2. Marta Dacosta
1. Podería contarnos como viviu aqueles derradeiros anos da ditadura e o salto á democracia sendo aínda unha xove? Como enxergou
ese cambio naquel Vigo industrial?
Cando morreu o ditador eu tiña nove anos. A pesar da miña idade vivín aquel momento como a liberación que era, así o sentín o día
que cheguei á escola e nos dixeron que non había aulas porque morrera Franco. Antes diso, houbo outro acontecemento que me
marcou máis, a folga de 1972, esa na que en Ferrol a policía matou dous traballadores, e que en Vigo tamén tivo o seu saldo de
detencións, algunhas na miña familia. Lembro tamén o intento de golpe de Estado de 1981. Aí xa souben do medo e da
preocupación. É moi plástico para min relatar que pasei o que quedaba da tarde sentada no chan da cociña, sen despegarme da
televisión para seguir os acontecementos e co libro de música sobre as pernas, sen ser quen de me concentrar no estudo. Aqueles
eran anos en que a sociedade estaba mobilizada e reclamaba o que lle correspondía, tamén a mocidade, que rexeitaba na rúa a suba
do prezo dos buses. Foi un tempo que nos fixo reflexivos, participativos e combativos, é dicir vivos e conscientes.
2. Temos constatado en moitas entrevistas que os proxenitores que tiveron que vivir coa fame, coa represión... nunha palabra, coa
penuria, loitaron, dentro das súas limitacións, para que os seus fillos tivesen un futuro baseado nos estudos como liberación desa
vida que lles tocara vivir. Que opinión lle merece a Vostede este feito?
É natural e considero que si, que as nais e os pais igual que procuramos un mundo mellor para os nosos fillos, tamén debemos
procurar que eles acaden a mellor formación posíbel. Mais sen obviar a necesaria confrontación coa realidade, nin o coñecemento da
historia, do que sucedeu antes de nós, para que saiban que o que hoxe temos foi acadado con moita loita.
3. Pola información que posuímos de Vostede, desde logo que a vemos como unha persoa rebelde e incorformista dende nova
(emprego do galego, rebeldía cara á relixión, anticlericalismo...). Até que punto este inconformismo marcou a súa personalidade
e até que punto lle supuxo desencontros?
Desencontros todos os que poidades imaxinar, mais algún encontro tamén. En todo caso, a cuestión non é se a actitude vital dunha
persoa lle produce encontros ou desencontros, a cuestión é se está en paz consigo mesma, se é coherente co que pensa, se actúa de
acordo co que defende. Ser honesta con unha mesma é o máis difícil, mais tamén o máis necesario.
lunes 3 de noviembre de 2014
3. Si, penso que debería haber unha aposta institucional decidida en prol da edición de poesía en
galego. Mais para que esa situación se dese tiña que haber unha política cultural que tivese
como eixo central a promoción do libro, considerando que esa promoción é unha aposta por
unha industria propia que xera riqueza no noso país ao tempo que é a mellor inversión na
mellor carta de presentación e representación que podemos dar de nós. Unha política cultural
que se comprometese coa nosa lingua e con todo o que nos é propio. Se compararmos as
políticas culturais de diferentes nacións e estados coa galega, chegaremos á conclusión de que
estamos abandonadas. E que cabe agardar dun goberno que reduce a presenza do noso idioma
nas aulas ou prohibe impartir matemáticas en galego, xustamente dúas medidas que se opoñen
ao recollido no Plan Xeral publicado hai dez anos? En todo caso, a nós correspóndenos procurar
que a situación mude, reclamando a atención que a nosa lírica e a nosa cultura merecen.
Marta Dacosta
4. Unha vez que Vostede se inmisciu practicamente en exclusiva no xénero lírico, imaxinamos que xurdiu esa crúa realidade da
publicación neste xénero a non ser, claro está, que detrás da obra houber algún premio. Non cre que esta circunstancia debese ter
outras contraprestacións oficiais para que a nosa excepcional lírica tiver a repercusión que merece?
5. Até que punto a nosa lírica vai depender de revistas como “Festa da palabra silenciada”,
“Letras da Cal”... e que editoriais coma Espiral Maior, que si apostan por ela, se vexan na
tesitura de ter que pechar?
Sempre dependemos desas iniciativas. Sempre serán necesarias e posibelmente sempre haberá tolas e tolos dispostos á empresa. Canto
ás editoriais teñen un escuro panorama, especialmente porque non contan co apoio institucional necesario que merecería a publicación
en galego. Porque o certo é que a propia lingua non recibe o apoio que precisa. En resumidas contas, a situación da literatura, da
profesionalización, da publicación está toda relacionada co estado da lingua. Florece se a lingua florece, é dicir, é defendida e
promovida, mais se non é así, caen todas as fichas do dominó.
6. Está totalmente de acordo co comentario seguinte referíndose á súa obra: “A poeta vai afondar libro tras libro nunha visión
feminina e feminista do mundo” ou ben isto pode supoñer que outra temática quede algo obviada?
Estou de acordo coas dúas afirmacións. Por un lado pode afirmarse iso da miña obra, como tamén é certo que os meus libros falan
tamén doutros aspectos. En todo caso, vén a propósito lembrar aquí unhas palabras da perdida Begoña Caamaño: “Escribo dende un
xénero excluído e dende unha lingua minorizada e asumo a responsabilidade que esa escolla conleva.” Escribimos desde a nosa propia
experiencia, coa nosa memoria e as nosas feridas. Eu son galega, só podo ver o mundo como unha galega o ve e isto é o que vexo. E por
iso alzo a miña voz para falar de todo o que me preocupa, a terra, o mar, a muller, a mentira, a dor ou a lingua.
lunes 3 de noviembre de 2014
4. E que cambiou desde o século XX? Non é que todo siga igual, é que retrocedemos aos tempos dos
anos 80 en moitas cousas. Por tanto a muller é a de finais do XX, porque entre aquel tempo e
este tempo a única diferenza é que aumentaron as vítimas.
Marta Dacosta
7. A muller está case omnipresente na súa obra. Podería dicirnos como é esa muller que vai
saltando de libro en libro? Vai cambiando consonte cambia a situación da muller ou ben segue
a ser aquela muller do século XX?
8. Non cre Vostede que illar a muller nunha “illa das mulleres libres”, por moi libres que sexan,
non deixan de ir a un ghetto? Non será mellor unha muller libre en igualdade no continente?
Marta Dacosta escribindo en Zaragoza
Por suposto. Mais a illa é o símbolo da memoria compartida, a autoafirmación, a aprendizaxe que nos liberará “cando as
lavandeiras descubran que a pegada do sangue non é un estigma”. E entón, aínda que sexamos Penélope, seremos navegantes e cada
unha de nós dirá tamén “rexeito teas e fíos / non te vou agardar”. Porque preferimos ser “as que rexeitan belezas improbábeis e se
renden ante a liberdade para botarse a voar”
9. Desde logo que o mar tamén é un espazo moi presente na súa poética. Que representa para Vostede o mar desde a óptica
poética?
O mar e a auga en xeral. É a vida mesma, iso é o que significa, simbolicamente e realmente, pois sen mar non podería vivir.
lunes 3 de noviembre de 2014
5. Marta Dacosta
10. Está o futuro da nosa poesía de autoría feminina garantido nas plumas de poetas coma Chus Pato, Vostede... así coma da
seguinte xeración como María Lado, Helena Salgueiro, Berta Dávila...?
Quero pensar que elas seguirán escribindo e outras virán atrás que tamén escribirán. Para iso
loitamos, para estar no espazo que nos corresponde, compartilo cos amigos e legarllo ás nosas
fillas.
11. Sería interesante a potenciación de premios na nosa lírica como mal menor para solucionar o
problema da falta de interese das grandes editoriais?
A existencia de premios é unha medida de importancia para favorecer a promoción e
publicación dos libros en xeral, e da poesía en particular. Por suposto que deben existir, mesmo
para as editoras é interesante que isto poida ser así.
Realizando o roteiro en Compostela
12. O seu primeiro escrito foi teatro, na Universidade traballou arreo en teatro... Para cando deixar repousar un chisco o verso e
meterse na escrita de teatro?
Para un momento en que a escrita poida ser a actividade central de cada día. Entón poderei comprobar se son quen de construír
noutro tipo de xéneros.
lunes 3 de noviembre de 2014
6. 13. Que diferenzas máis salientábeis se produciron na súa poética desde aquel Crear un mar
en Compostela até o actual Dun lago escuro?
A mesura e a contención. O poema foise concentrando, espíndose para que cada vez sexan
menos as palabras necesarias para expresar a súa mensaxe. No formal, acentuouse a
construción gráfica do poema sobre o seu ritmo.
14. E finalmente, está Vostede de acordo con este comentario: “Mais onde Marta Dacosta
acada o seu máis alto cume poético é naqueles poemas nos que a vestal fala dos seus
máis íntimos desexos: a liberdade, o pracer carnal, a exploración do propio corpo, o
regreso á beira das ondas das praias que a viron nacer, o reencontro na Poza Maior coas
afogadas que tanto admira, a calor humana e a complicidade da avoa...”?
Marta Dacosta
Eu procuro aceptar os comentarios que se fan sobre a miña obra e aprender das miñas
lectoras e lectores que, á final, son as donas e os donos dos libros que eu escribo desde que
se publican e desde entón son elas e eles os que mellor saben cal é o valor dos meus versos.
Así que si, estou de acordo.
lunes 3 de noviembre de 2014
8. Un personaxe identifique?
literario co que se
Un monumento
salientábel?
A costa galega
Un/ha autor/-a e unha obra
literaria galegos?
Rosalía e Follas Novas
Unha película de cine?
Un personaxe galego e
un estranxeiro?
Castelao e Clara Zetkin
Cal é a súa fonte de
inspiración
Un/ha autor/-a e unha obra literaria
estranxeiros?
Belli e El ojo
Gioconda de la mujer
Pippi Lamstrung
“A poesía está en
todo” que dixo
Benedetti
Cando roxe a
marabunta
Unha obra teatral?
O incerto señor don
Hamlet, príncipe de
Dinamarca
lunes 3 de noviembre de 2014
9. Un lugar para visitar? e un lugar
para descansar?
Os Açores nos dous casos
Mundo rural/urbano? Praia/
montaña?
Un feito histórico?
Un anceio por realizar? En cada lugar hai unha
Escribir
xoia que admirar. A praia
dunha vila tranquila
O nacemento das
Irmandades da
Fala
Unha utopía?
Escribir unha
novela
Un tipo de música? Unha
canción?
A de cantautor. Te
amaré de Silvio
Rodríguez
Un lugar axeitado para a
lectura?
Todos
Un/ha autor/-a con quen se
identifique? O teatro.
Ana Luísa Amaral
Outro entretemento
ademais da lectura?
lunes 3 de noviembre de 2014