SlideShare ist ein Scribd-Unternehmen logo
1 von 18
OBRADOIRO DE INICIATIVAS EMPRENDEDORAS


Desde o marco legal, a Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de
Educación, sinala entre as competencias básicas que deberán alcanzar
os alumnos e alumnas, a competencia en autonomía e iniciativa
persoal, recollida no Real Decreto 1631/2006, de 29 de decembro, polo
que se establecen as ensinanzas mínimas correspondentes á Educación
Secundaria Obrigatoria. Esta competencia refírese á posibilidade de que
o alumnado poida optar con criterio propio e levar adiante as iniciativas
necesarias para desenvolver a opción elixida e facerse responsable dela,
tanto no ámbito persoal como no social ou laboral. Por outra parte, en
Galicia contamos coa materia optativa Obradoiro de Iniciativas
Emprendedoras, regulado polo Decreto 133/2007.



Emprender    refírese   á   toma   de   decisións    con   algún   risco,    ao
desenvolvemento de actitudes de cooperación e de traballo en equipo, e
nun sentido máis restrinxido, emprender refírese á creación de
empresas.



 Hoxe en día, é preciso promover a cultura emprendedora desde as
escolas, xa que constitúe unha gran oportunidade para desenvolver no
alumnado    aspectos    importantes     como   a    toma   de   decisións,   a
creatividade, o traballo en equipo... ao tempo que os achegamos á
realidade do mundo laboral.
OBXECTIVOS XERAIS


1. Comprender o concepto de empresa.

2. Recoñecer á persoa emprendedora valorando a súa función como
      axente xerador de riqueza e motor económico.

3. Apreciar o asociacionismo como fonte de dinamización social, e
      como un medio de sumar esforzos e compartir ideais.

4. Identificar as características xerais e persoais que deben posuír
      as persoas emprendedoras.

5. Recoñecer as súas propias capacidades e intereses á hora de
      tomar decisións sobre estratexias persoais de formación e
      inserción laboral.

6. Coñecer      estratexias   de   xeración    e   maduración   de   ideas
      emprendedoras.

7. Determinar, respectando o medio, os aspectos xerais e os
      elementos necesarios para levar a cabo un proxecto emprendedor.

8. Potenciar o traballo en equipo, a negociación, a resolución de
      conflitos e a planificación a través de actividades.

9. Desenvolver no alumnado a iniciativa persoal, a creatividade e a
      autoestima.

10. Buscar, seleccionar, e utilizar        interpretar a información, de
      forma crítica e responsable de acordo co fin perseguido e
      comunicala de forma organizada e intelixible aos demais.

11. Empregar as novas tecnoloxías da información e a comunicación
      como ferramentas de traballo eficaces.

12.    Potenciar o uso de idiomas estranxeiros como medio de
      comunicación necesario no mundo globalizado actual.
COMPETENCIAS BÁSICAS


1. Competencia en comunicación lingüística

     Coñecer diferentes medios de comunicación.

     Adquirir un vocabulario específico.

     Potenciar a adquisición de linguas estranxeiras.



2. Competencia matemática

     Coñecer as principais regras dos cálculos matemáticos: diferenza entre
      ingresos e gastos, orzamentos,…

     Coñecer e usar distintos métodos científicos e matemáticos para facer
      cálculos.

     Desenvolver a capacidade abstracta para a aplicación do método
      científico.



3. Competencia no coñecemento e na interación co mundo físico

     Desenvolver a idea da sustentabilidade e a reciclaxe.

     Utilizar procedementos baseados na observación e experimentación
      directa.

     Aplicar procedementos para o estudo e descrición do contorno.

     Respectar o medio ambiente.



4. Tratamento da información e competencia dixital

     Analizar a imaxe como vehículo de mensaxes (publicidade).

     Fomentar o uso dos medios tecnolóxicos.

     Coñecer e manexar medios tecnolóxicos concretos.
5. Competencia social e cidadá

     Adquirir e utilizar as habilidades sociais.

     Traballar en equipo cooperando e respectando aos demais.

     Respecto polos espazos comúns e uso axeitado dos mesmos.



6. Competencia cultural e artística

     Coñecer, diferenciar, valorar e respectar as diferentes manifestacións
      culturais.

7. Competencia para aprender a aprender

     Aplicar os coñecementos aprendidos en situacións similares ou
      diferentes.

     Observar co fin de adquirir información suficiente e notable.

     Aceptar os propios erros e aprender deles.



8. Autonomía e iniciativa persoal

     Favorecer a creatividade e a orixinalidade na busca de solucións,
      levando a cabo diferentes enfoques.

     Desenvolver estratexias de planificación tendo presente diferentes
      posibilidades.
CONTIDOS


Tema 1. O emprendedor e a xeración de ideas emprendedoras.

    * A importancia da motivación por emprender: importancia
    económica e social do emprendedor.

    * As habilidades do emprendedor. Calidades persoais. Habilidades
    sociais. Habilidades de dirección.

    * Fontes de ideas. Como atopar ideas.

    * Xeración e maduración das ideas para un proxecto emprendedor.
    A valoración da idea xerada.



Tema 2. Planificar para emprender.

    * A necesidade e a conveniencia de planificar. Importancia e
    utilidade dos plans.

    * Elaboración do plan emprendedor.

    * A concreción da idea.

    * A presentación das persoas promotoras do proxecto.

    * A forma xurídica elixida.

    * Características do produto ofrecido.

    * A quen vai dirixido.

    * A difusión do proxecto.

    * Como se vai desenvolver.

    * Os recursos humanos necesarios.

    * O financiamento necesario.

    * A previsión dos resultados.
Tema 3. A posta en marcha: a execución do proxecto.

    * Formas xurídicas de empresa. As empresas de economía social:
    as cooperativas. As asociacións.

    * Os trámites de constitución e as obrigas ante as diferentes
    administracións: mercantís, fiscais, sociais...

    * As relacións co mundo laboral: selección de persoal, carta de
    presentación, currículo, entrevista de traballo.

    * As axudas aos proxectos emprendedores.

    * A memoria do proxecto.

    * Conclusión do proxecto emprendedor: control do proxecto,
    avaliación e propostas de mellora.




                 MATERIAIS E RECURSOS



Este curso usarase un libro de texto……………………………………. da
editorial……………. como guía flexible da materia.

Ademais, dado o enfoque práctico da materia, utilizaremos a cotío
tamén como material didáctico ou curricular noticias de periódicos e
revistas, especializadas ou non, ou recompilados en Internet polo
alumnado, segundo as dispoñibilidades do centro, relacionados co
mundo emprendedor. Polo tanto, será fundamental a participación do
alumnado no desenvolvemento das clases.
METODOLOXÍA


A metodoloxía que seguiremos basearase na aprendizaxe significativa
do noso alumnado. Teremos en conta que na aula conflúen un grupo de
alumnos e alumnas con motivacións e intereses distintos polo que será
unha metodoloxía tamén individualizada.

Tendo en conta o carácter práctico, as clases basearanse nas
explicacións   do   profesor   dos   contidos   anteriormente    sinalados,
respondendo ás dúbidas que en todo momento expoñan os alumnos.
Para iso, partiremos dos coñecementos previos dos alumnos para que
conecten estes cos novos contidos que vaian adquirir, faremos isto a
través dunha serie de preguntas (rebumbio de ideas) que sirvan para
poñer de manifesto estes coñecementos previos.. Neste punto ten moita
importancia a avaliación inicial. É importante que vaian recoñecendo a
utilidade do aprendido. O profesor será o guía para que o alumno siga
estratexias de aprendizaxe autónoma e sexa quen de aprender a
aprender.

Intentaremos favorecer a interdisciplinariedade, pois é importante que o
alumno aprenda a relacionar entre si os coñecementos que adquire
nesta materia e os aplique a outros campos. Ademais, a través do
traballo en equipo,    atenderemos á diversidade tendo en conta os
distintos ritmos de aprendizaxe e os distintos intereses e motivacións.



As clases serán participativas por parte do alumnado e prácticas.
Nalgunhas actividades dividiremos a clase en grupos e esta distribución
posibilitará moitas actitudes positivas como a integración dentro do
grupo de alumnos con problemas, respecto polas opinións dos demais,
toma de decisións conxuntas, colaboración, reparto de roles...

O alumnado terá que ir elaborando por si mesmo uns apuntes cos
contidos máis importantes.
ATENCIÓN Á DIVERSIDADE



O grupo é unha entidade que trataremos flexiblemente na medida en que todos
somos distintos pero todos formamos parte dun grupo social. Pero ademais, o
grupo está formado por individualidades con necesidades particulares que
poden precisar respostas específicas en determinados momentos.

Este curso non hai ningún alumno que presente, a priori, dificultades físicas nin
psíquicas para superar esta materia. En todo caso, poida que apareza algún
alumno con problemas de conduta que pode chegar a presentar atraso
escolar. Nestes casos adaptamos a tarefa escolar ás súas características
persoais,   dividindo   as   tarefas   en   subtarefas    sinxelas   e   curtas,
proporcionándolles descansos periódicos e dándolles apoio e reforzo cando
pasen dunha tarefa a outra, coa finalidade de ir prolongando o tempo de
atención a unha actividade. Como normas xerais na aula facemos que o
alumnado con problemas estea sentado en fronte da mesa do profesor para
poder prestarlle máis atención; ademais procuramos que na súa mesa só estea
o material imprescindible para realizar a tarefa escolar e, sempre que sexa
posible, facemos un traballo cooperativo entre o alumnado como estratexia
preventiva das condutas conflitivas.
TEMPORALIZACIÓN


Os contidos correspondentes a toda a materia agrúpanse nas seguintes
unidades de traballo:



  Unidade 1.- Introdución: o obxectivo e xustificación desta materia.

  Unidade 2.- As habilidades do emprendedor. Calidades persoais.
  Habilidades sociais e de dirección.

  Unidade 3.- A idea. Fontes de ideas.

  Unidade 4.- A valoración da idea: o plan emprendedor ou plan de
  negocio.

  Unidade 5.- O plan de produción e os custos.

  Unidade 6.- O plan comercial: produto, prezo, comunicación e
  distribución.

  Unidade 7.- Os recursos necesarios: materiais e recursos humanos.

  Unidade 8.- Estudio económico- financeiro: a viabilidade do proxecto.

  Unidade 9.- A posta en marcha:

      •   A forma xurídica da empresa (especial atención ás empresas
          de economía social)

      •   Trámites para iniciar a actividade.

  Unidade 10.- Control do plan e propostas de mellora.
Tendo en conta as datas previstas de avaliacións trimestrais aprobadas
no claustro de inicio do curso 2008/2009, estas unidades impartiranse
tendo en conta a seguinte temporalización:



1ª avaliación: Unidades 1 a 4.

2ª avaliación: Unidades 5 a 7.

3ª avaliación: Unidades 8 a 10.




                           AVALIACIÓN


A avaliación será continua, entendendo por tal que se efectuará ao
longo de todo o proceso de ensino-aprendizaxe. Realizarase unha
avaliación inicial para ter en conta os coñecementos previos do alumno,
un seguimento do proceso de aprendizaxe e, por último, unha
avaliación final.



               TRATAMENTO DE PENDENTES
Serán avaliados a través de traballo trimestrais, a xeito de un por
trimestre, que o alumnado debe entregar no prazo indicado, e debe
gardar unhas normas mínimas de corrección, limpeza, e adecuación ó
tema proposto. Con eles pode superar a materia. De non ser así, deberá
presentarse ao exame extraordinario de maio.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN


O alumnado terá que ser capaz de:

  •   Recoñecer a importancia do espírito emprendedor e valorar a súa
      achega á comunidade como xeradora de riqueza.

  •   Describir         as    características     básicas      do      emprendedor,
      diferenciando as calidades persoais, as habilidades sociais e as
      habilidades directivas.

  •   Descubrir e identificar as capacidades e potencialidades propias e
      as características do contorno socio-laboral, para establecer
      obxectivos persoais e profesionais de futuro.

  •   Precisar diversos procedementos para a xeración de ideas
      emprendedoras, así como distintos métodos para seleccionalas e
      facelas madurar.

  •   Identificar       a    importancia     da   planificación     dos    proxectos
      emprendedores, coñecer os elementos fundamentais que a
      integran      e    desenvolver    proxectos    e   iniciativas      persoais    e
      profesionais..

  •   Coñecer os trazos básicos das principais formas xurídicas de
      empresa e valorar especialmente os tipos de empresas de
      economía social. Os alumnos e alumnas deben demostrar que
      recoñecen a importancia da forma xurídica dunha empresa e da
      súa elección, en que se diferencian unhas doutras incidindo
      especialmente          no   relativo   ás   diferenzas      en    materia      de
      responsabilidade e de obrigas contraídas. Incidirase nas causas
      da especial valoración das empresas de economía social.

  •   Describir os principais trámites de constitución e cubrir algúns
      dos documentos relacionados, facendo especial fincapé nos
dereitos e obrigas laborais e fiscais. Verifícase que os alumnos e
        as alumnas coñecen os procedementos e documentos básicos de
        constitución e xestión dunha empresa ou asociación, incidindo na
        súa familiarización cos impresos e documentos relacionados co
        mundo    laboral   e     fiscal   (carta   de   presentación,   currículo,
        instancia, nómina...).

    •   Valorar a importancia dos procesos de avaliación e das reflexións
        finais tras a execución dos proxectos, tomando conciencia da
        necesidade de control que todo proxecto implica.

    •   Utilizar as novas tecnoloxías da información e da comunicación
        como ferramentas de uso habitual e transmitir mensaxes escritas
        ou orais básicas nunha lingua estranxeira.




              INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN


Como xa sinalamos, os contidos correspondentes á materia de
Obradoiro de iniciativas emprendedoras repartiranse ó longo das tres
avaliacións trimestrais.



Ó finalizar cada trimestre realizarase unha proba escrita que acadará
tódolos contidos impartidos durante ese trimestre. Tamén, poderán
realizarse outras probas periódicas (controis por escrito, traballos
individuais ou en grupo, debates, problemas e cuestións expostas polo
profesor) que terán tamén carácter obrigatorio para tódolos alumnos.
Por suposto, tamén se terá en conta o interese amosado pola materia e
actividades realizadas, así como aspectos básicos como puntualidade e
asistencia e orde e claridade nos apuntes confeccionados polos alumnos
.
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN


      Cada    alumno     será      cualificado   ó   finalizar   cada   trimestre
atendendo ós criterios e instrumentos antes sinalados cunha nota
numérica de 0 a 10. Considérase aprobada ou superada a materia se
obtén unha cualificación de 5 ou superior.




  ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN E REFORZO


Os alumnos que non aproben unha avaliación ou trimestre terán que
realizar as probas de recuperación ou reforzo que o profesor estableza
(exame escrito, traballo, etc.).

Os alumnos que non aproben a materia no mes de xuño, posto que non
acadaron os obxectivos mínimos establecidos, terán que superar no mes
de setembro unha proba escrita que versará sobre todos os contidos
impartidos ó longo do curso e/ou traballo.

Cando o suspenso do alumno se debe a non realizar unha actividade ou
traballo establecido como obrigatorio será necesario para poder superar
a materia a súa realización ou presentación segundo as indicacións do
profesor no mes de xuño ou setembro segundo o caso.

Tanto no caso de alumnos con dificultades especiais no aprendizaxe
como alumnos que non acaden os obxectivos mínimos e teñan que
realizar probas de recuperación se poñerá á súa disposición máis
material de traballo (esquemas conceptuais, máis exercicios ou
cuestións, resolución de exames, etc.)
TEMAS TRANSVERSAIS
Educación para a igualdade sexual, para a paz, do consumidor, moral e
cívica, para a saúde, ambiental... serán temas que se terán en conta á
hora de dar as clases. Ademais nas actividades en grupo traballaremos
a cooperación, a igualdade sexual, a integración de minorías, a
educación para a convivencia... e con elas aprenderán a dialogar,
cooperar, valorar a obra allea e a poñer en común distintos puntos de
vista.

•   Educación para o consumo: a través da análise de publicidade e
    dos métodos que utilizan para convencer.

•   Igualdade sexual: valorando a igualdade de oportunidades no
    mundo laboral, equiparación de soldo... e rexeitando condutas como
    o acoso sexual.

•   Educación moral e cívica: a través da convivencia e a cooperación
    nos distintos grupos e a coidado do centro e o contorno.

•   Educación para a paz: a través da concienciación dos valores e
    motivación que achegan as ONG e empresas solidarias; tamén
    observando o custo que supoñen, tanto social como económico, os
    conflitos.

•   Educación para a saúde: coa potenciación dos hábitos saudables
    tanto a nivel persoal como empresarial, facendo fincapé en como os
    malos hábitos repercuten na saúde das persoas e da sociedade.

•   Educación ambiental: a través de exercicios nos que observen os
    efectos contaminantes de certas empresas e potenciando a reciclaxe,
    sobre todo de papel, desde o propio centro educativo.
CONTIDOS MÍNIMOS


En todo caso o alumno para ter superada a materia terá que:

  •   Citar e explicar brevemente as funcións básicas do director-
      emprendedor, así como as capacidades coas que debe contar.

  •   Asociar os conceptos de idea, necesidade e oportunidade de
      negocio.

  •   Coñecer e explicar brevemente as distintas partes ou cuestións
      que compoñen todo plan de negocio ou plan emprendedor.

  •   Explicar en que consiste a función de produción dunha empresa.

  •   Coñecer os conceptos de custos de produción, custos fixos e
      variables, custo medio e marxinal, así como resolver problemas
      relacionados co seu cálculo.

  •   Saber o concepto de marketing-mix e recoñecer os seus catro
      compoñentes.

  •   Identificar atributos e compoñentes do produto e as distintas
      fases do ciclo de vida do produto.

  •   Distinguir diferentes políticas ou estratexias á hora de fixar o
      prezo dun produto.

  •   Coñecer os diferentes instrumentos de comunicación da empresa
      (publicidade, promoción, relacións públicas e forza de ventas).

  •   Saber en que consiste a política de distribución dunha empresa.

  •   Valorar a importancia dos recursos humanos dunha empresa,
      selección, contratación e formación e promoción.
•   Identificar as modalidades básicas de contratos de traballo,
       dereitos e obrigas dos traballadores.

   •   Coñecer os conceptos de beneficios e rendibilidade, así como
       resolver problemas relacionados co seu cálculo.

   •   Coñecer as principais formas xurídicas de empresa e as súas
       características máis diferenciadoras.

   •   Saber identificar os trámites máis comúns para poder iniciar a
       actividade.

   •   Amosar interese e actitude positiva e participativa no desenrolo
       das clases.




             AVALIACIÓN DA PROGRAMACIÓN


A avaliación desta programación farase nas reunións do departamento.
Nelas verase a marcha do curso e a consecución dos obxectivos
propostos (avaliación inicial). A medida que se vaian detectando
desaxustes, valoraranse as causas que os motivan, posibilitando deste
xeito realizar unha programación didáctica o máis realista posible.
Ademais antes de cada avaliación procederase a analizar con máis
detalle cada un dos aspectos da mesma (avaliación continua). As
conclusións que ás se vaian chegando, recolleranse nas sucesivas actas
de reunión de departamento e detallaranse ademais na memoria de
final de curso (avaliación final).
Pontecesures, 4 de outubro de 2009
Oie

Weitere ähnliche Inhalte

Andere mochten auch

Tareas complementarias pensamiento metrico
Tareas complementarias pensamiento metricoTareas complementarias pensamiento metrico
Tareas complementarias pensamiento metricoGerman Andres
 
Pleno (05) 09 abril-2013, 3ª parte
Pleno (05) 09 abril-2013, 3ª partePleno (05) 09 abril-2013, 3ª parte
Pleno (05) 09 abril-2013, 3ª parteUPyD Parla
 
Jornada Ecommaster #ecommasterALC CloID.net
Jornada Ecommaster #ecommasterALC CloID.netJornada Ecommaster #ecommasterALC CloID.net
Jornada Ecommaster #ecommasterALC CloID.netAlberto Plaza Nogueira
 
Borrador pleno (07) 08 abril-2014 5ª parte
Borrador pleno (07) 08 abril-2014 5ª parteBorrador pleno (07) 08 abril-2014 5ª parte
Borrador pleno (07) 08 abril-2014 5ª parteUPyD Parla
 
Ines yesenia araujo medina ...no tocar
Ines yesenia araujo medina ...no tocarInes yesenia araujo medina ...no tocar
Ines yesenia araujo medina ...no tocarinesaraujomedina
 
Pleno (15) 12 noviembre-2013 8ª parte
Pleno (15) 12 noviembre-2013 8ª partePleno (15) 12 noviembre-2013 8ª parte
Pleno (15) 12 noviembre-2013 8ª parteUPyD Parla
 
Propuesta para una transparencia total en la gestión municipal
Propuesta para una transparencia total en la gestión municipalPropuesta para una transparencia total en la gestión municipal
Propuesta para una transparencia total en la gestión municipalUPyD Parla
 
Borrador pleno (07) 08 abril-2014 2ª parte
Borrador pleno (07) 08 abril-2014 2ª parteBorrador pleno (07) 08 abril-2014 2ª parte
Borrador pleno (07) 08 abril-2014 2ª parteUPyD Parla
 
Cultura turistica el señor de la soledad
Cultura turistica   el señor de la soledadCultura turistica   el señor de la soledad
Cultura turistica el señor de la soledadAndi Fernandez
 
Problemas 4.1 y 4.2
Problemas 4.1 y 4.2Problemas 4.1 y 4.2
Problemas 4.1 y 4.2eriics
 

Andere mochten auch (20)

Tareas complementarias pensamiento metrico
Tareas complementarias pensamiento metricoTareas complementarias pensamiento metrico
Tareas complementarias pensamiento metrico
 
Tp 2 com iii diapositivas
Tp 2 com iii diapositivasTp 2 com iii diapositivas
Tp 2 com iii diapositivas
 
Alergias del arbol respiratorio
Alergias del arbol respiratorioAlergias del arbol respiratorio
Alergias del arbol respiratorio
 
Pleno (05) 09 abril-2013, 3ª parte
Pleno (05) 09 abril-2013, 3ª partePleno (05) 09 abril-2013, 3ª parte
Pleno (05) 09 abril-2013, 3ª parte
 
Jornada Ecommaster #ecommasterALC CloID.net
Jornada Ecommaster #ecommasterALC CloID.netJornada Ecommaster #ecommasterALC CloID.net
Jornada Ecommaster #ecommasterALC CloID.net
 
2 laboratorios preescolar_parte2
2 laboratorios preescolar_parte22 laboratorios preescolar_parte2
2 laboratorios preescolar_parte2
 
Alauda en cusco
Alauda en cuscoAlauda en cusco
Alauda en cusco
 
Aaa la onu (cadena)
Aaa la onu (cadena)Aaa la onu (cadena)
Aaa la onu (cadena)
 
Actividades interactivas
Actividades interactivasActividades interactivas
Actividades interactivas
 
Borrador pleno (07) 08 abril-2014 5ª parte
Borrador pleno (07) 08 abril-2014 5ª parteBorrador pleno (07) 08 abril-2014 5ª parte
Borrador pleno (07) 08 abril-2014 5ª parte
 
Ines yesenia araujo medina ...no tocar
Ines yesenia araujo medina ...no tocarInes yesenia araujo medina ...no tocar
Ines yesenia araujo medina ...no tocar
 
Robotica1
Robotica1Robotica1
Robotica1
 
Pleno (15) 12 noviembre-2013 8ª parte
Pleno (15) 12 noviembre-2013 8ª partePleno (15) 12 noviembre-2013 8ª parte
Pleno (15) 12 noviembre-2013 8ª parte
 
Propuesta para una transparencia total en la gestión municipal
Propuesta para una transparencia total en la gestión municipalPropuesta para una transparencia total en la gestión municipal
Propuesta para una transparencia total en la gestión municipal
 
PRESENTACIÓN GTH
PRESENTACIÓN GTHPRESENTACIÓN GTH
PRESENTACIÓN GTH
 
Borrador pleno (07) 08 abril-2014 2ª parte
Borrador pleno (07) 08 abril-2014 2ª parteBorrador pleno (07) 08 abril-2014 2ª parte
Borrador pleno (07) 08 abril-2014 2ª parte
 
Cultura turistica el señor de la soledad
Cultura turistica   el señor de la soledadCultura turistica   el señor de la soledad
Cultura turistica el señor de la soledad
 
Problemas 4.1 y 4.2
Problemas 4.1 y 4.2Problemas 4.1 y 4.2
Problemas 4.1 y 4.2
 
Celula6
Celula6Celula6
Celula6
 
PEAD- Practica 12
PEAD- Practica 12PEAD- Practica 12
PEAD- Practica 12
 

Ähnlich wie Oie

OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS
OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAISOBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS
OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAISCarmen165
 
métodos innovadores na xestión da aula na educación primaria
métodos innovadores na xestión da aula na educación primariamétodos innovadores na xestión da aula na educación primaria
métodos innovadores na xestión da aula na educación primariametodosinnovadores
 
O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria
O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundariaO traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria
O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundariaMaría Valbuena
 
Prog. ed. etico civica 4º
Prog. ed. etico civica  4ºProg. ed. etico civica  4º
Prog. ed. etico civica 4ºxoserivas
 
Traballo por Proxectos. Guía simple
Traballo por Proxectos. Guía simpleTraballo por Proxectos. Guía simple
Traballo por Proxectos. Guía simpleMANEIRO
 
Argalhando competencias
Argalhando competenciasArgalhando competencias
Argalhando competenciasSusana Arins
 
Guia didactica:Posta en práctica da acción titorial
Guia didactica:Posta en práctica da acción titorialGuia didactica:Posta en práctica da acción titorial
Guia didactica:Posta en práctica da acción titorialAccion_titorial
 
Proxecto Interdisciplinar V3
Proxecto Interdisciplinar V3Proxecto Interdisciplinar V3
Proxecto Interdisciplinar V3guest895d57
 
SocialWire: Un entorno social de aprendizaxe de código aberto
SocialWire: Un entorno social de aprendizaxe de código abertoSocialWire: Un entorno social de aprendizaxe de código aberto
SocialWire: Un entorno social de aprendizaxe de código abertoCarlos López Ardao
 
Cbcfrvigo 090305132749-phpapp01
Cbcfrvigo 090305132749-phpapp01Cbcfrvigo 090305132749-phpapp01
Cbcfrvigo 090305132749-phpapp01María Valbuena
 
POLOS CREATIVOS.pdf
POLOS CREATIVOS.pdfPOLOS CREATIVOS.pdf
POLOS CREATIVOS.pdfCEIPN1TUI
 
PXA 2021/ 22
PXA 2021/ 22PXA 2021/ 22
PXA 2021/ 22CEIPN1TUI
 
As competencias basicas no voluntariado
As competencias basicas no voluntariadoAs competencias basicas no voluntariado
As competencias basicas no voluntariadosatelite1
 
Proxectar, investigar, comunicar
Proxectar, investigar, comunicar Proxectar, investigar, comunicar
Proxectar, investigar, comunicar MANEIRO
 
Guía didáctica: A posta en práctica da acción titorial
Guía didáctica: A posta en práctica da acción titorialGuía didáctica: A posta en práctica da acción titorial
Guía didáctica: A posta en práctica da acción titorialAccion_titorial
 
Presentación do proxecto (2)
Presentación do proxecto (2)Presentación do proxecto (2)
Presentación do proxecto (2)teteg662
 

Ähnlich wie Oie (20)

OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS
OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAISOBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS
OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS
 
I+D MEDIA
I+D MEDIAI+D MEDIA
I+D MEDIA
 
métodos innovadores na xestión da aula na educación primaria
métodos innovadores na xestión da aula na educación primariamétodos innovadores na xestión da aula na educación primaria
métodos innovadores na xestión da aula na educación primaria
 
O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria
O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundariaO traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria
O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria
 
Prog. ed. etico civica 4º
Prog. ed. etico civica  4ºProg. ed. etico civica  4º
Prog. ed. etico civica 4º
 
Traballo por Proxectos. Guía simple
Traballo por Proxectos. Guía simpleTraballo por Proxectos. Guía simple
Traballo por Proxectos. Guía simple
 
Argalhando competencias
Argalhando competenciasArgalhando competencias
Argalhando competencias
 
Guia didactica:Posta en práctica da acción titorial
Guia didactica:Posta en práctica da acción titorialGuia didactica:Posta en práctica da acción titorial
Guia didactica:Posta en práctica da acción titorial
 
Proxecto interdisciplinar v3
Proxecto interdisciplinar v3Proxecto interdisciplinar v3
Proxecto interdisciplinar v3
 
Proxecto Interdisciplinar V3
Proxecto Interdisciplinar V3Proxecto Interdisciplinar V3
Proxecto Interdisciplinar V3
 
SocialWire: Un entorno social de aprendizaxe de código aberto
SocialWire: Un entorno social de aprendizaxe de código abertoSocialWire: Un entorno social de aprendizaxe de código aberto
SocialWire: Un entorno social de aprendizaxe de código aberto
 
Cbcfrvigo 090305132749-phpapp01
Cbcfrvigo 090305132749-phpapp01Cbcfrvigo 090305132749-phpapp01
Cbcfrvigo 090305132749-phpapp01
 
POLOS CREATIVOS.pdf
POLOS CREATIVOS.pdfPOLOS CREATIVOS.pdf
POLOS CREATIVOS.pdf
 
Traballo Por Competencias
Traballo Por CompetenciasTraballo Por Competencias
Traballo Por Competencias
 
PXA 2021/ 22
PXA 2021/ 22PXA 2021/ 22
PXA 2021/ 22
 
As competencias basicas no voluntariado
As competencias basicas no voluntariadoAs competencias basicas no voluntariado
As competencias basicas no voluntariado
 
Proxectar, investigar, comunicar
Proxectar, investigar, comunicar Proxectar, investigar, comunicar
Proxectar, investigar, comunicar
 
Guía didáctica: A posta en práctica da acción titorial
Guía didáctica: A posta en práctica da acción titorialGuía didáctica: A posta en práctica da acción titorial
Guía didáctica: A posta en práctica da acción titorial
 
Borrador
BorradorBorrador
Borrador
 
Presentación do proxecto (2)
Presentación do proxecto (2)Presentación do proxecto (2)
Presentación do proxecto (2)
 

Mehr von xoserivas

Tema1 orelevo-marcofsicodasactividadeshumanas-111009122957-phpapp01
Tema1 orelevo-marcofsicodasactividadeshumanas-111009122957-phpapp01Tema1 orelevo-marcofsicodasactividadeshumanas-111009122957-phpapp01
Tema1 orelevo-marcofsicodasactividadeshumanas-111009122957-phpapp01xoserivas
 
Traballodexeografa 111025162830-phpapp01
Traballodexeografa 111025162830-phpapp01Traballodexeografa 111025162830-phpapp01
Traballodexeografa 111025162830-phpapp01xoserivas
 
Neoclasicismo
NeoclasicismoNeoclasicismo
Neoclasicismoxoserivas
 
Prog. cultura clásica
Prog.  cultura clásicaProg.  cultura clásica
Prog. cultura clásicaxoserivas
 
Prog. cultura clásica
Prog.  cultura clásicaProg.  cultura clásica
Prog. cultura clásicaxoserivas
 
Resultados 1º avaliacion departamento xeo
Resultados 1º avaliacion departamento xeoResultados 1º avaliacion departamento xeo
Resultados 1º avaliacion departamento xeoxoserivas
 
Resultados 1º avaliacion departamento xeo
Resultados 1º avaliacion departamento xeoResultados 1º avaliacion departamento xeo
Resultados 1º avaliacion departamento xeoxoserivas
 
Programacincc ss2010-2011-110406061355-phpapp02
Programacincc ss2010-2011-110406061355-phpapp02Programacincc ss2010-2011-110406061355-phpapp02
Programacincc ss2010-2011-110406061355-phpapp02xoserivas
 

Mehr von xoserivas (10)

Tema1 orelevo-marcofsicodasactividadeshumanas-111009122957-phpapp01
Tema1 orelevo-marcofsicodasactividadeshumanas-111009122957-phpapp01Tema1 orelevo-marcofsicodasactividadeshumanas-111009122957-phpapp01
Tema1 orelevo-marcofsicodasactividadeshumanas-111009122957-phpapp01
 
Traballodexeografa 111025162830-phpapp01
Traballodexeografa 111025162830-phpapp01Traballodexeografa 111025162830-phpapp01
Traballodexeografa 111025162830-phpapp01
 
Neoclasicismo
NeoclasicismoNeoclasicismo
Neoclasicismo
 
Prog. cultura clásica
Prog.  cultura clásicaProg.  cultura clásica
Prog. cultura clásica
 
Prog. cultura clásica
Prog.  cultura clásicaProg.  cultura clásica
Prog. cultura clásica
 
Oie
OieOie
Oie
 
Resultados 1º avaliacion departamento xeo
Resultados 1º avaliacion departamento xeoResultados 1º avaliacion departamento xeo
Resultados 1º avaliacion departamento xeo
 
Resultados 1º avaliacion departamento xeo
Resultados 1º avaliacion departamento xeoResultados 1º avaliacion departamento xeo
Resultados 1º avaliacion departamento xeo
 
Programacincc ss2010-2011-110406061355-phpapp02
Programacincc ss2010-2011-110406061355-phpapp02Programacincc ss2010-2011-110406061355-phpapp02
Programacincc ss2010-2011-110406061355-phpapp02
 
Memoria
MemoriaMemoria
Memoria
 

Oie

  • 1. OBRADOIRO DE INICIATIVAS EMPRENDEDORAS Desde o marco legal, a Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, sinala entre as competencias básicas que deberán alcanzar os alumnos e alumnas, a competencia en autonomía e iniciativa persoal, recollida no Real Decreto 1631/2006, de 29 de decembro, polo que se establecen as ensinanzas mínimas correspondentes á Educación Secundaria Obrigatoria. Esta competencia refírese á posibilidade de que o alumnado poida optar con criterio propio e levar adiante as iniciativas necesarias para desenvolver a opción elixida e facerse responsable dela, tanto no ámbito persoal como no social ou laboral. Por outra parte, en Galicia contamos coa materia optativa Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras, regulado polo Decreto 133/2007. Emprender refírese á toma de decisións con algún risco, ao desenvolvemento de actitudes de cooperación e de traballo en equipo, e nun sentido máis restrinxido, emprender refírese á creación de empresas. Hoxe en día, é preciso promover a cultura emprendedora desde as escolas, xa que constitúe unha gran oportunidade para desenvolver no alumnado aspectos importantes como a toma de decisións, a creatividade, o traballo en equipo... ao tempo que os achegamos á realidade do mundo laboral.
  • 2. OBXECTIVOS XERAIS 1. Comprender o concepto de empresa. 2. Recoñecer á persoa emprendedora valorando a súa función como axente xerador de riqueza e motor económico. 3. Apreciar o asociacionismo como fonte de dinamización social, e como un medio de sumar esforzos e compartir ideais. 4. Identificar as características xerais e persoais que deben posuír as persoas emprendedoras. 5. Recoñecer as súas propias capacidades e intereses á hora de tomar decisións sobre estratexias persoais de formación e inserción laboral. 6. Coñecer estratexias de xeración e maduración de ideas emprendedoras. 7. Determinar, respectando o medio, os aspectos xerais e os elementos necesarios para levar a cabo un proxecto emprendedor. 8. Potenciar o traballo en equipo, a negociación, a resolución de conflitos e a planificación a través de actividades. 9. Desenvolver no alumnado a iniciativa persoal, a creatividade e a autoestima. 10. Buscar, seleccionar, e utilizar interpretar a información, de forma crítica e responsable de acordo co fin perseguido e comunicala de forma organizada e intelixible aos demais. 11. Empregar as novas tecnoloxías da información e a comunicación como ferramentas de traballo eficaces. 12. Potenciar o uso de idiomas estranxeiros como medio de comunicación necesario no mundo globalizado actual.
  • 3. COMPETENCIAS BÁSICAS 1. Competencia en comunicación lingüística  Coñecer diferentes medios de comunicación.  Adquirir un vocabulario específico.  Potenciar a adquisición de linguas estranxeiras. 2. Competencia matemática  Coñecer as principais regras dos cálculos matemáticos: diferenza entre ingresos e gastos, orzamentos,…  Coñecer e usar distintos métodos científicos e matemáticos para facer cálculos.  Desenvolver a capacidade abstracta para a aplicación do método científico. 3. Competencia no coñecemento e na interación co mundo físico  Desenvolver a idea da sustentabilidade e a reciclaxe.  Utilizar procedementos baseados na observación e experimentación directa.  Aplicar procedementos para o estudo e descrición do contorno.  Respectar o medio ambiente. 4. Tratamento da información e competencia dixital  Analizar a imaxe como vehículo de mensaxes (publicidade).  Fomentar o uso dos medios tecnolóxicos.  Coñecer e manexar medios tecnolóxicos concretos.
  • 4. 5. Competencia social e cidadá  Adquirir e utilizar as habilidades sociais.  Traballar en equipo cooperando e respectando aos demais.  Respecto polos espazos comúns e uso axeitado dos mesmos. 6. Competencia cultural e artística  Coñecer, diferenciar, valorar e respectar as diferentes manifestacións culturais. 7. Competencia para aprender a aprender  Aplicar os coñecementos aprendidos en situacións similares ou diferentes.  Observar co fin de adquirir información suficiente e notable.  Aceptar os propios erros e aprender deles. 8. Autonomía e iniciativa persoal  Favorecer a creatividade e a orixinalidade na busca de solucións, levando a cabo diferentes enfoques.  Desenvolver estratexias de planificación tendo presente diferentes posibilidades.
  • 5. CONTIDOS Tema 1. O emprendedor e a xeración de ideas emprendedoras. * A importancia da motivación por emprender: importancia económica e social do emprendedor. * As habilidades do emprendedor. Calidades persoais. Habilidades sociais. Habilidades de dirección. * Fontes de ideas. Como atopar ideas. * Xeración e maduración das ideas para un proxecto emprendedor. A valoración da idea xerada. Tema 2. Planificar para emprender. * A necesidade e a conveniencia de planificar. Importancia e utilidade dos plans. * Elaboración do plan emprendedor. * A concreción da idea. * A presentación das persoas promotoras do proxecto. * A forma xurídica elixida. * Características do produto ofrecido. * A quen vai dirixido. * A difusión do proxecto. * Como se vai desenvolver. * Os recursos humanos necesarios. * O financiamento necesario. * A previsión dos resultados.
  • 6. Tema 3. A posta en marcha: a execución do proxecto. * Formas xurídicas de empresa. As empresas de economía social: as cooperativas. As asociacións. * Os trámites de constitución e as obrigas ante as diferentes administracións: mercantís, fiscais, sociais... * As relacións co mundo laboral: selección de persoal, carta de presentación, currículo, entrevista de traballo. * As axudas aos proxectos emprendedores. * A memoria do proxecto. * Conclusión do proxecto emprendedor: control do proxecto, avaliación e propostas de mellora. MATERIAIS E RECURSOS Este curso usarase un libro de texto……………………………………. da editorial……………. como guía flexible da materia. Ademais, dado o enfoque práctico da materia, utilizaremos a cotío tamén como material didáctico ou curricular noticias de periódicos e revistas, especializadas ou non, ou recompilados en Internet polo alumnado, segundo as dispoñibilidades do centro, relacionados co mundo emprendedor. Polo tanto, será fundamental a participación do alumnado no desenvolvemento das clases.
  • 7. METODOLOXÍA A metodoloxía que seguiremos basearase na aprendizaxe significativa do noso alumnado. Teremos en conta que na aula conflúen un grupo de alumnos e alumnas con motivacións e intereses distintos polo que será unha metodoloxía tamén individualizada. Tendo en conta o carácter práctico, as clases basearanse nas explicacións do profesor dos contidos anteriormente sinalados, respondendo ás dúbidas que en todo momento expoñan os alumnos. Para iso, partiremos dos coñecementos previos dos alumnos para que conecten estes cos novos contidos que vaian adquirir, faremos isto a través dunha serie de preguntas (rebumbio de ideas) que sirvan para poñer de manifesto estes coñecementos previos.. Neste punto ten moita importancia a avaliación inicial. É importante que vaian recoñecendo a utilidade do aprendido. O profesor será o guía para que o alumno siga estratexias de aprendizaxe autónoma e sexa quen de aprender a aprender. Intentaremos favorecer a interdisciplinariedade, pois é importante que o alumno aprenda a relacionar entre si os coñecementos que adquire nesta materia e os aplique a outros campos. Ademais, a través do traballo en equipo, atenderemos á diversidade tendo en conta os distintos ritmos de aprendizaxe e os distintos intereses e motivacións. As clases serán participativas por parte do alumnado e prácticas. Nalgunhas actividades dividiremos a clase en grupos e esta distribución posibilitará moitas actitudes positivas como a integración dentro do grupo de alumnos con problemas, respecto polas opinións dos demais, toma de decisións conxuntas, colaboración, reparto de roles... O alumnado terá que ir elaborando por si mesmo uns apuntes cos contidos máis importantes.
  • 8. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE O grupo é unha entidade que trataremos flexiblemente na medida en que todos somos distintos pero todos formamos parte dun grupo social. Pero ademais, o grupo está formado por individualidades con necesidades particulares que poden precisar respostas específicas en determinados momentos. Este curso non hai ningún alumno que presente, a priori, dificultades físicas nin psíquicas para superar esta materia. En todo caso, poida que apareza algún alumno con problemas de conduta que pode chegar a presentar atraso escolar. Nestes casos adaptamos a tarefa escolar ás súas características persoais, dividindo as tarefas en subtarefas sinxelas e curtas, proporcionándolles descansos periódicos e dándolles apoio e reforzo cando pasen dunha tarefa a outra, coa finalidade de ir prolongando o tempo de atención a unha actividade. Como normas xerais na aula facemos que o alumnado con problemas estea sentado en fronte da mesa do profesor para poder prestarlle máis atención; ademais procuramos que na súa mesa só estea o material imprescindible para realizar a tarefa escolar e, sempre que sexa posible, facemos un traballo cooperativo entre o alumnado como estratexia preventiva das condutas conflitivas.
  • 9. TEMPORALIZACIÓN Os contidos correspondentes a toda a materia agrúpanse nas seguintes unidades de traballo: Unidade 1.- Introdución: o obxectivo e xustificación desta materia. Unidade 2.- As habilidades do emprendedor. Calidades persoais. Habilidades sociais e de dirección. Unidade 3.- A idea. Fontes de ideas. Unidade 4.- A valoración da idea: o plan emprendedor ou plan de negocio. Unidade 5.- O plan de produción e os custos. Unidade 6.- O plan comercial: produto, prezo, comunicación e distribución. Unidade 7.- Os recursos necesarios: materiais e recursos humanos. Unidade 8.- Estudio económico- financeiro: a viabilidade do proxecto. Unidade 9.- A posta en marcha: • A forma xurídica da empresa (especial atención ás empresas de economía social) • Trámites para iniciar a actividade. Unidade 10.- Control do plan e propostas de mellora.
  • 10. Tendo en conta as datas previstas de avaliacións trimestrais aprobadas no claustro de inicio do curso 2008/2009, estas unidades impartiranse tendo en conta a seguinte temporalización: 1ª avaliación: Unidades 1 a 4. 2ª avaliación: Unidades 5 a 7. 3ª avaliación: Unidades 8 a 10. AVALIACIÓN A avaliación será continua, entendendo por tal que se efectuará ao longo de todo o proceso de ensino-aprendizaxe. Realizarase unha avaliación inicial para ter en conta os coñecementos previos do alumno, un seguimento do proceso de aprendizaxe e, por último, unha avaliación final. TRATAMENTO DE PENDENTES Serán avaliados a través de traballo trimestrais, a xeito de un por trimestre, que o alumnado debe entregar no prazo indicado, e debe gardar unhas normas mínimas de corrección, limpeza, e adecuación ó tema proposto. Con eles pode superar a materia. De non ser así, deberá presentarse ao exame extraordinario de maio.
  • 11. CRITERIOS DE AVALIACIÓN O alumnado terá que ser capaz de: • Recoñecer a importancia do espírito emprendedor e valorar a súa achega á comunidade como xeradora de riqueza. • Describir as características básicas do emprendedor, diferenciando as calidades persoais, as habilidades sociais e as habilidades directivas. • Descubrir e identificar as capacidades e potencialidades propias e as características do contorno socio-laboral, para establecer obxectivos persoais e profesionais de futuro. • Precisar diversos procedementos para a xeración de ideas emprendedoras, así como distintos métodos para seleccionalas e facelas madurar. • Identificar a importancia da planificación dos proxectos emprendedores, coñecer os elementos fundamentais que a integran e desenvolver proxectos e iniciativas persoais e profesionais.. • Coñecer os trazos básicos das principais formas xurídicas de empresa e valorar especialmente os tipos de empresas de economía social. Os alumnos e alumnas deben demostrar que recoñecen a importancia da forma xurídica dunha empresa e da súa elección, en que se diferencian unhas doutras incidindo especialmente no relativo ás diferenzas en materia de responsabilidade e de obrigas contraídas. Incidirase nas causas da especial valoración das empresas de economía social. • Describir os principais trámites de constitución e cubrir algúns dos documentos relacionados, facendo especial fincapé nos
  • 12. dereitos e obrigas laborais e fiscais. Verifícase que os alumnos e as alumnas coñecen os procedementos e documentos básicos de constitución e xestión dunha empresa ou asociación, incidindo na súa familiarización cos impresos e documentos relacionados co mundo laboral e fiscal (carta de presentación, currículo, instancia, nómina...). • Valorar a importancia dos procesos de avaliación e das reflexións finais tras a execución dos proxectos, tomando conciencia da necesidade de control que todo proxecto implica. • Utilizar as novas tecnoloxías da información e da comunicación como ferramentas de uso habitual e transmitir mensaxes escritas ou orais básicas nunha lingua estranxeira. INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN Como xa sinalamos, os contidos correspondentes á materia de Obradoiro de iniciativas emprendedoras repartiranse ó longo das tres avaliacións trimestrais. Ó finalizar cada trimestre realizarase unha proba escrita que acadará tódolos contidos impartidos durante ese trimestre. Tamén, poderán realizarse outras probas periódicas (controis por escrito, traballos individuais ou en grupo, debates, problemas e cuestións expostas polo profesor) que terán tamén carácter obrigatorio para tódolos alumnos. Por suposto, tamén se terá en conta o interese amosado pola materia e actividades realizadas, así como aspectos básicos como puntualidade e asistencia e orde e claridade nos apuntes confeccionados polos alumnos .
  • 13. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN Cada alumno será cualificado ó finalizar cada trimestre atendendo ós criterios e instrumentos antes sinalados cunha nota numérica de 0 a 10. Considérase aprobada ou superada a materia se obtén unha cualificación de 5 ou superior. ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN E REFORZO Os alumnos que non aproben unha avaliación ou trimestre terán que realizar as probas de recuperación ou reforzo que o profesor estableza (exame escrito, traballo, etc.). Os alumnos que non aproben a materia no mes de xuño, posto que non acadaron os obxectivos mínimos establecidos, terán que superar no mes de setembro unha proba escrita que versará sobre todos os contidos impartidos ó longo do curso e/ou traballo. Cando o suspenso do alumno se debe a non realizar unha actividade ou traballo establecido como obrigatorio será necesario para poder superar a materia a súa realización ou presentación segundo as indicacións do profesor no mes de xuño ou setembro segundo o caso. Tanto no caso de alumnos con dificultades especiais no aprendizaxe como alumnos que non acaden os obxectivos mínimos e teñan que realizar probas de recuperación se poñerá á súa disposición máis material de traballo (esquemas conceptuais, máis exercicios ou cuestións, resolución de exames, etc.)
  • 14. TEMAS TRANSVERSAIS Educación para a igualdade sexual, para a paz, do consumidor, moral e cívica, para a saúde, ambiental... serán temas que se terán en conta á hora de dar as clases. Ademais nas actividades en grupo traballaremos a cooperación, a igualdade sexual, a integración de minorías, a educación para a convivencia... e con elas aprenderán a dialogar, cooperar, valorar a obra allea e a poñer en común distintos puntos de vista. • Educación para o consumo: a través da análise de publicidade e dos métodos que utilizan para convencer. • Igualdade sexual: valorando a igualdade de oportunidades no mundo laboral, equiparación de soldo... e rexeitando condutas como o acoso sexual. • Educación moral e cívica: a través da convivencia e a cooperación nos distintos grupos e a coidado do centro e o contorno. • Educación para a paz: a través da concienciación dos valores e motivación que achegan as ONG e empresas solidarias; tamén observando o custo que supoñen, tanto social como económico, os conflitos. • Educación para a saúde: coa potenciación dos hábitos saudables tanto a nivel persoal como empresarial, facendo fincapé en como os malos hábitos repercuten na saúde das persoas e da sociedade. • Educación ambiental: a través de exercicios nos que observen os efectos contaminantes de certas empresas e potenciando a reciclaxe, sobre todo de papel, desde o propio centro educativo.
  • 15. CONTIDOS MÍNIMOS En todo caso o alumno para ter superada a materia terá que: • Citar e explicar brevemente as funcións básicas do director- emprendedor, así como as capacidades coas que debe contar. • Asociar os conceptos de idea, necesidade e oportunidade de negocio. • Coñecer e explicar brevemente as distintas partes ou cuestións que compoñen todo plan de negocio ou plan emprendedor. • Explicar en que consiste a función de produción dunha empresa. • Coñecer os conceptos de custos de produción, custos fixos e variables, custo medio e marxinal, así como resolver problemas relacionados co seu cálculo. • Saber o concepto de marketing-mix e recoñecer os seus catro compoñentes. • Identificar atributos e compoñentes do produto e as distintas fases do ciclo de vida do produto. • Distinguir diferentes políticas ou estratexias á hora de fixar o prezo dun produto. • Coñecer os diferentes instrumentos de comunicación da empresa (publicidade, promoción, relacións públicas e forza de ventas). • Saber en que consiste a política de distribución dunha empresa. • Valorar a importancia dos recursos humanos dunha empresa, selección, contratación e formación e promoción.
  • 16. Identificar as modalidades básicas de contratos de traballo, dereitos e obrigas dos traballadores. • Coñecer os conceptos de beneficios e rendibilidade, así como resolver problemas relacionados co seu cálculo. • Coñecer as principais formas xurídicas de empresa e as súas características máis diferenciadoras. • Saber identificar os trámites máis comúns para poder iniciar a actividade. • Amosar interese e actitude positiva e participativa no desenrolo das clases. AVALIACIÓN DA PROGRAMACIÓN A avaliación desta programación farase nas reunións do departamento. Nelas verase a marcha do curso e a consecución dos obxectivos propostos (avaliación inicial). A medida que se vaian detectando desaxustes, valoraranse as causas que os motivan, posibilitando deste xeito realizar unha programación didáctica o máis realista posible. Ademais antes de cada avaliación procederase a analizar con máis detalle cada un dos aspectos da mesma (avaliación continua). As conclusións que ás se vaian chegando, recolleranse nas sucesivas actas de reunión de departamento e detallaranse ademais na memoria de final de curso (avaliación final).
  • 17. Pontecesures, 4 de outubro de 2009