Coido que procuraba a soidade para escribir, consciente de que este é un oficio solitario. Daquela o último no que pensaba era en
entrar nun convento. De feito, cando me preguntaban se quería ser monxa, seica respondía: “nin por mil pesetas”. Debía
parecerme unha cantidade inmensa. De calquera maneira, estou a responder moitos anos despois e non sei até que punto foi así.
Marica Campo
1. Cando vostede, de cativa, se refuxiaba nun pombal da casa era para se illar, para buscar a soidade... ou máis ben como un
feito máis seu de rebeldía? Serían os primeiros pasos que seguiu vostede para se illar no pombal dunha orde relixiosa e obrar o
mesmo cás pombas de misioneiras?
2. - Poderíase dicir que ocorreu con vostede o mesmo proceso de galeguización que anos atrás ocorrera co “Grupo Nós”?
Seguramente si. E, desde logo, non son un caso único. Ese descubrimento de estar fóra de nós e regresar á verdadeira casa debe
ser común á maioría das persoas que facemos a mudanza para a lingua do noso país, a que verdadeiramente nos corresponde e se
corresponde coa realidade que nos rodea.
3. Vostede desde moi nova amosou o gusto pola escrita, mais antes de escribir en serio tivo que ser unha compulsiva lectora. Hai
que ser unha gran lectora para ser escritora ou ben o misto da inspiración xa nace coa persoa?
Escribir é unha consecuencia de ler. Tería vontade de xogar ao fútbol alguén que nunca viu unha pelota ou un partido? Ninguén ten
ciencia infusa, hai que aprendelo todo. Que mellor maneira de aprender a escribir que lendo obras de bos e boas escritoras? E,
desde logo, coñecer os clásicos. Dalgún xeito estes deben ecoar -xa sei que o dicionario se nega a recoller este termo, como se a
lingua non fose algo vivo- en todo o que escribamos.
miércoles 18 de marzo de 2015
Un maior gusto pola escrita. Sempre digo que ese é o único pagamento seguro, traballar no que che agrada.
Marica Campo
4. Sempre antepuxo a súa vida persoal á escrita. Cando se decatou de que escribir tamén era vivir, que supuxo este descubrimento?
5. Cando dixo que “a inspiración é un misto, pero para prender a fogueira hai que achegar moita leña” quere referirse a que no
mundo da creación literaria non abonda con ter inspiración senón que cómpren outras circunstancias? Cales?
Si. Trátase de xuntar material para a escrita. Nese sentido, o primeiro é o que dicía na pregunta 3. Abundando niso, cómpre ter
en conta que escribir é dialogar coa literatura existente. A iso hai que lle sumar a propia experiencia e a da xente que
coñecemos, así como as circunstancias históricas, entre outras cousas, do tempo en que situemos a acción se estamos a narrar.
Marica campo no Ies Garcia Barros
miércoles 18 de marzo de 2015
Non sei de que entrevista me falades. Eu sei que dixen que a voz narradora, a da
nai de Xoana, a rapaza que aínda non naceu, ten moito de min, pensa coma min.
Fóra diso, ningunha das vivencias ten nada a ver comigo nin coa miña familia. Eu
si son nacionalista e, en contra do que se adoita pensar, é un xeito de
solidariedade. Non é amar exclusivamente o propio, é aprender, amando o
propio, a amar o mundo enteiro. Por exemplo, unha persoa galega que ame a
súa lingua, entenderá a defensa que da propia fai un catalán. Iso é máis difícil
para un madrileño que entende con frecuencia que só pode existir a lingua do
imperio.
Marica Campo
7. Na obra Memoria para Xoana vemos unha protagonista defensora da súa terra
e a súa lingua e cultura. Posto que mencionou nunha das súas entrevistas que
a voz do escritor é a das súas vivencias, pretende mostrarnos o seu carácter
nacionalista con ela? Ten esta obra unha finalidade concienciadora?
6. Chamounos a atención abondo o feito que coñecemos de vostede, que tras deixar de fumar pasara un bo tempo sen escribir. Un
feito máis da súa rebeldía natural ou...?
Referíame á poesía. O mesmo xornal en que saíu iso, leva case sete anos publicándome un artigo semanal. Só hai dous e medio
que abandonei o tabaco. Daquela, non entendo como o xornalista o reflectiu así. Digamos que a algo lle tiña que botar a culpa
de me sentir bloqueada para a lírica.
miércoles 18 de marzo de 2015
Marica Campo
8. “Negros e amarelos, / de cobre ou cor branca, / homes e mulleres, / só hai unha raza.” Até cando a literatura terá que seguir a
loitar contra do racismo nesta nosa sociedade contemporánea?
Mentres existan odio ou reservas contra o que é diferente. Por desgraza, iso vén de lonxe e vai para lonxe, mais non podemos
ceder na loita.
9. E seguindo con preguntas coma a anterior, até cando a nosa literatura terá que seguir a loitar a prol da igualdade, do
recoñecemento da muller, como fixo vostede en Confusión e morte de María a Balteira?
10. Escribiu letras para o excepcional grupo galego “Fuxan os Ventos”. É o mesmo escribir sen outra finalidade que amosar os
sentimentos que escribir condicionada pola música, pola mensaxe da canción...?
A resposta é semellante á anterior: mentres exista o machismo que, por suposto, non é unha cuestión xenética, senón unha
construción cultural da que nós temos que desprender. As mulleres tamén. E cómpre recordar que machismo e feminismo non son
as dúas caras da mesma moeda. O feminismo pide igualdade de dereitos entre homes e mulleres. O machismo conculca esa
igualdade. O feminismo é xustiza, o machismo inxustiza. Un feminismo que atacase a igualdade de dereitos dos homes, que
pedise máis para as mulleres, tamén sería inxusto.
Non existe –tampouco na poesía escrita sen intención de ser musicada- un poema que sexa absolutamente neutral, que non teña
unha intención. A exclusiva procura da beleza tamén resulta ser algo político e non é insolidario. Sempre digo que a musical é
unha das moitas maneiras de ler un poema. A min encántame que lle poñan música ao que escribo ou, ao revés, poñerlle eu letra
a unha música. Ás veces pídenme o tema e outras non. Porén, sempre son libre de escribir o que quero. Ademais de Fuxan os
Ventos, cantan letras miñas A Quenlla, Tino Baz, Uxía, Miro Casavella, Pirilampo e outros.
miércoles 18 de marzo de 2015
12. Segue afirmando que lle gusta máis ler ca escribir ou ben xa a escrita pasou a ser primordial?
Marica Campo
Sigo lendo moito e, desde logo, é máis cómodo que escribir. Hai cousas tan boas que pensas: Para que, se xa o fan outros e outras
mellor? Sinceramente, non sinto a necesidade, é unha autoimposición. Debe ser cousa da idade.
11. Tan crítica é consigo mesma que tiveron que ser amigas e amigos os que se xuntasen para convencela a dar o primeiro paso para
a publicación da escolma dos seus poemas inéditos até daquela?
Si, mais iso non é un mérito. Ás veces falamos de autocrítica e o que temos é medo á crítica dos outros.
13. Que supuxo para vostede que no ano 2013 a AELG a elixise como a narradora e
poeta do ano? É o mesmo recibir un recoñecemento deste tipo, por compañeiras e
compañeiros de “profesión”, que outros onde ao mellor prima a amizade?
Foi unha grande honra e só me queda agradecer mentres viva. Son consciente
de que me elixiron entre outros e outras de non menos méritos, que foi un
agasallo que me fixeron e, como tal, debo entender e valorar.
14. Supoñemos que para escritoras coma vostede, Helena Villar, Luz Pozo... debe
de ser unha verdadeira satisfacción ver que a nosa literatura, en calquera dos
xéneros, teñen un futuro prometedor e que a muller escritora é un dos alicerces
fundamentais dela...
Pois si. Non é ningunha novidade desde que a gran Rosalía de Castro nos abrira
o camiño.
miércoles 18 de marzo de 2015
As murallas de Lugo (que
se note de onde son).
Un monumento
salientábel?
Rosalía de Castro. Follas NovasUn/ha autor/-a e unha obra
literaria galegos?
Outra vez, Rosalía.
San Francisco de Asís, polo seu
amor a todas as criaturas e o seu
pacifismo.
Un personaxe galego e un
estranxeiro?
Marguerite Yourcenar.
Memorias de Hadrián
Un/ha autor/-a e unha
obra literaria estranxeiros?
Identifícome con Juan Preciado, o protagonista de
Pedro Páramo, de Juan Rulfo, porque, cambiando o
que haxa que cambiar, moitas das aldeas de
Galiza se van semellando cada vez máis á súa
Comala. Quedan despoboadas e por iso, coma el,
falamos con mortos.
Un personaxe literario co que
se identifique?
Non acredito na inspiración. Só no
traballo. Oxalá existisen as musas e
viñesen a inspirarnos, mais a
verdade é que nunca as vin por
ningures. Certo que ás veces
escribimos como se alguén nos ditase
algo ao oído, pero a min hai tempo
que non me sucede. Supoño que isto
ten a ver co entusiasmo que, cos
anos, mingua.
Cal é a súa fonte de
inspiración
Cidadán Kane
Unha película de cine?
Unha obra teatral?
Casa de bonecas, de Ibsen
miércoles 18 de marzo de 2015
Ter unha viña pequena.
Un anceio por realizar?
Para todos os días, urbano. Para
o lecer e descanso, maiormente
montaña. De praia abóndame dez
ou quince días. Gústame o mar
como paisaxe, mais moléstame a
area.
Mundo rural/urbano?
Praia/montaña?
Para visitar, As Meteoras, en
Grecia. Para descansar Val do
Mao, no concello do Incio.
Un lugar para visitar? e un lugar
para descansar?
A abolición da
escravitude. (Porén,
segue a existir e, se
cadra, ben próxima a
nós).
Un feito histórico?
Que en todo o mundo
reinen a paz e a
xustiza.
Unha utopía?
Todos, porque hai moito
que ler e non se pode perder
o tempo buscando o lugar.
Un lugar axeitado para a
lectura?
A barroca, sobre todo Bach eCorelli.Gústanme moitas cancións, mais
se teño que dicir unha, “Negra
sombra” cantada por Pilocha.
Un tipo de música? Unhacanción?
Intento ser orixinal e non semellarme aninguén. O difícil é zafarse das influenzas dosescritores e escritoras que admiramos. Déixolle o
traballo de identificalas a outros.
Un/ha autor/-a con quen se
identifique?Cociñar para as persoas
que máis quero, é dicir,
familia e amizades.
Outro entretemento
ademais da lectura?
miércoles 18 de marzo de 2015