SlideShare a Scribd company logo
1 of 40
Download to read offline
PROXECTO
DOCUMENTAL
INTEGRADO 2022/2023
"VERBENA BAROUTA"
CANCIONEIRO
POPULAR DO
CEIP DE BAROUTA
VOLUME 1
Barouta Canta
A Carolina
A Rianxeira
Apaga o candil
Catro vellos mariñeiros
Na beira do mar
Para vir a xunta a min
Pousa, pousa
O Sancristán de Coímbra
Pirimpimpim
Se chove, deixa chover
O verdegaio
Camariñas
Mala chispa te coma
Eu chorar chorei
Ai, Pepiño, adeus
Polo río abaixo vai
Ven bailar Carmiña
Amoriños collín
Marica se vas ao río a lavar
1.
2.
3.
4.
5.
6.
7.
8.
9.
10.
11.
12.
13.
14.
15.
16.
17.
18.
19.
20.
BAROUTA canta
A banda canta, a banda toca,
polas crianzas que hai en Barouta.
Barouta, eo!
Barouta é un colexio
moi divertido que hai por aí
as nenas e máis os nenos
aprenden xuntas a convivir
A banda canta...
Barouta, eo!
Barouta abre as súas portas
con agarimo cada mañá,
para que todas teñamos
o noso sitio para xogar.
A banda canta...
Aprender é divertido
non o dubides presta atención,
por iso os desta banda
vimos tocar(e) esta canción.
A banda canta...
Nesta banda collen todas
con esta música imos medrar,
se queres vente aos ensaios
toquemos xuntas e a desfrutar.
A CAROLINA
A saia da Carolina
ten un lagarto pintado;
cando a Carolina baila,
o lagarto dálle ao rabo.
-Bailaches Carolina?
-Bailei, si señor.
-Dime con quen bailaches.
-Bailei co meu amor.
-Bailaches Carolina?
-Bailei, si señor.
A Carolina é unha tola
que todo o fai ao revés,
vístese pola cabeza
e íspese polos pés.
-Bailaches Carolina?
-Bailei no cuartel.
-Dime con quen bailaches.
-Bailei co corone
-Bailaches Carolina?
-Bailei, no cuartel.
O señor cura non baila
porque ten unha coroa.
Baile, señor cura, baile,
que Deus todo llo perdoa.
-Bailaches Carolina?
-Bailei, abofé.
-Dime con quen bailaches.
-Bailei co meu Xosé
-Bailaches Carolina?
-Bailei, abofé.
No curro da Carolina
non entra carro pechado,
na máis entra a Carolina
co seu cocho polo rabo.
-Bailaches Carolina?
-Bailei, si señor.
-Dime con quen bailaches.
-Bailei co meu amor.
-Bailaches Carolina?
-Bailei, si señor.
Carolina ten un niño
entre as tellas do tellado.
O niño de Carolina
cando chove está mollado.
-Bailaches Carolina?...
A RIANXEIRA
Ondiñas veñen,
ondiñas veñen,
ondiñas veñen e van.
Non te vaias rianxeira
que te vas a marear.
A Virxe de Guadalupe
cando vai pola ribeira,
descalciña pola area,
parece unha rianxeira.
Ondiñas veñen...
A Virxe de Guadalupe
cando vai para Rianxo
a barquiña que a leva
era de pau de laranxo.
Ondiñas veñen...
A Virxe de Guadalupe
quen a fixo moreniña
foi un raíño de sol
que entrou pola ventaniña
Ondiñas veñen...
APAGA O CANDIL
Apaga o candil, Marica, chus, chus,
apaga o candil que ten moita luz,
que ten moita luz, moita claridá,
apaga o candil e achégate alá.
Pasei pola túa porta
e mirei polo ferrollo,
a ladra da túa nai
meteume un pau por un ollo,
meteume un pau por un ollo, ailalelo, ailalalo.
Apaga o candil ...
A túa nai é chiculate,
o teu pai chiculateiro,
a túa nai lambe as cazolas,
o teu pai lambe os pucheiros,
o teu pai lambe os pucheiros, ailalelo, ailalalo.
Apaga o candil ...
Pasei pola túa porta,
pedinche auga e non ma deches;
cando pases pola miña
farei como ti fixeches
farei como ti fixeches, ailalelo, ailalalo.
Apaga o candil...
Chove auga miudiña
e arrolla nos canales;
ábreme a porta, neniña,
que son aquel que ti sabes,
que son aquel que ti sabes, ailalello, ailalalo
Apaga o candil...
Andivécheste alabando
que eu morría por ti
e que morro non é certo
pero que che quero si,
pero que che quero si, ailalelo, ailalalo.
Apaga o candil...
Sempre te andas alabando
de que teu pai é moi rico,
a riqueza de teu pai
lévalla un corvo no bico,
lévalla un corvo no bico, ailalelo, ailalalo
Apaga o candil...
CATRO VELLOS
MARIÑEIROS
Catro vellos mariñeiros,
todos metidos nun bote.
Boga, boga, mariñeiro,
imos para Viveiro,
xa se ve San Roque.
Ailalelo ...
As mariñeiras traballan
de noite coa luz da lúa.
Dá gusto velas chegare
pola mañá cedo
cheirando a frescura
Ailaleo...
Traio sardiña e bocarte
tamén xurelo pequeno
Rapaciña de Viveiro
ven buscar o lote
do teu mariñeiro
Ailalelo ..
NA BEIRA DO MAR
Ollos verdes son traidores,
azules son mentireiros,
os negros e acastañados
son firmes e verdadeiros.
Na beira, na beira, na beira do mar
hai unha lanchiña para ir a navegar
Hoxe vinte pasar a ría
cuns zoquiños de madeira,
ías tan remangadiña
ao pasar pola ribeira
Na beira, na beira...
Cinco sentidos che temos
os cinco necesitamos
pero os cinco perdemos
en canto nos namoramos
Na beira, na beira...
PARA VIR A XUNTA MIN
Para vir a xunta min, para vir a xunta min,
vai lavar a cara, vai lavar a cara, galopín!
Miña nai por me casare, ofreceume canto tiña,
agora que estou casado, pagoume cunha galiña,
pagoume cunha galiña, ailalelo, ailalalo.
Para vir a xunta min ...
Túa nai e mais a miña quedan no río berrando
por culpa dunha galiña, que ten amores cun galo,
que ten amores cun galo, ailalelo, ailalalo.
Para vir a xunta min ...
Eu queríame casare, miña nai non teño roupa
casa, miña filla, casa, que unha perna tapa a outra,
que unha perna tapa a outra, ailalelo, ailalalo.
Para vir a xunta min ...
Eu queríame casare, miña nai dime que é cedo,
ela como está casada, non sabe as ganas que eu teño,
non sabe as ganas que eu teño, ailalelo, ailalalo.
Para vir a xunta min ...
POUSA, POUSA
Fun á taberna do meu compadre,
fun polo vento e vin polo aire,
e como é cousa de encantamento
fun polo aire e vin polo vento.
E pousa, pousa, pousa,
e non me toques naquela cousa,
e pousa, pousa axiña,
e non me toques naquela cousiña.
Murmuraban as miñas veciñas
que eu andaba co crego nas viñas
iso é verdade e non o nego,
que eu andiven a loitas co crego
E pousa, pousa...
Cando me case xa teño un galo,
xa miña nai non me ten que dalo; BIS
cando me case xa teño un polo,
xa miña nai non me ten que dar todo. BIS
E pousa, pousa...
O SANCRISTÁN DE COIMBRA
O Sancristán de Coímbra
facía dez mil diabluras
mollaba o pan en aceite,
deixaba os santos a escuras.
E bate fado, e bate ben
Ti es a causa do meu desdén.
O mar tamén ten amores,
o mar tamén ten muller
Está casado coa area,
Dálle bicos cantos quer
E bate fado ...
Eu quixera ser merliño
e ter o bico encarnado
para facer o meu niño
no teu cabelo dourado
E bate fado ...
Tirei unha laranxiña
no medio de Portugal
a quen lle foi a batere?
á filla dun xeneral
PIRIMPIMPIM
Pirimpimpim pim pim, pim pim,
Manolo virá para acá, María vira para aquí
Teño dentro do meu peito unha laranxa partida
para darlle ao meu amor, ó Pirimpirim pim pim
para darlle a miña vida.
Pirimpimpim ...
De Portugal me mandaron tres peras nun ramalliño,
quen me dera a min saber, ó Pirimpirím pim pim
quen me ten tanto cariño.
Pirimpimpim ...
Do outro lado do río, do outro lado meu ben,
do outro lado do río, ó Pirimpirim pim pim
teño a que lle quero ben.
Pirimpimpim ...
Ao entrar en Sanguiñeira hai un lexo de letreiro
que sempre está a dicir o Pirimpirim pim pim
Portugal meu compañeiro
Pirimpimpim ...
Rebola o pai, rebola a nai, rebola o fillo
e eu como son da familia, tamén quero rebolar
Pirimpimpim ...
SE CHOVE, deixa chover
Aí vén o vento do mar(e),
aí vén o vento mareiro,
aí vén o meu queridiño
vestido de mariñeiro.
Se chove, deixa chover(e),
se orballa, deixa orballar(e),
por máis que chove e vente
de ti non me hei de apartar(e).
Pasei pola ponte abaixo,
vin saltar unha sardiña,
mariñeiros, ide ao mare
e botádelle a traíña!
Se chove, deixa chovere, ...
Indo polo mar abaixo
perdín a miña navalla,
rema mariñeiro, rema,
que alá no mar me quedaba.
Se chove, deixa chovere, ...
O que navega de noite
ha tropezar nos penedos,
eu que ando polo día
tropezo nos teus enredos.
o verdegaio
As penas do verdegaio
son verdes e amarelas,
non me toques, se non caio
non me rompas as canelas.
A do verdegaio, a do ras-tras-tras,
quero o meu amor, quero o meu rapaz,
a do verdegaio, a do rus-trus-trus,
quero o meu amor, quéroo ben Xesús.
Vai tu, vai tu, vai ela, vai tu prá casa dela.
Anubía e anubía
e aínda que anubía non chove,
o meu amor está malo,
aínda que está malo non morre.
Ó señora Ana, señora María,
o seu galo canta e o meu asubía.
Ó señora Ana, o seu galo deu
unha latadiña na cara do meu.
Vai tu, vai tu, vai ela, vai tu prá casa dela.
Meu caño, meu cañotiño,
todos te chaman pequeno,
a min me pareces grande
co cariño que che teño.
A do verdegaio, a do ras-tras-tras...
Vai tu, vai tu, vai ela, vai tu prá casa dela.
É do meu gosto, é da miña opinião,
é da madeira máis fina, da raíz do coração.
CAMARIÑAS
Ao pasar por Camariñas,
por Camariñas, pasei cantando.
As nenas de Camariñas
quedan no río, quedan no río lavando.
Camariñas, Camariñas,
ai que xa me vas camariñando.
Por unha de Camariñas
vivo no mundo, vivo penando.
Miña Virxiña do Monte,
que aos mariñeiros sempre vixías
Non permitades que morra
lonxe da terra, da terra miña
MALA CHISPA TE COMA
Nunha lancha de Marín
coa proa de carballo.
Catro rapaces da Pobra ui, ai, ai
roubaron un rodaballo
Mala chispa te coma,
mala chispa che dea,
mala chispa te trague, ui, ai, ié.
O patrón que os mandaba
tamén era de Marín,
e díxolle ao rodaballo ui, ai, ai
moito miras para min!
Mala chispa...
Fórono vender á lonxa
e con moito disimulo
e quen o foi a comprar ui, ai, ai
a filla do Cachirulo!
Mala chispa ...
Aquí se acaba a historia
deste peixe rodaballo
que por non haber aceite, ui, ai, ai,
houbo que comelo asado.
Mala chispa...
EU CHORAR CHOREI
Eu chorar chorei o domingo á tarde,
eu chorar chorei o domingo á tarde,
que veña Lourenzo, que veña Lourenzo,
que diga verdade.
Que diga verdade pero con cautela,
que diga verdade pero con cautela,
túa nai é meiga, túa nai é meiga
teño medo dela.
Teño medo dela e ela non me come,
teño medo dela e ela non me come,
túa nai é meiga, túa nai é meiga,
teu pai é un mal home.
Ai Pepiño, adeus
Ai Pepiño, adeus, ai Pepiño, adeus,
ai Pepiño, por Deus non te vaias,
quédate con nós, quédate con nós
non te vaias afogar á praia,
como nos pasou a nós,
havos de pasar a vós.
Ai Sálvora, ai San Vicente
as nenas bonitas hainas en Ourense.
Ai Pepiño, adeus...
Ai Sálvora, ai San Vicente
Ai Sálvora, adeus Mourente
Ai Sálvora, ollos da ría
para boas mozas, en Vilagarcía
Ai Pepiño, adeus...
Ai Sálvora, vento norteiro.
Ai Salvora, meu compañeiro,
Ai Sálvora, vento ventiño
xa están as rapazas na punta de Aguiño
Ai Pepiño, adeus...
Ai, Sálvora, ai, San Amaro!
Ai, Sálvora, ai, San Amaro!
Ai, Sálvora, ai, San Amaro!
As nenas bonitas sonche as de Santiago.
Polo río abaixo
vai unha troita de pé
Polo río abaixo vai unha troita de pé,
corre que te corre, quen a puidera coller,
quen a puidera coller, quen a puidera pillar.
Polo río abaixo vai unha troita de pé.
Se vas polas Praterías
pasa pola Corticela
tomarás auga bendita
dos cabaliños de pedra.
Polo río abaixo vai unha troita de pé,...
Hai un carreiro de estrelas
que vai ao lombo do ceo,
é o que me leva a Santiago
pra gañar o xubileo
Polo río abaixo vai unha troita de pé ...
Ven BAILAR CARMIÑA
Ven bailar comigo Carmiña, Carmela,
con zapato baixo e media de seda,
con media de seda e media calada,
ven bailar Carmiña miña namorada.
Os zapatos piden medias,
as medias piden zapatos,
as rapaciñas de agora
piden rapaciños guapos.
Ven bailar Carmiña,...
Aí che vai meu corazón,
se o queres matar ben podes,
pero como ti vas dentro
tamén se ti o matas morres.
Ven bailar Carmiña,...
Catro cousas hai no mundo
que revolven o sentido
amar e non ser amado/a,
querer e non ser querido/a.
Ven bailar Carmiña,...
AMORIÑOS COLLÍN
Amoriños collín na beiriña do mar,
amoriños collín non os podo olvidar,
non os podo olvidar, non os podo olvidar,
amoriños collín na beiriña do mar.
Ai se queres que o carro cante,
ai móllalle o eixo no río
que deipois co eixo mollado
cantará como un asubío
Xa me dixo teu pai que te saque a bailar
e no medio do baile te deixe quedar,
que te deixe quedar, que te deixe quedar,
xa me dixo teu pai que te saque a bailar.
MARICA SE VAS
ao RÍO a LAVAR
Marica se vas ao río a lavar,
non batas a roupa que a podes rachar,
que a podes rachar, que a podes prender,
Marica se vas ao río a beber.
Non chas quero, non chas quero,
castañas do teu magosto,
non chas quero, non chas quero,
que me cheiran ó chamosco.
Marica se vas ao río...
Que ben baila, que ben baila,
a da chaqueta redonda,
moito mellor bailaría
se a tivera máis longa.
Marica se vas ao río...
Non chas quero, non chas quero,
nabizas do teu nabal(e)
non chas quero, non chas quero,
que me poden facer mal(e).
Marica se vas ao río....
EQUIPO DA
BIBLIOTECA ESCOLAR
bibliobarouta.blogspot.com
Con ilustracións de Laxeiro
Pintor ao que se lle adica o
Día das Artes Galegas 2022
CEIP de BAROUTA
Outubro 2022

More Related Content

Similar to Cancioneiro Popular do CEIP de Barouta Vol.1

Cantigas populares galegas e regueifas.
Cantigas populares galegas e regueifas.Cantigas populares galegas e regueifas.
Cantigas populares galegas e regueifas.guest05fce8
 
Unha maré de poemas. fotos
Unha maré de poemas. fotosUnha maré de poemas. fotos
Unha maré de poemas. fotosbegol
 
Guía para a recollida da tradición oral da zona
Guía para a recollida da tradición oral da zonaGuía para a recollida da tradición oral da zona
Guía para a recollida da tradición oral da zonasatelite1
 
Poesías mar
Poesías marPoesías mar
Poesías marEncarna
 
Paio Gómez Chariño
Paio Gómez ChariñoPaio Gómez Chariño
Paio Gómez ChariñoMarlou
 
Actividades filgueira valverde
Actividades filgueira valverdeActividades filgueira valverde
Actividades filgueira valverdeEDLGVILAVERDE
 
Letras Galegas2008 Sfx
Letras Galegas2008 SfxLetras Galegas2008 Sfx
Letras Galegas2008 SfxEncarna
 
Adiviñas de outono.docx fondo negro
Adiviñas de outono.docx fondo negroAdiviñas de outono.docx fondo negro
Adiviñas de outono.docx fondo negrobibliotecadocole
 
Adiviñas de outono.docx fondo negro
Adiviñas de outono.docx fondo negroAdiviñas de outono.docx fondo negro
Adiviñas de outono.docx fondo negrobibliotecadocole
 
VIVE O MAR!! Palabras e pinturas de sal...
VIVE O MAR!! Palabras e pinturas de sal...VIVE O MAR!! Palabras e pinturas de sal...
VIVE O MAR!! Palabras e pinturas de sal...Concepción García
 
Tempo De Magostos - Celia Díaz Núñez
Tempo De Magostos - Celia Díaz NúñezTempo De Magostos - Celia Díaz Núñez
Tempo De Magostos - Celia Díaz NúñezCelia Díaz
 
Coplas Do Entroido
Coplas Do EntroidoCoplas Do Entroido
Coplas Do Entroidoendlnazaret
 
Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTROPoemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTROcenlf
 

Similar to Cancioneiro Popular do CEIP de Barouta Vol.1 (20)

Portt
PorttPortt
Portt
 
Poeagui
PoeaguiPoeagui
Poeagui
 
Portoa
PortoaPortoa
Portoa
 
Cantigas populares galegas e regueifas.
Cantigas populares galegas e regueifas.Cantigas populares galegas e regueifas.
Cantigas populares galegas e regueifas.
 
Unha maré de poemas. fotos
Unha maré de poemas. fotosUnha maré de poemas. fotos
Unha maré de poemas. fotos
 
Guía para a recollida da tradición oral da zona
Guía para a recollida da tradición oral da zonaGuía para a recollida da tradición oral da zona
Guía para a recollida da tradición oral da zona
 
A poesia de_tradicion_infantil_tipoloxia
A poesia de_tradicion_infantil_tipoloxiaA poesia de_tradicion_infantil_tipoloxia
A poesia de_tradicion_infantil_tipoloxia
 
Rosalia de castro
Rosalia de castroRosalia de castro
Rosalia de castro
 
Poesías mar
Poesías marPoesías mar
Poesías mar
 
Paio Gómez Chariño
Paio Gómez ChariñoPaio Gómez Chariño
Paio Gómez Chariño
 
Poemas Valentín Paz Andrade
Poemas Valentín Paz AndradePoemas Valentín Paz Andrade
Poemas Valentín Paz Andrade
 
Actividades filgueira valverde
Actividades filgueira valverdeActividades filgueira valverde
Actividades filgueira valverde
 
Letras Galegas2008 Sfx
Letras Galegas2008 SfxLetras Galegas2008 Sfx
Letras Galegas2008 Sfx
 
Adiviñas de outono.docx fondo negro
Adiviñas de outono.docx fondo negroAdiviñas de outono.docx fondo negro
Adiviñas de outono.docx fondo negro
 
Adiviñas de outono.docx fondo negro
Adiviñas de outono.docx fondo negroAdiviñas de outono.docx fondo negro
Adiviñas de outono.docx fondo negro
 
Outono
OutonoOutono
Outono
 
VIVE O MAR!! Palabras e pinturas de sal...
VIVE O MAR!! Palabras e pinturas de sal...VIVE O MAR!! Palabras e pinturas de sal...
VIVE O MAR!! Palabras e pinturas de sal...
 
Tempo De Magostos - Celia Díaz Núñez
Tempo De Magostos - Celia Díaz NúñezTempo De Magostos - Celia Díaz Núñez
Tempo De Magostos - Celia Díaz Núñez
 
Coplas Do Entroido
Coplas Do EntroidoCoplas Do Entroido
Coplas Do Entroido
 
Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTROPoemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
 

Cancioneiro Popular do CEIP de Barouta Vol.1

  • 2. Barouta Canta A Carolina A Rianxeira Apaga o candil Catro vellos mariñeiros Na beira do mar Para vir a xunta a min Pousa, pousa O Sancristán de Coímbra Pirimpimpim Se chove, deixa chover O verdegaio Camariñas Mala chispa te coma Eu chorar chorei Ai, Pepiño, adeus Polo río abaixo vai Ven bailar Carmiña Amoriños collín Marica se vas ao río a lavar 1. 2. 3. 4. 5. 6. 7. 8. 9. 10. 11. 12. 13. 14. 15. 16. 17. 18. 19. 20.
  • 3.
  • 4.
  • 5. BAROUTA canta A banda canta, a banda toca, polas crianzas que hai en Barouta. Barouta, eo! Barouta é un colexio moi divertido que hai por aí as nenas e máis os nenos aprenden xuntas a convivir A banda canta... Barouta, eo! Barouta abre as súas portas con agarimo cada mañá, para que todas teñamos o noso sitio para xogar. A banda canta... Aprender é divertido non o dubides presta atención, por iso os desta banda vimos tocar(e) esta canción. A banda canta... Nesta banda collen todas con esta música imos medrar, se queres vente aos ensaios toquemos xuntas e a desfrutar.
  • 6. A CAROLINA A saia da Carolina ten un lagarto pintado; cando a Carolina baila, o lagarto dálle ao rabo. -Bailaches Carolina? -Bailei, si señor. -Dime con quen bailaches. -Bailei co meu amor. -Bailaches Carolina? -Bailei, si señor. A Carolina é unha tola que todo o fai ao revés, vístese pola cabeza e íspese polos pés. -Bailaches Carolina? -Bailei no cuartel. -Dime con quen bailaches. -Bailei co corone -Bailaches Carolina? -Bailei, no cuartel. O señor cura non baila porque ten unha coroa. Baile, señor cura, baile, que Deus todo llo perdoa.
  • 7. -Bailaches Carolina? -Bailei, abofé. -Dime con quen bailaches. -Bailei co meu Xosé -Bailaches Carolina? -Bailei, abofé. No curro da Carolina non entra carro pechado, na máis entra a Carolina co seu cocho polo rabo. -Bailaches Carolina? -Bailei, si señor. -Dime con quen bailaches. -Bailei co meu amor. -Bailaches Carolina? -Bailei, si señor. Carolina ten un niño entre as tellas do tellado. O niño de Carolina cando chove está mollado. -Bailaches Carolina?...
  • 8.
  • 9. A RIANXEIRA Ondiñas veñen, ondiñas veñen, ondiñas veñen e van. Non te vaias rianxeira que te vas a marear. A Virxe de Guadalupe cando vai pola ribeira, descalciña pola area, parece unha rianxeira. Ondiñas veñen... A Virxe de Guadalupe cando vai para Rianxo a barquiña que a leva era de pau de laranxo. Ondiñas veñen... A Virxe de Guadalupe quen a fixo moreniña foi un raíño de sol que entrou pola ventaniña Ondiñas veñen...
  • 10. APAGA O CANDIL Apaga o candil, Marica, chus, chus, apaga o candil que ten moita luz, que ten moita luz, moita claridá, apaga o candil e achégate alá. Pasei pola túa porta e mirei polo ferrollo, a ladra da túa nai meteume un pau por un ollo, meteume un pau por un ollo, ailalelo, ailalalo. Apaga o candil ... A túa nai é chiculate, o teu pai chiculateiro, a túa nai lambe as cazolas, o teu pai lambe os pucheiros, o teu pai lambe os pucheiros, ailalelo, ailalalo. Apaga o candil ... Pasei pola túa porta, pedinche auga e non ma deches; cando pases pola miña farei como ti fixeches farei como ti fixeches, ailalelo, ailalalo. Apaga o candil...
  • 11. Chove auga miudiña e arrolla nos canales; ábreme a porta, neniña, que son aquel que ti sabes, que son aquel que ti sabes, ailalello, ailalalo Apaga o candil... Andivécheste alabando que eu morría por ti e que morro non é certo pero que che quero si, pero que che quero si, ailalelo, ailalalo. Apaga o candil... Sempre te andas alabando de que teu pai é moi rico, a riqueza de teu pai lévalla un corvo no bico, lévalla un corvo no bico, ailalelo, ailalalo Apaga o candil...
  • 12. CATRO VELLOS MARIÑEIROS Catro vellos mariñeiros, todos metidos nun bote. Boga, boga, mariñeiro, imos para Viveiro, xa se ve San Roque. Ailalelo ... As mariñeiras traballan de noite coa luz da lúa. Dá gusto velas chegare pola mañá cedo cheirando a frescura Ailaleo... Traio sardiña e bocarte tamén xurelo pequeno Rapaciña de Viveiro ven buscar o lote do teu mariñeiro Ailalelo ..
  • 13. NA BEIRA DO MAR Ollos verdes son traidores, azules son mentireiros, os negros e acastañados son firmes e verdadeiros. Na beira, na beira, na beira do mar hai unha lanchiña para ir a navegar Hoxe vinte pasar a ría cuns zoquiños de madeira, ías tan remangadiña ao pasar pola ribeira Na beira, na beira... Cinco sentidos che temos os cinco necesitamos pero os cinco perdemos en canto nos namoramos Na beira, na beira...
  • 14.
  • 15.
  • 16. PARA VIR A XUNTA MIN Para vir a xunta min, para vir a xunta min, vai lavar a cara, vai lavar a cara, galopín! Miña nai por me casare, ofreceume canto tiña, agora que estou casado, pagoume cunha galiña, pagoume cunha galiña, ailalelo, ailalalo. Para vir a xunta min ... Túa nai e mais a miña quedan no río berrando por culpa dunha galiña, que ten amores cun galo, que ten amores cun galo, ailalelo, ailalalo. Para vir a xunta min ... Eu queríame casare, miña nai non teño roupa casa, miña filla, casa, que unha perna tapa a outra, que unha perna tapa a outra, ailalelo, ailalalo. Para vir a xunta min ... Eu queríame casare, miña nai dime que é cedo, ela como está casada, non sabe as ganas que eu teño, non sabe as ganas que eu teño, ailalelo, ailalalo. Para vir a xunta min ...
  • 17. POUSA, POUSA Fun á taberna do meu compadre, fun polo vento e vin polo aire, e como é cousa de encantamento fun polo aire e vin polo vento. E pousa, pousa, pousa, e non me toques naquela cousa, e pousa, pousa axiña, e non me toques naquela cousiña. Murmuraban as miñas veciñas que eu andaba co crego nas viñas iso é verdade e non o nego, que eu andiven a loitas co crego E pousa, pousa... Cando me case xa teño un galo, xa miña nai non me ten que dalo; BIS cando me case xa teño un polo, xa miña nai non me ten que dar todo. BIS E pousa, pousa...
  • 18.
  • 19. O SANCRISTÁN DE COIMBRA O Sancristán de Coímbra facía dez mil diabluras mollaba o pan en aceite, deixaba os santos a escuras. E bate fado, e bate ben Ti es a causa do meu desdén. O mar tamén ten amores, o mar tamén ten muller Está casado coa area, Dálle bicos cantos quer E bate fado ... Eu quixera ser merliño e ter o bico encarnado para facer o meu niño no teu cabelo dourado E bate fado ... Tirei unha laranxiña no medio de Portugal a quen lle foi a batere? á filla dun xeneral
  • 20.
  • 21. PIRIMPIMPIM Pirimpimpim pim pim, pim pim, Manolo virá para acá, María vira para aquí Teño dentro do meu peito unha laranxa partida para darlle ao meu amor, ó Pirimpirim pim pim para darlle a miña vida. Pirimpimpim ... De Portugal me mandaron tres peras nun ramalliño, quen me dera a min saber, ó Pirimpirím pim pim quen me ten tanto cariño. Pirimpimpim ... Do outro lado do río, do outro lado meu ben, do outro lado do río, ó Pirimpirim pim pim teño a que lle quero ben. Pirimpimpim ... Ao entrar en Sanguiñeira hai un lexo de letreiro que sempre está a dicir o Pirimpirim pim pim Portugal meu compañeiro Pirimpimpim ... Rebola o pai, rebola a nai, rebola o fillo e eu como son da familia, tamén quero rebolar Pirimpimpim ...
  • 22.
  • 23. SE CHOVE, deixa chover Aí vén o vento do mar(e), aí vén o vento mareiro, aí vén o meu queridiño vestido de mariñeiro. Se chove, deixa chover(e), se orballa, deixa orballar(e), por máis que chove e vente de ti non me hei de apartar(e). Pasei pola ponte abaixo, vin saltar unha sardiña, mariñeiros, ide ao mare e botádelle a traíña! Se chove, deixa chovere, ... Indo polo mar abaixo perdín a miña navalla, rema mariñeiro, rema, que alá no mar me quedaba. Se chove, deixa chovere, ... O que navega de noite ha tropezar nos penedos, eu que ando polo día tropezo nos teus enredos.
  • 24. o verdegaio As penas do verdegaio son verdes e amarelas, non me toques, se non caio non me rompas as canelas. A do verdegaio, a do ras-tras-tras, quero o meu amor, quero o meu rapaz, a do verdegaio, a do rus-trus-trus, quero o meu amor, quéroo ben Xesús. Vai tu, vai tu, vai ela, vai tu prá casa dela. Anubía e anubía e aínda que anubía non chove, o meu amor está malo, aínda que está malo non morre. Ó señora Ana, señora María, o seu galo canta e o meu asubía. Ó señora Ana, o seu galo deu unha latadiña na cara do meu. Vai tu, vai tu, vai ela, vai tu prá casa dela. Meu caño, meu cañotiño, todos te chaman pequeno, a min me pareces grande co cariño que che teño. A do verdegaio, a do ras-tras-tras... Vai tu, vai tu, vai ela, vai tu prá casa dela. É do meu gosto, é da miña opinião, é da madeira máis fina, da raíz do coração.
  • 25. CAMARIÑAS Ao pasar por Camariñas, por Camariñas, pasei cantando. As nenas de Camariñas quedan no río, quedan no río lavando. Camariñas, Camariñas, ai que xa me vas camariñando. Por unha de Camariñas vivo no mundo, vivo penando. Miña Virxiña do Monte, que aos mariñeiros sempre vixías Non permitades que morra lonxe da terra, da terra miña
  • 26.
  • 27.
  • 28. MALA CHISPA TE COMA Nunha lancha de Marín coa proa de carballo. Catro rapaces da Pobra ui, ai, ai roubaron un rodaballo Mala chispa te coma, mala chispa che dea, mala chispa te trague, ui, ai, ié. O patrón que os mandaba tamén era de Marín, e díxolle ao rodaballo ui, ai, ai moito miras para min! Mala chispa... Fórono vender á lonxa e con moito disimulo e quen o foi a comprar ui, ai, ai a filla do Cachirulo! Mala chispa ... Aquí se acaba a historia deste peixe rodaballo que por non haber aceite, ui, ai, ai, houbo que comelo asado. Mala chispa...
  • 29. EU CHORAR CHOREI Eu chorar chorei o domingo á tarde, eu chorar chorei o domingo á tarde, que veña Lourenzo, que veña Lourenzo, que diga verdade. Que diga verdade pero con cautela, que diga verdade pero con cautela, túa nai é meiga, túa nai é meiga teño medo dela. Teño medo dela e ela non me come, teño medo dela e ela non me come, túa nai é meiga, túa nai é meiga, teu pai é un mal home.
  • 30.
  • 31. Ai Pepiño, adeus Ai Pepiño, adeus, ai Pepiño, adeus, ai Pepiño, por Deus non te vaias, quédate con nós, quédate con nós non te vaias afogar á praia, como nos pasou a nós, havos de pasar a vós. Ai Sálvora, ai San Vicente as nenas bonitas hainas en Ourense. Ai Pepiño, adeus... Ai Sálvora, ai San Vicente Ai Sálvora, adeus Mourente Ai Sálvora, ollos da ría para boas mozas, en Vilagarcía Ai Pepiño, adeus... Ai Sálvora, vento norteiro. Ai Salvora, meu compañeiro, Ai Sálvora, vento ventiño xa están as rapazas na punta de Aguiño Ai Pepiño, adeus... Ai, Sálvora, ai, San Amaro! Ai, Sálvora, ai, San Amaro! Ai, Sálvora, ai, San Amaro! As nenas bonitas sonche as de Santiago.
  • 32.
  • 33. Polo río abaixo vai unha troita de pé Polo río abaixo vai unha troita de pé, corre que te corre, quen a puidera coller, quen a puidera coller, quen a puidera pillar. Polo río abaixo vai unha troita de pé. Se vas polas Praterías pasa pola Corticela tomarás auga bendita dos cabaliños de pedra. Polo río abaixo vai unha troita de pé,... Hai un carreiro de estrelas que vai ao lombo do ceo, é o que me leva a Santiago pra gañar o xubileo Polo río abaixo vai unha troita de pé ...
  • 34.
  • 35.
  • 36. Ven BAILAR CARMIÑA Ven bailar comigo Carmiña, Carmela, con zapato baixo e media de seda, con media de seda e media calada, ven bailar Carmiña miña namorada. Os zapatos piden medias, as medias piden zapatos, as rapaciñas de agora piden rapaciños guapos. Ven bailar Carmiña,... Aí che vai meu corazón, se o queres matar ben podes, pero como ti vas dentro tamén se ti o matas morres. Ven bailar Carmiña,... Catro cousas hai no mundo que revolven o sentido amar e non ser amado/a, querer e non ser querido/a. Ven bailar Carmiña,...
  • 37. AMORIÑOS COLLÍN Amoriños collín na beiriña do mar, amoriños collín non os podo olvidar, non os podo olvidar, non os podo olvidar, amoriños collín na beiriña do mar. Ai se queres que o carro cante, ai móllalle o eixo no río que deipois co eixo mollado cantará como un asubío Xa me dixo teu pai que te saque a bailar e no medio do baile te deixe quedar, que te deixe quedar, que te deixe quedar, xa me dixo teu pai que te saque a bailar.
  • 38.
  • 39. MARICA SE VAS ao RÍO a LAVAR Marica se vas ao río a lavar, non batas a roupa que a podes rachar, que a podes rachar, que a podes prender, Marica se vas ao río a beber. Non chas quero, non chas quero, castañas do teu magosto, non chas quero, non chas quero, que me cheiran ó chamosco. Marica se vas ao río... Que ben baila, que ben baila, a da chaqueta redonda, moito mellor bailaría se a tivera máis longa. Marica se vas ao río... Non chas quero, non chas quero, nabizas do teu nabal(e) non chas quero, non chas quero, que me poden facer mal(e). Marica se vas ao río....
  • 40. EQUIPO DA BIBLIOTECA ESCOLAR bibliobarouta.blogspot.com Con ilustracións de Laxeiro Pintor ao que se lle adica o Día das Artes Galegas 2022 CEIP de BAROUTA Outubro 2022