SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 8
Downloaden Sie, um offline zu lesen
Literatura Galega
do Século XX e da Actualidade

Fina Casalderrei

         Entrevista
  IES Manuel García Barros
         A Estrada



                                 Texto: © Cc-by-sa-3.0
                         Fotos: © Todos os dereitos reservados
Fina Casalderrei

1.     Como unha persoa que nos seus inicios non estaba rodeada de literatura adquiriu ese amor por ela? Marcou a súa obra esta eiva
       cultural ou aínda a incentivou máis?

Medrei con poucos libros, é certo; pero rodeada de moita literatura! Se somos quen
de mirar o mundo con ollos novos..., o mundo nace cada vez que un ollos o observan.
Non hai mellor taller literario que a vida. “¡Todo lo inventa el rayo de la aurora!”,
cantaba Jorge Guillén. Meu pai contábame deliciosas historias que quedaron
habitándome para sempre, mesmo me ensinou a beleza da metáfora atinada —aínda
descoñecendo o seu nome—, ou que o humor e a hipérbole suavizan o drama... Miña
nai cantaba coplas, romances... mentres cosía a máquina camisas para unha fábrica...
Creo que tiven a fortuna de descubrir o valor da sensibilidade, de ser quen de
meterme noutra pel, de valorar a forza das palabras... Poño por caso, se os libros
desaparecesen como soporte das historias, dos poemas..., desaparece a literatura?
Non, asegúrovos que non (eu que case poño todo en dúbida). A literatura naceu co ser
humano coma unha necesidade e mentres o ser humano siga a ser tal, seguirá
existindo. Eu..., digamos..., de nena vivín a literatura noutros soportes, mesmo no
lavadoiro, no río, na leira...

2.      Algún feito da súa infancia fai que se dedique especialmente á literatura
infantil e xuvenil? Que papel cre que xoga este apartado na literatura dun país e na
súa normalización?

Conscientemente non atopo razóns desta escolla nalgunha pasaxe da infancia. Nin tan sequera estou segura de que teña sido decisoria
a miña profesión de mestra, aínda que si, estou segura de que influíu, o mesmo que os meus soños, a miña familia, as lecturas, as
amizades... Que papel xoga a LIX? Diría que, por suposto sen esquecer ao profesorado que pon nas vosas mans determinadas lecturas —
teño moi claro que moito lles debo e moito vos debo tamén a vós—, a LIX ten un gran papel normalizador. Axuda dende cativos a ver
como “normal” o feito de ler en galego. Sei, incluso, de moitos pais que se achegaron por 1ª vez á literatura escrita en galego grazas
aos libros que lían dos seus fillos. O único malo da literatura que chamamos infantil é a “etiqueta”. As etiquetas mancan máis ca no
reverso dos xerseis. Se non fosen os prexuízos, os adultos descubrirían verdadeiras xoias literarias —capaces de conmovelos tamén a
eles— nesta literatura.
Fina Casalderrei


3.     As súas lembranzas ou feitos xuvenís son reflectidas nas súas obras? Pódese escribir prescindindo das experiencias vitais do autor?

Imos ver... as miñas obras non son “autobiográficas”, pero levan ciscados anaquiños de min. Din que se xuntaramos todos os libros dun
autor, dunha autora, poderíase facer un retrato bastante fiable de si mesmo. Non creo que se poida escribir prescindindo das
experiencias, nin sequera sei, no caso de ser posible, se sería bo. Claro que iso non significa en absoluto que teñas que cometer un
crime para describir un asasinato. Mais, mesmo cando fantasiamos, cando creamos mundos imaxinarios, estamos alimentándonos dos
soños, e os soños aliméntanse da realidade. Eu... non son unha deusa capaz de crear da nada; son máis ben coma o carpinteiro que
para facer unha mesa de madeira, precisa da madeira. Poño por caso, “creamos” un monstro, poñémoslle dous ollos en cada palma da
man, unha man de dous dedos, un rabo no nariz... (que feo me saíu!) , en fin, un monstro que ninguén fixese antes, pero dos ollos,
rabo, dedos... xa sabiamos da súa existencia. Igual ten razón Lobo Antunes, quen di que o escritor non crea, só “rouba”.

4.     Que técnicas utiliza vostede para enganchar ós máis novos? Unha delas pode ser que a maioría das súas obras sexan
protagonizadas por xoves ou adolescentes?

Algunhas das miñas obras para os máis cativos están protagonizadas por xente maior (Eu son eu, Quen me quere adoptar...), en todo
caso os novos comparten protagonismo con xentes doutras idades... Certo que me atrae meterme na pel dun neno e tentar ser quen de
mostrar o mundo dende o seu ángulo, dende ese lado no que non precisan esforzarse para aceptar o marabilloso. É máis, gustaríame
crer que se un adulto le Lúas de nácara, A Pomba e o Degolado, Un misterio na mochila de Alba... lles guste tanto coma a un mozo
novo. Non teño unha fórmula máxica que garanta o éxito das miñas obras; só teño moi claro que un neno, unha nena —de calquera
idade— é máis novo ca min, non menos intelixente. Tento atopar unha fermosa historia e contala da mellor maneira que sei.

5.      De non ser en Xeve, en que outro espazo lle tería gustado nacer? Ten algo especial esa súa simbiose coa aldea que fai que siga a
vivir neste espazo? Vémolo reflectido nalgunha das súas obras? A temática do libro O misterio dos fillos de lúa que se traslada da cidade
ó mundo rural ten que ver coa súa vida no medio aldeán?

Calquera sitio no que non faltase o pan e a poesía, por seguir os consellos de Celso Emilio Ferreiro, me valería para nacer con tal de
que fose preto dos meus. Anaquiños de Xeve, de Lérez, do río, de Moraña, de Marín, dos lugares onde aniñan os amigos ou polos que
viaxei... andan ciscados polos libros, si... Supoño que quedaría mellor se enfocase a resposta dicindo que a aldea, esa aldea universal
na que caben todas as sensibilidades do universo, está por reivindicar, por descubrir..., pero o certo é que escribo sobre o que sei, o
que me atrae, o que me gusta...
Fina Casalderrei
6.      Vostede mostra a súa obra moito interese pola cultura galega. Que é o que máis lle interesa da nosa cultura? Cal cre que é o papel que unha escritora
ou un escritor xogan nesta cultura?
Como non me vou interesar por manter con boa saúde a miña “casa”? Como non me vou interesar por saber como son os seus alicerces,
eses que tantos anos estiveron ocultos e me fixeron crer que o galego non servía nin para escribir unha carta? Méteseme tanto no
corpo, e na alma, que aínda vivindo eu 200 anos non daría descuberto todo o que en Galicia se fixo e se fai. Oxalá puidésemos, os da
miña xeración, ser “salvadores da patria”, pero non creo que o poder da literatura sexa tal. Podemos optar a remover conciencias,
pero é o ser humano, colectivamente, quen ten o poder de cambiar o mundo, se quixese. Se, de certo, tivésemos toda esa forza, co
lonxe que está chegando a literatura galega con premios estatais e internacionais, con traducións a outras linguas, con recoñecementos
de lectoras e lectores galegos e foráneos... o galego non tería que estar vivindo nesta incerteza constante sobre a súa saúde futura;
ninguén me preguntaría a estas alturas “Por que escribes en galego?” Da nosa cultura interésanme sobre todo as ventás, que estean
sempre abertas para que entre aire de fóra e para que, dende fóra, saiban como recende aquí...

7.        Vostede recibiu premios dabondo, que supuxeron para Vostede estes recoñecementos? Cumpren unha función importante na normalización dunha
literatura? Bota de menos algún tipo de premio á arte literaria?

Si... tiven sorte. De feito despois do Premio Nacional, non me presentei nunca a ningún (vaia... a ese tampouco hai que presentarse);
os que veñen son doutro tipo. Iso é todo. Explícome: un premio para a literatura non significa nada no sentido de que vaia cambiar a
calidade da obra segundo sexa premiada ou non, pero cambia a posición inicial do lector ante a mesma, un premio abre a porta aos
lectores e lectoras, que é en realidade o que quixeramos: que nos lean. Non hai premio mellor ca un lector satisfeito, entregado,
seducido… a non ser que sexan dous, ou tres… Os premios son unha sorte de “búscase”, coma cando se saca a concurso unha obra
arquitectónica. Non sempre se acerta... É unha porta que se abre, pero que, afortunadamente, pódeche dar nos fociños se non o
mereces minimamente. Para normalizar unha literatura, ten que ter quen a lea, se os premios, fan “ruído” para chamar a atención dos
lectores... valen... Pero intúo que, ás veces, quedan tantas cousas boas inxustamente tapadas por estes “ruídos”!

8.       Agora está xubilada, pero bota de menos o labor da docencia e o cariño dos alumnos? Algunha vivencia ou anécdota que lle sucedera nas aulas
reflectiuna nalgunha obra?

Si, bótoos de menos. Foron 40 anos!! Xa empecei a sentirme enferma de melancolía no momento en que presentei a documentación.
Débolles tanto! Creo que aprendín con eles, canda eles, moito máis do que ensinei. Gardarei coma un tesouro o caderno no que me
encheron de declaracións de amor. Aínda volvín ao instituto hai uns días e soubéronme tan ben aquelas carreiras para darme apertas,
aqueles sorrisos… Aquel “calamidade” que tanto me facía “rabiar” e que me meteu o máis bonito poema de amor no peto o día que me
fun… Que son da ESO, eh! Esa idade en que tes por norma ocultar as emocións nun cofre secreto. Que se reflectín nalgunha obra algo
das aulas? Seguro que si. E non lles “roubei” as súas propias historias porque todo se sabe e sería unha vergonza, pero tentada teño
estado a aproveitarme das súas magníficas ideas. Sempre lles digo, lles dicía, “Se escribides algo co que notades estar gozando, que
vos gusta…, non o tiredes, quen sabe máis para diante. Aprenderedes a escribir cada vez mellor, pero esa frescura, esas ideas de
estrea, igual non volven”. Eu, a unha frase dun alumno de Moraña nun recreo —daquela aínda non lle daba clase—, débolle o premio
Merlín, o 1º.
Fina Casalderrei


9.     Auria, de Asústate Merche é o reflexo da súa adolescencia?
Non da miña exactamente, non da miña experiencia persoal, pero si da miña observación nalgúns ambientes. E aínda está máis vixente
do que pensades, e do que pensaba eu… Teño recibido, e conservo, centos de cartas de adolescentes que se identificaban cos
protagonistas. Conste que o amor e as reaccións que provoca non son tan diferentes nas distintas épocas. Conste que hoxe, 20 anos
despois de cando a escribín… seguro que a escribiría diferente, pero non podo, nin debo, renegar de ningún dos meus momentos. Sería
como renegar de min e creo que este libro, a xulgar polas misivas, fixo lectores na nosa lingua…

10.     Que pensa da situación actual da nosa lingua? E da
nosa literatura? Hai futuro para ambas?

Estivo peor na miña infancia, dende logo. Non había radio
galega, nin televisión, nin revistas, nin galego na escola,
nin editoriais (agás algunhas de resistencia das que non nos
chegaban noticia). Foron os segundos séculos de silencio da
ditadura. Pero logo, xa vivín épocas de máis entusiasmo no
profesorado e no alumnado ca hoxe, coma se nos tivesen
que prohibir con forza para nos facer reaccionar co mesmo
ímpeto. Hoxe todo o mundo sabe ler e escribir en galego, se
quere; pero moitos non queren… De vós vai depender ese
futuro. Cada lingua canaliza un estilo. Na nosa lingua
secular hai riqueza dabondo como para escribir as mellores
obras do mundo. E na xente nova hai talento. Ás veces
cádrame de estar en xurados literarios e teño ocasión de
comprobalo. Herdamos unha lingua rica, temos xente moza
con talento… —non podo dicir o mesmo da clase política—
En fin, se vós queredes, eu si, a lingua e a literatura terán
esas mil primaveras máis das que falaba Cunqueiro. Non é
bo o pesimismo absoluto e derrotista de quen non fai nada
por remedialo. Non vale o de “Total xa ía…”
A R IO
      IO N
  ES T
CU
Un personaxe galego e
                                         un estranxeiro?                        Fina Casalderrei

                             obra
                      unh
                           a                Lamote e o                           xe de ciencia
                                                                                               -
                 a  e
            or/- legos?                                             U n persona           se
       aut                                  Principiño.                        ón co que
  /ha raria ga
Un lite                       lo                                         ficci
                       i o vel as                                           i dentifiqu
                                                                                        e?
               ir o. S ás ill
          que lvese                                                               e sae nun
                                     .
        n                         s…)                     cine
    Cu          v o
          bad n ser o
                            u tro
                                                   la d
                                                        e             Se non m
    Sim dería                                elícu                                  os… é que
        o p o                         U nha
                                            p
                                                       bella        tris car de ded
   (per
                                         av   id a es
                                                     ía s    er
                                                                      non me i   dentifico…
                                       L        oder
                                           ero p ra).
              av sa
          lla bel? to




                                        (p
      ur lientá umen




                                               out
           irí ine
        …) os




                                                                   Un/ha autor/-a e unha obra
       á d ch
          sa on




                                                                     literaria estranxeiros?
             m
Un




                                     Unha obr
                                              a    teatral?
(m a




                                                                       Katherine
     tro




                                    El guía d
   añ
   m




                                             el                    Kressmann Taylor.
  ou




                                    Hermitag
 A




                                              e                   Enderezo descoñecido
Un feito histórico?                         Un lugar para visitar? e un lugar para descansar?

      O cese da loita                            A India. Na beira dun río, do mar… á sombra. Onde aniña o
                                                      silencio, e algunha vez perderme entre o bulicio…
     armada de ETA                                            ?                              Un l
                                                         opía                                      ugar
                                                    a ut
                     ?                       Unh              r qu
                                                                    e                                     axeit
                sica                                      n te á                                       lectu ado para
         d e mú n?                              fel
                                                        e
                                                    iz s ollos                         Un a                  ra?          a
     tipo anció                              r
                                          Se har os                                           rran
   Un ha c               e
                    iso d e                   pec ade qu        e me                  na c          dead
     Un       es…
                   N
                       e qu                                                                 asa,           oiro
               zz,
                   blu     tam      e              lid
                                               rea rodea.                                          unh           que
         l ,j a      …  gús ue cont                                     Ou                  mús          a som         teño
    Sou anción o ou q              n                                ad tro                        icas           bra c
         ac          tic      o… U                                     em     en                        de au           on
    unh tmo poé , mesm .                                                  ais tre
          ri          ia
     leve a histor e violet
                              as
                                                                             da tem                             ga
       unh amito d                                              ho Desc           lit    en
                r          o?                                     riz ub             era to
             u rban                                                   on rir
                                                                        tes
                                                                                        tu
                                                                                           ra?
       u ral/ ña?                                                 cos           no
   do r onta                             Un/ha
                                                   autor/-             am , con vos                                 izar
                                                                                                                        ?
Mun ia/m                                quen s               a con        igo ver                           r rea
                                                                                                                  l
  Pra             por
                                                 e ident                     s.. sar                  io po
                                                                                                                      o de
                                                                                                     e
             pero imo.
                                                           ifique?              .                anc
                                                                                               n
                                                                                                               ar is
                                         Estas p
     To dos, e án                    sempre
                                                 regunt
                                                        a
                                             incómo s resúltanme
                                                                                            U
                                                                                                  ent
           as d                     non so            das. So
                                                                                             perim AVOA
    qu end                                 n quen
                                                    de qued
                                                              n maio
                                                                     r…                   Ex
                                                                                               SER
                                      autor, n              arme cu
                                               in con               n só
                                                       dez, seq
                                                                uera…

Weitere ähnliche Inhalte

Was ist angesagt? (17)

Yolanda castaño
Yolanda castañoYolanda castaño
Yolanda castaño
 
Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costas
 
Manolo portas
Manolo portasManolo portas
Manolo portas
 
Entrevista yolanda castanho
Entrevista yolanda castanhoEntrevista yolanda castanho
Entrevista yolanda castanho
 
Manuel pereira
Manuel pereiraManuel pereira
Manuel pereira
 
Carlos G. Reigosa
Carlos G. ReigosaCarlos G. Reigosa
Carlos G. Reigosa
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Entrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoEntrevista Marica Campo
Entrevista Marica Campo
 
Lois diéguez
Lois diéguezLois diéguez
Lois diéguez
 
Anxos Sumai
Anxos SumaiAnxos Sumai
Anxos Sumai
 
María Reimóndez
María ReimóndezMaría Reimóndez
María Reimóndez
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coello
 
Xabier alcalá
Xabier alcaláXabier alcalá
Xabier alcalá
 
Francisco castro
Francisco castroFrancisco castro
Francisco castro
 
Marica campo
Marica campoMarica campo
Marica campo
 

Andere mochten auch

Aplicacionesportables
AplicacionesportablesAplicacionesportables
Aplicacionesportablesjornadas_iTIC
 
NORTE PREMIUM (BROOKFIELD)
NORTE PREMIUM (BROOKFIELD)NORTE PREMIUM (BROOKFIELD)
NORTE PREMIUM (BROOKFIELD)verdadeimovel
 
Klasifikasi bidang layanan konstruksi 2015
Klasifikasi bidang layanan konstruksi 2015Klasifikasi bidang layanan konstruksi 2015
Klasifikasi bidang layanan konstruksi 2015inkindojabar
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Asnosasletras
 
What We Learned Working with Forter
What We Learned Working with ForterWhat We Learned Working with Forter
What We Learned Working with ForterSimplifilm
 
OCEANA WATERFRONT RESIDENCE - CANOPUS
OCEANA WATERFRONT RESIDENCE - CANOPUSOCEANA WATERFRONT RESIDENCE - CANOPUS
OCEANA WATERFRONT RESIDENCE - CANOPUSverdadeimovel
 
Fractal + Vortex + money management
Fractal + Vortex + money managementFractal + Vortex + money management
Fractal + Vortex + money managementStefano Gianti
 
APP Campinas - Encontro de Capítulos 2013
APP Campinas - Encontro de Capítulos 2013APP Campinas - Encontro de Capítulos 2013
APP Campinas - Encontro de Capítulos 2013Air Apresentações
 
Soluciones examen tipo 1ºbach
Soluciones examen tipo 1ºbachSoluciones examen tipo 1ºbach
Soluciones examen tipo 1ºbachMar Tuxi
 
soluciones examen tipo
soluciones examen tiposoluciones examen tipo
soluciones examen tipoMar Tuxi
 

Andere mochten auch (16)

Aplicacionesportables
AplicacionesportablesAplicacionesportables
Aplicacionesportables
 
Итоги
ИтогиИтоги
Итоги
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
NORTE PREMIUM (BROOKFIELD)
NORTE PREMIUM (BROOKFIELD)NORTE PREMIUM (BROOKFIELD)
NORTE PREMIUM (BROOKFIELD)
 
saman
samansaman
saman
 
Klasifikasi bidang layanan konstruksi 2015
Klasifikasi bidang layanan konstruksi 2015Klasifikasi bidang layanan konstruksi 2015
Klasifikasi bidang layanan konstruksi 2015
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16
 
What We Learned Working with Forter
What We Learned Working with ForterWhat We Learned Working with Forter
What We Learned Working with Forter
 
OCEANA WATERFRONT RESIDENCE - CANOPUS
OCEANA WATERFRONT RESIDENCE - CANOPUSOCEANA WATERFRONT RESIDENCE - CANOPUS
OCEANA WATERFRONT RESIDENCE - CANOPUS
 
Pattern ID-NR4 slides
Pattern ID-NR4 slidesPattern ID-NR4 slides
Pattern ID-NR4 slides
 
Fractal + Vortex + money management
Fractal + Vortex + money managementFractal + Vortex + money management
Fractal + Vortex + money management
 
Grade 08
Grade 08Grade 08
Grade 08
 
APP Campinas - Encontro de Capítulos 2013
APP Campinas - Encontro de Capítulos 2013APP Campinas - Encontro de Capítulos 2013
APP Campinas - Encontro de Capítulos 2013
 
Soluciones examen tipo 1ºbach
Soluciones examen tipo 1ºbachSoluciones examen tipo 1ºbach
Soluciones examen tipo 1ºbach
 
soluciones examen tipo
soluciones examen tiposoluciones examen tipo
soluciones examen tipo
 
Saude da mulher - Laboral Flex
Saude da mulher - Laboral FlexSaude da mulher - Laboral Flex
Saude da mulher - Laboral Flex
 

Ähnlich wie Fina casalderrei óptima

Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdf
Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdfPresentación Non apartes a mirada do espello v2.pdf
Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdfAntonio Gregorio Montes
 
María Xosé Queizán
 María Xosé Queizán María Xosé Queizán
María Xosé QueizánAsnosasletras
 
Helena villar janeiro
Helena villar janeiroHelena villar janeiro
Helena villar janeiroAsnosasletras
 
Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coelloAsnosasletras
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez CáccamoAsnosasletras
 
Entrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón CarideEntrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón CarideAsnosasletras
 
08 Viaxealinguaeliteraturadoxix
08 Viaxealinguaeliteraturadoxix08 Viaxealinguaeliteraturadoxix
08 Viaxealinguaeliteraturadoxixcadernodecores
 
viaxealinguaeliteraturadoxix
viaxealinguaeliteraturadoxixviaxealinguaeliteraturadoxix
viaxealinguaeliteraturadoxixcadernodecores
 
Miguel Suárez Abel
Miguel Suárez AbelMiguel Suárez Abel
Miguel Suárez AbelAsnosasletras
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaAsnosasletras
 
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razónsLecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razónsBibliotecaRevoltas
 

Ähnlich wie Fina casalderrei óptima (20)

Concha Blanco
Concha BlancoConcha Blanco
Concha Blanco
 
Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdf
Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdfPresentación Non apartes a mirada do espello v2.pdf
Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdf
 
Xosé neira vilas
Xosé neira vilasXosé neira vilas
Xosé neira vilas
 
María Xosé Queizán
 María Xosé Queizán María Xosé Queizán
María Xosé Queizán
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Helena villar janeiro
Helena villar janeiroHelena villar janeiro
Helena villar janeiro
 
Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coello
 
Paco Martín
Paco MartínPaco Martín
Paco Martín
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Manuel Forcadela
Manuel Forcadela Manuel Forcadela
Manuel Forcadela
 
Maria Canosa
Maria Canosa Maria Canosa
Maria Canosa
 
Lois diéguez
Lois diéguezLois diéguez
Lois diéguez
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamo
 
Entrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón CarideEntrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón Caride
 
08 Viaxealinguaeliteraturadoxix
08 Viaxealinguaeliteraturadoxix08 Viaxealinguaeliteraturadoxix
08 Viaxealinguaeliteraturadoxix
 
viaxealinguaeliteraturadoxix
viaxealinguaeliteraturadoxixviaxealinguaeliteraturadoxix
viaxealinguaeliteraturadoxix
 
Entrevista monte das moas
Entrevista monte das moasEntrevista monte das moas
Entrevista monte das moas
 
Miguel Suárez Abel
Miguel Suárez AbelMiguel Suárez Abel
Miguel Suárez Abel
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose Miranda
 
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razónsLecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
 

Mehr von Asnosasletras

Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasAsnosasletras
 
Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoAsnosasletras
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoAsnosasletras
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Asnosasletras
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoAsnosasletras
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Asnosasletras
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoAsnosasletras
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoAsnosasletras
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarAsnosasletras
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníAsnosasletras
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónAsnosasletras
 

Mehr von Asnosasletras (18)

Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesias
 
Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón Lopo
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudo
 
Entrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxoEntrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxo
 
Orla 15/16
Orla 15/16Orla 15/16
Orla 15/16
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16
 
Lopo
LopoLopo
Lopo
 
Jaureguizar
JaureguizarJaureguizar
Jaureguizar
 
María reimóndez
María reimóndezMaría reimóndez
María reimóndez
 
David otero
David oteroDavid otero
David otero
 
Orla 2015
Orla 2015Orla 2015
Orla 2015
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvo
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. Malvar
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana Romaní
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús Pisón
 

Fina casalderrei óptima

  • 1. Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Fina Casalderrei Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados
  • 2. Fina Casalderrei 1. Como unha persoa que nos seus inicios non estaba rodeada de literatura adquiriu ese amor por ela? Marcou a súa obra esta eiva cultural ou aínda a incentivou máis? Medrei con poucos libros, é certo; pero rodeada de moita literatura! Se somos quen de mirar o mundo con ollos novos..., o mundo nace cada vez que un ollos o observan. Non hai mellor taller literario que a vida. “¡Todo lo inventa el rayo de la aurora!”, cantaba Jorge Guillén. Meu pai contábame deliciosas historias que quedaron habitándome para sempre, mesmo me ensinou a beleza da metáfora atinada —aínda descoñecendo o seu nome—, ou que o humor e a hipérbole suavizan o drama... Miña nai cantaba coplas, romances... mentres cosía a máquina camisas para unha fábrica... Creo que tiven a fortuna de descubrir o valor da sensibilidade, de ser quen de meterme noutra pel, de valorar a forza das palabras... Poño por caso, se os libros desaparecesen como soporte das historias, dos poemas..., desaparece a literatura? Non, asegúrovos que non (eu que case poño todo en dúbida). A literatura naceu co ser humano coma unha necesidade e mentres o ser humano siga a ser tal, seguirá existindo. Eu..., digamos..., de nena vivín a literatura noutros soportes, mesmo no lavadoiro, no río, na leira... 2. Algún feito da súa infancia fai que se dedique especialmente á literatura infantil e xuvenil? Que papel cre que xoga este apartado na literatura dun país e na súa normalización? Conscientemente non atopo razóns desta escolla nalgunha pasaxe da infancia. Nin tan sequera estou segura de que teña sido decisoria a miña profesión de mestra, aínda que si, estou segura de que influíu, o mesmo que os meus soños, a miña familia, as lecturas, as amizades... Que papel xoga a LIX? Diría que, por suposto sen esquecer ao profesorado que pon nas vosas mans determinadas lecturas — teño moi claro que moito lles debo e moito vos debo tamén a vós—, a LIX ten un gran papel normalizador. Axuda dende cativos a ver como “normal” o feito de ler en galego. Sei, incluso, de moitos pais que se achegaron por 1ª vez á literatura escrita en galego grazas aos libros que lían dos seus fillos. O único malo da literatura que chamamos infantil é a “etiqueta”. As etiquetas mancan máis ca no reverso dos xerseis. Se non fosen os prexuízos, os adultos descubrirían verdadeiras xoias literarias —capaces de conmovelos tamén a eles— nesta literatura.
  • 3. Fina Casalderrei 3. As súas lembranzas ou feitos xuvenís son reflectidas nas súas obras? Pódese escribir prescindindo das experiencias vitais do autor? Imos ver... as miñas obras non son “autobiográficas”, pero levan ciscados anaquiños de min. Din que se xuntaramos todos os libros dun autor, dunha autora, poderíase facer un retrato bastante fiable de si mesmo. Non creo que se poida escribir prescindindo das experiencias, nin sequera sei, no caso de ser posible, se sería bo. Claro que iso non significa en absoluto que teñas que cometer un crime para describir un asasinato. Mais, mesmo cando fantasiamos, cando creamos mundos imaxinarios, estamos alimentándonos dos soños, e os soños aliméntanse da realidade. Eu... non son unha deusa capaz de crear da nada; son máis ben coma o carpinteiro que para facer unha mesa de madeira, precisa da madeira. Poño por caso, “creamos” un monstro, poñémoslle dous ollos en cada palma da man, unha man de dous dedos, un rabo no nariz... (que feo me saíu!) , en fin, un monstro que ninguén fixese antes, pero dos ollos, rabo, dedos... xa sabiamos da súa existencia. Igual ten razón Lobo Antunes, quen di que o escritor non crea, só “rouba”. 4. Que técnicas utiliza vostede para enganchar ós máis novos? Unha delas pode ser que a maioría das súas obras sexan protagonizadas por xoves ou adolescentes? Algunhas das miñas obras para os máis cativos están protagonizadas por xente maior (Eu son eu, Quen me quere adoptar...), en todo caso os novos comparten protagonismo con xentes doutras idades... Certo que me atrae meterme na pel dun neno e tentar ser quen de mostrar o mundo dende o seu ángulo, dende ese lado no que non precisan esforzarse para aceptar o marabilloso. É máis, gustaríame crer que se un adulto le Lúas de nácara, A Pomba e o Degolado, Un misterio na mochila de Alba... lles guste tanto coma a un mozo novo. Non teño unha fórmula máxica que garanta o éxito das miñas obras; só teño moi claro que un neno, unha nena —de calquera idade— é máis novo ca min, non menos intelixente. Tento atopar unha fermosa historia e contala da mellor maneira que sei. 5. De non ser en Xeve, en que outro espazo lle tería gustado nacer? Ten algo especial esa súa simbiose coa aldea que fai que siga a vivir neste espazo? Vémolo reflectido nalgunha das súas obras? A temática do libro O misterio dos fillos de lúa que se traslada da cidade ó mundo rural ten que ver coa súa vida no medio aldeán? Calquera sitio no que non faltase o pan e a poesía, por seguir os consellos de Celso Emilio Ferreiro, me valería para nacer con tal de que fose preto dos meus. Anaquiños de Xeve, de Lérez, do río, de Moraña, de Marín, dos lugares onde aniñan os amigos ou polos que viaxei... andan ciscados polos libros, si... Supoño que quedaría mellor se enfocase a resposta dicindo que a aldea, esa aldea universal na que caben todas as sensibilidades do universo, está por reivindicar, por descubrir..., pero o certo é que escribo sobre o que sei, o que me atrae, o que me gusta...
  • 4. Fina Casalderrei 6. Vostede mostra a súa obra moito interese pola cultura galega. Que é o que máis lle interesa da nosa cultura? Cal cre que é o papel que unha escritora ou un escritor xogan nesta cultura? Como non me vou interesar por manter con boa saúde a miña “casa”? Como non me vou interesar por saber como son os seus alicerces, eses que tantos anos estiveron ocultos e me fixeron crer que o galego non servía nin para escribir unha carta? Méteseme tanto no corpo, e na alma, que aínda vivindo eu 200 anos non daría descuberto todo o que en Galicia se fixo e se fai. Oxalá puidésemos, os da miña xeración, ser “salvadores da patria”, pero non creo que o poder da literatura sexa tal. Podemos optar a remover conciencias, pero é o ser humano, colectivamente, quen ten o poder de cambiar o mundo, se quixese. Se, de certo, tivésemos toda esa forza, co lonxe que está chegando a literatura galega con premios estatais e internacionais, con traducións a outras linguas, con recoñecementos de lectoras e lectores galegos e foráneos... o galego non tería que estar vivindo nesta incerteza constante sobre a súa saúde futura; ninguén me preguntaría a estas alturas “Por que escribes en galego?” Da nosa cultura interésanme sobre todo as ventás, que estean sempre abertas para que entre aire de fóra e para que, dende fóra, saiban como recende aquí... 7. Vostede recibiu premios dabondo, que supuxeron para Vostede estes recoñecementos? Cumpren unha función importante na normalización dunha literatura? Bota de menos algún tipo de premio á arte literaria? Si... tiven sorte. De feito despois do Premio Nacional, non me presentei nunca a ningún (vaia... a ese tampouco hai que presentarse); os que veñen son doutro tipo. Iso é todo. Explícome: un premio para a literatura non significa nada no sentido de que vaia cambiar a calidade da obra segundo sexa premiada ou non, pero cambia a posición inicial do lector ante a mesma, un premio abre a porta aos lectores e lectoras, que é en realidade o que quixeramos: que nos lean. Non hai premio mellor ca un lector satisfeito, entregado, seducido… a non ser que sexan dous, ou tres… Os premios son unha sorte de “búscase”, coma cando se saca a concurso unha obra arquitectónica. Non sempre se acerta... É unha porta que se abre, pero que, afortunadamente, pódeche dar nos fociños se non o mereces minimamente. Para normalizar unha literatura, ten que ter quen a lea, se os premios, fan “ruído” para chamar a atención dos lectores... valen... Pero intúo que, ás veces, quedan tantas cousas boas inxustamente tapadas por estes “ruídos”! 8. Agora está xubilada, pero bota de menos o labor da docencia e o cariño dos alumnos? Algunha vivencia ou anécdota que lle sucedera nas aulas reflectiuna nalgunha obra? Si, bótoos de menos. Foron 40 anos!! Xa empecei a sentirme enferma de melancolía no momento en que presentei a documentación. Débolles tanto! Creo que aprendín con eles, canda eles, moito máis do que ensinei. Gardarei coma un tesouro o caderno no que me encheron de declaracións de amor. Aínda volvín ao instituto hai uns días e soubéronme tan ben aquelas carreiras para darme apertas, aqueles sorrisos… Aquel “calamidade” que tanto me facía “rabiar” e que me meteu o máis bonito poema de amor no peto o día que me fun… Que son da ESO, eh! Esa idade en que tes por norma ocultar as emocións nun cofre secreto. Que se reflectín nalgunha obra algo das aulas? Seguro que si. E non lles “roubei” as súas propias historias porque todo se sabe e sería unha vergonza, pero tentada teño estado a aproveitarme das súas magníficas ideas. Sempre lles digo, lles dicía, “Se escribides algo co que notades estar gozando, que vos gusta…, non o tiredes, quen sabe máis para diante. Aprenderedes a escribir cada vez mellor, pero esa frescura, esas ideas de estrea, igual non volven”. Eu, a unha frase dun alumno de Moraña nun recreo —daquela aínda non lle daba clase—, débolle o premio Merlín, o 1º.
  • 5. Fina Casalderrei 9. Auria, de Asústate Merche é o reflexo da súa adolescencia? Non da miña exactamente, non da miña experiencia persoal, pero si da miña observación nalgúns ambientes. E aínda está máis vixente do que pensades, e do que pensaba eu… Teño recibido, e conservo, centos de cartas de adolescentes que se identificaban cos protagonistas. Conste que o amor e as reaccións que provoca non son tan diferentes nas distintas épocas. Conste que hoxe, 20 anos despois de cando a escribín… seguro que a escribiría diferente, pero non podo, nin debo, renegar de ningún dos meus momentos. Sería como renegar de min e creo que este libro, a xulgar polas misivas, fixo lectores na nosa lingua… 10. Que pensa da situación actual da nosa lingua? E da nosa literatura? Hai futuro para ambas? Estivo peor na miña infancia, dende logo. Non había radio galega, nin televisión, nin revistas, nin galego na escola, nin editoriais (agás algunhas de resistencia das que non nos chegaban noticia). Foron os segundos séculos de silencio da ditadura. Pero logo, xa vivín épocas de máis entusiasmo no profesorado e no alumnado ca hoxe, coma se nos tivesen que prohibir con forza para nos facer reaccionar co mesmo ímpeto. Hoxe todo o mundo sabe ler e escribir en galego, se quere; pero moitos non queren… De vós vai depender ese futuro. Cada lingua canaliza un estilo. Na nosa lingua secular hai riqueza dabondo como para escribir as mellores obras do mundo. E na xente nova hai talento. Ás veces cádrame de estar en xurados literarios e teño ocasión de comprobalo. Herdamos unha lingua rica, temos xente moza con talento… —non podo dicir o mesmo da clase política— En fin, se vós queredes, eu si, a lingua e a literatura terán esas mil primaveras máis das que falaba Cunqueiro. Non é bo o pesimismo absoluto e derrotista de quen non fai nada por remedialo. Non vale o de “Total xa ía…”
  • 6. A R IO IO N ES T CU
  • 7. Un personaxe galego e un estranxeiro? Fina Casalderrei obra unh a Lamote e o xe de ciencia - a e or/- legos? U n persona se aut Principiño. ón co que /ha raria ga Un lite lo ficci i o vel as i dentifiqu e? ir o. S ás ill que lvese e sae nun . n s…) cine Cu v o bad n ser o u tro la d e  Se non m Sim dería elícu os… é que o p o U nha p bella tris car de ded (per av id a es ía s er non me i dentifico… L oder ero p ra). av sa lla bel? to (p ur lientá umen out irí ine …) os Un/ha autor/-a e unha obra á d ch sa on literaria estranxeiros? m Un Unha obr a teatral? (m a Katherine tro El guía d añ m el Kressmann Taylor. ou Hermitag A e Enderezo descoñecido
  • 8. Un feito histórico? Un lugar para visitar? e un lugar para descansar? O cese da loita A India. Na beira dun río, do mar… á sombra. Onde aniña o silencio, e algunha vez perderme entre o bulicio… armada de ETA ? Un l opía ugar a ut ? Unh r qu e axeit sica n te á lectu ado para d e mú n? fel e iz s ollos Un a ra? a tipo anció r Se har os rran Un ha c e iso d e pec ade qu e me na c dead Un es… N e qu asa, oiro zz, blu tam e lid rea rodea. unh que l ,j a … gús ue cont Ou mús a som teño Sou anción o ou q n ad tro icas bra c ac tic o… U em en de au on unh tmo poé , mesm . ais tre ri ia leve a histor e violet as da tem ga unh amito d ho Desc lit en r o? riz ub era to u rban on rir tes tu ra? u ral/ ña? cos no do r onta Un/ha autor/- am , con vos izar ? Mun ia/m quen s a con igo ver r rea l Pra por e ident s.. sar io po o de e pero imo. ifique? . anc n ar is Estas p To dos, e án sempre regunt a incómo s resúltanme U ent as d non so das. So perim AVOA qu end n quen de qued n maio r… Ex SER autor, n arme cu in con n só dez, seq uera…