os romanos? (busca información en internet ou nunha enciclopedia) a) O enfrontamento entre Roma e Cartago. As guerras foron entre o 264 e 146 a.C. b) Venceu Roma. c) Supuxo o dominio do Mediterráneo Occidental. 14. Cantos soldados tiña unha lexión romana? Cal era a media de duración do servizo militar? Describe o equipamento dun soldado romano. Que é a formación en cuña? E a formación en tartaruga? Cal cres que ten unha función defensiva e ofensiva? Razoa a resposta (páx. 242) a) 5.500 soldados. b) 20 anos. c) Portaban casco, escudo, lanza, coiraza, mandil e espada. d) Formación en cuña: formación en triángulo con ángulo agudo para introducirse nas fileiras inimigas. e) Formación en tartaruga: varios homes forman un rectángulo protexidos por todas as caras con escudos e ir ao asalto das murallas inimigas. f) A primeira táctica é máis ofensiva e a segunda máis defensiva. 15.Por que os romanos chámanlle Mare Nostrum ao Mar Mediterráneo? (mirando o mapa páx. 242 razoa a resposta) Porque as terras do seu perímetro (que rodeaban este mar) foron conquistadas por eles. 16.Que países actuais (total ou parcialmente) estiveron ocupados polos romanos na antigüidade? Cantos pertencen a Europa, Asia e África? (compara o mapa da páx. 242 cun atlas actual) Europa: España, Portugal, Francia, Gran Bretaña, Luxemburgo, Bélxica, Suíza, Austria, Alemaña, Italia, Serbia, Croacia, Bosnia, Montenegro, Albania, Macedonia, Grecia, Bulgaria, Hungría, Romanía, Moldavia. Asia: Turquía, Siria, Líbano, Xordania, Israel. África: Marrocos, Alxeria, Tunisia, Libia e Exipto. 17.Investiga por internet: cantas linguas que se falan na actualidade proceden do latín (incluídos o galego e o español)
  • 6. As máis destacadas son: español, galego, portugués, catalán, francés, italiano e rumano (todas elas con variedades dialectais) 18. Cando e por que caeu a República romana? Que veu despois? Quen o creou? (páx. 243-244) No século I a.C. despois de varios conflitos sociais motivados polas desigualdades sociais (levantamentos dos Graco (II a.C.) dos escravos (Espartaco 78-71 a.C.) e as guerras civís. Fixeron que as institucións da república, principalmente o Senado debilitárase e fose cada vez máis importante o papel do exército. Os xenerais romanos terán cada vez máis protagonismo na política e un deles, Octavio Augusto eliminará a República e proclamará o Imperio no 27 a.C. 19. Explica como Augusto puxo fin á República e proclamou o Imperio. (páx. 244) Trala morte de Xulio César, o seu fillo adoptivo Octavio venceu aos seus rivais nunha guerra civil e converteuse no home máis poderoso de Roma. O Senado concedeulle o título de Augusto, que significa “elixido dos deuses”. Concentrou na súa persoa tódolos poderes civís e militares e inaugura a nova etapa o imperio: reunía comicios, nomeaba maxistrados e ditaba tódalas leis (editos) que se aplicaban en todo o imperio. Era cónsul vitalicio e gran pontífice. 20.Compara o sistema de goberno da República co do Imperio. Cales eran as súas principais diferenzas? (páx. 244) Concentración de todo o poder no emperador. As institucións republicanas, como o Senado, os maxistrados e os comicios continuaron existindo, pero foron desposuídos das súas funcións. En principio, o título de emperador non era hereditario, pero a maioría de emperadores sucedéronse de pai a fillo. 21.Que etapa tivo lugar no Imperio nos séculos I e II? Cales son as características? Como se administraba? (páx. 244-245) Unha etapa de prosperidade. Ao longo destes séculos o Imperio acadou a súa máxima expansión. Neste período coñecido como a pax romana, apenas houbo guerras exteriores. Foi tamén unha época de prosperidade económica. Creouse unha impresionante rede de calzadas que comunicaba tódalas partes do Imperio. No ano 212, o emperador Caracalla concedeulles a cidadanía romana a tódolos habitantes do Imperio.
  • 7. 22.Describe os principais monumentos que había na Roma imperial? (páx. 247) 1. Estadio. 2. Panteón 3. Mercado de Traxano. 4. Termas de Agripa. 5. Foro. 6. Illa Tiberina. 7. Templo de Xúpiter. 8. Templo de Venus. 9. Circo máximo. 10.Palacio Imperial. 11.Acueduto. 12.Coliseo. 13.Arco de Constantino. 23. Que eran as ínsulas? E as thermapolia? (páx. 246) Ínsulas: edificios de pisos romanos. Thermapolia: tarbernas.
  • 8. 24. Enumera os grupos sociais que había na Roma imperial. (páx. 248) Desde Caracalla (212 d.C.) a maioría dos homes libres gozaban de cidadanía romana. Tiñan dereitos políticos e estaban protexidos polas leis. Existían diferenzas de fortuna: Nobilitas: clase senatorial. Altos cargos do imperio, os plebeos moi ricos, dedicados aos negocios, e os cargos intermedios da administración: cabaleiros. A meirande parte situábase na plebe: gran masa de campesiños e asalariados urbanos. Cando a plebe non tiña traballo, vivía do que lle proporcionaba o Estado: “pan e circo”. Por debaixo libertos e escravos. 25.Cal era a situación dos escravos e dos libertos? (páx. 248) Os escravos eran moi numerosos, sobre todo logo das conquistas, e na cidade de Roma constituían a metade da poboación. Realizaban aqueles traballos máis duros, pero tamén se ocupaban do ensino ou das tarefas administrativas. Os escravos podían ser liberados (libertos) e adquirir a cidadanía romana. O número de libertos foi cada vez maior no Imperio. 26. Explica por que o imperio romano entrou en crise a partir do século III. (páx. 252) Basicamente porque era excesivamente grande para ser administrado dende un poder centralizado. O imperio era moi grande pero esixía moitos recursos para mantelo: soldados, impostos... Cada vez había revoltas que eran máis difíciles de controlar. 27.Quen e cando se produciu a división do Imperio? Que causas o impulsaron? Que decisión tomou o emperador Teodosio? Cando? Que sucedeu en Oriente? E en Occidente? (páx. 253) a) No ano 396 o emperador Teodosio. Entre o seu fillo Arcadio (con capital en Constantinopla) o leste máis rico e Honorio (coa capital en Roma e Rávena) o oeste máis pobre. b) As revoltas internas, os enfrontamentos entre os propios militares, o descenso da produción agrícola e mineira, a paralización do comercio, as invasións bárbaras... foron as causas.
  • 9. 28. Que emperador tolerou o cristianismo como relixión no Imperio? A través de que edicto e en que ano? Que outro emperador fixo do cristianismo relixión oficial? En que ano? Que significa que a tolerancia e a oficialidade dunha relixión? (páx. 252) O emperador que tolerou o cristianismo foi Constantino a través do edicto de Milán no ano 313. Teodosio, no edicto de Tesalónica decreta que este sexa relixión oficial de todo o imperio. Por tolerancia entendemos que se permite un tipo de credo ou relixión sen impoñelo aos demais. Por oficial entendemos que a única relixión permitida en todo o imperio era a cristiá. Perseguindo polo tanto os outros tipos de relixións ou credos ou a non crenza en ningún tipo de relixións. 29. Como se produciu a fin do Imperio de Occidente? Que pasou sen embargo na parta Oriental? Que territorios comprendía? (páx. 253) Dende o século III os pobos xermánicos (suevos, vándalos, alanos, visigodos) levaban traspasando a fronteira do imperio romano na parte occidental e instalándose nel. A comezos do século V, e empurrados por un pobo chegado de Asia central, os hunos produciuse unha nova ondada de invasións. No 476, Odoacro, xefe dos hérulos destituíu a Rómulo Augusto, un neno de dez anos, que foi o derradeiro emperador romano de Occidente. 30. Quen foron os que se enfrontaron nas chamadas Guerras Púnicas? Por que? (páx. 282) Xa está contestada na número 17. 31. Describe as fases da conquista romana da península Ibérica? Que pobos lle ofreceron máis resistencia? (páx. 283) a) Catro fases: 1ª 218-202 a.C.: costa Mediterránea. Dentro das guerras púnicas. 2ª 201-154 a.C.: conquista do Sistema Ibérico. Pouca oposición por parte dos Iberos. 3ª 154-133 a.C.: parte occidental da península. Resistencia de lusitanos e celtiberos. 4ª 29-19 a.C.: norte peninsular: galaicos, cántabros e ástures. Forte resistencia. b) Os lusitanos liderados por Viriato no 139 a.C. Os celtiberos resitencia de Numancia no 133 a.C. E na última fase os galaicos, ástures e cántabros.
  • 10. 32. En que diferentes provincias dividiron Hispania os romanos? Cal era a capital de cada unha delas? Sinalando as distintas etapas. Con que cidade coincide na actualidade? (páx. 284) Cos romanos (s. III a.C.-V) creouse a primeira organización administrativa que evolucionou de dúas a sete provincias. 1ª división: no ano 197 a. C. os romanos Dividiron o territorio en dúas provincias: Hispania Ulterior e Hispania Citerior. 2ª división: Octavio Augusto estableceu tres provincias: Bética, Lusitania e Tarraconense. 3ª división: 298. Emperador Diocleciano: Bética: Córduba: Córdoba. Cartaxinense: Cartago Nova: Cartaxena. Lusitania: Emérita: Mérida.
  • 11. Tarraconense: Tarraco: Tarragona. Gallaecia: Braccara: Braga. Baleárica: Pollentia. 33. Cales eran as principais calzadas romanas? Que cidades unían? Que vías conectaban Hispania co resto do Imperio? (páx. 285) Vía da Prata: unía Astúrica Augusta (Astorga) con Hispalis (Sevilla). Vía Augusta: unía Tarraco (Tarragona) con Gades (Cádiz). Todo o Mediterráneo. Esta vía conectaba co resto do Imperio.
  • 12. 34. Que achegas introduciron os romanos na agricultura? (páx. 290) O arado, fertilizantes e o barbeito. Explotaron grandes extensións de terras: latifundios, nos que se producía trigo, aceite e viño. 35.Que minerais extraían de Hispania? Onde se localizaban? (páx. 290). Minerais: ouro, prata, ferro, cobre, estaño, sal. Ouro: As Médulas (O Bierzo) Estaño: Galicia e oeste peninsular. Mercurio: Almadén. 36. Nun mapa mudo de España sitúa localidades que teñen monumentos romanos (teatros, anfiteatros, circos, termas, murallas, pontes, acueductos, arcos de triunfo, templos, monumentos funerarios) (páx. 292) Por exemplo: teatro de Mérida, anfiteatro de Itálica, murallas de Lugo, templo de Diana en Mérida, ponte de Alcántara, acueduto de Segovia, arco de Bará en Tarragona... 37. Que territorios comprendían a Gallaecia romana? Administrativamente como se dividían? Que recursos explotaron os romanos en Galicia? (páx. 293) Actual Galicia, occidente e centro de Asturias e León e norte de Portugal (ata desembocadura do Douro). Dividíanse en conventus. O de Lugo comprendía practicamente a actual Galicia. 38. Cita tres localidades fundadas polos romanos na Gallaecia? Cita tres monumentos da época romana? (páx. 293) a) Lugo, Iria Flavia (Padrón) ou Brigantium (A Coruña). b) Torre de Hércules, murallas de Lugo, ponte romana en Ourense.