SlideShare a Scribd company logo
1 of 27
Marzo 2009 Palabra de Vida
«O que lle pidades ao Pai no meu nome, El hávolo dar»  (Xn 16, 23)  .
O espectáculo máis absurdo que podes observar neste mundo é, por unha banda a presenza de homes desorientados, sempre en busca de algo, que, nas inevitables probas da vida, senten con angustia a necesidade de axuda e o sentimento de orfandade, e, doutra banda a realidade de Deus, Pai de todos, que mostra o seu maior anhelo en usar a súa omnipotencia para satisfacer os desexos e as necesidades dos seus fillos.
É como un baleiro que reclama ser enchido. É como un cheo que pide un baleiro. Pero non se atopan.
A liberdade da que o home está dotado pode causar tamén este dano.  Pero Deus non cesa de ser Amor para os que o recoñecen.  Escoita o que di Xesús:
«O que lle pidades ao Pai no meu nome, El hávolo dar».
Aquí tes unha desas palabras ricas en promesas que, de cando en vez, Xesús repite no Evanxeo. A través delas ensínache, con matices e explicacións distintas, como obter o que necesitas.
Só Deus pode falar así. As súas posibilidades son ilimitadas. Ten no seu poder todas as grazas: as desta terra, as espirituais, as posibles e as imposibles.
Pero, escoita ben.  El suxíreche “como” tes que presentarte ao Pai para pedirllas. Di: “no meu nome”.  Se tes un pouco de fe estas tres breves palabras terían que darche ás.
Mira, Xesús, que viviu entre nós, coñece as infinitas necesidades que tes ti e que temos todos, e sente pena por nós. E por iso, na oración púxose El de intercesor e é coma se che dixese:
“ Vai ao pai da miña parte e pídelle isto e isto e despois aquilo”. El sabe que o Pai non pode dicirlle que non. É o seu fillo e é Deus.
Ti non vas ao Pai no teu nome, senón en nome de Cristo. O embaixador, como se adoita dicir, é só un mensaxeiro.  Cando vas ao Pai, en nome de Cristo, actúas como un simple mensaxeiro.  Os asuntos resólvense entre os dous interesados.
Así é como rezan moitos cristiáns que poderían dar testemuño das innumerables grazas que recibiron. Son unha demostración de que a paternidade de Deus, atenta e amorosa, coida deles cada día.
«O que lle pidades ao Pai no meu nome, El hávolo dar».
Pero pode ser que agora ti me digas: “Pedín e pedín no nome de Cristo, e non acadei”.
Pode ser. Dicíache máis arriba que Xesús, noutras pasaxes do Evanxeo nas que invita a pedir, dá máis explicacións que quizais se che escaparon.
Di, por exemplo, que obtén quen “permanece” nel, que quere dicir na súa vontade.
Pode ser que ti pidas algo que non forma parte do designio que Deus ten para ti, e xa que logo El non o vexa útil para a túa existencia na terra ou na outra vida, ou mesmo o considere prexudicial.
Como te vai escoitar El, que é o teu pai, nestes casos? Enganaríate. E isto non o fará nunca.
Entón será útil que, antes de orar, acordes con El e lle digas: “Pai, eu pídoche isto en nome de Xesús, se cres que é bo”.
E se a graza que pides forma parte do plan que Deus -co seu amor- pensou para ti, cumprirase a palabra:   «O que lle pidades ao Pai no meu nome, El hávolo dar».
Tamén pode ser que ti pidas grazas, pero que non teñas a máis mínima intención de axeitar a túa vida ao que Deus che pide.  Pareceríache xusto que Deus te escoitase tamén neste caso?
El non quere darche só un don, senón a felicidade plena. E esta acádase tratando de vivir os mandamentos de Deus, as súas palabras. Non abonda con pensar nelas, nin sequera con meditalas, hai que vivilas.  Se fas así, obteralo todo.
En conclusión: queres acadar grazas?  Pide calquera cousa no nome de Cristo, atendendo primeiro de nada á súa vontade, coa decisión de obedecer a lei de Deus.
A Deus faino feliz conceder grazas; pero somos nós os que, desgraciadamente, pechámoslle as mans a maioría das veces.
«O que lle pidades ao Pai no meu nome, El hávolo dar».
 

More Related Content

What's hot (20)

19º domingo toc 2016
19º domingo toc 201619º domingo toc 2016
19º domingo toc 2016
 
19º domingo toc 2013
19º domingo toc 201319º domingo toc 2013
19º domingo toc 2013
 
Credo, o esencial do
Credo, o esencial doCredo, o esencial do
Credo, o esencial do
 
3º coresma b 2015
3º coresma  b  20153º coresma  b  2015
3º coresma b 2015
 
4º coresma c 2013
4º coresma c  20134º coresma c  2013
4º coresma c 2013
 
Pascua05
Pascua05Pascua05
Pascua05
 
3º coresma b 2012
3º coresma  b  20123º coresma  b  2012
3º coresma b 2012
 
Pv xaneiro 2013
Pv xaneiro 2013Pv xaneiro 2013
Pv xaneiro 2013
 
7º santísima trindade c 2016 bene pagola
7º santísima trindade  c 2016 bene pagola7º santísima trindade  c 2016 bene pagola
7º santísima trindade c 2016 bene pagola
 
Deus ámate xoán paulo ii
Deus ámate   xoán paulo iiDeus ámate   xoán paulo ii
Deus ámate xoán paulo ii
 
Ordinario21
Ordinario21Ordinario21
Ordinario21
 
Credo 3
Credo 3Credo 3
Credo 3
 
Pascua03
Pascua03Pascua03
Pascua03
 
5º coresma a 2014
5º coresma   a  20145º coresma   a  2014
5º coresma a 2014
 
Pascua04
Pascua04Pascua04
Pascua04
 
3º advento c 2015
3º advento  c  20153º advento  c  2015
3º advento c 2015
 
Coroa de advento a
Coroa de advento aCoroa de advento a
Coroa de advento a
 
7º domingo toa 2014
7º domingo toa 20147º domingo toa 2014
7º domingo toa 2014
 
Pv febreiro 2014
Pv febreiro 2014Pv febreiro 2014
Pv febreiro 2014
 
Oracion para antes de traballar
Oracion para antes de traballarOracion para antes de traballar
Oracion para antes de traballar
 

Viewers also liked

Viewers also liked (8)

V Domingo de Pascua
V Domingo de PascuaV Domingo de Pascua
V Domingo de Pascua
 
2advento
2advento2advento
2advento
 
4domingopascua
4domingopascua4domingopascua
4domingopascua
 
V DOMINGO do TO
V DOMINGO do TOV DOMINGO do TO
V DOMINGO do TO
 
II Domingo Coresma
II Domingo CoresmaII Domingo Coresma
II Domingo Coresma
 
Growing Up Digital Presentation
Growing Up Digital PresentationGrowing Up Digital Presentation
Growing Up Digital Presentation
 
Kia Parents Presentation
Kia Parents PresentationKia Parents Presentation
Kia Parents Presentation
 
Digital Parents Kennet School
Digital Parents Kennet SchoolDigital Parents Kennet School
Digital Parents Kennet School
 

Similar to Palabra de Vida (6)

17º domingo toc 2013 noso pai
17º domingo toc 2013 noso pai17º domingo toc 2013 noso pai
17º domingo toc 2013 noso pai
 
Pv maio 2013
Pv  maio 2013Pv  maio 2013
Pv maio 2013
 
Pv decembro 2012
Pv decembro 2012Pv decembro 2012
Pv decembro 2012
 
Xoves santo na casa 2020 os tilos
Xoves santo na casa 2020 os tilosXoves santo na casa 2020 os tilos
Xoves santo na casa 2020 os tilos
 
Palabra de vida marzo 2011
Palabra de vida marzo 2011Palabra de vida marzo 2011
Palabra de vida marzo 2011
 
11º santísima trinidad a .pps
11º santísima trinidad  a .pps11º santísima trinidad  a .pps
11º santísima trinidad a .pps
 

More from Nombre Apellidos (20)

Jornadas Asociación de Teólogas Españolas
Jornadas Asociación de Teólogas EspañolasJornadas Asociación de Teólogas Españolas
Jornadas Asociación de Teólogas Españolas
 
Historia de la Escuela San Martín de Porres (Santiago de los Caballeros
Historia de la Escuela San Martín de Porres (Santiago de los CaballerosHistoria de la Escuela San Martín de Porres (Santiago de los Caballeros
Historia de la Escuela San Martín de Porres (Santiago de los Caballeros
 
cambio_sistemico_nociones
cambio_sistemico_nocionescambio_sistemico_nociones
cambio_sistemico_nociones
 
cambio_sistemico_fundamentos antropológicos y teológicos del cs guillermo cam...
cambio_sistemico_fundamentos antropológicos y teológicos del cs guillermo cam...cambio_sistemico_fundamentos antropológicos y teológicos del cs guillermo cam...
cambio_sistemico_fundamentos antropológicos y teológicos del cs guillermo cam...
 
cambio_sistemico_estrategias
cambio_sistemico_estrategiascambio_sistemico_estrategias
cambio_sistemico_estrategias
 
cambio_sistemico_motivacion
cambio_sistemico_motivacioncambio_sistemico_motivacion
cambio_sistemico_motivacion
 
Raíces Bíblicas del Jubleo
Raíces Bíblicas del JubleoRaíces Bíblicas del Jubleo
Raíces Bíblicas del Jubleo
 
III Domingo de Advento
III Domingo de AdventoIII Domingo de Advento
III Domingo de Advento
 
Advento1
Advento1Advento1
Advento1
 
Desde Cbba
Desde CbbaDesde Cbba
Desde Cbba
 
Dom27
Dom27Dom27
Dom27
 
Dom26
Dom26Dom26
Dom26
 
Dom 26
Dom 26Dom 26
Dom 26
 
Domingoxxiv
DomingoxxivDomingoxxiv
Domingoxxiv
 
Dom xxii
Dom xxiiDom xxii
Dom xxii
 
Evanxeo dom XXI
Evanxeo dom XXIEvanxeo dom XXI
Evanxeo dom XXI
 
Comingo 16
Comingo 16Comingo 16
Comingo 16
 
Dom xiv
Dom xivDom xiv
Dom xiv
 
Dom xiv
Dom xivDom xiv
Dom xiv
 
Dom12
Dom12Dom12
Dom12
 

Palabra de Vida

  • 2. «O que lle pidades ao Pai no meu nome, El hávolo dar» (Xn 16, 23) .
  • 3. O espectáculo máis absurdo que podes observar neste mundo é, por unha banda a presenza de homes desorientados, sempre en busca de algo, que, nas inevitables probas da vida, senten con angustia a necesidade de axuda e o sentimento de orfandade, e, doutra banda a realidade de Deus, Pai de todos, que mostra o seu maior anhelo en usar a súa omnipotencia para satisfacer os desexos e as necesidades dos seus fillos.
  • 4. É como un baleiro que reclama ser enchido. É como un cheo que pide un baleiro. Pero non se atopan.
  • 5. A liberdade da que o home está dotado pode causar tamén este dano. Pero Deus non cesa de ser Amor para os que o recoñecen. Escoita o que di Xesús:
  • 6. «O que lle pidades ao Pai no meu nome, El hávolo dar».
  • 7. Aquí tes unha desas palabras ricas en promesas que, de cando en vez, Xesús repite no Evanxeo. A través delas ensínache, con matices e explicacións distintas, como obter o que necesitas.
  • 8. Só Deus pode falar así. As súas posibilidades son ilimitadas. Ten no seu poder todas as grazas: as desta terra, as espirituais, as posibles e as imposibles.
  • 9. Pero, escoita ben. El suxíreche “como” tes que presentarte ao Pai para pedirllas. Di: “no meu nome”. Se tes un pouco de fe estas tres breves palabras terían que darche ás.
  • 10. Mira, Xesús, que viviu entre nós, coñece as infinitas necesidades que tes ti e que temos todos, e sente pena por nós. E por iso, na oración púxose El de intercesor e é coma se che dixese:
  • 11. “ Vai ao pai da miña parte e pídelle isto e isto e despois aquilo”. El sabe que o Pai non pode dicirlle que non. É o seu fillo e é Deus.
  • 12. Ti non vas ao Pai no teu nome, senón en nome de Cristo. O embaixador, como se adoita dicir, é só un mensaxeiro. Cando vas ao Pai, en nome de Cristo, actúas como un simple mensaxeiro. Os asuntos resólvense entre os dous interesados.
  • 13. Así é como rezan moitos cristiáns que poderían dar testemuño das innumerables grazas que recibiron. Son unha demostración de que a paternidade de Deus, atenta e amorosa, coida deles cada día.
  • 14. «O que lle pidades ao Pai no meu nome, El hávolo dar».
  • 15. Pero pode ser que agora ti me digas: “Pedín e pedín no nome de Cristo, e non acadei”.
  • 16. Pode ser. Dicíache máis arriba que Xesús, noutras pasaxes do Evanxeo nas que invita a pedir, dá máis explicacións que quizais se che escaparon.
  • 17. Di, por exemplo, que obtén quen “permanece” nel, que quere dicir na súa vontade.
  • 18. Pode ser que ti pidas algo que non forma parte do designio que Deus ten para ti, e xa que logo El non o vexa útil para a túa existencia na terra ou na outra vida, ou mesmo o considere prexudicial.
  • 19. Como te vai escoitar El, que é o teu pai, nestes casos? Enganaríate. E isto non o fará nunca.
  • 20. Entón será útil que, antes de orar, acordes con El e lle digas: “Pai, eu pídoche isto en nome de Xesús, se cres que é bo”.
  • 21. E se a graza que pides forma parte do plan que Deus -co seu amor- pensou para ti, cumprirase a palabra: «O que lle pidades ao Pai no meu nome, El hávolo dar».
  • 22. Tamén pode ser que ti pidas grazas, pero que non teñas a máis mínima intención de axeitar a túa vida ao que Deus che pide. Pareceríache xusto que Deus te escoitase tamén neste caso?
  • 23. El non quere darche só un don, senón a felicidade plena. E esta acádase tratando de vivir os mandamentos de Deus, as súas palabras. Non abonda con pensar nelas, nin sequera con meditalas, hai que vivilas. Se fas así, obteralo todo.
  • 24. En conclusión: queres acadar grazas? Pide calquera cousa no nome de Cristo, atendendo primeiro de nada á súa vontade, coa decisión de obedecer a lei de Deus.
  • 25. A Deus faino feliz conceder grazas; pero somos nós os que, desgraciadamente, pechámoslle as mans a maioría das veces.
  • 26. «O que lle pidades ao Pai no meu nome, El hávolo dar».
  • 27.