SlideShare a Scribd company logo
1 of 120
A poesía das Irmandades da Fala. Características, autores e obras representativas.
Cambios sociais 1º terzo século XX : - Derrube da fidalguía - Eliminación do sistema foral - Acceso do campesiñado á propiedade da terra - Consolidación dunha pequena burguesía industrial e financiera
Consecuencias da desamortización na Galiza Xa que o que se pon en venda son os dereitos sobre as terras e non o seu dominio útil,  o foro seguirá vixente .  Así, desde  1855  a  propiedade  cambia de mans , pasa da Igrexa aos burgueses e  fidalgos , pero o foro persiste. O  campesiñado non  se ve  beneficiado  porque, dada a súa  escasa capacidade económica , non pode mercar as terras. Con todo, desde  1865 , debido a un fortalecemento da lexislación sobre a propiedade individual, os  campesiños  comezarán a  mercar as terras  xa que teñen os  cartos  procedentes da  emigración . Isto traerá consigo unha consecuencia negativa: a consagración do  minifundio .
 
Sociedades agraristas: - " Solidaridade Gallega  ", " Unión Campesiña “:  organizacións  cun  programa político claro  que intentan atopar a solución aos  problemas  organizativos da  produción  e do  foro .  - " Acción Galega " (1910): Basilio Álvarez, Cabanillas, Noriega Varela
A aparición do nacionalismo Local onde se fundou a primeira Irmandade da  no 18/05/1916. Na placa pódese ler:  O 18 de maio de 1916 fundouse aquí a primeira das IRMANDADES DOS AMIGOS DA FALA ao impulso dos nacionalistas galegos Antón e Ramón Vilar Ponte (1881-1936 1891-1953).
O 18 de maio de  1916  unha xuntanza nos locais da Real Academia Galega da Coruña, á que asistiron arredor de 20 persoas, acordou a creación dunha  Irmandade dos Amigos da Fala . Entre os que acudiron á xuntanza estaban Manuel Lugrís Freire, Florencio Vaamonde Lores, Uxío Carré Aldao, ou Ramón Vilar Ponte entre outros.
 
Tiña como obxectivo a defensa, exaltación e fomento da lingua de Galicia,  Nomeou a Antón Villar Ponte Primeiro Conselleiro Desde o comezo houbo  dous sectores diferenciados : o político e o culturalista.    O  político  era partidario da conquista do poder político;    o  culturalista  ‑ dirixido polo grupo ourensán de Vicente Risco‑ pretendía a defensa e potenciación da cultura galega.
No  cultural , o pulo que deron as Irmandades da Fala  na defensa e potenciación da Lingua e Cultura Galegas , foi tan grande que creou a imaxe de que as Irmandades constituían un movemento só cultural.  Mais nada máis falso, porque en realidade foi un movemento político nacionalista aínda que con moitas actividades culturais como cursos de Galego, Historia, Literatura ou Arte de Galicia....
 
[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object]
No político, as Irmandades fundamentan o seu programa na  crítica ó estado centralista  como causa dos males de Galicia.  Para expoñer as súas ideas, publican o Manifesto da Primeira Asemblea Nacionalista en Lugo o 18 de Novembro de 1918, que marcará a pauta política do galeguismo.
I Manifesto autonomía  integral  da nación galega estado federal  que deixe unha porta aberta á integración  de Portugal Igualdade de dereitos políticos para a muller Existencia dun Parlamento Galego que elixiría un goberno galego. As competencias serían moi amplas: educación, réxime bancario, crédito agrícola, construción e administración de ferrocarrís....
Tendo Galiza todas as características esenciais da nacionalidade, nós nomeámonos, de hoxe para sempre, nacionalistas galegos, xa que a verba rexionalismo non recolle todas as aspiracións nin encerra toda a intensidade dos nosos problemas.
Obxectivos para Galicia: ,[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object]
Obxectivos para Galicia: ,[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object]
Obxectivos para Galicia: ,[object Object],[object Object],[object Object]
O fracaso nas eleccións e a Dictadura de Primo de Rivera contribúen a que en 1922 triunfen as teses culturalistas e apolíticas.
 
En 1907 nace o xornal  A Nosa Terra  integramente en galego (que contou dende o comezo con 2.000 subscritores). 10 anos máis tarde, convertirase no  órgano de expresión  das Irmandades da Fala e posteriormente, en 1932, do Partido Galeguista.
A promoción  Antre dous séculos  abordaría a tarefa de arrequentar os achados estilísticos da escola formalista finisecular de xénea pondaliana coa herdanza esteticista dos idealismos que daquela agromaban no ámbito europeo.  Mais este proceso desenvólvese sen que os seus protagonistas cheguen a consolidar unha mínima coherencia de grupo nin unhas canles de expresión colectivas.
A negativa consideración deste periodo canto á calidade poética, vén determinada pola falta de orixinalidade e a reiteración nos vellos temas e formas, que xa estaban esgotados.
Canto ao contido, basicamente vemos reproducidas as grandes liñas temáticas dos grandes poetas do XIX: a  liña social  (preocupación pola situación do país, fundamentalmente polas penurias económicas dos labregos; reivindicación dos nosos sinais de identidade, sobre todo o idioma, e chamamento a recuperar a nosa historia e as súas figuras senlleiras); a  liña intimista ; e, finalmente, a  costumista-paisaxística , en que se describe a fermosura da nosa terra e se reivindican os nosos costumes. A orixinalidade desta nova poética reside, segundo Ferrín, en "anchear e arriquecer esa nova sensibilidade con aporíamentos diversos, fundamentalmente  modemistas , españois, e varios portugueses".
Independentemente da etiqueta clasificatoria por que se optar, no que si parecen concordar os críticos é en que non estamos perante unha corrente modernista strictu sensu, parella á española ou latinoamericana en voga nesa altura, senón que máis ben asistimos a unha  interpretación poética que combina a tradición cultural galega cun certo influxo  modernista   -saudosismo, símbolismo- palpábel tanto no fondo como na forma.
 
Ramón Cabanillas Enríquez é considerado como a síntese e superación do Rexurdimento, herdeiro do máis elevado da tradición decimonónica e ao mesmo tempo actualizador da poesía galega. Con el incorpora, certamente de forma serodia, os elementos básicos das estéticas post-simbolistas europeas interseculares.
encadramos a Ramón Cabanillas na xeración das Irmandades, aínda que por idade lle corresponda dentro dela o rango de "irmán maior“; sen embargo a súa peripecia biográfica e intelectual asimilase á dos máis novos e conflúe con eles plenamente tras a constitución das Irmandades da Fala.
Coma eles, Cabanillas inicia o seu labor literario na segunda década do século e alcanza especial fecundidade nos anos 20, no período de plena eclosión cultural do galeguismo de preguerra.  Participan  ombro con ombro nas mesmas empresas galeguizadoras, desde o Seminario de Estudos Galegos ao Partido Galeguista, ademais de colaborar nas principais publicacións alentadas desde as Irmandades ( A Nosa Terra, Rexurdimento, Nós,  etc.).
De feito, os homes das Irmandades -preferentemente prosistas- fixeron del un estandarte, ao cualificalo como  'Poeta da Raza ", sucesor lexítimo de Rosalía, Pondal e Curros. No discurso pronunciado no acto de fundación da Irmandade de Amigos da Fala de Compostela, o malogrado Lois Porteiro Garea define con toda precisión o elevado papel que lle foi encomendado: Cabanillas é o cardiaco que vén á remover (supricando, mallando, escarnecendo) a nosa apatía, a espertamos do sono mortal. Hémolo poñer por cabeza d'este movimento, que si precisa moito estudio e moito sacrificio, ten as súas raíces n-o corazón onde nacen os versos fortes e altivos, y-os pianos y-amorosos de Cabanillas que todos manan da mesma fonte. Estas sacudidas levan sempre diante un vate, un profeta, un rebelde (un tolo din as xentes porque predica ós que dormen) que loitando ca disgracia, ca cólera dos podrosos qu'embisten n'el com'o mar n-os baixos, co sono dos medianos qu'o abandonan, e c'a pobreza d'os probes que non s'atreven, va¡ pola terra asovallada aturuxando.
 
Ramón Cabanillas Enriquez nace o 3 de San Xoán de 1876 na pequena vila feudal de  Fefiñáns , pertencente daquela á freiguesía de San Adrián de Vilariño e hoxe anexada á vila de Cambados (Pontevedra). Asiste á escola na súa primeira infancia, a unha escola aldeá que podemos imaxinar hoxe en día lendo a saudosa evocación que fai dela en Vento mareiro (1915):
¡Con que vida de milagre  rexurde a visión daquela  casa de escola, asentada  no adro, a carón da igrexa! ¡Ou paredes! ¡Ou baranda  da escala longa e estreita  do patín! ¡Ou ventaniñas  claras, ridoras, abertas  sobre da horta do antigo  convento! ¡Como se espella  na alma, como arrecende  o recordo, esa roseira  sempre florida que loce  máis rosas canto máis vella!
Á idade de nove ou dez anos, e quizabes sentindo xa a chamada do Seminario,  vai a pasantía de Latín  nunha parroquia veciña. En carta dirixida a don Ricardo Carballo, o poeta retrata con sinxeleza e tenrura a figura do profesor: Tratei de deprender Latín, ós nove ou dez anos, cun santo abade, moi enfermiño e falangueiro, que me daba máis mazás que leccións, na lindeira parroquia de Corbillón.
0 certo é que en 1889 reside xa no seminario de San Martiño Pinario, en Compostela, onde non se destaca precisamente polo seu  amor ao estudio . Na referida carta pódese ler: Entre o 89 e o 93 paseei os claustros de San Martiño Pinario, de onde saín cun revoltixo na cachola, de Historia, Retórica e Matemáticas. De Latín, Grego e Filosofia, nada, nin polo forro; catro vaguedades penduradas dun fío.
En 1893 deixa o Seminario e incorpórase ao traballo burocrático, como  oficial de contabilidade , na casa do Concello de Cambados. Alí comparte o seu lecer entre as tascas mariñeiras e a lectura: Nese tempo divertinme nas tascas, entre mariñeiros, e facendo, ás veces, coplas de rexoubeo.  Lin todo o que atopaba por diante , porque sempre fun un lector sen acougo, anque sen método, selección, escolla, ficheiros nin nada que se lle pareza. E... case¡. Pero esto pertence ao meu ser íntimo, cheo de felicidade e santidade.
Temos, pois, a don Ramón no seu Cambados, burócrata e casado, feliz no traballo e na familia. Pero, para saber que era aquelo de  América , embarca para  Cuba  en setembro de 1910, deixando na casa a muller, coa que vai manter constante correspondencia, e os fillos, dos que se va¡ lembrar sempre, facendo da súa crianza obxecto de preferente preocupación, máis coma faceta moral ca material.   Ver os fillos, para ben criados, Amantes do seu chan, traballadores, Sin rebaixarse nunca ante os señores Nin erguerse xamais ante os coitados.
Reside na Habana evai gañar o pan en traballos burocráticos: primeiro como contable de comercio e despois como administrador do Teatro Nacional, que daquela era propiedade do Centro Galego. Por cartas dirixidas a Manuel Sánchez Peña -datadas entre outono de 1910 e xuño de 1915- temos amplas noticias, referentes á súa actividade intelectual, burocrática, galeguista e persoal, que foi moi intensa neses cinco anos. Os extrañáis de que no escribo; no os extrañéis.  Estoy metido en una vida que no me deja tiempo para   nada .
O seu  contacto coa intelectualidade galeguista emigrante  é intenso nestes anos: Nicolás Rivero, Xosé Castro «Chané», Xosé Fontenla Leal, Adelardo Novo (amigos todos eles de Manuel Curros Enríquez, morto na Habana dous anos antes da chegada de Cabanillas), e os asiduos do café «La Puerta del Sol», compoñentes da bohemia literaria e artística dos galegos residentes en Cuba: Antón Villar Ponte, Roberto Blanco Torres, Xulio Sigüenza, Virxilio Blanco... Alí coñeceu tamén a  Basilio Álvarez  que o gañou para a causa agrarista.
En 1913 publica  No desterro , prologado por Basilio Álvarez, o famoso cura de Beiro, líder de Acción Gallega, con quen Ramón Cabanillas mantivo sempre unha fonda amizade e mais unha comunión ideolóxica no referente á loita anticaciquil.
En 1915, ano da publicación de  Vento mareiro  volve a Cambados, renunciando a un propósito inicial de visitar os Estados Unidos - 1911: «Estuve a dos dedos de irme a Filadelfia, en los Estados Unidos El puñetero inglés que no me entra!»- ,
Es inverosímil y ridículo -escribe o 24 de xuño de 1915 a Manuel Sánchez Peña-, pero es verdad: estoy disgustadísimo viendo acercarse el día de dejar a Cuba. Nada me liga a esta tierra, absolutamente nada, y, sin embargo, me ha puesto imposible la seguridad de abandonarla. Perdí el humor para escribir y no tengo serenidad para explicarte mi estado de ánimo.
Reintégrase á burocracia local, á apacibilidade da vida familiar e á actividade política, en estreita relación coas Irmandades da Fala e co seu fundador Antán Villar Ponte. O compromiso co proxecto das Irmandades da Fala levouno a colaborar asiduamente en  A Nosa Terra , converténdose na voz lírica do movemento.  Foi aclamado como  Poeta da Raza  e utilizou os seus poemas ao servicio da  construción nacional, abandonando os ecos intimistas presentes na súa primeira poesía.
0 día 31 de agosto de 1920, festa de San Ramón, é recibido na Real Academia Galega para ocupar a vacante que se producira coa morte de don Xosé Salgado Rodríguez. O seu discurso levaba como título  A saudade nos poetas gallegos .
0 26 de maio de 1929 le o seu discurso de ingreso  na Real Academia Española , para a que fora designado xunto con Cotarelo Valledor, en cumprimento dunha disposición do Goberno de Primo de Rivera que asignaba dous postos na devandita Institución para cada unha das culturas españolas con entidade lingüística propia: a galega, a catalana e a vasca.  Ó discurso, que leva como título  Un somero recuerdo de la vida y obra de Eduardo Pondal , responde Juan Armada y Losada, marqués de Figueroa.
Fixa a súa residencia en  Madrid  para asistir ás sesións da Academia e, a partir deste momento, a súa vai ser unha permanente peregrinaxe: Madrid, Valencia, Cambados, Baracaldo, Samos... na que o poeta se vai ver obrigado a perder a estabilidade da súa vida ideal, familiar e mais aldeá, para someterse a outras imposicións do seu rango de poeta universalmente recoñecido. A ti miña muller, arca pechada, Que no seu fondo garimoso encerra O que me queda santo sobre a terra, Van estes versos de visión dourada. Eles diranche que, ó través da vida, Sempre, sempre miña alma soñadora Pideulle a Dios que na postrera hora Cerre os meus ollos esa man querida.
Sofre a  pobreza :  La deportación de mi hermano  -escribe a Valentín Paz Andrade o 22 de maio do 39-  le impidió resolverme una situación económica urgentísima: la del abono de mi costosa operación quirúrgica. Recurriendo a todos los medios he podido reunir una parte de la cantidad que debo entregar mañana, y como mis más cercanos amigos están en situación idéntica o alejados, te ruego con verdadera necesidad me mandes seiscientas cincuenta pesetas, que te satisfaré en el plazo máximo de dos meses, pues tengo un trabajo a realizar que me permitirá cumplir la devolución en ese plazo.
Tendo a pobreza por digna compañeira e limpa a conciencia de mundano lixo, chégalle a morte en Cambados, na casa dunha súa filla, o 9 de novembro de 1959.  É amortallado co hábito de San Francisco e enterrado en Cambados, aínda que posteriormente os seus restos foron trasladados a Santiago e depositados na igrexa conventual de Santo Domingo, na mesma capela cós de Rosalía de Castro e Alfredo Brañas.
 
Escribiu fundamentalmente  poesía lírica e poesía narrativa , pero tamén publicou  teatro  e esporadicamente textos ensaísticos como o seu discurso de entrada na RAG  A saudade nos poetas galegos  (1920) ou o prólogo á  Antífona da cantiga.
[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object]
[object Object],[object Object],[object Object],[object Object]
[object Object],[object Object],[object Object]
Cabanillas supera o risco de converterse nun epígono máis do Rexurdimento mercé á incorporación ao galego dos rexistros que caracterizan a  modernidade poética . Desde o punto de vista estritamente literario, a estética de Ramón Cabanillas constitúe unha síntese peculiar dos seguintes elementos básicos: Tradición  clásica greco-latina Mestres do  Rexurdimento Tradición  Folclórica galega Romanticismo  e  Simbolismo e postsimbolismo
[object Object]
[object Object],[object Object]
[object Object],Verlaine e Rimbaud
A etapa de formación de Cabanillas  coincide coa eclosión do  modernismo . Sen embargo, a literatura galega mantense en liñas xerais á marxe das propostas rubendarianas.  Do modernismo hispano Cabanillas  adopta as roupaxes externas : a versatilidade métrica e rítmica, con versos alexandrinos ou sonetos de arte menor; un lixeiro exotismo con princesas, pierrots, mandaríns chineses, xardíns amenos, etc.; e o gusto polo sensual, os ambientes lánguidos, a musicalidade, o preciosismo verbal e os efectos coloristas.
Sen embargo, outros trazos de igual relevo alonxan ao cambadés da estética puramente modernista: o gusto polo folclore popular, o léxico rural, a anécdota narrativa...  A maiores, Cabanillas asume para a súa obra un marcado ideal ético e unha  finalidade concienciadora  que pouco teñen que ver co esteticismo vougo e as teorías da  art pour l'art.
Tras incorporarse ao proxecto cultural das Irmandades da Fala, Cabanillas toma contacto tamén co  saudosismo  portugués.  Como as Irmandades para Galiza, os saudosistas propuñan para Portugal un  programa de rexeneración  baseado na  recuperación das raíces nacionais  que coidaban ameazadas.
O rescate da memoria colectiva era entendido como unha forza capaz de mobilizar as enerxías dos dous pobos na procura dun futuro mellor. 0 punto de confluencia de pasado e futuro era o sentimento de saudade, elevado desde o rango de nostalxia ao de forza histórica.  É por iso que é tan importante o mentemento da memoria histórica.
A saudade é un camiño de perfección ao través da alma galega: ese camiño escomenzou co primeiro galego que conquireu a plenitude do sentimento racial e morrerá c-o derradeiro galego que alente sobre a Terra. A saudade é a lembranza do Pasado arnostrándonos o que levamos dentro de nós por herdo dos nosos pais, dos nosos abós e da Terra de que somos feitos e, ao tempo, é a Espranza no Porvir que nos pendura d-unha arela docísima, d-un deseio nunca satisfeito de conquerimento do Alén, de acercamento á Divinidade.
O  saudosismo  terá unha influencia decisiva na obra dos anos 20, onde apreciamos un crecente interese polos temas históricos, unha tendencia mítica e certo misticismo entre cristián e panteísta. Todos estes elementos, unidos a un profundo coñecemento da  tradición decimonónica  e da  poesía popular , dan lugar a unha obra rica e plural. Cabanillas incorpora aos seus textos rexistros e temáticas descoñecidos na poesía galega -temática relixiosa e bucólica, o mito artúrico...- ao tempo que  renova os modelos habituais  mediante un novo tratamento en que se combina sensualismo, plasticidade e un perfecto dominio do ritmo e da linguaxe.
Evolución literaria 1910-1915: Etapa de formación ou pregaleguista 1915-1920: Etapa galeguista 1920-1930: Etapa mítico-saudosista 1939-1949: Etapa de posguerra (segunda madurez)
a) Etapa deformación ou pregaleguista (1910-1915) Coñece a Basilio Álvarez e impresionado pola súa oratoria asume o ideario agrarista e convértese en portavoz literario do movemento. Nos anos da emigración cubana Cabanillas escribe os seus dous primeiros libros,  No desterro. Visión gallegas  (1913) e  Vento mareiro  (1915)
No  formal , apreciamos neles a asimilación da tradición poética do Rexurdimento, así como a incorporación dos achados métricos e estilísticos do modernismo rubendariano. Editadas na Habana son as iniciadoras dunha nova corrente estética que se consolidará como propia e que combina a evocación descritiva nostálxica dun emigrante co poeta anticaciquil e cívico que reclama dende o primeiro momento o necesario camiño da galeguización definitiva.
Canto á  temática , os poemas desta época expresan a  nostalxia  do desterrado que a través da lembranza reconstrúe a presencia dos lugares nativos, as paisaxes familiares, os amores infantís, a nai, a esposa, etc. Noutros casos, a poesía faise narrativa e incluso humorística ao describimos un Pierrot labrego ou arremedar de forma obscena a lenda do paxaro de Armenteira. A emigración, que o poeta coñece agora por experiencia persoal, non provoca a máis mínima crítica social: tan só no poema inicial de  No desterro , "Camiño adiante", se nos presenta como decisión liberadora do labrego que marcha canso de sufrir a humillación e a inxustiza.
A par desta poesía descritiva ou narrativa, encontramos tamén un reducido número de poemas -catro entre cincuenta en  No desterro ; oito en  Vento mareir o- que mostran a voz dun  poeta civil , empeñado en denunciar con versos rabiosos e incendiarios os males do foro, a miseria dos labregos e as ansias de redención que atravesan o campo galego. Poemas como "A Basilio Álvarez", "Acción gallega", "A un cacique", "Lume no pazo", etc., convértense en auténticas proclamas anticaciquis e antiseñoriais e marcan nos anos seguintes o perfil literario do autor.
b) Etapa galeguista (1916-1920): O seu ingreso definitivo nas Irmandades da Fala vai supor unha evolución temática acompañada dun compromiso co país. Convértese nun grande poeta cívico asumindo o rol de concienciador do pobo.
A esta época corresponde a obra  Da terra asoballada  (1917) así como un bo número de poemas que pasan a engrosar a  segunda edición de  Vento mareiro  (1921). Aínda que Cabanillas non renega dos poemas de crítica antiseñorial, nesta etapa abandona os tintes sanguinarios e vingativos da fase agrarista para adoptar unha  actitude didáctica , de cara a lograr unha aproximación paulatina do pobo ao galeguismo.
Cabanillas prefire agora louvar nos seus poemas os persoeiros representativos do galeguismo histórico (Rosalía, Pondal, Brañas ... ) ou contemporáneo (Lois Porteiro), ao tempo que chama os galegos a recuperaren o seu orgullo nacional cunha intencionalidade redignificadora na liña dalgúns poetas do Rexurdimento.
Galiza pasa a ser o suxeito colectivo  dos seus poemas, entendida como un conxunto de grupos sociais heteroxéneos pero igualmente asoballados. Por moito que siga identificando a esencia do país coa súa base campesiña, o fidalgo xa non é só unha figura corrupta e sanguinaria e preséntasenos tamén en ocasións como paradigma de honestidade e amor á terra.  Ao mesmo tempo, a poesía de Cabanillas imprégnase de múltiples ideoloxemas que caracterizan o discurso político das Irmandades:  o papel central do idioma na conformación da nacionalidade, o celtismo, o modelo irlandés, Portugal como prolongación cultural de Galiza, etc.
O labor de restauración social inclúe tamén o tratamento do  teatro , ata o de agora esquecido. Desde o ideario das Irmandades apostábase pola creación e fundación do “ Conservatorio Nazonal de Arte Galego ”. A contribución de Cabanillas está na peza  A man de santiña  (1921). Por primeira vez personaxes galegos pertencentes a niveis elevados comunicábanse en galego.
c) Etapa mítico-saudosista (1921-1930): Esta etapa relaciónase co seu achegamento ao Grupo Nós e ao saudosismo portugués. Caracterízase pola aposta no camiño da  reconstrucción do pasado , desde a Idade media, tempo esencial no que se explican as orixes do noso pobo.  Cabanillas pretende achegarse a unha verdade intrahistórica que mostre aos lectores as grandes leccións do pasado como única maneira de facérense donos do seu futuro.
[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object]
A nova materia trae consigo un  novo tratamento formal :  a linguaxe poética é máis rica e conceptuosa;  son máis frecuentes as referencias eruditas;  créase un sistema pechado de símbolos aos que só pode ter acceso un lector medianamente culto...  No tocante á  versificación , bota man de metros cultos antes inusuais na súa obra, como o alexandrino, se ben alterna o seu uso con romances e outras estrofas populares.
Paralelamente a esta corrente mítico-saudosista, Cabanillas escrebe unha outra poesía de carácter relixioso e milagreiro, entre a que destacamos a lenda en verso  0 bendito San Amaro  (1925), xunto con outros textos que teñen como figura central o Apóstolo Santiago, símbolo que nesta altura tenta recuperar o galeguismo.
Mais a proba que confirma a variedade de rexistros caracterizadores de Ramón Cabanillas é a publicación do poemario  A rosa de cen follas. Breviario dan amor  (1927), cuxo título é tomado dun verso de Rosalía de Castro; agora o poeta renunciará á poesía combativa e costumista para cantar o amor con evidentes influencias de clásicos como Rosalía, Bécquer ou Heine, tal e como o poeta anuncia no limiar: "Estas páxinas descoridas, dun inxenuo e soave romanticismo,  son as follas murchas dunha rosa de mocedade.  Malia que a tristeza da Rula do Sar me apreixara o corazón,  o Bécquer das anduriñas o cinguira de brétemas,  e Heine, o que oiéu as sonatas do violín da Morle,  batera nel como nunha bigornia de ferreiro,  naceron nos días lumiosos en que a vida  é unha cantiga nos beizos e un feixe de rosas na man"
d) Etapa de posguerra (segunda madurez) (1939-1959): A partir de 1931 aproximadamente Cabanillas enmudece como poeta. Salvo poemas circunstanciais en tempos da República e un par de romances aparecidos durante a guerra en revistas da resistencia antifascista, o poeta pasa máis dunha década sen escribir nin publicar. Sen embargo, cando xa sobrepasa os setenta anos e parece que a súa obra non vai ter continuidade, nos anos corenta inicia unha segunda madurez creadora.
A esta resurrección non é allea a situación de penuria e persecución que atravesa a  lingua : Cabanillas, membro da Real Academia Española, católico fervente e de ideas conservadoras, está a salvo das desconfianzas e censuras do réxime e volve a xogar, como xa fixera tres décadas atrás, un papel simbólico de primeira magnitude na recuperación cultural de posguerra.
Publica: Antífona da cantiga  (1950), recompilación de cántigas populares. É o primeiro libro que publica a editorial Galaxia. Versos de alleas terras e tempos idos  (1955) Onde traduce e adapta poemas gregos e latinos, así como do inglés ou do alemán. Da miña zanfona  (1954) libro con ecos machadianos en que o poeta, o,"home bo", estende a súa ollada sobre o mundo para se referir con voz amarga e ton moralizante, á tristeza, á mocidade perdida, á vida e á morte.
Samos  (1958). Misticismo relixioso e contemplativo na descrición da quietude da vida comunitaria no mosteiro de Samos. É un poemario de paz e comuñón coa natureza nun locus amoenus que restableza o seu equilibrio interno. Canta aos elementos da arquitectura do mosteiro, os distintos momentos da vida monástica e a paisaxe que rodea o lugar en versos de resonancias panteístas.
Recursos estilísticos Algúns dos recursos máis empregados son sinestesias, simbolismo, hipérbato, etc.  Unha das características máis salientables de Ramón Cabanillas é a  «vontade de estilo », isto é, a vontade de conseguir a perfección estilística nas súas composicións, polo que dun mesmo poema ten varias versións publicadas en sucesivas edicións. Estas responden ou ben a unha finalidade puramente estética para acadar a altura literaria que merece o poema ou ben motivadas por cuestións puramente ideolóxicas e/ou políticas.
Lingua Da mesma maneira que amosou unha clara vontade de estilo, tamén podemos falar de  «vontade de lingua»  para referírmonos á preocupación que tivo para escribir nun galego literario, afastado do oral, consciente de que escribe nun idioma carente de normas.
Se comparamos diferentes edicións da súa obra observamos que, a diferenza das primeiras edicións (anteriores a 1920), nas posteriores: •  Rexeita castelanismos como ponzoñenta, aléxase, sangre, cuaxan, carcaxada, axena, nadie e escribe, na definitiva versión, formas galegas como pezoñenta, alónxase, sangue, callan, gargaliada, allea ou ninguén. •  Reduce o emprego de formas dialectais propias da fala, como o seseo, que xa nas primeiras edicións era escaso. Así, substitúe lus, crus, vos ou rapas por luz, cruz, voz, rapaz.
[object Object],[object Object]
Con todo é frecuente nel o emprego de hiperenxebrismos como outo, soma, rízonte, adourar (alto, sombra, horizonte, adorar). Así mesmo tivo unha forte preocupación por  elevar a consideración social galego . Proba disto é que o considerou apto para a tradución de poemas e modernos en  Versos de alleas terras , e que o dignificou en  A man de Santiña  ao nos presentar personaxes de clases altas (fidalgos e señoritas nadas) na cidade falando o noso idioma, coa finalidade de impulsar a concia galeguista nestes ámbitos urbanos e nestes estamentos sociais, algo inusitado na época.
Antonio Noriega Varela  serve de ponte entre o S.XIX e a literatura galega do S.XX.
  En 1869 Antonio Noriega Varela veu ao mundo en  Mondoñedo . Moi relixioso, ingresou con catorce anos no Seminario, onde se fixo popular gracias ao seu carácter festeiro e satírico. Mais non puido ordenarse sacerdote ao lle negar Roma a dispensa por ser fillo de solteira, polo que decidiu facerse mestre.  Alí adquiriu formación clásica e comezou a escribir poemas en español que enviaba á prensa local. Traba unha gran amizade con Leiras Pulpeiro  . En 1895, cunha composición de carácter costumista, resultou vencedor dun certame poético realizado na súa cidade natal, en onde estaban de xurado, entre outros, Manuel Murguía, Eduardo Pondal e Andrés Martínez Salazar.
En 1901 comeza a exercer en  Foz , onde entra en contacto co agrarismo e o movemento anticaciquil da man de Antón Vilar Ponte.  Segundo algúns críticos, neste intre é cando Noriega comeza a escribir  poemas cívicos  alentando á loita agraria e forma parte da revista satírica local  Guau...Guau ! , publicación de carácter anticaciquil, para a que escribiu varios poemas de corte cívico.
Freixeiro cuestiona que escribise nesta época poemas anticaciquís, pois só hai noticias dun poema destas características anterior a 1911. O primeiro claramente anticaciquil é de 1913  “Máis coraxe !” Xan Peisano boi pousón máis coraxe e menos calma non sexas corpo sin calma nin home sin corazón.
Abandonou a reivindicación agrarista (nunca asumida por un Noriega politicamente conservador) e, crítico cos rumbos estéticos da poesía galeguista, acabou renegando destes poemas. Os tres anos que viviu desterrado nas terras arraianas provocáronlle un sentimento de desolación.  O escritor foi trasladado á raia con Portugal,  Calvos de Randín , onde permaneceu 3 anos. Non se sabe se polas publicacións feitas en Guau, guau ou polas polémicas creadas nos seus faladoiros.
Tres anos despois logrou o seu traslado á escola de  Trasalba , preto da cidade de Ourense. Isto supúxolle a posibilidade de trabar novas relacións. A máis salientábel sería a de Otero Pedrayo, baixo cuxa protección coñeceu a Basilio Álvarez e entrou en contacto cos  escritores portugueses,  parnasianistas  e simbolistas ( Teixeira de Pascoães , Guerra Junqueiro, Eugénio de Castro e Antero de Quental) .
A momentánea adopción da causa agrarista posibelmente debámola situar nesta etapa, como concesión ao seu amigo Basilio Álvarez, sen descartar certas motivacións de carácter persoal. Permaneceu en Trasalba 13 anos, ata o 28 de agosto de 1926, pero sen perder o contacto coa súa terra. Fica Noriega viúvo en marzo de 1915 con dúas fillas (os 4 varóns morreran moi novos), unha en Mondoñedo e outra no pazo de don Ramón. Volveu casar e en agosto de 1916 foi inscrita a primeira filla deste segundo matrimonio.
Máis sen dúbida o feito máis importante desta etapa foi o contacto cos  escritores portugueses , que o levará por unha vía poética de maior pureza afastándose da liña costumista e descritiva decimonónica, representada por  Montañesas , e penetrando no puro lirismo, na soidade  do Ermo , á procura dun esteticismo que o aproxima aos poetas paranasianos e simbolistas do país veciño.
Foi esta a súa etapa máis fructífera como poeta: chegou con  Montañesas  e marchou con  Do Ermo .
Con case 57 anos obtivo un destino definitivo como mestre e instalouse en  Abadín , retomando os contactos da mocidade.  "Díceme -Vd. cuando pienso ir a Lugo, y yo le digo: estoy ya nombrado (provisionalmente) para la escuela de la Graña en Abadín. El día qe. en la dirección me nombren de veras, ahí me tiene Vd. [ ... ] ¡Qué odisea, amigo de mi alma! Desde el 2 de febrero qe. solicité el traslado aun en 5 de junio se hicieron en Madrid los nombramientos provisionales, y Dios sabe cuando (aunque presumo qe. ya no pueden tardar mucho), Dios sabe cuando vendrá el nombramiento efectivo [...] El día qe. me vea en mi ideal retiro de la Grafia, con casa puesta y rodeado los míos, voy a creer qe. se me acerca el cielo" (cfr. 111.6.1.30)
Esta nova etapa da súa vida está marcada fundamentalmente polo contacto coa natureza e polo trato cos labregos. Desta relación nace  Como falan os brañegos  -1928- . Unha compilación de ditos, frases e adiviñas populares da zona.  Foi nomeado membro da Real Academia Galega -1927-. Nunca chegou ler o discurso e considerouse ingresado despois da guerra, sen ningún tipo de formalidades. A data de ingreso definitivo é abril de 1939.
Xa en 1930 solicita por motivos de saúde un traslado que o leva a  Viveiro,  Santa María de Chavín, o seu derradeiro destino como docente.  Esta etapa coincide coa 2ª República e logo coa guerra civil. Diante destes acontecimentos posiciónase claramente. Coherente coa súa ideoloxía tradicionalista opúxose á Repúbica; así durante este goberno el mantivo o crucifixo na súa escola. Nesta época incrementa a súa produción poética (agora en español). Chegoulle o tempo do retiro e coñeceu, até o seu pasamento en 1947, un momento de fondo pesimismo.
Freixeiro Mato di que Noriega Varela foi: “ un amante da vida e dos seus praceres, amigo de esmorgas e longas conversas... Ideoloxicamente mantivo unha liña de pensamento constante..., defensor dun catolicismo de signo tradicionalista... autor dunha obra poética que evoluciona desde o descritivismo decimononico ao lirismo intimista da naturaleza... Noriega Varela está entre os poetas galegos máis representativos en que ocupa un destacadísimo lugar, senón o primeiro, entre os escritores da provincia de Lugo que mellor souberon recrear os costumes tradicionais, a idiosincrasia e alingua das xentes humildes que a habitan”
A súa obra reflicte a predilección por temas da inspiración clásica, como a montaña lucense e as súas xentes. En toda ela están presentes as súas crenzas tradicionalistas e conservadoras, que o mantiveron afastado do galeguismo.   Foi coñecido como o cantor da montaña.
[object Object],[object Object],[object Object],[object Object]
Neste poema observamos esa liña de poesía erótica que tamén foi tratada polo autor, pero menos valorada pola crítica. Foi incluso suprimida por el mesmo, quen retirou estrofas ou poemas enteiros das últimas edicións.  Leite Fresco Esta poesía dialogada debe relacionarse coas pescudas filolóxicas de Noriega Varela, autor do tratado 'Como falan os brañegos' (1928), e onde se encadenan versos curtos e frases rápidas directas, próximas de xéneros populares como a regueifa.
[object Object],[object Object],[object Object],[object Object]
[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],Esta reagrupación definitiva responde ao criterio de considerar montañesas como unha obra de carácter descritivo e costumista e  D’o Ermo  dentro de una liña estética depurada e moderna, tematicamente caracterizado polo lirismo franciscano de acento relixioso.
Distinguimos dúas etapas na traxectoria do autor: unha representada por  Montañesas  na súa primeira edición de 1904 onde predomina a poesía realista decimonónica, e outra representada por  Do Ermo , de liña intimista franciscana integrada na poesía do século XX. A segunda edición de  Montañesas  representa a transición entre ambas.
 
Do ermo  é o máis importante dos libros publicados por Antonio Noriega Varela e, en realidade, representa o conxunto da súa obra poética. Ben é verdade que en 1904 xa dera ao prelo  Montañesas , pero eses poemas iniciais foron despois recollidos en 1920 na primeira edición de  Do ermo , que se iría continuamente ampliando baixo o mesmo nome ata a morte do poeta en 1947. De feito, pódese trazar unha clara liña de progresión entre os primeiros e máis antigos versos de  Do ermo  e os últimos, escritos corenta anos máis tarde.
[object Object],[object Object],[object Object],[object Object]
[object Object],[object Object],[object Object]
 
O galego da primeira época ten un marcado acento ruralista, grande riqueza léxica e un forte  carácter dialectal  da área mindoniense do autor; mesmo se pode cualificar coa manida adxectivación de "enxebre", pois recolle moitas palabras, xiros e construcións plenamente representativos da fala tradicional dos labregos da zona; hai predominio do léxico concreto fronte ao abstracto, como corresponde ao carácter realista das composicións.
Mais entre a súa linguaxe, sen dúbida popular nesta etapa, sempre se deixará ver o poeta culto e estilista.   Así, nunha das súas primeiras composicións, que encabeza o libro Montañesas, "Fale meu bisavó", tal vez a de maior sabor tradicional, achamos versos como estes: A lengua de Rosalía, rico  caudal de harmonía que  prendou a Castelar , moitos n'a saben falar, i os máis non lle teñen pía.  (...) ¡Non!, naquel tempo pasado non era tan desleigado quen  por un Creso se tiña , si daba o leite a vaquiña, i abría sucos co arado.
Na segunda etapa ( Do Ermo ) a depuración temática esixiulle tamén unha maior depuración lingüística. A lingua vaise ir desprendendo do ton popular e do ruralismo colorista para se facer  máis culta e abstracta . Nisto tivo moito que ver o achegamento definitivo á poesia portuguesa, o que vai implicar á depuración da lingua rústica e dialectal que con anterioridade empregara, para botar man dun rexistro culto, acorde coa nova temática e coa nova estética.  E nos escritores portugueses, igual que nos españois, acha eses  cultismos greco-latinos  que agora precisa.  Mais non usará nunca unha palabra nin adoptará unha solución morfolóxica que el non considere plenamente galega.
En conxunto a lingua de Noriega garda fidelidade á fala dos labregos, único modelo que admitía, pois non concibía máis galego ca o da aldea. A lingua por el empregada ten as características propias do galego mindoniense:  dialectalismos, vulgarismos e castelanismos . Non acostumou empregar hiperenxebrismos pois nin pretendeu nunca que o galego abandonase o ámbito en que o castelán o tiña recluído; mesmo se burlou das Irmandades da Fala por tentar un modelo estándar.
 
[object Object],[object Object],[object Object],[object Object]
Recursos estilísticos: •  Diminutivos en -iño : en consonancia coa lingua popular e coa temática franciscana, que resalta a humildade e tenrura das cousas, e polo tanto a afectividade e o ton sentimental:  ¡Nin rosiñas brancas, nin claveles roxos! Eu venero as frolíñas dos toxos . •  Paralelismos  sintácticos tradicionais, anáforas, similicadencias que nas rosas dos vales, que sorríen  que nos mantos dos pinos, que se engríen  que nas blondas do mar, que se rebela. •  Encabalgamentos  de verso a verso ou interestróficos nos sonetos:  viste os cardos de flores, viste de hedra /as informes paredes dos muíños .
[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object]
 

More Related Content

What's hot

2ºterzo_sec XX
2ºterzo_sec XX2ºterzo_sec XX
2ºterzo_sec XXxenevra
 
Primeiro terzo lingua
Primeiro terzo linguaPrimeiro terzo lingua
Primeiro terzo linguaxenevra
 
primeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaprimeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaxenevra
 
O galego no primeiro terzo do século XX
O galego no primeiro terzo do século XXO galego no primeiro terzo do século XX
O galego no primeiro terzo do século XXxenevra
 
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioRomán Landín
 
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)Román Landín
 
O grupo-nós 4º
O grupo-nós 4ºO grupo-nós 4º
O grupo-nós 4ºxenevra
 
A xeración Nós
A xeración NósA xeración Nós
A xeración Nósxenevra
 
Irmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nósIrmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nósMaraFont
 
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XXO 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XXMarlou
 
tema3_lite
tema3_litetema3_lite
tema3_litexenevra
 

What's hot (20)

A xeración nós
A xeración nósA xeración nós
A xeración nós
 
2ºterzo_sec XX
2ºterzo_sec XX2ºterzo_sec XX
2ºterzo_sec XX
 
Primeiro terzo lingua
Primeiro terzo linguaPrimeiro terzo lingua
Primeiro terzo lingua
 
primeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaprimeiro terzo lingua
primeiro terzo lingua
 
O galego no primeiro terzo do século XX
O galego no primeiro terzo do século XXO galego no primeiro terzo do século XX
O galego no primeiro terzo do século XX
 
Gnosnoe
GnosnoeGnosnoe
Gnosnoe
 
pedrayo
pedrayopedrayo
pedrayo
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
 
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
 
O grupo-nós 4º
O grupo-nós 4ºO grupo-nós 4º
O grupo-nós 4º
 
O Grupo NóS
O Grupo NóSO Grupo NóS
O Grupo NóS
 
A xeración Nós
A xeración NósA xeración Nós
A xeración Nós
 
A arte no exilio
A arte no exilioA arte no exilio
A arte no exilio
 
O galego no primeiro terzo do século xx
O galego no primeiro terzo do século xxO galego no primeiro terzo do século xx
O galego no primeiro terzo do século xx
 
Irmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nósIrmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nós
 
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XXO 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
 
tema3_lite
tema3_litetema3_lite
tema3_lite
 
Ramón valenzuela(1914 80)
Ramón valenzuela(1914 80)Ramón valenzuela(1914 80)
Ramón valenzuela(1914 80)
 

Viewers also liked

tema10_2010
tema10_2010tema10_2010
tema10_2010xenevra
 
Propiedades textuais
Propiedades textuaisPropiedades textuais
Propiedades textuaisPaula Cortizo
 
Poesía de preguerra (esquema)
Poesía de preguerra (esquema)Poesía de preguerra (esquema)
Poesía de preguerra (esquema)Luciano Fernández
 
tema3_09
tema3_09tema3_09
tema3_09xenevra
 
Tema6 2010
Tema6 2010Tema6 2010
Tema6 2010xenevra
 
tema1_09
tema1_09tema1_09
tema1_09xenevra
 
cabanillas
cabanillascabanillas
cabanillasxenevra
 
Cabanillas4º
Cabanillas4ºCabanillas4º
Cabanillas4ºxenevra
 
primeiro terzo século XX
primeiro terzo século XXprimeiro terzo século XX
primeiro terzo século XXxenevra
 
tema5_lite2010
tema5_lite2010tema5_lite2010
tema5_lite2010xenevra
 
Ramón Cabanillas, traballo de Carla e David
Ramón Cabanillas, traballo de Carla e DavidRamón Cabanillas, traballo de Carla e David
Ramón Cabanillas, traballo de Carla e Davidtrafegandoronseis
 
Ramón Cabanillas, traballo de Guillermo e María
Ramón Cabanillas, traballo de Guillermo e MaríaRamón Cabanillas, traballo de Guillermo e María
Ramón Cabanillas, traballo de Guillermo e Maríatrafegandoronseis
 

Viewers also liked (19)

tema10_2010
tema10_2010tema10_2010
tema10_2010
 
noriega
norieganoriega
noriega
 
Propiedades textuais
Propiedades textuaisPropiedades textuais
Propiedades textuais
 
Poesía de preguerra (esquema)
Poesía de preguerra (esquema)Poesía de preguerra (esquema)
Poesía de preguerra (esquema)
 
tema3_09
tema3_09tema3_09
tema3_09
 
Tema6 2010
Tema6 2010Tema6 2010
Tema6 2010
 
tema1_09
tema1_09tema1_09
tema1_09
 
cabanillas
cabanillascabanillas
cabanillas
 
XIX
XIXXIX
XIX
 
Cabanillas4º
Cabanillas4ºCabanillas4º
Cabanillas4º
 
primeiro terzo século XX
primeiro terzo século XXprimeiro terzo século XX
primeiro terzo século XX
 
A poesía das Irmandades da Fala
A poesía das Irmandades da FalaA poesía das Irmandades da Fala
A poesía das Irmandades da Fala
 
tema5_lite2010
tema5_lite2010tema5_lite2010
tema5_lite2010
 
Ramón Cabanillas, traballo de Carla e David
Ramón Cabanillas, traballo de Carla e DavidRamón Cabanillas, traballo de Carla e David
Ramón Cabanillas, traballo de Carla e David
 
A Literatura No Tempo Das Irmandades Da Fala
A Literatura No Tempo Das Irmandades Da FalaA Literatura No Tempo Das Irmandades Da Fala
A Literatura No Tempo Das Irmandades Da Fala
 
Ramón Cabanillas, traballo de Guillermo e María
Ramón Cabanillas, traballo de Guillermo e MaríaRamón Cabanillas, traballo de Guillermo e María
Ramón Cabanillas, traballo de Guillermo e María
 
Club de lectura
Club de lecturaClub de lectura
Club de lectura
 
Tema 2 de 3º eso
Tema 2 de 3º esoTema 2 de 3º eso
Tema 2 de 3º eso
 
1. a poesía das irmandades da fala
1. a poesía das irmandades da fala1. a poesía das irmandades da fala
1. a poesía das irmandades da fala
 

Similar to Lite1_09

Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion. Biblioteca da Deputac...
Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion.  Biblioteca da Deputac...Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion.  Biblioteca da Deputac...
Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion. Biblioteca da Deputac...Bibliotecadicoruna
 
Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)Román Landín
 
Pre rexurdimento
Pre rexurdimentoPre rexurdimento
Pre rexurdimentoagarridog
 
Galeguismo E Nacionalismo
Galeguismo E NacionalismoGaleguismo E Nacionalismo
Galeguismo E NacionalismoLOKIFUMI46
 
O nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºB
O nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºBO nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºB
O nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºBmarloga
 
Xeracion nos 21
Xeracion nos 21Xeracion nos 21
Xeracion nos 21xenevra
 
Os Séculos Escuros e a Ilustración
Os Séculos Escuros e a IlustraciónOs Séculos Escuros e a Ilustración
Os Séculos Escuros e a Ilustraciónnoagaliza
 
A EvolucióN Do Galeguismo
A EvolucióN Do GaleguismoA EvolucióN Do Galeguismo
A EvolucióN Do Galeguismoalexh832
 
A EvolucióN Do Galeguismo
A EvolucióN Do GaleguismoA EvolucióN Do Galeguismo
A EvolucióN Do Galeguismoalexh832
 
Da terra asoballada
Da terra asoballadaDa terra asoballada
Da terra asoballadaPaulaBayn
 
Da terra asoballada
Da terra asoballadaDa terra asoballada
Da terra asoballadaPaulaBayn
 
Galicia na Idade Media
Galicia na Idade MediaGalicia na Idade Media
Galicia na Idade MediasusanaNB
 
Rosalía de Castro (por Paula Cambeses)
Rosalía de Castro (por Paula Cambeses)Rosalía de Castro (por Paula Cambeses)
Rosalía de Castro (por Paula Cambeses)Marlou
 
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao NacionalismoEvolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismosebastian1983
 
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao NacionalismoEvolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismosebastian1983
 
O galego entre_1900_e_1936
O galego entre_1900_e_1936O galego entre_1900_e_1936
O galego entre_1900_e_1936olgaamigodevesa
 
O teatro das Irmandades da Fala
O teatro das Irmandades da FalaO teatro das Irmandades da Fala
O teatro das Irmandades da Falanoagaliza
 

Similar to Lite1_09 (20)

Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion. Biblioteca da Deputac...
Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion.  Biblioteca da Deputac...Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion.  Biblioteca da Deputac...
Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion. Biblioteca da Deputac...
 
Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)
 
Areal nº 6
Areal nº 6Areal nº 6
Areal nº 6
 
Pre rexurdimento
Pre rexurdimentoPre rexurdimento
Pre rexurdimento
 
Galeguismo E Nacionalismo
Galeguismo E NacionalismoGaleguismo E Nacionalismo
Galeguismo E Nacionalismo
 
O nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºB
O nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºBO nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºB
O nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºB
 
Xeracion nos 21
Xeracion nos 21Xeracion nos 21
Xeracion nos 21
 
Os Séculos Escuros e a Ilustración
Os Séculos Escuros e a IlustraciónOs Séculos Escuros e a Ilustración
Os Séculos Escuros e a Ilustración
 
Século XIX
Século XIXSéculo XIX
Século XIX
 
A EvolucióN Do Galeguismo
A EvolucióN Do GaleguismoA EvolucióN Do Galeguismo
A EvolucióN Do Galeguismo
 
A EvolucióN Do Galeguismo
A EvolucióN Do GaleguismoA EvolucióN Do Galeguismo
A EvolucióN Do Galeguismo
 
Da terra asoballada
Da terra asoballadaDa terra asoballada
Da terra asoballada
 
Da terra asoballada
Da terra asoballadaDa terra asoballada
Da terra asoballada
 
Galicia na Idade Media
Galicia na Idade MediaGalicia na Idade Media
Galicia na Idade Media
 
Rosalía de Castro (por Paula Cambeses)
Rosalía de Castro (por Paula Cambeses)Rosalía de Castro (por Paula Cambeses)
Rosalía de Castro (por Paula Cambeses)
 
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao NacionalismoEvolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
 
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao NacionalismoEvolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
 
O galego entre_1900_e_1936
O galego entre_1900_e_1936O galego entre_1900_e_1936
O galego entre_1900_e_1936
 
Bea
BeaBea
Bea
 
O teatro das Irmandades da Fala
O teatro das Irmandades da FalaO teatro das Irmandades da Fala
O teatro das Irmandades da Fala
 

More from xenevra

Postal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdfPostal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdfxenevra
 
Finssec XX
Finssec XXFinssec XX
Finssec XXxenevra
 
A prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXA prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXxenevra
 
A poesía de finais do XX
A poesía de finais do XXA poesía de finais do XX
A poesía de finais do XXxenevra
 
Literatura do exilio.
Literatura do exilio.Literatura do exilio.
Literatura do exilio.xenevra
 
Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe xenevra
 
A poesía de vangarda
A poesía de vangardaA poesía de vangarda
A poesía de vangardaxenevra
 
Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21xenevra
 
A prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXA prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXxenevra
 
Tema6 20
Tema6 20Tema6 20
Tema6 20xenevra
 
Tema5 lite20
Tema5 lite20Tema5 lite20
Tema5 lite20xenevra
 
Xeracion Nós
Xeracion NósXeracion Nós
Xeracion Nósxenevra
 
Prexuizos
PrexuizosPrexuizos
Prexuizosxenevra
 
A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75xenevra
 
Era uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abrilEra uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abrilxenevra
 
Historia medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbacHistoria medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbacxenevra
 
Linguas do estado
Linguas do estadoLinguas do estado
Linguas do estadoxenevra
 
Diversidade linguas
Diversidade linguasDiversidade linguas
Diversidade linguasxenevra
 

More from xenevra (20)

Postal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdfPostal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdf
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7
 
Finssec XX
Finssec XXFinssec XX
Finssec XX
 
A prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXA prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XX
 
A poesía de finais do XX
A poesía de finais do XXA poesía de finais do XX
A poesía de finais do XX
 
Literatura do exilio.
Literatura do exilio.Literatura do exilio.
Literatura do exilio.
 
Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe
 
A poesía de vangarda
A poesía de vangardaA poesía de vangarda
A poesía de vangarda
 
Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21
 
A prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXA prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XX
 
Tema6 20
Tema6 20Tema6 20
Tema6 20
 
Tema5 lite20
Tema5 lite20Tema5 lite20
Tema5 lite20
 
Xeracion Nós
Xeracion NósXeracion Nós
Xeracion Nós
 
Prexuizos
PrexuizosPrexuizos
Prexuizos
 
A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75
 
Carta
CartaCarta
Carta
 
Era uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abrilEra uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abril
 
Historia medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbacHistoria medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbac
 
Linguas do estado
Linguas do estadoLinguas do estado
Linguas do estado
 
Diversidade linguas
Diversidade linguasDiversidade linguas
Diversidade linguas
 

Lite1_09

  • 1. A poesía das Irmandades da Fala. Características, autores e obras representativas.
  • 2. Cambios sociais 1º terzo século XX : - Derrube da fidalguía - Eliminación do sistema foral - Acceso do campesiñado á propiedade da terra - Consolidación dunha pequena burguesía industrial e financiera
  • 3. Consecuencias da desamortización na Galiza Xa que o que se pon en venda son os dereitos sobre as terras e non o seu dominio útil, o foro seguirá vixente . Así, desde 1855 a propiedade cambia de mans , pasa da Igrexa aos burgueses e fidalgos , pero o foro persiste. O campesiñado non se ve beneficiado porque, dada a súa escasa capacidade económica , non pode mercar as terras. Con todo, desde 1865 , debido a un fortalecemento da lexislación sobre a propiedade individual, os campesiños comezarán a mercar as terras xa que teñen os cartos procedentes da emigración . Isto traerá consigo unha consecuencia negativa: a consagración do minifundio .
  • 4.  
  • 5. Sociedades agraristas: - " Solidaridade Gallega ", " Unión Campesiña “: organizacións cun programa político claro que intentan atopar a solución aos problemas organizativos da produción e do foro . - " Acción Galega " (1910): Basilio Álvarez, Cabanillas, Noriega Varela
  • 6. A aparición do nacionalismo Local onde se fundou a primeira Irmandade da no 18/05/1916. Na placa pódese ler: O 18 de maio de 1916 fundouse aquí a primeira das IRMANDADES DOS AMIGOS DA FALA ao impulso dos nacionalistas galegos Antón e Ramón Vilar Ponte (1881-1936 1891-1953).
  • 7. O 18 de maio de 1916 unha xuntanza nos locais da Real Academia Galega da Coruña, á que asistiron arredor de 20 persoas, acordou a creación dunha Irmandade dos Amigos da Fala . Entre os que acudiron á xuntanza estaban Manuel Lugrís Freire, Florencio Vaamonde Lores, Uxío Carré Aldao, ou Ramón Vilar Ponte entre outros.
  • 8.  
  • 9. Tiña como obxectivo a defensa, exaltación e fomento da lingua de Galicia, Nomeou a Antón Villar Ponte Primeiro Conselleiro Desde o comezo houbo dous sectores diferenciados : o político e o culturalista.  O político era partidario da conquista do poder político;  o culturalista ‑ dirixido polo grupo ourensán de Vicente Risco‑ pretendía a defensa e potenciación da cultura galega.
  • 10. No cultural , o pulo que deron as Irmandades da Fala na defensa e potenciación da Lingua e Cultura Galegas , foi tan grande que creou a imaxe de que as Irmandades constituían un movemento só cultural. Mais nada máis falso, porque en realidade foi un movemento político nacionalista aínda que con moitas actividades culturais como cursos de Galego, Historia, Literatura ou Arte de Galicia....
  • 11.  
  • 12.
  • 13. No político, as Irmandades fundamentan o seu programa na crítica ó estado centralista como causa dos males de Galicia. Para expoñer as súas ideas, publican o Manifesto da Primeira Asemblea Nacionalista en Lugo o 18 de Novembro de 1918, que marcará a pauta política do galeguismo.
  • 14. I Manifesto autonomía  integral da nación galega estado federal que deixe unha porta aberta á integración  de Portugal Igualdade de dereitos políticos para a muller Existencia dun Parlamento Galego que elixiría un goberno galego. As competencias serían moi amplas: educación, réxime bancario, crédito agrícola, construción e administración de ferrocarrís....
  • 15. Tendo Galiza todas as características esenciais da nacionalidade, nós nomeámonos, de hoxe para sempre, nacionalistas galegos, xa que a verba rexionalismo non recolle todas as aspiracións nin encerra toda a intensidade dos nosos problemas.
  • 16.
  • 17.
  • 18.
  • 19. O fracaso nas eleccións e a Dictadura de Primo de Rivera contribúen a que en 1922 triunfen as teses culturalistas e apolíticas.
  • 20.  
  • 21. En 1907 nace o xornal A Nosa Terra integramente en galego (que contou dende o comezo con 2.000 subscritores). 10 anos máis tarde, convertirase no órgano de expresión das Irmandades da Fala e posteriormente, en 1932, do Partido Galeguista.
  • 22. A promoción Antre dous séculos abordaría a tarefa de arrequentar os achados estilísticos da escola formalista finisecular de xénea pondaliana coa herdanza esteticista dos idealismos que daquela agromaban no ámbito europeo. Mais este proceso desenvólvese sen que os seus protagonistas cheguen a consolidar unha mínima coherencia de grupo nin unhas canles de expresión colectivas.
  • 23. A negativa consideración deste periodo canto á calidade poética, vén determinada pola falta de orixinalidade e a reiteración nos vellos temas e formas, que xa estaban esgotados.
  • 24. Canto ao contido, basicamente vemos reproducidas as grandes liñas temáticas dos grandes poetas do XIX: a liña social (preocupación pola situación do país, fundamentalmente polas penurias económicas dos labregos; reivindicación dos nosos sinais de identidade, sobre todo o idioma, e chamamento a recuperar a nosa historia e as súas figuras senlleiras); a liña intimista ; e, finalmente, a costumista-paisaxística , en que se describe a fermosura da nosa terra e se reivindican os nosos costumes. A orixinalidade desta nova poética reside, segundo Ferrín, en "anchear e arriquecer esa nova sensibilidade con aporíamentos diversos, fundamentalmente modemistas , españois, e varios portugueses".
  • 25. Independentemente da etiqueta clasificatoria por que se optar, no que si parecen concordar os críticos é en que non estamos perante unha corrente modernista strictu sensu, parella á española ou latinoamericana en voga nesa altura, senón que máis ben asistimos a unha interpretación poética que combina a tradición cultural galega cun certo influxo modernista -saudosismo, símbolismo- palpábel tanto no fondo como na forma.
  • 26.  
  • 27. Ramón Cabanillas Enríquez é considerado como a síntese e superación do Rexurdimento, herdeiro do máis elevado da tradición decimonónica e ao mesmo tempo actualizador da poesía galega. Con el incorpora, certamente de forma serodia, os elementos básicos das estéticas post-simbolistas europeas interseculares.
  • 28. encadramos a Ramón Cabanillas na xeración das Irmandades, aínda que por idade lle corresponda dentro dela o rango de "irmán maior“; sen embargo a súa peripecia biográfica e intelectual asimilase á dos máis novos e conflúe con eles plenamente tras a constitución das Irmandades da Fala.
  • 29. Coma eles, Cabanillas inicia o seu labor literario na segunda década do século e alcanza especial fecundidade nos anos 20, no período de plena eclosión cultural do galeguismo de preguerra. Participan ombro con ombro nas mesmas empresas galeguizadoras, desde o Seminario de Estudos Galegos ao Partido Galeguista, ademais de colaborar nas principais publicacións alentadas desde as Irmandades ( A Nosa Terra, Rexurdimento, Nós, etc.).
  • 30. De feito, os homes das Irmandades -preferentemente prosistas- fixeron del un estandarte, ao cualificalo como 'Poeta da Raza ", sucesor lexítimo de Rosalía, Pondal e Curros. No discurso pronunciado no acto de fundación da Irmandade de Amigos da Fala de Compostela, o malogrado Lois Porteiro Garea define con toda precisión o elevado papel que lle foi encomendado: Cabanillas é o cardiaco que vén á remover (supricando, mallando, escarnecendo) a nosa apatía, a espertamos do sono mortal. Hémolo poñer por cabeza d'este movimento, que si precisa moito estudio e moito sacrificio, ten as súas raíces n-o corazón onde nacen os versos fortes e altivos, y-os pianos y-amorosos de Cabanillas que todos manan da mesma fonte. Estas sacudidas levan sempre diante un vate, un profeta, un rebelde (un tolo din as xentes porque predica ós que dormen) que loitando ca disgracia, ca cólera dos podrosos qu'embisten n'el com'o mar n-os baixos, co sono dos medianos qu'o abandonan, e c'a pobreza d'os probes que non s'atreven, va¡ pola terra asovallada aturuxando.
  • 31.  
  • 32. Ramón Cabanillas Enriquez nace o 3 de San Xoán de 1876 na pequena vila feudal de Fefiñáns , pertencente daquela á freiguesía de San Adrián de Vilariño e hoxe anexada á vila de Cambados (Pontevedra). Asiste á escola na súa primeira infancia, a unha escola aldeá que podemos imaxinar hoxe en día lendo a saudosa evocación que fai dela en Vento mareiro (1915):
  • 33. ¡Con que vida de milagre rexurde a visión daquela casa de escola, asentada no adro, a carón da igrexa! ¡Ou paredes! ¡Ou baranda da escala longa e estreita do patín! ¡Ou ventaniñas claras, ridoras, abertas sobre da horta do antigo convento! ¡Como se espella na alma, como arrecende o recordo, esa roseira sempre florida que loce máis rosas canto máis vella!
  • 34. Á idade de nove ou dez anos, e quizabes sentindo xa a chamada do Seminario, vai a pasantía de Latín nunha parroquia veciña. En carta dirixida a don Ricardo Carballo, o poeta retrata con sinxeleza e tenrura a figura do profesor: Tratei de deprender Latín, ós nove ou dez anos, cun santo abade, moi enfermiño e falangueiro, que me daba máis mazás que leccións, na lindeira parroquia de Corbillón.
  • 35. 0 certo é que en 1889 reside xa no seminario de San Martiño Pinario, en Compostela, onde non se destaca precisamente polo seu amor ao estudio . Na referida carta pódese ler: Entre o 89 e o 93 paseei os claustros de San Martiño Pinario, de onde saín cun revoltixo na cachola, de Historia, Retórica e Matemáticas. De Latín, Grego e Filosofia, nada, nin polo forro; catro vaguedades penduradas dun fío.
  • 36. En 1893 deixa o Seminario e incorpórase ao traballo burocrático, como oficial de contabilidade , na casa do Concello de Cambados. Alí comparte o seu lecer entre as tascas mariñeiras e a lectura: Nese tempo divertinme nas tascas, entre mariñeiros, e facendo, ás veces, coplas de rexoubeo. Lin todo o que atopaba por diante , porque sempre fun un lector sen acougo, anque sen método, selección, escolla, ficheiros nin nada que se lle pareza. E... case¡. Pero esto pertence ao meu ser íntimo, cheo de felicidade e santidade.
  • 37. Temos, pois, a don Ramón no seu Cambados, burócrata e casado, feliz no traballo e na familia. Pero, para saber que era aquelo de América , embarca para Cuba en setembro de 1910, deixando na casa a muller, coa que vai manter constante correspondencia, e os fillos, dos que se va¡ lembrar sempre, facendo da súa crianza obxecto de preferente preocupación, máis coma faceta moral ca material. Ver os fillos, para ben criados, Amantes do seu chan, traballadores, Sin rebaixarse nunca ante os señores Nin erguerse xamais ante os coitados.
  • 38. Reside na Habana evai gañar o pan en traballos burocráticos: primeiro como contable de comercio e despois como administrador do Teatro Nacional, que daquela era propiedade do Centro Galego. Por cartas dirixidas a Manuel Sánchez Peña -datadas entre outono de 1910 e xuño de 1915- temos amplas noticias, referentes á súa actividade intelectual, burocrática, galeguista e persoal, que foi moi intensa neses cinco anos. Os extrañáis de que no escribo; no os extrañéis. Estoy metido en una vida que no me deja tiempo para nada .
  • 39. O seu contacto coa intelectualidade galeguista emigrante é intenso nestes anos: Nicolás Rivero, Xosé Castro «Chané», Xosé Fontenla Leal, Adelardo Novo (amigos todos eles de Manuel Curros Enríquez, morto na Habana dous anos antes da chegada de Cabanillas), e os asiduos do café «La Puerta del Sol», compoñentes da bohemia literaria e artística dos galegos residentes en Cuba: Antón Villar Ponte, Roberto Blanco Torres, Xulio Sigüenza, Virxilio Blanco... Alí coñeceu tamén a Basilio Álvarez que o gañou para a causa agrarista.
  • 40. En 1913 publica No desterro , prologado por Basilio Álvarez, o famoso cura de Beiro, líder de Acción Gallega, con quen Ramón Cabanillas mantivo sempre unha fonda amizade e mais unha comunión ideolóxica no referente á loita anticaciquil.
  • 41. En 1915, ano da publicación de Vento mareiro volve a Cambados, renunciando a un propósito inicial de visitar os Estados Unidos - 1911: «Estuve a dos dedos de irme a Filadelfia, en los Estados Unidos El puñetero inglés que no me entra!»- ,
  • 42. Es inverosímil y ridículo -escribe o 24 de xuño de 1915 a Manuel Sánchez Peña-, pero es verdad: estoy disgustadísimo viendo acercarse el día de dejar a Cuba. Nada me liga a esta tierra, absolutamente nada, y, sin embargo, me ha puesto imposible la seguridad de abandonarla. Perdí el humor para escribir y no tengo serenidad para explicarte mi estado de ánimo.
  • 43. Reintégrase á burocracia local, á apacibilidade da vida familiar e á actividade política, en estreita relación coas Irmandades da Fala e co seu fundador Antán Villar Ponte. O compromiso co proxecto das Irmandades da Fala levouno a colaborar asiduamente en A Nosa Terra , converténdose na voz lírica do movemento. Foi aclamado como Poeta da Raza e utilizou os seus poemas ao servicio da construción nacional, abandonando os ecos intimistas presentes na súa primeira poesía.
  • 44. 0 día 31 de agosto de 1920, festa de San Ramón, é recibido na Real Academia Galega para ocupar a vacante que se producira coa morte de don Xosé Salgado Rodríguez. O seu discurso levaba como título A saudade nos poetas gallegos .
  • 45. 0 26 de maio de 1929 le o seu discurso de ingreso na Real Academia Española , para a que fora designado xunto con Cotarelo Valledor, en cumprimento dunha disposición do Goberno de Primo de Rivera que asignaba dous postos na devandita Institución para cada unha das culturas españolas con entidade lingüística propia: a galega, a catalana e a vasca. Ó discurso, que leva como título Un somero recuerdo de la vida y obra de Eduardo Pondal , responde Juan Armada y Losada, marqués de Figueroa.
  • 46. Fixa a súa residencia en Madrid para asistir ás sesións da Academia e, a partir deste momento, a súa vai ser unha permanente peregrinaxe: Madrid, Valencia, Cambados, Baracaldo, Samos... na que o poeta se vai ver obrigado a perder a estabilidade da súa vida ideal, familiar e mais aldeá, para someterse a outras imposicións do seu rango de poeta universalmente recoñecido. A ti miña muller, arca pechada, Que no seu fondo garimoso encerra O que me queda santo sobre a terra, Van estes versos de visión dourada. Eles diranche que, ó través da vida, Sempre, sempre miña alma soñadora Pideulle a Dios que na postrera hora Cerre os meus ollos esa man querida.
  • 47. Sofre a pobreza : La deportación de mi hermano -escribe a Valentín Paz Andrade o 22 de maio do 39- le impidió resolverme una situación económica urgentísima: la del abono de mi costosa operación quirúrgica. Recurriendo a todos los medios he podido reunir una parte de la cantidad que debo entregar mañana, y como mis más cercanos amigos están en situación idéntica o alejados, te ruego con verdadera necesidad me mandes seiscientas cincuenta pesetas, que te satisfaré en el plazo máximo de dos meses, pues tengo un trabajo a realizar que me permitirá cumplir la devolución en ese plazo.
  • 48. Tendo a pobreza por digna compañeira e limpa a conciencia de mundano lixo, chégalle a morte en Cambados, na casa dunha súa filla, o 9 de novembro de 1959. É amortallado co hábito de San Francisco e enterrado en Cambados, aínda que posteriormente os seus restos foron trasladados a Santiago e depositados na igrexa conventual de Santo Domingo, na mesma capela cós de Rosalía de Castro e Alfredo Brañas.
  • 49.  
  • 50. Escribiu fundamentalmente poesía lírica e poesía narrativa , pero tamén publicou teatro e esporadicamente textos ensaísticos como o seu discurso de entrada na RAG A saudade nos poetas galegos (1920) ou o prólogo á Antífona da cantiga.
  • 51.
  • 52.
  • 53.
  • 54. Cabanillas supera o risco de converterse nun epígono máis do Rexurdimento mercé á incorporación ao galego dos rexistros que caracterizan a modernidade poética . Desde o punto de vista estritamente literario, a estética de Ramón Cabanillas constitúe unha síntese peculiar dos seguintes elementos básicos: Tradición clásica greco-latina Mestres do Rexurdimento Tradición Folclórica galega Romanticismo e Simbolismo e postsimbolismo
  • 55.
  • 56.
  • 57.
  • 58. A etapa de formación de Cabanillas coincide coa eclosión do modernismo . Sen embargo, a literatura galega mantense en liñas xerais á marxe das propostas rubendarianas. Do modernismo hispano Cabanillas adopta as roupaxes externas : a versatilidade métrica e rítmica, con versos alexandrinos ou sonetos de arte menor; un lixeiro exotismo con princesas, pierrots, mandaríns chineses, xardíns amenos, etc.; e o gusto polo sensual, os ambientes lánguidos, a musicalidade, o preciosismo verbal e os efectos coloristas.
  • 59. Sen embargo, outros trazos de igual relevo alonxan ao cambadés da estética puramente modernista: o gusto polo folclore popular, o léxico rural, a anécdota narrativa... A maiores, Cabanillas asume para a súa obra un marcado ideal ético e unha finalidade concienciadora que pouco teñen que ver co esteticismo vougo e as teorías da art pour l'art.
  • 60. Tras incorporarse ao proxecto cultural das Irmandades da Fala, Cabanillas toma contacto tamén co saudosismo portugués. Como as Irmandades para Galiza, os saudosistas propuñan para Portugal un programa de rexeneración baseado na recuperación das raíces nacionais que coidaban ameazadas.
  • 61. O rescate da memoria colectiva era entendido como unha forza capaz de mobilizar as enerxías dos dous pobos na procura dun futuro mellor. 0 punto de confluencia de pasado e futuro era o sentimento de saudade, elevado desde o rango de nostalxia ao de forza histórica. É por iso que é tan importante o mentemento da memoria histórica.
  • 62. A saudade é un camiño de perfección ao través da alma galega: ese camiño escomenzou co primeiro galego que conquireu a plenitude do sentimento racial e morrerá c-o derradeiro galego que alente sobre a Terra. A saudade é a lembranza do Pasado arnostrándonos o que levamos dentro de nós por herdo dos nosos pais, dos nosos abós e da Terra de que somos feitos e, ao tempo, é a Espranza no Porvir que nos pendura d-unha arela docísima, d-un deseio nunca satisfeito de conquerimento do Alén, de acercamento á Divinidade.
  • 63. O saudosismo terá unha influencia decisiva na obra dos anos 20, onde apreciamos un crecente interese polos temas históricos, unha tendencia mítica e certo misticismo entre cristián e panteísta. Todos estes elementos, unidos a un profundo coñecemento da tradición decimonónica e da poesía popular , dan lugar a unha obra rica e plural. Cabanillas incorpora aos seus textos rexistros e temáticas descoñecidos na poesía galega -temática relixiosa e bucólica, o mito artúrico...- ao tempo que renova os modelos habituais mediante un novo tratamento en que se combina sensualismo, plasticidade e un perfecto dominio do ritmo e da linguaxe.
  • 64. Evolución literaria 1910-1915: Etapa de formación ou pregaleguista 1915-1920: Etapa galeguista 1920-1930: Etapa mítico-saudosista 1939-1949: Etapa de posguerra (segunda madurez)
  • 65. a) Etapa deformación ou pregaleguista (1910-1915) Coñece a Basilio Álvarez e impresionado pola súa oratoria asume o ideario agrarista e convértese en portavoz literario do movemento. Nos anos da emigración cubana Cabanillas escribe os seus dous primeiros libros, No desterro. Visión gallegas (1913) e Vento mareiro (1915)
  • 66. No formal , apreciamos neles a asimilación da tradición poética do Rexurdimento, así como a incorporación dos achados métricos e estilísticos do modernismo rubendariano. Editadas na Habana son as iniciadoras dunha nova corrente estética que se consolidará como propia e que combina a evocación descritiva nostálxica dun emigrante co poeta anticaciquil e cívico que reclama dende o primeiro momento o necesario camiño da galeguización definitiva.
  • 67. Canto á temática , os poemas desta época expresan a nostalxia do desterrado que a través da lembranza reconstrúe a presencia dos lugares nativos, as paisaxes familiares, os amores infantís, a nai, a esposa, etc. Noutros casos, a poesía faise narrativa e incluso humorística ao describimos un Pierrot labrego ou arremedar de forma obscena a lenda do paxaro de Armenteira. A emigración, que o poeta coñece agora por experiencia persoal, non provoca a máis mínima crítica social: tan só no poema inicial de No desterro , "Camiño adiante", se nos presenta como decisión liberadora do labrego que marcha canso de sufrir a humillación e a inxustiza.
  • 68. A par desta poesía descritiva ou narrativa, encontramos tamén un reducido número de poemas -catro entre cincuenta en No desterro ; oito en Vento mareir o- que mostran a voz dun poeta civil , empeñado en denunciar con versos rabiosos e incendiarios os males do foro, a miseria dos labregos e as ansias de redención que atravesan o campo galego. Poemas como "A Basilio Álvarez", "Acción gallega", "A un cacique", "Lume no pazo", etc., convértense en auténticas proclamas anticaciquis e antiseñoriais e marcan nos anos seguintes o perfil literario do autor.
  • 69. b) Etapa galeguista (1916-1920): O seu ingreso definitivo nas Irmandades da Fala vai supor unha evolución temática acompañada dun compromiso co país. Convértese nun grande poeta cívico asumindo o rol de concienciador do pobo.
  • 70. A esta época corresponde a obra Da terra asoballada (1917) así como un bo número de poemas que pasan a engrosar a segunda edición de Vento mareiro (1921). Aínda que Cabanillas non renega dos poemas de crítica antiseñorial, nesta etapa abandona os tintes sanguinarios e vingativos da fase agrarista para adoptar unha actitude didáctica , de cara a lograr unha aproximación paulatina do pobo ao galeguismo.
  • 71. Cabanillas prefire agora louvar nos seus poemas os persoeiros representativos do galeguismo histórico (Rosalía, Pondal, Brañas ... ) ou contemporáneo (Lois Porteiro), ao tempo que chama os galegos a recuperaren o seu orgullo nacional cunha intencionalidade redignificadora na liña dalgúns poetas do Rexurdimento.
  • 72. Galiza pasa a ser o suxeito colectivo dos seus poemas, entendida como un conxunto de grupos sociais heteroxéneos pero igualmente asoballados. Por moito que siga identificando a esencia do país coa súa base campesiña, o fidalgo xa non é só unha figura corrupta e sanguinaria e preséntasenos tamén en ocasións como paradigma de honestidade e amor á terra. Ao mesmo tempo, a poesía de Cabanillas imprégnase de múltiples ideoloxemas que caracterizan o discurso político das Irmandades: o papel central do idioma na conformación da nacionalidade, o celtismo, o modelo irlandés, Portugal como prolongación cultural de Galiza, etc.
  • 73. O labor de restauración social inclúe tamén o tratamento do teatro , ata o de agora esquecido. Desde o ideario das Irmandades apostábase pola creación e fundación do “ Conservatorio Nazonal de Arte Galego ”. A contribución de Cabanillas está na peza A man de santiña (1921). Por primeira vez personaxes galegos pertencentes a niveis elevados comunicábanse en galego.
  • 74. c) Etapa mítico-saudosista (1921-1930): Esta etapa relaciónase co seu achegamento ao Grupo Nós e ao saudosismo portugués. Caracterízase pola aposta no camiño da reconstrucción do pasado , desde a Idade media, tempo esencial no que se explican as orixes do noso pobo. Cabanillas pretende achegarse a unha verdade intrahistórica que mostre aos lectores as grandes leccións do pasado como única maneira de facérense donos do seu futuro.
  • 75.
  • 76. A nova materia trae consigo un novo tratamento formal : a linguaxe poética é máis rica e conceptuosa; son máis frecuentes as referencias eruditas; créase un sistema pechado de símbolos aos que só pode ter acceso un lector medianamente culto... No tocante á versificación , bota man de metros cultos antes inusuais na súa obra, como o alexandrino, se ben alterna o seu uso con romances e outras estrofas populares.
  • 77. Paralelamente a esta corrente mítico-saudosista, Cabanillas escrebe unha outra poesía de carácter relixioso e milagreiro, entre a que destacamos a lenda en verso 0 bendito San Amaro (1925), xunto con outros textos que teñen como figura central o Apóstolo Santiago, símbolo que nesta altura tenta recuperar o galeguismo.
  • 78. Mais a proba que confirma a variedade de rexistros caracterizadores de Ramón Cabanillas é a publicación do poemario A rosa de cen follas. Breviario dan amor (1927), cuxo título é tomado dun verso de Rosalía de Castro; agora o poeta renunciará á poesía combativa e costumista para cantar o amor con evidentes influencias de clásicos como Rosalía, Bécquer ou Heine, tal e como o poeta anuncia no limiar: "Estas páxinas descoridas, dun inxenuo e soave romanticismo, son as follas murchas dunha rosa de mocedade. Malia que a tristeza da Rula do Sar me apreixara o corazón, o Bécquer das anduriñas o cinguira de brétemas, e Heine, o que oiéu as sonatas do violín da Morle, batera nel como nunha bigornia de ferreiro, naceron nos días lumiosos en que a vida é unha cantiga nos beizos e un feixe de rosas na man"
  • 79. d) Etapa de posguerra (segunda madurez) (1939-1959): A partir de 1931 aproximadamente Cabanillas enmudece como poeta. Salvo poemas circunstanciais en tempos da República e un par de romances aparecidos durante a guerra en revistas da resistencia antifascista, o poeta pasa máis dunha década sen escribir nin publicar. Sen embargo, cando xa sobrepasa os setenta anos e parece que a súa obra non vai ter continuidade, nos anos corenta inicia unha segunda madurez creadora.
  • 80. A esta resurrección non é allea a situación de penuria e persecución que atravesa a lingua : Cabanillas, membro da Real Academia Española, católico fervente e de ideas conservadoras, está a salvo das desconfianzas e censuras do réxime e volve a xogar, como xa fixera tres décadas atrás, un papel simbólico de primeira magnitude na recuperación cultural de posguerra.
  • 81. Publica: Antífona da cantiga (1950), recompilación de cántigas populares. É o primeiro libro que publica a editorial Galaxia. Versos de alleas terras e tempos idos (1955) Onde traduce e adapta poemas gregos e latinos, así como do inglés ou do alemán. Da miña zanfona (1954) libro con ecos machadianos en que o poeta, o,"home bo", estende a súa ollada sobre o mundo para se referir con voz amarga e ton moralizante, á tristeza, á mocidade perdida, á vida e á morte.
  • 82. Samos (1958). Misticismo relixioso e contemplativo na descrición da quietude da vida comunitaria no mosteiro de Samos. É un poemario de paz e comuñón coa natureza nun locus amoenus que restableza o seu equilibrio interno. Canta aos elementos da arquitectura do mosteiro, os distintos momentos da vida monástica e a paisaxe que rodea o lugar en versos de resonancias panteístas.
  • 83. Recursos estilísticos Algúns dos recursos máis empregados son sinestesias, simbolismo, hipérbato, etc. Unha das características máis salientables de Ramón Cabanillas é a «vontade de estilo », isto é, a vontade de conseguir a perfección estilística nas súas composicións, polo que dun mesmo poema ten varias versións publicadas en sucesivas edicións. Estas responden ou ben a unha finalidade puramente estética para acadar a altura literaria que merece o poema ou ben motivadas por cuestións puramente ideolóxicas e/ou políticas.
  • 84. Lingua Da mesma maneira que amosou unha clara vontade de estilo, tamén podemos falar de «vontade de lingua» para referírmonos á preocupación que tivo para escribir nun galego literario, afastado do oral, consciente de que escribe nun idioma carente de normas.
  • 85. Se comparamos diferentes edicións da súa obra observamos que, a diferenza das primeiras edicións (anteriores a 1920), nas posteriores: • Rexeita castelanismos como ponzoñenta, aléxase, sangre, cuaxan, carcaxada, axena, nadie e escribe, na definitiva versión, formas galegas como pezoñenta, alónxase, sangue, callan, gargaliada, allea ou ninguén. • Reduce o emprego de formas dialectais propias da fala, como o seseo, que xa nas primeiras edicións era escaso. Así, substitúe lus, crus, vos ou rapas por luz, cruz, voz, rapaz.
  • 86.
  • 87. Con todo é frecuente nel o emprego de hiperenxebrismos como outo, soma, rízonte, adourar (alto, sombra, horizonte, adorar). Así mesmo tivo unha forte preocupación por elevar a consideración social galego . Proba disto é que o considerou apto para a tradución de poemas e modernos en Versos de alleas terras , e que o dignificou en A man de Santiña ao nos presentar personaxes de clases altas (fidalgos e señoritas nadas) na cidade falando o noso idioma, coa finalidade de impulsar a concia galeguista nestes ámbitos urbanos e nestes estamentos sociais, algo inusitado na época.
  • 88. Antonio Noriega Varela serve de ponte entre o S.XIX e a literatura galega do S.XX.
  • 89.   En 1869 Antonio Noriega Varela veu ao mundo en Mondoñedo . Moi relixioso, ingresou con catorce anos no Seminario, onde se fixo popular gracias ao seu carácter festeiro e satírico. Mais non puido ordenarse sacerdote ao lle negar Roma a dispensa por ser fillo de solteira, polo que decidiu facerse mestre. Alí adquiriu formación clásica e comezou a escribir poemas en español que enviaba á prensa local. Traba unha gran amizade con Leiras Pulpeiro . En 1895, cunha composición de carácter costumista, resultou vencedor dun certame poético realizado na súa cidade natal, en onde estaban de xurado, entre outros, Manuel Murguía, Eduardo Pondal e Andrés Martínez Salazar.
  • 90. En 1901 comeza a exercer en Foz , onde entra en contacto co agrarismo e o movemento anticaciquil da man de Antón Vilar Ponte. Segundo algúns críticos, neste intre é cando Noriega comeza a escribir poemas cívicos alentando á loita agraria e forma parte da revista satírica local Guau...Guau ! , publicación de carácter anticaciquil, para a que escribiu varios poemas de corte cívico.
  • 91. Freixeiro cuestiona que escribise nesta época poemas anticaciquís, pois só hai noticias dun poema destas características anterior a 1911. O primeiro claramente anticaciquil é de 1913 “Máis coraxe !” Xan Peisano boi pousón máis coraxe e menos calma non sexas corpo sin calma nin home sin corazón.
  • 92. Abandonou a reivindicación agrarista (nunca asumida por un Noriega politicamente conservador) e, crítico cos rumbos estéticos da poesía galeguista, acabou renegando destes poemas. Os tres anos que viviu desterrado nas terras arraianas provocáronlle un sentimento de desolación. O escritor foi trasladado á raia con Portugal, Calvos de Randín , onde permaneceu 3 anos. Non se sabe se polas publicacións feitas en Guau, guau ou polas polémicas creadas nos seus faladoiros.
  • 93. Tres anos despois logrou o seu traslado á escola de Trasalba , preto da cidade de Ourense. Isto supúxolle a posibilidade de trabar novas relacións. A máis salientábel sería a de Otero Pedrayo, baixo cuxa protección coñeceu a Basilio Álvarez e entrou en contacto cos escritores portugueses, parnasianistas e simbolistas ( Teixeira de Pascoães , Guerra Junqueiro, Eugénio de Castro e Antero de Quental) .
  • 94. A momentánea adopción da causa agrarista posibelmente debámola situar nesta etapa, como concesión ao seu amigo Basilio Álvarez, sen descartar certas motivacións de carácter persoal. Permaneceu en Trasalba 13 anos, ata o 28 de agosto de 1926, pero sen perder o contacto coa súa terra. Fica Noriega viúvo en marzo de 1915 con dúas fillas (os 4 varóns morreran moi novos), unha en Mondoñedo e outra no pazo de don Ramón. Volveu casar e en agosto de 1916 foi inscrita a primeira filla deste segundo matrimonio.
  • 95. Máis sen dúbida o feito máis importante desta etapa foi o contacto cos escritores portugueses , que o levará por unha vía poética de maior pureza afastándose da liña costumista e descritiva decimonónica, representada por Montañesas , e penetrando no puro lirismo, na soidade do Ermo , á procura dun esteticismo que o aproxima aos poetas paranasianos e simbolistas do país veciño.
  • 96. Foi esta a súa etapa máis fructífera como poeta: chegou con Montañesas e marchou con Do Ermo .
  • 97. Con case 57 anos obtivo un destino definitivo como mestre e instalouse en Abadín , retomando os contactos da mocidade. "Díceme -Vd. cuando pienso ir a Lugo, y yo le digo: estoy ya nombrado (provisionalmente) para la escuela de la Graña en Abadín. El día qe. en la dirección me nombren de veras, ahí me tiene Vd. [ ... ] ¡Qué odisea, amigo de mi alma! Desde el 2 de febrero qe. solicité el traslado aun en 5 de junio se hicieron en Madrid los nombramientos provisionales, y Dios sabe cuando (aunque presumo qe. ya no pueden tardar mucho), Dios sabe cuando vendrá el nombramiento efectivo [...] El día qe. me vea en mi ideal retiro de la Grafia, con casa puesta y rodeado los míos, voy a creer qe. se me acerca el cielo" (cfr. 111.6.1.30)
  • 98. Esta nova etapa da súa vida está marcada fundamentalmente polo contacto coa natureza e polo trato cos labregos. Desta relación nace Como falan os brañegos -1928- . Unha compilación de ditos, frases e adiviñas populares da zona. Foi nomeado membro da Real Academia Galega -1927-. Nunca chegou ler o discurso e considerouse ingresado despois da guerra, sen ningún tipo de formalidades. A data de ingreso definitivo é abril de 1939.
  • 99. Xa en 1930 solicita por motivos de saúde un traslado que o leva a Viveiro, Santa María de Chavín, o seu derradeiro destino como docente. Esta etapa coincide coa 2ª República e logo coa guerra civil. Diante destes acontecimentos posiciónase claramente. Coherente coa súa ideoloxía tradicionalista opúxose á Repúbica; así durante este goberno el mantivo o crucifixo na súa escola. Nesta época incrementa a súa produción poética (agora en español). Chegoulle o tempo do retiro e coñeceu, até o seu pasamento en 1947, un momento de fondo pesimismo.
  • 100. Freixeiro Mato di que Noriega Varela foi: “ un amante da vida e dos seus praceres, amigo de esmorgas e longas conversas... Ideoloxicamente mantivo unha liña de pensamento constante..., defensor dun catolicismo de signo tradicionalista... autor dunha obra poética que evoluciona desde o descritivismo decimononico ao lirismo intimista da naturaleza... Noriega Varela está entre os poetas galegos máis representativos en que ocupa un destacadísimo lugar, senón o primeiro, entre os escritores da provincia de Lugo que mellor souberon recrear os costumes tradicionais, a idiosincrasia e alingua das xentes humildes que a habitan”
  • 101. A súa obra reflicte a predilección por temas da inspiración clásica, como a montaña lucense e as súas xentes. En toda ela están presentes as súas crenzas tradicionalistas e conservadoras, que o mantiveron afastado do galeguismo. Foi coñecido como o cantor da montaña.
  • 102.
  • 103. Neste poema observamos esa liña de poesía erótica que tamén foi tratada polo autor, pero menos valorada pola crítica. Foi incluso suprimida por el mesmo, quen retirou estrofas ou poemas enteiros das últimas edicións. Leite Fresco Esta poesía dialogada debe relacionarse coas pescudas filolóxicas de Noriega Varela, autor do tratado 'Como falan os brañegos' (1928), e onde se encadenan versos curtos e frases rápidas directas, próximas de xéneros populares como a regueifa.
  • 104.
  • 105.
  • 106. Distinguimos dúas etapas na traxectoria do autor: unha representada por Montañesas na súa primeira edición de 1904 onde predomina a poesía realista decimonónica, e outra representada por Do Ermo , de liña intimista franciscana integrada na poesía do século XX. A segunda edición de Montañesas representa a transición entre ambas.
  • 107.  
  • 108. Do ermo é o máis importante dos libros publicados por Antonio Noriega Varela e, en realidade, representa o conxunto da súa obra poética. Ben é verdade que en 1904 xa dera ao prelo Montañesas , pero eses poemas iniciais foron despois recollidos en 1920 na primeira edición de Do ermo , que se iría continuamente ampliando baixo o mesmo nome ata a morte do poeta en 1947. De feito, pódese trazar unha clara liña de progresión entre os primeiros e máis antigos versos de Do ermo e os últimos, escritos corenta anos máis tarde.
  • 109.
  • 110.
  • 111.  
  • 112. O galego da primeira época ten un marcado acento ruralista, grande riqueza léxica e un forte carácter dialectal da área mindoniense do autor; mesmo se pode cualificar coa manida adxectivación de "enxebre", pois recolle moitas palabras, xiros e construcións plenamente representativos da fala tradicional dos labregos da zona; hai predominio do léxico concreto fronte ao abstracto, como corresponde ao carácter realista das composicións.
  • 113. Mais entre a súa linguaxe, sen dúbida popular nesta etapa, sempre se deixará ver o poeta culto e estilista. Así, nunha das súas primeiras composicións, que encabeza o libro Montañesas, "Fale meu bisavó", tal vez a de maior sabor tradicional, achamos versos como estes: A lengua de Rosalía, rico caudal de harmonía que prendou a Castelar , moitos n'a saben falar, i os máis non lle teñen pía. (...) ¡Non!, naquel tempo pasado non era tan desleigado quen por un Creso se tiña , si daba o leite a vaquiña, i abría sucos co arado.
  • 114. Na segunda etapa ( Do Ermo ) a depuración temática esixiulle tamén unha maior depuración lingüística. A lingua vaise ir desprendendo do ton popular e do ruralismo colorista para se facer máis culta e abstracta . Nisto tivo moito que ver o achegamento definitivo á poesia portuguesa, o que vai implicar á depuración da lingua rústica e dialectal que con anterioridade empregara, para botar man dun rexistro culto, acorde coa nova temática e coa nova estética. E nos escritores portugueses, igual que nos españois, acha eses cultismos greco-latinos que agora precisa. Mais non usará nunca unha palabra nin adoptará unha solución morfolóxica que el non considere plenamente galega.
  • 115. En conxunto a lingua de Noriega garda fidelidade á fala dos labregos, único modelo que admitía, pois non concibía máis galego ca o da aldea. A lingua por el empregada ten as características propias do galego mindoniense: dialectalismos, vulgarismos e castelanismos . Non acostumou empregar hiperenxebrismos pois nin pretendeu nunca que o galego abandonase o ámbito en que o castelán o tiña recluído; mesmo se burlou das Irmandades da Fala por tentar un modelo estándar.
  • 116.  
  • 117.
  • 118. Recursos estilísticos: • Diminutivos en -iño : en consonancia coa lingua popular e coa temática franciscana, que resalta a humildade e tenrura das cousas, e polo tanto a afectividade e o ton sentimental: ¡Nin rosiñas brancas, nin claveles roxos! Eu venero as frolíñas dos toxos . • Paralelismos sintácticos tradicionais, anáforas, similicadencias que nas rosas dos vales, que sorríen que nos mantos dos pinos, que se engríen que nas blondas do mar, que se rebela. • Encabalgamentos de verso a verso ou interestróficos nos sonetos: viste os cardos de flores, viste de hedra /as informes paredes dos muíños .
  • 119.
  • 120.  

Editor's Notes

  1. “ En pé