SlideShare a Scribd company logo
1 of 9
Download to read offline
Manuel Portas
Entrevista
IES Manuel García Barros
A Estrada
Literatura Galega
do Século XX e da Actualidade
Texto: © Cc-by-sa-3.0
Fotos: © Todos os dereitos reservados
Manuel Portas Fernández (Barcelona, 1960).
Sociolingüista galego que actualmente destaca polo
seu labor narrativo. A nivel de sociolingüista cómpre
salientarmos o seu ensaio Língua e sociedade na
Galiza (1991), obra referente para o estudo da nosa
sociolingüística contemporánea. As súas publicacións
narrativas comezaron a ver a luz coa obra Denso
recendo a salgado (2010), para continuar con obras
como Faneca Brava (2013) ou Amor en alpargatas
(2015)... No mesmo ano 2015 a súa obra Lourenço
xograr acadou o XXVIIº premio de novela “Manuel
García Barros”.
lunes 22 de febrero de 2016
Agradezo iso de completo, mais nada máis lonxe da realidade! As miñas carencias son moitas. Procuro, iso si, mellorar e aprender
da experiencia para oferecer unha mellor docencia ao meu alumnado.
Certamente, creo que a análise da realidade sociolingüística e o recoñecemento da capacidade que temos os individuos para influír
nela, para transformala, son dous obxectivos fundamentais na formación da xente nova, a parte da sociedade máis castigada pola
castelanización. Se os rapaces e rapazas que estades a estudar acabades sendo conscientes de que tamén podedes influír co voso
comportamento lingüístico no proceso, de que o futuro do idioma está nas vosas bocas e nas vosas mans, poderemos mirar para
adiante con optimismo. O resto é só un problema de conciencia. Aínda que soe grandilocuente, temos que reivindicar o noso
dereito a influír na historia.
Manuel Portas
1. Vostede exerceu e exerce a docencia... un docente do máis completo xa que é especialista en lingua e sociolingüística e
ademais a literatura o fiel complemento...
2.- Que duro debe de ser exercer a política e ver a situación sociolingüística galega e poder facer ben pouco dende un cargo de
responsabilidade, non?
Duro é ser consciente da desgaleguización e non facer nada. Sempre se pode facer, e moito. Cantos máis sexamos, canto máis
coordinada sexa a nosa maneira de actuar, mellores resultados. Do que se trata é de mudar tendencias, de procurar espazos
normalizados, de avanzar nese proceso de implantación do noso idioma en esferas asociadas ao futuro e á modernidade. Cómpre a
galeguización individual, mais tamén a dos ámbitos de convivencia. Duro ten de ser para quen tendo posibilidade e capacidade non
fai o esforzo que a realidade exixe.
3.- A comezos dos anos 90 sae á luz a súa obra ensaística Língua e sociedade na Galiza, unha obra que pasou a ser un referente nas
aulas sobre a nosa sociolingüística... cuarto século despois como segue este tema?
Dá vertixe, xa hai vinte e cinco anos! Pois, en termos xerais, a verdade é que a cousa non mudou moito. As liñas definitorias da
realidade sociolingüística seguen a ser basicamente as mesmas: rotura da transmisión lingüística xeracional, desgaleguización
maior nos ámbitos urbanos, incapacidade para que o sistema educativo consiga forxar usuarios con competencias similares ás
adquiridas en castelán, timidez no avanzo do galego en moitas esferas da realidade colectiva (xustiza, medios de comunicación,
TICs). No ámbito cultural, os recortes padecidos nos últimos tempos levan a que moitas esferas da creación como a literatura, o
cinema, o teatro,... sufran retrocesos alarmantes.
lunes 22 de febrero de 2016
Toda a vida andei demasiado ocupado noutras cousas, no activismo lingüístico, na participación
en política, na xestión educativa, como para poder escribir outra cousa que non fosen ensaios
ou artigos de xornal... Mais, malia todo, nas noites sempre había un oco para gozar da
literatura. Ler era o meu tratamento antiestrés. Unha vez que deixei aquelas dedicacións tan
absorbentes, pensei que era chegado o tempo de escribir, de inventar historias, de crear. Así
foi que descubrín que, xunto ao pracer da lectura, había outro, o da escrita, diferente e ao
mesmo tempo tan gozoso como o de ler.
Manuel Portas
4.- E falando de séculos... medio século tivo que transcorrer na vida de Manuel Portas para que saíse á luz a súa primeira obra literaria
(Denso recendo a salgado)... como xustificarmos esta tardanza?
5.- Pero a partir dese punto de partida, as súas publicacións comezan case a ser anuais... estaban
nun baúl ou a inspiración foi a causante?
Non creo na inspiración beckeriana, ese momento en que os astros se cruzan e ao escritor nácelle unha luz. A inspiración literaria
chámase dedicación, traballo, escribir e reescribir, e peneirar, e volver dar forma a ese barro que moldeaches, até que se
aproxima a iso que querías. É certo que hai detalles, imaxes, olores, situacións da vida que se almacenan na nosa memoria. Mais o
palleiro non se fai sen palla e é preciso traballar as historias e a lingua como os ourives traballan un metal precioso. O tempo de
creación nunca se sabe canto vai durar cando comezas unha folla en branco.
Manuel Portas. Foto: Paulo Porta
6.- É Vostede o clásico escritor autocrítico que lle está a dar voltas a unha obra incluso despois de estar practicamente rematada ou
unha vez chegado ao remate xa a dá como apta para a súa publicación?
Son autocrítico. Toda persoa que escribe ten de ser autocrítica. A diferenza está no nivel de exixencia que cada un teña. Sobre iso
non hai nada escrito. Unha obra só se acaba cando lle dás a enviar ao correo electrónico que contén o documento, camiño da
editorial.
lunes 22 de febrero de 2016
Todos, de maneira consciente ou non, acumulamos nalgún recuncho da memoria as nosas
lecturas, do mesmo xeito que o facemos coas experiencias da nosa propia vida e das que
sabemos dos demais. Sen lectura non hai literatura, sen vida tampouco.
Manuel Portas
7.- Sempre se di que un autor non bebe doutro, que a arte literaria é universal… bebeu Vostede ou
inspirouse noutras autorías á hora de se pór a escribir?
Manuel Portas. Foto: Paulo Porta
8.- Tamén sempre soe ocorrer que as autoras e os autores teñen un “coello de indias” que é o
primeiro lector -e crítico- das súas obras... ocorre isto coas obras de Manuel Portas?
Sempre hai unha persoa ou varias primeiras persoas a quen pasas o que escribes para unha
primeira opinión, alguén que consideras que ten criterio e que vai opinar con sinceridade.
Aínda que non existe o lector imparcial, si hai quen se aproxime.
9.- Neste ano pasado a súa obra Lourenço xograr acadou a XVIIª edición do premio de novela
“Manuel García Barros”... pode ser este un recoñecemento que o faga reflexionar sobre o seu
futuro literario ou máis ben un incentivo?
Os premios son un incentivo fundamental e, por outra banda, mala cousa é se unha persoa que escribe non reflexiona sempre sobre o que
escribiu, con ou sen ese recoñecemento especial que supón un premio, proxectando a experiencia no que ten por escribir. Estou
profundamente agradecido aos membros do xurado que consideraron que a obra era merecente do galardón, mais o premio máis
importante para alguén que escribe é cando os lectores anónimos gozan coa obra literaria que un escribiu. O goce da lectura é o fin
último da escrita.
10.- Temos entendido que o seu interese pola nosa lírica medieval vén hai ben anos... cando xurdiu a idea de lle dar contido narrativo a ese
coñecemento?
Foi no momento en que lembrei a singularidade da figura de Lourenço. Había que combinar a realidade histórica coa ficción da vida dun
xograr do que moi pouco sabemos, exceptuando as referencias que hai a el nas súas cantigas e nas doutros poetas.
lunes 22 de febrero de 2016
Manuel Portas
11.- Nas clases de literatura sempre nos ensinaron que a arte literaria non é algo implícito ao status social do autor o da autora...
podería ser ese o fondo temático da anterior obra literaria ao tomar como personaxe principal a un xograr?
Creo que si. Na época medieval, a arte de compor cantigas estaba restrixinda aos señores. Os plebeos
só podían acompañar musicalmente, danzar,... A loita de Lourenço por ser recoñecido como poeta
enche por completo a súa vida.
12.- Como dixemos antes aquel ensaio sobre a nosa sociolingüística foi un referente nas aulas... pode ser
que esta obra literaria tamén pase a ser unha obra de lectura case obrigatoria ao nos enfrontar á nosa
literatura medieval?
Pois se, ademais de ser gozada, a obra axuda a comprender mellor como era aquela sociedade en que
se compuxo a nosa poesía medieval, será un duplo pracer.
Portada Lourenço, xograr
13.- Xamais pasou polo seu maxín o de se dedicar a outros xéneros literarios ou é que anden polos baúis?
Ripios, escribinos só na mocidade, cos primeiros namoros. A poesía é unha arte sublime como para estragar o seu bo nome, aínda que
non o descarto nun futuro hipotético. O teatro sempre está máis ou menos implícito na narrativa, aínda que como xénero teña
técnicas de seu. Non descarto nada.
Que o sistema precisa dunha profunda transformación. Que o descrédito da política, a corrupción e a inoperancia perante os grandes
problemas que sofre a sociedade obrigan a un relevo urxente de formas, contidos e mesmo de persoas e estruturas partidarias. A
xente nova ten de dar un paso adiante, unha nova xeración que poña Galiza e o benestar das súas xentes como prioridade. Son un
pesimista esperanzado, por iso son optimista.
14.- E para rematarmos, non podiamos deixar de aproveitar esta entrevista a unha persoa que exerceu a actividade política... que nos
podería dicir verbo das circunstancias políticas que estamos a vivir nestes momentos?
lunes 22 de febrero de 2016
CUESTIONARIO
lunes 22 de febrero de 2016
A Sagrada
Familia.
Un monumento
salientábel?
Álvaro Cunqueiro e o
seu Merlín e familia.
Un/ha autor/-a e unha obra
literaria galegos?
Adrián Solovio (da
novela Arredor de si, de
Otero Pedrayo) Sancho
Panza, sen dúbida (do
Quixote, de Miguel de
Cervantes)
Un personaxe galego e
un estranxeiro?
Marguerite Duras e o
seu O amante.Un/ha autor/-a e unha obra
literaria estranxeiros?
Álvaro de Campos, un
dos heterónimos de
Fernando Pessoa
Un personaxe literario co que
se identifique?
Pulp Fiction, de Quentin
Tarantino.
Unha película de cine?
lunes 22 de febrero de 2016
Demasiados para indicar
un, e todos gorentosos,...Un anceio por realizar?
Para visitar, todos
aqueles que non
coñezo. Para
descansar, Galiza.
Un lugar para visitar? e un lugar
para descansar?
A xustiza.Unha utopía? Moitos: o sofá pola tarde, a
cama no inverno, a herba no
verán, debaixo dunha árbore
con boa sombra...
Un lugar axeitado para alectura?
Músicas, case todas, depende do
momento. Unha canción? tamén
moitas, quizá Ne me quitte pas deJacques Brel.
Un tipo de música? Unhacanción?
lunes 22 de febrero de 2016
O cinema, as chapuzas na casa, a
horta, a gastronomía,...
Outro entretemento ademais da literatura?
Os dous mundos, quizá
para vivir o rural. Da praia o
que peor levo é a area, da
montaña, as costas.
Mundo rural/urbano?
Praia/montaña?
Uffff, moitos.
Quizá o
descubrimento da
roda ou a
invención do
lavalouza,...
Un feito histórico?
Poñédelo moi fácil: a vida.
Cal é a súa fonte de
inspiración?
Moitos. Quizá Paul Auster,
quizá Quim Monzó.
Un/ha autor/-a con quen seidentifique?
Unha obra teatral?A agardar por Godot,de Samuel Becket
lunes 22 de febrero de 2016

More Related Content

What's hot (18)

Xesus Constela
Xesus ConstelaXesus Constela
Xesus Constela
 
Manuel pereira
Manuel pereiraManuel pereira
Manuel pereira
 
Entrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoEntrevista Marica Campo
Entrevista Marica Campo
 
Martinez oca
Martinez ocaMartinez oca
Martinez oca
 
Yolanda castaño
Yolanda castañoYolanda castaño
Yolanda castaño
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Pepe Carballude
Pepe CarballudePepe Carballude
Pepe Carballude
 
Fina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaFina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptima
 
Paco Martín
Paco MartínPaco Martín
Paco Martín
 
Manuel rivas
Manuel rivasManuel rivas
Manuel rivas
 
Arcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanovaArcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanova
 
Fina casalderrei
Fina casalderreiFina casalderrei
Fina casalderrei
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Anxos Sumai
Anxos SumaiAnxos Sumai
Anxos Sumai
 
Marica campo
Marica campoMarica campo
Marica campo
 
Maria Canosa
Maria Canosa Maria Canosa
Maria Canosa
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coello
 

Similar to Manolo portas

Similar to Manolo portas (20)

Xose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoXose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamo
 
Xose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoXose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamo
 
Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón Lopo
 
Rosa aneiros
Rosa aneirosRosa aneiros
Rosa aneiros
 
María Xosé Queizán
 María Xosé Queizán María Xosé Queizán
María Xosé Queizán
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamo
 
Xose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoXose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamo
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana Romaní
 
Manuel Forcadela
Manuel Forcadela Manuel Forcadela
Manuel Forcadela
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
 
Marta Dacosta
Marta DacostaMarta Dacosta
Marta Dacosta
 
Lopo
LopoLopo
Lopo
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvo
 
Francisco castro
Francisco castroFrancisco castro
Francisco castro
 
María reimóndez
María reimóndezMaría reimóndez
María reimóndez
 
Fernán vello
Fernán velloFernán vello
Fernán vello
 
Entrevista yolanda castanho
Entrevista yolanda castanhoEntrevista yolanda castanho
Entrevista yolanda castanho
 
Helena villar janeiro
Helena villar janeiroHelena villar janeiro
Helena villar janeiro
 

More from Asnosasletras

Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasAsnosasletras
 
Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasAsnosasletras
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoAsnosasletras
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Asnosasletras
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Asnosasletras
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaAsnosasletras
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Asnosasletras
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoAsnosasletras
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoAsnosasletras
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarAsnosasletras
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónAsnosasletras
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónAsnosasletras
 

More from Asnosasletras (17)

Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costas
 
Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesias
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudo
 
Entrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxoEntrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxo
 
Orla 15/16
Orla 15/16Orla 15/16
Orla 15/16
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16
 
Jaureguizar
JaureguizarJaureguizar
Jaureguizar
 
David otero
David oteroDavid otero
David otero
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose Miranda
 
Orla 2015
Orla 2015Orla 2015
Orla 2015
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. Malvar
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús Pisón
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús Pisón
 

Manolo portas

  • 1. Manuel Portas Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados Manuel Portas Fernández (Barcelona, 1960). Sociolingüista galego que actualmente destaca polo seu labor narrativo. A nivel de sociolingüista cómpre salientarmos o seu ensaio Língua e sociedade na Galiza (1991), obra referente para o estudo da nosa sociolingüística contemporánea. As súas publicacións narrativas comezaron a ver a luz coa obra Denso recendo a salgado (2010), para continuar con obras como Faneca Brava (2013) ou Amor en alpargatas (2015)... No mesmo ano 2015 a súa obra Lourenço xograr acadou o XXVIIº premio de novela “Manuel García Barros”. lunes 22 de febrero de 2016
  • 2. Agradezo iso de completo, mais nada máis lonxe da realidade! As miñas carencias son moitas. Procuro, iso si, mellorar e aprender da experiencia para oferecer unha mellor docencia ao meu alumnado. Certamente, creo que a análise da realidade sociolingüística e o recoñecemento da capacidade que temos os individuos para influír nela, para transformala, son dous obxectivos fundamentais na formación da xente nova, a parte da sociedade máis castigada pola castelanización. Se os rapaces e rapazas que estades a estudar acabades sendo conscientes de que tamén podedes influír co voso comportamento lingüístico no proceso, de que o futuro do idioma está nas vosas bocas e nas vosas mans, poderemos mirar para adiante con optimismo. O resto é só un problema de conciencia. Aínda que soe grandilocuente, temos que reivindicar o noso dereito a influír na historia. Manuel Portas 1. Vostede exerceu e exerce a docencia... un docente do máis completo xa que é especialista en lingua e sociolingüística e ademais a literatura o fiel complemento... 2.- Que duro debe de ser exercer a política e ver a situación sociolingüística galega e poder facer ben pouco dende un cargo de responsabilidade, non? Duro é ser consciente da desgaleguización e non facer nada. Sempre se pode facer, e moito. Cantos máis sexamos, canto máis coordinada sexa a nosa maneira de actuar, mellores resultados. Do que se trata é de mudar tendencias, de procurar espazos normalizados, de avanzar nese proceso de implantación do noso idioma en esferas asociadas ao futuro e á modernidade. Cómpre a galeguización individual, mais tamén a dos ámbitos de convivencia. Duro ten de ser para quen tendo posibilidade e capacidade non fai o esforzo que a realidade exixe. 3.- A comezos dos anos 90 sae á luz a súa obra ensaística Língua e sociedade na Galiza, unha obra que pasou a ser un referente nas aulas sobre a nosa sociolingüística... cuarto século despois como segue este tema? Dá vertixe, xa hai vinte e cinco anos! Pois, en termos xerais, a verdade é que a cousa non mudou moito. As liñas definitorias da realidade sociolingüística seguen a ser basicamente as mesmas: rotura da transmisión lingüística xeracional, desgaleguización maior nos ámbitos urbanos, incapacidade para que o sistema educativo consiga forxar usuarios con competencias similares ás adquiridas en castelán, timidez no avanzo do galego en moitas esferas da realidade colectiva (xustiza, medios de comunicación, TICs). No ámbito cultural, os recortes padecidos nos últimos tempos levan a que moitas esferas da creación como a literatura, o cinema, o teatro,... sufran retrocesos alarmantes. lunes 22 de febrero de 2016
  • 3. Toda a vida andei demasiado ocupado noutras cousas, no activismo lingüístico, na participación en política, na xestión educativa, como para poder escribir outra cousa que non fosen ensaios ou artigos de xornal... Mais, malia todo, nas noites sempre había un oco para gozar da literatura. Ler era o meu tratamento antiestrés. Unha vez que deixei aquelas dedicacións tan absorbentes, pensei que era chegado o tempo de escribir, de inventar historias, de crear. Así foi que descubrín que, xunto ao pracer da lectura, había outro, o da escrita, diferente e ao mesmo tempo tan gozoso como o de ler. Manuel Portas 4.- E falando de séculos... medio século tivo que transcorrer na vida de Manuel Portas para que saíse á luz a súa primeira obra literaria (Denso recendo a salgado)... como xustificarmos esta tardanza? 5.- Pero a partir dese punto de partida, as súas publicacións comezan case a ser anuais... estaban nun baúl ou a inspiración foi a causante? Non creo na inspiración beckeriana, ese momento en que os astros se cruzan e ao escritor nácelle unha luz. A inspiración literaria chámase dedicación, traballo, escribir e reescribir, e peneirar, e volver dar forma a ese barro que moldeaches, até que se aproxima a iso que querías. É certo que hai detalles, imaxes, olores, situacións da vida que se almacenan na nosa memoria. Mais o palleiro non se fai sen palla e é preciso traballar as historias e a lingua como os ourives traballan un metal precioso. O tempo de creación nunca se sabe canto vai durar cando comezas unha folla en branco. Manuel Portas. Foto: Paulo Porta 6.- É Vostede o clásico escritor autocrítico que lle está a dar voltas a unha obra incluso despois de estar practicamente rematada ou unha vez chegado ao remate xa a dá como apta para a súa publicación? Son autocrítico. Toda persoa que escribe ten de ser autocrítica. A diferenza está no nivel de exixencia que cada un teña. Sobre iso non hai nada escrito. Unha obra só se acaba cando lle dás a enviar ao correo electrónico que contén o documento, camiño da editorial. lunes 22 de febrero de 2016
  • 4. Todos, de maneira consciente ou non, acumulamos nalgún recuncho da memoria as nosas lecturas, do mesmo xeito que o facemos coas experiencias da nosa propia vida e das que sabemos dos demais. Sen lectura non hai literatura, sen vida tampouco. Manuel Portas 7.- Sempre se di que un autor non bebe doutro, que a arte literaria é universal… bebeu Vostede ou inspirouse noutras autorías á hora de se pór a escribir? Manuel Portas. Foto: Paulo Porta 8.- Tamén sempre soe ocorrer que as autoras e os autores teñen un “coello de indias” que é o primeiro lector -e crítico- das súas obras... ocorre isto coas obras de Manuel Portas? Sempre hai unha persoa ou varias primeiras persoas a quen pasas o que escribes para unha primeira opinión, alguén que consideras que ten criterio e que vai opinar con sinceridade. Aínda que non existe o lector imparcial, si hai quen se aproxime. 9.- Neste ano pasado a súa obra Lourenço xograr acadou a XVIIª edición do premio de novela “Manuel García Barros”... pode ser este un recoñecemento que o faga reflexionar sobre o seu futuro literario ou máis ben un incentivo? Os premios son un incentivo fundamental e, por outra banda, mala cousa é se unha persoa que escribe non reflexiona sempre sobre o que escribiu, con ou sen ese recoñecemento especial que supón un premio, proxectando a experiencia no que ten por escribir. Estou profundamente agradecido aos membros do xurado que consideraron que a obra era merecente do galardón, mais o premio máis importante para alguén que escribe é cando os lectores anónimos gozan coa obra literaria que un escribiu. O goce da lectura é o fin último da escrita. 10.- Temos entendido que o seu interese pola nosa lírica medieval vén hai ben anos... cando xurdiu a idea de lle dar contido narrativo a ese coñecemento? Foi no momento en que lembrei a singularidade da figura de Lourenço. Había que combinar a realidade histórica coa ficción da vida dun xograr do que moi pouco sabemos, exceptuando as referencias que hai a el nas súas cantigas e nas doutros poetas. lunes 22 de febrero de 2016
  • 5. Manuel Portas 11.- Nas clases de literatura sempre nos ensinaron que a arte literaria non é algo implícito ao status social do autor o da autora... podería ser ese o fondo temático da anterior obra literaria ao tomar como personaxe principal a un xograr? Creo que si. Na época medieval, a arte de compor cantigas estaba restrixinda aos señores. Os plebeos só podían acompañar musicalmente, danzar,... A loita de Lourenço por ser recoñecido como poeta enche por completo a súa vida. 12.- Como dixemos antes aquel ensaio sobre a nosa sociolingüística foi un referente nas aulas... pode ser que esta obra literaria tamén pase a ser unha obra de lectura case obrigatoria ao nos enfrontar á nosa literatura medieval? Pois se, ademais de ser gozada, a obra axuda a comprender mellor como era aquela sociedade en que se compuxo a nosa poesía medieval, será un duplo pracer. Portada Lourenço, xograr 13.- Xamais pasou polo seu maxín o de se dedicar a outros xéneros literarios ou é que anden polos baúis? Ripios, escribinos só na mocidade, cos primeiros namoros. A poesía é unha arte sublime como para estragar o seu bo nome, aínda que non o descarto nun futuro hipotético. O teatro sempre está máis ou menos implícito na narrativa, aínda que como xénero teña técnicas de seu. Non descarto nada. Que o sistema precisa dunha profunda transformación. Que o descrédito da política, a corrupción e a inoperancia perante os grandes problemas que sofre a sociedade obrigan a un relevo urxente de formas, contidos e mesmo de persoas e estruturas partidarias. A xente nova ten de dar un paso adiante, unha nova xeración que poña Galiza e o benestar das súas xentes como prioridade. Son un pesimista esperanzado, por iso son optimista. 14.- E para rematarmos, non podiamos deixar de aproveitar esta entrevista a unha persoa que exerceu a actividade política... que nos podería dicir verbo das circunstancias políticas que estamos a vivir nestes momentos? lunes 22 de febrero de 2016
  • 6. CUESTIONARIO lunes 22 de febrero de 2016
  • 7. A Sagrada Familia. Un monumento salientábel? Álvaro Cunqueiro e o seu Merlín e familia. Un/ha autor/-a e unha obra literaria galegos? Adrián Solovio (da novela Arredor de si, de Otero Pedrayo) Sancho Panza, sen dúbida (do Quixote, de Miguel de Cervantes) Un personaxe galego e un estranxeiro? Marguerite Duras e o seu O amante.Un/ha autor/-a e unha obra literaria estranxeiros? Álvaro de Campos, un dos heterónimos de Fernando Pessoa Un personaxe literario co que se identifique? Pulp Fiction, de Quentin Tarantino. Unha película de cine? lunes 22 de febrero de 2016
  • 8. Demasiados para indicar un, e todos gorentosos,...Un anceio por realizar? Para visitar, todos aqueles que non coñezo. Para descansar, Galiza. Un lugar para visitar? e un lugar para descansar? A xustiza.Unha utopía? Moitos: o sofá pola tarde, a cama no inverno, a herba no verán, debaixo dunha árbore con boa sombra... Un lugar axeitado para alectura? Músicas, case todas, depende do momento. Unha canción? tamén moitas, quizá Ne me quitte pas deJacques Brel. Un tipo de música? Unhacanción? lunes 22 de febrero de 2016
  • 9. O cinema, as chapuzas na casa, a horta, a gastronomía,... Outro entretemento ademais da literatura? Os dous mundos, quizá para vivir o rural. Da praia o que peor levo é a area, da montaña, as costas. Mundo rural/urbano? Praia/montaña? Uffff, moitos. Quizá o descubrimento da roda ou a invención do lavalouza,... Un feito histórico? Poñédelo moi fácil: a vida. Cal é a súa fonte de inspiración? Moitos. Quizá Paul Auster, quizá Quim Monzó. Un/ha autor/-a con quen seidentifique? Unha obra teatral?A agardar por Godot,de Samuel Becket lunes 22 de febrero de 2016