SlideShare a Scribd company logo
1 of 8
Download to read offline
PROGRAMA PP RIBADEO 2023
Economía e emprego
1. Facilitaremos a implantación de novas empresas no polígono
industrial (con rebaixas fiscais e do solo)
2. Crearemos un viveiro de empresas, espazos coworking e
espazos de aluguer para teletraballo (zonas de wifi, servizos de
impresión, sala de reunións...).
3. Simplificaremos e axilizaremos os trámites para facilitar a
creación de empresas a través dun portal de emprendemento
dixital e de apoio técnico.
4. Elaboraremos un Plan integral para a Praza de Abastos, que
incluirá a rehabilitación do espazo a súa dinamización e a posta
en valor dos produtos de proximidade.
5. Impulsaremos novos ciclos formativos para o Centro ClFP Porta
da Auga e para o CFEA Pedro Murias.
6. Potenciaremos e dinamizaremos o Mercado dos Domingos.
7. Apoiaremos a posta en marcha de novos proxectos
empresariais innovadores promovendo Iniciativas Locais de
Emprego (ILes)
Saúde e coidados
1. Faremos realidade o novo Centro de Saúde que traerá novos
servizos, mellor accesibilidade e incluirá o 061 nas mesmas
instalacións.
2. Reformaremos integralmente o Hospital Asilo San Sebastián e
San Lázaro.
3. Melloraremos o Servizo de Asistencia no Fogar e solicitaremos
un aumento de horas á Xunta de Galicia.
4. Reforzaremos as actividades do Centro de Día e do centro
social e dotarémolo de transporte desde as parroquias.
5. Implantaremos o programa Preto de ti (Coidados porta a porta,
actividades de mellora da psicomotricidade e a memoria,
actividades de lecer...).
6. Promoveremos accións de asociacionismo e voluntariado para
persoas maiores cara a un envellecemento activo.
7. Institucionalizaremos o día do xubilado.
8. Xestionaremos a inclusión de Ribadeo na Rede Galega de
Atención Temperá.
9. Reforzaremos as axudas a familias vulnerables.
Medio Ambiente
1. Elaboraremos e poñeremos en marcha un novo Plan Municipal
de Residuos.
2. Dinamizaremos a Casa da Ría.
3. Implantaremos un Plan de sensibilización medioambiental:
xornadas, celebracións... en colaboración cos centros escolares
e as asociacións.
4. Recuperaremos as áreas recreativas da vila e do rural, parques
biosaudables e outras áreas de lecer.
5. Potenciaremos as rutas de sendeirismo existentes e crearemos
novos itinerarios.
6. Impulsaremos o proxecto Senda Verde do Tren Mineiro Ribadeo-
Vilaodrid.
7. Dotaremos ás parroquias de depósitos de auga para a extinción
de incendios.
8. Promoveremos o aproveitamento de residuos orgánicos
(céspede, podas...) tanto municipais como privados.
9. Implementaremos as actuacións recollidas no Plan de Especial
de Protección de As Catedrais
10. Solicitaremos ó goberno central o desmantelamento total
da leitería de Reme para crear un espazo de lecer.
11. Habilitaremos unha zona de recreo para mascotas.
Infraestruturas e urbanismo
1. Construiremos novos aparcadoiros públicos para turismos e un
para camións.
2. Construiremos un centro multiusos para albergar distintas
actividades e eventos (feiras, exposicións...)
3. Xestionaremos a construción dun segundo acceso dende a A8 a
Ribadeo e doutro acceso á estrada de circunvalación desde a
estrada de Vilela.
4. Melloraremos a iluminación nas parroquias e na vila (pasos de
peóns, estrada do Faro...).
5. Levaremos a cabo unha mellora integral do Parque Infantil
Municipal.
6. Melloraremos os equipamentos de todos os barrios da vila,
renovando o mobiliario urbano e garantindo o mantemento do
existente.
7. Redactaremos un novo plan de tráfico e seguridade viaria que
poña especial atención nas zonas escolares e naquelas de alta
afluencia de peóns.
8. Revisaremos a taxa de terrazas e crearemos unha nova
normativa consensuada co sector da hostalería sen prexuízo
para os viandantes.
9. Promoveremos un pacto entre administracións que garanta a
renovación da tubaxe e novas captacións para o
abastecemento de auga potable.
10. Desenvolveremos o Plan Rexurbe poñendo en valor o
casco histórico.
Rural
1. Crearemos unha brigada municipal de atención ó rural.
2. Construiremos aparcadoiros públicos nas parroquias.
3. Melloraremos a rede viaria con aglomerado asfáltico e cunetas
de formigón.
4. Avanzaremos no saneamento das parroquias.
5. Acondicionaremos zonas de carga e descarga de madeira, así
como as pistas forestais,
6. Apoiaremos o sector forestal, a agricultura, a gandaría, as
enerxías renovables e o turismo como eixos dinamizadores do
noso rural.
7. Incrementaremos a colaboración institucional do concello coas
asociacións de veciños do rural.
8. Seguiremos rehabilitando o patrimonio natural, cultural e
histórico das nosas parroquias.
9. Favoreceremos o asentamento de poboación no rural coa
redución de taxas municipais.
10. Impulsaremos a implantación de novas empresas no rural
e fomentaremos a creación de Iniciativas de Emprego Rural
(IER).
11. Traballaremos pola mellora da xestión forestal do
concello, en colaboración coas comunidades de montes.
Bo goberno
1. Reduciremos impostos e taxas municipais, como por exemplo
para a rehabilitación de vivendas no rural e na vila.
2. Melloraremos a páxina web do concello converténdoa nun
portal amigable, funcional e de comunicación coa cidadanía.
3. Potenciaremos a administración electrónica e faremos
campañas de información e formación para a cidadanía sobre o
seu uso.
4. Melloraremos o aproveitamento das fonte de financiamento
(fondos europeos, plans estatais, autonómicos e provinciais...)
5. Eliminaremos o imposto sobre o Incremento do Valor dos
Terreos de Natureza Urbana (plusvalía municipal).
6. Aboaremos en tempo e forma as subvencións ós clubs
deportivos, ás asociacións veciñais e demais entidades.
7. Implementaremos a Oficina de Xustiza do Concello (para
tramitacións, en base a nova normativa)
8. Fraccionaremos o pago do IBI.
9. Impulsaremos o equipo de Protección Civil Municipal con
campañas de voluntariado, accións formativas e dotacións
materiais.
10. Crearemos unha Comisión Municipal de Participación
Cidadá na que o goberno municipal escoitará periodicamente as
aportacións da veciñanza.
Turismo e sector servizos
1. Impulsaremos o comercio local e ampliaremos a colaboración
co centro comercial aberto e ACISA.
2. Elaboraremos e executaremos un Plan estratéxico de
desenvolvemento turístico xestionado por un ente público-
privado.
3. Apostaremos polo turismo cultural e de congresos como
creador de emprego e riqueza.
4. Poñeremos en marcha a comercialización de paquetes turísticos
e reforzaremos a fidelización dos nosos visitantes.
5. Incrementaremos a colaboración coas festas e eventos locais,
en especial aquelas que contan o recoñecemento de Festa
Interese Turístico Galego.
6. Coordinaremos os servizos municipais, os sectores hostaleiro e
de servizos e as entidades implicadas para o deseño,
información e difusión das programacións e actos culturais e
turísticos.
7. Xestionaremos o nomeamento de Ribadeo como inicio de etapa
do Camiño Norte.
8. Construiremos un albergue de peregrinos en A Ponte de Arante.
9. Reabriremos a Oficina do Peregrino para potenciar o Camiño
Norte.
10. Crearemos unha área de servizo sustentable para
caravanas.
11. Fomentaremos un foro turístico como xerme de novos
proxectos.
12. Promocionaremos as festas e eventos municipais (Xira,
Indianos…) no propio concello, pero sobre todo fóra del con
campañas de presentación e difusión en localizacións
estratéxicas.
13. Implementaremos unha taxa turística para a visita á Praia
das Catedrais que se convertirá nun bono desconto no sector
servizos de Ribadeo.
Cultura e educación
1. Rehabilitaremos o vello colexio das monxas para convertelo na
Casa da Música.
2. Crearemos un padroado cultural e de festas que dinamice estas
actividades.
3. Apoiaremos os festivais musicais existentes na actualidade e
fomentaremos novas iniciativas.
4. Dinamizaremos e poñeremos en valor o Cine Teatro e
acondicionaremos o Auditorio Municipal.
5. Fomentaremos as habilidades de oratoria e liderado así como o
coñecemento da administración local do alumnado dos centros
escolares.
6. Colaboraremos cos centros educativos en actividades diversas
(coeducación, igualdade, animación á lectura...)
7. Acondicionaremos os accesos á escola infantil.
8. Asinaremos convenios ou acordos de colaboración con
Universidades para a realización de actividades de formación,
xornadas e foros en Ribadeo.
9. Habilitaremos un espazo municipal para a realización de
actividades formativas ou de divulgación dos colectivos e
asociacións local.
10. Crearemos no Forte de San Damián un centro de
interpretación relacionado coa súa localización e historia.
11. Habilitaremos diferentes espazos para salas de
exposicións.
Mar
1. Seguiremos impulsando os dragados periódicos para garantir o
futuro do Porto de Mirasol.
2. Crearemos o salón Náutico de Ribadeo.
3. Xestionaremos a ampliación das instalacións do Porto
deportivo.
4. Faremos de Ribadeo Sede de congresos e xornadas naúticas.
5. Desenvolveremos, en colaboración cos centros escolares
actividades de divulgación das actividades que se levan a cabo
na zona portuaria (Centro de cultivos marinos, lonxa, porto
deportivo…).
6. Promoveremos a alimentación saudable baseada nos produtos
do mar (peixes, algas…)
7. Recuperaremos as cetáreas de Rinlo.
Mocidade e deporte
1. Construiremos un campo de herba artificial e unha pista de
atletismo.
2. Impulsaremos a celebración de cursos, xornadas... e
institucionalizaremos o Día do Deporte Ribadense coa
participación de todos os clubs.
3. Manteremos e repararemos as instalacións deportivas (pavillón
municipal, Campo do Outeiro...).
4. Dotaremos de bedel ás instalacións deportivas para fomentar e
axilizar o seu uso.
5. Apostaremos polo deporte no rural mellorando as instalacións e
potenciaremos os deportes tradicionais.
6. Crearemos espazos de ocio para adolescentes.
7. Potenciaremos as actividades interxeracionais así como o
voluntariado xove.
8. Organizaremos actividades específicas para os xoves,
xestionando tamén o uso das dependencias municipais para
grupos (pavillóns, salas de reunións...).
9. Potenciaremos as noites alternativas adscribíndoas a temáticas
diversas (moda, teatro, libro, grafitti…)
Coa igualdade
1. Daremos visibilidade no ámbito cultural ás autoras, artistas e
creadoras.
2. Impulsaremos o desenvolvemento dos talentos STEM, porque as
mulleres tamén somos de ciencias.
3. Reforzaremos e ampliaremos os servizos tanto na vila como no
rural dos centros de información a muller.
4. Favoreceremos unha maior coordinación das administracións en
canto a protección e asesoramento da muller e os seus fillos
nos casos de violencia de xénero.
5. Potenciaremos o deporte feminino con medidas concretas para
impulsar os seus éxitos tanto a nivel nacional como
internacional e para alcanzar a paridade na práctica e na
xestión do deporte.
6. Impulsaremos o emprendemento, formación e asistencia para
as mulleres que facilite a súa incorporación ao mercado laboral,
tanto por conta allea como por conta propia.

More Related Content

Similar to Programa PP Ribadeo2023.pdf

Programa Carlos Calvelo
Programa Carlos CalveloPrograma Carlos Calvelo
Programa Carlos CalveloCarlos Calvelo
 
Programa PSOE Bergondo 2023
Programa PSOE Bergondo 2023Programa PSOE Bergondo 2023
Programa PSOE Bergondo 2023psdegbergondo
 
Programa PSOE bergondo
Programa PSOE bergondoPrograma PSOE bergondo
Programa PSOE bergondopsdegbergondo
 
Programa BNG Burela 2019
Programa BNG Burela 2019Programa BNG Burela 2019
Programa BNG Burela 2019burelao
 
040512 campaña reserva os ancares
040512 campaña reserva os ancares040512 campaña reserva os ancares
040512 campaña reserva os ancaresDolcevitacoruna
 
#PlanBPontedeume 111 accións para cambiar a nosa Vila
#PlanBPontedeume 111 accións para cambiar a nosa Vila#PlanBPontedeume 111 accións para cambiar a nosa Vila
#PlanBPontedeume 111 accións para cambiar a nosa VilaPlanBPontedeume
 
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfPrograma electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfBNGdoPorrinho
 
Programa PSOE de Bergondo 2019
Programa PSOE de Bergondo 2019Programa PSOE de Bergondo 2019
Programa PSOE de Bergondo 2019psdegbergondo
 
Presentacion comuni-sopa14
Presentacion comuni-sopa14Presentacion comuni-sopa14
Presentacion comuni-sopa14abrazapedras
 
Xornal PSOE Bergondo
Xornal PSOE Bergondo Xornal PSOE Bergondo
Xornal PSOE Bergondo psdegbergondo
 
IAF134 nº3dixital
IAF134 nº3dixitalIAF134 nº3dixital
IAF134 nº3dixitalIGADI
 
Memoria rede museistica 2012 (1)
Memoria rede museistica 2012 (1)Memoria rede museistica 2012 (1)
Memoria rede museistica 2012 (1)Encarna Lago
 
Iaf132nº1dixital
Iaf132nº1dixitalIaf132nº1dixital
Iaf132nº1dixitalIGADI
 
Ejemplos de contratación pública en Riveira
Ejemplos de contratación pública en RiveiraEjemplos de contratación pública en Riveira
Ejemplos de contratación pública en Riveirajose_galicia_18
 
Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede Museística
Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede MuseísticaCambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede Museística
Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede MuseísticaEncarna Lago
 
Programa de Gobierno del PSdeG para las elecciones de 2024
Programa de Gobierno del PSdeG para las elecciones de 2024Programa de Gobierno del PSdeG para las elecciones de 2024
Programa de Gobierno del PSdeG para las elecciones de 2024luarodalegre97
 

Similar to Programa PP Ribadeo2023.pdf (20)

Programa Carlos Calvelo
Programa Carlos CalveloPrograma Carlos Calvelo
Programa Carlos Calvelo
 
Programa PSOE Bergondo 2023
Programa PSOE Bergondo 2023Programa PSOE Bergondo 2023
Programa PSOE Bergondo 2023
 
Programa PSOE bergondo
Programa PSOE bergondoPrograma PSOE bergondo
Programa PSOE bergondo
 
programa bng ribadeo 2023.pdf
programa bng ribadeo 2023.pdfprograma bng ribadeo 2023.pdf
programa bng ribadeo 2023.pdf
 
Programa BNG Burela 2019
Programa BNG Burela 2019Programa BNG Burela 2019
Programa BNG Burela 2019
 
040512 campaña reserva os ancares
040512 campaña reserva os ancares040512 campaña reserva os ancares
040512 campaña reserva os ancares
 
#PlanBPontedeume 111 accións para cambiar a nosa Vila
#PlanBPontedeume 111 accións para cambiar a nosa Vila#PlanBPontedeume 111 accións para cambiar a nosa Vila
#PlanBPontedeume 111 accións para cambiar a nosa Vila
 
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfPrograma electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
 
Programa PSOE de Bergondo 2019
Programa PSOE de Bergondo 2019Programa PSOE de Bergondo 2019
Programa PSOE de Bergondo 2019
 
Presentacion comuni-sopa14
Presentacion comuni-sopa14Presentacion comuni-sopa14
Presentacion comuni-sopa14
 
Xornal PSOE Bergondo
Xornal PSOE Bergondo Xornal PSOE Bergondo
Xornal PSOE Bergondo
 
Os castrosa cubelacatrocamiños
Os castrosa cubelacatrocamiñosOs castrosa cubelacatrocamiños
Os castrosa cubelacatrocamiños
 
PG.pdf
PG.pdfPG.pdf
PG.pdf
 
IAF134 nº3dixital
IAF134 nº3dixitalIAF134 nº3dixital
IAF134 nº3dixital
 
Memoria rede museistica 2012 (1)
Memoria rede museistica 2012 (1)Memoria rede museistica 2012 (1)
Memoria rede museistica 2012 (1)
 
Iaf132nº1dixital
Iaf132nº1dixitalIaf132nº1dixital
Iaf132nº1dixital
 
Ejemplos de contratación pública en Riveira
Ejemplos de contratación pública en RiveiraEjemplos de contratación pública en Riveira
Ejemplos de contratación pública en Riveira
 
Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede Museística
Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede MuseísticaCambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede Museística
Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede Museística
 
Programa de Gobierno del PSdeG para las elecciones de 2024
Programa de Gobierno del PSdeG para las elecciones de 2024Programa de Gobierno del PSdeG para las elecciones de 2024
Programa de Gobierno del PSdeG para las elecciones de 2024
 
Dumbria para ti. Guía de actividades 2014/2015 do Concello de Dumbría
Dumbria para ti. Guía de actividades 2014/2015 do Concello de Dumbría Dumbria para ti. Guía de actividades 2014/2015 do Concello de Dumbría
Dumbria para ti. Guía de actividades 2014/2015 do Concello de Dumbría
 

More from Antonio Gregorio Montes

Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
Presentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdf
Presentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdfPresentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdf
Presentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdfAntonio Gregorio Montes
 
Temperie ribadense 2023 diapositivas.pdf
Temperie ribadense 2023 diapositivas.pdfTemperie ribadense 2023 diapositivas.pdf
Temperie ribadense 2023 diapositivas.pdfAntonio Gregorio Montes
 
Programa PSOE Ribadeo eleccións municipais 2023
Programa PSOE Ribadeo eleccións municipais 2023Programa PSOE Ribadeo eleccións municipais 2023
Programa PSOE Ribadeo eleccións municipais 2023Antonio Gregorio Montes
 
Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdf
Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdfPresentación Non apartes a mirada do espello v2.pdf
Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdfAntonio Gregorio Montes
 
Amando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia CastroAmando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia CastroAntonio Gregorio Montes
 
A Temperie ribadense no 2020... e un complemento
A Temperie ribadense no 2020... e un complementoA Temperie ribadense no 2020... e un complemento
A Temperie ribadense no 2020... e un complementoAntonio Gregorio Montes
 
Antroido 2024 en Ribadeo: programa / díptico
Antroido 2024 en Ribadeo: programa / dípticoAntroido 2024 en Ribadeo: programa / díptico
Antroido 2024 en Ribadeo: programa / dípticoAntonio Gregorio Montes
 
Falando de Aurora Sampedro Piñeiro en Ribadeo
Falando de Aurora Sampedro Piñeiro en RibadeoFalando de Aurora Sampedro Piñeiro en Ribadeo
Falando de Aurora Sampedro Piñeiro en RibadeoAntonio Gregorio Montes
 
As vidreiras da capela do cemiterio v.1.0.1.pdf
As vidreiras da capela do cemiterio v.1.0.1.pdfAs vidreiras da capela do cemiterio v.1.0.1.pdf
As vidreiras da capela do cemiterio v.1.0.1.pdfAntonio Gregorio Montes
 
José María Rodríguez Díaz, in memoriam.pdf
José María Rodríguez Díaz, in memoriam.pdfJosé María Rodríguez Díaz, in memoriam.pdf
José María Rodríguez Díaz, in memoriam.pdfAntonio Gregorio Montes
 
APUNTES PARA LA REFORMA DE LOS CONTENIDOS DE LA ASIGNATURA DE CIENCIAS DE LA ...
APUNTES PARA LA REFORMA DE LOS CONTENIDOS DE LA ASIGNATURA DE CIENCIAS DE LA ...APUNTES PARA LA REFORMA DE LOS CONTENIDOS DE LA ASIGNATURA DE CIENCIAS DE LA ...
APUNTES PARA LA REFORMA DE LOS CONTENIDOS DE LA ASIGNATURA DE CIENCIAS DE LA ...Antonio Gregorio Montes
 
Carnicería e industrias cárnicas, ¿una nueva rama?.pdf
Carnicería e industrias cárnicas, ¿una nueva rama?.pdfCarnicería e industrias cárnicas, ¿una nueva rama?.pdf
Carnicería e industrias cárnicas, ¿una nueva rama?.pdfAntonio Gregorio Montes
 
La problemática de las asignaturas comunes en la FP.pdf
La problemática de las asignaturas comunes en la FP.pdfLa problemática de las asignaturas comunes en la FP.pdf
La problemática de las asignaturas comunes en la FP.pdfAntonio Gregorio Montes
 

More from Antonio Gregorio Montes (20)

Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Presentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdf
Presentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdfPresentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdf
Presentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdf
 
Temperie ribadense 2023 diapositivas.pdf
Temperie ribadense 2023 diapositivas.pdfTemperie ribadense 2023 diapositivas.pdf
Temperie ribadense 2023 diapositivas.pdf
 
Programa PSOE Ribadeo eleccións municipais 2023
Programa PSOE Ribadeo eleccións municipais 2023Programa PSOE Ribadeo eleccións municipais 2023
Programa PSOE Ribadeo eleccións municipais 2023
 
Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdf
Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdfPresentación Non apartes a mirada do espello v2.pdf
Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdf
 
Amando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia CastroAmando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
 
A Temperie ribadense no 2020... e un complemento
A Temperie ribadense no 2020... e un complementoA Temperie ribadense no 2020... e un complemento
A Temperie ribadense no 2020... e un complemento
 
Antroido 2024 en Ribadeo: programa / díptico
Antroido 2024 en Ribadeo: programa / dípticoAntroido 2024 en Ribadeo: programa / díptico
Antroido 2024 en Ribadeo: programa / díptico
 
Falando de Aurora Sampedro Piñeiro en Ribadeo
Falando de Aurora Sampedro Piñeiro en RibadeoFalando de Aurora Sampedro Piñeiro en Ribadeo
Falando de Aurora Sampedro Piñeiro en Ribadeo
 
Presentación de Lucía Ferro.pdf
Presentación de Lucía Ferro.pdfPresentación de Lucía Ferro.pdf
Presentación de Lucía Ferro.pdf
 
Programa Ribadeo Indiano 2023.pdf
Programa Ribadeo Indiano 2023.pdfPrograma Ribadeo Indiano 2023.pdf
Programa Ribadeo Indiano 2023.pdf
 
Discurso_investidura_Daniel_Vega.pdf
Discurso_investidura_Daniel_Vega.pdfDiscurso_investidura_Daniel_Vega.pdf
Discurso_investidura_Daniel_Vega.pdf
 
As vidreiras da capela do cemiterio v.1.0.1.pdf
As vidreiras da capela do cemiterio v.1.0.1.pdfAs vidreiras da capela do cemiterio v.1.0.1.pdf
As vidreiras da capela do cemiterio v.1.0.1.pdf
 
José María Rodríguez Díaz, in memoriam.pdf
José María Rodríguez Díaz, in memoriam.pdfJosé María Rodríguez Díaz, in memoriam.pdf
José María Rodríguez Díaz, in memoriam.pdf
 
Programa PP Ribadeo2023.pdf
Programa PP Ribadeo2023.pdfPrograma PP Ribadeo2023.pdf
Programa PP Ribadeo2023.pdf
 
PROGRAMA PSOE RIBADEO.pdf
PROGRAMA PSOE RIBADEO.pdfPROGRAMA PSOE RIBADEO.pdf
PROGRAMA PSOE RIBADEO.pdf
 
APUNTES PARA LA REFORMA DE LOS CONTENIDOS DE LA ASIGNATURA DE CIENCIAS DE LA ...
APUNTES PARA LA REFORMA DE LOS CONTENIDOS DE LA ASIGNATURA DE CIENCIAS DE LA ...APUNTES PARA LA REFORMA DE LOS CONTENIDOS DE LA ASIGNATURA DE CIENCIAS DE LA ...
APUNTES PARA LA REFORMA DE LOS CONTENIDOS DE LA ASIGNATURA DE CIENCIAS DE LA ...
 
Carnicería e industrias cárnicas, ¿una nueva rama?.pdf
Carnicería e industrias cárnicas, ¿una nueva rama?.pdfCarnicería e industrias cárnicas, ¿una nueva rama?.pdf
Carnicería e industrias cárnicas, ¿una nueva rama?.pdf
 
La problemática de las asignaturas comunes en la FP.pdf
La problemática de las asignaturas comunes en la FP.pdfLa problemática de las asignaturas comunes en la FP.pdf
La problemática de las asignaturas comunes en la FP.pdf
 
Estudio sobre toponimia de Ribadeo
Estudio sobre toponimia de RibadeoEstudio sobre toponimia de Ribadeo
Estudio sobre toponimia de Ribadeo
 

Programa PP Ribadeo2023.pdf

  • 1. PROGRAMA PP RIBADEO 2023 Economía e emprego 1. Facilitaremos a implantación de novas empresas no polígono industrial (con rebaixas fiscais e do solo) 2. Crearemos un viveiro de empresas, espazos coworking e espazos de aluguer para teletraballo (zonas de wifi, servizos de impresión, sala de reunións...). 3. Simplificaremos e axilizaremos os trámites para facilitar a creación de empresas a través dun portal de emprendemento dixital e de apoio técnico. 4. Elaboraremos un Plan integral para a Praza de Abastos, que incluirá a rehabilitación do espazo a súa dinamización e a posta en valor dos produtos de proximidade. 5. Impulsaremos novos ciclos formativos para o Centro ClFP Porta da Auga e para o CFEA Pedro Murias. 6. Potenciaremos e dinamizaremos o Mercado dos Domingos. 7. Apoiaremos a posta en marcha de novos proxectos empresariais innovadores promovendo Iniciativas Locais de Emprego (ILes) Saúde e coidados 1. Faremos realidade o novo Centro de Saúde que traerá novos servizos, mellor accesibilidade e incluirá o 061 nas mesmas instalacións. 2. Reformaremos integralmente o Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro. 3. Melloraremos o Servizo de Asistencia no Fogar e solicitaremos un aumento de horas á Xunta de Galicia. 4. Reforzaremos as actividades do Centro de Día e do centro social e dotarémolo de transporte desde as parroquias.
  • 2. 5. Implantaremos o programa Preto de ti (Coidados porta a porta, actividades de mellora da psicomotricidade e a memoria, actividades de lecer...). 6. Promoveremos accións de asociacionismo e voluntariado para persoas maiores cara a un envellecemento activo. 7. Institucionalizaremos o día do xubilado. 8. Xestionaremos a inclusión de Ribadeo na Rede Galega de Atención Temperá. 9. Reforzaremos as axudas a familias vulnerables. Medio Ambiente 1. Elaboraremos e poñeremos en marcha un novo Plan Municipal de Residuos. 2. Dinamizaremos a Casa da Ría. 3. Implantaremos un Plan de sensibilización medioambiental: xornadas, celebracións... en colaboración cos centros escolares e as asociacións. 4. Recuperaremos as áreas recreativas da vila e do rural, parques biosaudables e outras áreas de lecer. 5. Potenciaremos as rutas de sendeirismo existentes e crearemos novos itinerarios. 6. Impulsaremos o proxecto Senda Verde do Tren Mineiro Ribadeo- Vilaodrid. 7. Dotaremos ás parroquias de depósitos de auga para a extinción de incendios. 8. Promoveremos o aproveitamento de residuos orgánicos (céspede, podas...) tanto municipais como privados. 9. Implementaremos as actuacións recollidas no Plan de Especial de Protección de As Catedrais 10. Solicitaremos ó goberno central o desmantelamento total da leitería de Reme para crear un espazo de lecer. 11. Habilitaremos unha zona de recreo para mascotas.
  • 3. Infraestruturas e urbanismo 1. Construiremos novos aparcadoiros públicos para turismos e un para camións. 2. Construiremos un centro multiusos para albergar distintas actividades e eventos (feiras, exposicións...) 3. Xestionaremos a construción dun segundo acceso dende a A8 a Ribadeo e doutro acceso á estrada de circunvalación desde a estrada de Vilela. 4. Melloraremos a iluminación nas parroquias e na vila (pasos de peóns, estrada do Faro...). 5. Levaremos a cabo unha mellora integral do Parque Infantil Municipal. 6. Melloraremos os equipamentos de todos os barrios da vila, renovando o mobiliario urbano e garantindo o mantemento do existente. 7. Redactaremos un novo plan de tráfico e seguridade viaria que poña especial atención nas zonas escolares e naquelas de alta afluencia de peóns. 8. Revisaremos a taxa de terrazas e crearemos unha nova normativa consensuada co sector da hostalería sen prexuízo para os viandantes. 9. Promoveremos un pacto entre administracións que garanta a renovación da tubaxe e novas captacións para o abastecemento de auga potable. 10. Desenvolveremos o Plan Rexurbe poñendo en valor o casco histórico. Rural 1. Crearemos unha brigada municipal de atención ó rural. 2. Construiremos aparcadoiros públicos nas parroquias.
  • 4. 3. Melloraremos a rede viaria con aglomerado asfáltico e cunetas de formigón. 4. Avanzaremos no saneamento das parroquias. 5. Acondicionaremos zonas de carga e descarga de madeira, así como as pistas forestais, 6. Apoiaremos o sector forestal, a agricultura, a gandaría, as enerxías renovables e o turismo como eixos dinamizadores do noso rural. 7. Incrementaremos a colaboración institucional do concello coas asociacións de veciños do rural. 8. Seguiremos rehabilitando o patrimonio natural, cultural e histórico das nosas parroquias. 9. Favoreceremos o asentamento de poboación no rural coa redución de taxas municipais. 10. Impulsaremos a implantación de novas empresas no rural e fomentaremos a creación de Iniciativas de Emprego Rural (IER). 11. Traballaremos pola mellora da xestión forestal do concello, en colaboración coas comunidades de montes. Bo goberno 1. Reduciremos impostos e taxas municipais, como por exemplo para a rehabilitación de vivendas no rural e na vila. 2. Melloraremos a páxina web do concello converténdoa nun portal amigable, funcional e de comunicación coa cidadanía. 3. Potenciaremos a administración electrónica e faremos campañas de información e formación para a cidadanía sobre o seu uso. 4. Melloraremos o aproveitamento das fonte de financiamento (fondos europeos, plans estatais, autonómicos e provinciais...) 5. Eliminaremos o imposto sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana (plusvalía municipal).
  • 5. 6. Aboaremos en tempo e forma as subvencións ós clubs deportivos, ás asociacións veciñais e demais entidades. 7. Implementaremos a Oficina de Xustiza do Concello (para tramitacións, en base a nova normativa) 8. Fraccionaremos o pago do IBI. 9. Impulsaremos o equipo de Protección Civil Municipal con campañas de voluntariado, accións formativas e dotacións materiais. 10. Crearemos unha Comisión Municipal de Participación Cidadá na que o goberno municipal escoitará periodicamente as aportacións da veciñanza. Turismo e sector servizos 1. Impulsaremos o comercio local e ampliaremos a colaboración co centro comercial aberto e ACISA. 2. Elaboraremos e executaremos un Plan estratéxico de desenvolvemento turístico xestionado por un ente público- privado. 3. Apostaremos polo turismo cultural e de congresos como creador de emprego e riqueza. 4. Poñeremos en marcha a comercialización de paquetes turísticos e reforzaremos a fidelización dos nosos visitantes. 5. Incrementaremos a colaboración coas festas e eventos locais, en especial aquelas que contan o recoñecemento de Festa Interese Turístico Galego. 6. Coordinaremos os servizos municipais, os sectores hostaleiro e de servizos e as entidades implicadas para o deseño, información e difusión das programacións e actos culturais e turísticos. 7. Xestionaremos o nomeamento de Ribadeo como inicio de etapa do Camiño Norte. 8. Construiremos un albergue de peregrinos en A Ponte de Arante.
  • 6. 9. Reabriremos a Oficina do Peregrino para potenciar o Camiño Norte. 10. Crearemos unha área de servizo sustentable para caravanas. 11. Fomentaremos un foro turístico como xerme de novos proxectos. 12. Promocionaremos as festas e eventos municipais (Xira, Indianos…) no propio concello, pero sobre todo fóra del con campañas de presentación e difusión en localizacións estratéxicas. 13. Implementaremos unha taxa turística para a visita á Praia das Catedrais que se convertirá nun bono desconto no sector servizos de Ribadeo. Cultura e educación 1. Rehabilitaremos o vello colexio das monxas para convertelo na Casa da Música. 2. Crearemos un padroado cultural e de festas que dinamice estas actividades. 3. Apoiaremos os festivais musicais existentes na actualidade e fomentaremos novas iniciativas. 4. Dinamizaremos e poñeremos en valor o Cine Teatro e acondicionaremos o Auditorio Municipal. 5. Fomentaremos as habilidades de oratoria e liderado así como o coñecemento da administración local do alumnado dos centros escolares. 6. Colaboraremos cos centros educativos en actividades diversas (coeducación, igualdade, animación á lectura...) 7. Acondicionaremos os accesos á escola infantil. 8. Asinaremos convenios ou acordos de colaboración con Universidades para a realización de actividades de formación, xornadas e foros en Ribadeo.
  • 7. 9. Habilitaremos un espazo municipal para a realización de actividades formativas ou de divulgación dos colectivos e asociacións local. 10. Crearemos no Forte de San Damián un centro de interpretación relacionado coa súa localización e historia. 11. Habilitaremos diferentes espazos para salas de exposicións. Mar 1. Seguiremos impulsando os dragados periódicos para garantir o futuro do Porto de Mirasol. 2. Crearemos o salón Náutico de Ribadeo. 3. Xestionaremos a ampliación das instalacións do Porto deportivo. 4. Faremos de Ribadeo Sede de congresos e xornadas naúticas. 5. Desenvolveremos, en colaboración cos centros escolares actividades de divulgación das actividades que se levan a cabo na zona portuaria (Centro de cultivos marinos, lonxa, porto deportivo…). 6. Promoveremos a alimentación saudable baseada nos produtos do mar (peixes, algas…) 7. Recuperaremos as cetáreas de Rinlo. Mocidade e deporte 1. Construiremos un campo de herba artificial e unha pista de atletismo. 2. Impulsaremos a celebración de cursos, xornadas... e institucionalizaremos o Día do Deporte Ribadense coa participación de todos os clubs. 3. Manteremos e repararemos as instalacións deportivas (pavillón municipal, Campo do Outeiro...).
  • 8. 4. Dotaremos de bedel ás instalacións deportivas para fomentar e axilizar o seu uso. 5. Apostaremos polo deporte no rural mellorando as instalacións e potenciaremos os deportes tradicionais. 6. Crearemos espazos de ocio para adolescentes. 7. Potenciaremos as actividades interxeracionais así como o voluntariado xove. 8. Organizaremos actividades específicas para os xoves, xestionando tamén o uso das dependencias municipais para grupos (pavillóns, salas de reunións...). 9. Potenciaremos as noites alternativas adscribíndoas a temáticas diversas (moda, teatro, libro, grafitti…) Coa igualdade 1. Daremos visibilidade no ámbito cultural ás autoras, artistas e creadoras. 2. Impulsaremos o desenvolvemento dos talentos STEM, porque as mulleres tamén somos de ciencias. 3. Reforzaremos e ampliaremos os servizos tanto na vila como no rural dos centros de información a muller. 4. Favoreceremos unha maior coordinación das administracións en canto a protección e asesoramento da muller e os seus fillos nos casos de violencia de xénero. 5. Potenciaremos o deporte feminino con medidas concretas para impulsar os seus éxitos tanto a nivel nacional como internacional e para alcanzar a paridade na práctica e na xestión do deporte. 6. Impulsaremos o emprendemento, formación e asistencia para as mulleres que facilite a súa incorporación ao mercado laboral, tanto por conta allea como por conta propia.