Diese Präsentation wurde erfolgreich gemeldet.
Die SlideShare-Präsentation wird heruntergeladen. ×

Ud contra a violencia de xénero Rede Museística

Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Anzeige
Nächste SlideShare
TAPP
TAPP
Wird geladen in …3
×

Hier ansehen

1 von 6 Anzeige
Anzeige

Weitere Verwandte Inhalte

Ähnlich wie Ud contra a violencia de xénero Rede Museística (20)

Anzeige

Weitere von Ana Ferro Fernández (20)

Ud contra a violencia de xénero Rede Museística

  1. 1. UNIDADE DIDÁCTICA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 25 de novembro, día internacional da eliminación da violencia contra a muller LOITEMOS POR ACABAR COA VIOLENCIA DE XÉNERO
  2. 2. Para conmemorar o día internacional da eliminación da violencia contra a muller, elaboramos dende a Rede Museística una unidade para traballar os mestres e as familias cos nenos na escola ou na casa. Comenzamos facendo un limiar da mesma: O feito é que na nosa sociedade, malia a normativa legal, en numerosas ocasións, se vulneran os Dereitos Humanos e non se respecta o mandato constitucional ou estatutario que recoñece a igualdade de todos ante a lei sen ningún tipo de discriminación. Así observamos como nos centros educativos, a familia, o ámbito inmediato e máis afastado, nos medios de comunicación, etc. os nenos e nenas reciben e aprenden mensaxes sobre convivencia, relacións humanas e formas de interpretar a realidade nas que a violencia se manifesta de xeito explícito, unhas veces, e silenciada outras, sendo xeralmente as mulleres as vítimas da maioría das agresións. A prevención da violencia contra as mulleres é moito máis que evitar xestos e actitudes sexistas ou de violencia, verbal ou física. Implica valorar os sentimentos, saber escoitalos e expresalos dunha forma xusta, sen chantaxe, aceptando os conflitos como posibilidade de crecemento persoal e colectivo. A violencia en calquera das súas manifestacións, entre iguais e sobre todo a de xénero, é a violación máis flagrante destes dereitos e previla, evitala e erradicala é unha preocupación constante. E para conseguilo os nenos e nenas deben coñecer: Que todas as persoas temos dereito: A vivir unha vida libre sen abuso de poder. A contalo, cando sexan vítimas de violencia ou abusos. A buscar apoio e pedir axuda. A sentir e expresar medo, rabia, tristura e alegría. A levar unha vida digna libre de vexacións de compañeiras e compañeiros ou de persoas adultas. Que ninguén ten dereito: A agredir outras persoas, nin física nin psicoloxicamente. A forzar a ninguén a facer algo que non quere. A violentar ou tocar o corpo doutra persoa para o seu beneficio persoal. E que: As emocións pódense expresar axeitadamente. Existe o abuso psicolóxico, insultos, ameazas... Hai persoas adultas nas cales poden confiar. Partiremos da Lenda de Dona Catarina, pertencente a Fortaleza San Paio de Narla, para levala a cabo: 1
  3. 3. OBXECTIVOS: Erradicar os mitos que minimizan O problema da violencia de xénero. Acabar coas crenzas da superioridade do home sobre a muller. Educar en igualdade como medio de previr a violencia. ACTIVIDADES: Partiremos da Lenda de Dona Catarina, nela fálanos de cómo o Señor Don Vasco da Seixas, mata a súa muller xa que era unha boa muller que lle perdoaba pagos aos campesiños que eran pobres e traballaban para o castelo. Unha vez lida a lenda, farémoslles aos nenos una serie de preguntas como: a. Onde ocorre a acción? b. Que tipo de historia nos relata? Alegre, cotiá, dramática, ciencia ficción.... c. Quen son os protagonistas? d.Hai sufrimento? Que outros sentimentos aparecen? Vense? Como e cando? e. Como podemos facer para acabar coa violencia dos homes contra ás mulleres? f. Se no teu barrio acontecese algo así que farías? Que farían os teus veciños? Logo de analizar as respostas deberíamos buscarlle un final mais feliz a historia, no que non exista tanta violencia contra a muller, polo que entre todos crearemos outro final. METODOLOXÍA: Para a lectura do conto é importante repartir o texto a todos os nenos/as, pódese traballar en grupo unha vez lido. A secuencia de actividades está pensada para cumprir cos obxectivos marcados. Nelas tentouse que a creatividade este presente, pois deste xeito podemos chegar a unha postura asertiva e de empatía dos nenos/as. 2
  4. 4. A Dona da Torre Conta a lenda que Vasco das Seixas, home fachendoso e duro cos seus servos, vasalos e coa súaesposa Dona Catarina de San Tirso á quen lle deu moi mala vida, acusándoa de adulterio e, á fin, matándoa aleivosamente. O pai da dona, o asturiano Lope de San Tirso, teimou en exhumar o cadáver aos vinteún días da morte, e foi grande sorpresa e admiración de todos que o corpo estivese incorrupto e saíse a sangue das feridas que Vasco das Seixas taponara con estopas. Uns vasalos do Duque de Verganza vingarían a Dona Catarina dando morte ao señor de San Paio de Narla, que se achaba ocupado nunha das súas moitas pendencias por Portugal.  Itinerario feminino nos museos da Rede Museística Traballaremos, a través das pezas que escollemos dos nosos museos e que os nenos/as viron na súa visita aos nosos museos relativas ás mulleres. Podemos facer un pequeno comentario de cada unha respondendo se son cousas exclusivas de mulleres ou se tamén as poden usar os homes. Inventaremos entre todos unha historia na que se consiga acabar coa violencia contra a muller na que aparezan todas a pezas dos nosos itinerarios. Contar algunha lenda na que as mulleres sexan protagonistas. 3
  5. 5. 4
  6. 6. 5

×