SlideShare a Scribd company logo
1 of 8
Download to read offline
Literatura Galega
                                  do Século XX e da Actualidade

           María N. Soutelo Vázquez
(Realizads polas alumnas do IES Manuel García
 Barros MARTA RODRÍGUEZ CASTRO e HELENA
 VILAR REBOLO, alumnas de 1ºBACHARELATO
     (16 anos)- Curso académico 2009-10)



                                               Entrevista
                                        IES Manuel García Barros
                                               A Estrada


                                                                      Texto: © Cc-by-sa-3.0
                                                              Fotos: © Todos os dereitos reservados
María N. Soutelo

1.     Cando comezaches a escribir poesía?

Este vindeiro día 1 de Abril cumprirei 15 anos de escrita. Xa había un substrato anterior, claro, non foi por arte de maxia. Pero ese día
resultou como se un interruptor se acendera en min. E así, ata hoxe. E celébroo con máis ledicia que o meu nacemento.

2.      Estás traballando nalgún proxecto literario actualmente?

Por suposto! Un nunca deixa de escribir, malia que non sempre quede satisfeito co traballo que fai. Iso é o que me pasa a mín, son o
meu propio tirano, a miña máis dolorosa crítica: se, unha vez rematado o que escribo non me convence o suficiente, desbótoo ou
déixoo madurar. Ás veces, os textos precisan ser vistos dende unha nova perspectiva vital. Necesitan medrar, respirar…

3.      Como te sentiches ao gañar o Premio de Poesía Eusebio
        Lorenzo Baleirón e saber que a túa obra ía ser publicada?


 Aínda non asumo o premio, nin a publicación. Pero significa un fito
 importante na miña vida. O premio, un premio (xaquer que sexa),
 é a consecución dunha cóta de recoñecemento ao esforzo e á
 dedicación en calquera área.
 A mín deume pulos nun momento chave da miña vida.


 4.      Cal das súas obras cre Vostede que tivo máis aceptación
         entre os lectores?

 Non foi unha persoa soa, senon o consello conxugado de moitos dos
 meus amigos e familiares. Quizais fose unha necesidade interna
 que todos e todas me animaron a transformar nunha realidade
 tanxible.
                                                                                           Antía e Mº Nieves no IES García Barros
María N. Soutelo

5.      A que autor galego admiras máis? E autora?
É unha pregunta con trampa? :) Éme difícil escoller a un autor ou a unha autora en concreto, pero postos a ter que dicir un nome (un
clásico e un contemporáneo), deles quédome con Cunqueiro e con Rafa Villar.
Delas, con Rosalía e con Lupe Gómez.

6.     Hai algún lugar especial no que te sintas máis inspirada para escribir?

Hai sitios para todo, ou para casetodo. Non para inspirarse,a cociña dos versos vai na túa cabeza. Tomas ideas de calquera actividade
cotiá, a Vida en sí é a mellor inspiración. Pero de ter que escoller un lugar, quédome co mar en outono. Retroaliméntome del, e do sol.
Malia ter nacido terra adentro.

                              7.      Que sentes cando estás escribindo?

                              Escribir non é para min unha actividade emocional, senon racional. Concéntrome na escrita, no sonido
                              das teclas, e todo ó redor perde importancia por un intre. Calquera cousa, calquera interrupción ou
                              ruído me molesta.

                              8.      Aparte de escribir, que outras afeccións che gusta realizar no teu tempo libre?

                              Durmir. Ir a algún concerto. Comer xelado. Ler ensaios de temática antropolóxica ou histórica. Cantar.
                              Estar cas e cos amigos. Facer o que me pete, vaia.

                              9.      Estudaches Historia na Universidade de Santiago de Compostela. Atráete máis este ámbito ou os
                                      temas literarios?

                               Gusto moito da Arqueoloxía e procuro seguir en contacto con ese campo de estudo e traballo, aínda
      María Neves Soutelo
                               que non sexa a miña especialidade.
                               Estou bastante descolgada do mundo da literatura, a verdade. Aínda non sei se me atrae o suficiente,
                               pero participo en recitais e actividades literarias sempre que teño oportunidade.
María N. Soutelo


     10.
              Que o
                   pinas
                         sobre
                               o pa     pel da
   Non cr                                       mulle
           eo que                                     r na a
   cuanti                                                    ctuali
          tativo debamos fa                                        dade
                 , ma l i         cer un                                 no ám
                         a que           ha dis                                  bito li
 En can                        vaiam
         to a te                      os sen tinción de                                 terari
                                                                                               o?
 pero c          mática                     do má          roles,
        o                                          is reco          nin un
realid ido que ava s, é certo q                            ñecida          h
                                                                   s polo a discrimin
      ade qu            nzamo         ue a m                              esforz          a
É un b         e               s              u
       o mom vivimos e q cara a un m ller pode fa                                 o e o t ción positiv
                                                                                          alento          a
               ento.           u               o             c
                       Corren e nos rodea mento de er incidenc                                     da s a u do pa pel da
                                             .             conve           i                               toras.         mulle
                                 tempo
                                       s prós                     rxenci a en campo                                             r n a li
                                               peros                     a da s           s, sen                                        teratu
                                                     para a                      escrita         timen                                         ra no
                                                             literat                     s f emi        tos ou                                       tocant
                                                                     ura ga                     nina e         actitu                                      e ao
                                                                             lega.                        mascu       des de
                                                                                                                lina, c      d
                                                                                                                        ara a iferente cal
                                                                                                                             unha n          a
                                                                                                                                      ova vi do que o ho
                                                                                                                                            sión c
                                                                                                                                                   onxun me,
                                                                                                                                                        ta da




            Antía e Mº Nieves no IES García Barros
Literatura Galega
                                  do Século XX e da Actualidade

                          Fátima Antía Otero
(Realizads polas alumnas do IES Manuel García
 Barros MARTA RODRÍGUEZ CASTRO e HELENA
 VILAR REBOLO, alumnas de 1ºBACHARELATO
     (16 anos)- Curso académico 2009-10)



                                               Entrevista
                                        IES Manuel García Barros
                                               A Estrada


                                                                      Texto: © Cc-by-sa-3.0
                                                              Fotos: © Todos os dereitos reservados
María N. Soutelo

1.     Sénteste actriz ou poeta?

( Risos)... Esta pregunta sempre se lle soe facer a aquelas persoas que se adican a dúas facetas artísticas á vez... Por iso eu sempre
respondo que ser poeta é algo que ven comigo, mentras que ser actriz é algo no que me tiven que formar e que hoxe en día é a miña
profesión e vocación. Síntome a partes iguais.
De seguro que ningún Ministro que escriba se lle preguntaría se se sinte máis ministro ou poeta..., non credes?... Ningunha cousa está
berrada coa outra.

2.     Prefires traballar na televisión ou no teatro? Cal dos dous requere unha maior dedicación?

Traballar na tele está ben porque, aínda que é un traballo moi concentrado no tempo e en enerxía, aprendes moita técnica, coñeces a
compañeiros marabillosos e aínda por riba tes unha remuneración económica dabondo que despois che permíte abordar outros
proxectos que che interesan a nivel artístico.... Pero o teatro é dende logo para min unha paixón. Nel sintes o proceso e este respira
contigo. Cada día vaste coñecendo a ti, vas investigando na persoaxe e sintes que o que fas ten “un aquí e un agora”. Ademais sempre
hai constantes cambios e veste obrigada a non despistarte nin un só segundo. Algo que se agradece cando estás metida nun longo
proceso.
Na tele vai todo máis rodado e máis rápido. O actor ten otro tipo de implicación, porque son outros moitos os factores dos que se
depende para que o produto chegue a bo porto: o económico ( cada día que se perde de gravar son cartos que non se recuperan ), a
dirección, a realización, o son, a posproducción... No teatro a equipa é familia e iso nótase.

 3.      Que te impulsou a escribir?

 Querer ter na miña posesión a estilográfica Monblanc inspirada en Greta Garbo!!!!

 (risos )... Non, é broma... ou Non é broma... ( risos)
 O único que sei é que escribindo atopei unha maneira de comunicarme na que me
 sentía cómoda... Era coma un xogo. Xogar a intentar transmitir no papel o que se me
 pasaba pola cabeza e polas sensacións...quelo que pensaba.
  Un aprende a falar porque quere chegar aos demáis, non?, pois supoño que o mesmo
 ocorre coa escrita. Síntome cómoda e así sigo.

                                                                                                    Antía e Mº Nieves no IES García Barros
María N. Soutelo

4.     Porque escolliches “O son da xordeira” como título para o teu libro?

Penso que os cinco sentido ( din que seis ) que ten o ser humán son fundamentais para percibir o que nos rodea. Pero hai algo que vai
máis aló do puramente tanxible e que tende ao conceptual. Penso que vivimos nun mundo no que falamos moito pero escoitamos
pouco. Co meu primeiro poemario “ O son da xordeira“, o que quixen foi escoitar a aquelas voces que eran silenciadas. Ás costureiras e
ás traballadoras do téxtil que realizan os patróns da roupa que nunca levarán posta. Esa incongruencia foi sen dúbida algunha o punto
de partida para facerme eco dun son que é xordo porque ninguén o escoita.

5.      Como membro da directiva da Asociación de Escritores en Lingua Galega, en que proxectos estás a traballar?

Dende a AELG decidimos crear unha vicepresidencia que estivese ao corrente dos novos creadores e creadoras e de conseguir que vexan
á asociación coma unha plataforma. Traballamos nunha editora virtual e realizamos multitude de encontros, recitais, publicacións...


 6.      Estás licenciada en Historia da Arte Contemporánea pola USC, cres que debido ao teu labor como actriz deixaches apartada
         estoutra faceta?

 Como comentaba antes, non creo que unha cousa este berrada coa outra. Para min
 todo ten unha implicación. Non escribiría como escribo se non me tivese formado
 en todo o que me formei...
  Historia da Arte é unha carreira que debe ser feita con gusto e como unha
 aprendizaxe a longo prazo. Constantemente esas aprendendo. O mundo da arte
 non para de se reproducir, e o historiador debe estar constantemente ao tanto das
 cousas que se están a creando, onde están os focos de debate.... Para min todo
 pode ser hibridado porque todo tende a enriquecerse se se fai con senso, gusto e
 contido. A poesía é arte, ao igual que a música, o teatro ou a banda deseñada.
 Dalgunha maneira nunca deixei de estar en contacto co mundo da arte porque
 traballo e vivo dela.


                                                                                                Antía e Mº Nieves no IES García Barros
María N. Soutelo

7.        Botas de menos vivir na Estrada?

A verdade é que familiarmente sigo moi ligada á Estrada, así que non a boto moito de menos. O que si teño en falta son sensacións que
me quedaron gravadas dende cativa e que moi poucas veces recupero... Boto de menos a aldea. Crieime nela tanto no Foxo           ( que
foi onde estudei ata os dez anos ) como as Quintas de Codeseda ( que é de onde son ). O cheiro dos castiñeiros do colexo do Foxo, a
auga do Pazo de Oca e o seo dos tilos, os amenceres e a xiada nas Quintas de Codeseda ou as tardes de verán e herba seca nas leiras de
Terreboredo son as cousas que me fan sentir das aldeas da Estrada.
8.      O teu blog chámase “Agardando a Godot”, por que decidiches ese nome?

Admiro a Samuel Beckett e ao seu “ Agardando a Godot”. Saber esperar é algo fundamental, pero se nos pasamos a vida agardando a
que algo ocorra ( un soño, unha meta que queremos alcanzar ) o máis seguro é que nos estemos perdendo o que de verdade está
acontecendo por diante dos nosos ollos, e que verdadeiramente constrúe o noso camiño vital. Esa foi a grande ensinanza que me
ofreceu o texto teatral de Beckett, unha obra na que o silencio está cheo de palabras e que dende aquí recomendo a todo o mundo.
 9.        Entre todas as autoras galegas, a quen admiras máis?
 Hai moi boas autoras galegas. Dende Avelina Valladares á actulidade son moitas as voces que
 debería nombrar e ás que lle debemos moito. De todos xeitos, teño as miñas preferencias...
 Admiro ás mulleres que na década dos oitenta comezaron a abrir camiño nun mundo no que se
 cría que fundamentalmente había poetas e unhas cantas poetisas           ( Ana Romaní, Pilar
 Pallarés foron e son unhas das voces máis interesantes)... Pero tamén é verdade que admiro a
 moitos homes e colegas que na actualidade escriben dende unha condición transxenérica
 ( como Eduardo Estévez polo seu minimalismo, Carlos Negro pola súa mirada que sempre
 complexa semella sinxela, ou a Estevo Creus polo arriscado e non (auto)censurado da súa
 escrita ).

 10.        Cres que é máis difícil para unha muller introducirse no mundo literario aínda na
            actualidade?
     Non creo que na Galiza así sexa, ou polo menos dende a miña posición, non sinto que iso
     ocorra. Nos xuris soe haber mulleres poetas e nas listas de libros que saen á rúa hai nomes
     femininos. Máis non todo é tan doado. Sen ben a muller si participa da literatura, na
     proxección literaria aínda lle queda camiño por percorrer. Ser muller, nova, independente,
     non fea e poeta... aínda xera prexuízos por parte dalgúns sectores.

                                                                                                                Antía Otero

More Related Content

What's hot

O soño das árbores celtas
O soño das árbores celtasO soño das árbores celtas
O soño das árbores celtasradiorasca
 
Miguel Suárez Abel
Miguel Suárez AbelMiguel Suárez Abel
Miguel Suárez AbelAsnosasletras
 
Guía para a recollida da tradición oral da zona
Guía para a recollida da tradición oral da zonaGuía para a recollida da tradición oral da zona
Guía para a recollida da tradición oral da zonasatelite1
 
Obradoiro do medo 2015
Obradoiro do medo 2015Obradoiro do medo 2015
Obradoiro do medo 2015Fiz
 

What's hot (8)

O soño das árbores celtas
O soño das árbores celtasO soño das árbores celtas
O soño das árbores celtas
 
Miguel Suárez Abel
Miguel Suárez AbelMiguel Suárez Abel
Miguel Suárez Abel
 
Mendez ferrin
Mendez ferrinMendez ferrin
Mendez ferrin
 
Guía para a recollida da tradición oral da zona
Guía para a recollida da tradición oral da zonaGuía para a recollida da tradición oral da zona
Guía para a recollida da tradición oral da zona
 
Obradoiro do medo 2015
Obradoiro do medo 2015Obradoiro do medo 2015
Obradoiro do medo 2015
 
Sinestesia
SinestesiaSinestesia
Sinestesia
 
Xosé ignacio taibo
Xosé ignacio taiboXosé ignacio taibo
Xosé ignacio taibo
 
Muller homenaxe do home
Muller homenaxe do homeMuller homenaxe do home
Muller homenaxe do home
 

Similar to Antía e neves

Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coelloAsnosasletras
 
Entrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoEntrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoAsnosasletras
 
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
Poemas Poesia e Imaxe 2010
Poemas Poesia e Imaxe 2010Poemas Poesia e Imaxe 2010
Poemas Poesia e Imaxe 2010cenlf
 
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 

Similar to Antía e neves (14)

Francisco Pillado
Francisco PilladoFrancisco Pillado
Francisco Pillado
 
Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coello
 
Tríptico 1º pr
Tríptico 1º prTríptico 1º pr
Tríptico 1º pr
 
Suso de toro
Suso de toroSuso de toro
Suso de toro
 
Xabier alcalá
Xabier alcaláXabier alcalá
Xabier alcalá
 
Entrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoEntrevista Marica Campo
Entrevista Marica Campo
 
Concha Blanco
Concha BlancoConcha Blanco
Concha Blanco
 
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Poesía
Poesía Poesía
Poesía
 
Poemas Poesia e Imaxe 2010
Poemas Poesia e Imaxe 2010Poemas Poesia e Imaxe 2010
Poemas Poesia e Imaxe 2010
 
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Poesia social
Poesia socialPoesia social
Poesia social
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Martinez oca
Martinez ocaMartinez oca
Martinez oca
 

More from Asnosasletras

More from Asnosasletras (20)

Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costas
 
Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesias
 
Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón Lopo
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudo
 
Entrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxoEntrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxo
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Orla 15/16
Orla 15/16Orla 15/16
Orla 15/16
 
Xesus Constela
Xesus ConstelaXesus Constela
Xesus Constela
 
Manuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezManuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo González
 
Entrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do RoxoEntrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do Roxo
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16
 
Manolo portas
Manolo portasManolo portas
Manolo portas
 
Lopo
LopoLopo
Lopo
 
Jaureguizar
JaureguizarJaureguizar
Jaureguizar
 
María Reimóndez
María ReimóndezMaría Reimóndez
María Reimóndez
 
María reimóndez
María reimóndezMaría reimóndez
María reimóndez
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamo
 
David otero
David oteroDavid otero
David otero
 

Antía e neves

  • 1. Literatura Galega do Século XX e da Actualidade María N. Soutelo Vázquez (Realizads polas alumnas do IES Manuel García Barros MARTA RODRÍGUEZ CASTRO e HELENA VILAR REBOLO, alumnas de 1ºBACHARELATO (16 anos)- Curso académico 2009-10) Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados
  • 2. María N. Soutelo 1. Cando comezaches a escribir poesía? Este vindeiro día 1 de Abril cumprirei 15 anos de escrita. Xa había un substrato anterior, claro, non foi por arte de maxia. Pero ese día resultou como se un interruptor se acendera en min. E así, ata hoxe. E celébroo con máis ledicia que o meu nacemento. 2. Estás traballando nalgún proxecto literario actualmente? Por suposto! Un nunca deixa de escribir, malia que non sempre quede satisfeito co traballo que fai. Iso é o que me pasa a mín, son o meu propio tirano, a miña máis dolorosa crítica: se, unha vez rematado o que escribo non me convence o suficiente, desbótoo ou déixoo madurar. Ás veces, os textos precisan ser vistos dende unha nova perspectiva vital. Necesitan medrar, respirar… 3. Como te sentiches ao gañar o Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón e saber que a túa obra ía ser publicada? Aínda non asumo o premio, nin a publicación. Pero significa un fito importante na miña vida. O premio, un premio (xaquer que sexa), é a consecución dunha cóta de recoñecemento ao esforzo e á dedicación en calquera área. A mín deume pulos nun momento chave da miña vida. 4. Cal das súas obras cre Vostede que tivo máis aceptación entre os lectores? Non foi unha persoa soa, senon o consello conxugado de moitos dos meus amigos e familiares. Quizais fose unha necesidade interna que todos e todas me animaron a transformar nunha realidade tanxible. Antía e Mº Nieves no IES García Barros
  • 3. María N. Soutelo 5. A que autor galego admiras máis? E autora? É unha pregunta con trampa? :) Éme difícil escoller a un autor ou a unha autora en concreto, pero postos a ter que dicir un nome (un clásico e un contemporáneo), deles quédome con Cunqueiro e con Rafa Villar. Delas, con Rosalía e con Lupe Gómez. 6. Hai algún lugar especial no que te sintas máis inspirada para escribir? Hai sitios para todo, ou para casetodo. Non para inspirarse,a cociña dos versos vai na túa cabeza. Tomas ideas de calquera actividade cotiá, a Vida en sí é a mellor inspiración. Pero de ter que escoller un lugar, quédome co mar en outono. Retroaliméntome del, e do sol. Malia ter nacido terra adentro. 7. Que sentes cando estás escribindo? Escribir non é para min unha actividade emocional, senon racional. Concéntrome na escrita, no sonido das teclas, e todo ó redor perde importancia por un intre. Calquera cousa, calquera interrupción ou ruído me molesta. 8. Aparte de escribir, que outras afeccións che gusta realizar no teu tempo libre? Durmir. Ir a algún concerto. Comer xelado. Ler ensaios de temática antropolóxica ou histórica. Cantar. Estar cas e cos amigos. Facer o que me pete, vaia. 9. Estudaches Historia na Universidade de Santiago de Compostela. Atráete máis este ámbito ou os temas literarios? Gusto moito da Arqueoloxía e procuro seguir en contacto con ese campo de estudo e traballo, aínda María Neves Soutelo que non sexa a miña especialidade. Estou bastante descolgada do mundo da literatura, a verdade. Aínda non sei se me atrae o suficiente, pero participo en recitais e actividades literarias sempre que teño oportunidade.
  • 4. María N. Soutelo 10. Que o pinas sobre o pa pel da Non cr mulle eo que r na a cuanti ctuali tativo debamos fa dade , ma l i cer un no ám a que ha dis bito li En can vaiam to a te os sen tinción de terari o? pero c mática do má roles, o is reco nin un realid ido que ava s, é certo q ñecida h s polo a discrimin ade qu nzamo ue a m esforz a É un b e s u o mom vivimos e q cara a un m ller pode fa o e o t ción positiv alento a ento. u o c Corren e nos rodea mento de er incidenc da s a u do pa pel da . conve i toras. mulle tempo s prós rxenci a en campo r n a li peros a da s s, sen teratu para a escrita timen ra no literat s f emi tos ou tocant ura ga nina e actitu e ao lega. mascu des de lina, c d ara a iferente cal unha n a ova vi do que o ho sión c onxun me, ta da Antía e Mº Nieves no IES García Barros
  • 5. Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Fátima Antía Otero (Realizads polas alumnas do IES Manuel García Barros MARTA RODRÍGUEZ CASTRO e HELENA VILAR REBOLO, alumnas de 1ºBACHARELATO (16 anos)- Curso académico 2009-10) Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados
  • 6. María N. Soutelo 1. Sénteste actriz ou poeta? ( Risos)... Esta pregunta sempre se lle soe facer a aquelas persoas que se adican a dúas facetas artísticas á vez... Por iso eu sempre respondo que ser poeta é algo que ven comigo, mentras que ser actriz é algo no que me tiven que formar e que hoxe en día é a miña profesión e vocación. Síntome a partes iguais. De seguro que ningún Ministro que escriba se lle preguntaría se se sinte máis ministro ou poeta..., non credes?... Ningunha cousa está berrada coa outra. 2. Prefires traballar na televisión ou no teatro? Cal dos dous requere unha maior dedicación? Traballar na tele está ben porque, aínda que é un traballo moi concentrado no tempo e en enerxía, aprendes moita técnica, coñeces a compañeiros marabillosos e aínda por riba tes unha remuneración económica dabondo que despois che permíte abordar outros proxectos que che interesan a nivel artístico.... Pero o teatro é dende logo para min unha paixón. Nel sintes o proceso e este respira contigo. Cada día vaste coñecendo a ti, vas investigando na persoaxe e sintes que o que fas ten “un aquí e un agora”. Ademais sempre hai constantes cambios e veste obrigada a non despistarte nin un só segundo. Algo que se agradece cando estás metida nun longo proceso. Na tele vai todo máis rodado e máis rápido. O actor ten otro tipo de implicación, porque son outros moitos os factores dos que se depende para que o produto chegue a bo porto: o económico ( cada día que se perde de gravar son cartos que non se recuperan ), a dirección, a realización, o son, a posproducción... No teatro a equipa é familia e iso nótase. 3. Que te impulsou a escribir? Querer ter na miña posesión a estilográfica Monblanc inspirada en Greta Garbo!!!! (risos )... Non, é broma... ou Non é broma... ( risos) O único que sei é que escribindo atopei unha maneira de comunicarme na que me sentía cómoda... Era coma un xogo. Xogar a intentar transmitir no papel o que se me pasaba pola cabeza e polas sensacións...quelo que pensaba. Un aprende a falar porque quere chegar aos demáis, non?, pois supoño que o mesmo ocorre coa escrita. Síntome cómoda e así sigo. Antía e Mº Nieves no IES García Barros
  • 7. María N. Soutelo 4. Porque escolliches “O son da xordeira” como título para o teu libro? Penso que os cinco sentido ( din que seis ) que ten o ser humán son fundamentais para percibir o que nos rodea. Pero hai algo que vai máis aló do puramente tanxible e que tende ao conceptual. Penso que vivimos nun mundo no que falamos moito pero escoitamos pouco. Co meu primeiro poemario “ O son da xordeira“, o que quixen foi escoitar a aquelas voces que eran silenciadas. Ás costureiras e ás traballadoras do téxtil que realizan os patróns da roupa que nunca levarán posta. Esa incongruencia foi sen dúbida algunha o punto de partida para facerme eco dun son que é xordo porque ninguén o escoita. 5. Como membro da directiva da Asociación de Escritores en Lingua Galega, en que proxectos estás a traballar? Dende a AELG decidimos crear unha vicepresidencia que estivese ao corrente dos novos creadores e creadoras e de conseguir que vexan á asociación coma unha plataforma. Traballamos nunha editora virtual e realizamos multitude de encontros, recitais, publicacións... 6. Estás licenciada en Historia da Arte Contemporánea pola USC, cres que debido ao teu labor como actriz deixaches apartada estoutra faceta? Como comentaba antes, non creo que unha cousa este berrada coa outra. Para min todo ten unha implicación. Non escribiría como escribo se non me tivese formado en todo o que me formei... Historia da Arte é unha carreira que debe ser feita con gusto e como unha aprendizaxe a longo prazo. Constantemente esas aprendendo. O mundo da arte non para de se reproducir, e o historiador debe estar constantemente ao tanto das cousas que se están a creando, onde están os focos de debate.... Para min todo pode ser hibridado porque todo tende a enriquecerse se se fai con senso, gusto e contido. A poesía é arte, ao igual que a música, o teatro ou a banda deseñada. Dalgunha maneira nunca deixei de estar en contacto co mundo da arte porque traballo e vivo dela. Antía e Mº Nieves no IES García Barros
  • 8. María N. Soutelo 7. Botas de menos vivir na Estrada? A verdade é que familiarmente sigo moi ligada á Estrada, así que non a boto moito de menos. O que si teño en falta son sensacións que me quedaron gravadas dende cativa e que moi poucas veces recupero... Boto de menos a aldea. Crieime nela tanto no Foxo ( que foi onde estudei ata os dez anos ) como as Quintas de Codeseda ( que é de onde son ). O cheiro dos castiñeiros do colexo do Foxo, a auga do Pazo de Oca e o seo dos tilos, os amenceres e a xiada nas Quintas de Codeseda ou as tardes de verán e herba seca nas leiras de Terreboredo son as cousas que me fan sentir das aldeas da Estrada. 8. O teu blog chámase “Agardando a Godot”, por que decidiches ese nome? Admiro a Samuel Beckett e ao seu “ Agardando a Godot”. Saber esperar é algo fundamental, pero se nos pasamos a vida agardando a que algo ocorra ( un soño, unha meta que queremos alcanzar ) o máis seguro é que nos estemos perdendo o que de verdade está acontecendo por diante dos nosos ollos, e que verdadeiramente constrúe o noso camiño vital. Esa foi a grande ensinanza que me ofreceu o texto teatral de Beckett, unha obra na que o silencio está cheo de palabras e que dende aquí recomendo a todo o mundo. 9. Entre todas as autoras galegas, a quen admiras máis? Hai moi boas autoras galegas. Dende Avelina Valladares á actulidade son moitas as voces que debería nombrar e ás que lle debemos moito. De todos xeitos, teño as miñas preferencias... Admiro ás mulleres que na década dos oitenta comezaron a abrir camiño nun mundo no que se cría que fundamentalmente había poetas e unhas cantas poetisas ( Ana Romaní, Pilar Pallarés foron e son unhas das voces máis interesantes)... Pero tamén é verdade que admiro a moitos homes e colegas que na actualidade escriben dende unha condición transxenérica ( como Eduardo Estévez polo seu minimalismo, Carlos Negro pola súa mirada que sempre complexa semella sinxela, ou a Estevo Creus polo arriscado e non (auto)censurado da súa escrita ). 10. Cres que é máis difícil para unha muller introducirse no mundo literario aínda na actualidade? Non creo que na Galiza así sexa, ou polo menos dende a miña posición, non sinto que iso ocorra. Nos xuris soe haber mulleres poetas e nas listas de libros que saen á rúa hai nomes femininos. Máis non todo é tan doado. Sen ben a muller si participa da literatura, na proxección literaria aínda lle queda camiño por percorrer. Ser muller, nova, independente, non fea e poeta... aínda xera prexuízos por parte dalgúns sectores. Antía Otero