SlideShare a Scribd company logo
1 of 9
Download to read offline
María Reimóndez
Entrevista
IES Manuel García Barros
A Estrada
Literatura Galega
do Século XX e da Actualidade
Texto: © Cc-by-sa-3.0
Fotos: © Todos os dereitos reservados
María Reimóndez Meilán ( Lugo, 1975) comezou
publicando poesía coa obra Moda galega. Outras obras
líricas súas son: Moda galega reloaded // Presente
continuo... pero polo que máis é coñecida é polas
súas publicacións na narrativa. Comezou coa obra O
caderno de bitácora. Pero a nivel narrativo os maiores
recoñecementos viríanlle polas obras O club da
calceta (Premio Xerais, 2005), Dende o conflito
(Premio Xerais, 2014), sen esquecermos as súas
últimas novelas: En vías de extinción ou A música dos
seres vivos. Tamén ten publicado literatura infantil e
xuvenil (O regreso de Usha e O monstro das palabras)
ensaios e moitas traducións ao galego.
jueves 7 de enero de 2016
Non sei se se fixo realidade, creo que o que fixo foi espertar en min a curiosidade por coñecer
outros lugares e tamén unha reflexión crítica sobre quen somos e o que parecemos ser. Os trazos
físicos son nada máis un accidente pero ese accidente colócanos en situacións moi variopintas.
No meu caso ser morena de pel, de cabelo, de ollos... levoume a estar preto de persoas
semellantes e tamén me fai moitas veces ter que enfrontarme á discriminación que padecen as
persoas non europeas (por exemplo nos aeroportos) porque non son branca abondo nalgúns
contextos.
María Reimóndez
1. Como Vostede mesma ten dito “de pequena sempre me dicían que parecía india”... até que
punto esta observación se fixo en certa medida realidade?
2. Estivemos ollando que pertence Vostede ao colectivo “Implicadas”... podería dicirnos qué obxectivos procura este colectivo e por
que xurdiu?
“Implicadas no Desenvolvemento” é unha organización feminista que fundei hai xa máis de 15 anos. O seu obxectivo é transformar
as raíces da pobreza cambiando o noso imaxinario e os nosos actos, a forma que temos de representar ás mulleres e comunidades
do Sur e de actuar con respecto a elas. Establecemos alianzas con compañeiras sobre todo en Támil Nadu, no sur da India
mediante programas de cooperación dos que elas son protagonistas pero sobre todo abrimos espazos para que as súas voces
diversas se escoiten en Galicia e nos fagan entender como cousas tan básicas como o que consumimos, a roupa que mercamos etc.
están creando situacións de discriminación en todo o mundo.
3. Até que punto o seu compromiso feminista se viu reflectido nas súas obras? Pode unha autora evadirse do seu “eu” á hora de
escribir?
Unha autora nunca escribe se non é dende si mesma. Isto non quere dicir que escriba sempre personaxes coas que está totalmente
de acordo, o meu está moi lonxe de ser unha escrita autobiográfica porque o que me divirte é crear persoas diferentes a min, pero
si que hai unha base común de visión crítica, que é o que é a literatura feminista. Escribir dende os feminismos é escribir
literatura incómoda, non compracente, e que pon a quen le en situación de ter que reformular quen é. Dentro diso hai centos de
maneiras de escribir e plasmar esa visión crítica no papel.
María Reimóndez
jueves 7 de enero de 2016
Sempre digo que ata que os seres humanos non sexamos entes incorpóreos, ser percibidas
como mulleres ou homes pola sociedade vai marcar definitivamente todo o que facemos. No
meu caso é evidente que as miñas obras se reciben con certa hostilidade por parte de sectores
patriarcais da crítica que tentan marcar a escrita feminista como algo secundario,
excluíndonos así ás autoras do discurso literario. Mais tamén é certo que as autoras feministas
soubemos crear espazos propios, como por exemplo a plataforma de crítica literaria A Sega
(www.asega-critica.net) para tecer alianzas dende a nosa diversidade. Nada disto pertence a
tempos pasados, é algo moi presente. A forma en que se nos le e se nos percibe ás autoras está
tremendamente marcada por visións patriarcais (por exemplo os comentarios sobre o noso
físico, etc.). A partir desta experiencia logo cada unha escribe dende bases e posturas moi
diferentes. Malia a discriminación patente ou velada eu creo que escribir dende as
experiencias das mulleres é sempre unha vantaxe. En primeiro lugar porque permite tocar
espazos e temas que a literatura patriarcal excluíu de forma constante. En segundo lugar
porque permite facelo con doses de creatividade moi elevadas. E terceiro porque as mulleres
podemos contribuír cunha serie de experiencias que sempre se narraron no noso nome pero sen
que fósemos nosoutras quen falásemos delas. Insisto que dentro disto as voces logo son moi
diversas pero persoalmente as voces das autoras sempre me interesan de partida.
María Reimóndez
4. Na súa irrupción na literatura sentiu nalgún momento que o mero feito de ser muller escritora puider supoñer certa diferenza
como ten ocorrido en tempos pasados?
5. Que foi o que a levou a se mergullar na escrita digamos “en serio”? porque supoñemos que o de escribir xa lle viña de ben antes...
Sempre me gustou escribir igual que sempre me gustou ler ata puntos enfermizos. Non concibo a vida sen estas dúas cousas. Mais é
certo que hai un momento en que a escrita se volve máis importante en cuestión de tempos, cando deixa de ser unha afección e pasa a
ser unha actividade á que xa non se lle dedica tempo roubado senón tempo propio. Para min esa inflexión marcouna “O club da
calceta”. É unha obra á que lle debo moito, entre outras cousas isto. A súa repercusión fíxome pensar que era hora de tomar máis en
serio a escrita e de dedicarlle un tempo «lícito».
6. Ollamos que o viaxar, a cooperación... son un eixe na vida cotiá de María Reimóndez... Que beberon as súas obras literarias desta
realidade persoal?
Como di Agustín Fernández Paz, a literatura escríbese cos fíos da vida. A miña vida está marcada pola miña convivencia coas nosas
«outras», o cal implica á súa vez viaxar moito física e mentalmente.
María Reimóndez
jueves 7 de enero de 2016
Pois o certo é que si escribín teatro, e bastante ademais, na miña adolescencia e anos máis
mozos porque sempre estiven activa en grupos amadores de teatro, só que ningunha desas
obras se publicou. Dito isto, non son moi consciente de escoller certos xéneros literarios para
certas cousas. Digamos que para min cada libro é un proxecto sobre algo que quero investigar,
que me intriga ou incomoda. A forma que toma xa é algo moito máis orgánico, como, creo,
calquera proceso creativo.
María Reimóndez
7. Menos teatro, ten empregado os outros xéneros literarios. Como xorde en María Reimóndez
unha obra en determinado xénero literario? Ah, e para cando teatro?
8. Ímoslle dar unha serie de características que nos pareceron saír de Vostede: solidariedade,
compromiso, feminismo, liberdade, galeguista... con cal ou cales se identificaría máis?
Quedaríannos algunhas por enxergar?
As teorías feministas falan dun concepto que se chama «interseccionalidade». Este vén dicir que
as persoas non nos podemos dividir por parroquias, somos un todo con todas as nosas
características e as nosas alianzas e discriminacións están marcadas por múltiples compoñentes.
No meu caso non se pode separar ningunha desas cuestións que mencionades. Para min non hai
feminismos se non pasan polas linguas propias, non hai compromiso se non pasa polos feminismos,
non hai ningunha desas cousas se non pasan pola visión crítica de como nos relacionamos coas
nosas compañeiras do Sur...
9. A súa obra O club da calceta foi traducida a varios idiomas... non cre Vostede que a nosa literatura contemporánea ten que
convivir con esa eiva da falta de traducións para a súa universalización? E claro, isto visto dende a súa óptica como tamén
tradutora...
Efectivamente creo que é importante que as obras se traduzan. Está claro que no noso caso sen un esforzo institucional ao respecto
é sempre cousa da boa sorte cruzar fronteiras e isto non debería ser así. Como tradutora creo que non é só importante que se
traduzan as nosas obras senón que aumente o volume de traducións en particular de autoras, ao galego.
Portada: “Dende o conflito”
jueves 7 de enero de 2016
María Reimóndez
10. É Vostede digamos un tanto “coleccionista” de premios pero quizabes o máis salientábel fose o Xerais coa obra Dende o
conflito. Que supuxo para esta obra e este premio para María Reimóndez?
Pois non era eu consciente dese «coleccionismo», a verdade é que se se me compara con
outras autoras como Eli Ríos ou Ledicia Costas estou moi lonxe de ter un palmarés de premios
importante, haha. Mais é certo que o Premio Xerais marcou para min un fito persoal. Creo
que como todas as cousas que son importantes para min tivo que ver sobre todo co afecto, con
formar parte Xerais da miña historia vital dunha forma moi forte (case toda a miña obra está
publicada na editora e nela conto con persoas como Manolo Bragado ou Fran Alonso). Foi
tamén, nesa altura concreta e con esa obra concreta, un reconforto no sentido de recoñecer
unha forma de escribir particular que moitas veces é vista con malos ollos pola crítica
patriarcal, que prefire obras máis descafeinadas ou que sigan uns patróns do ambigüo que non
se impliquen tanto co presente dunha forma aberta e sen fisuras. Tamén creo que é
importante por todo o que rodea o Premio Xerais. Por todos os títulos que o levaron e pola
xente que se reúne o día da entrega dos premios en San Simón. Creo que nos anos que viva
non esquecerei o cariño recibido ese día, foi coma unha aperta enorme!
11. E falando de premios, que prefire Vostede, un premio a unha obra súa ou máis ben un
premio á súa obra en xeral -estamos a nos referir ao da AELG do 2014-?
12. Que ten Saínza Combarro, a protagonista de Dende o conflito de María Reimóndez?
Os premios son coma o clima, non se escollen. Para min o maior premio é ter público que lea as nosas obras, ter xente que fale a
lingua en que as escribimos e espazos onde compartir os textos co público como as librarías especializadas no libro galego, o
Culturgal, as redes sociais. O maior premio é formar parte dunha comunidade lectora que busca tecer mundos diversos e
mellores.
A verdade é que Saínza Combarro e mais eu temos, como caracteres, pouco que ver. O que si temos en común pode ser unha
certa maneira de facer as cousas, de enfrontar o noso traballo de mediación dende a ética e obviamente compartimos algúns
lugares do planeta pero de forma moi distinta. Malia as lecturas biograficistas das obras a persoa que son, como xa dixen, tende
a afastarse bastante das persoas que escribo. Se hai algunha coa que teña certo parecido diría máis ben que é Gaia, a
protagonista de En vías de extinción, e mesmo aí hai moitas liñas que nos separan.
María Reimóndez presentando
“En vías de Extinción”
jueves 7 de enero de 2016
14. E para rematarmos, non nos podería falar dos seus futuros proxectos literarios?
María Reimóndez
Este ano acabo de publicar unha novela que se chama A música dos seres vivos e que
forma parte do “Ciclo dos elementos”, un conxunto de novelas relacionadas entre si das
que xa hai tres publicadas (En vías de extinción e Dende o conflito). É un proxecto moi
complexo, unha especie de crebacabezas para as lectoras e lectores onde as personaxes
secundarias dunha novela se fan principais noutra. Este ciclo mantenme bastante ocupada
pero polo medio hai outras cousas en marcha como unha nova aventura de Usha e o libro
co que gañei o Premio de novela por entregas de “La Voz de Galicia”, A dúbida, que se
centra no tema dos abusos sexuais a menores e que espero que quen non lese no xornal
este novela serializada se achegue agora a ela na edición que fará Xerais en 2016.
13. Non se lle escapou tampouco á súa pluma as lectoras e os lectores de menor idade...
Supón un fondo sacrificio para unha autora mergullarse no mundo infantil ou máis ben
unha satisfacción? Non cre que este tipo de literatura é moi fundamental na
normalización da literatura de noso?
Eu non creo que a literatura poida facerse como sacrificio, ten que facerse sempre dende
o afecto e dende o gozo, mesmo se nalgúns casos por motivos diferentes padezamos
tamén nos procesos de escrita ou logo cando as obras se publican. Para min escribir para
xente miúda (ou, mellor dito, para todos os públicos), é un desafío divertido e
estimulante. Como persoa sigo habitando moitos dos meus mundos da infancia que se van
transformando nas infancias do presente. A literatura infantil é moi complexa porque non
só é fundamental para crear lectoras e lectores na nosa lingua, senón para crear persoas
críticas, para abrir os ollos ao mundo.
María Reimóndez
jueves 7 de enero de 2016
CUESTIONARIO
jueves 7 de enero de 2016
A lingua galegaUn monumento
salientábel?
Rosalía de Castro e Begoña
Caamaño. A obra, A semellanza de
María Xosé Queizán.
Un/ha autor/-a e unha obra
literaria galegos?
Rosalía de Castro.
Malinzin.
Un personaxe galego e
un estranxeiro?
Chimamanda Ngozi Adichie. A obra
Trumpet de Jackie Kay
Un/ha autor/-a e unha
obra literaria
estranxeiros?
Lisbeth Salander
Un personaxe literario co que
se identifique?
O mundo.
Cal é a súa fonte de
inspiración
Os xogos da fame.
Unha película de cine?
Unha obra teatral?
Happy de Doris Dörrie
jueves 7 de enero de 2016
Ter un can.
Un anceio por realizar?
O «rurbano», por iso vivo
en Vigo. Montaña.
Mundo rural/urbano?
Praia/montaña?
Múnic nos dous casos.
Un lugar para visitar? e un lugar
para descansar?O voto das mulleres
Un feito histórico?
Vivir nunha
sociedade xusta
Unha utopía?
Calquera
Un lugar axeitado para a
lectura?
Funk. Tightrope deJanelle Monae
Un tipo de música? Unhacanción?
Con quen escribe con
afán de cambiar o
mundo.
Un/ha autor/-a con quen se
identifique?
Calcetar e facer deporte
Outro entretemento
ademais da lectura?
jueves 7 de enero de 2016

More Related Content

What's hot

What's hot (19)

Entrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoEntrevista Marica Campo
Entrevista Marica Campo
 
Manuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezManuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo González
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Xesus Constela
Xesus ConstelaXesus Constela
Xesus Constela
 
Manuel pereira
Manuel pereiraManuel pereira
Manuel pereira
 
Anxos Sumai
Anxos SumaiAnxos Sumai
Anxos Sumai
 
Marica campo
Marica campoMarica campo
Marica campo
 
Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández paz
 
Xose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoXose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamo
 
Xose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoXose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamo
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Pepe Carballude
Pepe CarballudePepe Carballude
Pepe Carballude
 
Martinez oca
Martinez ocaMartinez oca
Martinez oca
 
Darío Xohán Cabana
Darío Xohán CabanaDarío Xohán Cabana
Darío Xohán Cabana
 
Fina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaFina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptima
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
 
Rosa aneiros
Rosa aneirosRosa aneiros
Rosa aneiros
 
Fina casalderrei
Fina casalderreiFina casalderrei
Fina casalderrei
 
Xosé ignacio taibo
Xosé ignacio taiboXosé ignacio taibo
Xosé ignacio taibo
 

Viewers also liked

Viewers also liked (10)

Margarita ledo
Margarita ledoMargarita ledo
Margarita ledo
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana Romaní
 
Manuel Álvarez Fuentes
Manuel Álvarez FuentesManuel Álvarez Fuentes
Manuel Álvarez Fuentes
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
 
Entrevista á escritora Chus Pato
Entrevista á escritora Chus PatoEntrevista á escritora Chus Pato
Entrevista á escritora Chus Pato
 
Concha Blanco
Concha BlancoConcha Blanco
Concha Blanco
 
Teresa gonzalez costa
Teresa gonzalez costaTeresa gonzalez costa
Teresa gonzalez costa
 
Maria Canosa
Maria Canosa Maria Canosa
Maria Canosa
 
Luz pozo garza
Luz pozo garzaLuz pozo garza
Luz pozo garza
 
Carmen Blanco
Carmen Blanco Carmen Blanco
Carmen Blanco
 

Similar to María Reimóndez

Similar to María Reimóndez (15)

María reimóndez
María reimóndezMaría reimóndez
María reimóndez
 
María Xosé Queizán
 María Xosé Queizán María Xosé Queizán
María Xosé Queizán
 
Francisco castro
Francisco castroFrancisco castro
Francisco castro
 
Manuel rivas
Manuel rivasManuel rivas
Manuel rivas
 
Marta Dacosta
Marta DacostaMarta Dacosta
Marta Dacosta
 
Manuel Forcadela
Manuel Forcadela Manuel Forcadela
Manuel Forcadela
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudo
 
Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón Lopo
 
Paco Martín
Paco MartínPaco Martín
Paco Martín
 
Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costas
 
Claudio Rodríguez Fer
Claudio Rodríguez Fer Claudio Rodríguez Fer
Claudio Rodríguez Fer
 
Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coello
 
Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coello
 
Xose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoXose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamo
 
Xose luna
Xose lunaXose luna
Xose luna
 

More from Asnosasletras

Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasAsnosasletras
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Asnosasletras
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Asnosasletras
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez CáccamoAsnosasletras
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaAsnosasletras
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoAsnosasletras
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Asnosasletras
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoAsnosasletras
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoAsnosasletras
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarAsnosasletras
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónAsnosasletras
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónAsnosasletras
 

More from Asnosasletras (20)

Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesias
 
Entrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxoEntrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxo
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Orla 15/16
Orla 15/16Orla 15/16
Orla 15/16
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16
 
Lopo
LopoLopo
Lopo
 
Jaureguizar
JaureguizarJaureguizar
Jaureguizar
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamo
 
David otero
David oteroDavid otero
David otero
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose Miranda
 
Orla 2015
Orla 2015Orla 2015
Orla 2015
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvo
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. Malvar
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús Pisón
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús Pisón
 

María Reimóndez

  • 1. María Reimóndez Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados María Reimóndez Meilán ( Lugo, 1975) comezou publicando poesía coa obra Moda galega. Outras obras líricas súas son: Moda galega reloaded // Presente continuo... pero polo que máis é coñecida é polas súas publicacións na narrativa. Comezou coa obra O caderno de bitácora. Pero a nivel narrativo os maiores recoñecementos viríanlle polas obras O club da calceta (Premio Xerais, 2005), Dende o conflito (Premio Xerais, 2014), sen esquecermos as súas últimas novelas: En vías de extinción ou A música dos seres vivos. Tamén ten publicado literatura infantil e xuvenil (O regreso de Usha e O monstro das palabras) ensaios e moitas traducións ao galego. jueves 7 de enero de 2016
  • 2. Non sei se se fixo realidade, creo que o que fixo foi espertar en min a curiosidade por coñecer outros lugares e tamén unha reflexión crítica sobre quen somos e o que parecemos ser. Os trazos físicos son nada máis un accidente pero ese accidente colócanos en situacións moi variopintas. No meu caso ser morena de pel, de cabelo, de ollos... levoume a estar preto de persoas semellantes e tamén me fai moitas veces ter que enfrontarme á discriminación que padecen as persoas non europeas (por exemplo nos aeroportos) porque non son branca abondo nalgúns contextos. María Reimóndez 1. Como Vostede mesma ten dito “de pequena sempre me dicían que parecía india”... até que punto esta observación se fixo en certa medida realidade? 2. Estivemos ollando que pertence Vostede ao colectivo “Implicadas”... podería dicirnos qué obxectivos procura este colectivo e por que xurdiu? “Implicadas no Desenvolvemento” é unha organización feminista que fundei hai xa máis de 15 anos. O seu obxectivo é transformar as raíces da pobreza cambiando o noso imaxinario e os nosos actos, a forma que temos de representar ás mulleres e comunidades do Sur e de actuar con respecto a elas. Establecemos alianzas con compañeiras sobre todo en Támil Nadu, no sur da India mediante programas de cooperación dos que elas son protagonistas pero sobre todo abrimos espazos para que as súas voces diversas se escoiten en Galicia e nos fagan entender como cousas tan básicas como o que consumimos, a roupa que mercamos etc. están creando situacións de discriminación en todo o mundo. 3. Até que punto o seu compromiso feminista se viu reflectido nas súas obras? Pode unha autora evadirse do seu “eu” á hora de escribir? Unha autora nunca escribe se non é dende si mesma. Isto non quere dicir que escriba sempre personaxes coas que está totalmente de acordo, o meu está moi lonxe de ser unha escrita autobiográfica porque o que me divirte é crear persoas diferentes a min, pero si que hai unha base común de visión crítica, que é o que é a literatura feminista. Escribir dende os feminismos é escribir literatura incómoda, non compracente, e que pon a quen le en situación de ter que reformular quen é. Dentro diso hai centos de maneiras de escribir e plasmar esa visión crítica no papel. María Reimóndez jueves 7 de enero de 2016
  • 3. Sempre digo que ata que os seres humanos non sexamos entes incorpóreos, ser percibidas como mulleres ou homes pola sociedade vai marcar definitivamente todo o que facemos. No meu caso é evidente que as miñas obras se reciben con certa hostilidade por parte de sectores patriarcais da crítica que tentan marcar a escrita feminista como algo secundario, excluíndonos así ás autoras do discurso literario. Mais tamén é certo que as autoras feministas soubemos crear espazos propios, como por exemplo a plataforma de crítica literaria A Sega (www.asega-critica.net) para tecer alianzas dende a nosa diversidade. Nada disto pertence a tempos pasados, é algo moi presente. A forma en que se nos le e se nos percibe ás autoras está tremendamente marcada por visións patriarcais (por exemplo os comentarios sobre o noso físico, etc.). A partir desta experiencia logo cada unha escribe dende bases e posturas moi diferentes. Malia a discriminación patente ou velada eu creo que escribir dende as experiencias das mulleres é sempre unha vantaxe. En primeiro lugar porque permite tocar espazos e temas que a literatura patriarcal excluíu de forma constante. En segundo lugar porque permite facelo con doses de creatividade moi elevadas. E terceiro porque as mulleres podemos contribuír cunha serie de experiencias que sempre se narraron no noso nome pero sen que fósemos nosoutras quen falásemos delas. Insisto que dentro disto as voces logo son moi diversas pero persoalmente as voces das autoras sempre me interesan de partida. María Reimóndez 4. Na súa irrupción na literatura sentiu nalgún momento que o mero feito de ser muller escritora puider supoñer certa diferenza como ten ocorrido en tempos pasados? 5. Que foi o que a levou a se mergullar na escrita digamos “en serio”? porque supoñemos que o de escribir xa lle viña de ben antes... Sempre me gustou escribir igual que sempre me gustou ler ata puntos enfermizos. Non concibo a vida sen estas dúas cousas. Mais é certo que hai un momento en que a escrita se volve máis importante en cuestión de tempos, cando deixa de ser unha afección e pasa a ser unha actividade á que xa non se lle dedica tempo roubado senón tempo propio. Para min esa inflexión marcouna “O club da calceta”. É unha obra á que lle debo moito, entre outras cousas isto. A súa repercusión fíxome pensar que era hora de tomar máis en serio a escrita e de dedicarlle un tempo «lícito». 6. Ollamos que o viaxar, a cooperación... son un eixe na vida cotiá de María Reimóndez... Que beberon as súas obras literarias desta realidade persoal? Como di Agustín Fernández Paz, a literatura escríbese cos fíos da vida. A miña vida está marcada pola miña convivencia coas nosas «outras», o cal implica á súa vez viaxar moito física e mentalmente. María Reimóndez jueves 7 de enero de 2016
  • 4. Pois o certo é que si escribín teatro, e bastante ademais, na miña adolescencia e anos máis mozos porque sempre estiven activa en grupos amadores de teatro, só que ningunha desas obras se publicou. Dito isto, non son moi consciente de escoller certos xéneros literarios para certas cousas. Digamos que para min cada libro é un proxecto sobre algo que quero investigar, que me intriga ou incomoda. A forma que toma xa é algo moito máis orgánico, como, creo, calquera proceso creativo. María Reimóndez 7. Menos teatro, ten empregado os outros xéneros literarios. Como xorde en María Reimóndez unha obra en determinado xénero literario? Ah, e para cando teatro? 8. Ímoslle dar unha serie de características que nos pareceron saír de Vostede: solidariedade, compromiso, feminismo, liberdade, galeguista... con cal ou cales se identificaría máis? Quedaríannos algunhas por enxergar? As teorías feministas falan dun concepto que se chama «interseccionalidade». Este vén dicir que as persoas non nos podemos dividir por parroquias, somos un todo con todas as nosas características e as nosas alianzas e discriminacións están marcadas por múltiples compoñentes. No meu caso non se pode separar ningunha desas cuestións que mencionades. Para min non hai feminismos se non pasan polas linguas propias, non hai compromiso se non pasa polos feminismos, non hai ningunha desas cousas se non pasan pola visión crítica de como nos relacionamos coas nosas compañeiras do Sur... 9. A súa obra O club da calceta foi traducida a varios idiomas... non cre Vostede que a nosa literatura contemporánea ten que convivir con esa eiva da falta de traducións para a súa universalización? E claro, isto visto dende a súa óptica como tamén tradutora... Efectivamente creo que é importante que as obras se traduzan. Está claro que no noso caso sen un esforzo institucional ao respecto é sempre cousa da boa sorte cruzar fronteiras e isto non debería ser así. Como tradutora creo que non é só importante que se traduzan as nosas obras senón que aumente o volume de traducións en particular de autoras, ao galego. Portada: “Dende o conflito” jueves 7 de enero de 2016
  • 5. María Reimóndez 10. É Vostede digamos un tanto “coleccionista” de premios pero quizabes o máis salientábel fose o Xerais coa obra Dende o conflito. Que supuxo para esta obra e este premio para María Reimóndez? Pois non era eu consciente dese «coleccionismo», a verdade é que se se me compara con outras autoras como Eli Ríos ou Ledicia Costas estou moi lonxe de ter un palmarés de premios importante, haha. Mais é certo que o Premio Xerais marcou para min un fito persoal. Creo que como todas as cousas que son importantes para min tivo que ver sobre todo co afecto, con formar parte Xerais da miña historia vital dunha forma moi forte (case toda a miña obra está publicada na editora e nela conto con persoas como Manolo Bragado ou Fran Alonso). Foi tamén, nesa altura concreta e con esa obra concreta, un reconforto no sentido de recoñecer unha forma de escribir particular que moitas veces é vista con malos ollos pola crítica patriarcal, que prefire obras máis descafeinadas ou que sigan uns patróns do ambigüo que non se impliquen tanto co presente dunha forma aberta e sen fisuras. Tamén creo que é importante por todo o que rodea o Premio Xerais. Por todos os títulos que o levaron e pola xente que se reúne o día da entrega dos premios en San Simón. Creo que nos anos que viva non esquecerei o cariño recibido ese día, foi coma unha aperta enorme! 11. E falando de premios, que prefire Vostede, un premio a unha obra súa ou máis ben un premio á súa obra en xeral -estamos a nos referir ao da AELG do 2014-? 12. Que ten Saínza Combarro, a protagonista de Dende o conflito de María Reimóndez? Os premios son coma o clima, non se escollen. Para min o maior premio é ter público que lea as nosas obras, ter xente que fale a lingua en que as escribimos e espazos onde compartir os textos co público como as librarías especializadas no libro galego, o Culturgal, as redes sociais. O maior premio é formar parte dunha comunidade lectora que busca tecer mundos diversos e mellores. A verdade é que Saínza Combarro e mais eu temos, como caracteres, pouco que ver. O que si temos en común pode ser unha certa maneira de facer as cousas, de enfrontar o noso traballo de mediación dende a ética e obviamente compartimos algúns lugares do planeta pero de forma moi distinta. Malia as lecturas biograficistas das obras a persoa que son, como xa dixen, tende a afastarse bastante das persoas que escribo. Se hai algunha coa que teña certo parecido diría máis ben que é Gaia, a protagonista de En vías de extinción, e mesmo aí hai moitas liñas que nos separan. María Reimóndez presentando “En vías de Extinción” jueves 7 de enero de 2016
  • 6. 14. E para rematarmos, non nos podería falar dos seus futuros proxectos literarios? María Reimóndez Este ano acabo de publicar unha novela que se chama A música dos seres vivos e que forma parte do “Ciclo dos elementos”, un conxunto de novelas relacionadas entre si das que xa hai tres publicadas (En vías de extinción e Dende o conflito). É un proxecto moi complexo, unha especie de crebacabezas para as lectoras e lectores onde as personaxes secundarias dunha novela se fan principais noutra. Este ciclo mantenme bastante ocupada pero polo medio hai outras cousas en marcha como unha nova aventura de Usha e o libro co que gañei o Premio de novela por entregas de “La Voz de Galicia”, A dúbida, que se centra no tema dos abusos sexuais a menores e que espero que quen non lese no xornal este novela serializada se achegue agora a ela na edición que fará Xerais en 2016. 13. Non se lle escapou tampouco á súa pluma as lectoras e os lectores de menor idade... Supón un fondo sacrificio para unha autora mergullarse no mundo infantil ou máis ben unha satisfacción? Non cre que este tipo de literatura é moi fundamental na normalización da literatura de noso? Eu non creo que a literatura poida facerse como sacrificio, ten que facerse sempre dende o afecto e dende o gozo, mesmo se nalgúns casos por motivos diferentes padezamos tamén nos procesos de escrita ou logo cando as obras se publican. Para min escribir para xente miúda (ou, mellor dito, para todos os públicos), é un desafío divertido e estimulante. Como persoa sigo habitando moitos dos meus mundos da infancia que se van transformando nas infancias do presente. A literatura infantil é moi complexa porque non só é fundamental para crear lectoras e lectores na nosa lingua, senón para crear persoas críticas, para abrir os ollos ao mundo. María Reimóndez jueves 7 de enero de 2016
  • 7. CUESTIONARIO jueves 7 de enero de 2016
  • 8. A lingua galegaUn monumento salientábel? Rosalía de Castro e Begoña Caamaño. A obra, A semellanza de María Xosé Queizán. Un/ha autor/-a e unha obra literaria galegos? Rosalía de Castro. Malinzin. Un personaxe galego e un estranxeiro? Chimamanda Ngozi Adichie. A obra Trumpet de Jackie Kay Un/ha autor/-a e unha obra literaria estranxeiros? Lisbeth Salander Un personaxe literario co que se identifique? O mundo. Cal é a súa fonte de inspiración Os xogos da fame. Unha película de cine? Unha obra teatral? Happy de Doris Dörrie jueves 7 de enero de 2016
  • 9. Ter un can. Un anceio por realizar? O «rurbano», por iso vivo en Vigo. Montaña. Mundo rural/urbano? Praia/montaña? Múnic nos dous casos. Un lugar para visitar? e un lugar para descansar?O voto das mulleres Un feito histórico? Vivir nunha sociedade xusta Unha utopía? Calquera Un lugar axeitado para a lectura? Funk. Tightrope deJanelle Monae Un tipo de música? Unhacanción? Con quen escribe con afán de cambiar o mundo. Un/ha autor/-a con quen se identifique? Calcetar e facer deporte Outro entretemento ademais da lectura? jueves 7 de enero de 2016